as cartas de ruth
TRANSCRIPT
Ruth mirou na súa caixa de correo,
pero só había unha carta.
Colleuna e mirouna antes de abrila, pero logo observouna con
máis coidado.
Non tiña selo nin marcas do correo, soamente o seu nome e
dirección. Leu a carta:
Querida Ruth:
Estarei na túa veciñanza o sábado pola tarde e pasarei a visitarte.
Con agarimo,
Xesús
As súas mans tremían cando puxo a carta sobre a mesa.
"Por que quererá vir visitarme o Señor?
Non son ninguén en especial, non teño nada que ofrecerlle...
Pensando niso, Ruth recordou o baleiro reinante nos estantes da
súa cocina.
Ai non! Non teño nada para ofrecerlle!
Terei que ir mercar algo.
Ben, mercarei algo de pan e algunha outra cousa, polo menos.
Botouse un abrigo encima e saíu con présa.
Un molete de pan, media libra de pavo e un cartón de leite...
E Ruth quedou con soamente dous euros que le deberían durar
ata o luns.
Aínda así sintiuse ben de camiño á casa, cos seus humildes
ingredientes baixo o brazo.
- “Oia, señora, pode axudar, señora?”
Ruth estaba tan absorta pensando na cea que non veu as dúas
figuras que estaban de pé no corredor. Un home e unha
muller, os dous vestidos con pouco máis que farrapos.
- “Mire, señora, non teño emprego, vostede sabe…, e a
miña muller e mais eu estivemos vivindo alá fóra na rúa e, vaia,
como está facendo frío e pícanos a fame…, e mire, se vostede nos pode axudar, señora, estariamoslle moi agradecidos...”
Ruth mirounos con máis coidado.
Pensou que eles poderían obter algún emprego se realmente
quixesen....
-”Señor, quixer axudar, pero eu mesma son unha muller pobre.
Todo o que teño é unhas rebandas de pan, pero teño un
hóspede importante
para esta noite e planeaba servirlle iso a El."
- "Si, ben…, si señora, entendo.
Grazas de todos modos."
O home puxo o seu brazo arredor dos hombreiros da muller e
dirixíronse á saída. A medida que os vía saír, Ruth sentiu un
latexo familiar no seu corazón.
- "Señor, espere!"
A parella detívose e volveu a medida que Ruth corría cara a
eles ata alcanzalos.
- “Mire: por que non toma esta comida? Algo se me ocorrerá para
servir ao meu invitado...”, e estendeu a man coa bolsa de
víveres.
_ "Grazas, señora, moitas grazas!"
-"Si, grazas!", díxolle a muller e Ruth puido notar que estaba tremendo de frío. - "Sabe, teño outro abrigo na casa. Tome este", Ruth desabotoou o seu abrigo e púxollo sobre os hombreiros da muller. E sorrindo, volveu e regresou camiño da casa... sen o seu abrigo e sen nada que servir ao seu invitado. -"Grazas, señora, moitas grazas!"
Ruth estaba tremelicando cando chegou á entrada. Agora non
tiña nada para ofrecerlle ao Señor.
Buscou rapidamente a chave na carteira.
Mentres o facía, notou que había outra carta na caixa do correo.
"Que raro, o carteiro non vén dúas veces nun día."
Tomou o sobre e abriuno:
Querida Ruth:
Que bo foi volverte ver. Grazas pola deliciosa cea, e grazas tamén polo fermoso abrigo.
Con agarimo,
Xesús
O aire xa estaba frío, pero aínda sen o seu abrigo, Ruth non o
notou. Se amas a Xesús, envía esta mensaxe a dez persoas.
Deberá saír das túas mans en 96 horas.
Terás unha moi agradable sorpresa.
Isto é verdade, aínda que non sexas supersticioso.
Manda isto a todos os teus amigos se amas a Xesús...