aplicacións industriais da madeira de piñeiro pinaster · provincia sitúanse entre as 94.041 ha...

15
APLICACIÓNS INDUSTRIAIS DA MADEIRA DE PIÑEIRO PINASTER

Upload: others

Post on 20-Aug-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: aplicacións industriais da madeira de piñeiro pinaster · provincia sitúanse entre as 94.041 ha de Pontevedra, e as 151.336 ha situadas en Ourense. Importancia económica da transfor-mación

A P L I C A C I Ó N S I N D U S T R I A I S D A M A D E I R A D E P I Ñ E I R O P I N A S T E R

Page 2: aplicacións industriais da madeira de piñeiro pinaster · provincia sitúanse entre as 94.041 ha de Pontevedra, e as 151.336 ha situadas en Ourense. Importancia económica da transfor-mación
Page 3: aplicacións industriais da madeira de piñeiro pinaster · provincia sitúanse entre as 94.041 ha de Pontevedra, e as 151.336 ha situadas en Ourense. Importancia económica da transfor-mación

a p l i c a c i ó n s i n d u s t r i a i s d a m a d e i r a d e p i ñ e i r o p i n a s t e r

Page 4: aplicacións industriais da madeira de piñeiro pinaster · provincia sitúanse entre as 94.041 ha de Pontevedra, e as 151.336 ha situadas en Ourense. Importancia económica da transfor-mación

AutoresFernando Sanz, Stéphane Latour, Mário Neves, Emmanuel Bastet, Didier Pischedda, Gonzalo Piñeiro,Thierry Gauthier, Jean Lesbats, Christian Plantier, Anabela Marques, Jean-Denis Lanvin, José António Santos, Manuel Touza, Francisco Pedras,Jacques Parrot, Didier Reulinge Carlos Faria

CoordinaciónFernando SanzCentro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia

TraduciónJuan L. AbalMª Isabel Soto

Maquetación e deseñoPlanos Publicidad

IlustraciónsJosé Tomás

ImpresiónRodi Artes Gráficas, S.L.

© Desta edición Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e oDesenvolvemento Tecnolóxico de Galicia (CIS Madeira)© Os autores

Esta obra foi realizada no marco do "Proxecto de Cooperación Técnica para oDesenvolvemento das Aplicacións Industriais do Piñeiro Pinaster " (Atlanwood-59)cofinanciado polo Programa Interreg IIIB "Espazo Atlántico" (2000-2006) con fondosFEDER da Unión Europea.

2 aplicaciones industriales de la madera de pino pinaster

Page 5: aplicacións industriais da madeira de piñeiro pinaster · provincia sitúanse entre as 94.041 ha de Pontevedra, e as 151.336 ha situadas en Ourense. Importancia económica da transfor-mación

Presentación

Aquitania, as rexións centro e norte de Portugal, e Galicia, son territorios de clara vocación forestal que concentran máis da metade da super-ficie mundial ocupada polo piñeiro pinaster. Máis de 2 millóns de hectáreas configuran a principal masa forestal do sur de Europa, que vén pro-ducindo anualmente preto de 15 millóns de metros cúbicos de madeira. Este recurso natural foi tradicionalmente a materia prima que abaste-ceu gran parte da industria de transformación da madeira radicada no arco atlántico, contribuíndo de maneira moi significativa ao desenvolve-mento dunha actividade económica que xerou emprego e riqueza durante varias xeracións.

Nun contexto como o actual, marcado pola globalización mundial da economía, faise necesario, máis que nunca, facer da innovación e a coo-peración un medio que permita soster e mellorar os niveis de competitividade actuais. O “Proxecto de Cooperación Técnica para o desenvolve-mento das aplicacións industriais do piñeiro pinaster”, auspiciado polo Programa de Iniciativa Comunitaria INTERREG III B “Espazo Atlántico”,constitúe un exemplo das oportunidades que pode brindar a cooperación transnacional neste sentido.

Por primeira vez, foi posible reunir e integrar a información proveniente de Francia, España e Portugal, nunha publicación que pretende contri-buír a promover e facilitar o uso da madeira de piñeiro pinaster en aplicacións diversas. Como o lector poderá comprobar, a calidade estética eos atributos técnicos característicos deste material, unidos aos avances logrados nas tecnoloxías de transformación e tratamento, abren novase interesantes expectativas, especialmente no ámbito das aplicacións de construción e mobiliario. Os innovadores exemplos incluídos na partefinal desta publicación constitúen un bo exemplo deste feito.

Confiamos en que os resultados deste proxecto serán útiles para contribuír a desenvolver estas aplicacións con todas as garantías. Con iso,potenciarase o aproveitamento sostible dun recurso autóctono e renovable que ten un protagonismo moi destacado na economía das rexións ena conservación do medio ambiente.

Jean Lesbats Ángel Hermida Fernando RolinPresidente FIBA Presidente CMA Presidente AIMMP

Page 6: aplicacións industriais da madeira de piñeiro pinaster · provincia sitúanse entre as 94.041 ha de Pontevedra, e as 151.336 ha situadas en Ourense. Importancia económica da transfor-mación
Page 7: aplicacións industriais da madeira de piñeiro pinaster · provincia sitúanse entre as 94.041 ha de Pontevedra, e as 151.336 ha situadas en Ourense. Importancia económica da transfor-mación

ÍN

DI

CE

INTRODUCIÓN 6

O piñeiro pinaster no arco atlánticoImportancia económicaConfiguración da propiedade forestalContexto socioeconómico

O RECURSO FORESTAL 14

Características xeraisEvolución históricaSituación actualIncendios forestais

XESTIÓN FORESTAL SOSTIBLE 32

Sistemas de certificaciónProceso de certificaciónCertificación da cadea de custodiaSituación actual

A INDUSTRIA DE TRANSFORMACIÓN 40

SerradoIndustria de trituraciónSegunda transformación

CARACTERIZACIÓN DA MADEiRA 58

MorfoloxíaDescrición macroscópicaCaracterísticas microscópicasVariabilidade da madeiraCaracterísticas físico-mecánicasPropiedades da madeira xuvenilBolsas de resina

SERRADO 68

Sistemas de serradoTipos de instalaciónsEquipos e tecnoloxías

SECADO 80

Secado naturalTécnicas de secado artificialSistemas de ar quente climatizadoSecado por baleiroDuración dos ciclos de secadoProgramas de secadoConsumo enerxético

ENCOLADO 92

Características xeraisTipos de encoladoTipos de adhesivosRecomendacións prácticasControl de calidade

TRATAMIENTOS PROTECTORES 104

Concepción e prescrición do tratamentoClases de riscoProdutos de tratamentoProcesosTratamentos antiazuladoConformidade fitosanitaria de embalaxes

NOVAS TECNOLOXÍAS 122

Encolado de madeiras verdesMadeira termotratadaComposites madeira plásticoco

PRODUTOS 132

EnvasesEmbalaxesPavimentos e revestimentosCarpintaría e mobiliario

APLICACIÓNS DE CONSTRUCCIÓN 162Vivendas e edificios públicosObras de exterior e mobiliario urbano

ANEXO 1 216Criterios de clasificación visual(usos non estruturais)

Norma EN 1611-1:2000Norma EN 12246:2000Criterios de clasificación comercial.Clasificación de madeira en rolla

ANEXO 2 224Criterios de clasificación visual(usos estruturais)

Clasificación visual en España(UNE 56544:2003)Clasificación visual en Francia(NF B 52001)Clasificación visual en Portugal (NP 4305: 1995)Asignación de clases resistentes (EN 338)Medición de singularidadesMarcado CEClasificación mecánica

Page 8: aplicacións industriais da madeira de piñeiro pinaster · provincia sitúanse entre as 94.041 ha de Pontevedra, e as 151.336 ha situadas en Ourense. Importancia económica da transfor-mación
Page 9: aplicacións industriais da madeira de piñeiro pinaster · provincia sitúanse entre as 94.041 ha de Pontevedra, e as 151.336 ha situadas en Ourense. Importancia económica da transfor-mación

I N T R O D U C I Ó N

Page 10: aplicacións industriais da madeira de piñeiro pinaster · provincia sitúanse entre as 94.041 ha de Pontevedra, e as 151.336 ha situadas en Ourense. Importancia económica da transfor-mación

O “Proxecto de cooperación técnica para o desenvolvementodas aplicacións industriais do Pinus pinaster”, enmárcase den-tro da Iniciativa Comunitaria Interreg III B “Espazo Atlántico”2000-2006 do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.Este programa está dirixido a reforzar a cooperación transna-cional para promover un maior grao de cohesión e integraciónterritorial no espazo atlántico formado por rexións de Irlanda,Reino Unido, Francia, España e Portugal.

No Proxecto “Atlanwood” participaron a Federation desIndustries du Bois d´Aquitaine, a Associaçao das Industrias deMadeira e Mobiliario de Portugal e o Cluster da Madeira deGalicia, que actúa como xefe de filas. Así mesmo, interveñen oCentre Technique du Bois et de l'Ameublement de Francia(CTBA), o Centro Tecnolóxico das Indústrias de Madeira eMobiliario de Portugal (CTIMM) e o Centro de Innovación eServizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS-Madeira).

Este proxecto ten como obxectivo realizar unha posta encomún de coñecementos e experiencias acerca da transforma-ción industrial da madeira de piñeiro pinaster, en 3 rexións(Galicia, Portugal e Aquitania) que comparten trazos comúnsentre os que destaca unha importante proporción de superficieforestal que se encontra, en todos os casos, maioritariamenteocupada pola especie Pinus pinaster subespecie atlántica.

O piñeiro pinaster no arco atlántico:un recurso común

A superficie mundial ocupada polo Pinus pinaster estímase entorno aos 4,4 millóns de hectáreas, das cales 4,2 millóns sedispoñen na área de distribución natural desta especie(España, Portugal, Francia, Marrocos, Italia, Turquía, Grecia eTunisia). Pola súa parte, 200.000 hectáreas sitúanse noutrasáreas de reforestación (Australia, África do Sur, Nova Celandia,Chile, Arxentina e Uruguai).

Aquitania, Galicia e o norte e centro de Portugal son rexiónsque reúnen conxuntamente preto de 7 millóns de hectáreas de

8 aplicacións industriais da madeira de piñeiro pinaster

Page 11: aplicacións industriais da madeira de piñeiro pinaster · provincia sitúanse entre as 94.041 ha de Pontevedra, e as 151.336 ha situadas en Ourense. Importancia económica da transfor-mación

superficie de carácter forestal (aproximadamente un 45% doseu territorio). Nesta destacada área forestal, a presenza depiñeiro pinaster adquire un claro protagonismo ao constituír oprincipal recurso que abastece a importante industria damadeira existente asentada nesta zona. Esta influencia estén-dese tamén a outras zonas atlánticas, como as illas británicasou o norte de España, que consumen significativas cantidadesde madeira en rolla ou produtos de transformación do piñeiropinaster.

Na seguinte táboa inclúense cifras relativas á distribucióndesta especie. Como se pode comprobar, tomando como refe-rencia os datos anteriores, Aquitania, Portugal e Galicia reúnenconxuntamente máis da metade da superficie total ocupada entodo o mundo (4,4 millóns de hectáreas).

Galicia 2.039.574 467.351* 23%

Portugal 3.349.327 976.069 29%

Aquitania 1.796.918 921.805 51%

Total 7.185.819 2.365.225 33%

Áreaxeográfica

Superficieforestal (ha)

Superficie ocupada polopiñeiro marítimo (ha)

Proporción sobre asuperficie forestal

Espa

ña

Fran

cia

Portu

gal

Italia

Mar

roco

s

Chile

Aust

ralia

Sudá

frica

N. C

elan

dia

Arxe

ntin

a

Urug

uai

IN

TR

OD

UC

N

Font

e: L

uc R

ausc

ent.

“Le

pin

mar

itim

e en

boi

s d´

ouvr

e : S

ituat

ion

et p

ersp

ectiv

es”

(199

9),

IFN 3

ª Rev

isao

(Por

tuga

l).

* Corresponde a formacións forestais dominantes de Pinus pinaster

Fontes: IFN III (Galicia), IFN (Aquitania), IFN 3º Revísao (Portugal)

Principal área de distribución natural da especie Pinus pinaster

Superficie ocupada pola especie Pinus Pinaster

Page 12: aplicacións industriais da madeira de piñeiro pinaster · provincia sitúanse entre as 94.041 ha de Pontevedra, e as 151.336 ha situadas en Ourense. Importancia económica da transfor-mación

En Aquitania, o piñeiro pinaster ocupa 921.805 ha que repre-sentan o 51% da superficie forestal total. As maiores masasencóntranse concentradas nos departamentos de Landas eGironde, onde o piñeiro pinaster alcanza niveis do 84% e 75%da superficie forestal respectivamente.

Pola súa parte, en Portugal o piñeiro pinaster ocupa o 29% dasuperficie forestal total, cun total de 976.069 ha. As súasmasas están principalmente localizadas nas rexións Centro,Norte e Lisboa e Val do Texo (57%, 37% e 22% da superficieforestal respectivamente).

En Galicia existen 383.632 ha de masas puras de piñeiro marí-timo. Ademais, encóntrase presente noutras masas con mes-tura de especies como o eucalipto e outras frondosas.Considerando a superficie forestal ocupada por masas mixtas,nas que o piñeiro ten un papel dominante, alcánzase un valortotal de 467.351 hectáreas, o que supón un 23% de toda asuperficie forestal. A distribución desta especie en Galicia é

relativamente homoxénea. As superficies ocupadas en cadaprovincia sitúanse entre as 94.041 ha de Pontevedra, e as151.336 ha situadas en Ourense.

Importancia económica da transfor-mación industrial do piñeiro pinaster

O piñeiro pinaster é unha especie fundamental para o abaste-cemento da importante industria de transformación da madei-ra radicada en Aquitania, Portugal e Galicia. A produción anualde madeira en rolla industrial de piñeiro marítimo estímase entorno a 14,1 millóns de m3. Como referencia, cabe destacarque esta cifra representa unha cantidade próxima á producióntotal de madeira en rolla xerada en España anualmente.

10 aplicacións industriais da madeira de piñeiro pinaster

Landas Aquitania 577.155 483.658 84%

Gironde Aquitania 483.222 360.958 75%

Galicia Galicia 2.039.574 467.351 23%

Centro Portugal 993.664 569.645 57%

Norte Portugal 667.417 245.618 37%

Lisboa eVal do Texo Portugal 434.956 95.373 22%

Distrito ourexión PorcentaxeSuperficie

forestal (ha)Superficiepiñeiro pinaster

Áreaxeográfica

Centro Portugal

Norte Portugal

OutrasLandas (Aquitania)

Gironde (Aquitania)

Galicia

4%

6%20%

25%

10%15%

20%

Lisboa e Val do Texo

Total madeira(m3)

Piñeiro marítimo(m3)

Proporción depiñeiro marítimo

Aquitania 10.065.000 9.095.000 90 %

Portugal 8.142.000 3.085.000 38 %

Galicia 5.196.604 1.913.580 37 %

Total 23.403.604 14.093.580 60 %

Fontes: IFN III (Galicia), IFN (Aquitania), IFN 3º Revísao (Portugal)

Fontes: Anuario de estadística agraria 2001 (Galicia), Ministerio de agricultura 2002 (Aquitania) FAO 2002 (Portugal)

Fontes: Anuario de estadística agraria 2001 (Galicia), Ministerio de agricultura 2002 (Aquitania) FAO 2002 (Portugal)

Distribución da superficie ocupada por rexións

Produción de madeira en rolla por rexións

Page 13: aplicacións industriais da madeira de piñeiro pinaster · provincia sitúanse entre as 94.041 ha de Pontevedra, e as 151.336 ha situadas en Ourense. Importancia económica da transfor-mación

A contribución da industria forestal á economía da área xeográ-fica considerada corresponde aos valores que figuran naseguinte táboa. Estas cifras poñen de manifesto a importanciaque cobra a actividade forestal e a industria de transformaciónda madeira, tanto en Aquitania como en Galicia e Portugal.

Europa (EU-15) 188,8

Francia 21,8

España 8,6

Portugal 3,1

Francia + España + Portugal 33,5

Coní

fera

s

Ano 2001/02

Piñe

iro m

aríti

mo Aquitania 9,1

Galicia 1,9

Portugal 3,1

Total 14,1

PIB total (millóns de €) 129.887 36.840 66.717 223.115

PIB forestal 3,2 % 6,5 % 5 % 4 %

PIB forestal (millóns de €) 4.146 2.395 3.336 9.876

Portugal Galicia Aquitania Global

IN

TR

OD

UC

N

Fontes: FAO 2OO2, Anuario de estadística agraria 2001 (Galicia), Ministerio de agricultura 2002(Aquitania), FAO 2002 (Portugal)

Fontes: O bosque avanza. Consellería de Medio Ambiente (Galicia), INE (Portugal).

Produción anual de madeira en rolla industrial (millóns de m3)

Page 14: aplicacións industriais da madeira de piñeiro pinaster · provincia sitúanse entre as 94.041 ha de Pontevedra, e as 151.336 ha situadas en Ourense. Importancia económica da transfor-mación

Configuración da propiedade forestal

A maior parte da propiedade forestal en Portugal e Galiciaencóntrase en mans de propietarios privados, que posúen par-celas de moi pequena dimensión.

No caso de Portugal o 92,3% da superficie forestal é de pro-piedade privada. Só un 7% é de propiedade comunal (normal-mente en zonas de montaña ou próximas a dunas en zonas lito-rais) ou estatal (0,7%). Apenas o 1,1% das explotacións posú-en máis de 100 hectáreas, sendo a superficie máis habitualinferior a 3 hectáreas (84,5% do total).

En Galicia, o réxime de propiedade predominante é o da propie-dade privada (68%), seguido polos montes veciñais en mancomún (30%). A fracción restante está composta por montespúblicos catalogados de utilidade pública (1%) e montes públi-

cos non catalogados de utilidade pública (1%). En total estíma-se que existen 673.000 propietarios de montes que posúenunha superficie media de 1,5 a 2 hectáreas, divididas normal-mente en varias parcelas. Tamén é destacable a presenza de2.700 comunidades de montes cunha superficie forestal mediade algo máis de 200 hectáreas.

No caso de Aquitania, a superficie forestal é principalmente decarácter privado (91,3%). A propiedade comunal representa o6%, e os montes públicos o 2,7%. En total existen 285.300propietarios forestais, cunha superficie media lixeiramentesuperior a 5 ha. A diferenza de Galicia e Portugal, onde o máishabitual é que a propiedade privada media teña extensiónsmenores de 1,5 a 3 ha, en Aquitania o 73% da superficie pri-vada corresponde a propietarios que dispoñen dunha superficiemedia maior de 10 ha.

Contexto socioeconómico

En conxunto, as tres rexións ocupan unha superficie total de159.927 km2. Dela o 57% corresponde a Portugal, o 26% árexión de Aquitania e o 18% a Galicia. A poboación total é de15.528.394 habitantes, cunha densidade media de 97hab/km2.

Portugal es la región que mayor cantidad de habitantes apor-ta, 9.869.300 (63%), y también la de mayor densidad depoblación, 111 hab/km2. Galicia cuenta con 2.751.094 habi-tantes, siendo su densidad de población de 93 hab/km2. Laregión de Aquitania dispone de 2.908.000 habitantes, y unadensidad de población de 70 hab/km2.

Portugal divídese administrativamente en cinco rexións Norte,Centro, Lisboa e Val do Texo, Alenteio e Algarve, representan-do as tres primeiras rexións case o 87% da poboación total. Amaior densidade de poboación concéntrase na zona litoralatlántica. O ritmo de medra da poboación foi no ano 2001 do0,7%, se ben as rexións Centro, Algarve e Alentejo presentanvalores negativos, chegando a -5,8% no caso do Alenteio. A

12 aplicacións industriais da madeira de piñeiro pinaster

3.500.000

3.000.000

2.500.000

2.000.000

1.500.000

1.000.000

500.000

0Galicia Aquitania Portugal

PúblicoVeciñal / ComunalPrivado

68,2%

29,8%

2,0%

91,3%

6,0%

2,7%

92,3%

0,7%7,0%

Ha.

Fontes: IFN III (Galicia), CRPF-cadastre 1997 (Aquitania), Direcção Geral das Florestas (Portugal)

Réxime de propiedade forestal

Page 15: aplicacións industriais da madeira de piñeiro pinaster · provincia sitúanse entre as 94.041 ha de Pontevedra, e as 151.336 ha situadas en Ourense. Importancia económica da transfor-mación

rexión norte é a de maior medra da poboación cun incrementoanual do 2,6%.

A comunidade autónoma de Galicia sitúase no noroeste dapenínsula ibérica, e encóntrase dividida administrativamente encatro provincias, A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Asprovincias costeiras atlánticas, A Coruña e Pontevedra, consti-túen as áreas cun maior nivel de industrialización e densidadede poboación, con 141 e 206 hab/km2 respectivamente. Unhadas súas características máis sobresalientes é a multiplicida-de de unidades de poboación de pequeno tamaño. Coas súasaproximadamente 30.000 entidades, Galicia acapara case ametade de todas as que existen no conxunto de España.

A rexión de Aquitania está dividida en cinco departamentos,Dordogne, Gironde, Landas, Lot-et-Garonne e Pyrénées-Atlantiques, sendo a súa capital administrativa Bordeaux. Odepartamento de Gironde é o de maior superficie (44%) e den-sidade de poboación (129 hab/km2). A maior parte da poboa-ción de Aquitania vive en cidades (70%). Desde o ano 1990 oseu ritmo de medra media de poboación é de 0,4% por ano,sendo superior á media de Francia e da Unión Europea..

Poboación

Superficie (km2)

Superficie forestal (ha)

Superficie forestal (%)

Superficie agrícola (ha)

Pinus pinaster (ha)

Quercus suber (ha)

Quercus robur (ha)

Quercus rotundifolia (ha)

Eucalyptus globulus (ha)

P. pinaster e E. globulus (ha)

Densidade de poboación (hab./km2)

TotalGalicia AquitaniaPortugal

IN

TR

OD

UC

CI

ÓN

Fontes: IFN III (Galicia), CRPF-cadastre 1997 (Aquitania), Direcção Geral das Florestas (Portugal)