vii olimpÍada filosÓfica de galicia - bases e inscrición · 2019-11-02 · como creador de...
Post on 31-Jul-2020
0 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Este caderno é unha recompilación de recursos e materiais visuais que dan ideas para a realización de fotografías ou vídeos para a VII Olimpiada .
O tema xeral sobre o que traballarán todas as modalidades (en diferentes formatos) será:
O PODER DO MITO Este tema divídese en varios subtemas que poderán delimitar o exercicio de disertación que o alumnado deberá escribir presencialmente.
Agrupamos estes subtemas en 5 bloques:
1. EN QUE SENTIDO OS MITOS HOXE SEGUEN SENDO METÁFORAS
FILOSFICAS? (Fronteiras entre o racional e o mtico. A filosofía como mito. O mito no Logos. A razón como mito. O mito da razón como creador de monstros. O papel dos mitos na filosofía. O mito como un adeus á racionalidade.)
2. PODEMOS PRESCINDIR DOS MITOS? (Sentido e funcións do mito na actualidade. A ausencia de mitos e o nihilismo. O mito como sostén de prexuizos. O papel do mito na creatividade. Os mitos fundacionais e o poder político. Os mitos da sociedade capitalista: patriarcado, individualismo, liberdade e felicidade. O papel do mito na cohesión social)
3. O MITO DO CAMIÑO OU O CAMIÑO DO MITO? (os novos relatos de viaxes. O peregrino como heroe. A ficción do camiño como prototipo da globalización. Construcción de mitos ao redor dun mito fundacional. A pervivencia da historia como lenda)
4. NARRAR PARA COMPRENDER? ( O sentido dos mitos no século XXI. O ser humano como creador de mitos. A pervivencia do mito na sociedade. Cambio de contidos pero permanencia do relato. Vixencia dos contos de hai 2000 anos)
5. OS MITOS ACTUAIS. VELLAS TRADICIÓNS EN NOVOS
ENVOLTORIOS? (As redes sociais como novos textos mitolóxicos do séulo XXI. Heróes e heroínas como modelos para o ser humano. Arquetipos e personaxes de ficción nas novas plataformas dixitais. Consecuencias dos mitos eróticos e o amor romántico na desigualdade de xénero. O deporte como nova narrativa mitolóxica. Fake news e falsos mitos.)
• O alumnado pode investigar na guía xeral proposta e nos recursos aloxados na web da Olimpiada Filosófica de Galicia
Esta guía achega:
• Unha guía visual das posibilidades de abordaxe, tanto da imaxe, como do vídeo e as súas características
• Bibliografía xeral sobre o tema dos mitos e o seu poder no século XXI
• Unha webgrafía específica sobre o uso dos mitos no sector audiovisual
BIBLIOGRAFÍA :
Moreno Baquerizo, J. La construcción de la mirada artificial a comienzos del tercer milenio. Aproximación crítica a los bancos de imágenes fotográficos pag 157-‐162 en https://eprints.ucm.es/39185/1/T37789.pdf
Chame, A: Fotografía: un abordaje antropológico. El mito, el tiro, el cuerpo y la estética. En https://fido.palermo.edu/servicios_dyc/publicacionesdc/vista/detalle_articulo.php?id_libro=125&id_articulo=1159
Romero Torres, J. Una lectura del mito de Narciso: tragedia y fotografía . pax. 45 e 46en https://www.redalyc.org/pdf/4138/413835217002.pdf
Rodriguez Rivera, N. Mitocrítica: cómo se refleja un mito en el arte en https://www.revistaesfinge.com/culturas/mitologia/item/1060-‐mitocritica-‐como-‐se-‐refleja-‐un-‐mito-‐en-‐el-‐arte
Feire Sánchez Alfonso. Publicidad en torno al mito: el uso de figuras mitológicas como herramienta persuasiva del discurso publicitario. En https://revistas.ucm.es/index.php/HICS/article/download/45129/42492
WEBGRAFÍA:
1.SERIES E FILMES QUE DESMONTAN O MITO DO AMOR
-‐ https://www.espinof.com/listas/grandes-‐peliculas-‐series-‐que-‐van-‐alla-‐topicos-‐romanticos-‐que-‐nos-‐ha-‐vendido-‐hollywood
2. 12 MITOS QUE CREMOS POR CULPA DOS FILMES
https://genial.guru/creacion-‐arte/12-‐mitos-‐que-‐creemos-‐por-‐culpa-‐de-‐las-‐peliculas-‐217960/
3. “MITOS Y LEYENDAS” exposición de fotografía narrativa que recolle trece personajes e figuras paganas da cultura popular ytradición oral del norte de Extremadura. En: https://youtu.be/YnC-‐vuV90qg
4. MITOS ESPACIAIS. Desde O robot de Platón chega este xenial vídeo sobre os mitos que circulan acerca das fotos «reais» do noso planeta Terra tomadas desde o espacio. En https://youtu.be/D_SU62NeXO0
3. FILMES PARA TRABALLAR O MITO: fonte: docsity.com
• The Awakening. Director: Nick Murphy. 2011 -‐ Reino Unido Unha mini película de poucos minutos de duración, pertencente á “triloxía da morte” de Cerdá. A morte, a verdadeira vida, o escenario cósmico, son algúns dos temas que afrontarás a través deste filme. A simboloxía e o novo plano que utiliza é o que fai este filme diferente.
• Total Recall. Director: Paul Verhoeve. 1990 -‐ Estados Unidos – México Escrita por Philip K. Dick e rodada en México, é unha clara crítica ao consumismo e á automazación: ¿no futuro agardanos unha tecnoloxía capaz de controlar ao cidadán? ¿viviremos nunha sociedade na que non sexamos quen de distinguir entre a ilusión e a realidade?
• Synecdoche, New York Director: Charlie Kaufman 2008 -‐ Estados Unidos Esta película reflicte unha aplicación inversa da analoxía da caverna de Platón.
• The Matrix. Director Irmáns Watchosky. 1999. O uso dos temas míticos, as analoxías filosóficas están presentes en toda a película a través dos nomes de personas e naves, dos caracteres das personaxes e das secuencias que se narran. Esencial para ver o solapamento dos mitos na historia occidental.
• Jocker. Director Todd Phillips. 2019. Na construción da personaxe e súa transición ate converterse no Jocker podemos analizar o uso dos mitemas e mitoloxemas presentes na narración: a parella, o incesto, o andróxino, o abismo, os irmáns...
O alumnado pode consultar as bases para a participación en:
https://olimpiadafilosoficagalicia.weebly.com/
A Olimpíada Filosófica de España propón estes temas en: : http://redfilosofia.es/olimpiada/
OLIMPIADA FILOSÓFICA DE GALICIA
top related