arquipélago cunqueiro

56
Arquipélago Cunqueiro _________________________________________________ Antoloxía de fotopoemas elaborada polo alumnado de 3ºESO do IES Félix Muriel

Upload: marlou

Post on 11-Jul-2015

500 views

Category:

Education


7 download

TRANSCRIPT

Page 1: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

_________________________________________________

Antoloxía de fotopoemas

elaborada polo alumnado de 3ºESO

do IES Félix Muriel

Page 2: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Illa: oco insumiso

infantil xogo:

xa non estás

entre a túa mesma luz.

Xa rodas lonxe dobregada en todo,

¡que perfeita e que descoñecida!

illa.

Álvaro Cunqueiro. Mar ao norde (1932)

Salvador Dalí. Soño causado polo voo dunha abella…(1944)

Page 3: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Felicidade: estado de ánimo. Sentimento somos quen de atopar cousas marabillosas

na vida. Felicidade!

LAURA CAAMAÑO (3A)

Page 4: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

No espello empañado dos meus

miolos, plasmo co meu dedo

miles de liñas: unha descarga eléctrica chea de mundos novos sacode o disfraz da miña vida.

CARMELA CASTRO (3A)

Page 5: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Natureza:

tan incomprendida! Desaparición: por tala incomprendida. Xa choras polo que che fan, ¡tan fermosa e tan exclusiva, Natureza!

SERXIO LAMAS (3A)

Page 6: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Os teus ollos:

preciosidade!

polos que ves

aos que miran,

fermosos,

enmeigados;

tan verdes,

natureza:

Os teus ollos!

ANDREA RODRÍGUEZ (3A)

Page 7: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Estrela:punto luminoso

Agradable visión

iluminas

entre todas as alegrías

Produces sensacións!

SARA ROO (3C)

Page 8: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Cando alguén fai moito

dano, o sufrimento convértese nunha lágrima

en aumento até dar nunha fervenza…

ANTÍA SAMPEDRO (3C)

Page 9: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Amizade: profundidade eterna unión Non me soltes xamais!

Non quero perderme da túa man… Nunha mesma alma,

Non me deixes soa! Amizade!

ALBA ARCA (3A)

Page 10: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Amor: sentimen- to profun- do, xogo de nenos. Xa non te atopo. Corro ao teu carón… Non estás! Non voltes máis! Non me volvas magoar, Amor!

CARMIÑA CAROU (3A)

Page 11: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Koala: cariñoso, gracioso, Peluxe! Agardo o tempo de saír á luz e tocar a túa pel.

Tanto tempo espero! Tan lindo, tan perfecto, Koala!

KATI RAMA (3A)

Page 12: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Azul:color do ceo

recordatorio do mar.

Co verán acabado,

azul do mar,

Onde marcharás,

Azul?

SANDRA CASTAÑO (3A)

Page 13: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Xustiza: concepto maltratado,

xogo de ricos: non existes!

Ilusión. Un día nacerás e serás inquebrantable!

Agora es inxusta, Xustiza!

MARÍA DOMÍNGUEZ (3A)

Page 14: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Negro: A cor que non é cor Ausencia de luz Escuridade …Medo

Non se observa, só se escoita:

O medo. A cor que non é cor: O negro!

EDUARDO DOMÍNGUEZ (3A)

Page 15: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Ría: Entrante para

verTE,

Terra.

Vivir feliz á túa beira,

pobo e humidade,

Bico precioso para Ti,

Terra.

Ría.

CRISTIAN VICENTE (3C)

Page 16: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Amencer: lugar lonxe, claro e escuro,

marcas o comezo do día. O teu reflexo nas

augas véxoo con cada ollada. Que luz desprendes,

Amencer!

CLAUDIA RODRÍGUEZ (3C)

Page 17: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Frigorífico: oco insumiso. Teño fame! Xa estás vacío. Só vexo a túa luz e un iogur caducado. Marcho desilusionado. Frigorífico.

CARLOS PIÑA (3E)

Page 18: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Mar: princesa ondas enormes que me prorcionan paz acougo

pouco a pouco

navegando e pensando nel, Mar! .

BRAIS CASTRO (3C)

Page 19: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Lúa: sinxela e bela

atrápasme na túa dozura

óllasme desde os brazos

de outro

Lonxe

Véxote pasar

Bela, sinxela

Lúa!

CRISTIAN VIDAL (3D)

Page 20: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

ADEUS:

espertos antes do amencer,

Non durmías

a angustia mantivérache esperto

toda a noite.

Adeus aos teus fillos,

Adeus á túa muller,

Adeus ao teu país,

Adeus!

SERXIO CAROU (3A)

Page 21: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Sol: amarelo

Calor Camiño

Miro o amarelo busco o calor sempre saberei onde vou.

XOSE RAMÓN (3D)

Page 22: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Ceo: lugar inmenso persoas en soneto

xa se foron, diante miña. xa os vexo lonxe,lonxe

da inmensidade. Tan fermoso e tan

grandioso,

Ceo!

LAURA SUÁREZ (3C)

Page 23: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Baixo a sensación da

tristeza

O home vil pobre de deus polo bosque quere unha cabana facer.

ADRIÁN RODRÍGUEZ (3C)

Page 24: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Nunha noite soleada

mirei o ceo e vin

unha illa no medio do deserto.

IVÁN ORDÓÑEZ (3D)

Page 25: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Resío. Na gota de resío alumea o sol A gota de resío seca nos meus ollos , nos meus ollos alumeas ti, e eu vivo, na gota de resío!

ANXELA GARRIDO (3D)

Page 26: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Anxo: solitario e alado Podes ir Pero quedas comigo, Anxo!

ELISA RODRÍGUEZ (3C)

Page 27: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Río: correntes cristalino líquido

transparente frío

Antigas lendas: xa se esvaeceron. claro espello da realidade,

Río!

MARTA CALVO (3A)

Page 28: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Bela: recolle mazás na horta

Asombro!

Desexei mazás e achegueime

a ela

Bela fuxiu

Volvín

Volvín

Volvín

A esperanza esvaeceu…

Bela!

MIGUEL GONZÁLEZ (3C)

Page 29: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Unha muller e un home levados pola vida

unha muller e un home cara a cara habitan na noite as súas mans soben libres á sombra

as súas cabezas descansan nunha bela infancia

plena de sol de luz xuntos unha muller e un home atados dos labios enchen a noite lenta coa súa memoria unha muller e un home noutro bando ocupan o seu lugar na terra

ÓSCAR TUBÍO (3C)

Page 30: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Zoan as balas,homes

derrubados

tinguen os campos de

sangue inocente

guerra,destrución

guerra,devastación.

Batallas que nada

resolven

perdas irrecuperables

guerra,desastre

guerra,desolación

LOIS FUNGUEIRIÑO 3ºD

Page 31: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Heavy Metal:

Faleiche das miñas pasións,

regaleiche os meus momentos,

canteiche as miñas cancións

e creeiche grandes remordementos.

Liberdade que me inspira,

doce adrenalina,

tan doce e tan salgada

coma a fermosa auga mariña.

OLIVER GARCÍA, 3ºD

Page 32: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

RÍO

Río, Forza infatigable

Río, Ladrón de soños

Ladrón de vidas

Río, tan ledo e tan

apesarado

Río, amor nas fábulas

Río, ledicia da natureza

XOSÉ ANXO LÓPEZ (3D)

Page 33: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Arquipélago: puntas no océano

Caligrafía inútil

Agora estou perdido

agochado na escura

escuridade

Xa me perdín no océano

neptuniano

Sol, lúa, area, praia, ceo!

Arquipélago!!

ADRIÁN RICO CASTRO 3ºE

Page 34: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Detrás de dúas insignificantes

sombras, dúas grandes presenzas, dúas grandes persoas. Detrás de dúas persoas,

diferentes vidas, diferentes historias.

MAR DE ARDORA

Page 35: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Dentro dos ollos o levas,

Dozura e graza, o segredo.

Nunha canle de luces

Soletreadas nos beizos.

Non pode, virxe, non verse

O sol que xa levas dentro.

ISAAC IGLESIAS (3C)

Page 36: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Nubes

grises

brancas

secas

húmidas

pero nubes.

Cheas van

contra os pobos

descargarán

os seus raios

a tormenta chegará. Coas nubes!

AARÓN GARCÍA (3D)

Page 37: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Incomprensión,

forma de expresion,

COMUNICACIÓN,

os sentidos, perdón!, O

SENTIDO

NON ADMITE!.

MARTÍN CASTRO (3C)

Page 38: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Rianxo,

ría de encanto.

En soños digo

Rianxo !

Cando polo mundo vaia

levarei o sal

pegado ás miñas pegadas

para poder regresar.

IOLANDA PIÑEIRO (3E)

Page 39: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Nada:

Nada,

nada acompaña a unha

noite

fría,

noite escura,

sen saída.

Soños perdidos de xente

acabada,

almas cheas de feridas.

MANUEL R. GÓMEZ (3D)

Page 40: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Ti máis eu Ti máis eu nunha illa deserta Durmindo pegadiños ao lado dunha fogueira Espertándonos xuntiños vendo o amencer Vivindo os dous no noso propio mundo Sendo namorados, amigos e amantes Ti máis eu nunha illa deserta,

é o meu desexo para o noso amor

FLORENCIA GARCÍA (3B)

Page 41: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Amor, eterna paixón

brillante estrela: xa non resplandeces como antes

pero eu sigo queréndoche como sempre.

Agora xa sei que podo quererche, porque ninguén te respecta

como eu o fago, Amor!

SERGIO RIAL (3E)

Page 42: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

RAÚL MUÑIZ (3E)

Page 43: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Anoitecer, tempo tan curto,

no verán e no inverno ao mesmo tempo,

que marcas un novo momento,

o teu sol dourado

vexo con cada pestanexo.

Canta alegría e tristeza desprendes,

Anoitecer!

ANXELA MOSQUERA (3B)

Page 44: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Amor,

sentimento Alegría,

Dolor,

Felicidade,

Amargura,

esperanza,

desesperación.

ALBA PÉREZ (3B)

Page 45: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Ceo, piso no aire,

abre as túas portas:

deixa ao sol pasar.

Estás distante

cada día un pouco máis

acariciarte quero,

ceo!

ALEX IGLESIAS (3B)

Page 46: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Soidade: falta de contacto con outras persoas. Desacougo: dificultade para estar en calma. Incomprensión: sentimento que ningúen entende. Amargura: sentimento de pena. ¡Pode que non quixeras pasar un día máis con nós, e talvez por iso o fixeches, pero nós somos egoístas, queremos pasar toda a vida contigo! Busca as forzas onde sexa

e volve! Aquí estamos! os teus amigos, os teus compañeiros, esperándote! (Din que a esperanza é o último que se perde.) Nós seguimos aquí!

CARLA TUBÍO (3E)

Page 47: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Morte: Fin da vida.

Xa case non está entre nós . Decidiuno el así.

Intentou acabar co único que tiña,

de non querer ver o que lle esperaba mañán ,

de non querer volver sentir nada, nunca máis!

Imaxinacións e falta de amor, quizás foi iso o que o levou a voar .

E voou , voou alto

pero estaba destinado a caer no máis profundo

e o dano desa caída pode que sexa irreparable .

Tamén irreparable pode ser o dano que nos quedará

aos que con el, compartimos momentos. Quizais poucos , pero bos.

Non nos acostumaremos a non ver máis

ese cabelo louro , eses olliños verdes

que marmuraban : nunca che farei dano , amiga!

Gostaríame que isto non estivese pasando,

pero se vas facer algo, faino xa!

volve ou vaite, pero non nos teñas en coma tamén aos que te queremos.

Din que xa non hai esperanzas de que volvas ….

Gostaríame verte aquí , con nós , coma sempre,

pero ti decidiches marchar e agora non es ti o que decidirás se volves.

Esteas onde esteas, ficarás gravado no meu corazón, amigo!

CARLA VIDAL (3E)

Page 48: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Remar é a miña paixón.

é moi grande o meu labor

para facerche este poema.

Espero a túa aceptación

xa que non quero ser actor.

Así que, por favor

ábre o teu corazón!

DIEGO SOBRINO (3E)

Page 49: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

sol : estrela

resplandecente,

centro do universo,

apenas visible,

nun ceo dominado pola lúa,

xa semellas triste, apagado,

mais non deixarás

de iluminar

o meu camiño…

JENIFER GONZÁLEZ (3D)

Page 50: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Flor: xa non estás no teu mesmo

sitio

Xa non estás nese xardín

Xa non tés a túa mesma cor.

Xa roldas nas mans doutro lar.

Que bonita e que marchita a un

tempo!

Flor.

JENIFER RODRÍGUEZ (3A)

Page 51: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Cama obxecto divino xeradora de soños …pensamentos. Cama reino de paz …tranquilidade. Non quero abandonar o teu corpo, Cama!

GONZALO CREO (3D)

Page 52: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Guerra: destrución insumisa. Ignorancia: desarraigada soidade (cambiachelo sentimento todo). Xa estás lonxe do sentimento

¡que morriña a ignorancia desta descoñecida,

Guerra!

NURIA MÉNDEZ (3C)

Page 53: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Noite de San Xoán,

noite de espantar as meigas,

noite de saltar fogueiras.

Tres veces as fogueiras has de saltar,

se as meigas queres espantar.

Noite de familia

noite de queimada

e de facer algunha trasnada.

Pola mañá levantaraste,

e con herbas lavaraste.

RAÚL CASTRO (3A)

Page 54: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

O tempo, pasa inevitablemente,

sen forma de detelo, sen descanso.

Debe ser aproveitado ao máximo

porque un dáse de conta,

despois de que pasara moito tempo,

de que as pequenas cousas

son momentos

que non se esquecen en moito tempo.

SERGIO OTERO (3E)

Page 55: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

A min gústame o aire fresco,

gústame o aire do sur

e gústame o aire do norte,

pero o que de verdade me gusta

é o aire do monte.

LORENZO RODRÍGUEZ (3E)

Page 56: Arquipélago cunqueiro

Arquipélago Cunqueiro

Cen primaveras máis lendo a Cunqueiro (ENDL) Fotopoemas 3ºESO

Azul:color do ceo

recordatorio do mar

co veran acabado

o azul do mar xa marchara.