concello de poio

10
ConCello de Poio

Upload: maria-abuin

Post on 12-Jul-2015

408 views

Category:

Travel


8 download

TRANSCRIPT

Page 1: Concello De Poio

ConCello de Poio

Page 2: Concello De Poio

S it u a c ió nx e o g r á f ic a

• O municipio de Poio atópase no centro da provincia de Pontevedra, bordeando a ría do mesmo nome. Limita ao leste co  Concello de Pontevedra, ao norte co de Meis, ao oeste con Meaño e Sanxenxo, e ao sur coa citada Ría de Pontevedra.Ten unha superficie de ao redor de 35 km², que se reparten en cinco parroquias: San Salvador, San Xoán, Combarro, Samieira e Raxó con 15.853 habitantes.

Page 3: Concello De Poio

O Clima

• O clima de Poio, similar ao de todas as Rías Baixas, caracterízase por ter unha forte influencia das cálidas correntes mariñas que lle outorgan un clima mediterráneo dentro do tipo oceánico.

Page 4: Concello De Poio

F e s t as

• As Festas Patronais de San Xoán engloban tradicións, ritos e maxia arredor da fogueira e veñen cargadas de actividades culturais, lúdicas, deportivas e musicais. O Certame de canto coral, a exposición da Escola de Canteiros, os pasarrúas e verbenas populares, a entrega de premios e recoñecementos aos de portistas do ano, a sardiñada e o espectáculo de lume e prendido da fogueira..... son actividades que inundan a comarca de Poio dun continuo movemento de veciños e visitantes. Poio da comezo así as festas máis importantes do ano, que encadradas no programa cultural e festivo Verán en Poio, escomenzan unha andaina estival cargada de historia e tradición que traslada ao século XXI as crenzas e costumes dos nosos remotos antergos.

Page 5: Concello De Poio

Esta é unha festa que agrupa nun mesmo programa todos os aspectos da cultura

marítima cun obxectivo común: realzar o patrimonio marítimo galego.

Celébrase a penúltima semana de Agosto, e, durante este período, o pobo e reencóntrase a si mesmo co seu pasado, vinculado desde sempre ao mar; é por méritos propios unha das celebracións máis esperadas do verán

galego, tanto para os visitantes como para os veciños da zona.

Page 6: Concello De Poio

F e s t a d a a m e ix a• Esta festa, celebrada por vez primeira no ano

1988 en Campelo, situado na parroquia de San Xoán, nace por iniciativa da poboación debido ao seu interese por promocionar a calidade do molusco aproveitando a actividade pesqueira do municipio.

• É, por tradición e antigüidade, a festa gastronómica máis importante de Poio e, co obxectivo de dar a coñecer a auténtica ameixa cultivada na Ría e o seu importante valor gastronómico, cada ano, no mes de Xullo, os visitantes poden gozar das distintas actividades da festa, onde destacan a degustación da ameixa preparada das máis diversas formas e a bandeira de traíñas, que conta cos mellores equipos da liga galega, con oito embarcacións de trece remeros cada unha, e que percorren a distancia entre o porto de Campelo e a Illa de Tambo.

Page 7: Concello De Poio

M o n u m e n t o s

• Dos dous cruceiros que se atopan na praza de San Roque, o primeiro que nos atopamos é de construción moi sinxela, xa que non conta con ningunha figura adosada á cruz. En cambio, o que preside o centro da praza preséntanos a Cristo (mirando cara á terra, polo suposto), e á Virxe do Socorro, figura recorrente na zona antiga de Combarro. Esta virxe caracterízase porque leva na súa man unha especie de garrote e porque ten aos seus pés ao demo. Trátase, sen dúbida dunha clara representación do ben sometendo ao mal.

Page 8: Concello De Poio

A ig r e x a p a r r o q u ia l d e S a n R o q u e

• No lugar onde se atopa actualmente a igrexa, había en principio un oratorio, é dicir, un recinto onde se reunían os veciños para rezar, xa que as misas se realizaban na illa de Tambo, á que se podía acceder a pé cando a marea o permitía. Inicialmente rezaban a San Sebastián, pero tras sufrir unha terrible peste en toda a rexión decidiuse cambiar de patrón, e optouse por San Roque, que naquela época estaba “de moda” en Galicia, e era considerado o gran protector contra males e enfermidades.

Page 9: Concello De Poio

• En Porto Santo, parroquia de San Salvador de Poio (Pontevedra), áchanse as ruínas da denominada CASA NATAL DE CRISTOBAL COLÓN ou CASA DA CRUZ, chamada así por atoparse fronte a ela un crucero en cuxa base podía lerse a inscrición "Juan Colón, 1490". Dita inscrición foi misteriosamente limada, aínda que afortunadamente existen fotografías tomadas en 1917 polo arqueólogo Luís Gorostola que confirman esta frase.

Page 10: Concello De Poio

H is t o r ia d o M o s t e ir o

d e P ô io

Crese que a súa fundación data do século VII, e é atribuída a San Froitoso, aínda que hai quen considera que en realidade foi establecido por un dos seus discípulos, chamado Teodosio. Crese que a súa fundación data do século VII, e é atribuída a San Froitoso, aínda que hai quen considera que en realidade foi establecido por un dos seus discípulos, chamado Teodosio. Será a partir deste século cando o cenobio comece a gañar en poder e riqueza, grazas en gran medida á protección e devoción dos monarcas dos séculos XII e XIII. Non podemos esquecer, por exemplo, que a mesma Dona Urraca se encargou, no século XII, de doar ao mosteiro o couto de Poio e o porto de Combarro, entre moitas outras vilas dos arrededores. Pódese dicir que este enclave se erixiu en centro económico e cultural de toda a rexión. Tamén o emperador Carlos V se acordaría desta congregación, outorgándolle en 1548 un privilexio que a autorizaba a inaugurar un Colexio Maior de Teoloxía, que chegaría a contar con mestres tan ilustres como o Pai Feixoo. Así, ata mediados do século XIX Poio gozou de gran poder e influencia na zona, pero cando en 1835 Mendizábal dita a histórica Desamortización que leva o seu nome, os foros do mosteiro de Poio quedan eliminados, e a Orde de San Bieito abandona o lugar.