boletín de problemas electricidade 2

2

Click here to load reader

Upload: belenlo25

Post on 30-Jul-2015

286 views

Category:

Education


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Boletín de problemas electricidade 2

BOLETÍN DE PROBLEMAS- ELECTRICIDADE

1. Calcule que intensidade de corrente por un cable se por el pasaron 20 C en 10 segundos. Sol: 2A.

2. A cantos miliamperios e microamperios equivalen 0,27 A? Sol: 270 mA; 2,7·105 μA.

3. Canto tempo tardarán en pasar 36 C se a intensidade é de 3A? Sol: 12s.

4. Que cantidade de electróns atravesaron un radiador se a intensidade foi de 8 A e funcionou durante 2 horas? Sol: 3,59·1023 electróns.

5. Determine a resistencia que ofrece unha barra de grafito de 2,5 m de longo e 3 cm 2 de sección. ρgrafito=0,0460 (Ω·mm2 /m). Sol: 0,0004 Ω.

6. Que lonxitude debe ter un fío de cobre se o seu diámetro é de 0,3 mm e queremos que ofreza unha resistencia de 7 Ω? Dato: ρcobre=0,0172 (Ω·mm2 /m). Sol: 28,76 m.

7. Pode ocorrer que a diferenza de potencial (ddp) nos extremos dun receptor teña un valor superior á forza electromotriz (fem) do xerador? Por que? E ao revés?

8. Dispóñense de dúas pila conectadas en serie para alimentar un electroimán. Sabendo que a resistencia interna do electroimán é de 6 Ω e as fem, 4,5 V e 12 V, determine a potencia perdida, debido ao efecto Joule, e a tensión nos bornes de saída se a resistencia interna de cada pila é de 1 Ω.

9. Un circuíto en serie dispón de dúas lámpadas e un motor de 8, 4 e 3 Ω, respectivamente. Sabendo que se atopa conectado a unha batería de 12 V. Calcule:

a) Intensidade de corrente que atravesa o circuíto.b) Voltaxe ou tensión en cada un dos receptores.c) Enerxía consumida por cada receptor ao cabo de 10 horas.

10.Determine a intensidade total no circuíto da seguinte figura:

Supoñendo que R1= 6 Ω, R2= 5 Ω, R3= 7 Ω. A diferenza de potencial nos extremos da pila é de 12 V. Sol: 2,80 A

11.Hai catro receptores en paralelo nun circuíto de valores resistivos 7, 3, 9 e 6 Ω. Se a tensión de alimentación é de 6 V, determine a enerxía total consumida ao cabo de 24 horas e a diferenza de potencial nos extremos do receptor de resistencia 9 Ω.

12.Que carga ten un condensador de 30 μF si está conectado a unha tensión de 200V?

13.Determine a carga almacenada dun condensador de 5 μF si se conecta a unha tensión de 20 V?

14.Unha batería está formada por doce elementos de 2 V de forza electromotriz, cunha resistencia interna de 0,1 Ω. Estes elementos están agrupados para obter 12 V de baleiro.a) Debuxe o esquema da agrupación.b) Calcule a súa resistencia interna equivalente.c) Si conectamos unha resistencia de 4 Ω nos terminais de saída, determine a intensidade total do circuíto, a

caída de tensión da resistencia interna da batería e o rendemento da mesma.