unida de didÁctica entroidanzas - capital … · este apartado facendo unha posta en común na...
Post on 27-Aug-2018
214 Views
Preview:
TRANSCRIPT
MEMORIA DIDÁCTICA E DE MEDIACIÓN
PESDELÁN ENTROIDANZAS
Montse Rivera
UNIDADE DIDÁCTICA – Pesdelán Entroidanzas
OXECTIVOS relacionados coas Competencias Clave:
1 CONCIENCIA E EXPRESIÓNS CULTURAIS
• Descubrir que existen bailes propios da época do Entroido.
• Aprender que vestiario acompañaba a estes bailes.
• Coñecer e respectar a diversidade cultural e social e asemade
coñecer e participar coas propias tradicións.
• Escoitar e identificar as melodías que se usan nestes bailes.
• Bailar algúns destes bailes.
• Poñer en valor as oportunidades e posibilidades de acceso a
expresións culturais relacionados co Entroido.
2 COMPETENCIAS SOCIAIS E CÍVICAS
• Aprender a importancia da colaboración das persoas dunha
sociedade para conseguir un obxectivo.
• Buscar a diversión respectando todas as individualidades.
• Perder o medo a relacionarse cos demais.
3 COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGüÍSTICA
• Sentir a música como unha linguaxe que nos transmite
sensacións e informacións.
• Escoitar as letras das cancións en distintos idiomas e ser quen
de seguir o que nos están a dicir.
• Comunicarse de forma oral co resto das persoas da contorna.
• Descubrir as rimas dentro das composicións tradicionais e
comprender o seu valor e utilidade.
UNIDADE DIDÁCTICA – Pesdelán Entroidanzas
4 COMPETENCIA DIXITAL
• Procurar información en Internet sobre os distintos Entroidos do
mundo.
• Recoller dixitalmente toda a información aprendida.
• Acceder á conta de Facebook Entroidanzas para engadir
comentarios ás entradas que alí hai, contribuír coas súas
investigacións e compartilas.
5 APRENDER A APRENDER
• Fomentar a curiosidade por como se celebra o Entroido en
Galicia e noutros lugares do planeta.
• Descubrir a gran diversidade de bailes e tradicións que rodean
esta época do ano.
• Saber distribuír o tempo para poder realizar traballo e diversión
ó longo da vida.
• Entrar no Facebook Entroidanzas e ver as entradas que alí se
publican.
6 SENTIDO DA INICIATIVA E ESPÍRITU EMPRENDEDOR
• Reflexionar sobre os aspectos éticos da actitude das persoas
que se “ocultan” baixo un disfrace no Entroido.
• Descubrir a nosa capacidade para guiar un grupo nun momento
dado.
• Inventar novos bailes e expresións artísticas para levar a cabo
no Entroido.
UNIDADE DIDÁCTICA – Pesdelán Entroidanzas
7 COMPETENCIA MATEMÁTICA E COMPETENCIAS BÁSICAS EN
CIENCIA E TECNOLOXÍA
• Aplicar os coñecementos básicos de xeometría apendidos ata o
momento.
• Comprender como se deseñan os patróns para despois cortar
as teas e demais materiais para a confección de traxes.
• Fomentar a actitude de reciclar empregando papel usado para
facer máscaras
UNIDADE DIDÁCTICA – Pesdelán Entroidanzas
OBXECTIVOS relacionados coa educación ambiental:
• Entender como noutros tempos elaborar a roupa tiña un
impacto medioambiental moito menor.
• Reflexionar sobre o feito de que o baile antigamente se facía
nas propias aldeas sin que foran necesarios grandes
desprazamentos.
• Valorar como no Entroido se poden fomentar os 3 R: reciclar,
reutilizar, reducir.
OBXECTIVOS relacionados coa expresión corporal e a danza:
• Aprender coordinación motora, lateralidade e postura corporal.
• Romper o medo a ter achegas físicas con outras persoas
• Ter referencias espaciais e traballar a conciencia do propio
corpo no espazo e tamén o espazo persoal dos demais.
• Harmonizar xestos motrices e desenvolver o sentido rítmico e a
creatividade.
• Aumentar a capacidade de atención e coordinación.
• Potenciar a parte afectiva e social xunto coa percepción e a
intuición.
• Promover os ambientes lúdicos e non competitivos entre os
máis pequenos.
• Fomentar o uso da linguaxe non verbal dando máis importancia
á linguaxe corporal.
• Desenvolver a imaxinación e o xogo como sistema de
aprendizaxe.
UNIDADE DIDÁCTICA – Pesdelán Entroidanzas
PLAN DE MEDIACIÓN
METODOLOXÍA E ACTUACIÓN
Os obxectivos anteriormente descritos levaranse a cabo en dous
momentos puntuais:
• Na sesión de mediación a desenvolver no centro educativo
• No concerto que se desenvolverá coa presenza dos nenos cos
que xa se traballou previamente.
Mediación: a persoa mediadora tras coordinarse co equipo docente,
desprazarase ós centros e alí traballará co alumnado que vai asistir ó
espectáculo os seguintes aspectos:
◦ Averiguar cales son os coñecementos previos que os
participantes no encontro teñen sobre a celebración do
Entroido en Galicia e noutros lugares do mundo.
◦ Explicar en que consiste o Entroido en Galicia e cales son as
súas manifestacións máis antigas.
◦ Relacionar esta celebración con tradicións culturais nas que
están presentes a música e a danza.
◦ Incentivar a súa curiosidade sobre os diferentes Entroidos
cos que nos podemos atopar.
◦ Poñer en valor as tradicións galegas e promover a súa
pervivencia dándollelas a coñecer ós máis pequenos.
◦ Aprender un dos bailes que se vai ensinar no espectáculo
para que os asistentes saiban cal vai ser a dinámica da
actividade e lle poidan sacar o máximo rendemento de
diversión e aprendizaxe.
Concerto: ó longo de 60 minutos de actuación, Entroidanzas vai
combinar momentos de explicacións dos bailes que se van ensinar
(pasos, xogos, melodías e letras dos mesmos) cos propios bailes que
UNIDADE DIDÁCTICA – Pesdelán Entroidanzas
se levarán a cabo con acompañamento musical. O alumnado
asistente irá vendo como son os diferentes pasos, ata chegar o
momento de poder facelo todo seguido, sempre coas indicacións da
mediadora e das melodías e letras.
MEDIDAS DE ACOMPAÑAMENTO E COORDINACIÓN CO EQUIPO
DOCENTE E CO PERSOAL DO CONCELLO
A persoa mediadora poñerase en contacto co Concello para saber
cales son os centros que van participar na actividade. Falará cos
centros para facerlles chegar a unidade didáctica, marcar a data na
que se desenvolverá a sesión de mediación e orientar ó profesorado
implicado en como poden sacarlle partido ó traballo previo, tendo en
conta as características do seu alumnado.
A mediadora estará en todo momento a disposición dos equipos
docentes e do persoal do Concello para aclararlles calquera cuestión
que lles poida xurdir.
Xa no momento de levar a cabo o espectáculo, estará pendente
xunto co persoal do Concello da chegada dos asistentes saudándoos
e animándoos a bailar e a participar en todo momento.
SEGUIMENTO E AVALIACIÓN CONTINUA DO PROCESO
A mediadora poñerase a disposición dos equipos docentes, seguirá
como se vai desenvolvendo o traballo previo, aclarará posibles
dúbidas e tras rematar a actuación pasará unha enquisa de avaliación
moi sinxela para saber cal foi a impresión de todos os asistentes.
Días despois da actuación, e xa para rematar todo o proceso,
poñerase en contacto con aqueles centros que manifestaron o seu
interese en traballar co tema do Entroido tras o espectáculo para ver
cal é a súa valoración do aprendido.
UNIDADE DIDÁCTICA – Pesdelán Entroidanzas
Por último, fará chegar ó persoal do Concello unha valoración xeral
desta actividade.
ACTIVIDADES PARA ANTES DE ASISTIR A ENTROIDANZAS
1 Pregunta aos maiores da casa (avós ou bisavós) como celebraban o
Entroido cando eran novos e fai unha pequena composición co que
che conten e despois compara se hai diferenzas co que fas ti. Remata
este apartado facendo unha posta en común na aula.
2 Para ver que sabes do Entroido contesta a estas preguntas de
verdadeiro ou falso e despois do espectaculo comproba se segues a
pensar o mesmo.
• O Entroido esta ligado á relixion musulmana: Verdadeiro ou
Falso
• No Entroido cómese moito: Verdadeiro ou Falso
• O Entroido é un tempo de meditación e recollemento:
Verdadeiro ou Falso
• En todos os países do mundo se celebra o Entroido: Verdadeiro
ou Falso
• Nas orixes do Entroido está celebar que o inverno chega á súa
fin: Verdadeiro ou Falso
• Os boteiros son figuras do Entroido galego: Verdadeiro ou Falso
• Hai un baile de Entroido no Brasil no que usan un paraugas:
Verdadeiro ou Falso
3 Conta algunha tradicion do Entroido que ti coñezas.
UNIDADE DIDÁCTICA – Pesdelán Entroidanzas
4 Para vir disfrazado ao concerto fai o disfrace do Cempés.
Material necesario:
Tesoira, tea verde para as pañoletas, rafia, dous pares de calcetíns
verdes, fio negro e branco, pegamento, agullas e roupa verde.
Nenos e nenas vístense iguais:
UNIDADE DIDÁCTICA – Pesdelán Entroidanzas
1º Viste de verde, busca roupa verde, camiseta, e pantalóns.
2º Para a cabeza fai un pano con tea verde; quen vai diante da fila
vai ser a cabeza do cempés, na pano ten que poñer uns ollos feitos
con redondeis de feltro e pegalos ou coselos no pano da cabeza.
3º Cun par de calcetíns fai uns manguiños para os brazos e o outro
par pono nas pernas.
4º Con rafia verde e amarela simulas os pelos do cempés,
colocándoa nos ombreiros, brazos e pernas.
5º Quen vai de último da fila leva un rabo feito con rafia.
UNIDADE DIDÁCTICA – Pesdelán Entroidanzas
ACTIVIDADES PARA DESPOIS DO ENTROIDANZAS
1 Asocia as palabras de ambas columnas.
Perú Frevo
Brasil Corcobados
Galicia Cempés
Arxentina Mázcaras
Colombia Diablos
Italia Carnavalito
2 Busca no mapa do mundo os seguintes países. Intenta colocar
como mínimo unha característica do Entroido en cada un deles.
Perú
Brasil
Arxentina
Colombia
Italia
Portugal
UNIDADE DIDÁCTICA – Pesdelán Entroidanzas
3 Asocia estas imaxes de personaxes de Entroido co seu país.
Bailador de frebo
Mázcara
Boteiro
Diablo
Bailador de cempés.
UNIDADE DIDÁCTICA – Pesdelán Entroidanzas
4 Conta cal foi o baile de Entroidanzas que máis che gustou e por
que.
UNIDADE DIDÁCTICA – Pesdelán Entroidanzas
top related