sÁbados de animaciÓn maio 2014
Post on 13-Mar-2016
238 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
MAIO 2014
Para nenos OINTES E SORDOS de + 3 anos
SÁBADOS DE ANIMACIÓN
Sábado 31 ás 12 h.
Celebramos
o
Día do Libro
Contos cos trasnos:
( Compañía do Trinke-
Trinke)
+ 3 anos
SÁBAD0 24, 12 h.
Sábado 10 ás 12 h. + de 3 anos
http://www.poetadiazcastro.com/
Naceu na parroquia de Os Vilares no 1914
e desde aquela viviu ligado a esta paisaxe e
contorno a carón da Serra de Montouto onde
vai fenecendo a Terra Cha. Aínda que pasou
moito tempo lonxe desta comarca,
concretamente en Madrid, endexamais
renunciou a ela e sempre que podía viña a
beber nesta fonte da súa inspiración poética.
http://www.poetadiazcastro.com/galeria/D%C3%ADaz_Castro_banda_dese%C3%B1a
da.pdf
Despois de cursar estudos de Filosofía e Letras,
trasládase a Madrid en 1948. O seu dominio dunha
boa parte das lingaus europeas permítelle traballar
como tradutor en varios organismos públicos.
Finou en Lugo en 1990 e foi
soterrado en Guitiriz.
Díaz Castro retornou a Galicia en 1982.
Nesta etapa da súa vida, o poeta coñeceu e
tratou algúns escritores galegos e colaborou
con Dorna, publicando poemas e traducións
en varios números da revista.
Penélope
Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!
Gañou o primeiro premio de Poesía
galega nos "Juegos Florales de Betanzos"
de 1946 cun "tríptico á groria da
betanceira" e, dende Madrid colaborou coa
revista Alba. En 1955 aparecen, no tomo IV
da Escolma de Fernández del Riego,
poemas seus en galego. En 1961, sae do
prelo da editorial Galaxia Nimbos, a súa
obra cimeira.
Deixou inéditos, en castelán, o poemario
Sombras radiantes e unha longa
composición, Melodía.
top related