cig informa sentenza

4
Novembro 2012 Confederación Intersindical Galega ENSINO iNFORMA www.cig-ensino.com O Tribunal Superior de Xusti- za de Galiza vén de estimar par- cialmente o recurso presentado pola CIG-Ensino contra o Decreto 79/2010 de Plurilingüismo. A sen- tenza anula o artigo 5.2., no que se estipulaba a realización dunha enquisa entre os pais e as nais en Educación Infantil en virtude da cal en moitos centros non hai nin unha soa hora de docencia en ga- lego nesa etapa, e o 12.3. no que se establecía que o alumnado po- dería usar na aula a lingua da súa preferencia, neste caso porque é contrario ao desenvolvemento da Lei de Normalización Lingüística e ao fomento do uso progresivo do galego. No mesmo sentido son as sen- tenzas aos recursos presentados pola Mesa e Queremos Galego que tamén se coñeceron o xoves 22 de novembro. Este fallo xudicial vénse sumar ás denuncias que a sociedade ga- lega veu realizando deste Decreto, pensado e imposto para reducir a presenza do noso idioma nas au- las. É un elemento máis que pon en evidencia que este Decreto nunca se debeu publicar e que a Xunta debe derrogar inmediata- mente. A súa aprobación deu lugar a un rexeitamento social a unha norma sobre a lingua sen precedentes e colleitou un informe negativo do Consello Consultivo da Xunta de Galiza e o voto negativo do Con- sello Escolar de Galiza. “Esta sentenza supón unha de- rrota da política galegofóbica do PP contra a nosa lingua –engade Anxo Louzao, Secretario Nacional da CIG-Ensino- A sentenza confir- ma a pretensión da Consellaría de Educación de eliminar o ensino en galego nunha etapa fundamental, o Ensino Infantil, mediante a ab- dicación da súa responsabilidade de planificar e ordenar o sistema educativo. Deixa en evidencia que o Decreto 79/2010 non só supuxo unha involución e un retraso no campo lexislativo senón que a súa verdadeira intención era a de erra- dicar o galego do ensino”. O TSXG tumba os alicerces nos que se baseaba o propio decreto O TSXG estima o recurso da CIG-Ensino contra o Decreto 79/2010 de Plurilingüismo A CIG-Ensino pide a derrogación do Decreto e que se restableza o Plan de Normalización Lingüística

Upload: cenlf

Post on 15-Jun-2015

205 views

Category:

Documents


9 download

TRANSCRIPT

Novembro 2012

Confederación Intersindical GalegaENSINO iNFORMA

www.cig-ensino.com

O Tribunal Superior de Xusti-za de Galiza vén de estimar par-cialmente o recurso presentado pola CIG-Ensino contra o Decreto 79/2010 de Plurilingüismo. A sen-tenza anula o artigo 5.2., no que se estipulaba a realización dunha enquisa entre os pais e as nais en Educación Infantil en virtude da cal en moitos centros non hai nin unha soa hora de docencia en ga-lego nesa etapa, e o 12.3. no que se establecía que o alumnado po-dería usar na aula a lingua da súa preferencia, neste caso porque é contrario ao desenvolvemento da Lei de Normalización Lingüística e ao fomento do uso progresivo do galego.

No mesmo sentido son as sen-tenzas aos recursos presentados pola Mesa e Queremos Galego que tamén se coñeceron o xoves 22 de novembro.

Este fallo xudicial vénse sumar ás denuncias que a sociedade ga-lega veu realizando deste Decreto, pensado e imposto para reducir a presenza do noso idioma nas au-las. É un elemento máis que pon

en evidencia que este Decreto nunca se debeu publicar e que a Xunta debe derrogar inmediata-mente.

A súa aprobación deu lugar a un rexeitamento social a unha norma sobre a lingua sen precedentes e colleitou un informe negativo do Consello Consultivo da Xunta de Galiza e o voto negativo do Con-sello Escolar de Galiza.

“Esta sentenza supón unha de-rrota da política galegofóbica do PP contra a nosa lingua –engade Anxo Louzao, Secretario Nacional

da CIG-Ensino- A sentenza confir-ma a pretensión da Consellaría de Educación de eliminar o ensino en galego nunha etapa fundamental, o Ensino Infantil, mediante a ab-dicación da súa responsabilidade de planificar e ordenar o sistema educativo. Deixa en evidencia que o Decreto 79/2010 non só supuxo unha involución e un retraso no campo lexislativo senón que a súa verdadeira intención era a de erra-dicar o galego do ensino”.

O TSXG tumba os alicerces nos que se baseaba o propio decreto

O TSXG estima o recurso da CIG-Ensino contra o Decreto 79/2010 de PlurilingüismoA CIG-Ensino pide a derrogación do Decreto e que se restableza o Plan de Normalización Lingüística

confederación intersindical galega2

novembro 2011

pensado para a desaparición do idioma, a consulta aos pais e a liberdade de uso de lingua para o alumnado na aula, elementos in-troducidos no seu día polo PP co obxectivo de reducir a presenza do noso idioma.

Por outro lado, é tamén de im-portancia a interpretación que a sentenza realiza dos apartados 1, 3 e 4 deste artigo 5º, pois es-tablece unha interpretación de acordo coa cal non poderá haber aulas exclusivametne en español e deberán fixarse medidas para a adquisición do galego en contor-no castelanizados, interpretación que foi varrida do Decreto 79, per-mitindo que o alumnado non tive-se contacto co noso idioma até a Primaria.

Para a CIG-Ensino, unha vez coñecida esta sentenza, o Gober-no da Xunta debería abandonar a política lingüística baseada na

mentira e no engano da imposi-ción e tamén na persecución do noso idioma como lingua vehicu-lar, unha política que foi rexeitada socialmente polo profesorado e polo ámbito educativo en xeral.

En consecuencia esixi-mos a inmediata derro-gación do Decreto de Plurilingüismo e a con-formación dun novo marco legal para a lingua que supoña unha aposta deci-dida pola normali-zación lingüística para que o noso idioma sexa tratado como lingua propia de Galiza, unha lingua útil. E que se paralice a sangría per-manente de galego falantes. Para

isto debería retomarse o Plan Xe-ral de Normalización aprobado por uninimidade do Parlamento Galego no ano 2004 .

confederación intersindical galega3

novembro 2012

Artigo derrogados:

5.2. A lingua materna predominante do alumnado será deteminada polo centro educativo de acordo co resultado dunha pregunta que se efectuará aos pais e nais, titores/as ou representantes legais do alumno/a antes do comezo do cur-so escolar acerca da lingua mater-na do seu fillo e filla.

Argumentos máis relevantes da Sentenza:“A sala aprecia que, en efecto, o apartado 1, en relación co 2, do artigo 5 do

decreto impugnado, en canto se reputa determinante a consulta aos familia-res para determinar a lingua materna predominante, vulnera a configuración do dereito fundamental á educación, que se recolle no artigo 27.5 da Consti-tución, posto que os poderes públicos teñen encomendada a programación xeral do ensino, de cuxa potestade a Administración, neste caso educativa non pode abdicar, sometendo a votación un aspecto tan fundamental como a lingua a empregar na etapa de educación infantil, á que a LNL lle dedica es-pecialmente o artigo 13.1 establecendo que “os nenos teñen dereito a recibir o primeiro ensino na súa lingua materna”, encomendando seguidamente ao Goberno galego a adopción das medidas necesaria para facer efectivo este dereito, sen posibilidade de intermediación ningunha dos familiares.

Non cabe dúbida de que a dita abdicación da potestade de ordenación xe-ral do ensino ten lugar cando se establece que o profesorado usará na aula a lingua materna predominante entre o alumnado, reputando decisivo para determinala o resultado dunha pregunta que se lles efectuará aos pais , nais, titores/as ou representantes legais dos alumnos antes do comezo do curso escolar acerca da lingua materna da súa filla ou fillo (...)

En definitiva, o decreto impugnado non dispón de apoio, legal nin posúe rango suficiente para a atribución do protagonismo vinculante aos familiares á hora de determinar a lingua que se debe empregar na aula na etapa de edu-cación infantil, nin para a inclusión ex novo dun instrumento para exteriorizar o parecer daquelas (...)

No caso do presente litixio consúltanse os familiares próximos do alumnado sobre a lingua materna predominante, e o resultado da enquisa determina, con carácter vinculante, a que ten que usar o profesorado na aula da etapa de educación infantil, ca cal se deixa en mans dos devanditos familiares tal determinación, en contra daquel deber da Administración de ordenar o ensino en todos os seus aspectos”.

12.3. En todas as áreas, materias ou módulos, agás nas sinaladas no parágrafo anterior1 e nas mate-rias de lingua(s) estranxeira(s), o alumnado poderá utilizar nas ma-nifestacións oral e escrita a lingua oficial da súa preferencia. Non obstante o anterior, procurarase que o alumnado utilice a lingua en que se imparte a área, materia ou módulo. 1 Lingua e literatura galega e lingua e litera-

tura castelá

“Desde o momento en que, segundo a LNL e a doutrina do Tribunal Consti-tucional, a lingua galega será con carácter xeral o vehículo de comunicación no ensino non universitario o mencionado artigo 12.3 é ilegal, ao deixar li-berdade ao alumnado para utilizar nas manifestacións oral e escrita a lingua oficial da súa preferencia, o que entraña que, aínda que a área , materia ou módulo se imparta nunha lingua, o alumno pode expresarse nunha diferente.

É certo que seguidamente, no seu segundo inciso, o artigo 12.3 engade que se procurará a coincidencia entre a lingua que o alumno empregue e a da área, materia ou módulo, mais o feito de que se procure que iso suceda -nada garante de cara a que finalmente se logre, porque aquela expresión non é imperativa, senón meramente indicativa ou de tendencia, o que se traduce na incoherencia interna do precepto, que, por un lado, deixa liberdade de opción ao alumnado, e por outro indica a conveniencia daquela coincidencia entre a lingua utilizada polo alumno e a propia da área, materia ou módulo, pero non a reforza con ningún mandato, ca que acaba senda unha proclamación

Continúa na páxina seguinte

confederación intersindical galega4

Santiago (Local Nacional)

Rua Miguel Ferro Caaveiro nº 10. Santiago de Compostela. cp.15706.Tlf. 981576800 Fax. 981575839 [email protected]

A CoruñaRúa Alfonso Molina s/n Tlf. 981169810 Fax. 98129173515007. A Coruñ[email protected]

Baixo MiñoPraza da Guía 3, baixo36780. A GuardaTlf. 986610465 Fax. [email protected]

MorrazoRúa Atranco 19A, ench. 136947. CangasTlf. 986302987 Fax. [email protected]

FerrolRúa Eduardo Pondal 41-43,15403. FerrolTlf. 981358750 Fax. [email protected]

LugoRda da Muralla 58, bxo.27003. LugoTlf. 982245023 Fax. 982253891e-mail: [email protected]

OurenseP. de San Lázaro 12, 4º32003. OurenseTlf. 988238350 Fax. [email protected]

PontevedraR. Pasanteria 1, 2ºesq.36002. PontevedraTlf. 986861513 Fax. [email protected]

A Mariña27700. Ribadeo Avda de Galicia 20, 1ºTlf. 982129593 Fax. [email protected]

Val de MonterreiR. Pedro González 5, 1º32600. VerínTlf. 988412345 Fax. [email protected]

VigoR. Gregório Espino 47, bxo.36205. VigoTlf. 986827935 Fax. [email protected]

SalnésR. Alexandre Bóveda 2, 2º36600. VilagarciaTlf. 986505323 Fax. [email protected]

Os nosos locais

baleira (...)Outro argumento que conduce á mesma conclusión de ilegalidade do artigo

12.3 do decreto impugnado na súa actual redacción é que resulta contrario ao fomenta do uso progresivo do galego no ensino que, como mandato impe-rativo, se contén no artigo 13.2 da LNL, porque a liberdade ao alumnado no emprego da lingua oficial da súa preferencia nas súas manifestacións oral e escrita, permitíndolle a utilización do castelán malia que sexa o galego a lin-gua en que se imparte a área, materia ou módulo, contradí aquel mandato, xa que non facilita a adquisición da destreza esixida ao alumno na lingua propia desta Comunidade Autónoma desde o momento en que se lle permite que non fale ou escriba na lingua galega cando é esta a propia da área, materia ou módulo. Ademais, non chega a explicarse o trato diferente en relación coas linguas estranxeiras, respecto ás que se exclúe aquela liberdade de opción por parte do alumnado.

(…) que debemos estimar e estimamos en parte o recurso contencioso administrativo interposto pala CONFEDERACiÓN INTERSINDICAL GALEGA DO ENSINO contra o Decreto 79/2010, do 20 de malo, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, e, en consecuencia, anulamos os artigos 5.2 e 12.3 da dita norma por seren contrarios a dereito, e rexeitamos o recurso respecto a todos os demais preceptos impugnados, sen facermos imposición das custas”.