as funcións dos ácidos nucleicos

12
As funcións dos ácidos nucleicos • Regular a actividade das células (a través das proteínas). O ADN é un código que almacena a información para a fabricación das proteínas celulares. É unha especie de enciclopedia celular, que contén información non só para o correcto funcionamento de toda a célula, senón dun organismo completo. As proteínas teñen funcións moi importantes no funcionamento correcto da célula. Transmitir a información xenética. Para eso é preciso replicar o ADN, é dicir, facer copias del. Estas copias pasarán da célula nai ás células fillas durante a división celular.

Upload: grady-fox

Post on 01-Jan-2016

43 views

Category:

Documents


8 download

DESCRIPTION

As funcións dos ácidos nucleicos. Regular a actividade das células (a través das proteínas). - PowerPoint PPT Presentation

TRANSCRIPT

As funcións dos ácidos nucleicos

• Regular a actividade das células (a través das proteínas). O ADN é un código que almacena a información para a fabricación das proteínas celulares. É unha especie de enciclopedia celular, que contén información non só para o correcto funcionamento de toda a célula, senón dun organismo completo. As proteínas teñen funcións moi importantes no funcionamento correcto da célula.

• Transmitir a información xenética. Para eso é preciso replicar o ADN, é dicir, facer copias del. Estas copias pasarán da célula nai ás células fillas durante a división celular.

A división celular é un proceso no que a partir dunha célula proxenitora se xeran dúas células fillas coa mesma información xenética.

A Transmisión do ADN: A división Celular

A división celular prodúcese de xeito diferente segundo a célula sexa PROCARIOTA ou EUCARIOTA.

Recordade: A célula procariota non ten núcleo, e polo tanto o seu material xenético (ADN) está disperso polo citoplasma.A célula eucariota ten un núcleo no que se encontra illado o material xenético (ADN).

As células procariotas teñen un mecanismo de división que se coñece como bipartición e consiste na formación dun tabique que divide o seu citoplasma en dous.

A división Celular nas células procariotas

•O cromosoma das células procariotas consta dunha soa molécula de ADN circular dispersa polo citoplasma.

Molécula de ADN

Membranaplasmática

Parede celular

• Antes da división celular prodúcese a replicación da molécula de ADN.

• A célula aumenta de tamaño e fórmase un tabique transversal na cara interna da membrana plasmática. Cada molécula de ADN distinta únese a un punto distinto.

Molécula de ADN

Molécula de ADN formada por replicación

• Os tabiques da membrana van arrastando e separando as moléculas de ADN.

• A membrana segue medrando hasta que se produce a separación completa, dando lugar a dúas células fillas.

Células fillas

A división Celular nas células eucariotas:

Conceptos previos

A condensación do ADN

Nas células eucariotas o ADN encóntrase compartimentado no núcleo en forma de numesorsas moléculas lineais, que xunto con determinadas proteínas, forman a cromatina. Cando a célula entra en división, a cromatina condénsase formando os cromosomas. Durante a división celular prodúcese a replicación do ADN. Polo tanto, a cromatina (formada polo ADN), duplícase. Cada cromosoma está composto por dúas fibras de cromátides irmás, que están unidas entre sí por un punto, chamado centrómero.

A Condensación celular

A Dotación CromosómicaO número de cromosomas de cada especie é característico desa especie en concreto. Polo xeral, estes cromosomas son homólogos, é dicir, iguais dous a dous. Isto significa que a célula é diploide, ou sexa, que ten dous xogos de cromosomas homólogos, ou 2n cromosomas. Se unha célula ten un único xogo de cromosomas, ou n cromosomas, dise que é haploide.

A división Celular nas células eucariotas

O ciclo celular: Ao longo da vida das células eucariotas sucédense dous procesos que se repiten cíclicamente: A etapa de crecemento ou interfase e a etapa de división. A esta sucesión de etapas repetidas chámaselle CICLO CELULAR.

UNIDAD

7UNIDAD

7UNIDAD

7UNIDAD

7UNIDAD

7O ciclo celular nas células eucariotas

MITOSEINTERFASE

Aumenta o tamaño celular.

1

O ADN duplícase(replicación) eorixínanse dúas copias dainformación xenéticada célula.

2

A cromatina condénsasee fórmanse os formancromosomas.

3

O ADN repártese entre as dúas células que se están formando (mitose).

4

Divídese o citoplasma(citocinese), e fórmansedúas células fillas con idénticadotación cromosómicaque a nai.

5

Utilidade do coñecemento da estrutura dos acidos nucleicos: Método de diagnóstico do

Ébola