as tics en barrionovo

44
AS TICS NA EEI BARRIONOVO II CONCURSO PROYECTA INNOVACION

Upload: mariapousa

Post on 20-Jul-2015

49 views

Category:

Education


3 download

TRANSCRIPT

AS TICS NA

EEI BARRIONOVO

I I CONCURSO

PROYECTA INNOVACION

SOMOS….

• A escola “EEI. Barrionovo” situada na parroquia de Pastoriza , no Concello de Arteixo, con 3 aulas de educación infantil, biblioteca e aula de psicomotricidade. O centro ten horario continuo de mañá.

• A nosa metodoloxía é o traballo por proxectos, xa que, consideramos que constitúe un xeito máis motivador, enriquecedor e acorde ao novo currículo da nosa etapa educativa.

• A biblioteca é o eixe xerador e vertebrador de todo o proxecto de centro polo que partimos dela para o desenvolvemento de toda a nosa proposta educativa. Nela realizamos EncontXos e Encontros, actividades fundamentais para encontarnos en torno á lectura ou un “experto”, que nos axudan no desenvolvemento do noso proxecto. Dentro dela temos un recuncho destacado para o proxecto anual, ao que podemos recurrir en calquera momento, ademáis de aproveitar os seus recursos para o quefacer diario.

• Outro aspecto fundamental son as familias e a súa aportación aos proxectos, a través dos Encontros, EncontXos, información por mail, investigación cos nen@s...

O NOSO PROXECTO TIC

• Dende hai varios cursos contamos cun proxecto Tic no centro o cal senta as bases de todo o traballo anual. Este proxecto TIC vai entrelazado co proxecto anual que se estea a desenvolver no centro e coordinado e dinamizado pola coordinadora.

• Para o seu desenvolvemento contamos cun taller semanal en cada aula.

• Pola súa parte nas titorías e especialidades continúase coa realización de actividades do proxecto así coma as actividades propias do mesmo que tamén contan co apoio das tics a mayoría do tempo.

• A aprendizaxe no noso centro xira en torno a proxectos de traballo sendo a biblioteca o noso centro de recursos. Con esta maneira de aprender é imprescindible o uso de ferramentas e habilidades para acceder, buscar, obter, procesar, xerar, almacenar, transmitir a información e transformala en coñecemento.

• Por iso cremos que a utilización das TIC é un elemento esencial para informarse, aprender e comunicarse, e que se deben incorporar ao proceso de ensino-aprendizaxe como un recurso máis.

OBXECTIVOS DO PROXECTOCON RESPECTO AO CENTRO

•Fomentar o uso dos medios informáticos como forma de romper con desigualdades sociais.

•Potenciar o emprego das TIC como ferramenta de traballo no proceso de ensino-aprendizaxe.

•Favorecer o perfeccionamento do profesorado e a súa utilización nas tarefas habituais do Centro: programacións, memorias, plans,...

•Facilitar o acceso a estas ferramenta por parte dos alumnos con necesidades educativas especiais e nas tarefas de apoio e reforzo de aprendizaxes.

• Conseguir que o alumnado acceda ao mundo de Internet con capacidade de procura de información e de tratamento crítico da mesma.

• Impulsar a comunicación con outros centros e localidades, para coñecer e transmitir valores sociais e de respecto doutros costumes e outras formas de vida.

•Potenciar actividades de participación de toda a Comunidade Educativa nas diferentes actividades do Centro: blogs do centro, actividades culturais, etc.

OBXECTIVOS DO PROXECTO

CON RESPECTO AO PROFESORADO •Mellorar o plantexamento pedagóxico a través das

TIC. •Empregar as TIC para o traballo cotián e as

actividades de aula: programacións, actividades, fichas e outros materiais curriculares e pedagóxicos.

• Saber consultar e sacar información a través das TIC, tanto para temas profesionais como para experiencias interesantes para a súa actividade docente.

• Intercambiar experiencias, coñecementos, actividades e participar en diversas redes de colaboración como Internet.

OBXECTIVOS DO PROXECTO

CON RESPECTO AO ALUMNADO •Potenciar a capacidade de razoamento do alumnado, a

súa motivación e o seu afán de coñecemento. •Espertar o interese por coñecer cousas diversas e lograr

que utilicen as pautas adecuadas para chegar á información precisa.

•Utilizar o ordenador como medio de creación, de integración, de cooperación e de expresión das propias ideas.

•Empregar as TIC´s para o desenvolvemento do proxecto como ferramentas de investigación e busca de información.

•Potenciar a comunicación cos seus semellantes. •Utilizar programas e contornas que faciliten a súa

aprendizaxe das diferentes áreas do Currículo, así como favorecer a adquisición de habilidades e destrezas.

OBXECTIVOS DO PROXECTO

CON RESPECTO Á COMUNIDADE EDUCATIVA •Lograr a integración das TIC como un medio

dinámico de comunicación, sendo un elemento común de información e contacto con todos os axentes do proceso facilitando a conexión entre eles.

•A través das asociacións de nais e de pais dos centros, poñer en marcha mecanismos para aproveitar a infraestrutura tecnolóxica e favorecer a adquisición por parte de nais e pais dos coñecementos necesarios para un uso proveitoso das TIC.

• No seguinte enlace podes acceder ao blogue de tics no cal recollemos as actividades do taller tics nas aulas

http://ticsbn.blogspot.com.es/

• E nestes enlaces ó resto de blogues das aulas, que son ventás onde se achega o que sucede nas aulas ó resto da comunidade educativa, e apóianse nas ferramentas tics na maioría dos momentos. AULA 3 ANOS:http://obarriodecloti.blogspot.com.esAULA 4 ANOS:http://barriolaranxa.blogspot.com.esAULA 5 ANOS:http://noaltodobarrio.blogspot.com.esBLOGUE DE ARTE E ESPAZO MOTRIZhttp://novosnobarrio.blogspot.com.esBIBLIOBN:http://bibliobn.blogspot.com.es

AS NOSAS ACTIVIDADES XIRAN EN TORNO Ó PROXECTO ANUAL

, NESTE CURSO 2014/15 TRABALLAMOS OS NOMES DAS RUAS DE PASTORIZA, PERO A MEIRANDE PARTE DELAS SE

LEVAN A CABO CON CALQUERA DOS PROXECTOS, POLO QUE AS

SEGUIREMOS A TRABALLAR PARA VINDEIROS CURSOS

AMBIENTACION PREVIA DO CENTRO

MOTIVACIÓN

ANIMACIÓN CO CHATTER PIX NO IPAD QUE NOS LEVA A BIBLIOBN

INVESTIGANDO: NAS TABLETS E PDI

XOGO DAS RÚAS NA PDI

TRABALLO DO PLANO CO BEEBOT

A VOLTAS CO RUEIRO: A CASA DE…

A VOLTAS CO RUEIRO: SAÍDAS POR PASTORIZA

SAÍMOS COA TABLET UTILIZANDO O MAPS

PRENSA NA RÚA: DIXITAL

SKYPE: DESCUBRINDO A NOSA PARROQUIA

A VOLTAS CO RUEIRO: SAÍDAS POR PASTORIZA

AGRUPANDO RÚAS POR CATEGORÍAS

A VOLTAS CO RUEIRO: RÚAS DE CIENTÍFICOSINVESTIGAMOS NA AULA

A VOLTAS CO RUEIRO: RÚAS DE CIENTÍFICOSINVESTIGAMOS COA FAMILIA

A VOLTAS CO RUEIRO: RÚAS DE CIENTÍFICOSBIOGRAFÍAS

A VOLTAS CO RUEIRO: RÚAS DE CIENTÍFICOSPETICIÓN RÚA CIENTÍFICA

A VOLTAS CO RUEIRO: NOMEARTE

PRESENTACIÓNS INTERACTIVAS NA BIBLIOBN

A VOLTAS CO RUEIRO: NOMEARTE

TRABALLO POSTERIOR NO TALLER DE ARTE E PUBLICACIÓN NOS BLOGUES

NOMEARTE: LIÑA DO TEMPO E TIME LAPSE

A VOLTAS CO RUEIRO: RUEIRO LITERARIO CO IPAD

A VOLTAS CO RUEIRO: LUGARES DE INTERESE DE PASTORIZA

MAPA INTERACTIVO

“GEO.AUMENTATY”: ROTEIRO 101 NOMES

ESCORNABOTS

A VOLTAS CO RUEIRO: TOPÓNIMOS

PESCUDAS E TRABALLO NAS

AULASFONOTECA CO

“SOUNDCLOUD”

OUTRAS ACTIVIDADES TIC DO PROXECTO

A VOLTAS CO RUEIRO: DESCAMPADOS

BARRIONOTICIARIO

INCREDIMAIL: CORREOS

ENTRE AULAS

ÁS FAMILIAS

CONCURSO FOTOGRÁFICO: 101 LUGARES

PHOTOCALL E CROMA COAS FAMILIAS

XOGOS: LIM

APP METEOGALICIA