catro días ambientados pola música das bandas · garcía martí e rúa castelao nas prazas e...

4
El Correo Gallego. VIERNES 18 de AGOSTO de 2017 especial 29 realizarase unha exhibición dos clubes Aeromodelismo Furacán e Automodelismo RC Barbanza e dos Modelistas Navales do Barbanza Monobar. Ás 12.00 h, terá lugar o mesmo desfile que o día anterior, e ata as dúas, os pequenos gozarán, Catro días ambientados pola música das bandas na praza do Cantón, dun circui- to de cars, e na praza Irmáns Axeitos, de xogos de kermesse. No medio, a banda de Arcade actuará nos xardíns, concerto que repetirá ás sete da tarde, e as agrupacións Catro Canos, García Martí e Rúa Castelao nas prazas e rúas. Pola tarde, a charanga Os Santiaguiños entrarán na vila, mentres que ás dez celebra- rase Sanjuerguines Festa da Auga, co percorrido polas rúas e co acompañamento do mes- mo grupo. A verbena da noite correrá a cargo das orquestras Solara e Carambola. Domingo, 20. Tralo lanza- mento de bombas, entrarán na vila en desfile as bandas de música da Brilat e de Rianxo, os grupos de gaitas Trécola, Barlovento, Xiada, Queicoa e a agrupación de baile As Arran- cadeiras. Precisamente, estes últimos actuarán na benvida á Brilat no adro de Santa María, co posterior desfile. Ás 12.00 horas, os xigantes e cabezudos sairán desde a igrexa, acompa- ñados pola agrupación de bai- le e os grupos de gaitas citados anteriormente. A Banda Mili- tar da Brilat e a de Música de Rianxo realizarán tamén dous concertos de media hora. Xa pola tarde, oficiarase a misa solemne na honra da Virxe do Carme, interpretada pola capela de música Lauda Sion. Ao remate sairá a proce- sión, escoltada pola banda de Rianxo, ata o pantalán, onde se realizará a ofrenda das coroas de flores. Pola noite, a verbena correrá a cargo da orquestra Tango e a Agrupación D’Lider. Luns, 21. Na derradeira xor- nada, entrarán na vila, ás dez e media, as bandas de músi- ca Ateneo Musical da Pobra e de Caamaño e os grupos de gaitas Barbude, Trécola, Bar- lovento, Xiada e Chorimas. Ás doce, repetirase o desfile dos xigantes e cabezudos, acom- pañados por Trécola, ao mes- mo tempo que os pequenos gozan da pincheirolandia, a cal se repetirá das cinco ás sete da tarde. Ás 13.00 horas, habe- rá unha festa da espuma e un concerto da banda Ateneo. Pola tarde, oficiarase de novo unha misa na honra da virxe, co posterior desfile, e pola noi- te, ás 21.00 horas, concerto da banda Ateneo, na praza do Cantón, ás 22.30 horas, ver- bena coa orquestra Israel e fin de festa coa tradicional queima dos fogos artificiais e combate naval a partir das doce. BRAIS SILVER/A POBRA A Festa do Carme dos Pin- cheiros 2017, patroa do lugar, comezará hoxe na Pobra do Caramiñal, cunha progra- mación diversa que se alarga- rá ata o luns. A partir das sete da tarde de hoxe, a localidade do Barbanza porá, co lanzamento de doce bombas de palenque, o punto de inicio dunha nova edición dos seus festexos patronais. A esa mesma hora, desde a igre- xa, iniciarase o tradicional des- file de xigantes e cabezudos da confraría do Carme dos Pin- cheiros, acompañados polo grupo de gaitas Trécola. A con- tinuación, a charanga Os San- tiaguiños encherá de música as rúas, antes do segundo des- file dos cabezudos, esta vez, desde a praza Segundo Durán e ata o concello, onde se reali- zará o pregón. O peche che- gará coa actuación da Escola de Baile Zumba Batudance na praza do Cantón e co concer- to de rock, na do Emigrante, de Los Hot Chocolates e Golpe Radikal. Sábado, 19. A fin de semana arrincará co desfile das ban- das de música de Caamaño e de Arcade e os grupos de gai- tas San Pantaleón, Xiada, Bar- lovento e Chorimas. Ás 11.00 horas, na rampa do pantalán, AS VERBENAS DA NOITE E O CONCERTO DE ROCK SERÁN OUTROS ATRACTIVOS DOS FESTEXOS FESTAS A POBRA 18, 19, 20 E 21 DE AGOSTO Os desfiles de xigantes e cabezudos acompañarán ás bandas de gaitas. Foto: CdP

Upload: others

Post on 22-Feb-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Catro días ambientados pola música das bandas · García Martí e Rúa Castelao nas prazas e rúas. Pola tarde, a charanga Os ... Brilat no adro de Santa María, co posterior desfile

El Correo Gallego. VIERNES 18 de AGOSTO de 2017 especial 29

realizarase unha exhibición dos clubes Aeromodelismo Furacán e Automodelismo RC Barbanza e dos Modelistas Navales do Barbanza Monobar. Ás 12.00 h, terá lugar o mesmo desfile que o día anterior, e ata as dúas, os pequenos gozarán,

Catro días ambientados pola música das bandas

na praza do Cantón, dun circui-to de cars, e na praza Irmáns Axeitos, de xogos de kermesse. No medio, a banda de Arcade actuará nos xardíns, concerto que repetirá ás sete da tarde, e as agrupacións Catro Canos, García Martí e Rúa Castelao nas prazas e rúas.

Pola tarde, a charanga Os Santiaguiños entrarán na vila, mentres que ás dez celebra-rase Sanjuerguines Festa da Auga, co percorrido polas rúas e co acompañamento do mes-mo grupo. A verbena da noite correrá a cargo das orquestras Solara e Carambola.

Domingo, 20. Tralo lanza-mento de bombas, entrarán na vila en desfile as bandas de música da Brilat e de Rianxo, os grupos de gaitas Trécola, Barlovento, Xiada, Queicoa e a agrupación de baile As Arran-cadeiras. Precisamente, estes últimos actuarán na benvida á Brilat no adro de Santa María, co posterior desfile. Ás 12.00 horas, os xigantes e cabezudos sairán desde a igrexa, acompa-ñados pola agrupación de bai-le e os grupos de gaitas citados anteriormente. A Banda Mili-tar da Brilat e a de Música de Rianxo realizarán tamén dous concertos de media hora.

Xa pola tarde, oficiarase a

misa solemne na honra da Virxe do Carme, interpretada pola capela de música Lauda Sion. Ao remate sairá a proce-sión, escoltada pola banda de Rianxo, ata o pantalán, onde se realizará a ofrenda das coroas de flores. Pola noite, a verbena correrá a cargo da orquestra Tango e a Agrupación D’Lider.

Luns, 21. Na derradeira xor-nada, entrarán na vila, ás dez e media, as bandas de músi-ca Ateneo Musical da Pobra e de Caamaño e os grupos de gaitas Barbude, Trécola, Bar-lovento, Xiada e Chorimas. Ás doce, repetirase o desfile dos xigantes e cabezudos, acom-pañados por Trécola, ao mes-mo tempo que os pequenos gozan da pincheirolandia, a cal se repetirá das cinco ás sete da tarde. Ás 13.00 horas, habe-rá unha festa da espuma e un concerto da banda Ateneo.

Pola tarde, oficiarase de novo unha misa na honra da virxe, co posterior desfile, e pola noi-te, ás 21.00 horas, concerto da banda Ateneo, na praza do Cantón, ás 22.30 horas, ver-bena coa orquestra Israel e fin de festa coa tradicional queima dos fogos artificiais e combate naval a partir das doce.

brais silver/a pobra

A Festa do Carme dos Pin-cheiros 2017, patroa do

lugar, comezará hoxe na Pobra do Caramiñal, cunha progra-mación diversa que se alarga-rá ata o luns.

A partir das sete da tarde de hoxe, a localidade do Barbanza porá, co lanzamento de doce bombas de palenque, o punto de inicio dunha nova edición dos seus festexos patronais. A esa mesma hora, desde a igre-xa, iniciarase o tradicional des-file de xigantes e cabezudos da confraría do Carme dos Pin-cheiros, acompañados polo grupo de gaitas Trécola. A con-tinuación, a charanga Os San-tiaguiños encherá de música as rúas, antes do segundo des-file dos cabezudos, esta vez, desde a praza Segundo Durán e ata o concello, onde se reali-zará o pregón. O peche che-gará coa actuación da Escola de Baile Zumba Batudance na praza do Cantón e co concer-to de rock, na do Emigrante, de Los Hot Chocolates e Golpe Radikal.

Sábado, 19. A fin de semana arrincará co desfile das ban-das de música de Caamaño e de Arcade e os grupos de gai-tas San Pantaleón, Xiada, Bar-lovento e Chorimas. Ás 11.00 horas, na rampa do pantalán,

As verbenAs dA noite e o ConCerto de roCk serán outros AtrACtivos dos festexos

fes

tA

s A

po

br

A 18

, 19

, 20

e 2

1 d

e A

go

st

o

Os desfiles de xigantes e cabezudos acompañarán ás bandas de gaitas. Foto: CdP

Page 2: Catro días ambientados pola música das bandas · García Martí e Rúa Castelao nas prazas e rúas. Pola tarde, a charanga Os ... Brilat no adro de Santa María, co posterior desfile

especial30El Correo Gallego. VIERNES 18 de AGOSTO de 2017

A localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal afron-

ta hoxe o inicio das súas festas patronais do Carme dos Pin-cheiros “con normalidade a pesar do vivido o ano pasado”, según palabras do seu alcal-de Xosé Lois Piñeiro. O rexidor pobrense explica que, “acorda-mos reforzar o dispositivo de seguridade con máis policías nos desfiles das bandas e dos grupos de gaitas (que este ano percorreran todas as parro-quias do municipio), así como nas actividades dos San Xuer-guíns e na procesión da patroa,

Xosé L. Piñeiro: “Reforzamos o dispositivo de seguridade con máis policías polo tráfico”

o ALcALde PobRense destAcA do PRogRAmA dAs festAs A PRocesión, os cAbezudos e os sAn XueRguíns, entRe outRos

Xosé Lois Piñeiro, alcalde do Concello da Pobra do Caramiñal, principal colaborador da comisión de festas do Carme dos Pincheiros. Foto: C. de P.

como os concertos de rock e de rap que terán lugar hoxe a noite”.

O rexidor pobrense desta-ca que eventos como o Urban More Fest, no que se inclúe a actuación do grupo de rap Sweet Pane, “están organiza-dos por un grupo de rapaces da vila. Queremos reforzar as celebracións dos Pincheiros con actividades deste tipo, que son baratas e moi exitosas”.

Ademais destas novidades, Piñeiro incide na importan-cia dos actos tradicionais das festas, como “a procesión da patroa, os desfiles de xigantes e cabezudos (que levan reali-zándose dende principios do século vinte por influencia dos industriais cataláns), os con-certos das bandas de música, os Xan Xuerguíns (que este ano se trasladan a rampla do castelo), e os fogos artificiais”.

AnA B. LozAno/A PoBrA

fes

tA

s A

Po

bR

A 18

, 19

, 20

e 2

1 d

e A

go

st

o

para que non haxa ningún tipo de problemas de conxes-tión de tráfico, sobre todo nas horas que coinciden coa saída das praias”.

Piñeiro anima a veciños e visitantes a que disfruten dun-has festas moi participativas e con moitos actos programa-dos. “A que organiza as festas é a comisión, o Concello colabo-ra a nivel de loxística, segurida-de e en actividades puntuais. A nosa intención dende que che-gamos ao goberno é innovar un pouco na programación, enga-dindo outros tipos de músicas,

Page 3: Catro días ambientados pola música das bandas · García Martí e Rúa Castelao nas prazas e rúas. Pola tarde, a charanga Os ... Brilat no adro de Santa María, co posterior desfile

El Correo Gallego. VIERNES 18 de AGOSTO de 2017 especial 31

Os festexos patronais na Pobra congregan na

vila do Barbanza a numero-sas persoas. A localización e a importancia dos mesmos leva a que moitos visitantes decidan ir á localidade duran-te o transcurso destes días.

Os comercios locais agardan as festas como ‘auga de maio’

sumandO visitantes e veciñOs, Os establecementOs nOtan unha gran crecida das vendas

Así, o comercio local ve como as súas vendas e clientes aumentan considerablemen-te durante o desenvolvemen-to das festas.

Un dos establecementos que nota este cambio é a Con-feitería Vilas Branco, un dos

A Confitería Carlos Blan-co, situada no centro da vila do Barbanza e dirixida por Carlos Vi-las, é unha das máis antigas do Concello. Foto: C.V.

locais con máis historia dentro da Pobra. Situada no centro do pobo, na duración das celebra-cións non pecha as súas por-tas, xa que, como apunta o seu xerente Carlos Vilas, “son días de moita venda”.

O confeiteiro apunta que, a pesar de non poder vivir as fes-tas, agradecen ter “tantísimo traballo”. Explica que durante estas xornadas na localidade xúntanse os veciños, turistas e emigrantes, tanto doutros países como doutras cidades de Galicia e España, que veñen pasar os festexos coas súas respectivas familias.

Esta congregación de xente provoca que os comerciantes locais, a pesar de non poder gozar das celebracións patro-nais como o resto dos seus veciños, desexen “como auga de maio” a chegada das festas, porque ese gran incremen-to que reflicten as súas arcas. Este sentimento é compartido, segundo apunta Carlos, polo resto de residentes do pobo, debido á cantidade de xente que retorna a visitar aos seus seres máis queridos.

Dentro destes visitantes e emigrados que retornan, Car-los Vilas apunta que os produ-tos que teñen máis éxito na Confeitería Carlos Branco son

dous: as tortas de Santiago e as trufas xeadas de diferentes sabores. “Son dous produtos que encaixan ben co verán, xa que un podeo levar á praia con comodidade e non ten cremas, mentres que o outro axuda a refrescar a boca, lugar onde se desfai ao probalo”, apunta o xerente do local.

Por esta razón, Carlos Vilas desexa que os festexos veñan acompañados dun gran tem-po, xa que aínda que os emi-grantes retornados seguen no pobo, nótase o descenso de turistas que veñen desde San-tiago de Compostela a visitar non so o pobo, senón tamén os concorridos areais da zona, como a praia de Cabío.

Se todo vai como desexan, saben que as festas do Car-me dos Pincheiros 2017 deixaran un gran impacto en todos os establecementos. Desde estes días o pobo xa nota o ascenso de visitan-tes, que se unen aos moitos que xa están veraneando alí, polo que os locais están cada vez máis abarrotados. Así, comerciantes e veci-ños queren gozar da mellor maneira dunha nova edición das súas festas patronais.

brais silver/a pobra

fes

ta

s a

pO

br

a 18

, 19

, 20

e 2

1 d

e a

gO

st

O

Page 4: Catro días ambientados pola música das bandas · García Martí e Rúa Castelao nas prazas e rúas. Pola tarde, a charanga Os ... Brilat no adro de Santa María, co posterior desfile

especial32El Correo Gallego. VIERNES 18 de AGOSTO de 2017

A afición dos pobrenses ós concertos das bandas de

música é dabondo coñecida, por iso, durante estas festas serán varias as formacións que deleitarán a veciños e visitantes coa súa música.

Entre as múltiples actua-cións programadas nestes fes-texos a que nunca pode faltar é a da banda Ateneo Músical da Pobra, que tocará o vindeiro

Os concertos da banda pobrense Ateneo Musical chegan ás parroquias do municipio

A fOrMAción tOcArá en AgOstO e en seteMbrO en diferentes puntOs dO cOncellO // O vindeirO luns fArAO nAs festAs

Actuación da banda de música de A Pobra nos xardíns do municipio durante unha pasa-da edición das festas do Carme. Foto: CdP

luns ás 13.00 horas (nos xar-díns) e ás 21.00 horas (na pra-za do Cantón).

Ademais destas actua-cións, durante este mes e o de setembro a banda Ateneo Musical da Pobra está a perco-rrer as diferentes parroquias do municipio, para ofrecer aos veciños concertos enmarca-dos no primeiro ciclo Noites de Bolero. Os dous primeiros tiveron lugar a semana pasa-da e os seguintes serán pasa-das as celebracións do Carme dos Pincheiros. Na axenda da agrupación figuran este agosto lugares como O Cam-piño (día 29), A Angustia (día 30) e A Ribeiriña (día 31); en setembro, estarán en Santa Cruz (día 7), Camiño Ancho (día 8) e Pontebarbanza. (día 23). Todas estas actuacións están pensadas para ser ao aire libre, polo que, en caso de choiva, aprazaranse.

ANA B. LozANo/A poBrA

fes

tA

s A

pO

br

A 18

, 19

, 20

e 2

1 d

e A

gO

st

O