arte, literatura...

22
OS MUDOS RÍOS DO TEMPO 321 Anuario Brigantino 2015, nº 38 ARTE, LITERATURA ANTROPOLOXÍA...

Upload: lamkhanh

Post on 24-Nov-2018

217 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

OS MUDOS RÍOS DO TEMPO

321Anuario Brigantino 2015, nº 38

ARTE, LITERATURAANTROPOLOXÍA...

JOSÉ ABEAL LÓPEZ

322Anuario Brigantino 2015, nº 38

Obra de María Maquieira.

OS MUDOS RÍOS DO TEMPO

323Anuario Brigantino 2015, nº 38

Os mudos ríos do tempoOs mudos ríos do tempo

Os mudos ríos do tempo

1Vou na busca dos cumes e das aguias,do azul, da claridade e da beleza.Cómpre fuxir das tebras e da noite,ascender cara á cima eterna, inmóbil,diluírse en perenne acougo, ingrávido,desamarrado, libre polas brisasalén do tempo, verme que nos roee nos consome co seu insomne lumepola impalpable canle do fugaz.

José Abeal López (Ambroa, Irixoa, A Coruña, 1954) realizou estudios de bacharelato na cidade deBetanzos e licenciose en Filoloxía Clásica na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu comoprofesor de Latín no Ensino Medio. Pasou a maior parte da súa vida profesional no IES Salvador deMadariaga de A Coruña. Na actualidade está xubilado. Poemas da súa autoría viron a luz nas revistasPoesía Galicia e Grial. O seu primeiro libro Herba do tempo, foi publicado por Espiral Maior, nacolección A Illa Verde no ano 2000; o segundo Ave de luz, publicado tamén por Espiral Maior Poesíano ano 2008; o terceiro A fría escuridade do perdido, foi publicado por Follas Novas Edicións aprincipios de 2015 na súa colección Os libros do loureiro. Participou ademais nos libros colectivosAlma de Beiramar e Homenaxe a Ánxel Casal, editados os dous pola Asociación de Escritores enLingua Galega. Tamén participou no libro colectivo A Coruña á luz das letras, editado pola EditorialTrifolium e no libro electrónico 150 Cantares para Rosalía. Así mesmo publicou un ramallo de poemasno número 33 do Anuario Brigantino no 2010.

JOSÉ ABEAL LÓPEZ*

JOSÉ ABEAL LÓPEZ

324Anuario Brigantino 2015, nº 38

2Quero luz, resplandor, cristal, aurora,clamor de mediodía, plenitude.Quero os sentidos plenos de fulgore claridade, transparencia e brillo.Que frías son as tebras e os negrumese que brasas acenden nas entrañas!Os ecos do silencio locen tantoaló nas noites tolas de arrepíos,que sinto a lapra andar polos pallaresdo corpo a queimar todas as sementesdaqueles vellos froitos de alegría,que a vida me foi dando pouco a pouco.

OS MUDOS RÍOS DO TEMPO

325Anuario Brigantino 2015, nº 38

3Acendo as melancólicas palabrasnesta tarde implacable de lembranzas.Comezan a voar polos compasesmelodías moi vellas nestas horasde asombros e memoria, de estuporese de ebrio sangue polas veas cheascos escuros residuos daquel tempoa durmir no meu peito tan viscoso.Voa un son de fragancias polo ventosen nome coma os náufragos e as ondas.As voraces palabras arden, cantanno frescor silencioso dos xardíns,que ten o corazón tan escondidosaló no dondo centro do seu molo.

JOSÉ ABEAL LÓPEZ

326Anuario Brigantino 2015, nº 38

4 Lugar en que nacín, canto tremorme produces no sangue co teu rostrotan aceso ó pensar agora en tie ver no pensamento aqueles homes,que te habitaron no correr dos díasantes que eu nin sequera entón nacera,eles xa te levaban polos ósosnamorados e envisos no cristalda inocencia tan pleno de beleza.Nestes instantes estou estremecidocos milagres da vida e da memoriapolas simas do tempo que nos traee que nos leva no intanxible tactodas súas maus, envoltos no silenciomisterioso de canto nos rodea,peregrinos eternos dun camiñosen retorno na busca infatigabledos espacios da luz inextinguible,poderosa e inmortal.

OS MUDOS RÍOS DO TEMPO

327Anuario Brigantino 2015, nº 38

6Cando os ollos se pousan por aqueloxa vivido, daquela algo nostálxiconace neles e treme unha emociónantiga e nova á vez coma un mencer.Que misterio constante haberá nelpara que me conmova tanto os pulsose se paren as pálpebras en pasmona súa luz tan fresca e tan amiga?Non o sei, pero sinto atereceros ósos co recendo azul das seivas,que soben polo corpo coma sanguede vida perdurable e permanente.

5Aló nas cernas da memoria dormenas vellas cítaras daquela vidaagora ocultas nun lugar secretoe invisible a non ser para os meus ollos,que aínda ven as cousas que se forontan vivas e vizosas coma entón.

JOSÉ ABEAL LÓPEZ

328Anuario Brigantino 2015, nº 38

7Lugares que habitei, raíces firmesnas arxilas do sangue e da memoria.O fero río pasa raudo, ocultopolas cousas que murcha e desvanece,tamén por min, pero mentres eu exista,non, non me arrincará aqueles recordosgardados nos espellos máis intactosaló dentro nas celas das entrañascoma un sopro de vida silenciosa.

OS MUDOS RÍOS DO TEMPO

329Anuario Brigantino 2015, nº 38

8Lembro aquelas persoas que trateie que remataron xa a súa andaina.Fixeron o seu tránsito inocentes,envoltas no candor do inesperado,vagaxeiras moi firmes na incertezapolas escuras noites e camiños.Anhelaban o mar descoñecido,tan indemne no alén dos horizontes.Nos adentros unha escondida chamailuminaba sempre a súa sendacara ó ritmo da eterna melodía.

JOSÉ ABEAL LÓPEZ

330Anuario Brigantino 2015, nº 38

9Aló polas raíces das entrañasandan esas lenturas da existencia,onde nacen as fontes do que somos.Nelas habita o ser da nosa vida,nelas está a morada da memoria,a casa do que fun e do que son.A arboreda dos días rumorea,ten a forza dos ventos primixenios,a calor dos alentos ancestrais,garda o cofre dos soños nos acesossilencios do seu ventre envoltos semprenas moles e caladas sombras virxes,onde dormen os cantos das calandrase as músicas de tantos corazónsocultos nas fecundas brisas mudasdo tempo.

OS MUDOS RÍOS DO TEMPO

331Anuario Brigantino 2015, nº 38

10Terras da infancia e xuventude, recias,mais sempre ilesas, recendentes, vivasaló no seo das lembranzas, novascoma a neve ou as estrelas, coma o mar.Todo alí é coñecido: as corredoiras,os carreiros, as fontes, os camiños,os recendos, as brisas, os paxaros,as camposas, os prados, os regueiros.Hai unha sabedoría recíproca e tan fermosa , un son lixeiro, fráxil,un delgado asubío polos tactos,un ollar delicado e dócil, sabio.

JOSÉ ABEAL LÓPEZ

332Anuario Brigantino 2015, nº 38

12Contemplar as criaturas enfebrecede gozo o corazón cos seus fulgorespola núa fraxilidade inmensadaquel espacio intenso de beleza.Vivir entre as presencias do misterioa amosarse furtivo coma un soñode sublime excelencia e perfecciónacende as febras dos anhelos íntimos.

11Cando entro nas raiceiras do meu seratopo forzas frescas nas arxilas,primixenia enerxía nas correntes,aceso vento cara ós altos cumes,inmensa luz nas cernas do vivir,rico ritmo de vida en plenitude.Toda a música ferve nas arterias,nos círculos do centro, na espiral.

OS MUDOS RÍOS DO TEMPO

333Anuario Brigantino 2015, nº 38

13O corazón agarda a fresca choivaaló nas súas ermas matogueiras,é un degoiro de orballos e xeadas,de transparencia e luz, de rica vida,de milagres e fontes, de lagoas,de novas melodías e violíns.O corazón agarda as claras augas,os terreos do mol candor, o acougoluminoso e imprevisto dos menceres,o pálpito dos ríos e dos mares,a branda suavidade dos solpores,o lene e tenro resplandor da noite.O corazón agarda a frauta azul,a eterna ingravidez da neve, a estrelaperdida na herba, a fértil orballeira.

JOSÉ ABEAL LÓPEZ

334Anuario Brigantino 2015, nº 38

14Ás veces aparece a aceda noitealó no peito coma moura fera.Amarga néboa nos ollos, bríosqueimados nas esquinas da cegueira,chumbo e frías escumas, negro aceite.Ás veces aparece a aceda noitepolas furnas do sangue coma brasa.Canta farmela polo corpo todo!Aceiros nos fulgores do calado,silentes aves nas escuras cernasperdidas polo mar das miñas veasorfas de sol e resplandores, murchas.

OS MUDOS RÍOS DO TEMPO

335Anuario Brigantino 2015, nº 38

15Os paxaros ardían polos ollos,húmedas luces a nacer nas cúpulas,o ceo vougo, estéril remoendoarañas ventureiras e gavelasde morte, bágoas de sombra e liques.Canta cinza tristísima sen gloria,agonizante e diminuta, pálidapolas remotas febras das arxilas!Aló en min tristes, lívidos aceirosa rodear a muda e delicadainocencia de tanta vida pura.

JOSÉ ABEAL LÓPEZ

336Anuario Brigantino 2015, nº 38

16Como zoan as horas no mutismomáis pechado aló dentro das criaturas,abellóns invisibles que consomencanto existe co seu ferrón de lumecalado e misterioso sen detersenunca en eterno tránsito de vidae morte, día e noite, ceo e terra!Pasan as albas e tamén as tebras,pasan as dores e tamén os gozos,voltan os mesmos ritmos e correntes,todo pasa e retorna á vez de novono continuo camiño do existir.

OS MUDOS RÍOS DO TEMPO

337Anuario Brigantino 2015, nº 38

17Cantos invernos, cantas primaveras,cantos outonos e veráns ficaronpolas febras febrís da miña carnea consumirme a vida que latexapolos ríos secretos do meu corposen sequera sentir nin ver a serpeque se arrastra invisible polas fragasda existencia impalpable e poderosacoma vento que pasa sen parar,divino fluxo polas núas cousas.

JOSÉ ABEAL LÓPEZ

338Anuario Brigantino 2015, nº 38

18Unha brétema cega de insaciablesixilo cobre todas as criaturase polos seus adentros corren augasacedas que non vemos a roeros alentos da vida, que proseguenunha cadea sempre nova e firmemáis alá das derrubas incesantes,que as voraces eirugas fan en todo.

OS MUDOS RÍOS DO TEMPO

339Anuario Brigantino 2015, nº 38

19Cada cousa repousa no seu sitio.O mundo acouga envolto nun rumorsilencioso en presencia plena, nidiacoma o día, perfecta, exuberante.O sol descobre todo sen ruínas,ubérrimas paisaxes exultantes,xubilosos perfís, solpores roibospolos mansos recantos da noitiña.A casa branca estremeceuse toda.

JOSÉ ABEAL LÓPEZ

340Anuario Brigantino 2015, nº 38

20Ás veces arde o corazón en luzcoma lugar furtivo e inesperadode claridade tan descoñecida,que deixa un resto latexante e azul,vivo pola húmeda memoria semprecoma seme de vida polo tempo.Canto cego legado incorruptible!Que linguaxe secreta polas noites!Cantos compases de alegría dócil!Que sonoro solpor tan indefenso,refuxio de fragmentos e residuos,interminable pacto de inocencia!

OS MUDOS RÍOS DO TEMPO

341Anuario Brigantino 2015, nº 38

21Vés da neve e das fontes, das montañase dos prados, das herbas e dos ríos,bolboreta febril cara ó silencio,onde te agarda o corazón tan molcos seus niños de orballo abertos semprecoma casas de doces agarimos.Vés do azul xubilosa coma o ceoco seu resplandecente mediodíana procura da eterna luz da auroraa chamarnos nos brandos horizontesaló nas mudas cernas da distancia.

JOSÉ ABEAL LÓPEZ

342Anuario Brigantino 2015, nº 38

22Vas debullando aquel solpor nos ollos,miña rula, coa luz estremecidaaló no corazón de tanta brasaamoreada polas roibas veasco lume enfebrecido da paixón.Foron horas de brando azul nos tactos,de aves polos espellos e de orballos,de latexos nas pálpebras e neve ,de estrelas transparentes a nacerpolas augas tremendo de beleza.Os pulsos acendíanse de soños,a vida era un fervor de moles gozos,os días tal navíos de ilusiónpolos mares cara a un sol cristalinode perenne tenrura e brío intacto.