cantiga de escarnio
TRANSCRIPT
LITERATURA GALEGA I
A literatura galego-portuguesa medieval. A cantiga de escarnio.
3º ESO.
Acto
Presentación do tema e esquema.
Esquema xeral.
1. A cantiga de escarnio e maldicir.1.1. Orixe.
1.2. Definición.
1.3. Clasificación temática.
1.4. Aspectos formais.
A cantiga de escarnio e maldicir
1.Orixe.-Lírica provenzal (sirventés: sátira de aspectos da política, da moral, da
relixión da sociedade do tempo ou de aspectos persoais)
2.- Definición.-Cantigas nas que todas a clases sociais son obxecto da burla máis cruel.
A diferenza do sirventés, non se pretende unha crítica seria senón unha burla que persegue facer rir.
A cantiga de escarnio e maldicir
3.- Clasificación temática.3.1.-Sátira política e militar.
Acontecementos relacionados co mundo militar, como a covardía dalgúns cabaleiros nas cruzadas.
3.2.- Sátira social.
Ridiculizan os diferentes estamentos sociais, e os seus comportamentos, sobre todo os infanzóns (nobre vidos a menos, arruinados pero orgullosos aínda, aferrados ao seu estatus privilexiado).
3.3.- Sátira de costumes.-
Costumes sociais da época como as crenzas en agoiros, astroloxía, maxia e bruxería, as modas no vestir…
A cantiga de escarnio e maldicir
3.4.-Sátira sexual.
Costumes relacionadas cos comportamentos e costumes sexuais (soldadeiras, cregos, monxas, homosexuais…).
3.5.- Sátira literaria.
Sobre os tópicos da cantiga de amor (p. ex. A gabanza da dama, ou a súa suposta beleza…) ou as habilidades versificatorias e musicais de certos xograres. Tamén trobadores que reaccionan ante o “intrusismo” dos xograres que compoñen.
3.6.- Sátira moral e relixiosa.-
Temática seria e amarga: os vicios máis estendidos na época. Máis parecidos ao sirventés, con intención didáctica e moralizadora e non burlesca.
A cantiga de escarnio e maldicir
4. Aspectos formais.Presenta semellanzas coa cantiga de amor, igual que o sirventés coa cançó.
Cantigas de escarnio. Con equívoco e dobre sentido.
Cantigas de maldicir. Sen equívoco nin dobre sentido