comunicado eess decathlon vigo

2
Federación de Comercio Hostalería e Turismo fecohtgalicia.blogspot.com Eleccións Sindicais DECATHLON VIGO CC.OO. consigue a maioría do comité de empresa nas eleccións sindicais celebradas no centro de traballo de Decathlon en Vigo, con un total de 5 representantes dos 9 que se elixían. O pasado sábado día 10 celebráronse as votacións nas primeiras eleccións sindicais en Decathlon no centro de traballo de Vigo, onde se elixiu un Comité de nove membros (1 por o colexio de Técnicos e administrativos e 8 por o de Especialistas e non cualificados). A estas primeiras eleccións sindicais presentáronse dúas candidaturas, (CC.OO. e Independentes). CC.OO. presentamos candidatura só no colexio de Especialistas, o que non impediu que con un total de 5 representantes elixidos lograremos obter a maioría neste Comité de Empresa. Dende CCOO queremos agradecer a confianza que depositaron os 12 candidatos e candidatas que apostaron por esta central sindical e que conseguiron facerlle entender a maioría dos seus compañeiros e compañeiras as diferenzas que existen entre unha candidatura independente potenciada por a dirección da empresa e outra de CCOO formada por traballadores e traballadoras con gañas de mellorar as condicións laborais no centro de traballo. O mesmo tempo manifestar igualmente o noso agradecemento a confianza que a maioría dos traballadores e traballadoras depositaron nos candidatos de CCOO e o mesmo tempo manifestarlles que, tanto esta organización sindical como os

Upload: oscargaliza

Post on 24-May-2015

1.079 views

Category:

Documents


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Comunicado eess decathlon vigo

Federación de Comercio Hostalería e Turismofecohtgalicia.blogspot.com

Eleccións SindicaisDECATHLON VIGO

CC.OO. consigue a maioría do comité de empresa nas eleccións sindicais celebradas no centro de traballo de Decathlon en Vigo, con un total de 5 representantes dos 9 que se elixían.

O pasado sábado día 10 celebráronse as votacións nas primeiras eleccións sindicais en Decathlon no centro de traballo de Vigo, onde se elixiu un Comité de nove membros (1 por o colexio de Técnicos e administrativos e 8 por o de Especialistas e non cualificados).

A estas primeiras eleccións sindicais presentáronse dúas candidaturas, (CC.OO. e Independentes). CC.OO. presentamos candidatura só no colexio de Especialistas, o que non impediu que con un total de 5 representantes elixidos lograremos obter a maioría neste Comité de Empresa.

Dende CCOO queremos agradecer a confianza que depositaron os 12 candidatos e candidatas que apostaron por esta central sindical e que conseguiron facerlle entender a maioría dos seus compañeiros e compañeiras as diferenzas que existen entre unha candidatura independente potenciada por a dirección da empresa e outra de CCOO formada por traballadores e traballadoras con gañas de mellorar as condicións laborais no centro de traballo.

O mesmo tempo manifestar igualmente o noso agradecemento a confianza que a maioría dos traballadores e traballadoras depositaron nos candidatos de CCOO e o mesmo tempo manifestarlles que, tanto esta organización sindical como os compañeiros e compañeiras que elixiron, asumimos o compromiso de procurar facer o noso traballo o mellor posible para conseguir mellorar as súas condicións de traballo. Son tempos moi complicados, pero iso non quita que entre todos e todas sexamos capaces de lograr unhas condicións dignas para todo o colectivo.