creación dun blog

14
1 CREACIÓN DE BLOGS BLOGGER Blogger é un sitio web que pertence ós servicios de Google que nos permite crear un blog. O primeiro paso é crear unha conta en Blogger. 1. CREAR UNHA CONTA EN BLOGGER Entramos en www.blogger.com Se temos unha conta de correo de Gmail, introducimos o nome de usuario e o contrasinal directamente. Se non, facemos clic en Crear un blog, que nos leva á seguinte páxina. 1. Crear conta

Upload: jose-manuel-martinez

Post on 28-Mar-2016

218 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Como crear un blog en www.blogger.com

TRANSCRIPT

Page 1: Creación dun blog

1

CREACIÓN DE BLOGS – BLOGGER

Blogger é un sitio web que pertence ós servicios de Google que nos permite crear un blog. O primeiro paso é

crear unha conta en Blogger.

1. CREAR UNHA CONTA EN BLOGGER

Entramos en www.blogger.com

Se temos unha conta de correo de Gmail, introducimos o nome de usuario e o contrasinal directamente. Se

non, facemos clic en Crear un blog, que nos leva á seguinte páxina.

1. Crear conta

Page 2: Creación dun blog

2

Introducimos os datos que nos pide na páxina e facemos clic en Continuar:

2. Asignar un nome ó blog

Escribimos o título e a dirección do blog (non teñen por qué ser os mesmos).

Na dirección non debemos poñer espacios, nin caracteres especiais como acentos, etc.

Pulsamos en Continuar e nos leva á última páxina para crear o blog:

3. Escoller unha plant illa

Seleccionamos a plantilla que prefiramos e continuamos. Xa temos creada a nosa conta en www.blogger.com

Page 3: Creación dun blog

3

2. CREAR CONTIDOS

2.1. CREAR ENTRADAS

Cando entramos no noso blog aparécenos o Escritorio:

Para crear a primeira entrada, facemos clic en Nueva entrada:

A ter en conta:

Crear enlaces

Insertar imaxe

Insertar video

Page 4: Creación dun blog

4

Opciones de entrada: Podemos permitir ou non os comentarios para esa entrada e programar a entrada

para que se publique automáticamente nunha data e hora determinada.

Etiquetas de esta entrada: As etiquetas (ou tags) son palabras relacionadas co tema da entrada, moi útiles

para poder buscalas posteriormente. Recomendable poñelas sempre en cada entrada.

Se queremos publicala directamente: Publicar entrada, se a queremos publicar posteriormente Guardar

como borrador.

Insertar imaxe

Podemos subir ata 5 imaxes dunha vez seleccionando Añadir otra imagen.

En Elige un diseño seleccionamos a posición da imaxe e o tamaño da imaxe que queiramos. A opción de

deseño Ninguno permítenos mover e redimensionar a imaxe, nas outras a imaxe está fixa.

A ter en conta: É aconsellable reducir o tamaño das imaxes antes de subilas.

Un programa sinxelo para redimensionar imaxes é o VSO Image Resizer.

Insertar video dende o noso disco duro

Seleccionamos o video que queiramos, nos formatos AVI, MPEG, Quick Time e Windows e Real Media.

Para convertir formatos non só de video, senón tamén de audio, imaxes, etc.: Format Factory.

Page 5: Creación dun blog

5

Insertar un video no noso blog dende Internet

Só hai que copiar o embedded code e pegalo na nosa entrada. Normalmente para un video ese código

comeza por <object width =…

Por exemplo, en www.youtube.com:

Este código úsase para insertar distintas aplicacións no blog, non só videos. Por exemplo en

www.tutiempo.net déixanos xerar un código que nos permite insertar unha aplicación que nos mostra o

tempo na cidade que nós queiramos. En www.slide.com podemos crear unha presentación de imaxes e

insertar o código no blog, e un longo etcétera…

Outra opción para subir o noso video ó blog:

- Crear unha conta nun portal que me permita subir videos (www.youtube.com, www.daylimotion.com, etc.)

- Subir o noso vídeo a Youtube, por exemplo.

- Copiar o código do noso video unha vez que está en Youtube e pegalo no noso blog.

- Vantaxe: Se temos un video que ocupa máis de 100 MB non o podemos subir a Blogger, pero sí a Youtube.

Crear enlace

Seleccionamos o texto que queremos que sirva de enlace, como por exemplo: Contidos Educativos da Xunta.

Co texto seleccionado, facemos clic no icono e escribimos ou pegamos a dirección da páxina que queremos

enlazar.

En lugar de seleccionar texto, tamén se pode seleccionar unha imaxe para que sirva de enlace.

Copiar e pegar no noso blog

Page 6: Creación dun blog

6

2.2. EDITAR ENTRADAS

No escritorio temos a opción de Editar entradas:

Na páxina de Editar entradas temos as seguintes opcións:

Buscador de entradas

Clasificador de entradas

Mostra as entradas en función de se son borradores, as que están programadas, as importadas ou as publicadas.

Opcións de entrada

Para cada entrada permítenos Editar, Visualizar, Ver os comentarios ou Suprimir

Page 7: Creación dun blog

7

2.3. EDITAR PÁXINAS

Trátase doutra opción para crear contido no noso blog.

Son páxinas estáticas (non se publican entradas nestas páxinas) e independentes da páxina principal para

incluír outra información que consideremos oportuna, como por exemplo: Localización, onde se amosen uns

datos de contacto e un mapa, ou Sobre o autor, onde se pode poñer unha descrición do perfil persoal do

autor, etc.

Page 8: Creación dun blog

8

3. CONFIGURACIÓN

Dentro da Configuración do noso blog temos as seguintes opcións:

As opcións máis importantes son as de Comentarios e Permisos:

Comentarios

Permite configurar todas as opcións dos comentarios das entradas:

Comentarios

Se non queremos que a xente faga comentarios sobre as entradas seleccionaremos Ocultar. Se seleccionamos

Mostrar, mostraranse os comentarios, pero sempre teremos a opción de moderar os comentarios, para controlar

os comentarios que se mostran no blog.

Persona que puede realizar los comentarios

A opción Cualquiera é a máis libre, permite facer comentarios a calquera usuario e a opción Sólo los miembros

de este blog é a máis restrictiva.

Page 9: Creación dun blog

9

Moderación de comentarios

Se seleccionamos Siempre, o administrador do blog controlará a publicación de todos os comentarios que se fagan.

Cando se faga un comentario, aparecerá na pestaña de Creación de entradas>Moderación de comentarios:

Dentro de esta opción poderemos Publicar ou Rechazar os comentarios realizados.

En Dirección de correo electrónico permítemos a opción de recibir unha mensaxe no noso correo electrónico cada

vez que alguén realice un comentario. Nesa mensaxe aparece o texto do comentario e permítenos publicalo ou non

directamente dende o noso correo, sen necesidade de entrar na administración do blog.

Se seleccionamos Nunca, os comentarios publicaranse automaticamente, pero sempre teremos a opción de borrar

posteriormente os comentarios que consideremos oportunos.

Correo electrónico de not ificación de comentarios

Podemos incluír ata 10 direccións de correo para que reciban unha mensaxe cada vez que alguén realiza un

comentario. É simplemente unha mensaxe informativa, non ten relación ca moderación de comentarios.

Permisos

Podemos controlar quen publica e que lee o noso blog:

Page 10: Creación dun blog

10

Autores del blog

Podemos conceder permisos a máis autores para que publiquen entradas no noso blog.

En Añadir autores permítenos incluír ata 100 direccións de correo para invitar a outras persoas a publicar no blog.

Os usuarios invitados reciben no seu correo unha mensaxe de invitación para participar no blog. (Se estes usuar ios

non teñen unha conta de Google deben crear unha).

Unha vez que aceptan a invitación, poderán publicar entradas, pero non administrar o blog (cambiar configuracións,

outorgar permisos, etc.). Pero tamén é posible outorgar permisos de administración ós autores do blog:

Lectores del blog

Por defecto calquera pode leer o noso blog, pero podemos restrinxilo a uns usuarios determinados (ata 100) ou só ós

autores do blog.

As outras opcións dentro do menú Configuración son:

Básico

Nesta opción podemos exportar ou importar un blog, cambiar o título, etc.

Publicación

Permítenos rexistrar o noso propio dominio do blog.

Formato

Podemos variar algunhas opcións do formato como o número de entradas que se mostran na páxina principal, etc.

Archivo

No arquivo do blog almacénanse todas as entradas. Por defecto móstranse mensualmente.

Feed del sitio

Permítenos configurar o xeito no que os usuarios se suscriben ó noso blog.

Correo electrónico y móvil

Podemos incluir 10 direccións de correo para que lles chegue unha mensaxe cada vez que se publica unha entrada.

Tamén nos permite configurar unha conta de correo para crear entradas directamente, sen necesidade de entrar na

administración do blog.

Open ID

Proporciónanos unha dirección OpenID, que nos permite rexistrar en diferentes sitios web sen necesidade de crear

cada vez unha nova conta de usuario.

Page 11: Creación dun blog

11

4. DESEÑO

No menú Diseño atopamos as seguintes opcións:

Elementos de la página

Nesta opción podemos engadir e organizar os elementos do noso blog. Neste menú aparécenos a seguinte pantalla:

Podemos Editar todos os elementos que aparecen no noso blog (barra de navegación, cabeceira, entradas, etc.),

onde podemos cambiar as cores, etc.

A opción Añadir un gadget permítenos engadir unha serie de elementos que nos ofrece blogger para incluír no

noso blog. Podemos engadilos debaixo da cabeceira, nun lateral ou na parte inferior do blog. Veremos os gadgets

máis útiles:

Page 12: Creación dun blog

12

Se queremos insertar calquera código HTML ou JavaScript temos que utilizar este gadget. Simplemente

copiamos e pegamos o código HTML, por exemplo, a predicción do tempo para Lugo obtida de

www.tutiempo.net

Engade un lector de RSS ou feeds da suscripción que nós queiramos.

Temos que enlazar un álbum web xa existente, por exemplo, en Picasa. Copiamos a dirección RSS do álbum

en Picasa e pegámola na opción URL del feed no gadget Presentación. Para que funcione correctamente o

álbum ten que ser de carácter público.

Outra forma de engadir unha presentación de fotografías ó noso blog:

Imos a unha páxina que nos permita crear unha presentación de diapositivas, por exemplo www.slide.com.

Creamos a presentación, ó final temos a opción de copiar o código HTML de esa presentación.

Engadimos o gadget HTML/JavaScript que vimos anteriormente e pegamos ese código.

Page 13: Creación dun blog

13

Máis gadgets:

En Blogger existen moitísimos máis gadgets, como calendarios, xogos, etc. Existe un buscador na parte

superior da páxina Máis gadgets. É recomendable facer a búsqueda en inglés. Existen ademáis moitos máis

gadgets e widgets en internet, que permiten insertalos copiando un código HTML. Por iso, sempre

poderemos engadilos copiando o código HTML da páxina, engadindo o gadget HTML/JavaScript de Blogger

e pegando aí ese código HTML.

Page 14: Creación dun blog

14

Fuentes y colores

Permítenos cambiar as cores e o tipo de letra do noso blog.

Edición de HTML

Se coñecemos algo de HTML podemos facer algún cambio no código da plantilla, se non, non é recomendable facer

cambios nesta opción.

Seleccionar plantilla nueva

Podemos cambiar a plantilla do blog que seleccionamos ó principio, cando creamos a conta de Blogger.