como ben é sabido, das tradicións culinarias da cociña rural e … · 2020. 9. 7. · 18 de...

8
As orixes da Lareira da Alén remóntanse ao século pasado, concretamente ao ano 1999, e a paixón pola EtnoGastronomía levounos a constituírnos o 18 de Decembro de 2010 como Clube Gastronómico (entidade sen ánimo de lucro), soñando con que algún día contásemos coas ferramentas precisas para desenvolver os nosos moitos obxectivos. En febreiro de 2016 puxemos en marcha a modesta iniciativa das Xornadas Gastronómicas, que reeditamos no 2017, no 2018 e no 2019 e que este ano 2020 reformulánse coa incorporación xestora da sociedade tamén sen fin de lucro Irmandades Gastronómicas, para dar un paso máis co obxectivo de seguir sendo os vosos anfitrións e consolidalas como o único evento EtnoGastronómico Galego estable e non subvencionado institucionalmente. Anovarse é importante para transcender, a Lareira da Alén mantén a súa tutela espiritual de obxectivos e contidos, sendo as Irmandades Gastronómicas as que se asumen a función operativa e executiva; agardando que esa colaboración fortaleza a promoción e difusión daquelo que nos definimos como “Comer coma Galeg@s” A EtnoGastronomía e, na Galicia, o meirande feito socio-cultural transversal; un patrimonio material e inmaterial que é a herdanza de séculos de ser e existir ao xeito de fill@s –de nación e adopción- da Gallaecia, no que as Artes Culinarias enxebres e tradicionais –sempre da man de cociñeiras instruidas por avoas e nais- conforman unha invocación máxica a compartir espazos e deter o tempo, degustando manxares e viandas sen artificios nin “afrancesamentos” innecesarios e creando unha expresión etnográfica da Gastronomía que representa, con caráter único e intransferible, a cerna identitaria da Galicia. A EtnoGastronomía de Galicia sempre gardou un lugar especialísimo para as xuntanzas ou eventos grupais “de diario” (é dicir, que non son nin Bautizos, Comuñóns, Vodas, etc) .en datas sinaladas (Festas Patronais, Cumpreanos, Xuntanzas Familiares ou de amizade e festexos que non teñen connotacións litúrxicas); quizais porque no noso acervo sociocultural entendíanse, e aínda se entenden, como ocasións especiais. Con todo, ao “saír” da contorna da “casa familiar” e trasladarse a espazos que poderiamos denominar propios da “restauración comercial”, a presenza das Artes Culinarias e a Gastronomía Tradicional nas devanditas ocasións ten ido desaparecendo paulatinamente ata ser practicamente inexistente na actualidade. Por iso decidimos que un dos nosos obxectivos importantes será contribuír á posta en valor e visualización social da nosa EtnoGastronomía nnestes Eventos Convencionais “de diario”, mediante un conxunto de propostas e accións EtnoGastronómicas non comerciais que a activen como alternativa insuperable e comprometida. A nosa EtnoGastronomía é a que é e está onde está: na Galicia; moi lonxe dos “produtos Gastronómicos” meramente comerciais aos que pódese acceder en case calquera parte do mundo. Por iso decidimos que un dos nosos obxectivos importantes sempre será contribuír á posta en valor e visualización social da nosa EtnoGastronomía que a activen como alternativa insuperable e comprometida coas realidades sociais, culturais e económicas da nosa Terra. Esperamos non defraudarlles e que camiñando xuntos sexamos quen de facer camiño! Como ben é sabido, a Lareira da Alén é un Clube Gastronómico, unha entidade sen ánimo de lucro (constituida legalmente e que, o abeiro do Art. 76 da LEY 7/2011, de 27 de octubre, do turismo de Galicia, que xunto con outros colectivos e asociacións promove e divulga a EtnoGastronomía Galega), fundado no século pasado por académicos dos yantares a chirla come, que puxo en marcha as Xornadas Gastronómicas -inspiradas na EtnoGastronomía nacional- para maior honra e recoñecemento das tradicións culinarias da cociña rural e tradicional da Galicia. +INFO & RESERVAS & ENCARGAS NÓS facemos isto porque nos gusta, as estrelas e medallas NON nos interesan porque as máis prezadas sondes vos. 626 40 51 25 605 25 72 47 Calquera data é boa para que @s bon vivants e demais xentes que aprecian a calidade cítense, como socios recoñecidos do noso proxecto, para celebrar todo o bo que ten a vida e dar boa conta de manxares e viandas, rir, falar e festexar detendo o tempo e con total desafogo e liberdade CONSÚLTENOS Este PDF pode baixarse ou consultarse directamente en internet no link: http://www.lareira.gal/EventosSingulares-XornGastr.pdf MENÚS DEGUSTACIÓN COMBINADOS para EVENTOS SINGULARES Sempre con ENCARGA previa por WhatsApp

Upload: others

Post on 18-Feb-2021

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • As orixes da Lareira da Alén remóntanse ao século pasado, concretamente ao ano 1999, e a paixón pola EtnoGastronomía levounos a constituírnos o 18 de Decembro de 2010 como Clube Gastronómico (entidade sen ánimo de lucro), soñando con que algún día contásemos coas ferramentas precisas para desenvolver os nosos moitos obxectivos. En febreiro de 2016 puxemos en marcha a modesta iniciativa das Xornadas Gastronómicas, que reeditamos no 2017, no 2018 e no 2019 e que este ano 2020 reformulánse coa incorporación xestora da sociedade tamén sen fin de lucro Irmandades Gastronómicas, para dar un paso máis co obxectivo de seguir sendo os vosos anfitrións e consolidalas como o único evento EtnoGastronómico Galego estable e non subvencionado institucionalmente. Anovarse é importante para transcender, a Lareira da Alén mantén a súa tutela espiritual de obxectivos e contidos, sendo as Irmandades Gastronómicas as que se asumen a función operativa e executiva; agardando que esa colaboración fortaleza a promoción e difusión daquelo que nos definimos como “Comer coma Galeg@s” A EtnoGastronomía e, na Galicia, o meirande feito socio-cultural transversal; un patrimonio material e inmaterial que é a herdanza de séculos de ser e existir ao xeito de fill@s –de nación e adopción- da Gallaecia, no que as Artes Culinarias enxebres e tradicionais –sempre da man de cociñeiras instruidas por avoas e nais- conforman unha invocación máxica a compartir espazos e deter o tempo, degustando manxares e viandas sen artificios nin “afrancesamentos” innecesarios e creando unha expresión etnográfica da Gastronomía que representa, con caráter único e intransferible, a cerna identitaria da Galicia. A EtnoGastronomía de Galicia sempre gardou un lugar especialísimo para as xuntanzas ou eventos grupais “de diario” (é dicir, que non son nin Bautizos, Comuñóns, Vodas, etc) .en datas sinaladas (Festas Patronais, Cumpreanos, Xuntanzas Familiares ou de amizade e festexos que non teñen connotacións litúrxicas); quizais porque no noso acervo sociocultural entendíanse, e aínda se entenden, como ocasións especiais. Con todo, ao “saír” da contorna da “casa familiar” e trasladarse a espazos que poderiamos denominar propios da “restauración comercial”, a presenza das Artes Culinarias e a Gastronomía Tradicional nas devanditas ocasións ten ido desaparecendo paulatinamente ata ser practicamente inexistente na actualidade. Por iso decidimos que un dos nosos obxectivos importantes será contribuír á posta en valor e visualización social da nosa EtnoGastronomía nnestes Eventos Convencionais “de diario”, mediante un conxunto de propostas e accións EtnoGastronómicas non comerciais que a activen como alternativa insuperable e comprometida. A nosa EtnoGastronomía é a que é e está onde está: na Galicia; moi lonxe dos “produtos Gastronómicos” meramente comerciais aos que pódese acceder en case calquera parte do mundo. Por iso decidimos que un dos nosos obxectivos importantes sempre será contribuír á posta en valor e visualización social da nosa EtnoGastronomía que a activen como alternativa insuperable e comprometida coas realidades sociais, culturais e económicas da nosa Terra. Esperamos non defraudarlles e que camiñando xuntos sexamos quen de facer camiño!

    Como ben é sabido, a Lareira da Alén é un Clube Gastronómico, unha entidade sen ánimo de lucro (constituida legalmente e que, o abeiro do Art. 76 da LEY 7/2011, de 27 de octubre, do turismo de Galicia, que xunto con outros colectivos e asociacións promove e divulga a EtnoGastronomía Galega), fundado no século pasado por académicos dos yantares a chirla come, que puxo en marcha as Xornadas Gastronómicas -inspiradas na EtnoGastronomía nacional- para maior honra e recoñecemento das tradicións culinarias da cociña rural e tradicional da Galicia.

    +INFO & RESERVAS & ENCARGAS NÓS facemos isto porque nos gusta, as estrelas e medallas NON

    nos interesan porque as máis prezadas sondes vos.

    626 40 51 25 605 25 72 47

    Calquera data é boa para que @s bon vivants e demais xentes que aprecian a calidade cítense, como socios recoñecidos do noso proxecto, para celebrar todo o bo que ten a vida e dar boa conta de manxares e viandas, rir, falar e

    festexar detendo o tempo e con total desafogo e liberdade

    CONSÚLTENOS

    Este PDF pode baixarse ou consultarse directamente en internet no link:

    http://www.lareira.gal/EventosSingulares-XornGastr.pdf

    MENÚS DEGUSTACIÓN COMBINADOS para EVENTOS SINGULARES Sempre con ENCARGA previa por WhatsApp

    http://www.lareira.gal/EventosSingulares-XornGastr.pdf

  • PULPO Á FEIRA Por kilos e presentado an mesa en racións tradicionais de pulpeira (2 Racións = 700 gr. en crú = 375 gr. cocido)

    TABLAS DE IBÉRICOS (Xamón de Recebo + Lomo Adobado Ibérico + Chourizo Ibérico + Salchichón Ibérico) de 150 Gr. cada unha

    ANEIS DE CHIPIRÓN-CALAMAR REBOZADOS GOURMET (mínimo ½ Kilo)

    AFILLÓ DE XAMÓN (froito de tixola feito con amoado de lixeiro salgado e recheo de xamón serrano de adega, con pano de cebola caramelizada)

    Tortillas caseiras con:

    PUCHA DE XAMÓN SERRANO EN CEBOLA CARAMELIZADA SOMBREIRO DE

    CHOURIZO CASEÑO

    Mini-BOCADIÑOS de Xamón Ibérico (mínimo 50 Unidades)

    EMPANADA ARTESÁN de CARNE con petiscos de CHOURIZO e TOUCIÑO de 3 frevas peso desde 1 Kg

    EMPANADA CASEIRA DE ZORZA (recheo de zorza e compangos en masa caseira de fariña triga), peso desde 1 Kg

    EMPANADA CASEIRA DE PULPO (recheo de pulpo e compangos en masa caseira de fariña triga), peso desde 1 Kg

    EMPANADIÑAS ESPIRITUAIS de 150 gr., feitas a man con masa de PanTrigo, recheas de Chourizo e un OVO FRITIDO cada unha

  • GRELOS DE LUGO CON PATAQUIÑAS e refrito con petiscos de CHOURIZO e TOUCIÑO de 3 frevas (Sertián Individual)

    PULPO ENCEBOLADO TRADICIONAL (Sertián Individual)

    BOI DE MAR enteiro (650-750 Gr.) co CAPARAZÓN RECHEO DE CARNE DE CENTOLA e Salsa Rosa o coñac (Mínimo 3 Unidades)

    VIEIRA DO ASUBÍO (Vieira Suprema a prancha, sobre cama de 2 Lagostinos o alliño e lixeiro de queixo fundido e gratinado)

    Duo de VIEIRAS SUPREMA A PRANCHA con 3 LANGOSTINOS o alliño sobre cama de cebola caramelizada con taquiños de xamón

    VIEIRA PRISCILIANA (Vieira suprema a prancha sobre cama de surimi gourmet o alliño e con taquiños de xamón)

    LAGOSTINO AUSTRAL SALVAXES nº 1 COCIDOS EN AUGA DE LOUREIRO (por kilos en crú)

    LAGOSTINO AUSTRAL SALVAXE nº 1 O FERRO DA PRANCHA (por kilos en crú)

    LAGOSTINO AUSTRAL SALVAXE nº 1 O FORNO (por kilos en crú)

    BROCHETA DE CATRO LAGOSTINOS AUSTRAIS SALVAXES nº 1 envolto cada un en Touciño de tres frebas

  • LACÓN DE FEMIA GALEGA SUPREMA DE CEBA ASADO (8 horas ó xeito tradicional) de 5 Kg

    LACÓN DE FEMIA GALEGA SUPREMA DE CEBA ASADO Ó MEL SACRO (8 horas ó xeito tradicional) de 5 Kg

    CARNE ASADA 8 horas ó xeito tradicional DE TENREIRA SUPREMA GALEGA (da CONTRA-BLANQUITA)

    BISTECS DE BECERR@ DA GALICIA REBOZADOS e EMPANADOS (200 gr. a peza)

    Burguer Artesanal de 250 Gramos Emplatado con pataquiñas, salada, tomate e cebola caramelizada

    CHULETÓN DE CUXA (agulla SUPREMA DE TENREIRA DE GALICIA) de 1 Kg o ferro da prancha

    CHULETÓNS DE TOURA (SUPREMA GALEGA) de 1 Kg o ferro da prancha

    COSTELETAS DAS DE ANTES de becerr@ da Galicia (350 gr. a peza) adobadas con allo e pirixel, o ferro da prancha ou fritidas en aceite de oliva

    COSTELETAS DAS DE ANTES de SUPREMA DE TENREIRA DE GALICIA, adobadas con allo e pirixel fritidas en aceite de oliva e manteiga caseña (300 gr. a peza)

    CON ENCARGA PREVIA DE 15 DÍAS E SUXEITO

    A DISPONIBILIDADE

    CABRITO FRESCO DE PASTOREO NAS TERRAS DE TRIVES, peza de 6 Kg en crú aprox., asado moi devagar 6-7 horas ao xeito tradicional, aderezado despois dunha coidada frega con manteiga de porco caseña e regado o longo do asado con RAMÓN DO CASAR

  • GUISO CASEIRO DE PATAQUIÑAS E VERDURIÑAS DE TARREO, GUISADAS EN CAZOLA DE BARRO CON MOLLO

    PATAQUIÑAS ASADAS O FORNO O XEITO TRADICIONAL (90 minutos) E MOLLO (por Kilos en crú)

    GRELOS de Lugo CON REFRITO TRADICIONAL (½ Kilo=4/5 Comens)

    SALADA DE LEITUGA ICEBERG, CENORIA, LOMBARDA, E CEBOLA, ACEITE DE OLIVA GOURMET E VINAGRE DE MÓDENA

    SALADA DE TOMATE E CEBOLA, ACEITE DE OLIVA GOURMET E VINAGRE DE MÓDENA

    CHAMPIÑÓN SUPREMA enteiro ou laminado refogados e con mollo ( ½ Kilo=4/5 Comens)

    VENTRESCA BACALLAU DE ISLANDIA ó forno con compango rústico: pataquiñas soasadas e cebola caramelizada

    VENTRESCA BACALLAU DE ISLANDIA EN SALSA VERDE E CON LAGOSTINOS

    MERLUZA AUSTRAL SELECTA ó forno con compango rústico de cebola caramelizada

    BACALLAU Á LABRADA VENTRESCA BACALLAU DE ISLANDIA REBOZADA, sobre cama de tomate de tarreo e con salsa verde (prato morno)

  • c

    SALADA DE LEITUGA ICEBERG, CENORIA, LOMBARDA, E CEBOLA, ACEITE DE OLIVA GOURMET E VINAGRE DE MÓDENA (1 Salada=5/6 Comensais)

    SALADA DE TOMATE E CEBOLA, ACEITE DE OLIVA GOURMET E VINAGRE DE MÓDENA (1 Salada=5/6 Comensais)

    FILLOA DE LEITE CASEIRA RECHEA DE CHOCOLATE NEGRO

    FILLOA DE LEITE CASEIRA

    BRAZO DE XITANO CASEIRO Máis ou menos 70 cm., persoalizado co nome ou texto que nos digan

    TARTA CASEIRA DA AVOA RECOBERTA DE CHOCOLATE Galletas e flan caseiro, recoberta de chocolate negro

    FLAN CASEIRO DE OVO CON NATA, elaboración artesanal e con produtos caseiros. Tamaño Familiar

    Flan Caseiro APTO PARA CELÍACOS, elaboración artesanal e con produtos caseiros. Tamaño Familiar

  • VIÑOS DA GALLAECIA

    SELECCIONADOS E RECOMENDADOS PARA AS XORNADAS GASTRONÓMICAS

    Viño Características Botella

    RAMÓN DO CASAR BLANCO Ribeiro plurivarietal (Mellor Viño Blanco de Galicia no 2016), 12,50% (v/v), por norma xeral nas cartas de

    restauración comercial oscila entre os 16,00 € e os 18,00 € 12,95 €

    TEAR

    TINTO MENCÍA ZONA AMANDI da Ribeira Sacra, VIÑO

    XOVEN DE AUTOR, 13º, adega tradicional e familiar, fundada nos anos 70, situada na Ribeira Sacra Lucense

    (Sober), por norma xeral nas cartas de restauración comercial oscila entre os 13,00 € e os 15,00 €

    9,95 €

    BACELO DO MAÑÉ selección BLANCO GODELLO ou TINTO MENCÍA 9,95 €

    SOL DA PORTELA TINTO - Ribeiro Selección plurivarietal, por norma xeral nas cartas de restauración comercial o seu prezo anda

    polos 9,00 € 6,95 €

    PREZOS POR BOTELLA CO IVE INCLUIDO. A INFORMACIÓN QUE SE FACILITA ESTÁ PROPORCIONADA POLOS ADEGUEIROS OU RECOPILADA NO MERCADO DA RESTAURACIÓN

  • APUNTES DE INTERESE

    Somos Entidades e Colectivos sen fins lucrativos, ou o que é o mesmo NON somos nin unha empresa nin un establecemento comercial de restauración ou hostalaría; xa que logo e sendo fieis a tradición EtnoGastronómica, non temos carta nin facemos nosos os protocolos de atención propios do eido comercial (nós somos unicamente @s anfitrións daqueles que pensan que a EtnoGastronomía Galega é a mellor expresión culinaria que existe e, coa súa visita, axudannos a recuperala, promocionala e poñela en valor).

    Respecto do COVID-19 e semellantes virus, adoptamos as medidas máis protectoras posibles, tanto infraestructuralmente como as que afectan a loxística de cada evento. A disposición é albergar un só evento singular a vez; as persoas dependentes da Lareira da Alén e que estean involucradas no desenvolvemento do evento contan cos certificados necesarios e estarán baixo a supervisión dun coordinador que ten formación certificada en MEDIDAS DE PROTECCIÓN DIANTE DO COVID-19, no CONTROL DE PERIGOS ASOCIADOS A LISTERIA, na XESTIÓN DE ALÉRXENOS e MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS, en IMPLANTACIÓN E MANTEMENTO DE SISTEMAS DE AUTOCONTROL BASEADOS NO APPCC e a PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS. O noso espazo Etnogastronómico conta con DISPENSADORES DE GEL DESINFECTANTE nos W.C., así como VESTUARIOS segregados para que as persoas involucradas na loxística muden a súa vestimenta de rúa. Están ao dispor d@s orgaizadores os clásicos espazos interiores e tamén a posibilidade dun espazo exterior coberto con capacidade para 60 comensais

    Por seguridade sanitaria e para dar correcto cumprimento as normativas vixentes e condicións do R.C., NON se permite nin admite ningún tipo de comida, bebida ou postres que non sexan os proporcionados polos nosos Clubes Gastronómicos. A única excepción a esta norma é a relativa a alimentos ou bebidas consideradas “de rexime”, que deberán comunicarse con anterioridade

    A relación de pratos que se axunta é unha selección das Artes Culinarias propias do clube para orientar a composición dos menús colectivos de degustación. Unha porcentaxe de cada menú degustación destinase a fins sociais, accións de recuperación do patrimonio forestal ou promoción de iniciativas productivas e sostibles, formación e creación de emprego, etc.

    A hora de contar comensais para determinar o menú degustación que corresponde, contan tod@s os que participan no evento, independentemente da idade que teñan agás se son bebés que veñen e permanecen no Coche-Cuna e maiores de 110 anos (a norma é para tod@s igual, agradecemoslles que se non se cumplen estas premisas non insista nun trato especial)

    As seguintes opcións (que teñen carácter orientativo e están suxeitas a lóxica persoalización dependendo do número final de comensais e tamén cantos deles son nen@s e cantos adult@s), levan detallado o número de comensais; no caso de que, no momento da degustación, o número de comensais varíe a alza, con respecto dos anunciados cando se fai a encarga, incrementarase o importe total na cantidade que resulte de multiplicar a media p/comensal que se indica como base pol@s comensais que veñan a maiores (entra dentro da normalidade que existan dificultades para adaptar a última hora a opción a máis comensais mantendo a mesma configuración; polo que correspóndenos a nós decidir o mellor xeito de facelo).

    As Xornadas Gastronómicas están ORIENTADAS A ADULTOS –soci@s ou convidados e, no seu caso, público en xeral- que poderán vir acompañados de menores de 18 anos -baixo a súa ABSOLUTA responsabilidade, tutela, atención, vixilancia e coidado- que ocupan un lugar e aos que, sempre que non veñan en “coche-cuna” e independentemente da súa idade, se lles asignará unha cadeira á mesa -igoal que os adultos- e, a efectos de comensais, computarán como tales. Calquera acto de vandalismo, uso non axeitado das instalacións e contido, ou desperfecto causado por menores e adultos será da responsabilidade legal e económica de quen fixera a encarga.

    E fagan caso: TRAER TAPPERS!!! No noso País, ou sobra comida ou non é EtnoGastronomía Galega.