concello de santiago de compostela - xunta de...

33
DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO AO CAMIÑO FRANCÉS O SEU PASO POR GALICIA CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA SEPARATA N. 12

Upload: hadang

Post on 19-Sep-2018

218 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO

AO CAMIÑO FRANCÉS O SEU PASO POR GALICIA

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

SEPARATA N. 12

DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO

AO CAMIÑO FRANCÉS O SEU PASO POR GALICIA

CAMIÑO FRANCÉS – SANTIAGO DE COMPOSTELA

ÍNDICE

1. ANTECEDENTES HISTÓRICOS .................................................................................................................................... 1

2. DESCRICIÓN E XUSTIFICACIÓN DO TRAZADO ........................................................................................................... 1

2.1. DESCRICIÓN DA PROPOSTA ................................................................................................................................... 1

2.2. XUSTIFICACIÓN DA PROPOSTA DO CAMIÑO ......................................................................................................... 2

2.2.1. TRAMO SAN PAIO - LAVACOLLA ................................................................................................................... 2

2.2.2. TRAMO LAVACOLLA – SAN MARCOS ............................................................................................................ 2

2.2.3. TRAMO DE SAN LÁZARO ............................................................................................................................... 3

2.2.4. TRAMO CONCHEIROS – PUERTA DEL CAMINO ............................................................................................ 3

3. ESTADO DE CONSERVACIÓN DO CAMIÑO ................................................................................................................ 3

4. DESCRICIÓN DO ÁMBITO DE BIC ............................................................................................................................... 4

5. ELEMENTOS PATRIMONIAIS VINCULADOS AO CAMIÑO DE SANTIAGO ................................................................... 5

6. ANEXO FOTOGRÁFICO (2010-2012) .......................................................................................................................... 7

7. ANEXO PLANOS ....................................................................................................................................................... 29

DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO

AO CAMIÑO FRANCÉS O SEU PASO POR GALICIA

CAMIÑO FRANCÉS – SANTIAGO DE COMPOSTELA - 1

1. ANTECEDENTES HISTÓRICOS

A cidade de Santiago de Compostela sitúase no centro do Eixo Atlántico que une as cidades da Coruña e Vigo. O núcleo

orixinal da cidade de Santiago atópase nun alto que hoxe é o casco histórico. Esta formación orográfica esténdese ao norte e

ao sur en paralelo ao val do río Sar.

Con anterioridade ó século IX, a cidade de Santiago non existe como tal. As escavacións arqueolóxicas demostraron

que no lugar que hoxe ocupa a cidade histórica, asentábase na Antigüidade unha vila romana que puido alcanzar unha certa

importancia e que persistiu ata o século VII, pasando polo reinado dos suevos. Xunto ó recinto amurallado da "civitas" romana

erixiuse, no século I, o mausoleo pagán que máis adiante daría orixe á catedral. Non hai dúbida de que, no mesmo século,

nese mausoleo recibiron sepultura tres mártires cristiáns. Tense constancia dun prolongado culto arredor deste sepulcro, tal

como testemuña o cemiterio cristián circundante que se utilizou ata o século VII. A pouca transcendencia que tivo Santiago

ata o século IX fixo que case non se teñan referencias sobre a propia cidade, e que fose unha zona pola que non pasasen

camiños ou rutas importantes nos seus inicios.

O descubrimento das reliquias de Santiago polo bispo de Iria Flavia, Teodomiro, provoca que o rei asturiano Alfonso II

se trasladase dende Oviedo con toda a súa corte a recoñecer a existencia do sepulcro do Apóstolo Santiago. Nese momento

declarárono Santo Patrón do reino e converten o lugar no centro dun culto capaz de aglutinar a cristiandade de Occidente

fronte á expansión musulmana. A fundación da cidade dátase no ano 830. Tamén se constrúe a primeira igrexa de Santiago,

un sinxelo templo que acollía no seu interior un mausoleo da época romana.

Esta nova converte a Santiago de Compostela a partires do século IX nun importante lugar de peregrinación, que

reverte na parte das comunicacións viarias cun importante crecemento que se prolonga ata o final do medievo, e que

vertebra a comunicación viaria de toda Galicia con centro no propio Santiago.

O Camiño Francés entra no concello dende O Pino a través das terras do actual aeroporto de Labacolla. O núcleo do

mesmo nome é citado no Códice Calixtino como lugar de paso e de aseo dos peregrinos: “[...] fluvius quidam, qui distat ab

urbe sancti Jacobi duobus milliariis in nemoroso loco: qui Lavamentula dicitur, idcirco quia in eo gens Gallica peregrina, ad

sanctum Jacobum tendens, non solum mentulas suas verum etiam totius corporis sui sordes, Apostoli amore, lavare solet,

vestimentis suis expoliata [...]”.

O lugar de San Marcos está citado no Tumbo A da Catedral de Santiago de Compostela, como límite da doazón de

terras de Alfonso II á cidade. Esta franxa foi marcada con milladoiros nas intersección coas vías de comunicación da época, o

cal demostra a existencia dun camiño por San Marcos. Outras probas apuntas a posible coincidencia deste camiño coa Vía XIX

romana. Posteriormente Villuga cita tanto Labacolla como San Marcos no seu Repertorio de Camiños de 1546.

O lugar hoxe coñecido como Monte do Gozo é citado por Samuel Purchas no século XVII nestos términos: “[...] On this

side the toune milez too, By a Chappell schalt thou go: Vpon a hull hit stondez on hee, Wher Sent Iamez ferst schalt thou see, A

Mount, Joie mony stonez there ate, And iiij. pilerez of ston of gret astate: A C. daiez of pardon there may thou have At that

Chappell, and thou hit crave [...]”. Tamén Domenico Laffi en 1666 fai referencia a ledicia de chegar a ver Compostela dende

este lugar.

O posterior paso do Camiño por San Lázaro está demostrado pola existencia duna antiga hospital de peregrinos. Nas

escavacións desenvolvidas na construción da actual sede da Consellería de Medio Ambiente atopáronse restos dunha antiga

capela románica relacionada co hospital, e da caixa do antigo camiño.

2. DESCRICIÓN E XUSTIFICACIÓN DO TRAZADO

2.1. DESCRICIÓN DA PROPOSTA

O Camiño Francés entra no concello á beira do aeroporto, para dende aí descender ao núcleo de Lavacolla. Todo o

trazado está salpicado de lugares de longa tradición xacobea, como o Monte do Gozo, onde os peregrinos ao fin ollaban as

torres da catedral.

O descenso entre o Monte do Gozo e San Lázaro constitúe a entrada do Camiño nun entorno urbano altamente

poboado, percorrendo as rúas da cidade de Santiago de Compostela ata chegar á Praza do Obradoiro.

Trazado do Camiño : Amenal (límite co concello de O Pino) – Santiago de Compostela

O trazado discorre por unha pista de terra rodeando a zona de protección das pistas do aeroporto de Santiago. Este

carreiro culmina nunha estrada pola que prosegue ata xirar á dereita pola estrada de acceso ao núcleo de San Paio. O

peregrino pasa por San Paio, onde érguese a Capela de Santa Lucía. Tras unha costa que comeza na mesma saída de San Paio,

o camiño penetra nun bosque e máis adiante descende ata cruzar baixo a estrada de acceso ao aeroporto desde a

autoestrada A-54. A ruta continúa por un tramo de bosque baixo e intermitente moi próximo ao camiño. Aos poucos metros,

o camiño intérnase no núcleo de Albarde. A traza do camiño coincide coas rúas e estradas deste núcleo de poboación.

O peregrino chega ao núcleo da Lavacolla e pasa fronte á Capela e Cruceiro de San Paio. Tras atravesar este núcleo, o

camiño cruza a estrada N-634a e comeza un ascenso apoiado nunha corredoira asfaltada, nun tramo que alterna zonas

boscosas con leiras e prados.

Abandónase a corredoira asfaltada para seguir subindo por pistas de concentración parceira que practicamente se

corresponden co antigo trazado do Camiño ata chegar ás inmediacións das instalacións de Radio e Televisión de Galicia onde

séguese recto ata rodear unha granxa e volvendo a unha estrada asfaltada. O trazado segue recto por unha zona boscosa

abandonando a estrada. Tras rodear as instalacións dunha nave industrial, o trazado chega ao núcleo de San Marcos. A ruta

ascende pola rúa San Marcos, con firme asfaltado e laterais empedrados, á cima do Monte do Gozo. A contorna do camiño

son edificacións baixas e grandes leiras carentes de arboredo e vexetación.

As últimas vivendas dan paso á zona na que cal atópase o monumento ao peregrino, que indica a cima do Monte do

Gozo. Dende esta cima o peregrino ten a primeira vista da cidade de Santiago. Neste punto sitúase a Capela de San Marcos. A

partir de aquí, o camiño comeza a descender pola rúa San Marcos e segue pola rúa do Gozo, onde chega a unhas escaleiras

que dan acceso á estrada N-634a. O trazado pasa sobre a autoestrada AP-9 e sobre o vial ferroviario A Coruña-Santiago e

chega ao núcleo de San Lázaro. Tras pasar sobre a estrada de circunvalación de Santiago, a ruta avenza cara a Avenida de

Fernando de Casas Novas polo parque ata chegar á Capela de San Lázaro.

O peregrino pasa xunto á Igrexa Parroquial de San Lázaro, segue pola rúa do Valiño, continúa pola rúa das Fontiñas e

pola rúa da Fonte dos Concheiros. Dende alí ascende hacia a Rúa do Home Santo e pasa polo lugar onde situábase o antigo

fielato e desdende pola Rúa da Angustia ata chegar a rúa de San Pedro e prosegue pola rúa das Casas Reais. Pola rúa da

Acibechería entra na Catedral de Santiago.

Trazado complementario: Lavacolla – San Marcos

Dende a saída do núcleo de Lavacolla, o trazado ascende por pista asfaltada ata o núcleo de Vilamaior. Dende alí

continua ata ás proximidades das instalacións de Radio e Televisión de Galicia, bordea o Camping Monte do Gozo cara ao sur e

segue recto entre leiras dirección oeste ata chegar a San Marcos.

Trazado complementario: Concheiros

Tramo que discurre entre a Avenida Rodrigues de Viguri e o cruceiro da Rúa de San Pedro pola rúa de Concheiros.

Trazado con vestixios históricos: Aeroporto de Santiago

O trazado segue o antigo camiño, entre Amenal e Lavacolla, anterior ás instalacións do aeroporto de Santiago.

CAMIÑO FRANCÉS – SANTIAGO DE COMPOSTELA - 2

Trazado complementario: San Paio - Albarde

O trazado comeza no núcleo de San Paio e discorre cara ao sur por un camiño que cruza a estrada de acceso ao

aeroporto de Santiago desde a autoestrada A-54. Nas proximidades da rotonda de acceso ás instalacións do aeroporto, xira

cara ao oeste por un camiño de terra que avanza entre leiras e edificacións unifamiliares. De seguido, chega ao núcleo de

Albalde.

Trazado con vestixios históricos: San Lázaro – San Marcos

O trazado toma a rúa da Cañeira no núcleo de San Lázaro e cruza a autoestrada de circunvalación de Santiago.

Posteriomente, a ruta prosegue pola zona axardinada nas proximidades do Palacio de Congresos de Santiago. Tras cruzar a

rúa de Miguel Ferro Caaveiro, xira ao noroeste, discorrendo pola zona edificada da beira norte da rúa San Lázaro ata as

proximidades do cruzamento coa rúa de Roma.

Trazado con vestixios históricos: Rúa da Angustia-Rúa do Medio

O trazado entra na rúa do Home Santo dende a Avenida Rodrigo de Viguri e continúa pola Rúa da Angustia. Dende ela

sae o trazado este trazado que continúa pola rúa do Medio ata chegar á Porta do Camiño.

2.2. XUSTIFICACIÓN DA PROPOSTA DO CAMIÑO

Superposición do trazado oficial de 1992 e trazados do Camiño, complementario e trazado con vestixios históricos en Santiago de Compostela. Elaboración propia

TRAZADO DO CAMIÑO

TRAZADO CON VESTIXIOS HISTÓRICOS

TRAZADO COMPLEMENTARIO

TRAZADO OFICIAL 1992

O Camiño de Santiago Francés ao seu paso polo termo municipal de Santiago de Compostela non é idéntico ao

delimitado no ano 1992. Prodúcense variacións no ámbito de San Paio e entre Lavacolla e San Marcos, e toman en

consideración unha serie de trazados de carácter histórico así como de trazados complementarios non tidos en conta na

delimitación previa.

2.2.1. TRAMO SAN PAIO - LAVACOLLA

Trazado oficial de 1992 e trazados do Camiño e trazdos con vestixios históricos. Elaboración propia

A delimitación realizada en 1992 rodeaba a cabeceira das pistas do Aeroporto e descendía cara ao sur onde se atopaba

coa traza do Camiño, que no seu día invalidou a construción das pistas. Posteriormente realizouse a conexión entre a autovía

e o acceso ao complexo aeroportuario, que inutilizou o trazado proposto, ao cortarse ambas as dúas vías de xeito

perpendicular. Isto levou consigo unha nova modificación de trazado que é por onde se discorre na actualidade entre os

núcleos de San Paio e Lavacolla.

Delimítase como trazado do Camiño o actualmente en uso, e proponse a incorporación das trazas que foron utilizadas

con anterioridade ademais dun camiño de terra que une o núcleo de San Paio coa rotonda de acceso ao aeroporto como

trazados con vestixios históricos.

2.2.2. TRAMO LAVACOLLA – SAN MARCOS

En 1992, entre ambos os dous núcleos delimitouse unha dobre variante. Un trazado discorría polo norte, pola estrada

N 634, mentres que o outro o facía polo sur atravesando o núcleo de Vilamaior. Desestimouse seguir mantendo o trazado por

a N 634 de maneira que se consolida a variante sur, con certas modificacións respecto ao trazado delimitado nos 90. Entre a N

634 e o trazado do Camiño incorpórase un tramo de aproximadamente 2,8 Km de lonxitude de carácter histórico en virtude ás

DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO

AO CAMIÑO FRANCÉS O SEU PASO POR GALICIA

CAMIÑO FRANCÉS – SANTIAGO DE COMPOSTELA - 3

referencias existentes en torno ao Camiño Real e antiga división parroquial de Santa María de Sar e mantense o trazado de

Vilamaior como trazado complementario.

Trazado oficial de 1992 e trazados do Camiño e trazados con vstixios históricos. Elaboración propia

2.2.3. TRAMO DE SAN LÁZARO

Trazado oficial de 1992 e trazados do Camiño, complementario e trazado con vestixios históricos. Elaboración propia

A delimitación do ano 1992 discorría pola Rúa San Lázaro ata chegar á avenida do Camiño Francés onde se dirixía cara a

Concheiros a través da Rúa do Valiño. Non obstante e en vista de estudos previos modificouse a delimitación, de maneira que

se recupera o trazado do Camiño Real que en certa medida se mantivo en deseño de actual urbanización. Así, o Camiño

atravesa o parque situado entre a Rúa San Lázaro e a Avenida de Fernando de Casas Novas para dende alí dirixirse cara á

capela de San Lázaro onde retoma a Rúa de San Lázaro. Incorpóranse un tramo de carácter histórico que pasa pola parte

traseira da Consellería de Medio Ambiente onde se situaba a capela medieval de San Lázaro e o lazareto.

2.2.4. TRAMO CONCHEIROS – PUERTA DEL CAMINO

Trazado oficial de 1992 e trazados do Camiño e trazado con vestixios históricos. Elaboración propia

En vista a estudios previos, o trazado do Camiño delimitado, unha vez que chega ao cruzamento entre Concheiros e a

Avenida de Rodriguez Viguri abandona a delimitación de 1992 para ascender cara á Rúa do Home Santo pasando polo antigo

fielato e descende cara á porta do Camiño a través da Rúa da Angustia e a Rúa San Pedro. O tramo entre Rodriguéz Viguri e o

cruceiro de San Pedro mantense como trazado complementario e a baixada dende a Rúa da Angustia ata a Porta do Camiño

como tramo con vestixios históricos.

3. ESTADO DE CONSERVACIÓN DO CAMIÑO

Para todos os tramos do Camiño recoñecidos no traballo se fai unha análise dos seus parámetros técnicos que os

definen fisicamente. Deste estudo preséntase neste documento a información que resume o estado de conservación actual

destes trazados, mediante o Índice de Calidade Percibida e o estado de conservación do pavimento. En ambos os dous casos

defínese unha situación denominada “Recuperable/Cautela” para identificar aqueles tramos que na actualidade non poden

ser transitados de forma cómoda pero que poden chegar a selo con intervencións lixeiras, e tamén aqueles tramos que

debido a diversos motivos son dificilmente recuperables a curto prazo e quedan como cautela arqueolóxica.

Índice de Calidade Percibida do Camiño (ICC)

Indicador creado para representar de forma sintética a conservación e calidade global de cada treito de camiño,

combinando o estado de pavimento, a adecuación do entorno, a paisaxe percibida, a visibilidade e o tipo de plataforma.

Calidade do Camiño Lonxitude [Km] Lonxitude [% municipal] Lonxitude [% Camiño]

Moi mala 5,0 24,0% 2,1%

Mala 4,8 23,1% 2,1%

Media 2,7 12,7% 1,1%

Boa 1,6 7,8% 0,7%

Moi boa 0,2 1,1% 0,1%

Excelente 0,2 0,7% 0,1%

Recuperable / Cautela 6,4 30,6% 2,7%

Total xeral 20,9 100,0% 8,9%

CAMIÑO FRANCÉS – SANTIAGO DE COMPOSTELA - 4

Conservación do Camiño

Estado de conservación do pavimento e plataforma do Camiño de Santiago.

Conservación do Camiño Lonxitude [Km] Lonxitude [% municipal] Lonxitude [% Camiño]

Boa 9,2 44,1% 3,9%

Regular 3,9 18,5% 1,6%

Mala 1,8 8,6% 0,8%

Recuperable / Cautela 6,0 28,7% 2,5%

Total xeral 20,9 100,0% 8,9%

4. DESCRICIÓN DO ÁMBITO DE BIC

O ámbito entra no concello de Santiago de Compostela polo lado norte do aeroporto en dirección este-oeste. A

parroquia máis afectada polo ámbito do Camiño Francés en Santiago de Compostela é Sabugueira, a primeira en sentido este-

oeste, despois pasa por Bando, Aríns, San Lázaro e Santiago de Compostela. Dentro destas cinco parroquias quedan

vinculados ao ámbito os seguintes núcleos: Neiro, Vilamaior, San Paio, Lavacolla, Mourentán, Alberde, O Pontillón, A Esquipa,

A Praza, San Marcos, Os Abetos, Xestería, Ponte de San Lázaro e Santiago de Compostela.

O límite norte do ámbito entra na parroquia de Sabugueira bordeando a autovía A-54, tras un breve tramo descende

cara ao sur deixando á esquerda o núcleo de San Paio e cruzando a vía AC-250 en dirección sudoeste ata bordear, deixándoo á

esquerda, o núcleo de Lavacolla. Pasando o núcleo segue cara ao oeste ata deixar San Xordo á dereita e descende por un

camiño ata un cruzamento de camiños para tomar novamente dirección oeste e chegar ao límite de parroquia, entra na

parroquia de Bando e pégase ao bordo da estrada N-634, segue a devandita estrada, deixando a mámoa de Monte do Gozo á

esquerda, e deixa á esquerda o núcleo de San Marcos, chegando ao límite de parroquia. Entón entra na parroquia de Aríns,

onde o límite de ámbito discorre paralelo á rúa de San Marcos e despois á rúa do Gozo onde chega ao lindeiro de parroquia e

pasa á parroquia de Santiago de Compostela, tras cruzar a AP-9 discorre paralelo á rúa de San Lázaro deixando Ponte de San

Lázaro e San Lázaro á esquerda, baixa pola rúa Pilar Miró cara a rúa Valiño, despois vai por rúa de Mónaco e rúa de Altiboia

cara á avenida Rodríguez de Viguri, sobe por esta última ata atoparse con rúa de Home Santo, segue pola rúa Home Santo,

antes de chegar a rúa Angustias desprázase cara ao oeste discorrendo entre as rúas Betanzos e Angustias, no encontro entre

ambas as dúas descende ata o cruceiro que se atopa entre as rúas San Pedro e Concheiros e se une co límite sur do ámbito.

O límite sur entra na parroquia de Sabugueira bordeando as pistas do aeroporto de Santiago de Compostela, deixa á

dereita o núcleo de San Paio e diríxese cara ao sur ata a rotonda onde concorren a AC-250 e a avenida do Aeroporto. Continúa

por esta avenida cara ao oeste ata o núcleo de Lavacolla, onde xira cara ao sur para rodear o Castro de Lavacolla ou Castro de

Mendes, segue cara ao sudoeste deixando o núcleo de Vilarmaior á dereita e tras pasar o núcleo de Neiro chega ao límite de

parroquia. Pasa entón á parroquia de Bando onde bordea, deixándoo á dereita, as instalacións de RTVG e chega ata o núcleo

de San Marcos que o deixa ao norte. Pasado este núcleo entra na parroquia de Aríns onde deixa o auditorio de Monte do

Gozo á esquerda e pasa polo núcleo de Os Abetos, punto no que pasa á parroquia de San Lázaro e cruza a AP-9, tras a cal pasa

o río Sar á altura do encontro entre a rúa Miguel Ferro Caaveiro e a avenida de Fernando Casas Novoa, segue bordeando polo

sur as parcelas que dan á devandita avenida deixando o núcleo de San Lázaro á dereita, continúa pola rúa Oslo ata rúa París,

xira e vai por esta última ata rúa Moscova, onde segue dirección oeste, atravesando varias parcelas chega á avenida de Lugo,

baixa por esta última ata a rúa Triacastela e continúaa ata o cruzamento entre as rúas San Pedro e Concheiros.

DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO

AO CAMIÑO FRANCÉS O SEU PASO POR GALICIA

CAMIÑO FRANCÉS – SANTIAGO DE COMPOSTELA - 5

5. ELEMENTOS PATRIMONIAIS VINCULADOS AO CAMIÑO DE SANTIAGO

Elementos patrimoniais dentro do ámbito BIC

Denominación Lugar BIC Idade Histórica UTM X UTM Y

Capela de San Marcos San Marcos Non Idade Contemporanea 541415 4748887

Cruceiro de San Paio de Sabugueira Lavacolla Non Idade Moderna 545312 4750047

Capela de San Roque Lavacolla Non Idade Contemporanea 545016 4750080

Pombal Lavacolla Non Idade Contemporanea 545081 4750218

Igrexa de San Paio de Sabugueira Lavacolla Non Idade Moderna 545325 4750045

Casa en Lavacolla Lavacolla Non Idade Contemporanea 544751 4750064

Cruceiro no conxunto parroquial de Lavacolla

Lavacolla Non Idade Moderna 545278 4750039

Restaurante San Paio San Paio Non Idade Moderna 545206 4750140

Capela de Santa Lucía San Paio Non Idade Contemporanea 546956 4751087

Igrexa parroquial de San Lázaro San Lázaro Non Idade Contemporanea 539324 4748552

Fonte do Murallón Non Non 545444 4749966

Fonte do Pelamio Non 545167 4749905

Amilladoiro de San Marcos Non 541465 4748861

Amilladoiro de Home Santo Non 538061 4748086

Mámoa do Monte do Gozo San Marcos Non Neolítico 542725 4749355

Castro de Lavacolla / Castro de Mendes Vilamaior Non Idade do Ferro 545455 4749455

Mámoa 1 de Sabugueira Neiro Non Neolítico 543968 4748932

Mámoa 2 de Sabugueira Neiro Non Neolítico 544164 4748895

San Paio de Cercedelo San Paio Non Idade Media (Séculos Centrais ) 546960 4751085

Hospital e capela de San Lázaro San Lázaro Non Idade Media (Séculos Centrais ) 539398 4748599

A Medorra San Paio Non Neolítico 547143 4750239

Elementos da Declaración como Patrimonio da Humanidade do Camiño de Santiago (1993) fora do ámbito BIC

Denominación Lugar BIC Idade Histórica UTM X UTM Y

I. de S. Martín de Arines Arines Non Non 540335 4745764

Crucero de Cros Arines Non Neoclásico 540253 4746162

Crucero de Casa Roque Arines Non Barroco 540196 4746485

Crucero da iglesia Cesar Non Barroco 547696 4757222

Casa Rectorado Fecha de S. Juan Non Barroco 534425 4757837

Hórreo de tres Cepas Fecha de S. Juan Non Neoclásico 533508 4755013

Crucero de Agro Figueras Non Neoclásico 533916 4749758

Hórreo de Ermelilda Marrozos Non Barroco 541760 4742058

Hórreo de Vázquez Marrozos Non Neoclásico 541673 4742129

Hórreo de Cepeda Marrozos Non Neoclásico 541842 4742103

Crucero do Agro-cementerio Nemenzo Non Neoclásico 542333 4756122

Crucero de Sta. Lucía S. Cristobal do Bixo Non Barroco 539359 4743964

Hórreo de Neves S. Cristobal do Bixo Non Barroco 540028 4744418

Capilla de Ntra. Sra. De las Ermitas S. Cristobal do Bixo Non - 538707 4743454

Hórreo de Manuel de Xertrudis S. Cristobal do Bixo Non Barroco 539110 4744177

Crucero del Camino Real S. Cristobal do Bixo Non Barroco 539102 4744306

Escuela de D. Domingo Cepero S. Cristobal do Bixo Non Barroco 539791 4744829

Hórreo de Sampaño S. Cristobal do Bixo Non Barroco 540009 4744479

Puente de Silveiro S.A. de Barciela Non Neoclásico 545321 4757372

I. de S. Julián Sabugueira Non Gótico, Plateresco, Neoclásico 545332 4750044

Cruceiro de Sar Santiago Non Barroco 538547 4746293

Capilla de Sta. Mariña Santiago Non Barroco 537881 4746482

Fuente de Sta. Mariña Santiago Non Barroco 537858 4746479

Crucero de Castrón d´Ouro Santiago Non Barroco 537609 4747414

Arco de Mazarelos Santiago Non Renacimiento 537503 4747581

Convento de las Madres Mercedarias Santiago Non Románico, Renacimiento 537527 4747539

I. de Sta. Mª la Real de Sar Santiago Sí Barroco 537936 4746911

Hospital de S. Roque-capilla Santiago Non - 537541 4748166

I. Catedral de Santiago Santiago Sí Plateresco, Barroco 537320 4747866

Monasterio de S. Martín Pinario Santiago Non Románico, Plateresco, Barroco 537348 4748036

Facultad de Geografía e Historia Santiago Non Renacimiento, Barroco 537533 4747664

I. de Sta. Mª Salomé Santiago Non Neoclásico 537410 4747630

Teatro Principal Santiago Non Románico, Plateresco, Renacimiento 537418 4747668

Colegio de Huérfanas Santiago Non Neoclásico 537415 4747549

Casa de la Parra Santiago Non Renacimiento, Barroco 537395 4747907

Casa detrás de Salomé Santiago Non Barroco 537435 4747623

Convento de Sto. Domingo Santiago Non Plateresco 537772 4748117

CAMIÑO FRANCÉS – SANTIAGO DE COMPOSTELA - 6

Denominación Lugar BIC Idade Histórica UTM X UTM Y

I. de Sto. Domingo Santiago Non Gótico, Barroco 537807 4748092

Escuela de Artes y Oficios Santiago Non - 537660 4747934

Facultad de Medicina Santiago Non Barroco 537197 4748061

Monasterio de S. Rayo de Antealtares Santiago Non Neoclásico 537430 4747866

Colegio de Fonseca de Santiago de Alfeo Santiago Non Renacimiento, Barroco 537254 4747733

Colegio de S. Jerónimo-Rectorado Santiago Non Plateresco 537244 4747790

Casa de la Conga Santiago Non Renacimiento 537377 4747814

I. de Sta. Susana Santiago Non Renacimiento 536938 4747525

Palacio de Gelmirez Santiago Non Románico, Gótico 537268 4747889

Casa das pomas Santiago Non Románico 537404 4747732

I. de S. Fins de Solovio Santiago Non Barroco 537565 4747733

I. convento de S. Agustín Santiago Non Románico, Renacimiento 537616 4747879

Convento de la Enseñanza Santiago Non Renacimiento 537623 4747664

I. de la Compañía (Universidad) Santiago Non Barroco 537523 4747629

I. San Pedro de Fora Santiago Non Renacimiento 537882 4747928

Convento de Belvis Santiago Non Renacimiento 537922 4747579

I. del Pilar Santiago Non Gótico, Renacimiento, Barroco 537014 4747409

Colegio de S. Clemente Santiago Non Barroco 537140 4747565

Palacio de los Raxoy Santiago Non Renacimiento 537183 4747829

I. de S. Fructuoso-Las Angustias de Abajo Santiago Non Barroco 537138 4747875

Convento de S. Francisco de Valdediós Santiago Non Barroco 537275 4748195

Convento de Sta. Clara Santiago Non Gótico, Renacimiento, Barroco 537640 4748400

Convento del Carmen de Arriba Santiago Non Gótico, Barroco 537555 4748394

I. del Carmen de Abajo Santiago Non Barroco 536698 4747931

Casa del Dean Santiago Non Barroco 537360 4747766

Monasterio de S. Lorenzo Santiago Non Barroco 536244 4747589

Crucero del Campo del Gaio Santiago Non Románico, Renacimiento 536903 4747699

Cruceiro de Vista Alegre Santiago Non Barroco 537078 4749017

Cruceiro Plazuela S. Cid Santiago Non Barroco 537550 4747722

I. de S. Miguel Dos Agro Santiago Non Renacimiento 537441 4748027

Capilla del Cristo- S. Miguel Dos Agro Santiago Non Neoclásico 537434 4748027

Capilla gótica- S. Miguel Dos Agro Santiago Non Barroco 537451 4748022

Capilla de ánimas Santiago Non Gótico 537543 4747992

Colegio de la Compañía Facultad de Filología

Santiago Non Neoclásico 537546 4747607

Fonte dos Cavalos Santiago Non Barroco 537340 4747802

I. S. Payo do Monte Santiago Non Neoclásico 536424 4748610

Casa-rectorado Santiago Non Románico 532396 4748636

I. de Sta. Mª Peregrina Santiago Non Barroco 536576 4752520

I. de Sta. María Santiago Non Barroco 533935 4749768

I. de S. Martín Santiago Non Románico 534178 4746206

I. de Sta. María Santiago Non Barroco 541184 4743115

I. de S. Julián de Carballal Santiago Non Barroco 546177 4752843

I. de Sta. María Santiago Non Románico, Barroco 547733 4757202

I. de S. Pedro Santiago Non Barroco 540977 4758024

I. de S. Vicente Santiago Non Gótico, Barroco 543776 4756419

I. de Sta. Cristina Santiago Non Románico 542352 4756154

I. de Sta. Mª de Berdia Santiago Non Barroco 540358 4756064

Santuario de Belén Santiago Non Barroco 530593 4755442

Capilla de Lamascal Santiago Non Barroco 533858 4755370

I. de S. Critobal Santiago Non Barroco 539664 4744808

Capilla Angustias-Capilla Agolada Santiago Non Barroco 543339 4754265

I. de S. Juan de Fecha Santiago Non Románico, Gótico 534469 4757808

Capilla de Sta. Lucia Santiago Non Barroco 539345 4743997

Cruceiro de Lamas de Abade Santiago Non Barroco 538049 4745667

Capilla Pastoriza Santiago Non Neoclásico 537869 4748652

I. de S. Benito Santiago Non Neoclásico 537538 4747917

I. de S. Cayetano Santiago Non Neoclásico 538073 4748859

I. Sta. Mª del Camino. Capilla de Comarasa Santiago Non Barroco 537621 4747981

Hospital Real Santiago Non Gótico 537205 4747961

Palacio Arzobispal Santiago Non - 537264 4747926

Casa C/ Reales, 20 Santiago Non Barroco, Neoclásico 537579 4747982

Casa C/ Rúa Nova, 24 Santiago Non Neoclásico 537390 4747675

Casas Vivienda C/ Rúa Nova, 14, 16, 17, 19 Santiago Non Neoclásico 537401 4747718

Casa/ Rúa del Villar, 17 Santiago Non Barroco 537341 4747705

Casa C/ Rúa del Villar Nº34, 36, 38, 40, 56, 72-80 Santiago Non Gótico, Barroco 537312 4747666

Casa/ Rúa del Villar Nº 42, 46, 50, 61 Santiago Non Neoclásico 537303 4747652

Denominación Lugar BIC Idade Histórica UTM X UTM Y

Fuente de Sta. Clara Santiago Non Barroco 537565 4748320

Casa Vivienda Pza. Pescadería Vieja, 1 Santiago Non Barroco 537547 4747879

Casa Gótica C/ S. Miguel, 4 Santiago Non Barroco 537460 4748046

Palacio de Bendaña Santiago Non Gótico 537296 4747546

Palacio de los Pedrosa Santiago Non Renacimiento 537364 4747600

Palacio de Fondevilla Santiago Non Barroco 537564 4747979

Casa de los Amarantos Santiago Non Barroco 537550 4748055

Cámara de Comercio Santiago Non Neoclásico 537359 4747586

Casa C/ Campo de Sto. Domingo Nº 2 Santiago Non Barroco 537717 4748075

Capilla del Gran Hospital de los Reyes Católicos Santiago Sí Barroco 537208 4747941

Casa del asesino Santiago Non - 537484 4747616

Casa de lso Gil de la Peña Santiago Non Barroco, Neoclásico 537546 4747964

Palacio de Monroy Santiago Non Neoclásico 537330 4747721

Casa Gótica C/ Casa Reales Santiago Non Plateresco 537559 4747963

Casa de los Bazán Santiago Non Gótico 537567 4747916

Casa de Ceinos-Antiguo Consistorio Santiago Non Barroco 537501 4747917

Casa de los Braudon Santiago Non Neoclásico 537691 4748057

Casa de Cordero Carreta Santiago Non Neoclásico 537472 4747921

Casa de Gamallo Santiago Non Barroco 537433 4747581

Casa de los Asorey Santiago Non Modern. 537466 4747923

Casa de Tourino Santiago Non Neoclásico 537415 4747767

Palacio de los Mondragón Santiago Non Neoclásico 537423 4747730

Ciudad Santiago Sí Neoclásico - -

Ampliación de las zonas Monumentales de Santiago

Santiago Sí - - -

Monasterio-Convento de Ntra. Sra. De Conxo Santiago Sí - - -

Casa de los de la calle Santiago Non Barroco - -

Casa de S. Pedro Roca-Los Valderrama Santiago Non Neoclasico - -

Crucero Do Monte Santo Santiago Non Barroco - -

Fuente (Alameda) Santiago Non Gótico tard. - -

Casa medieval Santiago Non Neoclasico - -

Casa C/ Algalía de Arriba Santiago Non Gótico - -

Casa de los de la Riva Santiago Non Neoclasico - -

Puente sobre el Sarela Santiago Non - - -

Casa de los Lope de Rego Santiago Non Neoclasico - -

Fuente de S. Franco de Siena Santiago Non Barroco - -

Casa de los Porra Santiago Non Neoclasico - -

Crucero de Alvaro Alvarez Santiago Non Neoclasico - -

Casa de lso Rita Ponte Santiago Non Barroco - -

Palacio de los Maza Santiago Non Neoclasico - -

Casa Isabelina Santiago Non Neoclasico - -

Hórreo de Canónigo Santiago Non Gótico - -

Pazo de Lermo Santiago Non Neoclasico - -

Casa do Princes Santiago Non Renacimiento, Neoclasico - -

Hórreo de Casa do Princes Santiago Non Barroco - -

Hórreo Santiago Non Barroco - -

Quinta de S. Castor y Sta. Adela Santiago Non Neoclasico - -

Hórreo Santiago Non Barroco, Neoclasico - -

Hórreo Bº Lamascal Santiago Non Barroco - -

Hórreo Santiago Non Neoclasico - -

Casa de Varela de Limia Santiago Non Neoclasico - -

Hórreo de la Rectoral Santiago Non Neoclasico - -

I. de Sta. María Villestro Non Barroco 532393 4748671

Crucero de la Casa del Canónigo Villestro Non Barroco 532496 4748680

DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO

AO CAMIÑO FRANCÉS O SEU PASO POR GALICIA

CAMIÑO FRANCÉS – SANTIAGO DE COMPOSTELA - 7

6. ANEXO FOTOGRÁFICO (2010-2012)

CAMIÑO FRANCÉS – SANTIAGO DE COMPOSTELA - 8

DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO

AO CAMIÑO FRANCÉS O SEU PASO POR GALICIA

CAMIÑO FRANCÉS – SANTIAGO DE COMPOSTELA - 9

CAMIÑO FRANCÉS – SANTIAGO DE COMPOSTELA - 10

DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO

AO CAMIÑO FRANCÉS O SEU PASO POR GALICIA

CAMIÑO FRANCÉS – SANTIAGO DE COMPOSTELA - 11

CAMIÑO FRANCÉS – SANTIAGO DE COMPOSTELA - 12

DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO

AO CAMIÑO FRANCÉS O SEU PASO POR GALICIA

CAMIÑO FRANCÉS – SANTIAGO DE COMPOSTELA - 13

CAMIÑO FRANCÉS – SANTIAGO DE COMPOSTELA - 14

DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO

AO CAMIÑO FRANCÉS O SEU PASO POR GALICIA

CAMIÑO FRANCÉS – SANTIAGO DE COMPOSTELA - 15

CAMIÑO FRANCÉS – SANTIAGO DE COMPOSTELA - 16

DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO

AO CAMIÑO FRANCÉS O SEU PASO POR GALICIA

CAMIÑO FRANCÉS – SANTIAGO DE COMPOSTELA - 17

CAMIÑO FRANCÉS – SANTIAGO DE COMPOSTELA - 18

DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO

AO CAMIÑO FRANCÉS O SEU PASO POR GALICIA

CAMIÑO FRANCÉS – SANTIAGO DE COMPOSTELA - 19

CAMIÑO FRANCÉS – SANTIAGO DE COMPOSTELA - 20

DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO

AO CAMIÑO FRANCÉS O SEU PASO POR GALICIA

CAMIÑO FRANCÉS – SANTIAGO DE COMPOSTELA - 21

CAMIÑO FRANCÉS – SANTIAGO DE COMPOSTELA - 22

DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO

AO CAMIÑO FRANCÉS O SEU PASO POR GALICIA

CAMIÑO FRANCÉS – SANTIAGO DE COMPOSTELA - 23

CAMIÑO FRANCÉS – SANTIAGO DE COMPOSTELA - 24

DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO

AO CAMIÑO FRANCÉS O SEU PASO POR GALICIA

CAMIÑO FRANCÉS – SANTIAGO DE COMPOSTELA - 25

CAMIÑO FRANCÉS – SANTIAGO DE COMPOSTELA - 26

DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO

AO CAMIÑO FRANCÉS O SEU PASO POR GALICIA

CAMIÑO FRANCÉS – SANTIAGO DE COMPOSTELA - 27

CAMIÑO FRANCÉS – SANTIAGO DE COMPOSTELA - 28

DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO

AO CAMIÑO FRANCÉS O SEU PASO POR GALICIA

CAMIÑO FRANCÉS – SANTIAGO DE COMPOSTELA - 29

7. ANEXO PLANOS