asociaciÓn san xerome emiliani memoria · paseo pola ecovia ponte de lima - ponte da barca ii...

25
ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI MEMORIA MEMORIA MEMORIA MEMORIA

Upload: others

Post on 26-Jul-2020

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI MEMORIA · Paseo pola ecovia Ponte de Lima - Ponte da Barca II Rockteiro en bici - Ponte de Lima 28.01.12 O pasado sábado un grupiño de afeccionados

ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANIASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANIASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANIASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI

MEMORIAMEMORIAMEMORIAMEMORIA

Page 2: ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI MEMORIA · Paseo pola ecovia Ponte de Lima - Ponte da Barca II Rockteiro en bici - Ponte de Lima 28.01.12 O pasado sábado un grupiño de afeccionados

XaneiroXaneiroXaneiroXaneiro

1-5: Mercado Solidario no Centro Comercial Travesía de Vigo. 9: Reparto de xoguetes - “Mercadiño” de Reis (Don Dino). 11: Un grupo do Servizo de adultos desplazanse ata ó aeroporto de Porto, para despedir ós compañeiros que viaxan a Francia. 11-18: Viaxe a Dunkerque (Francia), Unidades educativas – Servizo de adultos (Proxecto Comenius Regio). 12: O Servizo de adultos visita o Museo do Mar, en Vigo. 14: Asamblea de familias para analizar a crítica situación do Centro, polos impagos da Xunta. Proposta de manifestación. 16: Un grupo de adultos nas rebaixas nun centro comercial de Vigo. 18-21: Estancia “extra” en Francia dos participantes no Comenius, pola folga dos controladores aéreos. 19: Ocio do Servizo de adultos, un grupo desplazase ó Museo Verbum de Vigo. 22: Participación na Meia Maratona e Caminhada “Manuela Machado” en Viana do Castelo. 23: Visita ó Museo da Industria conserveira de Vigo (Anfaco). Servizo de adultos. 24: Visita ó Centro de Pachi Vázquez, líder do PSdG-PSOE. 25: Paseo por Baiona (Parador, …). Servizo de adultos. 25: Actividade de teatro no IES A Sangriña. Proxecto Comenius. 26: Visitamos a Casa Taller do canteiro guardés Daniel Alonso. Servizo de adultos. 28: Paseo pola Ecovía Ponte de Lima – Ponte da Barca. 30: Celebración do Día da Paz na Escola da Mata (O Rosal)

Intercambio Europeo en Francia do San Xerome A actividade forma parte do Programa europeo Comenius Regio xunto con dúas institucións da rexión norte

de Francia (Dunkerque).

Nesta ocasión permanecerán en Francia do 11 ó 18 de xaneiro, 5 alumnos e dúas profes do San Xerome

xunto con alunos e profes do IES A Sangriña. Nestes días desenvolverán un amplo programa con dúas

institucións francesas (College Boris Vian e Instituto de Dunkerque).

O programa inclúe obradoiros, actividades institucionáis e visitas guiadas: París (Museo do Louvre, Torre

Eiffel…), Nachtegal (Bélxica), Dunquerque…

Esta actividade é un claro exemplo de integración, enmarcada dentro dos obxectivos previstos hai anos por

un grupo de profesores do IES A Sangriña que compaxinan a súa labor pedagóxica no IES co voluntariado

no San Xerome.

Borja Cadilla e Luis Sández, na 14 “Meia Marathona Manuela Machado”

Nun día espléndido e cun ambiente deportivo extraordinario, disputóuse onte a edición número 14 da Meia

Maratona Manuela Machado, perfectamente organizada pola entidade deportiva Ciclones Sanitop co apoio

da Cámara Municipal de Viana.

Borja Cadilla mellorou a sua mellor marca persoal nesta especialidade (1h. 35 m.) adaptándose ó plan

previsto inicialmente polos adestradores. Luis Sández, tivo pequenos problemas físicos que lle impediron

rendir ó seu nivel.

O resto da expedición do Club Deportivo San Xerome, un total de 15 deportistas e voluntarios, participaron

simultáneamente na Caminhada “Todos a andar” polas rúas da cidade de Viana.

Rematamos esta boa xornada deportiva e de ocio, cunha comida conxunta no “Estaçao Viana”.

Page 3: ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI MEMORIA · Paseo pola ecovia Ponte de Lima - Ponte da Barca II Rockteiro en bici - Ponte de Lima 28.01.12 O pasado sábado un grupiño de afeccionados

Paseo pola ecovia Ponte de Lima - Ponte da Barca II Rockteiro en bici - Ponte de Lima 28.01.12

O pasado sábado un grupiño de afeccionados á bicicleta da Xerome Crew desprazámonos ata Portugal

para percorrer o "Troço dos Açudes" da Ecovía que vai desde Ponte de Lima ata Ponte da Barca cun total

de 30 kms -ida e volta- pola beira do río Lima.

Un fermosísimo percorrido cheo de carballeiras, onde facilmente se poden observar patos e garzas. A

medio camiño tamén están os antiguos "muiños de auga da Gemieira".

Tivemos algún reventón, algunha molladura de pés, un teléfono móbil que practicou a "caída libre", e unha

subida inesperada do cauce do río que nos obrigou a desviarnos pola finca privada de Dona Eulalia (muito

obrigado!!). Pero pasámolo en grande, foi toda unha experiencia...

Despois duns refrescos, David Parada acabou con tódolos petiscos dunha pastelaría e voltamos pra casa.

Unha vez mais, bravo polos nosos deportistas.

FebreiroFebreiroFebreiroFebreiro

7: Partido “amistoso” no Pavillón das Solanas (IES – San Xerome). 7: Colaboración cos Supermercados Eroski (1 nova contratación). 8: Día de San Xerome (Celebración do 31 aniversario do Cole). 10-11: Cine Forum e noite de festa do Servizo de adultos na vivenda do Centro. 10-12: Curso de Xogo teatral, impartido por Fran Rei (Compañía de Clown Os 7 magníficos+1). Proxecto Comenius. 14: Participación no Grupo de traballo de Trastorno Dual (Fademga). 15: Taller de zume de laranxas. Servizo de adultos. 15-16: I Campionato de futbolín no Cole, coa colaboración da Asociación “Os Cabaqueiros” 17: Gala do deporte guardés. Premiado o equipo femenino de baloncesto do San Xerome. 17: Festival do Entroido no patio do Cole. Invitados especiais: Aceesca de Porriño e o CAMP de Chapela. Participación das Unidades educativas xunto coas escolas no desfile do Entroido polas rúas da Guarda. 23: Varios ingresos hospitalarios. 23: Reforestación xunto cos participantes do Comenius Regio. 25: Teatro no IES A Sangriña. Proxecto Comenius. 25: Presencia en Vigo (APAMP) na Xornada da Liga de Boccia. 27: Asistimos á exposición “Un mundo de títeres” no Centro Comercial A Laxe en Vigo. Servizo de adultos. 28: A “Caravana do amor” do Servizo de adultos, viaxa a Porriño (Aceesca). 29: Campionato galego de campo a través: 3 medallas para o San Xerome. 29: Visitamos o Centro APAMP de Vigo, e Amencer Aspace de Pontevedra. 29: Ciclo de Cine medio ambiental no IES A Sangriña (Comenius).

I Campionato de Futbolín O mércores 15 e o xoves 16 de febreiro tivo lugar na vila da Guarda o I Campionato de Futbolín organizado

polo Centro San Xerome coa colaboración da Asociación Os Cabaqueiros.

O torneo, no que participaron 24 parellas, celebrouse no ximnasio do centro, previo ó inicio do Festival de

Entroido do San Xerome.

Page 4: ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI MEMORIA · Paseo pola ecovia Ponte de Lima - Ponte da Barca II Rockteiro en bici - Ponte de Lima 28.01.12 O pasado sábado un grupiño de afeccionados

O torneo, no que participaron 24 parellas, celebrouse no ximnasio do Centro, previo ó inicio do Festival do

Entroido do San Xerome. En categoría adaptada os vencedores foron Rosa Mª e Senén, que se impuxeron

nun emocionante partido a Generoso e Raquel, resolvéndose o encontro cun apretado 4 a 3.

Na outra categoría os resultados foron todos moi xustos. O equipo integrado por Mingos e Pablo Saa

gañaron na final á parella de educativas formada por Fabián e Óscar Rodríguez por un marcador de 5-2 a

favor dos primeiros.

O evento contou ademáis dos/as xogadores/as participantes, coa presenza de Sevi e Dani, Campións de

España de Futbolín (modalidade Movemento F-2, 2010), así como de directivos, traballadores e

colaboradores de ambas asociacións.

É de destacar o bó ambiente reinante durante todo o desenvolvemento da actividade.

Campionato galego de campo a través, 3 medallas para o San Xerome

Ca participación de 12 Clubes deportivos de toda Galicia, tivo lugar hoxe mércores 29 de febreiro no Parque

de Castrelos de Vigo o Campionato Galego de campo a través, organizado pola Federación galega de

deporte para persoas con discapacidade intelectual (FEGADDI).

Iniciouse o Campionato coas probas adaptadas, nas que Rosa María obtivo o cuarto posto da categoría de

xogo feminina.

A representación do San Xerome na categoría de competición, foi sobresaínte: Borja Cadilla foi terceiro na

categoría masculina (Fran Carrera, do Club San Rafael é o novo Campión galego); Maite Santos e Amparo

Ferreira, segunda e terceira respectivamente na categoría feminina, na que Sonia García do Club Racing de

Chapela conseguiu o primeiro posto. Javi Vieira, lesionado, acadou un meritorio octavo posto.

Noraboa ós integrantes (deportistas e adestradores) da sección de atletismo do Club San Xerome.

Page 5: ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI MEMORIA · Paseo pola ecovia Ponte de Lima - Ponte da Barca II Rockteiro en bici - Ponte de Lima 28.01.12 O pasado sábado un grupiño de afeccionados

MarzoMarzoMarzoMarzo

2: Participación nun programa de “Radio Mocidade” (Tomiño) 3: Asistimos á “performance” “Presenza activa”, no Museo Marco de Vigo 4: Festa do Entroido da ANPA, no “Paraugas” de Goián. 5: Ruta cicloturista das Unidades educativas por Vila Nova de Cerveira. 5: Realizamos unha sesión de beleza, cun grupo na perruquería Miriam Llamera. 6: O Servizo de adultos colabora coa Cruz Vermella co Banco de alimentos (A Guarda), e visitan a Casa da Muller en Vigo. 7: 2ª xornada da Liga galega de fútbol sala categoría Competición masculina. (Vigo). 7: Nova proxección do Ciclo de Cine medioambiental do Proxecto Comenius. 8: Visitamos o “Gabinete científico” do Museo do Mar de Galicia, en Vigo. Servizo de adultos. 10-11: VI Mostra da Camelia. 12: Taller na Panadería Morales. Servizo de adultos. 14: Visitamos a Ludoteca de Vila Praia de Ancora. Servizo de adultos. 14: Xornada da Liga galega de baloncesto femenino (Vigo). 14: Última proxección do Ciclo de Cine medio ambiental do Proxecto Comenius. 15: Un grupo de ocio desprázase ó Kartodromo de Viana do Castelo. 17: Curso formativo de maquillaxe teatral, impartido por Xerpo Cultural (Proxecto Comenius Regio). 19: Inicio dos adestamentos de remo no Club Robaleira (educativas e adultos: luns e xoves). 19: Coñecemos a Ruta dos petroglifos, en Baiona. Servizo de adultos. 20: O comité de redacción do Servizo de adultos visita o Xeriátrico da Guarda, para realizar unha reportaxe. 20: Visitamos o Aeroporto de Peinador. Servizo de adultos. 21: Ciclo do millo. Actividade organizada polo CEIP A Sangriña, dentro do Proxecto Comenius Regio. 23-24: Cine Forum e noite de marcha do Servizo de adultos. 24: Asamblea anual de socios da Asociación San Xerome. 24: Saída de Pepe Bargiela e Samuel a Andorra xunto con alumnos do IES A Sangriña. (24-31 marzo) 26: Un grupo do Servizo de adultos, visita o Mosteiro de Oia. 27: Copa Galicia de Fútbol Sala – Categoría de xogo (Vigo). 30: Visítannos técnicos do Centro das Esclavas de Mos

Sorpresas e novidades na VI mostra da Camelia. A actividade terá lugar na Quinta das Mercedes (A Gándara), o sábado 10 e o domingo 11 de marzo, estará

organizada polo Centro San Xerome e conta coa colaboración , un ano máis, dos Concellos de Tomiño, O

Rosal, A Guarda, e Tui, e ca Deputación provincial de Pontevedra.

A inauguración do evento, que acada a sua 6ª edición, terá lugar o sábado dia 10 de marzo ás 12h. e

contará coa representación das entidades colaboradoras, e a actuación especial do grupo de pandereteiras

TAMBALUCA.

Os horarios de exposición e venta, tanto de camelios como de planta, será o sábado de 12 da mañán a 8 da

tarde, e o domingo de 10 da mañán a 8 da tarde.

Nesta edición como novidade haberá xogos e actividades para nenos organizadas por un grupo de

voluntari@s, o sábado e o domingo de 17 a 19 h.

Page 6: ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI MEMORIA · Paseo pola ecovia Ponte de Lima - Ponte da Barca II Rockteiro en bici - Ponte de Lima 28.01.12 O pasado sábado un grupiño de afeccionados

Outra das novidades é que os asistentes poderán visitar e coñecer o novo proxecto de agricultura ecolóxica

“XERHORTA”, iniciativa do Servizo de adultos no que un grupo de traballador@s desenvolven as diversas

actividades relacionadas co mundo da horticultura.

Diseño carteis: Ana Cividanes - Fotografías: Víctor Fuggetto

Asamblea anual de socios da Asociación San Xerome Bernardino Estévez Martínez, deixa a Xunta Directiva despois de 30 anos de colaboración solidaria. Entrou

a formar parte da Xunta Directiva, presidida por Raúl González Puebla o 18 decembro 1982, ainda existía o

Banco de Bilbao. Daquela as solicitudes e os balances pasábanse coa máquina de escribir, e os asentos

bancarios na libreta de aforros se facían a mán.

Cantidade de reunións! Nos primeiros anos a Xunta Directiva reuníase semanalmente coa Dirección;

facendo un cálculo aproximado estamos a falar de máis de 1500 horas adicadas ó Cole nestes 30 anos. Se

isto o traducimos ó horario laboral: sería case un ano de traballo extra sen contrato nin soldo!

Nesta cantidade de horas temos mirado o Bernardino, calado e serio, tamén disgustado e cabreado coas

inxustizas, o Bernardino de broma coa sua retranca característica… pero sobre todo quedamonos co

Bernardino solidario e currante, co Bernardino nun segundo plano, que nunca quixo ser Presidente, nin

Director, nin Alcalde…

Quizás a única crítica que lle podíamos facer ó seu intachable traballo, foi o de que non conseguira facer

milagres coas contas da Asociación ou do Club deportivo.

Temos moito que agradecerlle polo seu traballo, e o facemos con moito cariño de toda a “familia Xerome” e

cun agasallo simbólico pero de gran valor: no Libro de Actas o seu nome é o nome que aparece máis veces,

o nome que máis se repite ó longo da historia da nosa Asociación, traducida en máis de 30 actas.

O mellor de todo, é que este tipo de agradecemento soe facerse a título póstumo cando o homenaxeado xa

non está entre nós, e neste caso Bernardino está vivo, moi vivo, e con moita enerxía; polo que temos a

sorte de poder desexarlle moita saúde para disfrutar do seu tempo libre.

Page 7: ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI MEMORIA · Paseo pola ecovia Ponte de Lima - Ponte da Barca II Rockteiro en bici - Ponte de Lima 28.01.12 O pasado sábado un grupiño de afeccionados

Exhibición do equipo de fútbol sala na categoría de xogo A demostración tivo lugar onte martes 27 de marzo nas Pistas polideportivas de Balaídos, na Copa Galicia

de Fútbol sala (Categoría non competitiva: Xogo Mixto), onde gañaron os dous partidos das eliminatorias

correspondentes. O noso equipo, dirixido nas bandas por David e Belén, estivo composto por: Senén, Pepe,

Rosa, Jenny, María e Rosalía. Na mesma categoría tivemos os equipos de Ferrol, Cedeira, Vilagarcía e

Monforte.

Na categoría de xogo, ainda que prima a diversión diante da competitividade, non é incompatible coa doble

alegría que significa pasalo ben e gañar os partidos.

Na fotografía o equipo mixto da categoría de Xogo, do Club San Xerome.

AbrilAbrilAbrilAbril 10: Visita ó Porto de Vigo. Servizo de adultos. 11: Primeiros contactos para a elaboración dunha páxina web, a través da que se comercializarían productos dos centros ocupacionais. 11-13: Participamos no Curso “Apoio conductual positivo” en Fademga. 12: Grazas á xestión do Club de remo Robaleira, e ca colaboración da Federación española de remo e do Consello superior de deportes, xa temos á nosa disposición cedida a embarcación 4+ Adaptado. 13: 11 nadadores do San Xerome, no Campionato galego de natación na Cañiza. 17: Asistimos a unha charla na Fundación Barrié de la Maza. Servizo de adultos. 20: Teatro no IES A Sagriña (“Os 7 magníficos + 1”). Proxecto Comenius 21: Roteiro plantas “Pernacultura”. 23-7 maio: Mercado Solidario no centro comercial Travesía de Vigo. 24: Viverismo na Quinta das Mercedes con alunos da ESO do IES A Sangriña (Proxecto Comenius). 25: 3ª xornada da Liga galega de fútbol sala na categoría de competición masculina (Vigo). 26: Xornada de traballo do grupo de trastorno dual de Fademga en Compostela. 26: Visita conxunta Adultos-Educativas, ó Mosteiro de Oia. 27: Un grupo do Servizo de adultos visita o Mercado Solidario no Centro Comercial Travesía de Vigo. 28: Curso de “Creatividade escrita” impartido por Xerpo Cultural, dentro das actividades do Comenius. 28: 18 persoas do San Xerome, asisten e disfrutan do partido R.C. Celta: 4 – Barça B: 1, gracias á Peña Celtista do Baixo Miño.

Page 8: ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI MEMORIA · Paseo pola ecovia Ponte de Lima - Ponte da Barca II Rockteiro en bici - Ponte de Lima 28.01.12 O pasado sábado un grupiño de afeccionados

28: Curso de agricultura ecolóxica para os voluntarios na Quinta das Mercedes. 30: O piso con apoio trasládase da Subida ó Terroso a unha rúa máis céntrica (Rúa Lugo nº 5). 30: Visitamos unha tenda de instrumentos musicais en Vigo. Gene proba unha batería. Servizo de adultos.

MaioMaioMaioMaio

2-4: Participación na reunión de traballadoras sociais (ONCE Vigo), e no Curso de Protección xurídica á dependencia (Santiago). 2-7: Mercado Solidario no Centro Comercial Travesía de Vigo 2-7: Mercado Solidario na Feira de artesanía de Tui. 4: Paseo polo Monte Aloia. Servizo de adultos. 5: Taller de percusión do Proxecto Comenius. 7: O Servizo de adultos visita a exposición sobre o Real Madrid no Centro Comercial Gran Vía de Vigo. 8: Visita do violinista Héctor Varela á Aula de Música. Servizo de adultos. 8: Visitamos Naturnova (Centro Social Novacaixa Galicia. Vigo). Servizo de adultos. 11: Piragüismo co IES A Sangriña / As Eiras–Tamuxe (P. Comenius). 11: Concerto de Xerock no Pub JJ do Rosal (Recepción ós alunos franceses do Proxecto Comenius). 12: Teatro (Títeres), do Proxecto Comenius. 12: Participación nas “I Xornadas por dereito” (Ferramentas para a inclusión) coa Asociación Bata, en Vilagarcía. 14: Visita dos alunos franceses do Comenius ó noso Centro. 14: Excursión das Unidades educativas ó Grove 14-31: Inauguración exposición fotografía Medioambiental na Tenda Atalaia (Centro San Xerome). Proxecto Comenius. 15: Viveirismo na Quinta das Mercedes (Proxecto Comenius). 15: Participamos nas xornadas de portas abertas do Centro público de EE Saladino Cortizo. 15: Celebración do Día da familia no Servizo de adultos. 15: Visita a Naturnova cos Coles participantes no Comenius 15, 22 e 29: Torneo integración futbito, coa participación dos Coles: Somascos, Carmelitas, CEIP Sangriña, CEIP Sinde, IES A Sangriña, Avelaiña e San Xerome. 16: Visita ás Illas Cies cos participantes do Proxecto Comenius. 17-20: Primeiro campamento do Servizo de adultos. Allariz, coa asistencia ó Festival Reperkusión 2012. 19: Participación na Andaina Solidaria a beneficio do noso Centro. Organiza a Asociación Andatui. 21: As unidades educativas visitan as instalacións do Club de Golf de Mondariz. 21: Visitamos a Escola de artes escénicas de Galicia, en Navia (Vigo). Servizo de adultos. 22: Novas xornadas de viveirismo do Proxecto comenius, na Quinta das Mercedes. 23-26: Segundo campamento do servizo de adultos. Valladolid, coa participación no “Festival internacional de teatro y arte de calle”. 24 e 25: Taller de cerámica impartido en Avelaiña para os participantes no Proxecto Comenius. 25: Asistimos ó Concerto de Metallica en Lisboa (Rock in Rio), grazas á colaboración do Milleniun BCP. 30: Campionato galego de atletismo en Vilagarcía. 11 medallas para o San Xerome. 31: Paseo polo Monte Aloia e visita ó Restaurante de Lola e Conde.

Page 9: ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI MEMORIA · Paseo pola ecovia Ponte de Lima - Ponte da Barca II Rockteiro en bici - Ponte de Lima 28.01.12 O pasado sábado un grupiño de afeccionados

2º Taller de Musicoterapia Estamos a vivir tempos convulsos; é tempo de arrimarse, de "contrachegharse" e rebelarse. E tamen é

tempo de desafogarse... e qué mellor que a música para unificar causas.

Este pasado sábado demos pau a destra e sinistra, caghontal... Pero en troques de darllos a algun político

que ben os merecía, petamos contra os parches dun tambor en son pola festa e a integración.

A nosa loita estivo musicalizada polos pequenos-grandes músicos do Colexio A Sangriña, @s tenaces

alun@s do IES A Sangriña, e @s festeir@s usuari@s da nosa grande e forte Xerome Crew. Moi boa xente,

e con actitude, así da gusto.

Ahí está o resultado; unha peza musical para mover o cucu ata escocer as nalgas.

Se non se nos escoita, é porque non queren.

Quero agradecer o apoio e confianza daqueles que apostaron por un simple "conductor de primeira" -que

non acelera- para conducir a actividade; á disposición sempre infinita dos Estudios Baixo Miño, ós monitores

que colaboraron sorriso en boca, e por suposto ós participantes destes compases pola revolta.

Clausurada a exposición de fotografía medioambiental A exposición estivo aberta ó público na Tenda do Centro San Xerome, dende o pasado 14 de maio.

Estas son as impresións de Inés Montenegro, profesional da fotografía e responsable do Taller: “Dúas

persoas miran ó exterior a través dos mesmos barrotes: unha mira ó fango e a outra ás estrelas”. Frederick

Langbridge (1849–1922).

Nada hai máis sorprendente e enriquecedor que cinco, dez, quince persoas mirando a mesma paisaxe a

través de distintos ollos, o mesmo obxecto a través de distintas perspectivas, a mesma luz a través de

distintas cámaras. Ó longo de 7 meses temos aprendido que a diversidade é boa, pero que no fondo non

somos tan diversos como cremos. Ó principio achegamonos uns ós outros con ideas preconcebidas, con

prexuizos, pero pouco a pouco a realidade os vai tumbando para deixarnos mirar a ilusión e as gañas de

comunicar e de aprender o que hai en cada un de nós. Ó final, o bosque permitiunos mirar as árbores e

apreciar raíces, copas e troncos sen máis filtro que o do traballo ben feito.

Page 10: ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI MEMORIA · Paseo pola ecovia Ponte de Lima - Ponte da Barca II Rockteiro en bici - Ponte de Lima 28.01.12 O pasado sábado un grupiño de afeccionados

Durante o taller temos aprendido a combinar as cores, a buscar puntos de vista, a fixarnos no pequeno e no

grande, a experimentar, a retratar persoas, a inventarnos fotos que non existían, a non darnos por

satisfeitos cunha toma. Tamén temos ollado fotos, moitas fotos, de artistas contemporáneos e clásicos, e

trasladamos o taller á rúa, á praia e ó monte cando fixo falta. O resultado é unha nova forma de mirar o

mundo, que agardamos que siga con nós moito tempo para poder amosar a súa beleza pero tamén as súas

vergoñas.

Última xornada do Torneo de Integración Onte martes día 30 de maio tivo lugar nas instalacións deportivas do Centro San Xerome a última xornada

do “Torneo integración” de fútbol, incluido no Proxecto europeo Comenius Regio.

Nesta ocasión foi o turno dos rapaces da ESO, do IES A Sangriña, do Colexio PP Somascos e dos

deportistas do San Xerome e Avelaiña.

Os equipos estaban formados por xogadores da Sangriña e dos Somascos xunto cos do San Xerome e

Avelaiña.

Xornada deportiva de amizade e integración, cun magnífico ambiente, que rematou co triunfo do equipo de

Somascos B con xogadores deste Centro xunto con Carmelo, Pepe, María e Amparo (San Xerome), e Julio

(Avelaiña). No segundo lugar clasificóuse o equipo do IES A Sangriña B.

A organización do Torneo, quere agradecer públicamente o exemplar comportamento de tódolos deportistas

participantes e o esforzo solidario realizado polos seus adestradores para poder estar presentes nas 3

xornadas do Torneo. Graciñas tamén ós voluntarios colaboradores: Ana Lozano fotógrafa, Rubén árbitro,

etc, etc…

Page 11: ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI MEMORIA · Paseo pola ecovia Ponte de Lima - Ponte da Barca II Rockteiro en bici - Ponte de Lima 28.01.12 O pasado sábado un grupiño de afeccionados

11 medallas para o San Xerome no campionato galego de atletismo

As probas disputáronse o mércores 30 de maio nas Pistas de Atletismo Fontecarmoa en Vilagarcía de

Arousa; a organización correu a cargo da Federación galega de deportes para discapacitados intelectuais

(FEGADDI). Participaron un total de 14 Clubes da xeografía galega, nas tres posibles modalidades de

participación: Competición, categoría adaptada e xogo.

Na máxima categoría, ou sexa Competición, os nosos medallistas foron:

Borja Cadilla (1º en 800 m. e 2º en 3000 m.)

Luis Sández (2º en 800 m.)

Amparo Ferreira (1ª en 3000 m.)

Maite Santos (1ª en 1500 m.)

María F. García (3ª en lanzamento de peso)

Na segunda categoría (Adaptada):

Maite Barros (1ª en 150 m. e 1ª en 400 m.)

Carmen Verde (1ª en 60 m. e 2ª en 150 m.)

Na terceira categoría (Xogo):

Rosa María Alvarez (1ª en 60 m.)

Non conseguiron medalla nesta ocasión: Diogo Cordeiro (Competición), Paco Varela (Adaptada) e Raquel

Rodríguez (Xogo).

A actividade deportiva remata este ano ca participación de 8 deportistas do noso Club, representando a

Galicia no Campionato de España de seleccións autonómicas (San Fernando – Cádiz). Borja Cadilla

(Atletismo), Carmelo Cadilla e David Barbosa (Fútbol sala), Maite Barros, María F. García, Amparo Ferreira,

Rosalía González e Maite Santos (Baloncesto). Formará parte da expedición galega como adestradora de

baloncesto a nosa compañeira Tere Piñeiro.

Como en anos anteriores, e grazas á colaboración dos profes voluntarios do IES A Sangriña, o martes 5 de

xuño teremos unha xornada lúdico-deportiva no río Tamuxe, con diferentes actividades (piragüismo, …)

para celebrar os éxitos da tempada deportiva.

GRACIÑAS! A todos os que colaboraron dunha ou doutra maneira para manter vivo o noso Club deportivo,

nos delicadísimos momentos económicos que estamos a vivir.

Page 12: ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI MEMORIA · Paseo pola ecovia Ponte de Lima - Ponte da Barca II Rockteiro en bici - Ponte de Lima 28.01.12 O pasado sábado un grupiño de afeccionados

XuñoXuñoXuñoXuño

1: Amosamos a nosa experiencia europea (“Democracia participativa”), nas xornadas europeas de voluntariado “Spread the FIRE” celebradas na Guarda. 1: Sendeirismo polo Monte Aloia cos participantes no Proxecto Comenius. 3: Festival do Servizo de adultos no Auditorio de Goián. 3: Participación na IV Carreira popular de Amorín (Carreira pola integración) 5: Piragüismo no Tamuxe cos participantes do Proxecto Comenius, para celebrar o remate da tempada deportiva. 6: Visita á Biblioteca do CUVI de Vigo. Servizo de adultos. 7: Segunda reunión dos grupos de participación para a elaboración do Plan estratéxico (2012-2014). 7: Visita do músico Castelar Piedra aula de música. 7: Visita ó Mosteiro de San Fins. Servizo de adultos. 8: Visita ó Viveiro de marisco de Solanas. Servizo de adultos. 8-9: Campamento das Unidades educativas na Colonia de Férias Arvore, de Vila do Conde (Portugal). 11, 12 e 13: Curso sobre Aulas multisensoriais en Educación Especial (Fademga). 11-13: 3º campamento do Servizo de adultos, nesta ocasión na Colonia de Férias Arvore de Vila do Conde (Portugal). 12: O Servizo de ocio do sector de adultos, realiza un Taller de elaboración de cometas. 13: Vela adaptada en Baiona, coa colaboración do “Club de yates Monte Real”. 13: Saída á Fortaleza de San Lourenzo en Goián. Servizo de adultos. 13-17: Campionato de España de Seleccións autonómicas en San Fernando (Cádiz). 9 representantes do Club San Xerome. A selección de baloncesto (5 xogadoras do San Xerome), terceira de España. 14: Taller de Cómic, impartido polo dibuxante Jano, dentro das actividades artísticas do Servizo de adultos. 15: Grabación dun video-clip coa OMIX de Tomiño. Servizo de adultos. 18-20: 4º campamento do Servizo de adultos na Colonia de Férias Arvore, de Vila do Conde (Portugal). 19-23: Viaxamos a Dunquerque para contrastar e avaliar a marcha do Proxecto Comenius Regio. 21: Visita do músico Iván Diego, Presidente da Agrupación Musical do Rosal á Aula de música. 22: Cea Baile de fin de Curso, organizada pola ANPA no Restaurante Glasgow de Oia (102 persoas). 28: Reunión definitiva na elaboración do Plan estratéxico da entidade (2012-2014). Agora ten que ser aprobado e ratificado pola Xunta Directiva. 28-30: Participamos no Curso de “Apoio conductual positivo” en Aspanaex (Vigo). 30: Actuación de Xerock nas Festas de San Pedro, en Compostela.

IV Carreira popular de Amorín: Integración en estado puro

O domingo 3 de xuño tivo lugar en Amorín (Tomiño), a IV edición da Carreira popular de Amorín (carreira

pola integración).

Nesta ocasión, a organización acadou dous importantes obxectivos, a integración dos deportistas con

discapacidade (Club San Xerome e Racing de Chapela) en pé de igualdade co resto dos deportistas; e a

solidariedade, xa que a recadación da inscripción na carreira foi a prol de Unicef.

A participación dos nosos deportistas nas diferentes categorías non poido ser máis brillante, xa que Borja e

Fran acadaron un meritorio posto na categoría masculina absoluta. Amparo foi a primeira na súa categoría

(Veteráns B), e Maite Santos 3ª (Veteráns A). Carmen rematou o percorrido, pero tivo algúns problemas

físicos no último tramo, recoñecendo que ten que adestrar un pouco máis a próxima tempada.

Noraboa á organización pola filosofía e o éxito da proba.

Page 13: ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI MEMORIA · Paseo pola ecovia Ponte de Lima - Ponte da Barca II Rockteiro en bici - Ponte de Lima 28.01.12 O pasado sábado un grupiño de afeccionados

9 Representantes do San Xerome na Selección Galega da FEGADDI

Borja Cadilla (Atletismo), Carmelo Cadilla e David Barbosa (Fútbol sala), Amparo Ferreira, Maite Santos,

Rosalía González, María García, Maite Barros (Baloncesto), e a adestradora Tere Piñeiro, serán os

representantes do noso Club na Selección Galega (FEGADDI) que competirá os días 14, 15 e 16 de xuño

no Campionato de España de Seleccións autonómicas que terá lugar en San Fernando (Cadiz), organizado

pola Federación española de deporte para persoas con discapacidade intelectual (FEDDI).

A lista de convocados complétase con deportistas dos Clubes Aspanaex, San Rafael, Racing de Chapela,

Juan XXIII e Saladino Cortizo.

Xunto coa Selección galega, participarán un total de 314 deportistas de Andalucía, Castela a Mancha,

Extremadura, Aragón, Madrid, Castela León, Navarra, A Rioxa e Euskadi.

Na fotografía a Selección galega de baloncesto no podium: Maite Barros, Rosalía, Maite Santos, María F,

Amparo (San Xerome) e Vanesa (Aspanaex).

Visita de Castelar Piedra á aula de música. Este xoves recibimos unha visita moi entrañable no San Xerome; un músico que se di "dos de antes", que

leva a frioleira de setenta anos ligado á música, e que cas súas 82 primaveiras está aínda moi lonxe de

afastarse deste arte.

Estamos a falar de Castelar Piedra, fillo do eminente Pablo Piedra -célebre profesor da Banda de Música de

Tabagón durante 30 anos-, historia viva da Música de Banda da Comarca do Baixo Miño.

Con esa serenidade e simpatía que lle caracterizan compartiu con todolos presentes unha chea de historias,

anécdotas e experiencias. Dende os seus inicios na primeira Romaría de San Amaro, en Camposancos alá

polo 1942, pasando pola súa viaxe a Valladolid, ata recordar con medida emoción a homenaxe que recibiu

recentemente por parte da Agrupación Musical do Rosal no seu 25 aniversario.

Page 14: ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI MEMORIA · Paseo pola ecovia Ponte de Lima - Ponte da Barca II Rockteiro en bici - Ponte de Lima 28.01.12 O pasado sábado un grupiño de afeccionados

Fixo sonar o seu saxo barítono, ofrecendo unha boa selección de solemnes temas clásicos. Comentaba

entre cancións, seica con certo orgullo, "estas non as coñecedes". Amosounos tamen un feixe de partituras

que gardaba celosamente no seu maletín. Entre aquelas partituras, hoxe en día fotocopias do que tempo

atrás foron manuscritos valiosísimos que "rulaban" de man en man, había pezas de máis de 200 anos.

Asegurámonos ben de copiar unhas cantas daquelas antiguas pezas, nese monstruo da tecnoloxía

chamado fotocopiadora que Castelar miraba de reollo, para manter viva unha tradición que de non ser polos

nosos maiores estaría perdida.

Toda unha lección de Música e de Historia.

Graciñas Castelar e Mercedes.

Taller de cómic no San Xerome Este xoves 14 de xunio, dentro da programación de actividades artísticas do Servizo de Adultos, recibimos a

visita de Jano, un inquedo debuxante coruñés licenciado en Belas Artes que traballa afincado en Vigo como

historietista, ilustrador e deseñador gráfico, para impartir un Taller de creatividade centrado no apaixoante

mundo dos cómics.

Jano ten un extenso currículum no mundo das "viñetas". Ten publicados dous álbumes; "Ratoon" (Polaqia),

e o estreado recentemente "3x1" (Bang Ed) e ó longo da súa carreira recibiu varios premios en

recoñecemento ó seu traballo, coma o Injuve, o Certame Ourense e o Golden Globos este pasado ano

2011.

En canto contactamos con él e lle propuxemos a idea non dubidou un intre en desprazarse ata A Guarda

para levar a actividade.

Despois dunha breve introducción á maxia do cómic, os participantes do taller deseñaron cada un a súa

persoaxe, debuxando as súas características e perfilando a súa personalidade, para despois introducila en

diferentes situacións e sometela a unha trama ideada entre todos.

Page 15: ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI MEMORIA · Paseo pola ecovia Ponte de Lima - Ponte da Barca II Rockteiro en bici - Ponte de Lima 28.01.12 O pasado sábado un grupiño de afeccionados

O resultado final é a historia de Pepe "O Pescador", que coa intención de "pescar" unha moza, acude ó

teatro xunto co seu inseparable amigo Laureano "O Gusano". Alí coñece á fermosa Ana, onde coa axuda de

Songoku "O Voador", comezan unha viaxe de lúa de mel nin máis nin menos que á Lúa!!!

Pero os problemas comezan cando a Laureano lle entran as ganas de mexar polo camiño...

Como vedes, todo é posible no mundo do cómic...

Unha sinxela pero divertida dinámica, moi participativa, para dar renda solta á nosa imaxinación, e

achegarnos un pouquiño máis a esta curiosa expresión artística que leva contándonos historias dende

tempos inmemoriais.

Compre agradecer ás Editoriais Polaqia e Retranca pola súa aportación de exemplares de cómics para

complementar a actividade.

Graciñas Jano e Paula!

Visita do Presidente da Agrupación Musical do Rosal Este xoves tivemos o pracer de recibir na aula de música a Iván Diego Martínez, o actual Presidente da

Agrupación Musical de O Rosal, trompetista e profesor de música, que con tan só 24 anos demostrou os

folgos e entusiasmo necesarios para asumir a grande responsabilidade que conleva un posto de tal

relevancia.

Veu acompañado de un dos seus alumnos, Jose, tamen trompetista para deleitarnos cunhas pezas a dúo

para un amplo número de usuarios do Servizo de Adultos. Non tardaron en sumarse á festa Victor Fuggetto

e Justo Domingos Viñas, coa guitarra e o baixo eléctricos respectivamente, para realizar un pequeno

concerto, repasando clásicos de Ennio Morricone, Dick Dale ou os Shadows.

"Paquito o Chocolateiro" tamén sonou por demanda popular...

Tendo en conta a apretada axenda a que nestes momentos está suxeita Iván, agradecemoslle

enormemente a súa dispoñibilidade, e desde a Xerome Crew augurámoslle moitos éxitos no futuro.

A actividade rematou co convite por parte de Iván a participar nunha serie de xornadas didáctico-musicais

que terán lugar a partires de setembro nas instalacións da Agrupación Musical do Rosal.

Page 16: ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI MEMORIA · Paseo pola ecovia Ponte de Lima - Ponte da Barca II Rockteiro en bici - Ponte de Lima 28.01.12 O pasado sábado un grupiño de afeccionados

Mes de Xuño: Vento en popa, a toda vela!! O mes de Xuño, caracterízase habitualmente no noso Centro, como un mes de actividade vertixinosa. Xuño

de 2012, non podía ser menos!

Tivemos nos últimos días: Sendeirismo polo Monte Aloia e Piragüismo no Tamuxe co IES A Sangriña, o

Festival do Servizo de adultos no Auditorio de Goián coa presenza masiva das familias, reunión dos grupos

de participación para a elaboración do Plan estratéxico do Centro (2012-2014), Campamentos das

Unidades educativas e do Servizo de adultos na Colonia de vacación “Arbore” de Vila do Conde

(Portugal)…

Nestes momentos os seleccionados do noso Club deportivo, compiten no Campionato de España de

seleccións autonómicas, e onte mesmo tivemos a oportunidade de experimentar novas sensacións grazas á

colaboración do Monte Real Club de Yates de Baiona. Por primeira vez, Jona, Kike, Miguel… tiveron a

oportunidade de navegar nun barco de vela, xunto cos reponsables do Club de iates e os compañeiros do

Centro Juan María de Nigrán. Experiencia inesquecible, e que agardamos poder repetir.

O que queda por diante non é menos emocionante: Viaxe a Francia para valorar a marcha do Proxecto

Comenius Regio, Cea Baile no Restaurante Glasgow organizada opla ANPA, novos campamentos do

Servizo de adultos en Vila do Conde, reunión definitiva na elaboración do Plan estratéxico, etc, etc.

XulloXulloXulloXullo 2: Seminario intermedio Comenius Regio. 2-4: Campamento do Servizo de adultos no albergue “Arvore” de Matosinhos. 7: Xornada de formación para o voluntariado. 10: Primeiro día na auga coa embarcación de remo adaptado. 13-25: Mercado Solidario en Baiona. 18: Actividade coa Cruz Vermella. 19: O grupo de Ocio na Praia de Samil. 19-20: Formación. Adaptacións a Baixo coste (Lucas e Lorena) 23: Ocio na Granxa Peitieiros. 28: Manifestación polas rúas da Guarda, en protesta polos impagos da Xunta. 31: Día de ocio no Parque de Vilanova de Cerveira (bicis, minigolf, picnic, …). Mércores e venres durante todo o mes un grupo de rapaces do Centro participan con outros escolares na “Aula lúdico-educativa” organizada polo Concello.

Bautizo do S. Xerome, no Remo olímpico A actividade consisitíu nunha introdución á montaxe e tirada ó río do barco (4-com+cox de remo olímpico), e

a posteriori instruccións sobre a técnica de remada, ou mellor dito, palada!!

Page 17: ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI MEMORIA · Paseo pola ecovia Ponte de Lima - Ponte da Barca II Rockteiro en bici - Ponte de Lima 28.01.12 O pasado sábado un grupiño de afeccionados

O ritmo de aprendizaxe foi bó, sobre o previsto, e complicado por ser o primeiro contacto para tódolos

usuarios, comentaban os remeiros que este deporte “é todo técnica ó principio, e despóis con

adestramentos, pódese utilizar a forza para aproveitar esa técnica” , “o prazo de iniciación é longo, e pode

chegar ós dous anos”... o que sorprendeu ós rapaces… ainda que eles teñen motivación como para chegar

ó final, e a sensación é moi positiva.

O día foi perfecto, ningunha nube, temperatura ideal e con moitas, pero moitas gañas de estrenar a

embarcación (cedida pola federación española de remo) e moita ilusión.

Todo iso reflectíuse nunha maña de inmellorable ambiente no que foi o primeiro adestramento no entorno

acuatico, nesta ocasión no río Miño-Eiras.

AgostoAgostoAgostoAgosto

7 e 23: Paseo en barco e día de pesca con José Morais. 18: Case 100 persoas na Asamblea de familias, na que se explica ás familias a situación actual do Centro, e os cambios na dirección do mesmo. 20: Visita o Centro e aporta un Donativo, Domingo Rodríguez (Director do Bank of Georgetown). 31: Comida no Forte do grupo de traballadores (tenda, SL, …) do turno de agosto. Continúa a campaña coas comunidades de montes do Baixo Miño para a consecución dunha furgoneta adaptada para o Centro.

Asamblea Multitudinaria de familias no San Xerome

A Consellería de Educación abonou os meses de maio e xuño correspondentes ó mantemento do Centro

educativo (3-22 anos). A Consellería de traballo fixo efectiva a contía pendente do mes de xuño do Centro

de Día e Centro Ocupacional (Servizo de adultos). A mesma Consellería abonou o coste salarial do ano

2011, e o pendente do ano 2012, do Centro Especial de Emprego de xardinería (Empresa constituida no

ano 1998, que dá traballo a 17 persoas con discapacidade).

Diante desta nova situación, acordouse por unanimidade desconvocar a movilización de protesta prevista

para o sábado 25 de agosto na Guarda, e seguir en alerta con respecto á evolución dos pagos para que non

se produzan novas demoras.

Page 18: ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI MEMORIA · Paseo pola ecovia Ponte de Lima - Ponte da Barca II Rockteiro en bici - Ponte de Lima 28.01.12 O pasado sábado un grupiño de afeccionados

Fíxose tamén un chamamento á unidade de acción, con outras entidades de Fademga coa mesma

problemática, e á participación activa de tódalas familias nos actos que se convoquen.

Por último Xosé Carlos González Blanco, Director do Centro, fixo unha breve reseña do vindeiro curso, e

informou a tódolos presentes da súa decisión de deixar a dirección a partir do mes de setembro,

desenrolando a partir desa data exclusivamente as tarefas como psicólogo. Decisión xa aprobada pola

Xunta Directiva e informada ós traballadores do Centro.

Baseouse para a toma desta decisión, en cuestións persoais, xunto coa falla de confianza amosada por

algúns traballadores e familias, o cansancio de 32 anos de intenso traballo (nos últimos 12 anos

compartindo a tarefa directiva co Xerente Feliciano Valcarcel), e a necesidade do relevo para que persoas

con forzas para continuar a loita en contra da marxinación das persoas con discapacidade poñan en

práctica o Plan estratéxico, proxecto de futuro do San Xerome, elaborado durante o último ano polos

sectores implicados no funcionamento do Centro.

SetembroSetembroSetembroSetembro

3: Presentación do Plan estratéxico a traballadores, voluntarios, ANPA e Xunta Directiva. 7: Xornada formativa no Cole sobre a Pizarra dixital (Unidades educativas). ¡3: Xornada formativa-informativa cos voluntari@s. 21-30: Mercado Solidario no Porriño. 22-23: Un grupo do Servizo de adultos asiste ó Festival da Luz en Boimorto. Amparo consegue por fin coñecer a Luz Casal. 27: Actividade do Comenius Regio co CEIP A Sangriña (O ciclo do millo).

Plan estratéxico 2012-1014

O San Xerome leva trinta anos avanzando. O proxecto foi medrando co esforzo de moitas persoas e

institucións, e contou co mimo dunha contorna que sempre ofreceu un pouquiño de calor nos días de xeada,

que non foron poucos. Hoxe, o San Xerome, ofrécese ó mundo como unha realidade presente e activa na

vida da comarca do Baixo Miño.

O camiño segue a discorrer, e a ambición do comezo segue intacta. Seguimos querendo axudar a que

todas as persoas poidan levar as rendas da súa vida, a que decidan o que entendan que sexa o mellor para

elas, a que conten con apoios para ser felices e contribuír a unha comunidade na que paga a pena vivir.

Para forxar ese futuro, cómpre ter un plan. Cómpre ser fieis ó que somos. Cómpre actuar con intelixencia e

determinación. Cómpre avanzar xuntos, en equipo.

A elaboración do Plan foi un proceso apaixoante ó que se convocou a todas as persoas do San Xerome.

Algunhas formaron parte da Comisión, o motor do proceso. Aí estiveron Carlos, Joana, Elisa, Ana Álvarez,

Marisa, Lúa, Bene, Tere Piñeiro, Víctor, Emilio Lomba, Lucía Flora, Ana Martínez e Ciano, como

coordinador.

Tamén houbo achegas desde os grupos de participación. Aí empuxaron Ana Lomba, Pili, Patricia, Tato,

Trigo, Fran, Mari, Marián, María, Mari, Pepe, Ruth, Asun, Lorena, Roberto, Fátima, Lucas, David, Fedra,

Belén, Silvia, Merchi, Antolín, Víctor, Elena, Emilio Álvarez e Kiñas.

Page 19: ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI MEMORIA · Paseo pola ecovia Ponte de Lima - Ponte da Barca II Rockteiro en bici - Ponte de Lima 28.01.12 O pasado sábado un grupiño de afeccionados

O pistoletazo de saída ó proceso de elaboración do Plan o deron as persoas con discapacidade o xoves 24

de marzo de 2011, día en que foron quen de indicar, a todos os profesionais, familias e directivos do San

Xerome, o que esperaban e querían do futuro. Desde ese día, e ata o luns 3 de setembro de 2012, no que

se presentou o resultado do traballo ós profesionais do San Xerome, sumáronse innumerables horas de

reflexión persoal, de conversación compartida, de contraste de avances, de reconsideracións, de debates,

de análise…

As oito sesións de traballo da Comisión (máis de 320 horas de traballo dun grupo de máis de 12 persoas),

as tres sesións de traballo dos Grupos de participación, as catro sesións de traballo do Equipo directivo, as

reunións da Xunta directiva… falan dun proceso con substancia, reflexionado e compartido.

Non cabe dúbida de que o documento que che presentamos é froito da reflexión e traballo de numerosas

persoas que estudaron, reflexionaron, compartiron, realizaron achegas… que, en definitiva, contribuíron a

construír este itinerario de viaxe para o próximos tres anos que é o Plan Estratéxico 2012-2014. Neste

documento que tes nas túas mans ofrécense os resultados dos esforzos realizados.

Na Misión, Principios e Valores poderás coñecer a razón de ser do San Xerome, a quén se debe, cales son

os seus puntos de partida innegociables, os valores que inspiran a súa acción.

No apartado de Visión e estratexia e sucesivos, atoparás o contido máis determinante do documento: qué

posicionamento quere alcanzar o San Xerome no 2014, é dicir, a súa visión. Tamén as prioridades e

obxectivos que se marca para poder alcanzar ese futuro que quere forxar.

As liñas de acción apuntan ós grupos de actividades e tarefas que será oportuno desenvolver para que o

San Xerome cumpra a súa misión, sexa o que está chamado a ser, isto é, unha organización promovida por

pais, familiares e amigos de persoas con discapacidade intelectual que facilita ás persoas con

discapacidade intelectual e ás súas familias apoios e servizos profesionalizados que favorezan o seu

crecemento persoal, integración sociolaboral, igualdade de oportunidades e desenvolvemento comunitario.

Para mellorar a calidade de vida dos seus destinatarios, a asociación intervén e presta servizos

profesionalizados no ámbito persoal, educativo, familiar e social, ca contribución de persoas voluntarias e

outros axentes sociais.

Con este documento xa se ten o mapa. Agora comeza a apaixonante tarefa de transitar o territorio, de

continuar facendo realidade o proxecto de dignidade que o San Xerome ofrece ás persoas con

discapacidade intelectual e ás súas familias na comarca do Baixo Miño. Resta avanzar no camiño.

Contamos contigo para camiñar, para facer realidade o futuro que acordamos.

Bo camiño!

Presentación do Plan estratéxico a Traballadores, voluntarios, ANPA e Xunta Directiva

Page 20: ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI MEMORIA · Paseo pola ecovia Ponte de Lima - Ponte da Barca II Rockteiro en bici - Ponte de Lima 28.01.12 O pasado sábado un grupiño de afeccionados

OutubroOutubroOutubroOutubro

2: Inicio dos adestramentos da tempada deportiva 2012-2013. 3: Reunión da ANPA e da Xunta Directiva. 3: Un grupo do Servizo de adultos visitan a “Casa de Jose e Nanda” en Vilar de Mouros. 3: As unidades educativas no McDonalds de Vigo. 4: Reunión do Consello escolar. 4: As unidades educativas na vendima da Quinta de Couselo. 4: Inicio das prácticas de Braulio na Cafetería Marbella. 4: O grupo de ocio do servizo de adultos visitan a casa e o mini-zoo da casa de Jaime e Víctor. 5: O Servizo de adultos co Proxecto Rios. 8: Representantes da Xunta Directiva en Fademga (Santiago). 9: Segunda xornada da Liga galega de baloncesto no Pavillón do Porriño. 10: Día mundial da saúde mental. Presenza nas rúas de Baiona, e actuación de Xerock. 16-23: Viaxe a Francia (Comenius Regio): Marisa, Lúa, Miguel Ángel e Manuel Jesús. 18-21: Campionato de España de baloncesto femenino (Alicante): Amparo, Maite Santos, Maite B., Rosalía, Rosa, Vanesa, Rober e David. Terceiro posto. 20: Xornada de formación no Centro “A integración sensorial” (Pilar Blázquez). 24: Xornada da Liga galega de fútbol sala (Balaidos-Vigo). 28: Partido de exhibición do equipo de baloncesto feminino no Pavillón do Porriño, no intermedio do partido do ANFIV (Baloncesto en cadeira de rodas). 29: Joana e Carlos participan nunha sesión clínica con R. Novell (Grupo de trastorno dual de Fademga-Santiago). 31: As Unidades educativas no Alcampo de Vigo.

COMENIUS REGIO: Intercambio Galiza – Francia Visitamos: París, Calais, Boulogne Sur Mer e Bruxas (Bélxica). Os compañeiros franceses pertencen ós

centros educativos do IEM e College Boris Vian, e serán quenes disfrutarán da visita en Galiza, do 2 ó 9 de

abril de 2013. Grazas a este tipo de programas, procúrase un achegamento entre culturas e costumes

distintas, favorecendo o desenvolvemento das habilidades comunicativas e a integración social. Unha

aventura interesante, cargada de contido educativo, digna de repetir.

Page 21: ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI MEMORIA · Paseo pola ecovia Ponte de Lima - Ponte da Barca II Rockteiro en bici - Ponte de Lima 28.01.12 O pasado sábado un grupiño de afeccionados

NovembroNovembroNovembroNovembro

5: O Servizo de adultos na panadería de Goián. 5: As unidades educativas no McDonalds de Vigo. 6. Xornada da Liga galega de baloncesto no Porriño. O San Xerome CAMPIÓN galego! 6, 8, 12: Curso de formación no Cole para a SL. (Habilidades sociais/Composición de plantas…). 8: Primeira reunión do mediador Ramon Mandiola, con tódolos traballadores. 9: Magosto no Rosal (Comenius Regio). 12: Ráfting e orientación en Arbo, co IES A Sangriña. 15: Magosto no Cole, con orquesta incluida. 17: Batucada do Comenius Regio (3º Taller Musicreatividade), con grabación no estudio de Miguel de la Peña. 17: Asamblea da ANPA. 19: As unidades educativas visitan ANFACO. 20: Reunión de xerentes en Juan XXIII. 20: Con motivo do Día mundial dos dereitos do neno, un grupo desplázase á escola “Galiña Azul” de Oia. 22: Segunda reunión do mediador cos traballadores do Centro. 22: As Unidades educativas en Caixanova. 23: Participamos no VI Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental, organizado por Fademga (Joana, Ana, Trigo e Carlos). 24: Un grupo de atletas participan no Cross escolar organizado polo CEIP A Mata, na Canosa. 26: As Unidades educativas visitan as instalacións do Estadio de Balaídos (Museo, …) 27: O Servizo de adultos no Alcampo de Vigo. 28: Xornada de formación do +Integra con Miguel Barbosa (Algalia). 28: As unidades educativas no Ciclo de cine submarino de Caixanova, en Vigo. 29: Reunión do Consello escolar. 29: O Servizo de ocio no Museo Liste en Vigo. 29: Outro grupo das Unidades educativas visitan as instalacións do Estadio de Balaídos.

San Xerome, Campión galego da liga feminina de baloncesto Informamos hoxe dun novo éxito: o primeiro posto na Liga galega de baloncesto, organizada pola Fegaddi

(Federación galega de deporte para persoas con discapacidade intelectual).

A última xornada da Liga tivo lugar no Pavillón do Porriño, onde unha vez máis fíxose patente a igualdade

entre o noso equipo e o segundo clasificado: as Esclavas de Mos. Un só punto de diferenza fixo que nesta

ocasión a balanza se inclinara cara ó noso lado.

Ó remate da xornada, o Alcalde do Porriño, Nelson Santos xunto con varios concelleiros e representantes

da Fegaddi fixeron entrega dos trofeos correspondentes: María F. recolleu o trofeo da máxima categoría

feminina. O equipo masculino do Racing de Chapela foron os vencedores na categoría masculina.

Noraboa a Amparo, Maite Santos, Maite Barros, María F., Rosalía, Jenny, Nuria, Rosa María, Vanesa e

Lucía; así como ó equipo de adestradores David, Tere, Belén e Robert.

Page 22: ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI MEMORIA · Paseo pola ecovia Ponte de Lima - Ponte da Barca II Rockteiro en bici - Ponte de Lima 28.01.12 O pasado sábado un grupiño de afeccionados

3º taller musicreatividade- COMENIUS REGIO Ós xa habituais participantes da actividade (usuari@s das asociacións Avelaíña e San Xerome e alunado

dos Centros Educativos A Sangriña e IES A Sangriña) sumáronselle Luis, Esteban e David, tres talentosos

amantes da música usuarios do Centro Juan María de Nigrán.

A dinámica, similar ás dúas anteriores de novembro de 2011 e maio de 2012, consistíu na composición e

grabación dunha peza musical baseada na percusión, unha vez mais gracias á colaboración de Baixo Miño

Estudios e Miguel de la Peña.

O resultado dos tres talleres -así como tamén fotos da actividade- pode apreciarse na páxina web do

Estudio: www.bmestudios.com

DecembroDecembroDecembroDecembro 1: Xornada de formación no Cole. “Contención mecánica”. Profesor: Joan Sala. 3: Día da discapacidade. Inauguración da exposición da traxectoria do Club deportivo S. Xerome (1ª parte). Remata o día 18 de decembro. 10: O Paxe real do Corte Inglés, visita o Centro. 12,13: Xornadas informativas ós Coles do Baixo Miño (orientadores/as, profes PT, AL…), para dar a coñecer os obxectivos e funcionamento do S. Xerome. 14-5 xaneiro 2013: Mercado Solidario na Praza Elíptica de Vigo. 15: Participamos no Trofeo Michel Salgado de fútbol sala. Amparo nomeada mellor porteira do Torneo. 16: Festival da ANPA no Auditorio de Goián. 17: Carmen Márquez (BATA), visita o noso Centro para analizar varios casos. 19: As Unidades educativas no Estadio de Balaídos. 21: Festa de Nadal. Sesión discoteca no “Enjoy” (A Guarda). 23: Un grupo de atletas participa na presente edición da Carreira do Pavo.

Torneo Fútbol sala organizado pola fundación Michel Salgado O vencedor absoluto do Torneo foi o Rácing Club de Chapela, o noso equipo foi 4º clasificado, e a mellor

noticia é que Amparo Ferreira foi proclamada a mellor porteira da competición.

Page 23: ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI MEMORIA · Paseo pola ecovia Ponte de Lima - Ponte da Barca II Rockteiro en bici - Ponte de Lima 28.01.12 O pasado sábado un grupiño de afeccionados

Ó remate da competición houbo un interesantísimo programa de actividades: partido de exhibición do Celta

Indoor, Máster Class de Aeróbic e Sorteo de agasallos no que os nosos deportistas tiveron moita sorte, e

trouxeron para A Guarda camisolas e ata as botas de Michel Salgado do seu equipo inglés (Blackburn

Rovers F.C.)

Festival do ANPA do San Xerome

Presentou o acto, Johny Pérez, xardiñeiro do Servizo de adultos e Sonia Barros, secretaria da ANPA.

Actuaron o grupo de baile do San Xerome, dirixido por Josué, deron un concerto maxistral o grupo

“Acevedosdelgados”, para rematar coa actuación de Baile de salón de María José e Josué.

Celebróuse un sorteo dos Lotes navideños, resultando agraciados os seguintes números: 127, 353, 205 e

972. Graciñas ós asistentes polos vosos apláusos e noraboa ós gañadores do sorteo.

Page 24: ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI MEMORIA · Paseo pola ecovia Ponte de Lima - Ponte da Barca II Rockteiro en bici - Ponte de Lima 28.01.12 O pasado sábado un grupiño de afeccionados

Festa de Nadal no San Xerome Sesión Discoteca no ENJOY. Agradecemento enorme ós propietarios e traballadores da Sala polo trato

exquisito ós mozos e mozas do S. Xerome, pola boa música, polos refrescos cos que nos agasallaron, e

polas facilidades para utilizar a Discoteca nun horario non habitual… GRACIÑAS!!!

Remataba o día cunha comida especial, ofrecida polo cátering ALESSA.

Día moi intenso co que remataban as actividades no Centro neste complicado ano 2012. Agardamos tod@s

que o vindeiro 2013, sexa un pouquiño mellor.

Carreira do Pavo (Vigo) Amparo Ferreira fixo un tempo de 25’12”, 41 posición e Maite Santos 25’47”, clasificada 43. Os atletas

masculinos participaron na 6ª carreira integrando as categorías Xuvenil, Júnior e Veteranos homes cunha

distancia de 6.213 m. Borja Cadilla realizou un tempo de 24’12”, 86º clasificado; Luís Antonio 25’23”

clasificado 126º e Francisco Varela 33’45”, clasificado 174º. Todos deron o mellor acadando o 1º obxetivo

deste ano que remata. O club para estes días de vacacións ten prevista unha concentración dos atletas

para afinar a forma cara ó vindeiro ano, ánimo e seguir adestrando para realizar uns Campionatos

Nacionais, Estatais de campo a través e pista nas mellores condicións físicas. Bó Nadal.

Page 25: ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI MEMORIA · Paseo pola ecovia Ponte de Lima - Ponte da Barca II Rockteiro en bici - Ponte de Lima 28.01.12 O pasado sábado un grupiño de afeccionados

25 profesionais analizan no San Xerome a integración escolar Ademáis de abordar as repercusións que están a ter os recortes presupuestarios na integración escolar, e

sobre todo na modalidade de “integración combinada”, e de coñecer “en directo” o traballo diario que se

realiza no San Xerome, os participantes amosaron a súa satisfacción por este encontro, xa que se

considerou imprescindible un vínculo de colaboración entre os centros educativos ordinarios e o centro

específico de Educación Especial de referencia na zona.

A Guarda, Xaneiro 2013A Guarda, Xaneiro 2013A Guarda, Xaneiro 2013A Guarda, Xaneiro 2013