con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015

16
CON TEXTURA DE FUME Poesía Adoles cente Invitad@s “alumnas/os poetas” do IES Ribeira do Louro de O Porriño Recital de Poesía Día das Bibliotecas Escolares Mércores, 4 novembro 2015 Biblioteca Calixtina. IES Pedras Rubias Salceda de Caselas

Upload: olga-lalin

Post on 13-Apr-2017

323 views

Category:

Education


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015

CON TEXTURA DE FUME Poesía

AdolescenteInvitad@s “alumnas/os

poetas” do IES Ribeira do Louro de O Porriño

Recital de PoesíaDía das Bibliotecas EscolaresMércores, 4 novembro 2015Biblioteca Calixtina. IES Pedras RubiasSalceda de Caselas

Page 2: Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015

Cando penso que te fuches, negra sombra que me

asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. 

Cando maxino que es ida, no mesmo sol te me

amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. 

Si cantan, es ti que cantas, si choran, es ti que choras, 

i es o marmurio do río i es a noite i es a aurora. 

En todo estás e ti es todo, pra min i en min mesma

moras, nin me abandonarás nunca, 

sombra que sempre me asombras.

Rosalía de Castro

Page 3: Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015
Page 4: Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015

UNHA NOVA AMIGA

Unha nova amiga vos quero presentar que está moi descoidada e témola que coidar Dona verde a chamo Dona verde a chamarás Sempre nos axuda É sempre axudará Nosa amiga Dona verde Chea de árbores e flores, Axúdanos a respirar e a aliviar as nosas dores Hai uns anos abrazábanos Agora témola que recuperar. Por culpa duns maltratadores Que a quixeron asasinar Clara Lorenzo

Page 5: Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015

SOIDADE

 

Somos dúas estrelas que brillan en diferentes constelacións se estamos xuntos brillamos máis que o sol. 

Eu quero brillar só, sen ter que rotar ao redor de ninguén, sen ter que finxir sorrisos, sen ter que vivir engañado pola sociedade, sen ter que acarrexar a mochila na que gardo os meus sentimentos, sen ter que agocharme de ninguén, morrer da mesma maneira que nacemos… só 

Daniel Otero  

Page 6: Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015

EU NACÍN EN ÁFRICA

Eu nacín en Africa, nun lugar moi afastado,non coñecía o que había fóra do meu poboadonin a ninguén que entendera o meu andaragás a miña familia que me sabía amar.Un día escoitei o vento que me chamaba ao seu ladoE fuxín inconsciente, sen pensalo dúas veces,sen saber onde se dirixían os meus novos pasos,perdida pola selva, rodeada da madreselvaque apertaba a miña gorxa con moita forza.Cheguei ao mar, aquela dimensión nunca vista,aquela marea azul onde atopei unha illa de lixo,un vertedoiro flotante, que cheiraba a pestes,refugallos que tiraban os ricos ben mantidos.Seguín o camiño que me ensinaba o forte ventoata atopar a fermosa árbore onde se escoitaban vocesque falaban dos tempos nos que os homes eran felicese non loitaban polo poder ou polas grandes riquezas,por todas as cousas materiais deste mundo.

Volvín ao meu camiño e seguín o meu rumbo.No medio da praia había moita xente coma min,xente que non tiña nada máis ca a súa triste vida,persoas que desexaban a gran oportunidademáis alá das nosas fronteiras, a terra prometida.O barqueiro pedía todos os cartos que tiñamose embarquei coma o resto das persoas que alí había.O frío da noite, do mar e da nosa soidadeFacíanos tremer, non só de frío, senón de medo,de non saber o que iamos atopar no noso intrigante destino.Un movemento brusco da barca fixo que alguén caera pola bordae desapareceu no medio da nosa negra viaxe.Cando estabamos preto da costa, inesperadamenteatopamos unha enorme marea de homes brancos,botáronse ao mar e colleron a nosa barca.Axiña de espertar do mareo e da decepciónatopeime moi soa e triste, non coñecía a ninguéne botaba de menos o meu acolledor fogar.Alí rematou a miña dorida pasaxe.Cargada de tanto sufrimento e escuridade,pregunteime a onde podía conducir todo aquilo.Estaba triste. Así finei nesa escurecida noite.

Laura Mazoy

Page 7: Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015
Page 8: Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015
Page 9: Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015
Page 10: Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015
Page 11: Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015
Page 12: Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015
Page 13: Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015
Page 14: Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015
Page 15: Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015
Page 16: Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015

Agradecementos a todos os participantes:

>Do IES Ribeira do Louro:Sara Norniella, Clara Lorenzo, Daniel Otero, Laura Mazoy e Elba Valiñas.Ademais dos profes acompañantes.

>Do IES Pedras Rubias:Nerea Romero, Paula, Daniel, Ariadna, Pablo, Yashira, Nerea E., Nerea A, Ainhoa, Sara, Sabrina, Alba, Elena, Clara, Andrea, Leticia, Núria, Diana, Yedra, Rocío, David, Héctor, Adrián, Souhail, Jennifer, Laura, Javier e Águeda .

Música: Uxía, Dani, Clara e Jessica.

Biblioteca Calixtina – Club de Lectura “Siareiros da Palabra”

Outono 2015(*imaxes utilizadas con finalidade

didáctica, para uso non comercial)