copla do maio mariñeiro do sequelo 2016
DESCRIPTION
MaiosTRANSCRIPT
Os violíns da tarde cantan nos campos anunciando a todos que chegou o maio.
Maio das flores, quen te fixo así? Un raio de sol
e a chuva de Abril
A chuva de Abril e un raio de sol fixéronte maio garrido e señor.
Homes e mulleres poñan atención
que o maio mariñeiro Empeza a actuación
Saiu do Sequelo cara a Marín,
xa o tedes cantando para vos aquí.
Eiqui está o maio de flores cuberto, no adro da igrexa
cantámoslle os nenos.
E o que vai debaixo dos aros de bocoi, o que vai debaixo non se chama Roi. Nin se chama Roi, nin é das de Azo. A que vai debaixo
é a neta de Collazo
Este noso maio é un mamalón,
foi feito cos aros dun bocoi de ron. Se vedes que vai moi abaneado, évos polo ron
que anda de lado
Foi feito ás presas o noso baldreu
con canas e vimbias preto do Childreu.
Os paus para o maio deunos un señor e o Xosé de Vilas foi o armador.
Marín, Maio de 2016
Os paus que nos deron no lombo os truemos; daban moitos máis,
máis dos que quixemos. Mirounos un señor collendo laranxas, Co medo no corpo fomos a unha gabia
Fomos a unha gabia
e alí quedamos toda a noitiña.
Que frío papamos!
Levántate maio! Non podes durmir! Temos que cantar por todo Marín
Levántate maio e bótate andar
que o que canta os maios ten que traballar. Señores do Xurado ata o ano que ven e moito diñeiro pedimos nos den
Todo o mundo pide nesta ocasión,
nos tamén pedimos premio e roscón
Xa nos depesdimos donas e señores. Con moita razón, somos gañadores.