crónica obradoiros xuventude e voluntariado xunta de galicia
TRANSCRIPT
CRÓNICA OBRADOIROS XUVENTUDE E VOLUNTARIADO XUNTA DE GALICIA
Un grupiño de alumnos/as de 3º da ESO mostra as camisetas de Xuventude e
Voluntariado da Xunta de Galicia, un pequeno agasallo que recibiron todos os rapaces e
rapazas de 3º e 4º da ESO do CPI Virxe da Cela tras a súa participación nos obradoiros
celebrados na mañá do venres 27 de marzo como complemento á xornada especial do “VII
Rastro Solidario e Operación Quilo 2015”.
Estes obradoiros foron ofertados no noso centro a través de Pablo Rodríguez Gómez
(Rede Galega de Dinamización Xuvenil da Xunta de Galicia), que desde inicios deste curso
escolar 2014-2015 ofreceu a súa axuda e colaboración para apoiar o noso proxecto
Monferosolidario. Acompañado por Borja (monitor do obradoiro) instalaron unha vistosa
minicarpa no patio cuberto, un equipo de música e… a xogar! Rapaces e rapazas correron,
bailaron e repartiron gargalladas coas diferentes probas que tiveron que superar. Xa de
maneira máis tranquila e reflexiva, a segunda parte deste obradoiro efectuouse na sala de
Usos Múltiples, e con materiais tan sinxelos como vasos de plástico os diferentes grupos
tiveron que afrontar o reto de construír unha obra de arte. A clave do éxito deste xogo
consistía en saber traballar cooperando, facer un bo reparto de tarefas e aprender a escoitar e
respectar as diferentes propostas, chegando a unha decisión consensuada.
Está claro que a mais das camisetas, os alumnos e alumnas lévanse de regalo unha
valiosa aprendizaxe para o seu futuro: todo un kit de habilidades para o traballo cooperativo, e
un pack de valores para o respecto e a solidariedade!