celebración dos maios e visita de

2
CELEBRACIÓN DOS MAIOS E VISITA DE… Crónica de Antonio González López Este xa pasado venres, 25 de maio de 2012, viñeron de visita tres profes xubilados que deron clase na escola durante moitos anos: don José Dopico, don José García e dona Mercedes Cachaza. Foi unha grata visita, xa que as visitas sempre gustan, e máis se son deste tipo. Ao mesmo tempo, quedaron para ver a pequena festa dos Maios que celebramos no patio cuberto os grupos de terceiro e segundo da ESO e a maioría dos grupos de Educación Infantil e Primaria. Cantamos, tocamos e bailamos nesta edición da festa dos Maios recuperada polo departamento de Música do colexio. Foron pezas tradicionais as que se tocaron. Cancións dos Maios, a danza das fitas, cancións tradicionais galegas, etc. Foron as cousas das que disfrutamos este último venres de Maio de 2012. Debemos continuar con estas celebracións, recuperando as tradicións e colaborando os uns cos outros; por iso é preciso agradecerlle a tod@s @s que participaron na pequena festa dos Maios a súa dilixencia e colaboración. Monfero, 28 de maio de 2012

Upload: satelite1

Post on 10-Jan-2017

213 views

Category:

Documents


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: Celebración dos maios e visita de

CELEBRACIÓN DOS MAIOS E VISITA DE…

Crónica de Antonio González López

Este xa pasado venres, 25 de maio de 2012, viñeron de visita tres profes xubilados que deron clase na escola durante moitos anos: don José Dopico, don José García e dona Mercedes Cachaza. Foi unha grata visita, xa que as visitas sempre gustan, e máis se son deste tipo. Ao mesmo tempo, quedaron para ver a pequena festa dos Maios que celebramos no patio cuberto os grupos de terceiro e segundo da ESO e a maioría dos grupos de Educación Infantil e Primaria.

Cantamos, tocamos e bailamos nesta edición da festa dos Maios recuperada polo departamento de Música do colexio. Foron pezas tradicionais as que se tocaron. Cancións dos Maios, a danza das fitas, cancións tradicionais galegas, etc. Foron as cousas das que disfrutamos este último venres de Maio de 2012.

Debemos continuar con estas celebracións, recuperando as tradicións e colaborando os uns cos outros; por iso é preciso agradecerlle a tod@s @s que participaron na pequena festa dos Maios a súa dilixencia e colaboración.

Monfero, 28 de maio de 2012