selección do tamaño de cápsulas en formulación maxistral
Post on 23-Jan-2017
850 Views
Preview:
TRANSCRIPT
FARMACOTECNIA
CÁLCULOS PARA DETERMINAR O TAMAÑO DE CÁPSULAS NA FORMULACIÓN MAXISTRAL – UTILIZACIÓN DO
NOMOGRAMA
Instituto de Educación Secundaria Leixa (Ferrol)Ana Roel Ares – Fco. José Teijido López
CÁLCULOS PARA DETERMINAR O TAMAÑO DE CÁPSULAS NA FORMULACIÓN MAXISTRAL - UTILIZACIÓN DO NOMOGRAMA
5
Hai varios tamaños de cápsulas que se numeran de maior a menor tal e como vemos no seguinte esquema, dende 000 ata 5. En farmacotecnia, os máis utilizados son o 00, 0, 1, 2 e 3.
Para seleccionar o tamaño de cápsula axeitado utilizamos o NOMOGRAMA, un eixo de coordenadas con tres medidas: Volume aparente (vertical), número de cápsula (diagonal) e tamaño de cápsula (horizontal)
CÁLCULOS PARA DETERMINAR O TAMAÑO DE CÁPSULAS NA FORMULACIÓN MAXISTRAL - UTILIZACIÓN DO NOMOGRAMA
O primeiro que facemos é medir o volume aparente total e marcámolo no eixo vertical da gráfica
CÁLCULOS PARA DETERMINAR O TAMAÑO DE CÁPSULAS NA FORMULACIÓN MAXISTRAL - UTILIZACIÓN DO NOMOGRAMA
A continuación marcamos na diagonal o número de cápsulas que imos utilizar
CÁLCULOS PARA DETERMINAR O TAMAÑO DE CÁPSULAS NA FORMULACIÓN MAXISTRAL - UTILIZACIÓN DO NOMOGRAMA
Finalmente marcamos, no punto de cruce do volume aparente e o número de cápsulas, o tamaño da cápsula. No exemplo de abaixo sería a cápsula de tamaño 00
CÁLCULOS PARA DETERMINAR O TAMAÑO DE CÁPSULAS NA FORMULACIÓN MAXISTRAL - UTILIZACIÓN DO NOMOGRAMA
Supoñamos unha fórmula cun volume aparente de 27 ml e 30 cápsulas: Marcamos a vertical de 27 ml…
CÁLCULOS PARA DETERMINAR O TAMAÑO DE CÁPSULAS NA FORMULACIÓN MAXISTRAL - UTILIZACIÓN DO NOMOGRAMA
… marcamos a liña de 30 cápsulas e buscamos o punto de corte …
CÁLCULOS PARA DETERMINAR O TAMAÑO DE CÁPSULAS NA FORMULACIÓN MAXISTRAL - UTILIZACIÓN DO NOMOGRAMA
… trazamos a horizontal que pasa polo punto de corte e vemos que está entre cápsulas de tamaño 0 e 00. Evidentemente temos que escoller o tamaño 00, porque no de 0 non nos cabería todo o volume, pero …
CÁLCULOS PARA DETERMINAR O TAMAÑO DE CÁPSULAS NA FORMULACIÓN MAXISTRAL - UTILIZACIÓN DO NOMOGRAMA
… se escollemos as cápsulas do 00 van quedar algo baleiras, falta volume. Se desprazamos a horizontal ao tamaño 00 vemos que nos faltan 3 ml para enchelas …
CÁLCULOS PARA DETERMINAR O TAMAÑO DE CÁPSULAS NA FORMULACIÓN MAXISTRAL - UTILIZACIÓN DO NOMOGRAMA
Neste detalle vemos que as cápsulas de tamaño 00 serven para un volume aparente de 30 ml así que …
CÁLCULOS PARA DETERMINAR O TAMAÑO DE CÁPSULAS NA FORMULACIÓN MAXISTRAL - UTILIZACIÓN DO NOMOGRAMA
Debemos engadir volume e iso facémolo engadindo un excipiente diluínte ata ter os 30 ml.
CÁLCULOS PARA DETERMINAR O TAMAÑO DE CÁPSULAS NA FORMULACIÓN MAXISTRAL - UTILIZACIÓN DO NOMOGRAMA
RESUMO• Medimos o volume aparente segundo a fórmula
maxistral e o número de cápsulas.• Trazamos no nomograma a liña do volume
aparente.• Trazamos no nomograma a liña do número de
cápsulas.• Vemos onde se cruzan a liña do volume aparente
coa liña do número de cápsulas.• Comprobamos o cruce coa liña do tamaño de
cápsula e eliximos a de maior tamaño.• No caso de que o volume aparente sexa menor que
o volume total correspondente co número de cápsulas e o tamaño elixido, engadimos excipiente diluínte na cantidade necesaria para encher as cápsulas.

top related