arco da vella nº 12 ardán 2009
DESCRIPTION
ÂTRANSCRIPT
O arco da vellaN 12 XUÑO 2009O
CEIP DE ARDAN-MARIN
EDITORIAL
A piques de rematar o curso, aquí estou de novo con todos vós:Entre a chuvia e o solun arco a toda cor.Sabes ti quen son?
Son eu o ............... , e neste ano que se conmemora o “Ano Internacional da Astronomía” e “Ano Darwin” . Se me ollades con atención nesta edición a número 12 da revista escolar, pretendo amosarvos as numerosas actividades, vivencias e conmemoracións que levaron a cabo os rapaces e rapazas do noso centro, e facer partícipes delas ás familias, como parte importante da Comunidade Escolar.
Quixera dende aquí agradecer a todos os que colaboraron nas distintas actividades e fixeron posible unha vez máis que saíra a luz, ao Profesorado, aos pais e nais, aos nenos e nenas, á ANPA Illa do Santo, á Comunidade de Montes, á Concellería de Cultura do Concello, en definitiva a toda a Comunidade Educativa.
Desexarvos un bó verán e que disfrutedes coa miña lectura.
UN SAÚDO E ATA O VINDEIRO CURSO
O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
SUMARIO1. Editorial e Sumario. 26. Conmemoracións.2. Ramón Piñeiro López. 27. Outras actividades.3. O Mundo Infantil (E. Infantil). 28. Poesías (3º Curso).4. O Mundo Infantil (E. Infantil). 29. O Día da Árbore (3º Curso).5. Debuxos “O Universo” (E. Infantil). 30. Tartas da Paz (3º Curso).6. Debuxos “O Universo” (E. Infantil). 31. “O contacontos na Granxa de Briz” (3º Curso).7. Debuxos “O Universo” (E. Infantil). 32. “Marco Polo” (3º Curso).8. Os dinosauros (E. Infantil). 33. Debuxos (2º Curso).9. Debuxos “Os Dinosauros”(E. Infantil). 34. Debuxos (2º Curso).10. Debuxos “Os Dinosauros”(E. Infantil). 35. Debuxos (2º Curso).11. A Prehistoria (E. Infantil). 36. “Carta Reis Magos” e “Lenda” (4º Curso).12. Debuxos “A Prehistoria” (E. Infantil). 37. “O Día da Muller Traballadora” (4º Curso).13. Debuxos “A Prehistoria” (E. Infantil). 38. “Galicia Dixital” (4º Curso).14. Debuxos “Animais” (E. Infantil). 39. “Participamos no Correlingua” (4º Curso). 15. Fichas de animais (1º Curso). 40. Conto “O Gato Policía” (4º Curso).16. Fichas de animais e Outono (1º Curso). 41. “Visita ao Museo de Ciencias” (4º Curso).17. Semana da Prensa (1º Curso). 42. A Mochila Viaxeira (5º Curso).18. Semana das Letras Galegas (1º Curso). 43. Actividades na biblioteca (5º Curso).19. O nacemento do Dragón (1º Curso). 44. “Darwin o Viaxeiro” (5º Curso).20. O nacemento do Dragón (1º Curso). 45. Recordos do Colexio (6º Curso).21. Preparación dunha cabaza (3º Curso). 46. Recordos do Colexio (6º Curso).22. Lembranzas do curso. 47. Carta de despedida e poesías (6º Curso)23. Traballos no ordenador. 48. Actividades Biblioteca e ENDL.24. Postais dixitais de Nadal. 49. Borliactividades.25. Conmemoracións. 50. Disfrazamos a Borli.
Ramón Piñeiro López (Letras Galegas 2009)Ramón Piñeiro López naceu en Armea, Láncara (Lugo) en 1915.
Estuda o Bacharelato Superior en Lugo. Tralo alzamento militar de xullo de 1936, veuse obrigado a loitar na guerra civil no bando nacional.
Rematada a Guerra Civil estuda Filosofía e Letras na Universidade de Santiago. Dende 1943, participa na reorganización clandestina do Partido Galeguista, foi detido en abril de 1946 e permaneceu tres anos na cadea.
Foi o líder do grupo que en 1950 fundou a editorial Galaxia, da que foi o primeiro director literario, onde comezou a publicar libros escritos en galego e sobre asuntos relacionados con Galicia. Tamén fundou a revista Grial en 1951.
En 1967 ingresa na Real Academia Galega, co discurso “A lingoaxe i as linguas”. Coa chegada da democracia é elixido deputado do Parlamento Autonómico, como político foi un dos pais da primeira Lei de Normalización Lingüística de Galicia e participou na creación do Consello da Cultura Galega, do que foi presidente ata a súa morte.
Recibe a Medalla Castelao en 1985. Morre en Santiago de Compostela no ano 1990, a consecuencia dunha insuficiencia hepática.
Escritor de ensaios, filósofo e tradutor. A súa obra non é abundante, centrándose case na súa totalidade na filosofía da “Saudade”: Filosofía da Saudade.
Os seus ensaios están recollidos en Olladas no Futuro, Galicia, A Linguaxe e as linguas e Lembrando a Castelao.
Tamén escribiu as súas memorias Da miña acordanza.
Este ano a Real Academia Galega acordou adicar o Día das Letras Galegas de 2009 a Ramón Piñeiro López pola súa dedicación total e desinteresada, ao longo da súa vida, na defensa de Galicia e a súa cultura e por impulsar a normalización do galego nos anos difíciles da posguerra.
Este ano, os nenos de
primeiro demos algún
pequeno paso para
iniciarnos na educación
documental. O que
fixemos foi buscar
información sobre algún
tema de interese e
recollela nalgún tipo de
soporte e formato. O
noso mestre seleccionou
na Biblioteca do Centro
algúns libros de animais
e sobre o Universo e o
Sistema Solar. Como
aínda somos pequenos,
guiounos na lectura para
atopar a información
máis interesante e
aprendimos a copiala
nunhas fichas, que nos
poden servir para
estudar máis adiante.
Velaquí unha mostra do
resultado do noso
traballo:
Agora chega o turno para que vexades algunhas das nosas plasmacións plásticas de temas relacionados coas unidades que formaban parte dos libros de clase:
MURAL DO OUTONO
Aquí estamos algúns de nós en pleno proceso
de recompilación de información e elaboración
das fichas que vos amosamos.
Este curso foron moitas as
datas sinaladas e as
conmemoracións que se
convertiron en obxecto da
nosa atención. En primeiro
quixemos participar delas,
facendo debuxos, copiando
poesías, creando agasallos
para papá e mamá...
SEMANA DA PRENSA
SEMANADAS
LETRAS GALEGAS
Imos ir rematando
esta reportaxe resumo
do noso primeiro ano
en primaria. Pero non
queremos poñer o
punto final antes de
que vexades un dos
nosos traballos máis
especiais. Trátase dun
libro que nos leu o
profe, que leva como
título “O nacemento do
dragón”. Conta a
fermosa historia de
como apareceu o
dragón na China e se
converteu nun animal
fantástico que
simboliza a paz entre
tódolos seres humanos.
Recomendámosvos que
a leades. Ademáis,
esta lenda foi o motivo
da nosa escenificación
no festival de fin de
curso.
LEMBRANZAS DO CURSO
Este ano o equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do centro coa axuda dos titores e en colaboración coa biblioteca, levamos a cabo unha serie de actividades. Especialmente queremos agradecer ás familias dos nenos/as a súa colaboración na recompilación das tradicións orais da zona durante o segundo trimestre, e ao mesmo tempo informarlles de que están dispoñibles na biblioteca do centro para a súa consulta.
Traballos feitos no ordenador
DÍA DO ESTATUTO DE GALICIA
Julián (6º) Samuel Couso (6º)
Traballos feitos no ordenadorEscribímoslles aos Reis Magos
Jessica (5º) Raquel Iglesias (5º)
Conmemoramos o día de Europa
Raquel (6º)
Traballos feitos no ordenador
POSTAIS DE NADAL
María (4º) Raquel Martínez (5º)
Carlos (6º) Samuel Gago (6º)
Paula (6º) Sara (4º)
Conmemoracións
Polo Samaín decoramos as cabazas. No Magosto realizamos xogos populares.
No Nadal cantamos panxoliñas. Fixemos dous muros no Día da Paz.
No Entroido disfrazámonos, tocamos e No día a árbore fixemos un viveiro e bailamos. plantamos árbores.
Conmemoracións
Na semá da prensa traballamos con xornais. Participamos no correlingua.
Na semana das letras Galegas:
O ilustrador Manuel Uhía ensinounos como debuxar.
Fomos a Santiago e visitamos museos. Contacontos para os máis cativos
OUTRAS ACTIVIDADES
A. C. Retrouso animounos a tocar. Divulgación dos instrumentos tradicionais.
Na Granxa Briz contáronos contos, cantamos e pasámolo moi ben xogando.
Visitounos o mago Romarís. Recibimos o Bautismo de mar.
Lucía (2º)
Noa (2º)
Rodrigo (2º)
Tsión (2º)
Rodrigo (2º)
Noa (2º)
ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA
FORMACIÓN DE USUARIOS DA BIBLIOTECA
Os nenos de quinto, aprendimos a buscar na biblioteca os libros de consulta coa axuda da CDU. É moi doado xa que todos os libros teñen unha etiqueta no lombo. Non temos máis que mirar o cor de esta. Agora xa podemos buscar en todas as bibliotecas porque todos os libros de consulta están ordeados pola CDU.
Os nenos de 6º (curso 08-09)Raquel Agraso, Pedro Tabuyo, Julián Martínez,
Carlos Portela, Samuel Couso,Samuel Gago, Martín Pazos, Daniel Cruz
ACTIVIDADES CONXUNTAS DA BIBLIOTECA E ENDL
Este ano a Biblioteca e o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do centro levaron a cabo unha serie de actividades conxuntas nas dúas linguas (galego e castelán):
1. Elaboración da guía de usuario da biblioteca.
2. Actividades de participación do alumnado:▪ “Caixa de suxerencias” (propostas para a biblioteca).▪ “Eu recomendo” (comentario sobre algún libro). ▪ “Novas de xornais” (novas máis destacadas).▪ “Borliactividades” (pasatempos).
Os pasatempos das borliactividades alternábanse semanalmente nas dúas linguas.
RESOLVE ESTAS BORLIACTIVIDADES
SOPA DE LETRAS ADIVIÑAS
Dúas nais e dúas fillascubertas con tres mantiñas.
(..........................)
Ten ollos e non ve, ten pes e non andae, por dentro, é branca
(.........................)
Subo cheae baixo baleirasenon me dou presaa sopa enfría.
(..........................)
BORLIACTIVIDADES
NO ENTROIDO DISFRAZAMOS A BORLI
Miriam 4º Víctor 3º
Alba Juncal 3º Lara 4º
Editado coa colaboración da
XUNTA DE GALICIA
PRESIDENCIA O ARCO DA VELLA Secretaría Xeral de Política Lingüística