tema 1 hª fil grega 1
Post on 14-Jul-2015
182 Views
Preview:
TRANSCRIPT
HISTORIA DA FILOSOFÍA
BLOQUE I : FILOSOFÍA GREGA
AUTORES: PLATÓN E ARISTÓTELES
ÍNDICE
1. CONTEXTO HISTÓRICO-CONCEPTUAL1.1. O nacemento da filosofía: causas1.2 A primeira preocupación filosófica: a phisis. O paso do Mito ao Logos.1.3 As respostas ao problema da phisis: os presocráticos (Heráclito e Parménides)1.4 Sócrates e os Sofistas: período antropolóxico2. PLATÓN3 ARISTÓTELES
1. CONTEXTO HISTÓRICO-CONCEPTUAL
1.1. O nacemento da filosofía: causas
A filosofía occidental xurde en Grecia entre os séculos VII-VI a.C
Por que?
AS CAUSAS SON DE TRES TIPOS:1-Económicas2-Políticas3-Relixiosas
ECONÓMICAS
Aumento da riqueza e aumento dunha clase social con poder e sobre todo con tempo libre
1 Expansión do mundo grego2.Fundación de numerosas colonias (polis)3 Contacto con outros pobos
económicas
Aumento dunha clase social de cidadáns gregos coas necesidades cubertas:
Posibilidade para a reflexión teórica, para pensar.
Mapa histórico de Grecia
Europa
Grecia hoxe
políticas
O concepto de polis e cidadanía é esencial para coñecer esta época.
As polis son pequenas cidades estado cun gran nivel de autonomía dentro da Magna Grecia.
Antes da fundación das Polis (VIII a.C) onde os cidadáns terán peso político a sociedade grega era
aristocrática, modelo social que entrará en decadencia nesta época por novas condiciones
sociopolíticas:
políticas
1. O auxe dunha clase social comerciante e industrial
2.A participación do pobo nas guerras fai que tome conciencia da súa importancia dentro da polisTanto uns como outros esixirán a participación na toma de decisións que antes estaban en mans da aristocracia.
políticas
O tamaño reducido das polis, xunto coa auxe do que podemos chamar a clase media de comerciantes e
soldados impulsa a participación política.Todos son cidadáns ( agás as mulleres, metecos e escravos) polo que, como cidadáns, podemos e
debemos, participar da vida da polis.O aumento numérico da clase media produce un maior poder desta clase en detrimento da minoría
aristocrática.
Fagámonos unha idea da polis
Fagámonos unha idea da polis
Fagámonos unha idea da polis
Asemblea no mundo antigo
15 M: Madrid e Compostela
Fíxate na semellanza coa anterior diapositiva
políticas
O grego é cidadán antes que individuo: a polis está por riba do individuo
A participación na vida pública considérase case unha obriga ética
A política é unha virtude reservada para os cidadáns gregos
políticas
A alta participación impulsa a creación das normas
de convivencia ( dereito) e a idea da isonomía (a igualdade de todos os cidadáns ante a lei)
Neste ambiente e grazas a actitude de gobernantes como Solón e en especial Pericles nacerá o primeiro
sistema de democracia de occidente
Solón Pericles e Aspasia
RELIXIOSAS
Non existe unha clase sacerdotal poderosaTampouco libros de texto sagrados nin dogmas que
manter.A relixión grega é tolerante polo que non só non obstaculiza a labor filosófica senón que mesmo a
potencia.Moi distinta a outras relixións dogmáticas que
impediron a liberdade de pensamanto
En síntese
No s.VII en Grecia prodúcense a condición necesarias para o xurdimento da filosofía: tempo de
ocio e liberdade.
RECURSO DIDÁCTICO DO MEC
INFORMACIÓN DO CONTEXTO HISTÓRICO, CULTURAL E SOCIOPOLÍTICO DE GRECIA
1.2 Cal é o primeiro problema da filosofía: a phisis
A primeira reflexión filosófica será daquela realidade que teñen máis perto o que se percibe coa mera
observación: a natureza ou phisis.
Fascínalles o feito do cambio e da diversidade ou multiplicidade de seres
Expliquemos isto
EXPLICACIÓN
A PHISIS: conxunto de todo canto hai agás o artificial
explicación
O primeiro que percibimos polos sentidos é o feito do nacemento, do crecemento, da morte e, en
definitiva,do movemento e cambio das cousas ou seres.
Por outra banda tamén percibimos unha gran diversidade (MULTIPLICIDADE) de seres uns con
características moi distintas e outros con características máis semellantes
Ante esta realidade fanse as seguintes preguntas:
1. Cal é a explicación do cambio? En todo este cambio haberá algo que permanece?
2. Toda a diversidade de seres pode ter unha orixe común?
Que respostaron a 1ª pregunta?
En xeral todas as respostas ao problema da phisis responden que en todo cambio hai algo que
permanece, que non varía. A isto denominárono ESENCIA
Que é a esencia?
Concepto da filosofía grega que ademais de significar aquelo que é permanente tamén é aquelo que fai que
unha cousa sexa o que é, é dicir o que a define.
Exemplo da esencia humana: a racionalidade
Que respostaron á 2ª pregunta?
2º. Toda a diversidade de seres debe ter un orixe, principio e causa común.
Ao principio ao que todo se reduce, ou mellor do que todo provén chamáronlle archè (arjè) que se traduce
por principio
Que é o arché?
É o principio, substrato e causa do que todo está composto e que orixina todo canto hai ou existe
O paso do mito ao logos: o nacemento da filosofía
Antes do xurdimento da filosofía non se preguntaban e buscaban solucións ao enigma da natureza?
Obviamante sí.
Logo cal é e diferenza? vexamos:
As explicacións míticas
Que é o mito? Conxunto de narracións realizadas polo poetas gregos ( Homero, Hesíodo...)
Poseidón
Que narran:
Pretenden ser unha explicación tanto da realidade natural como da realidade social: explicación de fenómenos naturais, tradicións, normas éticas e
políticas, relixión, etc.
Perséfone
Cal era a súa finalidade
Función explicativa: darlle un sentido aos fenómenos da natureza
Función psicolóxica: vivir con maior tranquilidade ao poder influir (cos rituais) na vontade dos deuses.
Os protagonistas
Eran os deuses imaxinados con moitas semellanzas aos humanos ( antropomorfos)
Estes eran a causa ( os responsables) de todo canto acontecía na natureza, todo dependía da súa vontade.
Por iso se di que a característica fundamental do
mito é arbitrariedade
En síntese
A filosofía nace como un progresivo abandono das explicación míticas por explicación racionais ( paso
do mito ao logos)Do mito mantén o intento dunha explicación total da
realidade natural e social
En síntese
Abandona a idea de arbitrariedade dos
fenómenos pola da necesidade: os fenómenos ocurren así
porque teñen que ocurrir así e non pola vontade dos deuses
En síntese
Só cando aparece a anterior idea da necesidade é posible que xurda a
filosofía e a ciencia
1.3 Cales foron as respostas concretas ao problema da phisis?
Os presocŕaticos (s. VII ao Va.C)
Os presocáticos
1.Os físicos de xonia: Tales, Anaximandro e Anaxímenes (s.VII-VI a.C)
2.Pitágoras e os pitagóricos
3.Heráclito e Parménides
4. Empédocles e Anaxágoras (Pluralistas)
5.Os atomistas
O FÍSICOS DE XONIA: primeiros filósofos
TALESANAXÍMENES ANAXIMANDRO
DESTACAR
Foron os primeiros en dar unha explicación racional e non mítica.
Buscaron unha causa da natureza (archè) dentro da natureza
Con eles comezou a filosofía
respostas
Para Tales o principio de todo foi a auga. Probablemente chegou a esa conclusión pola
necesidade da auga para vivir e porque todo, incluído o alimento, ten certo grao de humidade.
Rio Rateira
respostas
Anaximandro supoxo un paso adiante polo grao de abstracción da súa resposta
O arché era o àpeirono àpeiron ( o indeterminado, o indefinido): o principio de todo non pode ser unha
clase particular de materia, ten que ser unha materia indeterminada.
respostas
Para Anaxímenes todo xurdeu do aire a partir dun proceso de rarefacción e condensación
Praia do PindoDe Noel Feáns
(Flirck)
Respostas : os pitagóricos
Destacar pola súa influencia e importancia a doctrina do número e a da alma
Pitágoras
Doutrina do número
O primeiro que hai que ter en conta é que a interpretación do número era máis xeométrica que
aritméticaCrían que todo era unha composición de unidades (arché) que identifican co punto e que o número 10
era o máis perfecto.IMPORTANCIA: APARECE A IDEA DA IMPORTANCIA: APARECE A IDEA DA
EXPLICACIÓN MATEMÁTICA DO REAL EXPLICACIÓN MATEMÁTICA DO REAL ( influencia ciencia e filosofía modernas s.XVII) ( influencia ciencia e filosofía modernas s.XVII)
DOUTRINA DA ALMA
Os pitagóricos eran unha comunidade relixiosa moi influenciada polo orfismo ( pescudar)( pescudar)En xeral tanto eles como todo o mundo grego En xeral tanto eles como todo o mundo grego beberon de ritos orientais e exipcios.beberon de ritos orientais e exipcios.Neste sentido defendían a inmortalidade da alma e a Neste sentido defendían a inmortalidade da alma e a visión pexorativa do corpovisión pexorativa do corpoA función da alma será liberarse da prisión do corpo A función da alma será liberarse da prisión do corpo mediante a purificación (influencia en Platón)mediante a purificación (influencia en Platón)
HERÁCLITO E PARMÉNIDES
Representan dúas concepcións ontolóxicas contrapostas e que inflúen en distintas interpretacións
ontolóxicas da historia da filosofía desde Platón a Nietzsche.
ONTOLOXÍA (DEFINICIÓN)
ONTO: ente , ser...LOXÍA: cienciaDefinición: é a ciencia que se ocupa de dar unha explicación da realidade entendida como un todo, é dicir, de todo canto hai ou existe.
HERÁCLITO
Na súa interpretación ontolóxica considera que a esencia do real é o movimento ou cambio
O ser ou a realidade está en continuo cambio ou movimento polo que o principio de todo debeu ser un
gran lume, pois é o mellor símbolo deste devir constante do real
Frases atribuídas a Heráclito
Todo flúe e nada permaneceNinguén pode atravesar dúas veces o mesmo río
Ézaro
Parménides
Considérase a antítese filosófica a HeráclitoSe este considera o mundo como en constante
cambio, Parménides será o pai do que podemos denominar a ontoloxía estática
Para el o ser (realidade) é único e esta unicidade do ser lévao a negar a existencia do movemento:
ONTOLOXÍA ESTÁTICA DO SER
COMO CHEGA A ESTA CONCLUSIÓN:
Para comprendelo hai que partir dúas premisas: a distinción entre coñecemento sensible (das
apariencias, menos fiable) e o coñecemento racional (o verdadeiro)
E por outra banda parte dunha tautoloxía: o ser é o non ser non é
Parménides.COMO CHEGA A ESTA CONCLUSIÓN:
Se existise o cambio ou o movimento teriamos qua afirmar que hai paso do ser ao non ser ou viveversa
Afirmariamos que o ser é non ser ou viceversaIsto é contraditoirio e como o coñecemento racional é superior ao sensible temos que negar (racionalmente)
a existenca do movimento que será só unha apariencia dos sentidos
Influencia de heráclito e Parménides
A ontoloxía destes dous filósofos será a base para a elaboración da teoría das ideas de Platón
Tampouco se podería entender a filosofía de Nietzsche sin a crítica á interpretación da realidade de Parménides e a loubanza á ontoloxía do devir de
Heráclito.
Cacterísticas das respostas
MATERIALITAS: todas as respostas buscan un principio (archè) material.ORGANICISTAS (HILOZOÍSTAS): interpretan ou conciben o mundo como se fose un gran ser vivo.MONISTAS ( AGÁS DUALISMO PITAGÓRICO)*: a resposta á pregunta sobre a fisis é resolta desde un único principio, causa de todo canto existe.*o archè é a unidade mais como esta é par e impar á vez (descoñecían o número 0) considérase unha resposta dualista.
4. Empédocles e Anaxágoras (pluralistas)
Destacar os primeiros en dar unha resposta pluralista ao problema da Phisis ou Archè
Despois de Parménides foi imposible retornar a unha resposta monista da natureza xa que nos levaría a
incorrer nunha contradición.
Empédocles e Anaxágoras (pluralistas)
A solución ao problema só tiña un camiño: pasar dunha solución monista a unha pluralista. O
pluralismo, ademais da solución á aporía (pescudar) parmenídea, explicaba mellor a diversidade de seres
Empédocles
Para Empédocles todo estaba formado por partículas dos catro elementos (terra, auga, aire e lume) e o proceso de formación e transformación dos seres explícase pola acción de dúas forzas. O amor que
provoca a unión (explica a aparición das cousas, por ex:o nacemento) das partículas e o odio que provoca
a desunión (explica a desparición, por ex:a morte) das partículas dos seres.
Anaxágoras (pluralistas)
Todo está composto de partículas cualitativamente semellantes que denomina Spermata (semente) ou
Homeomerías
A diferencia ou diversidade de seres explícase polo predominio dun tipo de homeomerías.
A forza que une e separa (que ordena o cosmos) é unha lei cósmica que denomina denomina Nous Nous que non que non
é outra cousa que un principio do é outra cousa que un principio do movimento e orde movimento e orde
Os atomistas
Adóitase considerar como iniciadores do atomismo a Leucipo e Demócrito
Tamén é un lugar común considerar que a doutrina de Anaxágoras como un incipiente atomismo
Os atomistas
Os atomistas consideran que todo canto hai ou existe está formado por inumerables átomos (partículas
materiais e indestructibles)Este son cualitativamante semellantes e
cualitativamente distintosTodo nacer e perecer depende do cambio de posición dos átomos así como a diversidade de seres depende
do tamaño e forma dos átomos
Os atomistas
O proceso non require de ningunha forza externa para producirse ( nous, amor-odio...) senón que é un movimento constante azaroso sen negunha finalidade
nin intervención externa ao átomos
Conxugan azar e necesidade.
Os atomistas: características
PluralistasMaterialistas
Mecanicistas: todo canto hai ou existe explícase atendendo só as cualidades cuantitativas da
materia e o movimento (contraposición ao organicismo e ao posterior teleoloxicismo
de Platón e Aristóteles)Influencia na nova ciencia: atención sóa ao
cuantificable
1.4 Sócrates e os Sofistas: período antropolóxico
A filosofía grega divídese en catro períodos:1. Período cosmolóxico: presocráticos2. Período antropolóxico: Sofistas e Sócrates3. Período ontolóxico-sitemático: Platón e Aristóteles4. Período helenístico
Por qué se clasifican así?
A clasificación responde á temática predominante nese período:
Así no P. cosmolóxico o interese fundamenal é o cosmos
No segundo período o interese fundamental serán as cuestións prácticas relativas ao ser humano (de aí antropolóxico): a ética e a política
Causas do cambio de temática?
A primeira e máis importante: a situación políticaNo século V a.C prodúcese un importante cambio
político en Grecia:
O paso dun réxime aristocrático a unha democracia: a democracia de Pericles
A a segunda causa é de carácter filosófico: o escaso éxito na solución
ao problema da phisis
Como inflúe este cambio socio-político na filosofía?:
Coa democracia increméntase a participación política: todos os cidadáns poden participar na
asemblea.O liderazgo non depende da linaxe, senón da O liderazgo non depende da linaxe, senón da
capacidade para convencer na asemblea. capacidade para convencer na asemblea.
Que é preciso para convencer?
Dominar a arte da oratoria e retóricaMellorar o coñecemento das leis, da xustiza, da
administración do EstadoComo se mellora?: coa aprendizaxe.
Que se dedicou a estas ensinazas?
Os sofistas ( século V a.C)
Carcterísticas dos sofistas
Grupo de filósofos que florecen no s.V en GreciaEstranxeirosComerciantes
Non podían participar na asembleaDedicárone ao ensinoCobraban por ensinar
Características filosóficas:
EscepticismoRelativismo
escepticismo
Actitude ou doutrina filosófica negadora da posibilidade dun coñecemento absoluto ou o que é o
mesmo, universal e necesarioA única postura racional ante o coñecemento é a
dúbida
relativismo
O relativismo é unha posición filosófica especialmente aplicada ás cuestións éticas e políticasConsiste en afirmar que as normas éticas e políticas son unha creación das sociedades humanas nas que
se acorda ou convén (convencionalismo) cales son as normas polas que debemos rexirnos
relativismo
Xa que logo negan o carácter natural das normas éticas e políticas.
As normas son fillas do seu tempo e circunstancias polo que varían en función do paso do tempo e das
diferentes culturasNegan o carácter universal das normas ético-Negan o carácter universal das normas ético-
políticaspolíticas
Protágoras
Na súa célebre frase: «O home é a medida de todas «O home é a medida de todas as cousas, das que son en tanto que son, e das que as cousas, das que son en tanto que son, e das que non son en canto que non son».non son en canto que non son». Con isto quere dicir
que non hai unha verdade obxectiva, absoluta e universal, senón só verdades relativas e subxectivas,
que dependen da percepción de cada persoa.
Gorxias
Sofista. Defende:o relativismo e o escepticismo. Non hai nin verdade nin valores. Esta idea aprece na súa famosas teses: -Nada existe. -Si algo existira, non podería ser coñecido polo home. -Si algo existente poidese ser coñecido, sería imposible expresalo coa linguaxe a outro home.Máis información
Sócrates
Representa a oposición filosófica aos sofistas
Sócrates (s.V a.C)
É atenienseNon cobra por ensinarO seu método é o diálogoCarácter universal das normas
SOFISTAS● Son estranxeiros● Cobran por ensinar● O seu método son os
longos discursos● Caracter particular
(relativo) das normas
Como argumenta a afirmación da existencia da verdade e universalidade das nomas?
Igual que os sofistas parte da natureza humana.Facendo fincapé na dimensión racional e non na
naturalA natureza humana é a nosa racionalidade.
En tanto que natureza é a nosa esencia, é dicir, o que é común a todos os seres humanos.
Como argumenta a afirmación da existencia da verdade e universalidade das nomas?
En tanto que as normas e o coñecemento xeral emanan desta facultade común o resultado debe ser
un coñecemento universal e necesario
As normas éticas terán tamén este carácter universal( influencia en Platón)
O debate da universalidade da normas
Será unha constante no debate na historia da filosofía:
chega ate os nosos días sendo un exemplo deste debate a declaración universal dos dereitos declaración universal dos dereitos
humanoshumanos
Gueto de Varsovia
top related