biografÍas de astrÓnomos espaÑoles de referencia …...cursou ciencias exactas por libre nas...

29
13 BIOGRAFÍAS DE ASTRÓNOMOS ESPAÑOIS DE REFERENCIA NO SÉCULO XX TODOCOSMOS 2014

Upload: others

Post on 26-Mar-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: BIOGRAFÍAS DE ASTRÓNOMOS ESPAÑOLES DE REFERENCIA …...Cursou Ciencias Exactas por libre nas universidades de Oviedo e Madrid, rematando os ... J. M, COBOS, J. M. Pedro Carrasco

13 BIOGRAFÍAS DE ASTRÓNOMOS ESPAÑOIS DE REFERENCIA NO SÉCULO XX

TODOCOSMOS 2014

Page 2: BIOGRAFÍAS DE ASTRÓNOMOS ESPAÑOLES DE REFERENCIA …...Cursou Ciencias Exactas por libre nas universidades de Oviedo e Madrid, rematando os ... J. M, COBOS, J. M. Pedro Carrasco

Con estas cortas biografías de 13 astrónomos/as españois, que xa non están connosco,

pretendemos, desde esta tribuna que nos ofrece a FECYT a través do programa TODOCOSMOS, homenaxear a quenes puxeron os cimentos da puxante astronomía española actual.

Ás figuras lendarias de Josep Comas Solá e Ramón María Aller, seguiulles unha xeración que, cun tremendo esforzo naquela época, soibo facerse un oco e superarse,

sobre todo na Universidade, pero tamén en Observatorios salientables, e cuxo tesón serviu para iniciar unha cadea de científicos de prestixio que fixo posible a gran eclosión da Astronomía española nas súas diferentes pólas, alcanzando un nivel

internacional que difícilmente poderían imaxinar os pioneiros. Grazas a todos eles.

Iván Fernández Pérez

José Ángel Docobo Durántez

Page 3: BIOGRAFÍAS DE ASTRÓNOMOS ESPAÑOLES DE REFERENCIA …...Cursou Ciencias Exactas por libre nas universidades de Oviedo e Madrid, rematando os ... J. M, COBOS, J. M. Pedro Carrasco

ÍNDICE

ALLER ULLOA, RAMÓN MARÍA (1878-1966)........................................................... 4 CARRASCO GARRORENA, PEDRO (1883-1966) ....................................................... 6

CATALÁ POCH, MARÍA ASUNCIÓN(1925-2009) ..................................................... 8 CID PALACIOS, RAFAEL (1918-2004) ...................................................................... 10

COMAS SOLÁ, JOSÉ (1868-1938)............................................................................... 12 FERRÍN MOREIRAS, ANTONIA (1914-2009) .......................................................... 14 MARTÍNEZ-RISCO Y MACÍAS, MANUEL (1888-1954) .......................................... 16

ORTE LLEDÓ, ALBERTO (1919-2011) ...................................................................... 18 ORÚS NAVARRO, JUAN JOSÉ DE (1921-2005) ....................................................... 20

ROMAÑÁ PUJO, ANTONIO (1900-1981) ................................................................... 22 SÁNCHEZ MAGRO, CARLOS (1944-1985) ............................................................... 24 TORROJA MENÉNDEZ, JOSÉ MARÍA (1916-1994) ................................................. 26

VIVES SOTERAS, TEODORO (1926-2014)................................................................ 28

Page 4: BIOGRAFÍAS DE ASTRÓNOMOS ESPAÑOLES DE REFERENCIA …...Cursou Ciencias Exactas por libre nas universidades de Oviedo e Madrid, rematando os ... J. M, COBOS, J. M. Pedro Carrasco

ALLER ULLOA, RAMÓN MARÍA (1878-

1966)

Nado no Pazo de Filgueiroa (Lalín) o 3 de febreiro de 1878. Estudou bacharelato no colexio dos xesuítas da Guarda, ingresando

posteriormente nos seminarios de Lugo e Santiago onde obtivo a licenciatura e o doutoramento en sagrada teoloxía.

Cursou Ciencias Exactas por libre nas universidades de Oviedo e Madrid, rematando os seus estudos nesta última en 1904, na que tamén obtivo o grao de doutor en 1943.

Nos primeiros anos do pasado século comezou a realizar en Lalín as súas primeiras observacións astronómicas co instrumental que dispoñía: un anteollo de 67 mm. e un

teodolito, remitindo ao Observatorio de Madrid as que efectuou tanto do tránsito de Mercurio de 1907 como do cometa Johannesburgo 1910a.

Entre 1911 e 1920 desprazouse nos veráns ao observatorio privado que Luis Ocharan tiña en Castro Urdiales, no que puido utilizar instrumental de gran calidade, e grazas a

esta experiencia decidiu crear o seu propio observatorio estable en Lalín que tomou xeito en 1917.

En 1924 adquire un refractor Steinheil co que amplía as súas investigacións ao estudo das estrelas dobres, tema do que foi un dos pioneiros en España. Varios dos seus traballos neste eido foron publicados na revista alemá Astronomische Nachrichten, unha

das máis prestixiosas da época.

Publicou ademais outros traballos sobre pasos por verticais perpendiculares, cometas, planetas, auroras, chuvias de meteoros, tránsitos, eclipses, etc., así como sobre diversas cuestións matemáticas e de divulgación científica. Entre eles salientan tres libros

Algoritmia, Introducción a la Astronomía e Astronomía a simple vista.

En 1940, e grazas ás xestións de Enrique Vidal Abascal, ingresou como profesor de matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela, da que foi nomeado posteriormente catedrático de Astronomía. En 1943 creouse o Observatorio

Astronómico da Universidade de Santiago de Compostela, dotado fundamentalmente co instrumental procedente do Observatorio de Lalín, e foi nomeado director deste, cargo

que ocupou ata o seu falecemento. Neste centro formou unha importante escola de investigadores tanto en matemáticas como en astronomía e dirixiu cinco teses de doutoramento, as de Vidal Abascal, Cid Palacios, Mújica Buhigas, Zaera de Toledo e

Ferrín Moreiras.

Na asemblea xeral da IAU celebrada en Zurich en 1948, ingresou na Comisión 26 (estrelas dobres) e a partir de aí formou parte da Comisión Nacional de Astronomía. Foi membro de varias sociedades científicas e recibiu numerosos nomeamentos e

distincións pola súa traxectoria académica, científica e humana.

Finou aos 88 años en Lalín o 28 de marzo de 1966.

BIBLIOGRAFÍA

Page 5: BIOGRAFÍAS DE ASTRÓNOMOS ESPAÑOLES DE REFERENCIA …...Cursou Ciencias Exactas por libre nas universidades de Oviedo e Madrid, rematando os ... J. M, COBOS, J. M. Pedro Carrasco

ALLER, R. M. Las publicaciones científicas del Dr. D. Ramón María Aller Ulloa.

Edición preparada por José Ángel Docobo Durántez. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela. 1991. 721 pp.

ALLER, R. M. Paso de Mercurio por delante del Disco del Sol el 14 de noviembre de 1907. Observaciones verificadas en Lalín. Edición facsímile do manuscrito inédito con

prólogo de José Ángel Docobo Durántez. En: Descubrindo Deza, nº 12, 2012, pp. 107-153.

DOCOBO, J. A. La obra científica de Aller Ulloa. Editado en Santiago de Compostela pola Fundación Alfredo Brañas. 1991. 80 p. ISBN 84-404-9716-4.

DOCOBO, J. A. Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación astronómica en Galicia. En: Revista de la Real Academia Galega de Ciencias, volume XXX, ano 2011,

pp. 127-166.

DOCOBO, J. A. “Ramón María Aller Ulloa”, en Álbum da Ciencia. Consello da Cultura Galega. 2012. [data de lectura: 03/09/2014] [URL: http://www.culturagalega.org/albumdaciencia/detalle.php?id=237

DOCOBO, J.A. Ramón María Aller Ulloa, Astrónomo e matemático. Ouvirmos,

Biografías de científicos. 2014. ISBN: 978-84-941053-5-7 FERNANDEZ, I. Evolución histórica de la Astronomía en España. Editor: José Ángel

Docobo Durántez. Impreso en Santiago de Compostela por “Lápices 4”. 2009. 403 p. ISBN: 978-84-692-7002-8.

FERNANDEZ, I., DOCOBO, J.A. As matemáticas e a astronomía en Galicia. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela.

2011. 140 p. ISBN: 978-84-9887-819-6

VIDAL, E. Ramón María Aller Ulloa: unha vida apaixoada pola ciencia e chea de bondade. Serie: Hombres que hicieron Galicia. Edición patrocinada po lo Banco del Noroeste. Vigo, 1979, 93 p.

Page 6: BIOGRAFÍAS DE ASTRÓNOMOS ESPAÑOLES DE REFERENCIA …...Cursou Ciencias Exactas por libre nas universidades de Oviedo e Madrid, rematando os ... J. M, COBOS, J. M. Pedro Carrasco

CARRASCO GARRORENA, PEDRO

(1883-1966) Nado en Badaxoz o 17 de novembro de 1883. Estudou Ciencias Físicas na Universidade

de Madrid onde obtivo o grao de doutor en 1909.

1918 é un grande ano para el, xa que obtén a cátedra de Física Matemática da Universidade de Madrid (aínda que xa viña impartindo docencia en dita Universidade) e consegue tamén unha praza como astrónomo no Observatorio de Madrid (era auxiliar

neste dende 1905).

Foi director do Observatorio de Madrid dende o 9 de agosto de 1934 ata 1939, ano no que se exilia en México pola súa pertenza a Izquierda Republicana.

No observatorio madrileño traballou en astronomía xeodésica, observación espectroscópica solar (descubriu unha nova liña coronal na eclipse de 1914) e en

instrumentación astronómica óptica. As súas publicacións máis salientables en revistas internacionais son:

- P. Carrasco (1920). Observaciones de Nova Cygni. Astr. Nach. Nº 5050. - P. Carrasco (1915). Sur la structure du spectre de raies de la couronne solaire.

Comptes Rendus de l´Academie des Sciences. Vol 161, p. 631-632. - P. Carrasco (1914): Observación del espectro coronal en Feodosia. Astr. Nach. 200, nº

4785, 147. - P. Carrasco (1914): Observación del espectro coronal en Feodosia. Comptes Rendus de l Academie des Sciences. Vol 159, p. 740-741.

Tamén publicou varios artigos sobre as tres conferencias que ofreceu Albert Einstein en

Madrid. Foi membro correspondente da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales.

Durante o seu exilio en México dedicouse ao ensino no Instituto Politécnico Nacional, na Escuela Normal Superior e na UNAM.

Finou en México o 22 de outubro de 1966.

Page 7: BIOGRAFÍAS DE ASTRÓNOMOS ESPAÑOLES DE REFERENCIA …...Cursou Ciencias Exactas por libre nas universidades de Oviedo e Madrid, rematando os ... J. M, COBOS, J. M. Pedro Carrasco

BIBLIOGRAFÍA

LÓPEZ ARROYO, M. El Real Observatorio Astronómico de Madrid (1875-1975).

Editado por: Dirección General del Instituto Geográfico Nacional. 2004. ISBN: 84-95172-86-0.

LÓPEZ ARROYO, M. La espectroscopía en el Observatorio Astronómico de Madrid. Recollido en: Boletín astronómico del Observatorio de Madrid. Volume VIII. Nº 2.

1972.

VAQUERO, J. M, COBOS, J. M. Pedro Carrasco Garrorena (1883-1966) una aproximación a su biografía (I). En: Llul: Revista de la Sociedad Española de Historia de las Ciencias y de las Técnicas, vol. 23, nº 48, 2000, pp. 711-734.

VAQUERO, J. M, COBOS, J. M. Pedro Carrasco Garrorena (1883-1966) una

aproximación a su biografía (y II). En: Llul: Revista de la Sociedad Española de Historia de las Ciencias y de las Técnicas, vol. 24, nº 49, 2001, pp. 201-216.

Page 8: BIOGRAFÍAS DE ASTRÓNOMOS ESPAÑOLES DE REFERENCIA …...Cursou Ciencias Exactas por libre nas universidades de Oviedo e Madrid, rematando os ... J. M, COBOS, J. M. Pedro Carrasco

CATALÁ POCH, MARÍA ASUNCIÓN

(1925-2009)

Nada en Barcelona o 14 de xullo de 1925. Licenciouse en Ciencias (Sección de

Matemáticas) en 1953. En canto á súa actividade docente en astronomía na Universidade de Barcelona, un ano antes de licenciarse, xa se incorporara no posto de axudante (a cátedra de Astronomía ocupábaa por aquel entón o profesor Febrer Carbó).

Posteriormente pasaría a ser adxunta interina en 1960 e adxunta numeraria dende 1975. Coa chegada da Lei de Reforma Universitaria (LRU) pasaría a ser profesora titular ata a

súa xubilación en 1990. Tamén foi profesora de ensino secundario dende o curso 1952-1953 ao 1974-1975.

Defendeu en 1971 a súa tese de doutoramento co título de “Contribución al estudio de la Dinámica de los Sistemas Estelares a simetría cilíndrica”. A doutora Catalá (como era

coñecida entre os seus alumnos), durante a súa etapa investigadora publicou numerosos artigos e presentou relatorios en congresos dentro das seguintes liñas de investigación: órbitas de cometas, manchas solares, historia da astronomía árabe, astronomía de

posición, dinámica dos sistemas estelares, dinámica galáctica, estrutura da nube de Oort e astrodinámica.

Ademais da súa ampla relación de artigos, publicou varios libros: Contribución a la Dinámica de los Sistemas Estelares –a súa tese de doutoramento- (1971), Colisiones

binarias en el problema restringido de los tres cuerpos (1971), Astrodinámica (1972), Astronomía (1978), Mecánica celeste (1983), Introducción a la Astronomía (Guía para profesores de BUP) (1984), Elementos de Astrodinámica (1984), Curso de introducción

a la Astronomía y Astrofísica (1986) e Apuntes de Astronomía (1987). En 2007 veu a luz o libro Astronomía esférica y Mecánica Celeste (na que tamén figuran como autores

Juan José de Orús e Jorge Núñez de Murga). Dirixiu as teses de doutoramento de Gaspar Roselló (1981), Joan Carandell (1986),

Jaume Sanz (1987), Jaume Calaf (1987), José Miguel Juan Zornoza –codirixida xunto a Jaume Sanz- (1993), Trinidad Cadefau (1994) e a de Santiago Alcobé López –

codirixida xunto a Blai Sanahuja e Rafael Cubarsi- (2001). Tamén participou en diversas accións de divulgación.

Entre outros méritos, foi membro da Comisión 46 da IAU para o ensino da astronomía e en abril de 2009 recibiu a Cruz de San Jordi, a máxima distinción científica da

Generalitat de Catalunya. Finou o 3 de xullo de 2009.

Page 9: BIOGRAFÍAS DE ASTRÓNOMOS ESPAÑOLES DE REFERENCIA …...Cursou Ciencias Exactas por libre nas universidades de Oviedo e Madrid, rematando os ... J. M, COBOS, J. M. Pedro Carrasco

BIBLIOGRAFÍA

Català I Poch, Assumció. [en liña]. 13 de xaneiro de 2013. Dispoñible na web:

http://scbcientifics.iec.cat/index.php?option=com_content&task=view&id=103&Itemid=1&lang=es [Consulta: 15 de xullo de 2014].

FERNANDEZ, I. Evolución histórica de la Astronomía en España. Editor: José Ángel Docobo Durántez. Impreso en Santiago de Compostela por “Lápices 4”. 2009. 403 p.

ISBN: 978-84-692-7002-8.

Page 10: BIOGRAFÍAS DE ASTRÓNOMOS ESPAÑOLES DE REFERENCIA …...Cursou Ciencias Exactas por libre nas universidades de Oviedo e Madrid, rematando os ... J. M, COBOS, J. M. Pedro Carrasco

CID PALACIOS, RAFAEL (1918-2004)

Nado en Vigo o 22 de outubro de 1918.

Remata os seus estudos de bacharelato un mes antes do inicio da guerra civil e non

puido recibir docencia universitaria ata rematar esta. Así, en 1939 matriculouse como alumno libre na Facultade de Ciencias (Sección de Exactas) da Universidade Central de Madrid, obtendo a licenciatura en 1944. Durante estes anos compaxinou estes estudos

cos de Peritaxe Mercantil e ademais daba clases na Academia Cid.

Tras rematar a licenciatura trasládase a Santiago de Compostela, ao incipiente Observatorio Astronómico da Universidade, que estaba dirixido polo padre Aller. Foi Ramón María Aller Ulloa quen dirixiu a súa tese de doutoramento baixo o título

Contribución al estudio de estrellas dobles visuales. Dita tese foi apadriñada por Esteban Terradas e defendida na Universidade Central de Madrid en 1948. Tras a

defensa da tese preparou oposicións ao corpo de meteorólogos conseguindo praza. Provisionalmente estivo destinado no aeroporto de Lavacolla (Santiago de Compostela), e posteriormente, xa con destino definitivo, no de Gando (As Palmas de Gran Canaria).

Alí, Rafael Cid continuou colaborando co Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago de Compostela durante varios anos.

En 1952 trasládase a Zaragoza para ocupar unha praza libre no corpo de meteorólogos no aeroporto de dita cidade e onde estaba vacante a cátedra de Astronomía da

universidade zaragozana. Así, compaxinou o seu traballo de meteorólogo co desempeño do ensino como profesor axudante de varias materias na Universidade de Zaragoza e coa preparación para acceder á cátedra vacante. É en xuño de 1957 cando gaña a

oposición para catedrático de Astronomía dedicándose plenamente dende entón á docencia e investigación na Universidade de Zaragoza.

O seu principal campo de traballo foi a moderna Mecánica Celeste (con especial énfase nas teorías analíticas do movemento de satélites artificiais) sendo o seu introdutor en

España. Dirixiu máis de 20 teses de Doutoramento en dita rama.

Publicou varios libros de texto destinados á docencia dos que podemos salientar: Mecánica Teórica –xunto a J.M.Iñíguez- (1965), Curso de Astronomía (1970), Curso de Mecánica –xunto a V. Camarena Badía- (1978), Curso de Mecánica Celeste (1979),

Curso de Geodesia. Geodesia geométrica y teorías auxiliares (1985), On the problem of the internal constitution of the Earth –xunto a Y. Lana-Renault- (1991) e Geodesia

geométrica, Física por satélites –xunto S. Ferrer Martínez- (1999). Ademais da dedicación docente e investigadora de Cid saliéntase tamén as súas labores

administrativas como vicedecano da Facultade de Ciencias (de maio de 1967 a xullo de 1968), decano de dita facultade (de xullo de 1968 a marzo de 1972), director do ICE

(dende 1973 ata 1978) e director do Departamento de Física da Terra e do Cosmos (dende 1967 ata 1986).

Entre os seus nomeamentos podemos salientar os de académico da Academia de Ciencias de Zaragoza (1958), conselleiro adxunto do CSIC (1966), membro da

Page 11: BIOGRAFÍAS DE ASTRÓNOMOS ESPAÑOLES DE REFERENCIA …...Cursou Ciencias Exactas por libre nas universidades de Oviedo e Madrid, rematando os ... J. M, COBOS, J. M. Pedro Carrasco

Comisión Nacional de Astronomía e da Unión Astronómica Internacional (1970).

Dentro desta última institución, o profesor Cid foi seleccionado pola Comisión 7 (Mecánica Celeste) en 1982 como un dos vinte expertos para o “Advising Comitee”.

Finalmente foi profesor emérito da Universidade de Zaragoza. Finou o 3 de marzo de 2004.

BILIOGRAFÍA

ELIPE, A. Rafael Cid: su obra científica. Recollido en: La Máquina del Cielo:

reflexiones astronómicas en torno a la investigación de Cid Palacios. Edita: Excma. Diputación General de Aragón (Departamento de Educación y Ciencia). 2002. ISBN: 84-7753-918-9.

FERNANDEZ, I. Evolución histórica de la Astronomía en España. Editor: José Ángel

Docobo Durántez. Impreso en Santiago de Compostela por “Lápices 4”. 2009. 403 p. ISBN: 978-84-692-7002-8.

FERNANDEZ, I., DOCOBO, J. A. As matemáticas e a astronomía en Galicia. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela.

2011. 140 p. ISBN: 978-84-9887-819-6.

Page 12: BIOGRAFÍAS DE ASTRÓNOMOS ESPAÑOLES DE REFERENCIA …...Cursou Ciencias Exactas por libre nas universidades de Oviedo e Madrid, rematando os ... J. M, COBOS, J. M. Pedro Carrasco

COMAS SOLÁ, JOSÉ (1868-1938)

Nado en Barcelona o 19 de decembro de 1868.

Tras rematar o bacharelato matriculouse na Facultade de Ciencias (Sección de Fisicomatemáticas) da Universidade de Barcelona onde obtivo a súa licenciatura. En 1890 comezou as súas observacións astronómicas cun telescopio Bardou de 108 mm.,

en concreto sobre planetas. Os seus traballos foron enseguida prezados no estranxeiro, sendo publicados extensamente polas principais revistas europeas de astronomía da

época (como Bulletin de la Société Astronomique de France, L´Astronomie, Comptes rendus da Academia de Ciencias de París, Astronomische Nachrichten, Britísh Astronomical Journal…) e tomados en consideración e analizados polos máis eminentes

astrónomos do momento.

En 1895 foi contratado por Rafel Patxot como astrónomo do Observatorio Catalá de San Felíu de Guíxols (Xirona). Pero ao cabo de ano e medio, Comas deixa o proxecto para construír o seu propio Observatorio na cidade de Barcelona (Vila Urania), dotándoo cun

refractor Grubb de 15,6 centímetros.

En 1901 foi nomeado académico da Real Academia de Ciencias e Artes de Barcelona e traballou na creación do Observatorio Fabra, inaugurado en 1904 e do que foi director. A construción deste observatorio foi posible, grazas ao financiamento de Camilo Fabra,

primeiro marqués de Alella, e a consecución dos terreos por parte da Deputación Provincial no monte Tibidabo. Os seus primeiros instrumentos foron un refractor visual

e fotográfico Mailhat de 38 centímetros de apertura (donativo de Camilo Fabra) e un telescopio meridiano Mailhat de 20 centímetros con reloxo sidéreo Dent (achegado pola Deputación Provincial). Este Centro dedicouse á observación e estudo do Sistema Solar,

observacións de planetas, satélites, asteroides e traballos sistemáticos de astrometría.

Comas decidiu crear en 1911 a Sociedad Astronómica de España. Un ano máis tarde, a esta entidade engadíuselle o termo “y de América”.

Entre os seus logros saliéntanse a mención en 1908, por primeira vez, da posible existencia de atmosfera en Titán –confirmado por Kuiper en 1944-, o descubrimento de

11 pequenos planetas (entre 1915 e 1930), 2 cometas (o Schain-Comas Solá, efectuado simultaneamente por ambos astrónomos en 1925, e o Comas Solá en 1926) e 1 estrela variable (a 2 Libra de tipo Cefeida). Tamén salientou na observación de eclipses de sol.

Entre as súa distincións saliéntase que en 1905 a Sociedade Astronómica de Francia

outorgoulle o prestixioso premio Janssen. Comas Solá tamén salientou pola súa labor divulgativa, sendo innumerables as súas conferencias impartidas e os seus artigos no xornal La Vanguardia.

Finou o 2 de decembro de 1938. Os seus bens foron doados ao Concello de Barcelona.

Page 13: BIOGRAFÍAS DE ASTRÓNOMOS ESPAÑOLES DE REFERENCIA …...Cursou Ciencias Exactas por libre nas universidades de Oviedo e Madrid, rematando os ... J. M, COBOS, J. M. Pedro Carrasco

BIBLIOGRAFÍA

CODINA, J. M. En el centenario del Observatorio Fabra. Antecedentes, realizaciones,

proyectos compartidos de futuro. En: Jornadas Científicas 250 años de Astronomía en España 1753-2003. Editado por Miguel Vallejo. 2003, p. 53-62.

CODINA, J. M., NUÑEZ, J. y TORRAS, N. Astronomy at the Fabra Observatory during the 20th Century. Reial Acadèmia de Ciències i Arts de Barcelona. Centè

aniversari de l'Observatori Fabra, D.L.: B-18.747-08, pp. 23-38, (2008).

OLIVER, J. M. Historia de la Astronomía Amateur en España. Edita: Equipo Sirius (Madrid). 1997. ISBN: 84-86639-84-0.

Page 14: BIOGRAFÍAS DE ASTRÓNOMOS ESPAÑOLES DE REFERENCIA …...Cursou Ciencias Exactas por libre nas universidades de Oviedo e Madrid, rematando os ... J. M, COBOS, J. M. Pedro Carrasco

FERRÍN MOREIRAS, ANTONIA (1914-2009)

Nada en Ourense en 1914. Con anterioridade á guerra civil, cursou os estudos conducentes á obtención das licenciaturas en Ciencias (Sección de Químicas) e de

Farmacia, así como os dous anos de Exactas que estaban vinculados á Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela.

No curso 35-36 impartiu docencia no Instituto e na Universidade compostelás. Tras a contenda bélica compartiu a docencia cos estudos dos tres últimos anos da licenciatura

en Matemáticas, que cursou como alumna libre na Universidade Central de Madrid. Por aquel entón, Antonia Ferrín entrou en contacto con Ramón María Aller Ulloa, director do Observatorio Astronómico e catedrático de Astronomía na Universidade de Santiago

de Compostela.

Ademais das súas actividades docentes, obtivo unha bolsa do CSIC en 1950 (e a partir de 1952, un posto de axudante) para realizar distintas tarefas de investigación no Observatorio Astronómico de Santiago, entre elas ocultacións de estrelas pola Lúa e

sobre todo medidas micrométricas de estrelas dobres. Coa creación da Sección de Matemáticas en 1957, dentro da Facultade de Ciencias, a súa actividade docente na

universidade compostelá intensificouse, tendo que impartir numerosas materias. Anos despois gaña unha praza de catedrática numeraria de Matemáticas na Escola de

Maxisterio en Santander.

Dentro das súas actividades investigadoras, cabe salientar os seus traballos sobre a determinación de pasos por dous verticais, tema da súa tese de doutoramento dirixida por Ramón María Aller e defendida en Santiago en 1963, sendo deste xeito a primeira

tese lida na nova Sección de Matemáticas da universidade compostelá. Nese mesmo ano, por concurso de traslados, foi nomeada catedrática numeraria de Matemáticas na

Escola de Maxisterio “Santa María” de Madrid. Nesta cidade, impartiu ademais clases de Astronomía na Universidade Complutense de

Madrid como profesora adxunta numeraria da cátedra que dirixía José María Torroja Menéndez.

Finou en Santiago de Compostela en xullo de 2009.

Page 15: BIOGRAFÍAS DE ASTRÓNOMOS ESPAÑOLES DE REFERENCIA …...Cursou Ciencias Exactas por libre nas universidades de Oviedo e Madrid, rematando os ... J. M, COBOS, J. M. Pedro Carrasco

BIBLIOGRAFÍA

FERNANDEZ, I. El Observatorio Astronómico de la Universidade de Santiago de

Compostela. Editado por el Servizo de Publicacións e Intercambio Científico de la Universidade de Santiago de Compostela. 2006. ISBN 84-9750-649-9.

FERNANDEZ, I., DOCOBO, J.A. As matemáticas e a astronomía en Galicia. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico de la Universidade de Santiago de Compostela. 2011. 140

p. ISBN: 978-84-9887-819-6.

Page 16: BIOGRAFÍAS DE ASTRÓNOMOS ESPAÑOLES DE REFERENCIA …...Cursou Ciencias Exactas por libre nas universidades de Oviedo e Madrid, rematando os ... J. M, COBOS, J. M. Pedro Carrasco

MARTÍNEZ-RISCO Y MACÍAS, MANUEL (1888-1954)

Nado en Ourense. Cursou o bacharelato nesta cidade e logo trasladouse a Madrid para

estudar Física licenciándose en 1908. Ao ano seguinte, grazas á Junta de Ampliación de Estudios (JAE) gozou dunha bolsa en Holanda, onde se formou co premio Nobel Pieter

Zeeman en varios campos da Física. En 1911 defende a súa tese de doutoramento “Asimetría de los tripletes de Zeeman” e

tras ser durante algún tempo profesor auxiliar de Ciencias na Universidade Central de Madrid obtivo en 1914 a cátedra de Acústica e Óptica da Universidade de Zaragoza. En

1918 obtén por concurso de traslados a mesma cátedra en Madrid. Fixo importantes contribucións no eido da Astronomía. En 1923 instalou un laboratorio

de Astrofísica equipado cun espectrógrafo no Observatorio Astronómico de Madrid (OAM). Martínez-Risco tiña experiencia dende a súa estadía en Ámsterdam (entre 1909

e 1911) no manexo deste instrumento e foi nomeado agregado ao Observatorio para traballar en dito laboratorio, labor que exerceu durante tres anos.

As publicacións científicas de Manuel Martínez-Risco que quedaron como froito desta colaboración son as seguintes:

MARTÍNEZ-RISCO, M. Un concepto de aparato interferencial. Anuario OAM para 1924, pp. 337-347. Madrid. 1923.

MARTÍNEZ-RISCO, M. Análisis espectral del meteorito del 19 de junio de 1924.

Anuario OAM para 1925, pp. 435-456. Madrid 1924. MARTÍNEZ-RISCO, M. Estudios generales sobre aberración esférica de orden

superior. Invariantes de los dioptrios de revolución. Anuario OAM para 1927, pp. 439- 492. Madrid 1926.

Tras a guerra civil exiliouse en Francia. En París continuou cunha gran labor científica no Centre National de la Recherche Scientifique, especialmente en estudos de ondas

luminosas.

A súa obra completa foi reeditada en París en 1976 por Presses Universitaires de France.

Page 17: BIOGRAFÍAS DE ASTRÓNOMOS ESPAÑOLES DE REFERENCIA …...Cursou Ciencias Exactas por libre nas universidades de Oviedo e Madrid, rematando os ... J. M, COBOS, J. M. Pedro Carrasco

BIBLIOGRAFÍA

FERNANDEZ, I., DOCOBO, J.A. As matemáticas e a astronomía en Galicia. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela.

2011. 140 p. ISBN: 978-84-9887-819-6.

GURRIARÁN, R. Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940). Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela. 2006. 763 p. ISBN: 978-84-9750-644-1.

LÓPEZ ARROYO, M. El Real Observatorio Astronómico de Madrid (1875-1975).

Editado por: Dirección General del Instituto Geográfico Nacional. 2004. ISBN: 84-95172-86-0.

Page 18: BIOGRAFÍAS DE ASTRÓNOMOS ESPAÑOLES DE REFERENCIA …...Cursou Ciencias Exactas por libre nas universidades de Oviedo e Madrid, rematando os ... J. M, COBOS, J. M. Pedro Carrasco

ORTE LLEDÓ, ALBERTO (1919-2011)

Nado en Melilla en 1919. En 1939 ingresou na Escola Naval Militar de San Fernando. Tras cursar estudos avanzados de Ciencias Físico-Matemáticas, e os de Diplomatura en

Astronomía e Xeofísica, na Escola de Estudos Superiores da Armada, especializouse na medida do tempo na Oficina Internacional da Hora, de París.

Posteriormente ingresou no Real Instituto e Observatorio da Armada (ROA), centro no que ocupou varios cargos, entre eles o de director dende 1977 a 1984.

A súa actividade científica máis salientable foi nas ramas da astrometría e sobre todo, no problema da medida do tempo (determinación da hora).

O seu estudo da medida do tempo, baseándose en observacións astrométricas cos

limitados instrumentos dos que dispoñía, ofreceu grandes resultados, o que lle valeu obter gran recoñecemento internacional.

Impulsou a modernización do instrumental do centro, salientando a adquisición dun novo equipo horario que permitiu a entrada do ROA na determinación do Tempo

Atómico Internacional, sendo dende entón responsable dito centro naval do Patrón Nacional do Tempo e da Hora Oficial de España.

Como recoñecemento ao seu traballo, xa en 1957, foi nomeado delegado de España no Comité Consultivo da Definición do Segundo.

Foi membro da Comisión Nacional de Astronomía, da Comisión Española de Xeodesia e Xeofísica, membro da Unión Astronómica Internacional (IAU) participando en varias

asembleas xerais (1973 Sidney, 1976 Grenoble, 1979 Montreal, 1982 Patras). Membro do Consello de Administración do Centro Astronómico Hispano-Alemán, vogal do

Comité científico técnico da Comisión Nacional de Investigación do Espazo, etc. En 1973 foi nomeado vicepresidente da Comisión 31 (Hora) da IAU e en 1976 foi

nomeado presidente desta (foi a primeira vez que un español ocupou unha presidencia dunha Comisión da IAU), ano no que tamén foi nomeado membro do Grupo Directivo

da Oficina Internacional da Hora en representación da IAU. Ademais foi membro das comisións 4 (Efemérides) e 19 (Rotación da Terra).

Entre outras distincións, foi académico correspondente da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales, de número da de San Romualdo, de San Fernando,

académico de honra da Real Academia Hispano Americana e medalla de ouro do Instituto de Academias de Andalucía.

Finou o 3 de abril de 2011.

Page 19: BIOGRAFÍAS DE ASTRÓNOMOS ESPAÑOLES DE REFERENCIA …...Cursou Ciencias Exactas por libre nas universidades de Oviedo e Madrid, rematando os ... J. M, COBOS, J. M. Pedro Carrasco

BIBLIOGRAFÍA

BOLOIX, R. El Real Instituto y Observatorio de la Armada. 250 años de actividad

científica. Recollido en: Actas de las Jornadas Científicas: 250 años de Astronomía en España 1752-2003. Editado por Miguel Vallejo. p. 1-12.

GONZALEZ, F. J. El Observatorio de San Fernando en el siglo XX. Edita: Ministerio de Defensa. 2004. 393 p. ISBN 84-9781-091-0.

CÓZAR, M. C. El fallecimiento del Excelentísimo Señor Don Alberto Orte Lledó [en

liña]. 5 de abril de 2011. Dispoñble na web: http://www.diariodecadiz.es/article/opinion/943630/fallecimiento/excelentisimo/senor/don/alberto/orte/lledo.html

[Consulta: 15 de xullo de 2014]

Fallece el almirante D. Alberto Orte Lledó [en liña]. 3 de abril de 2011. Dispoñible na web: http://www.sea-astronomia.es/drupal/node/2209 [Consulta: 15 de xullo de 2014]

Page 20: BIOGRAFÍAS DE ASTRÓNOMOS ESPAÑOLES DE REFERENCIA …...Cursou Ciencias Exactas por libre nas universidades de Oviedo e Madrid, rematando os ... J. M, COBOS, J. M. Pedro Carrasco

ORÚS NAVARRO, JUAN JOSÉ DE

(1921-2005)

Nado en Barcelona o 25 de setembro de 1921. Obtivo varios títulos universitarios:

licenciado en Ciencias Exactas (1944), licenciado en Ciencias Físicas (1947), doutor en Ciencias (1951), perito industrial (1954) e enxeñeiro industrial (1966). A súa tese levou por título “Contribución a la teoría de Chandrasekhar sobre la Dinámica de los Sistemas

Estelares”. Comezou a súa andadura docente no ano 1945 como axudante de Astronomía na Facultade de Ciencias da Universidade de Barcelona, ata o ano 1947 no

que pasa a ser profesor adxunto. No ano 1960 trasladouse a Oviedo onde gañara a cátedra de Astronomía da

universidade ovetense, aínda que logo impartiría docencia de Matemáticas Especiais (para químicos). No ano 1964 regresou á Universidade de Barcelona e ocupou por

concurso de traslado a cátedra de Astronomía Xeral e Topografía e Astronomía Esférica e Xeodesia, a cal xa non deixaría ata a súa xubilación en 1987. Foi o titular de dita cátedra ata o ano 1974 na Facultade de Ciencias e a partir dese ano en adiante xa como

Facultade de Física.

O Dr. Orús, na súa dilatada carreira desenvolveu as seguintes liñas de investigación: perturbacións seculares na Mecánica Celeste (1946-1970), historia da astronomía (1950-1987), dinámica dos sistemas estelares (1950-1987), ocultacións de estrelas pola Lúa

(1965-1975), seguimento óptico de satélites artificiais –xeodesia espacial- (1970-1975), seguimento radioeléctrico de satélites artificiais (1975-1980) e proxecto Hipparcos –

astrometría espacial- (1980-1987). Publicou numerosos artigos, así como os libros: Astronomía (1955), La forma de las

nebulosas extragalácticas (1961), Apuntes de Astronomía (1966), Movimiento de satélites artificiales (1969) e Apuntes de Dinámica Galáctica (1977). No ano 2007 veu

a luz o libro titulado Astronomía Esférica y Mecánica Celeste cuxa autoría pertence ao propio Orús, a María Asunción Catalá e a Jorge Núñez de Murga, sendo este último o responsable da edición.

Dirixiu ou participou como codirector nas teses de doutoramento de María Asunción

Catalá Poch (1971), Ramón Canal Masgoret (1973), Juan Casanovas Corderroure (1973), Carles Simó Torres (1974), Antonio Rius Jordan (1974), José Mª Massaguer Navarro (1976), Robert Estalella Boadella (1978), Jordi Isern Vilaboy (1978), Antonio

Jesús Delgado Sánchez (1979), Jorge Nuñez de Murga (1981), José Javier Labay Aguirre (1981), Rosa Mª Ros Ferré (1984), Jordi Torra Roca (1984), Ferrán Sala

Mirabet (1986) e Rafael Cubarsí i Morera (1988). Juan José de Orús é especialmente recoñecido por ter aglutinado a un grupo de

astrónomos formados en distintas ramas da astronomía dentro da Universidade de Barcelona, o cal non era moi habitual nos anos setenta e oitenta. Ese grupo constitúe o

núcleo do actual Departamento de Astronomía e Meteoroloxía da institución catalá.

Page 21: BIOGRAFÍAS DE ASTRÓNOMOS ESPAÑOLES DE REFERENCIA …...Cursou Ciencias Exactas por libre nas universidades de Oviedo e Madrid, rematando os ... J. M, COBOS, J. M. Pedro Carrasco

Entre outras distincións, pertenceu ao cadro de persoal do Observatorio Fabra (1946-

1960), director do Departamento de Física da Terra e do Cosmos (1967-1987) e decano da Facultade de Física (1974-1975).

Finou o 11 de setembro de 2005.

BIBLIOGRAFÍA

FERNANDEZ, I. Evolución histórica de la Astronomía en España. Editor: José Ángel Docobo Durántez. Impreso en Santiago de Compostela por “Lápices 4”. 2009. 403 p. ISBN: 978-84-

692-7002-8. NÚÑEZ, J. Juan José de Orús Navarro (1921-2005). En: Boletín de la SEA, número 15, inverno

2005-2006, pp. 2-3.

Page 22: BIOGRAFÍAS DE ASTRÓNOMOS ESPAÑOLES DE REFERENCIA …...Cursou Ciencias Exactas por libre nas universidades de Oviedo e Madrid, rematando os ... J. M, COBOS, J. M. Pedro Carrasco

ROMAÑÁ PUJO, ANTONIO (1900-1981)

Nado en Barcelona o 21 de marzo de 1900. Compaxinou os seus estudos eclesiásticos coa licenciatura en Exactas na Universidade de Barcelona. Posteriormente defendeu a

súa tese de doutoramento baixo o título “Criterios de existencia de órbitas cerradas”. Foi profesor de matemáticas e de astronomía, incorporándose posteriormente ao

Observatorio do Ebro. En 1939 pasaría a ocupar o cargo de director de dito observatorio substituíndo na dirección a Luis Rodés. Á súa chegada, e pese ás condicións de penuria

da posguerra emprendeu a tarefa da recuperación física e científica do observatorio. No aspecto científico de carácter astronómico, os anos corenta caracterízanse pola

colaboración con José María Torroja en traballos sobre eclipses. Tamén é de salientar un traballo de Romañá, Cardús e Torroja sobre o “efecto Terra” en relación coa

actividade solar, o cal iniciárase neste por Luis Rodés. Romañá impulsou dentro do CSIC a Unión Nacional de Astronomía e Ciencias Afíns

(UNACA) en 1946 (a proposta de José María Albareda, secretario do CSIC) que contou con Torroja como principal colaborador. A idea desta entidade pertencente ao Padroado

Afonso X o Sabio era unha especie de Departamento de Astronomía dentro do CSIC que aglutinaba a todos os centros de investigación astronómica de España.

Tivo un importante papel nas relacións internacionais, tanto a nivel científico como a nivel oficial. En 1946 encargouse da negociación coa IAU para que España seguira

sendo membro desta (debido a problemas políticos e económicos) e conseguiuno grazas aos seus contactos con Jan Hendrik Oort (director do Observatorio de Leiden e secretario xeral da IAU) e ao astrónomo belga Jean Delporte. A solución que se atopou

foi que España podería encargarse do Servizo de Cálculo de Efemérides de pequenos planetas para todos os observatorios do mundo (servizo que viña realizando o

Astronomischen Rechen Institut e que interrompeu tras a II guerra mundial). A década dos cincuenta foi importante para o Observatorio do Ebro, xa que coa

adquisición en 1950 dun filtro Lyot para a observación da raia espectral H-alfa do hidróxeno puidéronse recuperar as observacións solares, tema principal de investigación

astronómica do centro dende a súa fundación. En 1970, o padre Romañá pediu ser relevado da dirección, aínda que seguiu activo

mentres a saúde lle acompañou. Finou o 13 de outubro de 1981.

Entre os cargos científicos que desempeñou salientamos os de presidente do Patronato Alfonso X o Sabio do CSIC, secretario (en funcións de presidente) da Unión Nacional de Astronomía e Ciencias Afíns (UNACA), vogal da Comisión Nacional de Astronomía

(CNA), vogal da Comisión Nacional de Investigación do Espacio (CONIE) e membro da Unión Astronómica Internacional entre outros moitos.

Page 23: BIOGRAFÍAS DE ASTRÓNOMOS ESPAÑOLES DE REFERENCIA …...Cursou Ciencias Exactas por libre nas universidades de Oviedo e Madrid, rematando os ... J. M, COBOS, J. M. Pedro Carrasco

BIBLIOGRAFÍA

BATLLÓ, J. y ROCA-ROSELL, A. El Observatorio del Ebro y la observación solar.

En: Jornadas Científicas 250 años de Astronomía en España 1753-2003. Editado por Miguel Vallejo. 2003, p. 19-24.

GARCÍA DONCEL, M. y ROCA-ROSELL, A. Observatorio del Ebro. Un siglo de Historia. (1904-2004). 2007. ISBN: 978-84-88253-05-7.

Page 24: BIOGRAFÍAS DE ASTRÓNOMOS ESPAÑOLES DE REFERENCIA …...Cursou Ciencias Exactas por libre nas universidades de Oviedo e Madrid, rematando os ... J. M, COBOS, J. M. Pedro Carrasco

SÁNCHEZ MAGRO, CARLOS

(1944-1985)

Nado en Valladolid o 26 de xullo de 1944.

Tras cursar o bacharelato, desprázase a Madrid para estudar Física dentro da Facultade

de Ciencias, onde coincidiu e comezou unha grande amizade co tamén astrónomo Eduardo Battaner. Rematou a licenciatura en 1967 e comezou a traballar no Departamento de Astronomía e Xeodesia da Universidade Complutense de Madrid

(UCM). Un ano máis tarde, presenta na UCM o seu traballo de licenciatura, baixo a dirección do profesor Jose María Torroja: “Instalación y puesta a punto de un

comparador de placas fotográficas". En outubro de 1968 trasládase a Tenerife para traballar en triangulacións xeodésicas

mediante datos obtidos por satélites artificiais. Alí coñeceu a Francisco Sánchez Martínez que o enrolou para o Observatorio do Teide e a Universidade da Laguna.

Neste observatorio realizou traballos sobre luz zodiacal e luminiscencia nocturna mentres que na universidade impartiu, entre outras materias, Óptica e Electricidade, primeiro como adxunto interino e logo como adxunto numerario (a partir de 1974).

Os seus traballos no Observatorio do Teide leváronlle en 1972 á obtención do grao de

doutor en Ciencias pola Sección de Matemáticas da Universidade da Laguna. A súa tese “Luz Zodiacal y actividad solar”, dirixida polo profesor Francisco Sánchez Martínez, foi cualificada con “Sobresaliente Cum Laude".

Nese mesmo ano trasládase cunha bolsa a Inglaterra, concretamente no Imperial College

de Londres onde se formou en astronomía infravermella. Nesta rama formou aos primeiros astrónomos españois neste eido e obtivo os primeiros resultados científicos de dita materia en España. Publicou traballos nas principais revistas internacionais e

desenvolveu en España os primeiros instrumentos neste ámbito (como o espectrofotómetro infravermello que formou parte do satélite ISO da ESA), polo que é

considerado como o pai da astronomía infravermella española. Tamén en 1972, o SRC inglés instala un telescopio infravermello de 1,5 metros de apertura que hoxe leva o seu nome no Observatorio do Teide.

Sánchez Magro foi o primeiro responsable da área de instrumentación do IAC e

deseñou entre outros aparellos, o telescopio IAC-80. En 1984 obtivo a cátedra de Astrofísica (instrumental e técnicas) na Universidade da

Laguna. Dirixiu tres teses de doutoramento (Mercedes Prieto Muñoz, Maximino J. Galán Núñez e Carlos Martínez Roger) e estaba dirixindo varias máis cando tivo lugar o

seu repentino falecemento o 5 de xullo de 1985, 6 días despois da solemne inauguración dos observatorios astronómicos das Illas Canarias.

Page 25: BIOGRAFÍAS DE ASTRÓNOMOS ESPAÑOLES DE REFERENCIA …...Cursou Ciencias Exactas por libre nas universidades de Oviedo e Madrid, rematando os ... J. M, COBOS, J. M. Pedro Carrasco

BIBLIOGRAFÍA

Biografía de Carlos Sánchez Magro. [en liña]. Dispoñible na web: http://www.syrma.net/docs/2009/05/06/sanchez/magro/doc_biografia.html [Consulta: 15 de xullo de 2014]

Page 26: BIOGRAFÍAS DE ASTRÓNOMOS ESPAÑOLES DE REFERENCIA …...Cursou Ciencias Exactas por libre nas universidades de Oviedo e Madrid, rematando os ... J. M, COBOS, J. M. Pedro Carrasco

TORROJA MENÉNDEZ, JOSÉ MARÍA (1916-1994)

Nado en Madrid o 29 de agosto de 1916. Tras obter a licenciatura en Ciencias na

Universidade de Madrid, leu a súa tese de doutoramento en 1941 a cal realizou no Observatorio do Ebro baixo a dirección do P. Enrique de Rafael. O tema da súa

Memoria coa que obtivo Premio Extraordinario, foi sobre a repetición de eclipses, campo no que publicara dous artigos con anterioridade. No Observatorio do Ebro, coñeceu ao P. Antonio Romañá ao que, ademais de colaborar

cientificamente con el, lle uniría unha gran amizade dende entón. Non pode entenderse a evolución da Astronomía en España na posguerra sen a activa participación destas

dúas persoas. Torroja, durante a primeira metade dos anos corenta, compartiría a docencia en Madrid coa investigación no Observatorio do Ebro.

Obtivo a cátedra de Astronomía Esférica e Xeodesia en 1945 na Universidade de Madrid (por entón denominada Central) e ideou o Seminario de Astronomía e Xeodesia

(hoxe Instituto de Astronomía e Xeodesia). Xunto a Antonio Romañá crearon a Unión Nacional de Astronomía e Ciencias Afíns (UNACA) e ambos participaron na posta en marcha do Observatorio do Teide.

Publicou numerosos traballos de Astronomía e Xeodesia en España –especialmente en

Urania e en Publicaciones del Seminario de Astronomía y Geodesia- nos anos corenta e cincuenta onde publicar algo, aínda que fose en revistas propias xa era todo un logro, debido ás desoladas que quedaron as institucións científicas en España tras a guerra

civil.

As contribucións de Torroja na década dos cincuenta estaban dedicadas fundamentalmente ao cálculo de órbitas de asteroides (7 artigos), e aos eclipses (2 artigos), salientando neste último ámbito na construción xunto ao profesor Eduardo

Bongera, dunha cámara para determinar os contactos interiores dos eclipses de sol. Os traballos sobre eclipses continuarían a principios da década dos sesenta (con outras 2

contribucións) e xa non aparecen traballos seus sobre asteroides nestas publicacións en dita década. Posteriormente, a partir da segunda metade da década dos sesenta dedicouse especialmente á xeodesia, coa que creou escola.

Ademais de catedrático, foi decano, vicerreitor, astrónomo do Observatorio de Madrid,

enxeñeiro xeógrafo, conselleiro do CSIC, membro da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales, e un longo etcétera.

Dirixiu ou actuou de relator en 5 teses de doutoramento, a de José María González Aboín (1965), Miguel Jesús Sevilla de Lerma (1973), Teodoro Vives Soteras (1975),

Carmen Morales Durán (1980) e Ricardo Vieira Díaz (1984). Finou o 20 de decembro de 1994.

Page 27: BIOGRAFÍAS DE ASTRÓNOMOS ESPAÑOLES DE REFERENCIA …...Cursou Ciencias Exactas por libre nas universidades de Oviedo e Madrid, rematando os ... J. M, COBOS, J. M. Pedro Carrasco

BIBLIOGRAFÍA

LÓPEZ ARROYO, M. El Real Observatorio Astronómico de Madrid (1875-1975). Editado por: Dirección General del Instituto Geográfico Nacional. 2004. ISBN: 84-95172-86-0.

FERNANDEZ, I. Evolución histórica de la Astronomía en España. Editor: José Ángel

Docobo Durántez. Impreso en Santiago de Compostela por “Lápices 4”. 2009. 403 p. ISBN: 978-84-692-7002-8.

Page 28: BIOGRAFÍAS DE ASTRÓNOMOS ESPAÑOLES DE REFERENCIA …...Cursou Ciencias Exactas por libre nas universidades de Oviedo e Madrid, rematando os ... J. M, COBOS, J. M. Pedro Carrasco

VIVES SOTERAS, TEODORO (1926-2014)

Teodoro Vives obtivo a licenciatura en Ciencias Físicas na Universidade de Barcelona

con Premio Extraordinario e o doutoramento na Universidade de Madrid. Ao longo da súa dilatada carreira traballou en diversos centros de investigación: Observatorio Interamericano de Cerro Tololo (Chile), Observatorio Vaticano de Castelgandolfo

(Italia), Observatorio de Cartuja (España), Observatorio Astronómico Remeis de Bamberg (Alemaña), Instituto Max Planck de Astronomía de Heidelberg (Alemaña),

Instituto de Astronomía y Física del Espacio de Buenos Aires (Arxentina), Observatorio da Piedade de Belo Horizonte (Brasil), Observatorio de Cambridge (Reino Unido) e o Observatorio do Valongo de Río de Janeiro (Brasil). Tamén exerceu a docencia en

diferentes universidades como a Universidade Complutense de Madrid, Universidade de Granada, Universidade Federal de Belo Horizonte e Universidade Federal de Río de

Janeiro. Foi director do Observatorio de Cartuja (Granada) dende 1965 ata 1968, no que

impulsou a actividade astronómica en dito centro, que naqueles anos non pasaba polo seu mellor momento. Grazas á instalación dun fotómetro fotoeléctrico de corrente

continua no Observatorio, púidose desenvolver un programa sistemático de observacións de estrelas variables.

Entre as iniciativas de Teodoro Vives temos que salientar o seu empeño en crear unha estación de observación fóra da cidade de Granada, en concreto en Serra Nevada, no

cumio denominado “Mohón del Trigo”, a 2.606 metros de altura. Esta instalación foi o xerme do Observatorio de Serra Nevada dependente do Instituto Astrofísico de Andalucía (IAA-CSIC).

Como director do Observatorio de Cartuja (hoxe dependente da Universidade de

Granada e cunha actividade principal en estudos de sismoloxía) conseguíu a sinatura de dous convenios de cooperación, un co Real Observatorio de Greenwich (RGO), e outro co Instituto Max Planck de Aeronomía de Lindau, que propiciou unha mellora

substancial da formación de persoal investigador no ámbito da astronomía en Granada.

Como docente na Universidade Complutense de Madrid, propiciou tamén contactos coa Universidade de Basel en Suíza para a realización polos seus alumnos de teses de doutoramento no eido da astronomía.

Foi tamén codirector do Observatorio de Calar Alto (Almería) entre 1984 e 2003.

Publicou varios traballos de divulgación dirixidos ao público de distintos niveis.

A súa actividade internacional fíxolle merecedor da Medalla ao Mérito da República Federal de Alemaña.

Finou o 11 de febreiro de 2014 en Almería.

Page 29: BIOGRAFÍAS DE ASTRÓNOMOS ESPAÑOLES DE REFERENCIA …...Cursou Ciencias Exactas por libre nas universidades de Oviedo e Madrid, rematando os ... J. M, COBOS, J. M. Pedro Carrasco

BIBLIOGRAFÍA

FERNANDEZ, I. Evolución histórica de la Astronomía en España. Editor: José Ángel

Docobo Durántez. Impreso en Santiago de Compostela por “Lápices 4”. 2009. 403 p. ISBN: 978-84-692-7002-8.

GALADÍ, D. Teodoro Vives, figura de referencia de la astronomía española [en liña]. 18 de febreiro de 2014. Dispoñible na web:

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/02/18/actualidad/1392762268_933948.html [Consulta: 16 de xullo de 2014]

Ha fallecido el profesor Teodoro Vives [en liña]. 13 de febreiro de 2014. Dispoñible na web: http://www-sea-astronomia.es/drupal/content/ha-fallecido-el-profesor-teodoro-

vives [Consulta: 16 de xullo de 2014]