cabullerÍa: cordas e nÓs - edu.xunta.gal · a cabullería é hoxe unha actividade de apoio a...
TRANSCRIPT
![Page 1: CABULLERÍA: CORDAS E NÓS - edu.xunta.gal · A cabullería é hoxe unha actividade de apoio a outras de carácter deportivo ou recreativo como a escalada, a pesca, ... Listados de](https://reader031.vdocuments.pub/reader031/viewer/2022021719/5ba1597d09d3f2b66a8c1cbf/html5/thumbnails/1.jpg)
CABULLERÍA: CORDAS E NÓS
Dende sempre se teñen utilizado as cordas para diversos usos: amarrar, empaquetar, tirar, trenzar… Nas casas podemos atopar cordas de distintas medidas para cometidos diferentes.
Ademáis as cordas pódennos servir para realizar gran variedade de nós moi útiles e vistosos. A todas estas posibilidades se refire a CABULLERÍA. A cabuyería é o arte de facer e desfacer correctamente nós, lazos, amarres… mediante o emprego de cordas. Ven da palabra de orixe caribeño “cabuya”, que é un tipo de pita (planta coa que se fan cordas) daquelas latitudes.
A cabullería é hoxe unha actividade de apoio a outras de carácter deportivo ou recreativo como a escalada, a pesca, o camping ou a náutica.
Un nó é a unión dunha corda consigo mesma ou con outras despois de ter realizado un percorrido determinado. Canto máis tiramos dos extremos ou chicotes, máis apreta.
O importante é seleccionar o nó axeitado para cada uso.
Algúns termos empregados en cabullería son:
-‐ CABO: extremo dunha corda que utilizamos para a realización dun nó. -‐ SEO: curvatura que se forma nunha corda sen tensión. -‐ CHICOTE: punta dun cabo.
CARACTERÍSTICAS DUN NÓ: é axeitado para un uso determinado cando:
1. É fácil de facer e recoñecer. 2. Non se pode desfacer só e sóltase facilmente despois de sometelo a
tensión. 3. Ten unha carga de rotura elevada.
![Page 2: CABULLERÍA: CORDAS E NÓS - edu.xunta.gal · A cabullería é hoxe unha actividade de apoio a outras de carácter deportivo ou recreativo como a escalada, a pesca, ... Listados de](https://reader031.vdocuments.pub/reader031/viewer/2022021719/5ba1597d09d3f2b66a8c1cbf/html5/thumbnails/2.jpg)
CLASIFICACIÓN DOS NÓS
NÓS DE TOPE OU REMATE: Fanse no extremo dunha corda.
Nó simple Oito
EMPALMES DE CABOS: Serven para unir dúas cordas ou facer un anel unindo os dous extremos dunha soa corda.
Rizo Pescador
GAZAS: É un anel ou bucle pechado. (non se pode abrir nin pechar)
As de guía Oito dobre
![Page 3: CABULLERÍA: CORDAS E NÓS - edu.xunta.gal · A cabullería é hoxe unha actividade de apoio a outras de carácter deportivo ou recreativo como a escalada, a pesca, ... Listados de](https://reader031.vdocuments.pub/reader031/viewer/2022021719/5ba1597d09d3f2b66a8c1cbf/html5/thumbnails/3.jpg)
OITO
-‐ Serve como nó de tope ou remate, para evitar que un cabo se deslice ata o
final. -‐ Moi utilizado en náutica e mariñeiría. -‐ Ten de vantaxe que se afrouxará con facilidade aínda despois de ser sometido a
tensión.
Paso 1 Paso 2
Paso 3 Paso 4
![Page 4: CABULLERÍA: CORDAS E NÓS - edu.xunta.gal · A cabullería é hoxe unha actividade de apoio a outras de carácter deportivo ou recreativo como a escalada, a pesca, ... Listados de](https://reader031.vdocuments.pub/reader031/viewer/2022021719/5ba1597d09d3f2b66a8c1cbf/html5/thumbnails/4.jpg)
OITO
1. Cruzar o chicote por detrás do firme.
2. Agora pasalo por riba do firme.
3. Introducir pola primeira gaza que formou, obtendo a forma dun oito.
4. Azocar o nó deixando un chicote o suficientemente longo.
![Page 5: CABULLERÍA: CORDAS E NÓS - edu.xunta.gal · A cabullería é hoxe unha actividade de apoio a outras de carácter deportivo ou recreativo como a escalada, a pesca, ... Listados de](https://reader031.vdocuments.pub/reader031/viewer/2022021719/5ba1597d09d3f2b66a8c1cbf/html5/thumbnails/5.jpg)
RIZO
-‐ Serve como nó de empalme para unir dúas cordas idénticas. -‐ Non é unha unión demasiado segura. -‐ Utilízase normalmente para unir os dous cabos dunha mesma corda que non están
sometidos a tensión. -‐ Se os cabos van estar sometidos a calquera esforzó, deben realizarse nós de
tope nos extremos curtos.
![Page 6: CABULLERÍA: CORDAS E NÓS - edu.xunta.gal · A cabullería é hoxe unha actividade de apoio a outras de carácter deportivo ou recreativo como a escalada, a pesca, ... Listados de](https://reader031.vdocuments.pub/reader031/viewer/2022021719/5ba1597d09d3f2b66a8c1cbf/html5/thumbnails/6.jpg)
RIZO 1. Facer un medio nó simple.
2. Facer outro medio nó simple.
3. Os dous chicotes sairán paralelos ao firme.
4. Azocar ben tirando dos chicotes.
![Page 7: CABULLERÍA: CORDAS E NÓS - edu.xunta.gal · A cabullería é hoxe unha actividade de apoio a outras de carácter deportivo ou recreativo como a escalada, a pesca, ... Listados de](https://reader031.vdocuments.pub/reader031/viewer/2022021719/5ba1597d09d3f2b66a8c1cbf/html5/thumbnails/7.jpg)
PESCADOR
-‐ Serve de nó de empalme para unir dúas cordas. -‐ Recibe o seu nome pola frecuente utilización para unir ou alargar as liñas e
aparellos de pesca. -‐ En escalada utilizase para unir dúas cordas nas manobras de rápel. -‐ É conveniente que os cabos curtos teñan polo menos 10 cm de corda libre para
evitar que ó apretar se desfaga. -‐ Despois de tensión ou coas cordas molladas custa traballo desfacelo.
![Page 8: CABULLERÍA: CORDAS E NÓS - edu.xunta.gal · A cabullería é hoxe unha actividade de apoio a outras de carácter deportivo ou recreativo como a escalada, a pesca, ... Listados de](https://reader031.vdocuments.pub/reader031/viewer/2022021719/5ba1597d09d3f2b66a8c1cbf/html5/thumbnails/8.jpg)
AS DE GUÍA
-‐ Un dos nós máis coñecidos e usados. -‐ Forma unha gaza fixa ó extremo dun cabo para suxeitar calquera obxecto. -‐ Non se desliza, nin se afrouxa, nin morde o cabo e é fácil de realizar. -‐ Pódese desfacer con facilidade, incluso co cabo sometido a esforzo. -‐ A maior desvantaxe é a súa tendencia a afrouxarse cando se efectúa en cabos
moi ríxidos.
Paso 1 Paso 2
Paso 3 Paso 4
![Page 9: CABULLERÍA: CORDAS E NÓS - edu.xunta.gal · A cabullería é hoxe unha actividade de apoio a outras de carácter deportivo ou recreativo como a escalada, a pesca, ... Listados de](https://reader031.vdocuments.pub/reader031/viewer/2022021719/5ba1597d09d3f2b66a8c1cbf/html5/thumbnails/9.jpg)
AS DE GUÍA Hay unha regla nemotécnica para lembrar este nó en forma de conto (un lago e unha serpe)
1. Facer unha primeira gaza que será un lago.
2. O chicote pasará por debaixo do lago.
3. O chicote dará a volta á árbore (que é ol firme do cabo).
4. Volver a entrar de novo no lago.
![Page 10: CABULLERÍA: CORDAS E NÓS - edu.xunta.gal · A cabullería é hoxe unha actividade de apoio a outras de carácter deportivo ou recreativo como a escalada, a pesca, ... Listados de](https://reader031.vdocuments.pub/reader031/viewer/2022021719/5ba1597d09d3f2b66a8c1cbf/html5/thumbnails/10.jpg)
OITO DOBRE
-‐ Ás veces tamén se lle chama simplemente nó de oito. -‐ É o máis empregado en escalada. -‐ É o punto de unión entre a corda e o escalador. -‐ A vantaxe deste nó é que se pode desfacer fácilmente despois de estar
sometido a tensión. -‐ En cabos sintéticos, onde o as de guía pode esvarar, é unha boa alternativa.
![Page 11: CABULLERÍA: CORDAS E NÓS - edu.xunta.gal · A cabullería é hoxe unha actividade de apoio a outras de carácter deportivo ou recreativo como a escalada, a pesca, ... Listados de](https://reader031.vdocuments.pub/reader031/viewer/2022021719/5ba1597d09d3f2b66a8c1cbf/html5/thumbnails/11.jpg)
OITO TRENZADO 1. Facer un nó de oito simple
2. Formar un lazo
3. O cabo que ven do lazo segue ó nó do oito facendo o mesmo percorrido.
4. Axustar o nó.