anexo ii.1 delimitación das Áreas plan sectorial galego de...
TRANSCRIPT
INSTITUTO GALEGO DAVIVENDA E SOLO
Plan Sectorial Galego de Solo Residencial
Anexo II.1 Delimitación das Áreas
Funcionais
A ESTRUTURA TERRITORIAL DE GALIZA E
CRITERIOS PARA A DELIMITACIÓN DE ÁREAS
FUNCIONAIS DE REFERENCIA PARA O PLANO
SECTORIAL DE VIVENDA DE GALICIA
Estudo realizado por
Xavier Vence. Catedrático de economía aplicada da USC
Xosé Constenla. Investigador do IDEGA da USC
Grupo ICEDE (USC)
Para o documento do PLANO SECTORIAL DE
VIVENDA DE GALICIA elaborado por IDOM para a
Consellería de Vivenda e Solo da Xunta de
Galicia
Compostela, 11 de maio 2008
A ESTRUTURA TERRITORIAL DE GALIZA E CRITERIOS PARA A DELIMITACIÓN DE
ÁREAS FUNCIONAIS DE REFERENCIA PARA O PLANO SECTORIAL DE VIVENDA DE
GALICIA
INDICE
I. Introdución .................................................................................................................................. 3 II. A estrutura territorial de Galiza e a súa delimitación político-administrativa ............................. 5 III. As áreas funcionais: proposta de delimitación ........................................................................ 10
Delimitación de Áreas Funcionais en base a fluxos de mobilidade residencia-traballo ....... 11 IV. As áreas funcionais para o Plano Sectorial de Vivenda de Galiza: escala, estrutura sectorial e volume de fluxos intermunicipais ................................................................................................. 21 V. Dinámica da poboación e o emprego por área funcional......................................................... 87 VI. Conclusións ............................................................................................................................ 96 BIBLIOGRAFÍA ............................................................................................................................ 99
I. Introdución
A delimitación funcional dun territorio –sexa cal sexa o método- ha de responder con tino
a dous factores de especial importancia. Por unha banda, ter claramente identificado o obxectivo
concreto da división funcional que se persegue (neste caso orientada cara ás políticas de
vivenda e, en particular, vivenda protexida) na medida em que a funcionalidade distingue ás
propostas de delimitación territorial en relación á natureza das mesmas (entendendo que poden
existir delimitacións territoriais distintas cando se fala de áreas funcionais dependendo do
obxectivo concreto das mesmas –vivenda, solo empresarial, administración territorial, saúde,
servizos sociais entre outros). Pola outra, trátase de realizar unha reflexión –neste caso partindo
da aplicación da metodoloxía dos fluxos de traballo/residencia- sobre as lóxicas de articulación
interna do espazo e sobre como se distribue a poboación e a actividade económica.
No caso concreto de Galiza, nos últimos decenios temos asistido a unha lenta e, en
ocasións, problemática pero tamén profunda transformación dos procesos de urbanización.
Como resultado preliminar temos un país con certas disfuncións entre un dinamismo
socioeconómico nun contexto fundamentalmente urbano/atlántico e un
despoboamento/avellentamento das estruturas no universo interior/rural, coa excepción dun
certo número de vilas intermedias. Esta situación vese agravada por unha división territorial e
administrativa que non se amolda por completo ás lóxicas e aos usos sociais sobre o espazo nin
satisface ás ferramentas de gobernabilidade a todas as escalas. Polo tanto, está totalmente
xustificado que as distintas administracións públicas con competencias, no intento por ofrecer á
cidadanía unha serie de políticas e servizos do xeito máis eficiente e eficaz posíbel, reflexione en
delimitacións funcionais que garantan un equilibrio territorial en distribución dos recursos e en
índices de desenvolvemento futuro.
Neste sentido, as áreas funcionais supoñen unha delimitación territorial alternativa para
analizarmos as dinámicas socioxeográficas e ecónomica que se detectan no país. No estudo
sobre necesidades empresariais de solo produtivo en Galiza 2006-2015 elaborado polo Grupo
ICEDE da USC baixo a dirección do profesor Xabier Vence Deza por encargo do Instituto Galego
de Vivenda e Solo, o concepto de áreas funcionais baseadas nos fluxos de residencia-traballo
resultou indicado, conxuntamente coa división comarcal e municipal, para artellar a política de
creación de solo productivo de carácter estratéxico.
O que se pretende neste traballo é definir, delimitar e xustificar áreas funcionais de
referencia para o Plano Sectorial de Vivenda de Galiza, aplicando a metodoloxía dos fluxos de
mobilidade residencia-traballo intermunicipais, é dicir, as áreas dentro das que tenden a
producirse os desprazamentos diarios entre o lugar de residencia e o de traballo da poboación
laboral. Deste xeito, poderemos chegar a unha aproximación de espazos susceptibeis de se
converter en mercados de vivenda.
O procedemento estatístico para a determinación das áreas funcionai realizase a partir
dunha matriz de fluxos residencia-traballo entre os 315 municipios de Galiza, proporcionada polo
IGE partindo dunha exploración ad hoc do Censo de Poboación e Vivenda de 2001. As
agrupacións municipais prodúcense en función da intensidade relativa dos fluxos município a
município e en función dos critérios de autocontención fixados a priori. Os resultados permiten
delimitar as áreas funcionais así definidas e coñecer o volume de poboación involucrada. Todo
isso é susceptible de plasmarse nunha cartografia multinivel.
En todo caso, para presentar unha proposta de delimitación acaída e coherente coa
dinámica e coa realidade xeosocial de Galiza, cómpre resolver certas disfuncións que pode
presentar o resultado da aplicación directa do algoritmo de agregación. É por iso, que o
(re)coñecemento intenso de determinados factores e criterios económicos e territorias que
actúan nivel local pode servir para a xustificación desa nova definición de espazos
supramunicipais para a vivenda que se procura.
Por outra banda, é mester reparar na natureza concreta do traballo a un nivel máis
amplo e global. Do que se trata é de definir espazos de referencia a modo de mercados de
vivenda no eido fundamentalmente da vivenda protexida. Trátase dun factor a ter en conta, xa
que as políticas públicas en materia de vivenda protexida deben responder en primeiro lugar a
satisfacer á demanda existente, pero tamén, en segundo, pode representar un elemento indicado
para impulsar un proceso de reequilibrio territorial do país.
En definitiva, o obxecto do presente encargo céntrase na elaboración dun estudo
encamiñado a delimitar áreas de actuación funcionais de referencia para o Plano Sectorial de
Vivenda de Galiza co horizonte 2020, aplicando a metodoloxía da configuración de áreas de
autocontención de fluxos de traballo-residencia.
II. A estrutura territorial de Galiza e a súa delimitación político-administrativa
II.1. Unha primeira aproximación á estrutura territorial de Galiza
A actual organización do territorio en Galiza constitúe unha realidade herdada por
procesos de doble sentido e natureza. Uns teñen que ver nomeadamente coa plasmación
espacial do modo de produción económico imperante nunha realidade periférica e atlántica;
outros, fundamentalmente atañen aos instrumentos de división político-administrativos
establecidos de xeito arbitrario e con vocación homoxeneizadora. Tal vez, ambos os dous
procesos haberá que tomalos de modo relacionado. No proceso histórico do que falamos
xurdiron fortes nexos de retroalimentación e complementariedade. De feito, habería que
reflexionar sobre en qué medida as divisións administrativas do territorio propiciaron condicións
benévolas co sistema económico.
Se reparamos nas divisións politico-administrativas existentes no territorio galego
poderemos analisar de vagar algunhas disfuncións e debilidades. A ninguén se lle escapa a
estas alturas que na teoría as delimitacións que mellor poden definir ao modo secular de ocupar
o territorio en Galiza non se poden encadrar co actual mapa administrativo ferreamente
controlado polos concellos e as provincias. En efecto, son a bisbarra ou comarca e a parroquia,
as entidades que historicamente definiron o territorio como plasmación dos usos sociais sobre o
espazo, o xeito de ocupalo e o proceso de asentamento.
Porén, cómpre, na actualidade, seguir ampliando e aprofundando na definición desa
nova delimitación. Tal vez, o criterio decisorio máis apropiado sexa a funcionalidade específica
que se escolla á hora de realizar a delimitación. Como resultado teremos tantos mapas como
funcións ou finalidades funcionais sobre o espazo. En todo caso, no que toda a comunidade
científica está de acordo é en que a organización territorial que con maior eficacia e eficiencia
pode contribuir a recoñecer o espazo e a o xestionar dun modo máis equitativo, é aquela que
recoñece dous tipos de entidades: unha superadora dos límites municipais e inferior á escala
provincial e outra de ámbito inferior ao concello e con maior participación e organización máis
áxil.
Deste xeito, a estructura territorial en Galiza, como vaticinio especulativo, podemola
artellar en función da definición de 9 ou 10 macrocomarcas ou rexións. Unha rexión sempre se
refire a unha escala intermedia e, neste caso, sería un nivel territorial situado entre o local e o do
país. Esas rexións das que falamos, transformaríanse nun primeiro nivel efectivo de
interpretación (non tanto de xestión) do espazo das catro provincias. Unha rexión centralizada
por cada unha das cidades principais: Ferrol, desde o Eume até Estaca de Bares; A Coruña;
Santiago, coa súa bisbarra máis as de Padrón, Barbanza, Noia-Muros, e tal vez O Xallas e
Ordes; Pontevedra, até Soutomaior, Moaña, Pazos de Borbén e Fornelos polo sur, e o límite
clásico do Ulla polo norte; Vigo, no resto da provincia de Pontevedra; Lugo e Ourense, como
referentes de boa parte dos seus actuais territorios: A Mariña lucense, cunha estructura
polinuclear; O Valdeorras, apostando pola centralidade de O Barco; e, sen unha idea prefixada,
A Montaña oriental, como un espazo individualizado para implementar políticas específicas de
revitalización e desenvolvemento sustentábel. Estas rexións poderían definir os límites máximos
das futuras áreas metropolitanas (en contextos moi urbanizados), ou simplemente ser as
unidades básicas nas que fundamentar unhas Directrices de Ordenamento Territorial para
Galiza.
Nos últimos tempos, tense proposto con frecuencia, e sen moito rigor, a delimitación do
país empregando as denominadas áreas metropolitanas e urbanas. Este tipo de nivel territorial
deben constituir –sería desexábel- o alicerce da nova territorialización a materializar tanto no
Eixo urbano atlántico como nos entornos das cidades do interior, Lugo e Ourense. Trátase de
espazos poucos extensos no conxunto de Galiza (entre un tercio e un cuarto da súa superficie
total) pero que concentran a maioría da poboación e da riqueza. Por iso a necesidade de
xestionalos máis alá dos concellos actuais que, se ben acadan e continuarán mantendo un
enorme protagonismo no goberno dos cidadáns, non son quen de gobernar ámbitos cada vez
máis complexos derivados da consolidación de aglomeracións urbanas.
Para o resto do país, o espazo interior rural, a marxe litoral e os territorios de montaña,
(máis ou menos dous tercios da extensión pero só un 30% dos habitantes) a fórmula de
integración supralocal sería a conformación (ou reaproveitamento) de comarcas funcionais,
cunha cabeceira ben nítida. Estamos a falar dunha estructura territorial definida pola existencia
de concellos moi cativos incapaces de xestionar determinados servizos vinculados á
concertación urbanística, á planificación integrada do transporte, á promoción turística conxunta
ou á administración de certos servizos públicos. En todo caso, os grandes obxectivos deste tipo
de niveis territoriais serían: correxir o declive rural, atraer investimentos, xerar actividade
económica e procurar unha correcta territorialización dos servizos básicos. Trátase entón, de
crear entidades administrativas, fundamentadas na lexitimidade dun amplo consenso político e
social, cunha cabeceira a potenciar e cuns obxectivos de gobernanza concretos e explícitos
(mellora da calidade de vida da cidadanía e procura do reequilibrio territorial dentro do país).
Ademáis das áreas urbanas e a comarcalización do interior, cómpre simplificar o mapa
municipal das áreas menos dinámicas de Galiza. Apoiando financeiramente (mesmo con axudas
a fondo perdido e desgravación de certas taxas) a fusión de concellos de menos de 2.000
habitantes. Unha división en municipios máis simple axudará á mellor atención da colectividade,
a desenvolver unha xestión pública máis eficiente e facilitará as necesarias dinámicas de nova
comarcalización e de conformación de áreas urbanas ou metropolitanas.
II.2. O papel dos concellos e o inframunicipalismo
Temos comprobado que as limitacións da malla municipal en Galiza ten provocado
certas disfuncións de xestión e gobernanza pero tamén de perda de identidade territorial. É certo
que o concello como entidade político administrativa ten adquirido un protagonismo primordial en
aspectos que redundan na calidade de vida e no desenvolvemento socioeconómico. Por outra
banda, tamén debemos recoñecer que a súa presenza é garante da participación a través da
implicación activa da xestión ou da lexítima reivindicación. Porén, os concellos arrastran
numerosas rémoras e disfuncións que teñen diminuído a súa eficacia como entidade prestadora
de servizos pública e como órano de representatividade social. A problemática céntrase en
temas xa recorrentes e ampliamente divulgados: as carencias financeiras dun importante
números de municipios, a debilidade política e funcional, a execesiva tutela e dependencia de
administración de nivel superior, a inadaptación dos límites administrativos ás dinámicas
territoriais e económicas recentes e tamén a feble repercusión das fórmulas de cooperación
supramunicipal.
Unha das claves desta situación pode ser a dimensión dos propios entes. Se temos en
conta o proceso de creación do mapa municipal, que foi proposto en 1833 por Javier de Burgos,
o feito de que pouco ou nada mudou dende entón e as motivacións político-ideolóxicas da
configuración do modelo, comprenderemos que os conflictos espacias que hoxe agochan os
concellos son consecuencia dunha estructura territorial que non se adaptaba aos xeitos de vida
da poboación do país, que respondía a finalidades de control e de recadación, que significou a
integración dun modelo válido para outros sectores da península con paisaxes dominados pola
concetración da poboación e que contribuíu a tensionar as relacións sociais sobre o espazo,
xenerando cotas de poder local extralimitadas e acentuando as diferenzas e o desequilibrio.
Referíndonos á dimensión reducida de moitos concellos galegos -o denominado proceso do
inframunicipalismo, alcumado por Font i Llovet- é sabido, que trátase dunha proliferación de
pequenos concellos, cunha marcada insuficiencia económica, técnica e funcional, con grandes
dificultades para exercer competencias que lle son propias e sometidos a unha enorme
dependencia respecto a niveis de gobernanza superiores.
O inframunicipalismo é un fenómeno claramente á alza nas zonas rurais como
consecuencia do intenso proceso de despoboamento sofrido. Tanto este feito como o grande
crecemento e expansión física das áreas metropolitanas que, como temos visto, supera os
marcos adminitrativos locais e implica a aparición doutro tipo de disfuncións, estase dinate dunha
manifesta inadecuación das estructuras administrativas ás dinámicas socioeconómicas e aos
diferentes modelos de ocupación do espazo que converten en obsoleta e inaxustada a
tradicional delimitación municipal.
II.3. A solución comarcal: unha valoración crítica
Entre as solucións máis reconrrentes e publicitadas nos últimos tempos, cómpre valorar
e citar aquí o proceso de comarcalización de Galiza e o mapa comarcal resultante que culminou
en 1996 como unha lei do parlamento do país. A tentativa que definía 53 entidades comarcais
nunca gozou do respaldo popular nin política axeitado. Unha solución territorial que semellaba
unha proposta conducente a crear novos territorios que agrupasen varios concellos, asumisen
algunhas competencias municipais e provinciais, rematou sendo unha realidae voluntarista, de
comarcalización vencellada á xestión de proxectos de desenvolvemento territorial e definindo
unha estructura territorial desaxustada, alienada dos procesos sociais e que volvía a desvirtuar o
espazo xeográfico do país. Ademais, as entidades xeradas non posuían unha compoñente
político-administativa polo que a súa capacidade de xestión e de implicación coas lóxicas
estruturais do territorio eran extraordinariamente limitadas. A falta de amplo consenso e a
inexistencia de participación dende o comezo convertíu esta posibilidade nun fracaso polos
seguintes motivos:
A. A comarcalización nunca se formulou como unha proposta ampla, nacida do acordo
político. Era percibida como unha aposta do partido gobernante con toda a oposición á
contra ou á expectativa.
B. procedemento tivo un criterio impositivo. Decidíuse comarcalizar porque unha entidade
do goberno autonómico o entendía necesario e non se valoraba como demasiado
significativo abrir un proceso de negociación con outros axentes implicados.
C. A proposta adscribía concellos a territorios cos que rivalizaban ou non se sentían
identificados o que provocaba crecentes dificultades concretas ao negar a determinados
espazos a conformación dunha comarca.
D. Todo o proceso foi agravado pola crise provocada polo levantamento de A Fonsagrada,
onde a reivindicación era o recoñecemento dunha bisbarra propia como instrumento
para a corrección do declive de toda a área.
En definitiva, a lei 7/1996 de comarcalización de Galiza, semellaba cumprir o desexo
estatutario, pero definíu territorios supramunicipais sen atribucións de entidade, nun contexto de
revalorización do papel político das deputación provinciais e de afirmación do poder dos alcaldes
(non do poder local). Ademais, xogar con comarcas baseadas en fundamentos distintos facilitaba
asumir calquera reivindicación favorábel á definición dunha bisbarra que se plantexara desde
distintas instancias do país. Segundo a Sociedade de Desenvolvemento, a división establecida
diferenciaba catro tipos de comarcas en función do espazo concernido: metropolitanas, urbanas,
rururbanas e rurais. Esta tipoloxía podía ser acaída se se abordase unha intervención integral
sobre o territorio galego. Porén, isto non aconteceu e as comarcas que realmente recibiron algún
impulso –sexa cal for- foron as rurais ou rururbanas. A comarcalización efectiva tendeu a fuxir
dos espazos urbanos, precisamente os que concetraban o efectivo humano e a potencialidade
económica. Esta dominante rural do proceso comarcalizador respondeu a dous factores: un
intento de non xerar novos conflictos en áreas cun poder municipal forte (en xeral, as cidades e
as súas periferias); a orientación que as comarcas seguiron na práctica de deixar de ser novos
territoriosque ampliaban o estreito marco local para converterse en asociacións conxunturais de
concellos onde se xestionaban proxectos e fondos europeos. Na actualidade, a idea dunha nova
territorialización definida a comezos de 1990 ficou enterrada e sen contido político ningún.
III. As áreas funcionais: proposta de delimitación
A elaboración do plan estratéxico de vivenda protexida require a determinación das unidades
territoriais acaídas para o planeamento. A oferta de vivenda debe atender as necesidades da
poboación en expansión, a poboación inmigrante e a poboación que procura unha relocalización
por razóns laborais, custos de acceso á vivenda, servizos complementarios, etc. O ámbito
territorial axeitado para planear as necesidades da oferta de vivenda en xeral e da vivenda
protexida en particular será o delimitado polas áreas funcionais de fluxos diarios residencia-
traballo. Iso significa que as divisións administrativas municipais ou provincial non resultan
apropiadas na medida en que non se correspondenden cos ámbitos reais dos fluxos de
mobilidade diaria da poboación na actualidade; tampouco a división comarcal construída sobre
unha morfoloxía histórico-natural se axeita ao ámbito deses fluxos residencia-traballo que
caracterizan o modo de vida nos últimos lustros.
Unha delimitación territorial alternativa para analizar a dinámica do sistema produtivo e
as necesidades de vivenda (e vivenda protexida) consiste en tomar en consideración os criterios
que definen un área funcional. Na literatura sobre a análise territorial existen diferentes
aproximacións e metodoloxías para delimitar o que se ha de considerar unha área funcional.
Frente ao enfoque nodal, que parte da identificación a priori dos polos ao redos dos que van
definirse as áreas funcionais, nós optamos por un enfoque non-nodal, construindo a área
funcional de abaixo arriba (Karlsson&Olsson, 2006). Neste caso definimos as áreas funcionais
en base aos ámbitos de mobilidade residencia-traballo, é dicir, as áreas dentro das que tenden a
producirse os desprazamentos diarios entre o lugar de residencia e o lugar de traballo da
poboación laboral. Como factor de determinación desa área utilizamos a matriz de mobilidade
laboral intermunicipal elaborada a partires do Censo de 2001. Unha área funcional é un área ou
“mercado de traballo” que internaliza a maior parte dos fluxos residencia-traballo alcanzando un
nivel de autosuficiencia determinado, establecido a priori. Neste estudo utilizamos níveis de
autosuficiencia do 80%. Iso quere decir que se agregan todos os concellos que sexan necesarios
para que o 80% dos fluxos residencia-traballo se produzan internamente ao conglomerado asi
construído. No caso de Galiza-2001, ao utilizar o criterio de autosuficiencia do 80% aparecen
delimitados 30 áreas funcionais ou “mercados de traballo”, de dimensións moi dispares, que
cubren todo o territorio1.
1 A información de base aqui presentada procede do estudo sobre a “Demanda de necesidades empresariais de solo productivo” realizado polo grupo ICEDE para o IGVS en 2007. O procedemento estatístico para a
Este tipo de unidades funcionais poden resultar indicadas para articular a política territorial e, en
particular, para plantexar actuacións estratéxicas de creación de oferta de vivenda protexida. A
validez xeral deste criterio de delimitación das unidades funcionais non quere decir non presente
certas eivas cando se trata de áreas rurais moi despoboadas e con baixa densidade de fluxos,
en cuxos casos será pertinente adoptar criterios adicionais de agrupación, como pode ser o
establecemente de algún limiar mínimo poboacional.
Delimitación de Áreas Funcionais en base a fluxos de mobilidade residencia-traballo
AREA FUNCIONAL = Conxunto de municipios en cuxo ámbito se cambia de municipio de residencia sen cambiar necesariamente de municipio de traballo e se cambia de municipio de traballo sen cambiar necesariamente de municipio de residencia MATRIZ DE VIAXES
• POBOACIÓN OCUPADA RESIDENTE (P.O.R.) = Residentes con emprego, traballando no municipio e noutros (“Saídas”) = Suma das “filas” da matriz
• POSTOS DE TRABALLO LOCALIZADOS (P.T.L.) = Emprego localizado, residentes no municipio ou noutros (“Entradas”) = Suma das columnas da matriz
Método dos máximos valores de relación do municipio: VALOR DE RELACIÓN (VR) entre dous Municipios (A y B) ou “Agrupacións” creadas no proceso (Smart 1971) ((AB^2) + (BA)^2))* 100 VR= ------------------------------- A * B Máximo= 200 (todolos “traballadores” do municipio A “viven” no municipio B, e viceversa) Mínimo= 0 (non hai ningunha relación entre “A” e “B” VR= indicador de conectividade, sen unidades, relativa ás dimensións dos dous municipios, conxuntamente. Este indicador detecta a conectividade entre municipios “pequenos” antes que entre “pequenos” e “grandes”, xustamente porque ao volume de fluxos (que figuran no numerador) tenderán a depender do tamaño do concello máis pequeno e, en cambio, no denominador aparece multiplicado polo tamaño do concello grande. Isto tende a xenerar asociacións e “áreas funcionais” demasiado pequenas en número de habitantes e fluxos naquelas áreas rurais con baixa densidade de poboación. AREA FUNCIONAL DO 80% DE AUTOSUFICIENCIA “agrupacións” ata alcanzar menos do 20% de “entradas” e “saídas” = “autosuficiencia” maior do 80% = “mercado de traballo do 80%”.
determinación das áreas funcionais foi feito a partir dunha matriz de fluxos residencia-traballo entre os 315 municipios de Galiza, matriz proporcionada polo IGE a partir dunha explotación ad hoc do Censo de Poboación de 2001. Para unha descripción da metodoloxía remitimos ao lector á literatura especializada e, en particular, á seguinte publicación: Direcció General De Planificació I Acció Territorial (1995), Els mercats de treball de Catalunya, 1981-1986-1991, Barcelona, Generalitat de Catalunya.
Neste caso agrúpanse os municipios que teñen entradas ou saídas superiores ao 20% (se non acadan ese nivel quedan como municipio pechado ou autosuficiente). O proceso de agregación continúa de xeito secuencial até acadar o 80% por entradas e por saídas, punto no que se detén o proceso de agrupación Unha vez realizado todo o proceso de agrupamentos resultan 30 Mercados de Traballo plurimunicipais (que engloban 313 concellos) e 2 pechados unimunicipais-autosuficientes (Rodeiro e Illa de Arousa). Iso significa que, salvo estes dous, todos os municipios de Galiza teñen “saídas” ou “entradas” superiores ao 20% da poboación ocupada residente ou dos postos de traballo localizados, ou son necesarios para “cerrar” a outros. En todo caso, debido á importancia relativa dos fluxos deses dous municipios autosuficientes cos municipios limítrofes procedemos á sua agregación ás áreas que Lalín e Vilagarcía, respectivamente. Os mercados denominámolos polo nome do concello que actua como pivot do agrupamento.
Área funcional Nº Municipios Ourense 67 Coruña (A) 35 Vigo 26 Santiago de Compostela 21 Lugo 18+1 Ferrol 18 Pontevedra 17 7 Áreas funcionais > 16 municipios Barco de Valdeorras(o) 13 Burela 10-1 Verín 8 Ribeira 8 Sarria 7 Vilagarcía de Arousa 6+1 Monforte de Lemos 6 Ortigueira 5 Lalín 5+1 Cee 5 Viana do Bolo 4 Melide 4 Becerreá 4 Vilalba 3 Sanxenxo 3 Ribadeo 3 Quiroga 3 Monterroso 3 Chantada 3 19 Áreas funcionais 3 - 13 municipios Pontenova (a) 2 Pastoriza(a) 2 Muros 2 Mondoñedo 2 4 Áreas funcionais < 2 municipios
TOTAL 315 30 GALIZA municipios Áreas funcionais Poden distinguirse tres grandes tipos de Áreas funcionais:
a) en primeiro lugar, as 7 grandes “áreas funcionais metropolitanas” que teñen entre 17-18 municipios (Pontevedra, Lugo e Ferrol) e 67 municipios no caso da áreas de Ourense. En conxunto representan 720.000 empregos (74% de Galiza) e 201 municipios (63% do total s./ 315);
b) en segundo lugar, os 8 seguintes Áreas funcionais ao redor de cidades de pequena dimensión (cabeceiras comarcais) que teñen máis de 8.000 empregos (e máis de 10 mil habitantes); cada un deles ten como media ao redor de 7 municipios e engloban un total de 58 municipios (18% do total) e representan 123.000 empregos (13% do emprego total): Ribeira; Monforte de Lemos / Sarria/ /Burela; Barco de Valdeorras; Lalín / Sanxenxo / Vilagarcía de Arousa
c) 15 Áreas funcionais “plurimunicipais” ao redor de pequenas vilas, que alcanzan menos de 8.000 empregos (+-10.000 habitantes); como media teñen ao redor de catro municipios cada un e en conxunto engloban 54 municipios (17%) e 59.000 empregos (6%): Cee / Melide / Muros / Ortiguera; Becerreá / Chantada / Mondoñedo / Monterroso / A Pastoriza / Quiroga / A Pontenova / Ribadeo / Vilalba; Verín / Viana de Bolo. Algunhas destas áreas son de tamaño tan pequeno que resulta cuestionable a súa consideración como “áreas funcionais” e, nalgúns casos, mesmo cabería consideralas como áreas “a-funcionais”.
As maiores áreas funcionais son MERCADOS que superan os 50.000 EMPREGOS (> +- 120.000 habitantes) 1. Vigo (P.O.R.=113.000)(26 municipios);“Mercado”=197.000 empregos (P.T.L.);“Balance”= +5.000 2. A Coruña (P.O.R.=96.000) (35 municipios);“Mercado”=187.000 empregos; “Balance”= +2.000 3. Ourense (P.O.R.=42.000) 65 municipios);“Mercado” = 76.000 empregos; “Balance”= +19.000 4. Santiago de Compostela (21 municipios.); (38.000 - 98.000 empregos /+ 5.000) 5. Pontevedra (17 municipios.); (30.000- 58.000 / -1.000) 6. Ferrol (18 municipios); (26.000- 58.000 /- 1.000) 7. Lugo (18 municipios); (36.000 – 54.000/+1.000) As Áreas funcionais metropolitanas compóñense do seguinte xeito: Vigo 113.030 191.590 196.518 96.9% 94.5%2 36001 Arbo 1153
2 Significado de cada valor Municipio 113.030 (P.O.R. Municipio) 191.590 (POR área) 196.518 (PTL área “con entradas”) 96.9% 94.5%
36003 Baiona 4868 36008 Cangas 9854 36009 Cañiza (A) 2381 36013 Covelo 1287 36014 Crecente 714 36019 Fornelos de Montes 468 36021 Gondomar 5105 36023 Guarda (A) 3931 36029 Moaña 7448 36030 Mondariz 1646 36031 MondarizBalneario 263
36033 Mos 5563 36034 Neves (As) 1252 36035 Nigrán 6993 36036 Oia 1425 36037 Pazos de Borbén 987 36039 Porriño (O) 6485 36042 Ponteareas 7346
36045 Redondela 12257 36048 Rosal (O) 2045 36049 Salceda de Caselas 2676 36050 Salvaterra de Miño 2902 36054 Tomiño 4970 36055 Tui 6725
Coruña (A) 95.496 184.616 186.844 95.3% 94.2% 15001 Abegondo 2202 15003 Aranga 787 15005 Arteixo 10416 15008 Bergondo 2444 15009 Betanzos 5058 15010 Boimorto 1004 15014 Cabana de Bergantiños 2336 15016 Camariñas 2060 15017 Cambre 8745 15019 Carballo 11302 15021 Carral 2080 15024 Cerceda 2065 15026 Cesuras 833 15027 Coirós 597 15029 Coristanco 3096 15031 Culleredo 10055
15032 Curtis 1645 15038 Frades 1225 15039 Irixoa 559 15040 Laxe 1253 15041 Laracha (A) 4269 15043 Malpica de Bergantiños 2788 15047 Mesía 1406 15058 Oleiros 11327 15059 Ordes 5082 15063 Oza dos Ríos 1172 15064 Paderne 1010 15068 Ponteceso 2680 15075 Sada 4373 15080 Sobrado 816 15084 Tordoia 2102 15090 Vilasantar 662 15092 Vimianzo 3251 15093 Zas 2235
Santiago de Compostela 37.929 85.468 90.158 91.2% 86.4% 15002 Ames 8354 15007 Baña (A) 1757 15012 Boqueixón 1890 15013 Brión 2616 15033 Dodro 1116 15045 Mazaricos 2047 15056 Negreira 2569 15060 Oroso 2420 15065 Padrón 3161
15066 Pino (O) 1806 15074 Rois 1970 15077 Santa Comba 4053 15082 Teo 6483 15085 Touro 1808 15086 Trazo 1386 15088 Val do Dubra 1794 15089 Vedra 1979 36017 Estrada (A) 8445 36044 Pontecesures 1175 36056 Valga 2290
Ourense 41.554 80.456 78.967 94.6% 96.4% 32001 Allariz 1748 32002 Amoeiro 706 32003 Arnoia (A) 416
32004 Avión 500 32005 Baltar 438 32006 Bande 729 32007 Baños de Molgas 649 32008 Barbadás 2748 32010 Beade 147 32011 Beariz 312
32012 Blancos (Os) 352 32013 Boborás 783 32014 Bola (A) 428 32016 Calvos de Randín 363 32018 Carballeda de Avia 398 32019 Carballiño (O) 4257 32020 Cartelle 825 32022 Castrelo de Miño 603 32023 Castro Caldelas 571 32024 Celanova 1981 32025 Cenlle 438 32026 Coles 1206 32027 Cortegada 364 32030 Entrimo 408 32031 Esgos 419 32032 Xinzo de Limia 3372 32033 Gomesende 293 32035 Irixo (O) 599 32036 Xunqueira de Ambía 675 32037 Xunqueira de Espadanedo 349 32040 Leiro 607 32041 Lobeira 405 32042 Lobios 672 32043 Maceda 1085 32045 Maside 1061 32046 Melón 322 32047 Merca (A) 725 32049 Montederramo 348 32051 Muíños 610
32052 Nogueira de Ramuín 817 32055 Paderne de Allariz 499 32056 Padrenda 661 32057 Parada de Sil 182 32058 Pereiro de Aguiar (O) 1917 32059 Peroxa (A) 867 32061 Piñor 551 32062 Porqueira 272 32064 Pontedeva 203 32065 Punxín 297 32066 Quintela de Leirado 243 32067 Rairiz de Veiga 523 32068 Ramirás 446 32069 Ribadavia 1935 32074 San Amaro 420 32075 San Cibrao das Viñas 1530 32076 San Cristovo de Cea 1072 32077 Sandiás 522 32078 Sarreaus 489 32079 Taboadela 666 32080 Teixeira (A) 152 32081 Toén 969 32082 Trasmiras 411 32084 Verea 354 32087 Vilamarín 798 32089 Vilar de Barrio 612 32090 Vilar de Santos 255
Pontevedra 29.886 59.766 58.366 83.7% 85.7% 36002 Barro 1576 36004 Bueu 4440 36005 Caldas de Reis 3450 36007 Campo Lameiro 810 36011 Cerdedo 818 36012 Cotobade 1639 36015 Cuntis 2171
36018 Forcarei 1915 36025 Lama (A) 621 36026 Marín 9418 36032 Moraña 1665 36040 Portas 1192 36041 Poio 6074 36043 Ponte Caldelas 2020 36053 Soutomaior 1873 36058 Vilaboa 2447
Ferrol 26.402 59.256 57.850 90.6% 92.8% 15004 Ares 1747 15015 Cabanas 1170 15018 Capela (A) 573 15035 Fene 4986
15048 Miño 1781 15049 Moeche 470 15050 Monfero 966 15051 Mugardos 1829 15054 Narón 11732 15055 Neda 2071 15069 Pontedeume 3039 15070 Pontes G Rodríguez 4104
15076 San Sadurniño 1128 15081 Somozas (As) 500 15087 Valdoviño 2272
15091 Vilarmaior 464 27021 Xermade 872
Lugo 35.850 52.539 53.773 92.8% 90.6% 27004 Baleira 817 27007 Begonte 1270 27010 Castro de Rei 2736 27011 Castroverde 113 27014 Corgo (O) 1502 27015 Cospeito 2102 27018 Fonsagrada (A) 2003
27020 Friol 1559 27022 Guitiriz 2485 27023 Guntín 1437 27034 Navia de Suarna 597 27035 Negueira de Muñiz 89 27039 Outeiro de Rei 1795 27046 Pol 863 27049 Portomarín 883 27053 Ribeira de Piquín 295 27056 Rábade 619 27901 Baralla 1231
As Áreas funcionais de segundo rango son: 15073 Ribeira 9.721 30.327 27.936 87.1% 94.5% 15011 Boiro 7457 15042 Lousame 1418 15057 Noia 5017
15062 Outes 2777 15067 Pobra do Caramiña 3629 15071 Porto do Son 3549 15072 Rianxo 4312
27031 Monforte deLemos 6.427 9.890 9.158 86.1% 93.0% 27008 Bóveda 599 27041 Pantón 837
27047 Pobra do Brollón (A) 784 27058 Saviñao (O) 1515 27059 Sober 741
27057 Sarria 5.100
8.915 8.559 88.0% 91.6% 27024 Incio (O) 818
27026 Láncara 1356 27042 Paradela 1051 27043 Páramo (O) 810 27055 Samos 702 27062 Triacastela 289
27902 Burela 3.483 17.538 17.488 92.5% 92.8% 27002 Alfoz 791 27011 Castroverde 1139 27013 Cervo 1895
27019 Foz 3553 27025 Xove 1333 27038 Ourol 445 27063 Valadouro (O) 991 27064 Vicedo (O) 717 27066 Viveiro 5455
32009 BarcodeValdeorras(O) 5.499 10.474 10.248 92.8% 94.9%
32015 Bolo(O) 300 32017 Carballeda e Valdeorras 805
32029 ChandrexadeQueixa 290 32038 Larouco 173 32044 Manzaneda 324 32060 Petín 342 32063 Pobrade Trives (A) 869 32070 S Xoán de Río 274
32072 Rúa(A) 1940 32073 Rubiá 604 32083 Veiga(A) 365 32088 Vilamartínde Valdeorras 733
36024 Lalín 8.546 14.968 14.883 91.1% 91.7% 36016 Dozón 711
36020 Rodeiro 36020 Agolada 1278 36052 Silleda 3834 36059 Vila de Cruces 2475
36051 Sanxenxo 6.608 11.801 11.450 84.9% 87.5%
36022 Grove (O) 4824 36027 Meaño 2135
36060 Vilagarcía de Arousa 12.614 23.889 23.172 82.6% 85.1% 36006 Cambados 5906
36010 Catoira 1324 36028 Meis 1810 36046 Ribadumia 1690 36061 Vilanova de Arousa 4187
As Áreas funcionais de terceiro rango son: 15023 Cee 2576
6332 5961 86.0 91.3
15028 Corcubión 701
15034 Dumbría 1485 15037 Fisterra 1721 15052 Muxía 2043
15053 Muros 3239
3582 3326 80.5 86.7
15020 Carnota 1852 15061 Ortigueira 2645
6446 5651 80.7 92.0
15022 Cedeira 2529
15025 Cerdido 510 15044 Mañón 631 15901 Cariño 1633
27006 Becerreá 1313
2739 2566 87.2 93.1
27012 Cervantes 780 27037 Nogais (As) 527 27045 Pedrafita do Cebreiro 497
27016 Chantada 3368
5393 4834 84.3 94.0
27009 Carballedo 1331 27060 Taboada 1346 27030 Mondoñedo 1797
2447 2525 87.7 85.0
27027 Lourenzá 1083 27032 Monterroso 1424
3253 3073 82.9 87.8
27003 Antas de Ulla 878 27040 Palas de Rei 1380 27044 Pastoriza (A) 1794
2192 2200 86.5 86.2
27029 Meira 639 27048 Pontenova (A) 1207
1477 1296 81.9 93.4
27054 Riotorto 688 27050 Quiroga 1296
1922 2084 87.1 80.3
27017 Folgoso do Courel 493 27052 Ribas de Sil 387 27051 Ribadeo 3507
4476 4156 84.4 90.9
27005 Barreiros 1279 27061 Trabada 638 27065 Vilalba 5964
6652 6048 80.4 88.5
27001 Abadín 1244 27033 Muras 331
32085 Verín 4500 7007 6772
90.6 93.8 32021 Castrelo do Val 327 32028 Cualedro 577 32039 Laza 453 32050 Monterrei 785 32053 Oímbra 474 32071 Riós 704 32091 Vilardevós 627 32086 Viana do Bolo 1209
2056 1829 83.3 93.7
32034 Gudiña (A) 582 32048 Mezquita (A) 441 32092 Vilariño de Conso 327
Como xa anticipamos, o tamaño desas áreas funcionais así delimitadas é moi dispar. No
caso dos 30 mercados de traballo ou áreas funcionais que resultan ao tomar como criterio unha
autosuficiencia do 80%, podemos distinguir catro grandes tipos de mercados atendendo ao seu
tamaño. Un primeiro grupo é o constituído polos mercados de Coruña e Vigo, que representan o
45,9% do emprego en 2005. Un segundo grupo está constituído polos mercados das outras
cinco cidades que en conxunto representan ao redor do 37%, oscilando cada unha delas entre
un 5 e o 10%. Xunto co primeiro grupo representan o 83% do emprego total de Galiza. Un
terceiro grupo de mercados serían os seis mercados de grandes cabeceiras comarcais que
representan cada unha delas entre un 1% e un 2,5%: Vilagarcía, Ribeira, Burela, Lalín,
Sanxenxo e o Barco de Valdeorras. E o cuarto grupo está constituído polos restantes 17
mercados de escasa dimensión (menos do 1% do total, que en termos absolutos equivale a
integrar menos de 8000 traballadores); este último grupo a penas representa o 6% do total.
IV. As áreas funcionais para o Plano Sectorial de Vivenda de Galiza: escala, estrutura
sectorial e volume de fluxos intermunicipais
A proposta de delimitación territorial presentada para o Plano Sectorial de Vivenda de
Galiza -aplicada nomeadamente á vivenda protexida- sinala 30 unidades ou áreas funcionais
heteroxéneas tanto pola súa composición social como pola súa natureza xeográfica. Estudar a
validez da metodoloxía empregada para o resultado ofrecido na fase de visualización
cartográfica depende fundamentalmente da explicación emitida en relación ao modelo
cuantitativo concreto resumido nun algoritmo matemático. O que nos ocupa agora é cuestionar,
reflexionar e acreditar –coa axuda de variabeis e aspectos territoriais- o resultado da delimitación
en estricto senso, tratando de convir as solucións aportadas para a corrección de diferentes
disfuncións, para a obtención de probabeis novos subconxuntos ou sub-áreas funcionais e, en
todo caso, unha explicación razoada e fundamentada da proposta final.
Como temos visto en apartados anteriores, as divisións realizadas sobre o territorio non
deben ser tomadas como unha regra invariábel, incuestionábel ou inamobíbel. Polo tanto, de
entrada entendimos que esta proposta tampouco xurdía como “panacea” do debate territorial en
Galiza senón como unha ferramenta útil á xestión de diversos servizos públicos, neste caso da
vivenda protexida. Non é entón unha delimitación con vocación de resolver definitivamente o
problema pendente da organización territorial de Galiza –porque coñecemos ás súas debilidades
e porque non se abríu a un debate máis amplo-, senón que se trata dun eslabón da metodoloxía
concreta empregada e conta coas virtudes e as debilidades do propio modelo.
A base fundamental da proposta de delimitación de áreas de actuación xurde da unión e
da agregación de concellos a entidades terrioriais máis amplas, a partir dos datos resultantes da
aplicación do algoritmo matemático explicitado con anterioridade e tendo como soporte a Matriz
de Mobilidade Obrigada de Galiza do ano 2001. Escolleuse como elemento chave o 80% de
réxime de autocontención. Se ben existían algunhas disfuncións e complicacións ailladas (Illa de
Arousa, Castroverde e Rodeiro), o réxime de autocontención do 90% ofrecía unha delimitación
moito máis homoxeneidora que negaba determinadas sinerxias locais interesantes e facía
imposíbel contribuir a unha acaída distribución dos recursos. A cuestión complexizábase aínda
máis se descendiamos ao nivel do 70% no que numerosos concellos convertíanse en unidades
de seu e a atomización do territorio supoñía un grave risco.
Optamos entón, polo mapa definido polo 80% de autocontención tratando de correxir as
disfuncións existentes coa axuda doutras variabeis territoriais, nomeadamente os datos brutos
da matriz de mobilidade obrigada, a distribución da poboación absoluta, a localización das
agrupación singulares en varios rangos e a distribución da poboación activa con desestimación
da poboación ocupada no sector agrario, asumindo neste caso a hipótese de que a poboación
vencellada á agricultura non está implicada na mobilidade obrigada por motivacións laborais.
Para unha concreción das necesidades de vivenda por áreas funcionais será necesario
tomar en consideración outro tipo de variabeis máis directas como, por exemplo, os datos
ofrecidos polo Rexistro Xeral de Solicitantes de Vivenda Protexida ou polo Rexistro Xeral de
Persoas Dependentes. Porén, entendemos que non se trata unicamente de delimitar áreas de
actuación para un estudo de balanzas de demanda de vivenda protexida indicando as zonas con
maior número de rexistros, senón de contribuir, ao mesmo tempo, á corrección de desequilibrios
territoriais, engadindo criterios de redistribución dos servizos e potenciando determinadas áreas
de desenvolvemento.
Outro factor que se tivo en conta é o tipo de actuacións que o plano sectorial recoñecía e
levaría a cabo. Non se trataba tan só de grandes actuacións nas áreas superpoboadas
metropolitanas co obxecto de desafogar a actividade edificativa e o prezo da vivenda, senón
tamén de pensar en procesos máis modestos cumprindo outro tipo de funcións sociais.
Cando falamos de vivenda protexida debemos considerar unha serie de variabeis e
criterios que poden intervir na definición das políticas concretas a desenvolver e, en
consecuencia, aquelas cuestións con referencias espacias que poden axudar a complementar a
súa proposta cartográfica. Partimos da base de que, por moitos motivos, en Galiza actúan de
xeito cruzado e complementario distintas sinerxias de mobilidade e ocupación do territorio que
contribúen a complexizar o sistema territorial. A propia estructura territorial –resultado da
actuación continuada do modo de producción- que vulnera a paisaxe dispersa do país
concentrando a súa poboación no universo urbano e periurbano (deixando despoboado o resto
de Galiza incluíndo miles de asentamentos) e o escenario xerado polas novas infraestruturas,
modalidades de transporte e modos de vida contribúen ao deseño dos usos sociais da vivenda e
a localización da mesma.
Por iso, estudar e comprender a mobilidade obrigada por motivacións laborais constituíu
unha parte fundamental da presente xustificación cartográfica. Para iso, recorreuse a cartografar
os datos ofrecidos pola Matriz de Mobilidade Obrigada de Galiza do ano 2001. Fixémolo en dous
formatos estudando, por unha banda, aqueles fluxos xerais sobre o total do territorio do país
(analisando as intensidades e os saldos totais entre saídas e chegadas) e, pola outra, aqueles
fluxos internos en función das relacións existentes para cada unidade funcional concreta
previamente delimitada e tamén en relación as cabeceiras ou subcabeceiras. Deste modo,
obtivemos tres tipos de mapas para tres tipos de análise:
A. Mapas xerais de fluxos do conxunto de Galiza: permítennos observar intensidades e
comportamentos globais.
B. Mapas internos de áreas funcionais: permítennos analisar o comportamento de cada
fluxo en cada unidade co fin de localizar novas cabeceiras.
C. Mapas internos de áreas funcionais en relación a cabeceiras ou subcabeceiras:
permítennos coñecer o comportamento de cada fluxo coa cabeceira, e de cada concello
co balance final de saídas e entradas.
Con esta metodoloxía e salvando as dificultades ofrecidas pola arquitectura dos datos e
a disposición escollida para a cuantificación estatística, tiramos unha serie de conclusións en
relación aos fluxos, ás delimitacións funcionais elaboradas e ao comportamento do algoritmo
escollido:
A. É interesante comprobar como en Galiza, á marxe dos comportamentos interiores de
cada unidade funcional, existe un volume de fluxos importante mesmo entre núcleos e
áreas relativamente alonxadas, o que parece suxerir que o factor distancia non actúa
como un determinante absoluto nas relacións de mobilidade-traballo. A concentración do
dinamismo nun número reducido de áreas fai que a a densidade das relacións estexa
moi hierarquizada. De feito, se observamos as relacións de fluxos entre as cabeceiras
de unidades funcionais pouco dinámicas, vemos como existen fluxos de importancia
relativa e absoluta maior con cabeceiras máis lonxanas que coas do propio entorno
próximo.
B. Isto, pon de manifesto unha das maiores debilidades e eivas do modelo, xa que ao
primar as relacións de menor intensidade, logra pechar áreas de actuación funcional con
apenas movementos.
C. As delimitacións funcionais elaboradas para o universo urbano están dotadas dunha
grande coherencia interna e externa a xulgar polos comportamentos de fluxos
reflexados. As complicacións comezan cando os fluxos que sustentan algunhas áreas
funcionais non superan unha marxe superior a 50 habitantes en ambos sentidos. Así,
vemos como pode que existan concellos que forman parte dunha área funcional
determinada sen que teñan relación directa co concello cabeceira. Nestes casos
podemos dicir que estamos diante de espacios “a-funcionais”, que son espacios con moi
baixo dinamismo, envellecemento e regresión demográfica.
A seguir, interesounos comprobar a coherencia das áreas funcionais recollidas no mapa
a través de dous criterios metodolóxicos. Por unha banda, comprobar cal era o número de
agrupacións poboacionais ou asentamentos de cada área en función duns intervalos definidos,
ou dito doutro xeito a qué nivel demográfico habería que baixar para obter cando menos un
núcleo en cada área funcional. Pola outra, comprobar a distribución da poboación absoluta en
cada área para coñecer o tamaño e a incidencia social de cada área e realizar un pequeno
exercicio coa poboación activa ocupada, excluíndo aquela ocupada ou vencellada á actividade
agraria, para comprender as lóxicas tanto dos fluxos como do posíbel comportamento e da
validez do sistema para a aplicación das políticas sectoriais de vivenda. Dalgún xeito, nas nosas
comprobacións quixemos obviar as estratificacións por xénero e por idade, xa que para o traballo
concreto non aportaban ningunha conclusión definitiva.
Os exercicios cartográficos que acompañan a proposta de delimitación presentada
serven para xustificar e validar, dende criterios socioterritoriais, o resultado final adaptado ao
eido da vivenda protexida. Fundamentalmente, empregáronse dúas grandes variabeis: por unha
banda, os grandes asentamentos poboacionais cartografiados en intervalos distintos (dende os
de máis de 10.000 habitantes até os de apenas 1.500) e, pola outra, os datos absolutos da
matriz de mobilidade obrigada de Galiza.
IV.1. Agregacións poboacionais
Para xustificar a viabilidade de cada unha das áreas funcionais propostas –tendo en
conta a finalidade e os obxectivos deste exercicio- establecimos na cartografía todos aqueles
asentamentos de poboación con entidade e tamaño “suficiente” para retratar un mercado tipo de
vivenda. O obxectivo era baixar o nivel poboacional de tal xeito que, polo menos, todas as áreas
funcionais tivesen un asentamento ou agregación poboacional. Elaboramos mapas para 10.000,
8.000, 5.000, 3.000 e 1.500 habitantes. A partir deste último nivel (1.500 habitantes)
consideramos que as agregacións non posuían os atributos suficientes. Neste sentido, tan só
dúas áreas funcionais ficarían sen unha entidade poboacional: A Pastoriza e A Pontenova (que
ademais son as de menor peso demográfico e atópanse entre as que posúen maior relevancia
entre a poboación activa ocupada no sector agrario).
Mapa 3: Poboación absoluta das áreas funcionais e entidades singulares de máis de 10.000 habitantes en Galiza.
Mapa 4: Poboación absoluta das áreas funcionais e entidades singulares de máis de 8.000 habitantes en Galiza.
Mapa 5: Poboación absoluta das áreas funcionais e entidades singulares de máis de 5.000 habitantes en Galiza.
Mapa 6: Poboación absoluta das áreas funcionais e entidades singulares de máis de 3.000 habitantes en Galiza.
Mapa 7: Poboación absoluta das áreas funcionais e entidades singulares de máis de 1.500 habitantes en Galiza.
Metodolóxicamente, o maior problema estivo en agregar os datos de tal xeito que o dato
poboacional que se ofrecese na cartografía fose o de asentamentos consolidados. Non nos
interesaba a poboación xeral dos municipios senón a concentración máis ou menos urbana
establecida en agregacións ou agrupacións de entidades singulares. O que se fixo foi realizar
unha consulta no Nomenclátor que ofrece o IGE para o ano 2007 sobre as entidades singulares
en función dos niveis de volume demográfico seleccionados. Despois, fomos correxindo erros e
disfuncións, xa que a base de datos fundaméntase no mapa parroquial e polo tanto, ofrecía
desagregados datos de entidades que hoxe funcionan como unha mesma entidade. Estes casos
déronse fundamentalmente nas cidades máis grandes, onde, por exemplo, apareceron casos
como Elviña ou Palavea como entidades singulares respecto de A Coruña; Coia para Vigo ou A
Pontepedriña e Conxo para Santiago. Optouse por agregar ad hoc estas disfuncións. O nivel de
agregación ou desagregación elaborouse baixo os criterios urbanísticos de consolidación urbana
para cada planeamento xeral.
IV.2. Poboación ocupada no sector agrario e entidades singulares
Outro importante exercicio elaborado para a presente xustificación tivo que ver cos datos
da poboación ocupada por grandes sectores. Dentro do sistema territorial que resulta da
visualización da distribución da poboación ocupada en Galiza (tendo sempre como obxectivo a
reflexión sobre a vivenda protexida), entendiamos que aquela poboación activa ocupada no
sector agrario e mesmo pesqueiro incidía e intervía dun xeito menor dentro da configuración da
áreas funcionais. Este tipo de poboación exerce unha presión menos intensa en canto a fluxos
de mobilidade por cuestións laborais, xa que enténdese que o seu lugar de traballo está moi
ligado ao seu punto de residencia. E isto é aplicable tanto para a poboación activa ocupada en
actividades do sector primario como para aquelas outras persoas inactivas vencelladas a elas
(xubilados agrarios, poboación fora de idade laboral, etc).
Polo tanto quixemos indagar nestes aspectos tendo dous obxectivos fundamentais:
observar cales das áreas funcionais delimitadas estan dominadas por un predominio da
poboación ocupada no sector agrario e establecer un criterio de conformación de áreas restando
do total da poboación absoluta unha porcentaxe equivalente á porcentaxe de ocupados no agro:
Poboación resultante = POB ABS – [(% POB AGR)x POB ABS]
Deste xeito, afinamos moito máis a consideración de tamaño das áreas funcionais, xa
que naquelas onde o poboación é eminentemente urbana, os efectivos apenas descenden.
Porén, onde predomina o sector agrario na estructura productiva entón, o total da poboación da
área funcional descende de xeito considerábel.
Por último, combinamos esta nova visualización cartográfica coa xerarquía elaborada de
entidades singulares chegando a conclusións que, non por obvias, resultan intranscendentes:
• Aquelas áreas funcionais que aglutinan un maior número de entidades singulares que
superan os 5000 habitantes, sendo as de maior tamaño poboacional e territorial, son as
que posúen maior dinamismo do sector servizos e industrial.
• Cando a poboación ocupada se establece de xeito maioritario no sector agrario, entón
estamos a falar de áreas funcionais nas que se localizan entidades singulares de menos
de 3000 habitantes. Constátase, outravolta, a composición dual da sociedade galega
entre o rural e o urbano, sen apenas existir situacións de tránsito.
• Neste sentido, comezan a se entrever áreas que semellan non gozar de atributos
mínimos para ser consideradas áreas funcionais, polo que, cabería plantexar a súa
desconsideración a efectos do presente estudo ou ben a súa agregación ad hoc en
entidades maiores con funcionalidade evidente.
Mapa 8: Poboación absoluta das áreas funcionais co descenso da porcentaxe de poboación ocupada no sector agrario en Galiza.
IV.3. Fluxos de mobilidade obrigada
A Matriz de Fluxos de Mobilidade Obrigada de Galiza corresponde a unha explotación
estatística ad hoc elaborada polo IGE a partires do Censo de Censo de Poboación de 2001. A
mobilidade obrigada como elemento socioterritorial permite capturar as liñas de forza da
articulación e dinamismo do país, ao tempo que permite identificar as áreas nas que o
dinamismo económico-laboral actúa como elemento de atracción. A proximidade ou distancia
deses fluxos poden ser factores indicativos da existencia dunha demanda explícita ou latente de
vivenda para unha parte dos ocupados que se desplazan. Para o caso concreto da vivenda
protexida, cómpre partir da base de que a estructura laboral da poboación e o seu dinamismo
condicionan en boa medida o mercado da vivenda, conxuntamente con outras variabeis
hexemónicas como o prezo do solo e da vivenda nos núcleos urbanos centrais ou as dinámicas
poboacionais relacionadas cos procesos urbanos de crecemento periurbano (sen desprezar
outros elementos condicionantes de tipo cultural e histórico como a estructura da propiedade da
terra en Galiza ou o sentimento de apego e identificación). En todo caso, o obxectivo deste
traballo non está guiado pola corrección dos tempos de desprazamento obrigado residencia-
traballo, nin tampouco polo achegamento dos lugares de vivenda aos puntos de traballo ou
viceversa. O obxectivo fundamental deste exercicio era coñecer os movementos internos de
cada área funcional definida, que emanaban precisamente do modelo de algoritmo aplicado a
dita matriz. De igual modo, ao representar cartograficamente os fluxos de mobilidade obrigada
poderíamos pór en consideración a existencia doutros subconxuntos interiores como
centralidades distintas para áreas funcionais de complexidade importante ou elevada.
Para establecer visualizar os fluxos sobre a cartografía de Galiza procedeuse a unha
explotación da citada base de datos da matriz de mobilidade. As potencialidades deste exercicio
son moi importantes aínda que a estructura da base de datos plantexa algúns condicionantes
que é preciso ter en conta. A natureza da mesma conformaba un listado no que ían aparecendo
en relación ascendente todos concellos de Galiza en función do seu código, de tal xeito que o
primeiro era o 15001. Sobre cada referencia establécense os fluxos directos de entrada para
todos aqueles concellos cos que mantén relación directa do seguinte modo:
Entradas Saídas Poboación
15001 15013 541
15032 1257
15078 845
… …
De tal xeito, que se consideramos os municipios de saídas como municipios “B” e ao municipio
de referencia de entrada como “A”, eses municipios serán só “B” dese “A” establecido, porque
15001 actuará noutro caso como municipio de saída, polo tanto “B”, doutra referencia de
entrada. Polo tanto, só poderemos obter as entradas nun concello determinando cando na
búsqueda se condicione o municipo do que queremos ter as entradas coa seguinte fórmula:
Sendo A=15001; x = BA
En todo caso, no exercicio actual establecíase que o fluxo BA de entrada para o concello 15001,
significaba tamén un fluxo de saída para os concellos 15013, 15032 e 15078 (empregando o
exemplo anterior). Ademais, independentemente destes fluxos coa centralidade 15001, cando
outro concello funciona como “A” no sistema, 15078 por exemplo, o tamaño do fluxo influía
tamén na mobilidade obrigada. Polo que optouse por representar os fluxos en base ao sumatorio
de ambos tamaños:
A B
A B Fluxo AB = 556 hab.
Como conclusión podemos dicir, que os fluxos que se representan de modo xeral para
os concellos inclúen a totalidade do sumatorio entre movementos representados no mesmo
vector pero de sentido oposto, pero que inciden de igual xeito no sistema xeral de mobilidade
obrigada e condicionan a carga de fluxos nos mercados de traballo. Por iso, cando non
representamos a totalidade dos fluxos do conxunto dunha área funcional (para o que tan só
deberiamos seleccionala no proxecto SIX) e queremos todas as relacións para un concello
concreto agora a condición sería:
Sendo A=15001 ou B=15001; x = BA+AB
A maior debilidade resultante do modelo céntrase na imposibilidade de realizar consultas
en referencia a varios concello que funcionen como centros ao mesmo tempo, porque o sistema
non soporta que varios códigos municipais actúen ao mesmo tempo como “A” e “B”.
367
189
Mapa 11: Mapa de saídas nos fluxos de mobilidade obrigada de Galiza por municipios.
O resultado da visualización cartográfica dos fluxos de mobilidade obrigada amosan
comportamentos distintos para cada área funcional. Estes comportamentos veñen corroborar e
validar as conclusións emitidas xa co emprego das outras variabeis explicitadas. Neste sentido,
ao sobrepoñer os resultados dos fluxos de mobilidade no mapa de entidades singulares,
veremos cómo naquelas áreas funcionais onde predominan os núcleos de máis de 5000
habitantes, os fluxos posúen maior peso e dinamismo. Precisamente é nestas áreas funcionais
onde podemos comprobar a existencia de subcabeceiras que gozan de estructuras xeosociais
propias e para as que se poden establecer novos criterios de delimitación funcional. Trátase das
áreas funcionais principais, nomeadamente Vigo (Redondela, O Porriño ou Cangas), A Coruña
(Arteixo e Carballo), Santiago (Ames-Teo) e Ferrol (Neda, Narón, Fene ou As Pontes). Para
Ourense e Lugo a centralidade aparece un pouco máis marcada, polo que non resulta tan
evidente a existencia de pequenos subconxuntos. Tan só é dubidábel no caso dos eixos
Ribadavia-O Carballiño e Xinzo-Celanova no caso de Ourense.
Existen unha serie de áreas funcionais no extremo oposto. Trátase de áreas pequenas
con pouco dinamismo demográfico e escaso peso da poboación ocupada ns servizos: aquelas
demarcacións que non posúen núcleos de máis de 1500 habitantes ou mesmo que non posúen
sen máis. Localízanse nas marxes orientais do país sendo frecuente a súa composición por
apenas dous ou tres concellos: A Pastoriza, A Pontenova, Mondoñedo, Becerreá e Quiroga en
Lugo; e Viana en Ourense. Os fluxos de mobilidade obrigada nestes casos non teñen o
dinamismo que os do resto do país. Este tipo de áreas funcionais aproveitan a debilidade do
propio algoritmo para constituírense como demarcacións singulares. Entre os concellos que
compoñen a área apenas existen fluxos, porén os datos aumentan un pouco cando eses fluxos
se expliciítan en relación ás cabeceiras provinciais ou ás capitais comarcais do entorno.
Mapa 12: Mapa de chegadas nos fluxos de mobilidade obrigada de Galiza por municipios.
Entre estas dúas realidades, existen toda unha serie de unidades de transición que
ocupan o espazo do país dun xeito homoxéneo. As áreas da Mariña Lucense, A Terra Chá e
Lugo Sur; a Terra do Deza e o litoral atlántico coas áreas xeográficas miúdas de Cee, Muros e
Ribeira na Coruña; e Vilagarcía e Sanxenxo en Pontevedra (exemplo da dispersión deste sector
litoral); constitúen o conxunto de áreas funcionais definidas por uns fluxos que, sen gozar do
protagonismo e do dinamismo das grandes cabeceiras do país, xeneran sinerxias propias e
posúen un sistema hierárquico singular en relación ás agregacións poboacionais.
Mapa 14: Mapa de fluxos de mobilidade obrigada de Galiza por áreas funcionais.
A seguir presentamos o resultado gráfico do traballo cartográfico realizado para cada
área. Os mapas están organizados por provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. En
primeiro lugar recollemos o conxunto total de fluxos internos de cada área funcional delimitada
clasificados por rangos de intensidade; despois aparecen os fluxos internos de cada área
funcional en relación ao dinamismo do concello cabeceira e os saldos municipais (de sorte que
amosen se aportan efectivos ao sistema ou se os reciben); por último, presentamos unha serie
de mapas onde se amosa o comportamento de certas subcabeceiras importantes xunto cos
saldos municipais: Carballo, Ames e Narón na Coruña; Celanova, Xinzo de Limia, Carballiño e
Ribadavia e Ourense; e Marín, Cangas, Redondela, Mos, O Porriño e Ponteareas en
Pontevedra.
Mapa 30: Mapa de fluxos de mobilidade obrigada do núcleo cabeceira na área de actuación de A Coruña e saldos por municipio.
Mapa 31: Mapa de fluxos de mobilidade obrigada do núcleo cabeceira na área de actuación de Ferrol e saldos por municipio.
Mapa 32: Mapa de fluxos de mobilidade obrigada do núcleo cabeceira na área de actuación de Santiago e saldos por municipio.
Mapa 33: Mapa de fluxos de mobilidade obrigada do núcleo cabeceira na área de actuación de Ortigueira e saldos por municipio.
Mapa 34: Mapa de fluxos de mobilidade obrigada do núcleo cabeceira na área de actuación de Melide e saldos por municipio.
Mapa 35: Mapa de fluxos de mobilidade obrigada dos núcleo cabeceira nas áreas de actuación de Cee, Muros e Ribeira e saldos por municipio.
Mapa 36: Mapa de fluxos de mobilidade obrigada do núcleo cabeceira na área de actuación de Lugo e saldos por municipio.
Mapa 37: Mapa de fluxos de mobilidade obrigada do núcleo cabeceira na área de actuación de Burela e saldos por municipio.
Mapa 38: Mapa de fluxos de mobilidade obrigada do núcleo cabeceira nas áreas de actuación de Lugo-Provincia e saldos por municipio.
Mapa 39: Mapa de fluxos de mobilidade obrigada do núcleo cabeceira na área de actuación de Ourense e saldos por municipio.
Mapa 40: Mapa de fluxos de mobilidade obrigada do núcleo cabeceira nas áreas de actuación de Valedoras, Viana e Verín e saldos por municipio.
Mapa 41: Mapa de fluxos de mobilidade obrigada do núcleo cabeceira na área de actuación de Pontevedra e saldos por municipio.
Mapa 42: Mapa de fluxos de mobilidade obrigada do núcleo cabeceira na área de actuación de Vigo e saldos por municipio.
Mapa 43: Mapa de fluxos de mobilidade obrigada do núcleo cabeceira na área de actuación de Lalín e saldos por municipio.
Mapa 44: Mapa de fluxos de mobilidade obrigada do núcleo cabeceira nas áreas de actuación de Sanxenxo e Vilagarcía e saldos por municipio.
Mapa 45: Mapa de fluxos de mobilidade obrigada do concello de Carballo na área de actuación de A Coruña e saldos por municipio.
.
Mapa 46: Mapa de fluxos de mobilidade obrigada do concello de Narón na área de actuación de A Coruña e saldos por municipio
Mapa 47: Mapa de fluxos de mobilidade obrigada do concello de Ames na área de actuación de A Coruña e saldos por municipio
Mapa 48: Mapa de fluxos de mobilidade obrigada do concello de Xinzo de Limia na área de actuación de Ourense e saldos por municipio
Mapa 49: Mapa de fluxos de mobilidade obrigada do concello de Ribadavia na área de actuación de Ourense e saldos por municipio
Mapa 50: Mapa de fluxos de mobilidade obrigada do concello de Carballiño na área de actuación de Ourense e saldos por municipio
Mapa 51: Mapa de fluxos de mobilidade obrigada do concello de Celanova na área de actuación de Ourense e saldos por municipio
Mapa 52: Mapa de fluxos de mobilidade obrigada do concello de Marín na área de actuación de Pontevedra e saldos por municipio
Mapa 53: Mapa de fluxos de mobilidade obrigada do concello de Cangas na área de actuación de Vigo e saldos por municipio
Mapa 54: Mapa de fluxos de mobilidade obrigada do concello de Redondela na área de actuación de Vigo e saldos por municipio
Mapa 55: Mapa de fluxos de mobilidade obrigada do concello de Mos na área de actuación de Vigo e saldos por municipio
Mapa 56: Mapa de fluxos de mobilidade obrigada do concello de O Porriño na área de actuación de Vigo e saldos por municipio
Mapa 57: Mapa de fluxos de mobilidade obrigada do concello de Ponteareas na área de actuación de Vigo e saldos por municipio
V. Dinámica da poboación e o emprego por área funcional
Unha vez realizada a discusión sobre os diferentes criterios de delimitación das áreas funcionais
de interese para o Plan Sectorial de Vivenda, compre tomar en conta de xeito moi singular o
dinamismo relativo de cada unha desas áreas co obxectivo de capturar os factores clave que
incidirán nos volumes futuros de necesidades de vivenda. Efectivamente, as necesidades de
vivenda dependen da dinámica global da poboación e do seu tecido produtivo, aproximado neste
estudo a través da variábel do emprego.
Comparando os dados da Seguridade Social e dos Padróns Municipais para o mesmo
ano (2005) vemos que hai áreas funcionais ou “mercados de traballo” que presentan un maior
peso de traballadores que de poboación, o que debería corresponderse co feito de recibir máis
traballadores de fóra do mercado que traballadores que acuden a outros mercados3. Eses son os
caso de Coruña, Vigo, Santiago e Lugo. En cambio, en todos as demais prodúcese a situación
inversa. Por outro lado, se comparamos unhas áreas con outras tamén podemos observar, por
exemplo, que a Área funcional de Vigo ten máis poboación que a de Coruña e que acontece
xusto o contrario tomando o volume de emprego. Situación semellante prodúcese entre as Áreas
funcionais de Ourense e Santiago e noutras Áreas funcionais como Lugo e Ferrol, Ribeira e
Vilagarcía, O Barco e Sanxenxo, Sarria e Monforte, Cee e Verín, Melide e Ortigueira,
Mondoñedo e Monterroso, A Pastoriza e Quiroga, e A Pontenova e Viana do Bolo.
Táboa 1. Traballadores e poboación 2005 e peso relativo por área funcional (Mercados Traballo 80%) Mercados TRAB. 2005 PESO/TOT % ACUMULADO POB. 2005 PESO/TOT % A CORUÑA 227.481 23,42% 23,42% 535.056 19,39% VIGO 218.455 22,49% 45,91% 556.658 20,18% SANTIAGO 95.519 9,83% 55,74% 248.346 9,00% OURENSE 84.683 8,72% 64,46% 269.085 9,75% PONTEVEDRA 66.635 6,86% 71,32% 193.974 7,03% LUGO 62.422 6,43% 77,75% 148.001 5,36% FERROL 50.840 5,23% 82,98% 192.884 6,99% VILAGARCÍA DE AROUSA 24.523 2,52% 85,50% 77.746 2,82% RIBEIRA 22.067 2,27% 87,78% 103.202 3,74% BURELA 17.938 1,85% 89,62% 53.615 1,94% LALÍN 14.005 1,44% 91,06% 41.943 1,52% SANXENXO 11.229 1,16% 92,22% 33.294 1,21% O BARCO DE VALDEORRAS 10.074 1,04% 93,26% 34.457 1,25% 3 Tamén pode existir un efecto sé das empresas, no sentido de que nalgúns casos os afiliados á SS podan figurar nun lugar diferente a onde efectúa realmente o traballo.
SARRIA 7.944 0,82% 94,08% 25.485 0,92% MONFORTE 7.516 0,77% 94,85% 34.641 1,26% CEE 5.582 0,57% 95,42% 24.326 0,88% VERÍN 5.402 0,56% 95,98% 28.697 1,04% VILALBA 5.167 0,53% 96,51% 19.551 0,71% MELIDE 4.793 0,49% 97,01% 18.140 0,66% ORTIGUEIRA 4.763 0,49% 97,50% 23.239 0,84% RIBADEO 4.452 0,46% 97,95% 14.205 0,51% CHANTADA 4.309 0,44% 98,40% 16.144 0,59% MUROS 2.653 0,27% 98,67% 15.239 0,55% MONDOÑEDO 2.488 0,26% 98,93% 7.540 0,27% MONTERROSO 2.343 0,24% 99,17% 10.635 0,39% BECERREÁ 2.102 0,22% 99,38% 8.295 0,30% A PASTORIZA 1.831 0,19% 99,57% 5.567 0,20% QUIROGA 1.549 0,16% 99,73% 6.800 0,25% A PONTENOVA 1.364 0,14% 99,87% 4.732 0,17% VIANA DO BOLO 1.234 0,13% 100,00% 7.316 0,27% TOTAL GALIZA 971.363 100,00% 2.758.813 100,00% Fonte: Elaboración propia en base á Administración da Seguridade Social e Padróns Municipais.
Gráfico 1.
Traballadores e poboación, peso relativo por mercad o, 2005. Mercados 80 %.
0,00%
5,00%
10,00%
15,00%
20,00%
25,00%
A CORUÑA VIGO SANTIAGO OURENSE
PONTEVEDRA LUGO FERROL
VILAGARCIA DE AROUSA RIBEIRA BURELA
TRAB/TOTAL % POB/TOTAL %
Fonte: Elaboración propia en base a Administración da Seguridade Social.
Gráfico 1. (continuación)
Fonte: Elaboración propia en base a Administración da Seguridade Social.
Analisando a evolución do emprego entre 2001-2005 por áreas funcionais observamos que os
maiores incrementos absolutos prodúcense nas dúas grandes Áreas funcionais: Vigo e A
Coruña, seguidas de Santiago, que en termos relativos medra máis que as dúas anteriores. Só
hai unha Área funcional que diminúe, a de Monterroso; pero si hai algunhas Áreas funcionais que
crecen moi pouco como son as de A Pontenova (1,11%, gaña 15 traballadores), Ortigueira
(1,97%, 92), Muros (2,24%, 58) e Quiroga (3,13%, 47). As máis dinámicas e cun maior ritmo de
crecemento son Sanxenxo (22%), Cee (18,46%), Vilagarcía (17,96%) e Santiago (17,14%).
Táboa 2. Traballadores 2001 e 2005 e incremento absoluto e relativo por área funcional. Mercados 80%. 2001 2005 VAR ABSOL
2001-05 VAR RELAT 2001-05
A CORUÑA 198.549 227.481 28.932 14,57% VIGO 188.727 218.455 29.728 15,75% SANTIAGO 81.545 95.519 13.974 17,14% OURENSE 76.506 84.683 8.177 10,69% PONTEVEDRA 59.304 66.635 7.331 12,36% LUGO 55.854 62.422 6.568 11,76% FERROL 46.209 50.840 4.631 10,02% VILAGARCÍA DE AROUSA 20.790 24.523 3.733 17,96% RIBEIRA 18.911 22.067 3.156 16,69%
BURELA 16.077 17.938 1.861 11,58% LALÍN 12.624 14.005 1.381 10,94% SANXENXO 9.204 11.229 2.025 22,00% O BARCO DE VALDEORRAS 9.325 10.074 749 8,03% SARRIA 7.125 7.944 819 11,49% MONFORTE 7.055 7.516 461 6,53% CEE 4.712 5.582 870 18,46% VERÍN 4.914 5.402 488 9,93% VILALBA 4.795 5.167 372 7,76% MELIDE 4.358 4.793 435 9,98% ORTIGUEIRA 4.671 4.763 92 1,97% RIBADEO 3.932 4.452 520 13,22% CHANTADA 3.871 4.309 438 11,31% MUROS 2.595 2.653 58 2,24% MONDOÑEDO 2.234 2.488 254 11,37% MONTERROSO 2.468 2.343 -125 -5,06% BECERREÁ 1.879 2.102 223 11,87% A PASTORIZA 1.737 1.831 94 5,41% QUIROGA 1.502 1.549 47 3,13% A PONTENOVA 1.349 1.364 15 1,11% VIANA DO BOLO 1.163 1.234 71 6,10% TOTAL GALIZA 853.985 971.363 117.378 13,74% Fonte: Elaboración propia en base a Administración da Seguridade Social.
As necesidades de vivenda dependen da dinámica global da poboación e do seu tecido
produtivo, medido aquí a través da variábel do emprego, pero tamén depende da súa
composición e, en particular, da súa estrutura sectorial habida conta do diferente dinamismo de
cada sector e das diferenzas moi importantes en necesidades de emprego de cada sector. Ao
analisar a distribución dos sectores por “Áreas funcionais” podemos aproximarnos ao grao de
concentración dos mesmos e, sobre todo, á distribución territorial das necesidades de
traballadores de cada sector. Na análise por sectores obsérvase que salvo algunhas excepcións,
as Áreas funcionais de A Coruña e Vigo teñen as maiores porcentaxes para todos os sectores.
Os sectores máis concentrados, considerando isto cando o sector supera o 50% de peso nalgún
área ou mercado, son o sector de “Coquerias, refino de petróleo e tratamento de combustíbeis
nucleares” no mercado da Coruña, o de “Fabricación de produtos de caucho e materias
plásticas” en Vigo, o de “Fabricación de material electrónico; fabricación de equipo e aparatos de
radio, televisión e comunicacións” en Santiago, o de “Fabricación de vehículos de motor,
remolques e semirremolques” en Vigo, o de “Transporte aéreo e espacial” en Santiago e o de
“Investigación e desenvolvemento” en Vigo.
Só 17 dos 53 sectores están presentes en todos as Áreas funcionais. No extremo oposto
encontramos un certo número de sectores que están presentes nun número reducido de Áreas
funcionais. Os que están presentes en dez ou menos mercados son -deixando a un lado os de
extracción localizados de forma natural nas proximidades dos xacementos- os seguintes:
Coquerías, refino de petróleo e tratamento de combustíbeis nucleares en catro; o de Fabricación
de maquinas; Fabricación de material electrónico; fabricación de equipo e aparatos de radio,
televisión e comunicacións. Transporte aéreo e espacial sitúase onde están os tres aeroportos.
Os demais sectores repártense por diversas Áreas funcionais, aínda que case sempre mantendo
a circunstancia de que as Áreas funcionais da Coruña e Vigo aparecen con porcentaxes
significativas, excepto no sectores 25, 32, 34 e 35 para A Coruña e 18, 19, 23, 32, para o Área
funcional de Vigo4.
4 Estes sectores son: 18: Industria da confección e peletería; 19 Preparación curtido e acabado do coiro; 23: Coquerias, refino de petróleo e tratamento de combustíbeis nucleares; 25:Fabricación de produtos de caucho e materias plásticas; 32, Fabricación de material electrónico; fabricación de equipo e aparatos de radio, televisión e comunicacións; 34, Fabricación de Vehículos a motor, remolques e semirremolques; 35, Fabricación doutro material de transporte.
Táboa 3. Peso relativo das áreas funcionais nos sectores. Mercados de Traballo 80 %.
Indu
stria
de
prod
utos
alimentici
Indu
stria
téxtil
Indu
stria
da
confecció
n e da
Prep
araci
ón do
coiro
; fabricació
Indu
stria
da
mad
eira e
da cortiza,
Indu
stria
do pap
el
Edición,
artes
gráficas e
reprod
ucci
ón d
Coq
uería
s, refino de
petré
leo e
tratame
Indu
stria
quím
ica
Fabricació
n de
prod
utos
de caucho
Fabricació
n do
utros
prod
utos
minerais
Metalurxgi
a
Fabricació
n de
prod
utos
metálicos,
A CORUÑA 18,08% 26,63% 51,01% 44,52% 15,49% 19,34% 26,83% 96,52% 19,17% 11,84% 14,45% 26,33% 17,48% A PASTORIZA 0,45% 0,05% 0,04% 0,03% 0,19% 0,03% 0,20% 0,07% A PONTENOVA 0,15% 0,01% 0,26% 0,91% 0,08% 0,22% 0,18% BECERREÁ 0,18% 0,01% 0,22% 0,07% 0,03% 0,08% BURELA 1,25% 0,29% 0,05% 1,54% 2,14% 0,08% 0,38% 14,48% 0,88% 9,31% 1,44% 1,78% CEE 0,32% 0,26% 0,90% 0,22% 0,89% 0,20% 0,33% 0,36% 0,30% CHANTADA 0,46% 0,94% 0,05% 0,17% 0,05% 0,03% 0,29% 0,25% 0,22% FERROL 2,90% 7,95% 4,05% 0,22% 6,85% 3,46% 10,27% 3,79% 6,50% 2,54% 10,56% 8,86% LALÍN 1,74% 13,81% 4,05% 0,44% 2,69% 0,08% 0,46% 0,95% 0,19% 1,99% 2,75% LUGO 8,27% 0,67% 0,70% 3,07% 5,85% 1,58% 5,64% 3,07% 1,05% 6,25% 3,81% 3,68% MELIDE 0,58% 1,79% 0,98% 5,04% 0,54% 0,14% 0,13% 0,62% 0,36% MONDOÑEDO 0,15% 0,03% 0,08% 0,22% 1,24% 0,06% 0,21% 0,66% 0,18% MONFORTE 1,22% 0,06% 0,04% 9,21% 0,71% 0,93% 0,68% MONTERROSO 0,30% 0,12% 0,16% 0,02% 0,23% 0,09% MUROS 0,96% 0,41% 0,29% 0,22% 0,03% 1,32% 0,13% 0,13% O BARCO DE VALDEORRAS 0,79% 0,09% 0,19% 1,54% 0,25% 2,01% 0,06% 2,58% 0,11% 0,74% ORTIGUEIRA 0,65% 2,40% 0,07% 0,57% 0,12% 0,95% 0,36% OURENSE 9,38% 3,49% 13,90% 4,82% 10,56% 1,13% 6,59% 2,18% 6,46% 11,40% 8,45% 8,17% 8,80% PONTEVEDRA 6,97% 9,33% 1,51% 0,22% 6,92% 21,37% 5,24% 7,52% 1,49% 5,47% 3,64% 5,63% QUIROGA 0,11% 0,03% 0,02% 0,06% RIBADEO 0,56% 0,25% 0,77% 0,23% 0,05% 0,38% 0,17% RIBEIRA 8,41% 6,04% 2,14% 0,22% 2,16% 4,29% 0,90% 0,98% 1,13% 1,46% 0,58% 1,28% SANTIAGO 7,64% 2,52% 7,18% 22,15% 14,36% 6,32% 12,92% 4,05% 1,60% 7,76% 5,58% 10,44% SANXENXO 2,37% 0,38% 0,13% 0,37% 0,26% 0,21% 0,03% 2,40% 0,19% 0,75% SARRIA 1,20% 0,03% 0,03% 0,22% 2,02% 0,23% 0,06% 0,30% 1,97% 0,64% VERÍN 0,65% 0,59% 1,04% 0,22% 1,15% 0,11% 0,03% 0,06% 0,54% 0,03% 0,41% VIANA DO BOLO 0,19% 0,07% 0,02% 0,07% 0,15% VIGO 17,83% 20,97% 9,50% 7,46% 19,31% 31,30% 26,31% 1,16% 36,27% 57,30% 25,28% 37,11% 29,14% VILAGARCIA DE AROUSA 5,19% 1,32% 1,15% 2,51% 10,84% 2,47% 0,15% 0,37% 0,41% 4,36% 1,97% 4,43% VILALBA 1,03% 0,50% 0,34% 0,43% 0,05% 3,17% 0,26% 0,18% TOTAL MERCADOS 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00%
Indu
stria da
constru
ción
de m
aquina
r
Fabricación
de m
áquinas
de oficina e
equ
Fabricación
de
maq
uinaria
e
material ele
Fabricación
material
electró
nico;
aparat
Fabricación
de
instrumen
tos
med
ico-ciru
Fabricación
de veh
ículos
de m
otor,
remol
Fabricación
doutro
material de
transpo
r
Fabricación
de m
obles;
outra
s indu
strias
Reciclaxe
Prod
ucción
e
distribucóon
de ene
rxía
ele
Cap
tacion,
depu
raciió e
distribución
de
Con
strución
Vend
a e
repa
ración
de
vehículos;ve
Com
ercio ao
po
r maior e
interm
ediario
s d
A CORUÑA 28,30% 31,07% 19,66% 3,13% 16,37% 0,92% 4,84% 19,95% 35,94% 36,16% 14,72% 23,29% 20,83% 24,93% A PASTORIZA 0,33% 0,04% 0,06% 0,14% 0,15% 0,14% A PONTENOVA 0,09% 0,25% 0,01% 0,41% 0,17% 0,18% 0,14% BECERREÁ 0,05% 0,11% 0,28% 0,25% 0,10%
BURELA 1,99% 5,47% 0,15% 0,44% 0,19% 2,12% 0,70% 0,07% 1,19% 2,32% 1,86% 1,31% CEE 0,07% 1,15% 0,05% 0,77% 0,49% 4,24% 0,68% 0,56% 0,87% CHANTADA 0,11% 0,11% 0,01% 0,11% 0,18% 0,38% 0,45% 0,35% FERROL 3,90% 11,65% 4,37% 28,61% 32,92% 0,07% 32,99% 5,21% 8,32% 24,83% 4,98% 6,22% 4,78% 3,54% LALÍN 2,26% 3,88% 0,38% 0,35% 0,03% 1,20% 0,85% 0,07% 2,00% 1,51% 0,93% LUGO 5,87% 4,85% 8,50% 0,30% 6,57% 0,23% 0,06% 2,73% 2,33% 4,59% 2,01% 4,68% 7,81% 6,23% MELIDE 0,04% 0,60% 0,09% 0,61% 0,14% 0,56% 0,41% 0,38% MONDOÑEDO 0,02% 0,08% 3,18% 0,04% 0,26% 0,15% 0,17% MONFORTE 1,03% 0,60% 0,15% 0,26% 0,01% 0,31% 0,04% 0,75% 0,93% 0,64% MONTERROSO 0,07% 0,09% 0,03% 0,03% 0,15% 0,21% 0,20% 0,12% MUROS 0,02% 0,11% 0,09% 0,02% 0,31% 0,32% 0,18% 0,15% O BARCO DE VALDEORRAS 0,49% 1,94% 2,19% 0,09% 0,02% 0,14% 0,24% 5,04% 2,83% 1,02% 0,79% 0,75% ORTIGUEIRA 0,97% 0,26% 0,74% 0,04% 0,52% 0,45% 0,51% OURENSE 3,76% 0,97% 8,23% 8,05% 6,83% 5,94% 0,09% 11,49% 4,66% 7,44% 11,23% 8,99% 9,46% 8,15% PONTEVEDRA 3,67% 6,48% 2,89% 2,16% 5,06% 8,41% 9,98% 1,38% 7,14% 7,97% 6,62% 6,37% QUIROGA 0,08% 0,36% 0,78% 0,15% 0,09% 0,02% RIBADEO 0,67% 0,74% 0,26% 0,03% 0,21% 0,13% 0,07% 3,05% 0,57% 0,38% 0,36% RIBEIRA 2,40% 0,97% 0,60% 0,70% 0,08% 2,05% 3,64% 2,50% 0,63% 3,06% 2,71% 2,23% SANTIAGO 5,31% 1,94% 4,73% 52,46% 14,89% 3,57% 0,03% 16,57% 2,66% 4,80% 22,08% 9,93% 10,56% 9,55% SANXENXO 0,04% 1,20% 0,09% 0,48% 1,48% 0,67% 0,04% 1,97% 1,04% 0,70% SARRIA 0,29% 0,11% 0,09% 0,04% 2,43% 0,11% 2,23% 0,63% 0,64% 0,43% VERÍN 0,09% 0,30% 0,35% 1,50% 1,66% 1,64% 0,78% 0,74% 0,52% VIANA DO BOLO 0,11% 0,01% 0,39% 0,15% 0,14% 0,15% 0,04% VIGO 35,03% 41,75% 32,31% 7,15% 13,40% 84,79% 49,21% 14,24% 30,95% 10,90% 17,40% 18,48% 22,26% 27,04% VILAGARCIA DE AROUSA 2,96% 1,78% 3,15% 1,59% 2,40% 2,78% 0,33% 0,46% 4,91% 3,07% 3,27% 3,00% VILALBA 1,17% 0,11% 0,09% 0,01% 0,26% 0,56% 0,47% 0,58% 0,35% TOTAL MERCADOS 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00%
Com
ercio ao
po
r men
or,
excepto o de
veh
Hostalería
Tran
sporte
terre
stre;
transpo
rte
por tub
Tran
sporte
marítimo, de
cabo
taxe e
por v
Tran
sporte
aéreo e
espa
cial
Actividad
es
anexas a os
transpo
rtes;
ac
Correos e
telecomun
ica
ción
s
Interm
ediaci
on
finan
ciera,
excepto
Segu
ros e
plan
s de
pe
nsióne
s,
excepto s
Actividad
es
auxiliares á
interm
ediaci
Actividad
es
inmobilia
rias
Alug
uer de
maq
uinaria
sen op
erario,
de
Actividad
es
inform
áticas
Investigación
e desenvolvem
ento
A CORUÑA 23,67% 21,27% 21,85% 18,29% 10,19% 29,37% 40,71% 44,75% 40,11% 26,42% 29,03% 20,39% 42,57% 11,03% A PASTORIZA 0,08% 0,13% 0,27% 0,04% 0,06% 0,14% 0,04% A PONTENOVA 0,07% 0,08% 0,25% 0,01% 0,18% 0,01% 0,02% BECERREÁ 0,11% 0,25% 0,35% 0,12% 0,25% 0,04% 0,14% BURELA 1,45% 1,81% 1,53% 0,24% 1,65% 0,11% 0,01% 0,47% 1,89% 1,06% 1,02% 0,13% 1,06% CEE 0,58% 0,75% 0,36% 1,59% 0,19% 0,04% 0,04% 0,03% 0,51% 0,56% 0,04% 0,06% 0,07% CHANTADA 0,64% 0,41% 0,70% 0,03% 0,28% 0,15% 0,15% 0,06% 0,14% FERROL 5,90% 6,12% 5,70% 19,51% 4,42% 0,79% 0,13% 5,82% 4,03% 4,19% 7,47% 1,46% 2,05% LALÍN 1,11% 1,08% 2,00% 0,18% 0,16% 0,01% 0,26% 1,01% 0,59% 0,19% 0,30% 1,98% LUGO 5,78% 6,07% 6,83% 2,82% 10,13% 10,03% 5,99% 6,83% 4,58% 8,72% 6,44% 1,70% MELIDE 0,47% 0,54% 0,73% 0,06% 0,03% 0,71% 0,09% 0,08% 0,04% MONDOÑEDO 0,18% 0,21% 0,39% 0,39% 0,09% 0,72% 0,02% MONFORTE 0,73% 1,01% 1,16% 0,30% 0,32% 0,01% 0,06% 1,17% #¡DIV/0! 0,57% 0,08% 0,35% MONTERROSO 0,20% 0,24% 0,21% 0,03% 0,28% 0,01% 0,23% MUROS 0,25% 0,37% 0,12% 0,04% 0,01% 0,28% 0,04% 0,15% 0,13% O BARCO DE VALDEORRAS 1,11% 0,93% 1,17% 0,14% 0,05% 0,12% 1,20% 0,13% 0,45% 0,04% ORTIGUEIRA 0,41% 0,59% 0,32% 0,06% 0,09% 0,01% 0,18% 0,25% 0,27% 0,94% 0,02% OURENSE 8,48% 8,76% 8,49% 0,24% 2,90% 10,02% 10,88% 9,14% 8,93% 6,79% 6,19% 3,96% 2,62% PONTEVEDRA 7,67% 6,51% 4,81% 6,71% 9,47% 10,34% 9,43% 4,20% 4,86% 7,25% 6,12% 3,35% 8,98% QUIROGA 0,09% 0,18% 0,12% 0,02% 0,02% 0,03% 0,07% 0,11% 0,02% RIBADEO 0,52% 0,83% 0,47% 0,49% 0,39% 0,01% 0,21% 0,51% 0,31% 0,34% 0,02% RIBEIRA 3,04% 2,38% 1,39% 2,15% 0,54% 0,01% 0,26% 2,35% 2,13% 0,94% 0,72% 0,14% SANTIAGO 8,43% 11,16% 8,92% 1,46% 64,97% 9,79% 2,23% 0,27% 1,76% 8,40% 10,84% 14,76% 14,49% 11,67% SANXENXO 1,11% 2,80% 0,88% 2,56% 1,64% 0,02% 0,12% 0,92% 2,09% 0,68% 0,36% SARRIA 0,60% 0,75% 1,72% 0,12% 0,05% 0,01% 0,58% 0,37% 0,15% 1,17% 0,14% VERÍN 0,93% 0,67% 0,84% 0,13% 0,07% 0,01% 0,06% 0,83% 0,29% 0,68% 0,06% VIANA DO BOLO 0,12% 0,19% 0,20% 0,03% 0,12% 0,05% 0,23% VIGO 22,80% 20,56% 24,91% 48,54% 24,84% 31,31% 24,12% 24,24% 30,21% 23,47% 25,77% 26,69% 24,05% 57,00% VILAGARCIA DE AROUSA 2,90% 2,73% 2,09% 0,24% 2,61% 0,14% 0,07% 0,73% 2,90% 2,77% 1,43% 0,38% 0,78% VILALBA 0,56% 0,63% 1,24% 0,15% 0,05% 0,06% 0,35% 0,09% 0,49% 0,02% 0,14% TOTAL MERCADOS 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00%
Otra
s actividad
es em
presari
Administra
cion
pu
blica,
defensa y
Educacion
Actividad
es sanitarias
y Actividad
es de
sane
amien
to pub
lico
Actividad
es asociativa
s
Actividad
es recrea
tivas
, culturales
Actividad
es diversas
de
servizos
A CORUÑA 36,01% 32,34% 21,80% 10,97% 38,22% 23,17% 24,81% 25,97% A PASTORIZA 0,02% 0,08% 0,01% 0,05% 0,06% 0,02% 0,09% A PONTENOVA 0,03% 0,09% 0,12% 0,05% 0,02% 0,09% BECERREA 0,01% 0,15% 0,15% 0,03% 0,09% 0,06% 0,03% 0,09% BURELA 1,04% 1,43% 0,81% 1,66% 0,47% 1,01% 1,05% 1,46% CEE 0,12% 0,33% 0,35% 0,56% 1,07% 0,46% 0,36% 0,37% CHANTADA 0,08% 0,29% 0,11% 0,05% 0,28% 0,14% 0,19% 0,27% FERROL 4,25% 3,04% 4,57% 7,39% 6,55% 3,46% 5,51% 5,69% LALIN 0,55% 0,52% 0,75% 0,84% 0,78% 1,10% 0,56% 0,85% LUGO 6,18% 10,05% 5,41% 10,67% 6,05% 7,65% 5,45% 5,34% MELIDE 0,14% 0,37% 0,27% 0,15% 0,94% 0,17% 0,24% 0,41% MONDOÑEDO 0,15% 0,17% 0,03% 0,09% 0,37% 0,02% 0,15% MONFORTE 0,50% 0,39% 0,57% 1,45% 0,75% 0,47% 0,47% 0,81% MONTERROSO 0,05% 0,30% 0,22% 0,05% 0,04% 0,06% 0,25% MUROS 0,05% 0,27% 0,04% 0,04% 0,27% 0,04% 0,21% O BARCO DE VALDEORRAS 0,31% 0,39% 0,72% 1,35% 1,54% 0,61% 0,33% 0,74% ORTIGUEIRA 0,11% 0,45% 0,08% 0,11% 0,41% 0,24% 0,47% OURENSE 8,52% 9,48% 9,28% 12,66% 6,99% 8,57% 7,17% 10,13% PONTEVEDRA 3,91% 12,68% 4,49% 8,85% 11,22% 4,13% 8,35% 6,14% QUIROGA 0,02% 0,16% 0,00% 0,15% 0,01% 0,04% 0,08% RIBADEO 0,20% 0,27% 0,42% 0,10% 0,31% 0,15% 0,41% RIBEIRA 1,08% 1,41% 1,93% 1,11% 0,38% 2,51% 1,80% 2,29% SANTIAGO 7,73% 9,95% 19,35% 15,44% 7,46% 22,86% 17,91% 8,98% SANXENXO 0,55% 0,48% 0,45% 0,17% 0,13% 1,15% 1,83% 0,97% SARRIA 0,18% 0,74% 0,66% 0,31% 1,16% 0,18% 0,28% 0,46% VERIN 0,17% 0,18% 0,36% 0,50% 0,06% 0,29% 0,15% 0,54% VIANA DO BOLO 0,03% 0,10% 0,20% 0,17% 0,91% 0,12% 0,02% 0,04% VIGO 26,44% 12,39% 25,51% 23,56% 13,35% 18,30% 21,49% 24,00% VILAGARCIA DE AROUSA 1,36% 1,27% 0,94% 1,20% 1,60% 1,96% 1,29% 2,30% VILALBA 0,18% 0,22% 0,39% 0,26% 0,03% 0,17% 0,09% 0,42% TOTAL MERCADOS 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% 100,00% Fonte: Elaboración propia en base a Administración da Seguridade Social.
VI. Conclusións
O obxectivo deste estudo é examinar cómo funciona o país en canto realidade espacial e
territorial e cómo operan as forzas demográficas e económicas para xustificar a delimitación de
áreas de actuación a efectos de definir o Plan Sectorial de Vivenda.
A comezos do século XXI, a maioría da poboación en Galiza vive en núcleos urbanos.
Este feito esta asociado a, cando menos, tres procesos interligados: a) o medio rural viu
experimentando un longo proceso de crise, cunha profunda desaceleración da súa actividade
económica e transformación do tecido produtivo propio e o acentuamento da despoboación; b) a
periferia urbana e os espazos suburbanos convertíronse en verdadeiros contentores de
poboación; e, c) o sector servizos converteuse no vector de desenvolvemento e creación de
emprego neste periodo, xunto coas actividades de construcción.
Como resultado, na actualidade existe unha certa inestabilidade na relación entre a
estrutura xeográfica real e a xa de por si sempre insatisfactoria delimitación político-
administrativa do territorio. Este feito obriga a elaborar unha división funcional do espazo en
Galiza a efectos da aplicación de actuacións sectoriais de interese público. Neste caso, trátase
da necesidade por delimitar unhas áreas de actuación no marco da redacción do Plano Sectorial
de Vivenda.
A proposta de delimitación territorial presentada para o Plano Sectorial de Vivenda de
Galiza componse de 30 áreas funcionais. Entre elas podemos diferenciar tres tipos distintos:
� Un grupo de 7 áreas funcionais que se corresponden coas zonas máis dinámicas e
poboadas do país. Caracterízanse por posuir unha xerarquía urbana complexa
dominada por unha cabeceira definida e por unha serie de subcentralidades con
dinámicas propias. Trátase das áreas de Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol e Pontevedra,
ao longo do eixo atlántico; e Lugo e Ourense como grandes espazos interiores.
� Un grupo numeroso de áreas funcionais de transición con lóxicas propias e un
dinamismo máis ou menos moderado. O seu tamaño é máis modesto tanto dende o
punto de vista da superficie como dende a demografía. Constitúen os espazos definidos
por cabeceiras comarcais de crecemento moderado. Fundamentalmente: Ribeira,
Ortigueira e Melide na Coruña; Burela, Vilalba, Monforte, Sarria, Chantada e Monterroso
en Lugo; Valdeorras e Verín en Ourense; e Lalín, Vilagarcía e Sanxenxo en Pontevedra.
� Por último, un tipo de áreas funcionais con reducidas potencialidades e escaso
dinamismo. Posúen un tamaño moi cativo, en ocasións tan só constituídas pola unión de
dous municipios. Localízanse en áreas periféricas da montaña nororiental e do sector
marítimo atlántico. Estamos a falar de Cee e Muros na Coruña; Mondoñedo, A
Pontenova, A Pastoriza, Becerreá e Quiroga en Lugo; e Viana en Ourense.
O resultado da visualización cartográfica dos fluxos de mobilidade obrigada amosan
comportamentos distintos para cada área funcional. Estes comportamentos veñen corroborar e
validar as conclusións emitidas xa co emprego das outras variabeis explicitadas. Neste sentido,
ao sobrepoñer os resultados dos fluxos de mobilidade no mapa de entidades singulares,
veremos cómo naquelas áreas funcionais onde predominan os núcleos de máis de 5000
habitantes, os fluxos posúen maior peso e dinamismo. Precisamente é nestas áreas funcionais
onde podemos comprobar a existencia de subcabeceiras que gozan de estructuras xeosociais
propias e para as que se poden establecer novos criterios de delimitación funcional. Trátase das
áreas funcionais principais, nomeadamente Vigo (Redondela, O Porriño ou Cangas), A Coruña
(Arteixo e Carballo), Santiago (Ames-Teo) e Ferrol (Neda, Narón, Fene ou As Pontes). Para
Ourense e Lugo a centralidade aparece un pouco máis marcada, polo que non resulta tan
evidente a existencia de pequenos subconxuntos. Tan só é dubidábel no caso dos eixos
Ribadavia-O Carballiño e Xinzo-Celanova no caso de Ourense.
Existen unha serie de áreas funcionais no extremo oposto. Trátase de áreas pequenas
con pouco dinamismo demográfico e escaso peso da poboación ocupada ns servizos: aquelas
demarcacións que non posúen núcleos de máis de 1500 habitantes ou mesmo que non chegan a
ese limiar. Localízanse nas marxes orientais do país sendo frecuente a súa composición por
apenas dous ou tres concellos: A Pastoriza, A Pontenova, Mondoñedo, Becerreá e Quiroga en
Lugo; e Viana en Ourense. Os fluxos de mobilidade obrigada nestes casos non teñen a penas
relevancia en comparación cos do resto do país. Este tipo de áreas funcionais
predominantemente primarias aproveitan a debilidade do propio algoritmo para constituírense
como demarcacións singulares. Entre os concellos que compoñen a área apenas existen fluxos,
porén os datos aumentan un pouco cando eses fluxos se explicítan en relación ás cabeceiras
provinciais ou ás capitais comarcais do entorno.
Analisando a evolución do emprego nos últimos anos podemos identificar aquelas áreas
que poden estar a experimentar unha maior demanda de vivenda no presente e no futuro
próximo. Entre 2001-2005 observamos que os maiores incrementos absolutos prodúcense nas
dúas grandes Áreas funcionais: Vigo e A Coruña, seguidas de Santiago, que en termos relativos
medra máis que as dúas anteriores. Só hai unha Área funcional que diminúe, a de Monterroso;
pero si hai algunhas Áreas funcionais que crecen moi pouco como son as de A Pontenova
(1,11%, gaña 15 traballadores), Ortigueira (1,97%, 92), Muros (2,24%, 58) e Quiroga (3,13%,
47). As máis dinámicas e cun maior ritmo de crecemento son Sanxenxo (22%), Cee (18,46%),
Vilagarcía (17,96%) e Santiago (17,14%).
Os criterios xeosociais e económicos empregados para conferir maior rigor e valor
explicativo á proposta, serven ademais para matizar os resultados xerados pola aplicación dun
algoritmo a unha única variábel. As tres variabeis adicionais tomadas en consideración
experimentaron cambios significativos nos últimos decenios e haberá que seguilas de perto no
futuro próximo para tratar de amoldar as diagnoses territoriais ao seu comportamento. Os fluxos
de mobilidade obrigada constitúen na actualidade un dos criterios de configuración xeográfica
máis coherentes e tanxibeis, xunto coa distribución de agregacións ou entidades singulares de
poboación e o comportamento demográfico estratificado nos grandes sectores de ocupación
laboral. Atendendo ao conxunto destes criterios cabe concluír que seis das áreas funcionais
resultantes (A Pastoriza, A Pontenova, Mondoñedo, Becerreá e Quiroga en Lugo; e Viana en
Ourense) presentan unhas dimensións e unhas características que debilitan o seu potencial para
a xustificación de actuacións de relevancia no marco do presente plan e poden suxerir a
pertinencia doutro tipo de actuacións singulares.
BIBLIOGRAFÍA
Anselin, L.(1995): Local indicators of spatial association–LISA. Geographical Analysis,27:94–114.
Bontje, M., Burdack, J. (2005): Edge cities, European-style: examples from Paris and the
Randstad. Cities, 22(4): 317–330.
Direcció General De Planificació I Acció Territorial (1995): Els mercats de treball de Catalunya,
1981-1986-1991, Barcelona, Generalitat de Catalunya.
European Spatial Planning Observation Network (2006): Applied Territorial Research. Building a
scientific platform for competitiveness and cohesion, ESPON Scientific Report II, autumn 2006.
McMillen, D. P., Smith, S. C. (2003) The number of subcenters in large urban areas. Journal of
Urban Economics, 53: 321–338.
Karlsson, Ch. And M. Olsson (2006):, “The identification of functional regions: theory, methods
and applications”, Annuaire Regional Science, 40 pp. 1-18.
Precedo Ledo, A. (1994): Planificación comarcal e desenvolvemento territorial. Xunta de Galicia.
Riguelle, F; I. Thomas and A. Verhetsel (2007): Measuring urban polycentrism: a European case
study and its implications. Journal of Economic Geography 7 (2007) pp. 193–215
Rodríguez Álvarez, J.M. (2001): “La importancia de las políticas de desarrollo local en los albores
del siglo XXI”. En Experiencias prácticas de Desarrollo Local. Bayer Hnos.
Rodríguez González, R. (2004): Os concellos galegos para o século XXI: análise dunha
reestruturación do territorio e do goberno local, IDEGA, Universidade de Santiago de
Compostela.
Vence Deza, X. e González López, M. (2002): “Geografía de los servizos y la innovación en
Europa”, Economía Industrial, nº 347, pp. 221-239.
Vence Deza, X. (dir.) (2007): As necesidades empresariais de solo productivo en Galicia 2006-
2015 e programa de actuacións estratéxicas en solos productivos, Consellería de Vivenda-IGVS-
Xunta de Galicia
FONTES ESTATÍSTICAS E CARTOGRÁFICAS:
IGE (Varios anos): Padróns Municipais de poboación.
IGE (2001): Censo de Poboación e Vivendas 2001.
IGE (2007): Nomenclátor de entidades singulares 2007.
Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais (Varios anos): Rexistro de afiliados da Seguridade
Social.
SITGA (2005): Cartografía 1:250.000 de Galicia, municipios, comarcas e provincias.