tema 5. lección 1
Post on 09-Aug-2015
52 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Tema 5
Lección 1. O proceso de creación da Unión Europea
DA COMUNIDADE ECONÓMICA EUROPEA Á UNIÓN EUROPEA
A creación da Comunidade Económica Europea (CEE)
• 1948: Creación da unión aduaneira BENELUX (Bélxica, Países Baixos, Luxemburgo), que implicaba a supresión dos aranceis (impostos de importación) entre estes países.
• 1951: Creación da CECA (Comunidade Europea do Carbón e o Aceiro) entre seis países europeos: Bélxica, Países Baixos, Luxemburgo, Francia, Alemaña (RFA) e Italia. Esta unión supoñía a unificación das producións de carbón e aceiro entre estes países, produtos clave no desenvolvemento económico da posguerra.
• 25 de marzo de 1957: Mediante o Tratado de Roma se forma:– A CEE (Comunidade Económica Europea), que supuña unha estreita
colaboración entre os países asinantes (os seis que crearon a CECA); e procuraba o seguinte:• Formar unha unión aduaneira entre os países membros.• Adoptar unha política agrícola común, así como a libre circulación de produtos agrícolas
dentro desta comunidade.– O EURATOM (Comunidade Europea de Enerxía Atómica); neste caso para
poñer en común e baixo unha mesma autoridade a produción de enerxía nuclear.
Firma do Tratado de Roma. 25 de marzo de 1957
As primeiras ampliacións• 1973: A CEE está formada por Bélxica, Países Baixos,
Luxemburgo, Francia, RFA, Italia e Reino Unido, Irlanda e Dinamarca.
• 1981: A CEE está formada por Bélxica, Países Baixos, Luxemburgo, Francia, RFA, Italia, Reino Unido, Irlanda, Dinamarca e Grecia.
• 1986: A CEE está formada por Bélxica, Países Baixos, Luxemburgo, Francia, RFA, Italia, Reino Unido, Irlanda, Dinamarca, Grecia, España e Portugal.
• A adhesión destes últimos países á CEE implicou a entrada de países con niveis de desenvolvemento menores. Para poder acadar o mesmo nivel que os países membros, foi necesario o apoio financeiro da CEE a través de fondos estruturais.
• 1992: Mediante o Tratado de Maastricht a CEE convírtese na Unión Europea (UE). O obxectivo da UE non vai ser soamente a unión económica entre os paises que a conforman, senón tamén a unión política.
• 1995: Únense á UE tres novos países, deste xeito confórmase a Europa dos 15: A CEE está formada por Bélxica, Países Baixos, Luxemburgo, Francia, Alemania, Italia, Reino Unido, Irlanda, Dinamarca, Grecia, España, Portugal, Austria, Finlandia e Suecia.
A apertura cara o leste de Europa• A caída do Muro de Berlín (1989) e a desaparición da URSS (Unión
de Repúblicas Socialistas Soviéticas), permitiron a integración na UE de países da Europa Oriental:
• 2004: Se conforma a Europa dos 25: Bélxica, Países Baixos, Luxemburgo, Francia, Alemania, Italia, Reino Unido, Irlanda, Dinamarca, Grecia, España, Portugal, Austria, Finlandia, Suecia, República Checa, Eslovaquia, Hungría, Polonia, Estonia, Letonia, Lituania, Eslovenia, Malta e Chipre.
• 2007: aos países anteriores engádense dous máis: Bulgaria e Romanía (Rumanía). Comezan, ademais, as negociacións con Turquía, Croacia e Macedonia.
• A ampliación cara o leste implicou o ingreso na UE de países cun nivel de renda máis baixo ca media europea, por iso os novos membros reciben a maioría dos fondos. Por outra parte, numerosas empresas abandonan os países ricos da UE, para situarse nos países do leste, con salarios máis baixos.
top related