como validarse na universidade da coruÑa (web)pdf
DESCRIPTION
Titorial para validarse na UDC e acceder aos seus servizosTRANSCRIPT
Biblioteca de Economía e Empresa da UDC Febreiro 2011
COMO VALIDARSE NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Despóis de facer a matrícula na Universidade da Coruña é preciso VALIDARSE, é dicir, activarse, a través de Internet, en todos os servicios da UDC: biblioteca, plataforma Moodle, secretaría virtual, correo electrónico, wifi, etc. Para iso, hai que seguir estes pasos:
1. Acceder á páxina de activación de servizos da UDC:
https://servizos.udc.es/activacion/inicio
Unha vez aquí, hai duas opcións:
Biblioteca de Economía e Empresa da UDC Febreiro 2011
a) Se te matriculaches por primeira vez este curso académico, debes clicar en “Novo membro da UDC” e aparecerá esta pantalla:
b) Se xa tes conta de correo da UDC, porque te matriculaches en anos anteriores, clica en “usuario existente” e verás esta pantalla:
Debes introducir o código de activación (que recibiches co resgardo da matrícula) e o documento co que te identificaches (DNI, NIE, pasaporte)
Debes introducir a túa conta de correo da UDC, o teu contrasinal e o documento que usaches para matricularte (DNI, NIE, pasaporte)
Biblioteca de Economía e Empresa da UDC Febreiro 2011
2. Se queredes facer uso dos servizos da Biblioteca, unha vez feita a validación hai que esperar uns días para que os servizos informáticos realicen a carga dos usuarios validados na base de datos da Biblioteca. Así, poderedes :
• Levar libros en préstamo
• renovar e reservar libros a través de Internet
• acceder ao catálogo desde a vosa casa…
Estas cargas son periódicas e fanse cada pouco tempo.
Se tendes algún problema á hora de efectuar esta operación, velaí os datos de contacto do CAU (Centro de Atención a Usuarios):
Teléfono: 981167000 extensión: 2222 correo electrónico: horario: de 8:00 a 20:00
Preguntas frecuentes (FAQ)