boletín digital del grupo ibérico de aves marinas · 19:00 tertulia-debate con los ponentes y...

11
BOLETÍNAPOEGAL Boletín Dixital da Asociación Profesional de Orientación Educativa de Galicia Nº 7 – XUÑO 2007 A Asociación Profesional de Orientación Educativa de Galicia constitúese no ano 2004 co obxectivo de defender e promover a Orientación Educativa en tódalas súas vertentes APOEGAL é membro de: BOLETÍNAPOEGAL nº 7 – Páx. 1

Upload: trinhdien

Post on 27-Apr-2018

214 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Boletín Digital del Grupo Ibérico de Aves Marinas · 19:00 Tertulia-debate con los ponentes y cuatro orientadores (de ... Mitos y realidades. ... blogs de centros no primeiro Premio

BOLETÍNAPOEGAL

Boletín Dixital da Asociación Profesional de Orientación Educativa de Galicia

Nº 7 – XUÑO 2007

A Asociación Profesional de Orientación Educativa de Galicia

constitúese no ano 2004 co obxectivo de defender e promover a Orientación Educativa en tódalas súas vertentes

APOEGAL é membro de:

BOLETÍNAPOEGAL nº 7 – Páx. 1

Page 2: Boletín Digital del Grupo Ibérico de Aves Marinas · 19:00 Tertulia-debate con los ponentes y cuatro orientadores (de ... Mitos y realidades. ... blogs de centros no primeiro Premio

ÍNDICE DE CONTIDOS

ACTUALIDADE DE APOEGAL

-Entrevista coa directora xeral, páxina 3

-Nova Xunta Directiva, páxina 4

TRIBUNA ABERTA -Unha chamada á participación, páxina 5

-Unha experiencia en orientación, páxina 6 IV ENCONTRO NACIONAL DE ORIENTACIÓN, páx. 7-9

páxina 11

I PREMIO ESPIRAL EDUBLOGS, -Premiado un blog de orientación galego, páxina 10

CONTACTA CON NÓS,

BOLETÍNAPOEGAL nº 7 – Páx. 2

Page 3: Boletín Digital del Grupo Ibérico de Aves Marinas · 19:00 Tertulia-debate con los ponentes y cuatro orientadores (de ... Mitos y realidades. ... blogs de centros no primeiro Premio

ACTUALIDADE DE APOEGAL

ENTREVISTA COA DIRECTORA XERAL

Resumo da entrevista mantida o pasado mes (04/05/07) entre dous representantes de APOEGAL e a directora Xeral de Ordeación e Innovación Educativa. Acuden, en representación de APOEGAL, José Luis Rodríguez Ruibal, presidente, e Luis Alberto

Varela Pérez, vocal da comisión asesora.

Entrégaselle á directora xeral de Ordeación e Innovación Educativa, Mª José Pérez Mariño, o

documento que recolle as principais reivindicacións do noso colectivo e, concretamente, se tratan os

seguintes temas:

1. Cobertura de plazas de orientación en primaria por persoas sen titulación específica.

Comentamos o feito de que en algúns departamentos de orientación de primaria se estaban a

cubrir prazas de orientación con persoal sen nengunha titulación axeitada para o

desenvolvemento das funcións que nos son propias. A contestación que recibimos foi que se

trataba de situacións moi puntuais e ailladas.

2. Desenvolvemento da disposición transitoria decimoquinta da LOE. Comentouse ca directora

xeral o punto no que se atopaban as accións da consellería en torno ó desenvolvemento da

disposición transitoria. Neste punto, nos comentou que non dispuña de información suficiente

sobre este tema nese momento. O que sí nos comentou é que consideraba que se trataba

dunha reivindicación de carácter laboral e sindical.

3. Presuposto dos departamentos de orientación de primaria. En torno a este punto

informóusenos que os departamentos de orientación de primaria de nova creación dispoñían

dun presuposto de 1200 euros o primeiro ano; a partir de ahí, o presuposto ordinario para os

departamentos de primaria era de 700 euros.

4. Adscrición de centros ós departamentos de orientación. A tendencia do equipo da consellería

neste aspecto é a de establecer un orientador ou orientadora por cada 12 unidades educativas

a medio prazo. Nas zonas donde existen CPIs e IES, o feito de cargar a adscrición nos

orientadores dos CPIs se basa na similitude de etapas e procesos educativos entre estes

centros e os centros adscritos.

5. Dispoñibilidade horaria para reunións de coordinación titorial. Demandouse a necesidade de

recoller nos regulamentos orgánicos unha reducción horaria para o profesorado titor co fin de

poder establecer reunións de coordinación titorial. Recollida esta demanda, apuntóunos

igualmente que esas horas tiñan cabida dentro das horas complementarias de carácter fixo.

6. Horario de titoría para alumnado de educación primaria e ensinanza secundaria non

obrigatoria. No caso de primaria, desde a consellería se considera que tódolos profesores

teñen funcións titoriais, polo que non se ve necesario ter un horario específico para esas

tareas. No caso de bacharelato e ciclos se nos dixo que é unha cuestión a estudar, deixando

aberta a posibilidade de establecer algún período horario para tareas de titoría, especialmente

orientación académica e profesional.

BOLETÍNAPOEGAL nº 7 – Páx. 3

Page 4: Boletín Digital del Grupo Ibérico de Aves Marinas · 19:00 Tertulia-debate con los ponentes y cuatro orientadores (de ... Mitos y realidades. ... blogs de centros no primeiro Premio

ACTUALIDADE DE APOEGAL

RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA

Na última asemblea de APOEGAL, celebrada o 5 de maio en Santiago de Compostela, tocaba renovar

os membros da Xunta Directiva. A única candidatura presentada foi refrendada polos votos dos

socios presentes e dos que delegaron o seu voto.

Deste xeito, a nova Xunta Directiva quedou constituída do seguinte modo:

Presidente: Daniel Veiga Martínez

Vicepresidenta: Ana Torres Jack

Secretaria: Gema Castro Pico

Tesoureiro: Luis Alberto Varela Díaz

Vocal de Formación: Juan Luis Rodríguez

Vocal de Comunicación: Sonia Ferro Cid

Perdoade a calidade das fotos pero... ¡foron feitas cun teléfono móvil!

BOLETÍNAPOEGAL nº 7 – Páx. 4

Page 5: Boletín Digital del Grupo Ibérico de Aves Marinas · 19:00 Tertulia-debate con los ponentes y cuatro orientadores (de ... Mitos y realidades. ... blogs de centros no primeiro Premio

TRIBUNA ABERTA

Entre todos e todas facemos APOEGAL: unha chamada á participación

Daniel Veiga Martínez Presidente de APOEGAL [email protected]

Como novo presidente de Apoegal quero facer un chamamento a todos os asociados/as para

que participen activamente nas distintas iniciativas que leve adiante a Asociación. As persoas que

estamos na Xunta Directiva precisamos das vosas aportacións, comentarios e críticas: entre todos/as

facemos Apoegal.

En primeiro lugar, sinalar que só dispomos de compañeiros/as para a comisión de

comunicación e da de formación. Non hai asociados/as nas comisións de Novas Tecnoloxías, Asesora

e de Recursos.

En segundo lugar, anímovos a participar coas vosas aportacións no Boletín da Asociación.

Temos que facer un esforzo e perder o medo a dicir –escribir- sobre o noso traballo orientador.

En terceiro lugar, quero facer un especial chamamento á colaboración nos Blogs da

Asociación. Eu son un defensor do formato Blog –modalidade de páxina web de uso moi sinxelo- e

veño traballando nos dous blogs. A miña intención é que tales ferramentas potencien a participación e

a colaboración activa do conxunto dos asociados/as. Para iso, vou poñer a vosa disposición un correo

electrónico ao que poderedes mandar as vosas achegas:

OS TEUS BLOGS BLOG DE APOEGAL Calquera información educativa que vos pareza interesante para os compañeiros/as pode ter oco no blog.

http://apoegal.blogia.com

BLOG DE RECURSOS DE APOEGAL Recomenda un libro, un artigo, un blog, unha actividade formativa..........

http://recursosapoegal.blogia.com

O CORREO ELECTRÓNICO DE CONTACTO PARA PARTICIPAR NOS BLOGS [email protected]

Para rematar o chamamento á participación de todos/as, anotar que unha das propostas de

traballo que nos marcamos –como prioritaria- ten relación coa planificación e a potenciación da

formación permanente dos orientadores/as. Para isto, queremos contar coas vosas propostas e

preferencias formativas.

MOITAS GRAZAS, COMPAÑEIROS/AS

BOLETÍNAPOEGAL nº 7 – Páx. 5

Page 6: Boletín Digital del Grupo Ibérico de Aves Marinas · 19:00 Tertulia-debate con los ponentes y cuatro orientadores (de ... Mitos y realidades. ... blogs de centros no primeiro Premio

TRIBUNA ABERTA

Experiencias en orientación

Luisa Abad Abad Orientadora no IES Menéndez Pidal, A Coruña [email protected]

Luisa Abad envíanos o folleto informativo que elaborou dende o seu Departamento de Orientación e

que recolle un completo programa informativo dirixido a nais e pais de alumnos. Temas tan diversos e

interesantes como a estructura do sistema educativo, a educación sexual, o maltrato entre iguais ou as

claves do éxito escolar son algúns dos contidos do programa Aprender para Educar, que tivo unha

gran acollida entre as familias dos estudantes.

É, sen dúbida, unha interesante iniciativa para fortalecer e mellorar a relación entre dúas realidades

“obrigadas” a entenderse: a familia e a escola.

BOLETÍNAPOEGAL nº 7 – Páx. 6

Page 7: Boletín Digital del Grupo Ibérico de Aves Marinas · 19:00 Tertulia-debate con los ponentes y cuatro orientadores (de ... Mitos y realidades. ... blogs de centros no primeiro Premio

IV ENCUENTRO NACIONAL DE ORIENTADORES

Os compañeiros da Asociación Castellano-Leonesa de Psicología, que xa están na faena de organizar

o IV Encuentro Nacional de Orientadores, adiántannos o programa do evento, que se celebrará en

Burgos os días 25, 26 e 27 de 2008. Esperamos que, nesta ocasión, sexamos moitos os profesionais

galegos presentes no encontro.

PROGRAMA

VIERNES 25 DE ABRIL 16:00 Recepción materiales 16:30 Inauguración Oficial 17:00 Mesa Redonda: “La Orientación Hoy: echando la vista atrás”

• D. César Coll Salvador Catedrático de Psicología Evolutiva y de la Educación de la Universidad de Barcelona

• D. Álvaro Marchesi Ullastres (Pendiente de confirmación) Catedrático de Psicología Evolutiva y de la Educación de la Universidad Complutense de Madrid y Ex Secretario de Estado de Educación.

18:30 Descanso-café 19:00 Tertulia-debate con los ponentes y cuatro orientadores (de

EOEP, de DO, de la Universidad, de los servicios de empleo). 21:30 Recepción en el Salón Rojo del Excmo. Ayuntamiento de

Burgos*. (Pendiente de confirmación).

BOLETÍNAPOEGAL nº 7 – Páx. 7

Page 8: Boletín Digital del Grupo Ibérico de Aves Marinas · 19:00 Tertulia-debate con los ponentes y cuatro orientadores (de ... Mitos y realidades. ... blogs de centros no primeiro Premio

IV ENCUENTRO NACIONAL DE ORIENTADORES

SÁBADO 26 DE ABRIL 09:30 Comunicaciones paralelas (hasta 3)*11:30 Descanso-café 12:00 Conferencia-taller: “La gestión del aula desde un enfoque preventivo”

• D. Juan Vaello Orts. Psicopedagogo. Director del IES Bernat de Sarriá de Benidorm. Profesor Tutor de Psicología General y Psicología Evolutiva en la UNED de Denia-Benidorm. Habitual colaborador en Cursos de Formación del Profesorado.

14:00 Comida en la Facultad de Derecho*. (Opcional, se pagará el día anterior)

16:30 Comunicaciones paralelas (hasta 3)*18:30 Descanso-café 19:00 Tertulia-debate: ¿Son los centros educativos de hoy focos de conflicto?:

Mitos y realidades.

• D. Javier Urra Portillo,

• D.Juan Vaello Orts

• Dª. Isabel Fernández García.

• Modera: Dª. Carmen Mendieta, Redactora de Educación del Diario de Burgos.

22:00 Cena de Gala*. (Opcional, se pagará junto con la inscripción)

BOLETÍNAPOEGAL nº 7 – Páx. 8

Page 9: Boletín Digital del Grupo Ibérico de Aves Marinas · 19:00 Tertulia-debate con los ponentes y cuatro orientadores (de ... Mitos y realidades. ... blogs de centros no primeiro Premio

IV ENCUENTRO NACIONAL DE ORIENTADORES

DOMINGO 27 DE ABRIL: 09:30 Comunicaciones paralelas (hasta 3)* 09:30 Asamblea COPOE 10:30 Asamblea ACLPP 11:30 Descanso-Café 12:00 Conferencia de Clausura:"El Futuro de nuestros alumnos: El

acompañamiento educativo en una sociedad plural, digital y en red”

• D. Jaume Funes Artiaga (Psicólogo, educador y periodista. Profesor de Psicología Social de la Universidad Ramon Llull. Especialista en adolescencia y dificultades sociales. Asesor, supervisor y docente en diferentes aspectos de la atención a los adolescentes y jóvenes.

13:30 Clausura.

Para obter máis información, podedes visitar a páxina web oficial:

www.ivencuentroorientadores.com

BOLETÍNAPOEGAL nº 7 – Páx. 9

Page 10: Boletín Digital del Grupo Ibérico de Aves Marinas · 19:00 Tertulia-debate con los ponentes y cuatro orientadores (de ... Mitos y realidades. ... blogs de centros no primeiro Premio

PREMIOS E CONCURSOS

Un blog de orientación galego galardoado no I Premio Espiral Edublogs: ¡Noraboa, Daniel!

O blog de Orientación do IES García Barbón, de Verín –Ourense-, recibiu o 2º Premio na categoría de

blogs de centros no primeiro Premio Espiral Edublogs. En concreto, Daniel Veiga, ou sexa, o

presidente de APOEGAL, é o autor da premiada Guía de Información Académica e Profesional que

podedes visitar en http://orientacion.blogia.com/ . Ademais, outro blog dun grupo de traballo do mesmo

instituto foi finalista neste mesmo certame nacional.

A Xornada Espiral -Aplicacións educativas da web 2.0: edublogs- tiveron lugar os días 8 e 9 de xuño

en Barcelona onde estivo Daniel para recoller este premio:

Toda a relación de blogs premiados os tedes en http://ciberespiral.net/edublogs/2007/05/13/i-premio-

espiral-edublogs-2007/ Merece a pena que lle botedes unha ollada...

BOLETÍNAPOEGAL nº 7 – Páx. 10

Page 11: Boletín Digital del Grupo Ibérico de Aves Marinas · 19:00 Tertulia-debate con los ponentes y cuatro orientadores (de ... Mitos y realidades. ... blogs de centros no primeiro Premio

Contacta con nós

Se aínda non es socio, podes solicitarnos información e a folla de inscrición á dirección electrónica que aparece máis abaixo ou directamente na páxina web.

Se polo contrario xa es socio, entonces xa saberás que podes poñerte en contacto con nós para o que necesites:

Asociación Profesional de Orientación Educativa de Galicia

Páxina web: www.apoegal.com

Correo electrónico da asociación: [email protected]

Blogs: http://apoegal.blogia.com e http://recursosapoegal.blogia.comCorreo electrónico para enviar colaboracións aos blogs: [email protected]

Todas as túas propostas, artigos, experiencias

ou colaboracións son benvidos.

Un chisco de humor...

Edita: Xunta Directiva de APOEGAL

BOLETÍNAPOEGAL nº 7 – Páx. 11