crónica magosto 2015

6
MAGOSTO 2015 Outono. Os días van a menos, as tardes frías e de choiva convidan a refuxiarse baixo un teito ao calor da lareira, contando historias e comendo castañas asadas. No noso colexio, o CPI Virxe da Cela, continuamos a recuperar as nosas tradicións e o noso patrimonio inmaterial, antes de que o tempo e a civilización moderna o acabe deixando no esquecemento. Quixemos pois dedicar unha tarde para a celebración do Magosto. As nosas ben queridas cociñeiras puxeron o forno a punto para preparar quilos e quilos de castañas asadas que deron para comer ata fartarse e incluso sobraron para facer unha pila de xogos populares cos que amenizamos esta tarde tan especial. Como podedes observar nas fotografías, o alumnado e profesorado de educación infantil e educación primaria gozaron deste tempo lúdico e demostraron que os xogos, non por sofisticados e tecnolóxicos, teñen que ser máis divertidos e amenos, e que un simple lote de castañas, unhas cortas, uns vasos ou uns globos, dan para pasar un par de horas do máis divertido!!! Utilizamos como “pista” para os xogos o patio cuberto do noso colexio, e lembramos a nosa profe de educación física do ano pasado, Lucía Trillo, quen levou a cabo a iniciativa de facer marcas no chan para delimitar espazos e tamén para debuxar permanentemente algúns xogos tradicionais como é a mariola, o brilé, etc,

Upload: satelite1

Post on 15-Apr-2017

430 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Crónica magosto 2015

MAGOSTO 2015

Outono. Os días van a menos, as tardes frías e de choiva convidan a refuxiarse

baixo un teito ao calor da lareira, contando historias e comendo castañas asadas. No

noso colexio, o CPI Virxe da Cela, continuamos a recuperar as nosas tradicións e o noso

patrimonio inmaterial, antes de que o tempo e a civilización moderna o acabe

deixando no esquecemento.

Quixemos pois dedicar unha tarde para a celebración do Magosto. As nosas ben

queridas cociñeiras puxeron o forno a punto para preparar quilos e quilos de castañas

asadas que deron para comer ata fartarse e incluso sobraron para facer unha pila de

xogos populares cos que amenizamos esta tarde tan especial. Como podedes observar

nas fotografías, o alumnado e profesorado de educación infantil e educación primaria

gozaron deste tempo lúdico e demostraron que os xogos, non por sofisticados e

tecnolóxicos, teñen que ser máis divertidos e amenos, e que un simple lote de

castañas, unhas cortas, uns vasos ou uns globos, dan para pasar un par de horas do

máis divertido!!!

Utilizamos como “pista” para os xogos o patio cuberto do noso colexio, e

lembramos a nosa profe de educación física do ano pasado, Lucía Trillo, quen levou a

cabo a iniciativa de facer marcas no chan para delimitar espazos e tamén para debuxar

permanentemente algúns xogos tradicionais como é a mariola, o brilé, etc,

Page 2: Crónica magosto 2015
Page 3: Crónica magosto 2015
Page 4: Crónica magosto 2015
Page 5: Crónica magosto 2015
Page 6: Crónica magosto 2015