benvidos a primeiro ciclo
DESCRIPTION
INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.TRANSCRIPT
Boletín de Información ás Familias 1º Ciclo
Educación Primaria CPI Mosteiro-Meis
Estamos no
Primeiro Ciclo!
1º e 2º de Primaria
Curso 2012-2013
1
É moi importante ter en conta que…
No Primeiro Ciclo de Primaria o alumnado comeza a ESCO-
LARIDADE OBRIGATORIA. A asistencia á escola debe ser regu-
lar. As faltas de puntualidade e asistencia teñen que ser xusti-
ficadas.
HABILIDADES LECTOESCRITORAS. Este Ciclo é básico para a
adquisición e /ou xeralización de aprendizaxes ins-
trumentais imprescindibles para o seu desenvol-
vemento no resto das aprendizaxes .
A COLABORACIÓN entre a familia e o profesorado é funda-
mental para acadar o éxito escolar. É necesario manter comu-
nicación para intercambiar información, suxestións e ideas.
A ACTITUDE DA FAMILIA na casa débese amosar interese polo
que se fai na escola e valorar o esforzo e rendemento acorde
coa súa capacidade. Hai que asegurar momentos de comuni-
cación e conversa cos fillos, fomentar o diálogo
familiar. Agradecemos a colaboración nos
Proxectos Educativos que desenvolvemos ao
longo do ano.
Hábitos e Normas
Nas AUSENCIAS do centro en mitade dunha xornada lectiva
(incluída asistencia a comedor) cubrirase o impreso facilitado en
conserxería. En todo caso as faltas XUSTIFICARANSE mediante
documento que o acredite e/ou usando o impreso vixente do
centro que deberá ser asinado polo pai/nai/titor-a
legal.
A LECTURA DIARIA é una actividade básica.
O alumnado usará a AXENDA ESCOLAR todos os días e as fa-
milias revisarán o seu contido. Esta Axenda
Viaxeira é una ferramenta que facilita a co-
municación diaria entre as familias e o pro-
fesorado, e axudará ao alumnado a realizar
as tarefas na casa para o día seguinte.
Os nen@s necesitan seguir unhas pautas de comportamento
que lles permitan ter AUTOCONTROL. É importante que todos
os coidadores do nen@ (nai, pai, avoa…) compartan
as normas e sinalen límites como prevención de
comportamentos non axeitados e/ou anomalías de
conducta.
Saúde e Hixiene
É necesario que cada neno traia diariamente
unha botella de AUGA na mochila. As botellas
de auga non se comparten.
É conveniente almorzar ben polas mañás e traer
MERENDA para o recreo aínda que o nen@ non a pida.
O contaxio de piollos é frecuente. Non de-
penden dos hábitos de limpeza e poden afec-
tar a calquera persoa. INFORME ao centro se
o seu fillo-a está infestado e revise a súa ca-
beza a miúdo.
INFORME ao centro sobre as ENFERMIDADES, ALERXIAS e
INTOLERANCIAS ou mesmo das medicacións que está a to-
mar o seu fillo-a e que poidese ter relevancia para as súas
actividades na escola.
Celebracións de Aniversario
Poden traer algo caseiro que lles sirva de al-
morzo do día e os utensilios necesarios para
tomar o pastel (pratos, cubertos,…). Aconse-
llamos evitar as chucherías.
Roupa
Os días de Educación Física é necesario que
asistan con roupa axeitada para o desenvolvemen-
to das actividades no ximnasio. Un Chándal e cal-
zado deportivo son indispensables.
A roupa de abrigo debe estar marcada co nome e a ser posi-
ble cunha fita que facilite ser colgada nos percheiros.
Coordinadora do 1º Ciclo Silvia Rey Acuña
Titora 1ºA
Pilar Sánchez-Agustino Rodríguez
Titor 1º B Silvia Rey Acuña
Titora 2ºA
Mª Luz Muñoz Heras
Titora 2ºB: Marta Varela Losada
Profesorado de apoio no Ciclo:
Ana González Neira
HORARIO ATENCIÓN ÁS FAMILIAS
Días Preferentes 2º e 4º martes de cada mes. De 16.30 a 17.30h.
Para unha mellor atención solicite con anterioridade unha en-trevista co titor-a. IMPORTANTE: é conveniente asistir ás entrevistas como mínimo unha vez por trimestre. As reunións non son para os nenos e nenas polo que convén que non os traian con vostedes.