respiración e relaxación - · pdf filebaixo hipnose, que presentaban...
Post on 23-Feb-2018
223 Views
Preview:
TRANSCRIPT
RESPIRACIÓN E RELAXACIÓN
ISABEL ABAD
IES AGRA DE LEBORÍS
4º ESO
• É unha das principais funcións do organismo,
involuntaria e automática.
• Serve para extraer o osíxeno do aire inspirado e
desfacernos dos gases de refugallo,
principalmente o CO2.
• O encargado de levara a cabo este proceso é o
aparello respiratorio:
A RESPIRACIÓN
A RESPIRACIÓN
O corpo humano necesita enerxía para
funcionar, e esa enerxía obtena da oxidación de
diferentes substratos, como a glicosa e os lípidos,
mediante o O2.
A RESPIRACIÓN
A RESPIRACIÓN
A RESPIRACIÓN
A respiración comeza coa contracción do músculo
DIAFRAGMA, que está debaixo da cavidade torácica.
O PROCESO DA RESPIRACIÓN
INSPIRACIÓN
O diafragma contráese, descendendo e aumentado o tamaño da
cavidade torácica.
Os intercostais moven cara arriba e a fóra as costelas.
Ao agrandarse a cavidade xérase unha diferenza
de presión: é maior a presión do aire de fóra
que o de dentro, polo que o aire viaxa de fóra
a dentro, acabando nos pulmóns e igualando a presión.
A RESPIRACIÓN
EXPIRACIÓN
O diafragma e os intercostais reláxanse regresando ás súas posicións
normais e reducindo o tamaño da cavidade torácica.
Así, a presión de dentro faise maior á existente fóra, provocando que o
aire abandone os pulmóns saíndo ao exterior e igualando de novo esta
presión.
A RESPIRACIÓN
A RESPIRACIÓN
A RESPIRACIÓN
MÚSCULOS RESPIRATORIOS
CLAVICULAR
COSTAL/TORÁCICA
ABDOMINAL/PROFUNDA
COMPLETA
TIPOS DE RESPIRACIÓN
A RESPIRACIÓN
A RESPIRACIÓN
A RESPIRACIÓN
A respiración é un acto que realizamos de forma autónoma e involuntaria,
polo que lle prestamos pouca atención.
Polo xeral, tan só empregamos unha parte da nosa capacidade pulmonar.
Coa respiracións completa conseguimos:
Aumentar a nosa capacidade vital (mellor saúde e vitalidade).
Tonificar os músculos respiratorios.
Aforro enerxético.
Estimular o fluxo sanguíneo ao corazón.
Prever enfermidades cardiovasculares.
APRENDER A RESPIRAR
A respiración está asociada aos nosos estados de ánimo.
Se temos un bo control da nosa respiración seremos capaces
de conseguir estados de relaxación e diminución de tensións,
rebaixando os niveis de ansiedade e proporcionando benestar.
Este aprendizaxe require esforzo, constancia, práctica e
concentración, pero conseguiremos unha mellor calidade de vida.
APRENDER A RESPIRAR
A RESPIRACIÓN E A ACTIVIDADE FÍSICA
• O corpo humano ten a capacidade de adaptarse ás diferentes
demandas enerxéticas en función da nosa actividade.
• Todos os órganos traballan de forma coordinada para capturar en
cada caso o O2 demandado e eliminar o CO2 sobrante.
• Antes de comezar o exercicio o corpo empeza a prepararse e aumenta
a frecuencia respiratoria e circulatoria.
• Estas frecuencias seguen aumentando tras o comezo da actividade. O
fluxo sanguíneo é desviado de zonas menos activas (estómago) áos
músculos máis implicados.
• Despois do exercicio, a respiración e frecuencia circulatoria diminúen
rapidamente.
• Cando durmimos o ritmo respiratorio ralentízase.
• ESTRÉS:
Reacción do noso corpo para poder afrontar un
sobreesforzo físico, psicolóxico ou emocional mantido
durante un longo
período de tempo.
A RELAXACIÓN
• RELAXACIÓN:
Estado de distensión física e psíquica que nos
proporciona un benestar para poder afrontar as nosas
actividades diarias cun menor gasto enerxético e unha
maior dispoñibilidade
mental e emocional.
A RELAXACIÓN
• ASPECTOS SOBRE OS QUE TEMOS QUE ACTUAR:
Nivel muscular.
Reducir graos de tensión da musculatura Estiramentos.
Respiración
Respiracións completas e profundas.
Nivel mental:
Buscar descanso psíquico, emocional.
A RELAXACIÓN
• CONDICIÓNS:
LUGAR: ambiente tranquilo, sen ruídos, temperatura
adecuada e luz moderada.
ROUPA: cómoda. Evitar roupas axustadas, lentes,
reloxos, zapatos,…
POSICIÓN: mellor decúbito supino. Tamén se podería
traballar sentado.
A RELAXACIÓN
A RELAXACIÓN
• BENEFICIOS:
A NIVEL FÍSICO:
Estabilización das funcións cardíacas e respiratorias.
Diminución da tensión arterial
Distensión muscular
Maior osixenación
Aumento do nivel enerxético
A RELAXACIÓN
Maior capacidade de recuperación ante os esforzos
Aumento da temperatura cutánea.
Mellora do nosos estado de saúde
Mellora na circulación sanguínea.
A RELAXACIÓN
• A NIVEL PSICOLÓXICO
Diminución da ansiedade e o estrés.
Predominio de pensamentos positivos.
Harmonía mente-corpo.
Aumento da capacidade de concentración, visualización e
reflexión.
Mellora da calidade do sono.
Aumento da capacidade para recordar datos.
A RELAXACIÓN
• A NIVEL EMOCIONAL
Aumento da sensación de benestar consigo mesmo.
Aumento da confianza en si mesmo.
Mellora nas relacións interpersoais.
A RELAXACIÓN
• ADESTRAMENTO AUTÓXENO MENTAL DE SCHULTZ
A partir de 1912, Schultz elaborou os principios deste
adestramento partindo das observacións obtidas en pacientes
baixo hipnose, que presentaban sensacións de pesadez e calor
seguidas de momentos
de calma e benestar.
TÉCNICAS DE RELAXACIÓN
O método de adestramento autóxeno mental de Schultz
componse de 6 exercicios nos que busca a relaxación de 6
compoñentes corporais:
1. Peso: músculos
2. Calor: sistema vascular
3. O corazón
4. Respiración
5. Zona abdominal
6. Cabeza: fronte
A RELAXACIÓN
• RELAXACIÓN PROGRESIVA MUSCULAR DE
JACOBSON
En 1934 Edmund Jacobson desenvolveu un método de relaxación
que permitía combater a tensión muscular e a ansiedade
emocional, aspectos directamente relacionados.
Se se conseguen relaxar os músculos tensados, a ansiedade
emocional debe desaparecer.
Para elo debemos identificar e diferenciar as sensacións que
produce un músculo tenso e un relaxado.
A RELAXACIÓN
Jacobson ideou unha secuencia de contracción e
distensión da musculatura das distintas partes do corpo.
En cada parte do corpo realízase :
1. Tensión forte da musculatura,
2. Mantense a tensión uns segundos
3. Disténdese ao máximo.
A RELAXACIÓN
O percorrido clásico que se fai nesta técnica é:
– Man D, man E
– Brazo D, brazo E
– Peito e abdome
– Perna D, perna E
– Pé D, pé E
– Cara e pescozo
– Corpo enteiro.
A RELAXACIÓN
OUTRAS TÉCNICAS DE APOIO:
MASAXE
A RELAXACIÓN
IOGA
A RELAXACIÓN
TAI-CHI
A RELAXACIÓN
top related