anillo con huella dactilar
DESCRIPTION
como se hizo anillo con huella dactilarTRANSCRIPT
maysil
garantia
Anel con pegada
www.maysil.com Páxina 2
Deseño e fabricación do anel
Jose Mª Mayer
Textos
Maria Silva Pérez
Ano de realización
2013
Lugar de fabricación
Galicia.
www.maysil.com Páxina 3
Indice
1. prólogo
2. garantía de peza única
3. Coñecenos: -maysil
-artesanía única
-coñece máis
4. datos técnicos do proxecto: -descripción
-a prata
-esmeraldas
5. outros datos: -a ouribería
-outros datos a ter en conta
www.maysil.com Páxina 4
www.maysil.com Páxina 5
1.-prólogo
www.maysil.com Páxina 6
A artesanía é a obra dos sinxelos artistas, que imprimen un pouco do seu espírito en
cada golpe de cincel ou en cada limadura ou en cada forma do obxeto que está
creando.
Arte e artesanía, son dous puntos dun mesmo vértice.
www.maysil.com Páxina 7
2. garantía de peza única
www.maysil.com Páxina 8
Anei con pegada
Esta xoia foi fabricada en exclusiva para :
Amador Loureiro Blanco
É unha peza única e irrepetible, e así o garantiza
maysil.
Tamén garantizamos que os materiais que utilizamos
son de primeira calidade.
M A Y S I L
www.maysil.com Páxina 9
3.- coñecenos
www.maysil.com Páxina 10
Maysil
Maysil é un obradoiro de xoiaría situado en A Estrada que se iniciou
no ano 1999, pero que conta coa experiencia de moitos máis anos
dedicándose a esta actividade por parte dos seus socios fundadores e
artesáns. O lugar de traballo é un moderno espazo con todas as
comodidades ergonómicas, maquinaria de todo tipo, oficina onde se realiza
o deseño dalgún dos produtos que requiren da ferramenta informática
para seren levados a cabo como os “prototipados” que tamén forman parte
da súa carteira de oferta.
Tamén dispón dun espazo dedicado á tenda, que neste momento está
activo coma “Show-room”. Neste obradoiro poderemos atopar unha
www.maysil.com Páxina 11
ampla gama de liñas de produtos de xoiaría, por unha banda pezas
irrepetibles, por outra coleccións e tamén algunha serie, creacións de deseño
propio ou ben por encarga tal e como elixa o cliente. Trabállase tan só
con metais nobres, en prata e ouro tanto amarelo como branco e con pedra
natural –tamén tallan acibeche-, bixutería principalmente orientada á
muller (aneis, brincos, pulseiras, brazaletes, colares,...) aínda que tamén
pezas para home como xemelgos, pasadores de garabata.
Trabállase tan só con metais nobres, en prata e ouro tanto amarelo como
branco e con pedra natural.
Outra liña de negocio está formada polo de regalo de empresa, regalo de
voda, de “pedida” e ao agasallo institucional sempre por encarga; dedícase
tamén á fundición que é a produción de pezas xeralmente en grandes
cantidades que eles funden de antemán para seren vendidas a outros
obradoiros e ser rematadas e repasadas por aqueles e vendidas a menor
custo se o obradoiro cliente elixe esta forma ou ben traballadas na súa
www.maysil.com Páxina 12
totalidade ademais de fundidas se así o preferisen; temos tamén como
elemento da súa oferta “o prototipado”, basicamente consiste en que un
cliente realiza a encarga dunha peza, habitualmente tamén para grandes
series (un exemplo é a confección de grandes tiradas de pins), cun deseño
tanto elixido polo propio cliente ou a incluír no paquete do pedido, co cal a
través de técnicas gráficas e informáticas se desenvolve e leva a cabo a
confección; e por último unha liña moi especial que é a “peza de autor”,
únicas e exclusivas. As técnicas que se empregan neste obradoiro son unha
mestura entre os amplos coñecementos da xoiaría clásica dos que dispoñen
os artesáns e a xoiaría moderna adaptando unha á outra creando pezas
vangardistas con técnicas tradicionais, tratando sempre de ofrecer unha
obra que perdure a través do paso do tempo e das modas.
www.maysil.com Páxina 13
Artesanía única
Neste obradoiro podemos atopar unha infinita gama de produtos, así os
propios artesáns non teñen pechada a gama pois tratan continuamente de
innovar e de crear pezas diferentes cheas de harmonía.
A cualidade máis destacada da obra destes artesáns é a calidade.
Cando se deciden a elaborar un produto ben sexa como colección ou por
encarga, non pensan nin nas modas nin no prezo, traballan con total
liberdade para lograr unha peza que sexa autenticamente “perfecta”, así,
considéranse perfeccionistas, a calidade é o que buscan en todo momento,
pero non só a calidade en canto a acabados, senón que tamén a calidade do
deseño, gústalles pensar que esa xoia perdurará ao longo do tempo e que
non pasará de moda, de aí que os seus deseños son unha mestura de
www.maysil.com Páxina 14
modernismo e xoiaría clásica, unha xoia que sexa para sempre, que guste
onte e mañá.
Tamén é doado apreciar que o uso de pedra natural é unha característica
dos produtos que podemos atopar neste obradoiro. Só pedra natural, de
todas as cores, pois así lles gusta crear, incluso teñen participado en
concursos onde a pedra é a protagonista e que tamén a creación de “Xoias
de autor” é unha constante con moito valor para eles, pezas onde cada un
deles pon a súa creatividade libre e en estado puro, sabendo que esa peza é
única, e que está traballada con todo o esmero depositado nela para
destacar.
www.maysil.com Páxina 15
Coñece máis
María Silva e José Mayer son os artesáns ao cargo do obradoiro,
cunha formación técnica e unha experiencia moi extensa na actividade
xoieira. Ámbolos dous con estudos cursados na santiaguesa Escola de
Artes Mestre Mateo, contan tamén cunha serie de cursos como
Fabricación, engaste e deseño, de Gemología Comercial no Centro de
Estudios e Investigaciones Gemológicas, Curso de gravado e engaste, de
Orfebrería, de Deseño de xoiaría por ordenador, entre outros.
Con respecto á súa experiencia é fácil comprobar que se atopa avalada por
moitos anos de traballo no sector, así José leva unha impresionante cifra
de 15 anos e María 8 anos –ela posúe a Carta de Artesán desde o
1999- como xoieiros, tempo que resulta impresionante se temos en conta que
son dous artesáns novos, polo que se podería dicir que levan traballando no
sector practicamente “toda a súa vida”. A nosa artesá tamén foi socia do
movemento cultural “EVA” –evolutive art of jewels-
www.maysil.com Páxina 16
Á súa vez tamén foron gañadores de varios concursos, no caso de
María obtendo o 1º Premio do concurso “Diseño de joyería” e partícipe
no concurso de Deseño “De Beers”, e no de José obtendo o Premio ao
deseño máis novedoso no IV Concurso Nacional de diseño de joyas
“Joyas de Autor” e acadando o segundo e terceiro lugar en concursos
como o I Concurso nacional de azabache e no III Certámen de
artesanía “Antón Fraguas” coa obra Tempo de Labranzas,
respectivamente, como premios máis destacados entre outros.
Esta parella de artesáns leva moitos anos complementándose nos seu
traballo, os estilos e modos de traballar son lixeiramente distintos o que lles
confire unha riqueza de creatividade ao incorporar nunha obra o mellor
de cada un deles. Este reparto de “gustos” apórtalles un equilibro envexable
e unha harmonía ao obradoiro,
Hai unha numerosa lista de feiras e exposicións onde nos podemos atopar
a estes dous profesionais da xoiaría, así, temos que exposicións de xoiaría
www.maysil.com Páxina 17
como a Galería Sargadelos, Escola de Artes Mestre Mateo,
Metal Art Gallery, Museo do acibeche, Casa da Xuventude de
Vigo “Art’istal”, Centros Comarcais de A Estrada e do Deza, Casa
da Cultura de Vigo, Iberjoya e moitas máis e tamén asistencia e
participación en feiras como Intergift, Milán e incluso participación
na Pasarela Cibeles baixo o lema “Segunda Piel” entre os moitos
méritos e actividades coas que contan os artesáns. Tamén nos podemos
atopar con que os dous artesáns deste obradoiro teñen moitas inquedanzas e
aptitudes para levar a cabo outro tipo de
actividades culturais, realizaron numerosas publicacións en prensa, en
xornais como El punto de las Artes, Contraste, El Correo Gallego,
Faro de Vigo, La Voz de Galicia, revistas tales como Gold&Time,
outras publicacións como o Catálogo do Certame de artesanía Antón
Fraguas, Catálogo de movimiento cultural EVA, e no libro “El
azabache piedra mágica, joya, emblema jacobeo”.
www.maysil.com Páxina 18
4. datos técnicos do proxecto:
www.maysil.com Páxina 19
Anei con pegada
Este proxecto consta dun anei en prata de 925 mm e con esmeraldas é unha peza
única.
Na parte superior hai unha pegada de Amador e no aro leva una inscripción
duns versos do poema de Celso Emilio "Eu en ti", "Sempre, dende a neve dos tempos, eu, na túa ialma."
www.maysil.com Páxina 20
A Prata
O seu símbolo químico é AG , que deriva do nome romano de
Argentum.En
estado nativo aparece en aglomerados, escamas ou filamentos
entrelazados.O
seu peso específico é de 10,470 pura ,e de 10,312 de lei. A composición
da
prata de lei é de 925 partes de prata pura por 75 partes de cobre .O
punto de
fusión e de 952 ºC cando e pura ,e de 890 ºC cando é de lei.
www.maysil.com Páxina 21
A prata pura é de unha cor branca .E non se oxida ,emprégase
raramente, por
ser excesivamente branda .Mezclada con cobre dá enton unha
aleación moi
útil, o cal resulta un metal ideal para ser traballado e adquire un
mellor
colorido que en estado puro.
A prata de lei , devidamente manipulada ten tódalas boas cualidades
de
calquer outro metal non ferreo, posuindo un alto grao de resistencia,
maleabilidade e ductilidade.O seu colorido é moitísimo mais fermoso que
calquera outro metal branco e tan atrainte que casi parece un sacrilesio
empregalaen obxecto de forma basta.
www.maysil.com Páxina 22
A esmeralda
O nome esmeralda proven do nome grego “smaragdos” pero
seguramente o seu nome é persa. Significa pedra verde. A
esmeralda xunto ca augamarina e o berilo ,pertencen o grupo do berilo .
Conseiderase a mais nobre dentro do seu grupo.O seu cor ,e tan
incomparable que denominase verde esmeralda. A súa cor é moi
resistente á luz e ó calor non se modifica ata os 700 ºC.
Os xacimentos mais importantes atopanse en Colombia.pero tamen hai
en Brasil , Sudafrica , en los Urales,etc
www.maysil.com Páxina 23
5. -outros datos
www.maysil.com Páxina 24
A ouribería
Chámase ouribería ao traballo artístico realizado sobre adornos ou
utensilios de metais preciosos .
Os metais que constituen os obxetos de ouribería propiamente ditos son
eminentemente a prata e o ouro , ou a mezcla de ambos que na
antigüidade chamábase electrón ou electrum.
Con ditos metais fabricábanse xa dende idades remotas utensilios moi
variados coma pezas de adorno, moedas, seguindo o estilo, a
ornamentación e os gustos propios da época e da nación que os elabora ,
como pode observarse percorrendo as principais civilizacions.
.
www.maysil.com Páxina 25
Outros datos a ter en conta
A tradición atribue o descubrimento do tratamento dos minerais a unha
muller exipcia, que habría descuberto a metalurxia do cobre ao caerselle a
malaquita ( mena de cobre) que usaba para pintalos seus parpados no ano
6000 a.c.
Ou o mito de “Jason” e de “Hercules”, que invadiron Arcadia onde
sufriron a reación das aves estinfalias do santuario da deusa Artemisa
estinfalia, que se defenderon con plumas “como frechas de aceiro”, mito que
enmascara o feito de que eran artesanas metalúrgicas, as cuales usaban
armas metálicas.
www.maysil.com Páxina 26
Fala elocuentemente en favor da hipótesis de que a metalurxia atopábase
en épocas remotas en mans femininas, o mesmo nome que se lle daba a os metais en diferentes rexions: son epónimos de diosas ou heroinas.
Así, na Grecia o cobre chamábase chalcis,chalkós , epónimo de la reina
Calcis/Chalkis. En Chipre denominase ao cobre : venus, epónimo da
deusa Venus, á prata : argira epónimo da deusa Argira.
Denominabanse polos turanios caldeos ao cobre: ea, epónimo de deusa Ea.
O nome del cerio deriva do nome da deusa Ceres, o cloro da deusa Cloris,
o fosforo da deusa Fosforita, o galio da deusa Galia, o helio de Helia, o
iridio da deusa Iris,o rodio de Rhodia, selenio de Selena, talio de Thallos, uranio de Urania, vanadio de vanadis,....
www.maysil.com Páxina 27
Fotos
www.maysil.com Páxina 28
Bocetos a lápiz
www.maysil.com Páxina 29
Primeiros bocetos no ordenador
www.maysil.com Páxina 30
Eiqui vemos como son os pasos para facer unha
pegada dixitalizada. Primeiro a pegada
orixinal ampliaxe e vólvese a dibuxar para
finalmente vectorizala para pode-la adaptar o
tamaño dexesado.
www.maysil.com Páxina 31
Deseño da parte superior ca pegada e coas pedras.
www.maysil.com Páxina 32
Estudio do aro, unha vez que xa está definida a parte superior.
www.maysil.com Páxina 33
www.maysil.com Páxina 34
Resultado final
www.maysil.com Páxina 35
www.maysil.com Páxina 36
www.maysil.com Páxina 37
Fin