campo da feira de arzúa
DESCRIPTION
Situación actual do Campo da FeiraTRANSCRIPT
ESPAZOS NATURAIS E DE USO PÚBLICO DE ARZÚA
Campo da feira de Arzúa
Localización:
Este espazo está situado en pleno centro urbán de Arzúa, ten por un lado o centro de saúde pola parte Este, polo outro lado cara o Oeste está situado o pabellón onde se enche de postos de venda de queixo cando se celebra á Feira do queixo que soe ser ó 1º fin de semana de marzo. Este campo da feira está delimitado por varias rúas todo redor, entre elas a do Padre Pardo que se comunica coa rúa principal (Rúa de Lugo) que cruza Arzúa dunha punta a outra.
Utilización: Rúa do Padre Pardo
Centro d e saúde
Pabellón municip al
Rúa con direcció n prohib ida cara este sent ido
Outra rúa, tamén entrada de coches
Outra rú acon saí da Escaleira s
Escaleira s
Utilización;
Actualmente este espazo utilízase como estacionamento de vehículos, aínda que non está marcado o estacionamento, esto ocorre os días que non hai feira xa que eses días ás zonas adicadas aos aparcadoiros son ocupadas polos diferentes postos de venda. Esta feira celébrase os días 8 e 22 de cada mes na que acuden diferentes persoas dos distintos lugares próximos a vila. A do día 8 remóntasese ao século XI, e a do día 22 data do século XVIII
sendo a do día 8 unha das máis importantes de España. Tamén cabe destacar á tradicional “Feira do Queixo de Arzúa”
que se celebra ó 1º fin de semana de marzo. O espazo está constituido por unha carballeira, tamén existe un
cuberto na parte sur que se utiliza como resgardo en caso de choiva. Parece ser que este cuberto con tellado de madeira é utilizado para degustalo pulpo á feira entre outras cousas.
Dimensións do espazo;
O campo da feira ten aproximadamente o redor duns 46 m.x 40 m, o que supón unha superficie total de 1.840 M2.
Antes da poda
Situación actual
Hai varios factores para destacar a situación actual deste espazo, un deles é a drástica poda a que foron sometidos ós diferentes árbores quedando practicamente só co tronco. Outros factores a destacar son tales como as diferentes infraestructuras que compoñen este espazo é o seu estado de conservación.
A parte dos árbores que hai nesta plaza que son concretamente;14 exemplares, 12 son Quercus robur é 2 son Plátanus sp. Tamén hai outras cousas como son;
• - Farolas-3• - Bancos-2 que están situados o carón do muro xunto a acera• - Papeleiras-2• - Fontes-2
- Macetas metálicas grandes para plantas-2• - Pivotes de madeira que separan a zona de herba que vai entre a
fila de árbores, do asfalto que hai polo medio da plaza para circular é estacionar os vehículos, así como para os peóns.
Estado de algunha infraestructura
O estado en que se encontran alguns compoñentes deste espazo non é o máis axeitado xa que carecen de algo, ou ben o seu funcionamento non é o correcto.
Pódese poñer ou amosar algún exemplo; Ás fontes existentes carecen de auga é presentan óxido.
O estado das escaleiras tamén merece especial mención, algunhas están rotas.
Tamén os pivotes de madeira están tirados ou rotos.
Carencias visibles;
Tamén a parte do estado de algunhas cousas deste espazo, pódense destacar algunhas carencias como por exemplo a ausencia de varandillas no muro de pedra que rodea ó campo, xa que o perigo que supón sobre todo para os nenos pequenos, posto que o muro en algún punto ten o reor dun metro de altura.
A falta de rampas para minusválidos é outra das cousas que non presta este espazo, sobre todo pola parte sur onde o desnivel do
terreo é importante, aínda que na parte norte non farían falta porque o terreo está o mesmo nivel.