cronicas comarcadeordes n15 marzo2015

24
Crónicas Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 15 - Marzo de 2015 Cambio de sistema. En abril, o sector leiteiro, unha das principais acvidades económicas da comarca, deixa atrás o sistema de co- tas que o rexeu nos úlmos lustros para, teoricamente, liberalizar a produción. Co te- mor dunha supertaxa e o mi- nisterio bailando coas cifras, sobre o papel figura a obriga de contratos. Os gandeiros quéixanse de non poder ne- gociar prezos dignos con em- presas recén multadas por Competencia. O sector leiteiro asómase ao abismo de prezos sen as cotas Páxs. 12-13 Os orzamentos de 2015 duplican os investimentos CERCEDA Páx. 3 O enlace sur da autoestrada en Sigüeiro xa está en obras OROSO Páx. 7 Páx. 2 Avances para conciliar Aluvión de reparacións e asfaltados nas rúas ORDES Páx. 4 Viriato despedirá un tercio do plantel da fábrica de Ordes ECONOMÍA Páx. 14 O Concello reclama que Fomento repare a N-634 FRADES Páx. 10 Santos e Gestido gañan a vixésima carreira de Ordes DEPORTES Páx. 20 Ábrese paso a opción de crear un único couto de caza ORDES Páx. 10 Rematan as obras da nova gardería de Oroso e Tordoia inaugura o seu Punto de Atención á Infancia MUNDO BAZAR CHINO Alfonso Senra, 36 - Telf.: 981 688 540 ORDES (A Coruña) ROPA - JUGUETES - FERRETERÍA - REGALO - CALZADOS DROGUERÍA - MERCERÍA - MENAJE - COMPLEMENTOS PÍDENOSLO Y TE LO CONSEGUIMOS Si no encuentras lo que buscas

Upload: cronicas-periodico-mensual-independente-da-comarca-de-ordes

Post on 21-Jul-2016

280 views

Category:

Documents


31 download

DESCRIPTION

Número 15 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da Comarca de Ordes.

TRANSCRIPT

Page 1: Cronicas comarcadeordes n15 marzo2015

CrónicasMensual independente da Comarca de Ordes - Nº 15 - Marzo de 2015

Cambio de sistema. En abril, o sector leiteiro, unha das principais acti vidades económicas da comarca,

deixa atrás o sistema de co-tas que o rexeu nos últi mos lustros para, teoricamente, liberalizar a produción. Co te-

mor dunha supertaxa e o mi-nisterio bailando coas cifras, sobre o papel fi gura a obriga de contratos. Os gandeiros

quéixanse de non poder ne-gociar prezos dignos con em-presas recén multadas por Competencia.

O sector leiteiro asómase ao abismo de prezos sen as cotas

Páxs. 12-13

Os orzamentos de 2015 duplican os investimentos

ceRcedA

Páx. 3

O enlace sur da autoestrada en Sigüeiro xa está en obras

OROSO

Páx. 7

Páx. 2

Avances para conciliar

Aluvión de reparacións e asfaltados nas rúas

ORdeS

Páx. 4

Viriato despedirá un tercio do plantel da fábrica de Ordes

ecONOMÍA

Páx. 14

O concello reclama que Fomento repare a N-634

FRAdeS

Páx. 10

Santos e Gestido gañan a vixésima carreira de Ordes

dePORteS

Páx. 20

Ábrese paso a opción de crear un único couto de caza

ORdeS

Páx. 10

Rematan as obras da nova gardería de Oroso e tordoia inaugura o seu Punto de Atención á infancia

MUNDOBAZAR CHINO

Alfonso Senra, 36 - Telf.: 981 688 540ORDES (A Coruña)

ROPA - JUGUETES - FERRETERÍA - REGALO - CALZADOSDROGUERÍA - MERCERÍA - MENAJE - COMPLEMENTOS

PÍDENOSLOY TE LO

CONSEGUIMOS

Si no encuentras

lo que buscas

Page 2: Cronicas comarcadeordes n15 marzo2015

2

ActuAlidAde

crónicas - Marzo 2015

OROSO Complementa con 41 prazas as 61 da municipal da Ulloa

A gardería chousa Nova de Sigüeiro entrará en servizo o vindeiro curso

A nova gardería de Sigüeiro, que pertencerá á rede autonómica da ‘Galiña Azul’, entrará en funciona-mento en setembro, tal como anun-ciaron a conselleira de Traballo e Be-nestar, Beatriz Mato, e o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, na súa visita ao centro, coas obras case rematadas.

A nova escola infantil, situada na zona da Chousa Nova, ao pé da ave-nida da Grabanxa nas inmediacións do colexio, conta con 41 prazas para cativos de ata tres anos. Súmase á xa existente na Ulloa, de titularidade municipal, que dispón de 61 pra-zas. O novo centro supuxo un inves-timento duns 450.000 euros, ache-gados polas administracións munici-pal, autonómica e estatal. O Concello ademais ofreceu os terreos e aco-mete a urbanización da contorna.

Mentres Beatriz Mato destacaba que a nova gardería será a primeira da Xunta no municipio e en toda a comarca ordense, Manuel Mirás non dubidou en falar de “día histórico” para Oroso: “sei que parece unha frase moi manida, pero despois da entrada en funcionamento do novo

colexio e coa construción desta nova gardería podemos dicir que as nece-sidades educativas dos nenos e ne-nas en Oroso están cubertas”, expuxo o rexedor socialista.

Na visita ás obras, Mato e Mirás estiveron acompañados pola dele-gada provincial da Xunta, Belén do Campo, integrantes da corporación

de Oroso, e responsables da empresa construtora á que se lle contratou o proxecto.

A Xunta explicou que, ademais da de Oroso, na provincia da Coruña abrirán no vindeiro curso novas esco-las infantís en Cambre, Melide, Na-rón, Boiro, Malpica e Porto do Son, todas incorporadas á rede galega.

O pleno reclama un reforzo no servizo de fisioterapia do centro de saúde ordense

ORDES

O pleno de Ordes instou á Con-sellería de Sanidade a incremen-tar o persoal de rehabilitación e fisioterapia do centro de saúde. Foi a raíz dunha iniciativa presen-tada polos socialistas, que apreza “unha lista de agarda de máis de oito meses”.

O concelleiro Xesús Pedreira asegura que recibiu diversas queixas veciñais e destaca non obstante “a alta valoración que os propios pacientes lles dan aos profesionais [dous fisioterapeutas e unha auxiliar] que traballan no servizo”.

As distintas forzas políticas res-paldaron a proposta, agás a abs-tención do PP. O seu portavoz, José Luis Martínez Sanjurjo, preci-sou que “non nos negamos a que se aumente o persoal se é nece-sario pero segundo nos informan desde a Consellería os casos ur-xentes están atendéndose en San-tiago e o prazo de espera mencio-nado non corresponde coa reali-dade”.

A conselleira Mato e o alcalde Mirás, observando o interior da nova infraestrutura

A Liña Verde recibiu 147 consultas no seu primeiro medio ano de funcionamento

OROSO

O servizo Liña Verde de Oroso recibiu 147 consultas veciñais nos seus primeiros seis meses de fun-cionamento. Segundo o Conce-llo, foi utilizado maioritariamente para comunicar incidencias rela-tivas ao ámbito de parques e xar-díns, seguidas das do alumeado público, o mobiliario urbano, e o estado das beirarrúas e dos viais.

O goberno local asegura que todas as comunicacións recibiron unha “resposta inmediata”, so-lucuionando tres cuartas partes e coas restantes en tramitación, no momento de efectuarse o ba-lance.

O servizo está dispoñible na web municipal e tamén se pode usar en dispositivos móbiles.

Inauguran o Punto de Atención á Infancia

Tordoia inaugurou por fin o seu Punto de Atención á Infancia (PAI), nun acto presidido polo alcalde, An-tonio Pereiro, e a concelleira de Ser-vizos Sociais, María Costa, e contou coa presenza doutros edís e de va-rias familias con cativos.

O centro, con capacidade para vinte nenos de ata tres anos, custou 276.000 euros en total. A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) achegou 140.000 euros e os 136.000 restantes correspondé-ronlle ao Concello.

O diñeiro utilizouse para adquirir o solar, construír o edificio, dotalo de mobiliario e habilitar a rúa de ac-

ceso. O goberno asegura que “non vai escatimar esforzos para manter e mellorar este PAI, tendo previsto a instalación dun parque infantil proximamente”. Pereiro, que dá por

cumprida unha promesa de hai ca-tro anos, agarda que o servizo sexa útil para a conciliación laboral e fa-miliar. As preinscricións recóllense ata o 31 de maio en Servizos Sociais.

Crónicascrónicas - Mensual independente da Comarca de OrdesEdita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L.Peche de edición: 19-03-2015. Depósito legal: C 900 - 2013Directora: Aurora Pastor Gil. Teléfono: 617 917 130 Contacto: [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

TORDOIA O goberno municipal anuncia un parque infantil no seu exterior

Familias con cativos participaron no acto de inauguración do novo centro

Page 3: Cronicas comarcadeordes n15 marzo2015

ActuAlidAde

crónicas - Marzo 2015 3

O Concello de Cerceda conta con case 8,6 millóns de euros de orza-mento para este ano 2015. As con-tas foron aprobadas en pleno cos vo-tos a favor do goberno do PSOE e en contra do PP e do BNG. O conxunto é máis dun 9 % superior a 2014 e destaca que a cantidade para inves-timentos practicamente duplícase: de 1.025.000 euros o ano pasado a 2.005.000 euros este.

Foi ese un dos aspectos máis re-señados polo alcalde, José García Li-ñares, que tamén puxo de manifesto o “realismo” das contas, a súa aten-ción aos sectores sociais máis débiles e a ausencia de gastos superfluos, se-gundo el, que aproveitou a interven-ción de presentación das contas para debullar boa parte das obras previs-tas.

ARDE OU NON ARDEPolo PP, o seu portavoz, Francisco

Santos, vinculou o incremento dos orzamentos con que é ano electoral e criticou que moitas das obras que se anuncian quedan sobre o papel. Como noutras ocasións, o líder da de-reita local valorou como despropor-cionado o gasto en persoal e avisou de que “non quero que boten a me-

tade da plantilla, pero non teño culpa de que metesen o doble da que pre-cisan”. Santos Concluíu pedindo a re-tirada do orzamento “e que o quei-men na incineradora de Sogama”.

O rexedor replicou acusando ao edil do PP de estar obsesionado coas eleccións e negou que sexan o mo-tivo do incremento de recursos. Gar-cía Liñares retou a Santos a “dicir unha soa obra que anunciara e non tivese o diñeiro comprometido para facela”. E sobre o persoal, aprezou que non debe compararse con Con-cellos que teñen moitos empregados externalizados en empresas. Negou que houbese mala atención e em-prazou ao PP a “que diga a quen bo-tamos”. O alcalde pediulle alternati-

vas á oposición: “o noso orzamento podemos incineralo, pero o seu non porque nin arde, é todo fume”.

ACABAR O XARDÍNRocío da Igrexa, concelleira do

BNG, cualificou de “política-escapa-rate” a xestión do goberno. Exempli-ficouno con que o investimento máis cuantioso previsto sexa o estanque do xardín botánico, obra que tamén criticara o PP, ou con que o Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico estea baleiro. “É desesperante ver todo o diñeiro que pasou por este Concello durante anos e ter que vivir nas mes-mas condicións, sen ningún servizo a maiores”, valorou a portavoz do Blo-que. Da Igrexa discrepou do PP sobre

o persoal, e tamén do goberno: “hai persoas suficientes, pero falta moita organización e eso fai que en deter-minadas horas non se atendan ben determinados servizos”.

García Liñares explicou que o proxecto de estanque servirá para rematar o Xardín Botánico, que leva varios anos pendente “en parte por culpa da Xunta”, ao aprazar e parali-zar investimentos con sucesivos res-ponsables. “Temos a oportunidade de acabalo e para abrir eso dunha vez”, asegurou o alcalde, que reve-lou a existencia de varias propostas para o Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico e que están “negociando unha relacionada co emprego”. O al-calde insistiu en defender o labor do persoal e incidiu en que “temos tan-tos servizos como o que máis”.

O alcalde arremeteu tamén con-tra o PP e o BNG porque “tiveron responsabilidades de goberno, o PP máis, e nada trouxeron para Cer-ceda”. E botou en falta que presen-tasen unha alternativa. O portavoz do PP acusou ao goberno de non ter nunca en conta as achegas da oposi-ción e a concelleira do BNG lembrou que presentan numerosas propostas ao longo do ano.

De esquerda a dereita: Rocío da Igrexa, José García Liñares e Francisco Santos

Javier Domínguez Lino, novo presidente de Sogama

Javier Domínguez Lino, novo presidente de SogamaO SEU OBXECTIVO É PRESTAR O MELLOR SERVIZO Á CIDADANÍA E ACADAR OS RETOS DO PLAN 2010-2020

Javier Domínguez Lino foi nomeado presidente de Sogama o pasado 11 de fe-breiro, mantendo ese mesmo día unha xuntanza coa conselleira de Medio Am-biente, Ethel Vázquez, na que esta lle pe-diu, entre outras cuestións, que “afiance o papel de Sogama como un servizo clave a disposición dos Concellos gale-gos, que voluntariamente desexen con-tratarlle a xestión dos refugallos urba-nos, que son competencia municipal”.

Domínguez asume o cargo con ilu-sión e co ánimo de que a entidade que preside poida prestar o mellor servizo pú-blico á cidadanía galega a través da xes-tión e tratamento do lixo, contribuíndo a acadar os obxectivos e retos contempla-dos no plan autonómico de xestión de re-

siduos urbanos 2010-2020, folla de ruta dos vindeiros anos.

O novo responsable de Sogama ponse a disposición da Xunta de Galicia, á que agradece a confianza depositada nel e coa que se compromete a traba-llar de forma estreita e coordinada para que a nosa Comunidade avance na senda do desenvolvemento sostible, aportando o seu gran de area na protección e coi-dado do medio ambiente, no desenvol-vemento económico do país e na cohe-sión social. Porque en xogo está o noso benestar e calidade de vida, pero tamén o benestar e calidade de vida das xera-cións vindeiras. A solidariedade ambien-tal será, por tanto, un dos principios fun-damentais que guiará a súa xestión”.

Primeiras reunións na Consellería, no Concello de Cerceda e na FegampAdemais de avanzar como servizo a

disposición dos Concellos, un dos pri-meiros cometidos que asumiu Domín-guez no seu encontro coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestru-turas foi o de impulsar a transformación da planta de elaboración de combustible nunha de recuperación de materiais e a construción dunha nova planta de com-

postaxe que permitirá levar a mínimos o envío de residuos ao vertedoiro, cun in-vestimento de 30 millóns de euros.

Aos poucos días, Domínguez Lino reuniuse co alcalde de Cerceda, José García Liñares, Nunha visita institucio-nal ao Concello, confirmaron a conti-nuidade da colaboración que a empresa, desde os seus inicios, mantén co ente lo-

cal. Os dous fixeron balance das actua-cións desenvolvidas nos últimos anos pola compañía en Cerceda e intercam-biaron impresións sobre as perspectivas de futuro.

E unhas xornadas despois celebrouse un encontro institucional entre o novo responsable de Sogama e o presidente da Federación Galega de Municipios e Pro-

vincias (Fegamp), José Manuel Rey Va-rela. Foi unha primeira toma de contacto á que seguirán novas xuntanzas de tra-ballo, dentro do propósito xeral das dúas entidades para axudarlles aos 295 Con-cellos que utilizan os servizos de So-gama a levar a cabo unha mellor xestión dos residuos urbanos, conciliando a pro-tección do medio coa redución de custos.

CERCEDA A oposición critica a “política de escaparate” e o alcalde repróchalles que non ofrezan alternativas

cerceda duplica o investimento no orzamento de 2015

Page 4: Cronicas comarcadeordes n15 marzo2015

4

ActuAlidAde

crónicas - Marzo 2015

ORDES Obras nas canalizacións, as beirarrúas e o firme de múltiples rúas

A rúa da canteira agarda non padecer novos rebentóns nos seus sumidoiros

A proba do algodón será o día que volva chover con forza durante varias horas. A rúa da Canteira ten xa reno-vado o sistema de recollida e canali-zación de augas pluviais no seu tramo inferior, despois de que o Concello in-vestise uns 28.000 euros.

A intención do proxecto é adap-tar a infraestrutura para que non se conxestione desbordando auga á rúa e mesmo rebentando as canali-zaciósn, como ten sucedido. O con-celleiro de Obras, Roberto González, explicou que as canalizacións previas “non eran as máis apropiadas” para poder conducir toda a auga en deter-minados momentos, xa que a zona recolle boa parte das augas proce-dentes da área de Merelle e de varias rúas da parte superior da poboación.

Antes desta intervención, o Con-cello xa efectuara unha obra similar na rúa do Campomaior. Agora corres-pondeulle ao tramo que sobe desde a glorieta do Campo da Feira ata a rúa Ramón Ferreiro, a que leva ao centro de saúde. En total, foron 140 metros de lonxitude cunha tubaxe de 63 centímetros de diámetro.

O concelleiro de Obras anunciou que esta non será a última obra que trate de mellorar o sistema de plu-viais e que teñen previsto efectuar investimentos noutros puntos, que polo de agora non concretou.

ABASTECEMENTO NO MERCADONon moi lonxe da rúa da Canteira,

na rúa e na praza do Mercado, aco-métense tamén obras para mellorar a rede de abastecemento de auga. O investimento neste caso é de 38.000 euros e consiste en substituír as an-tigas canalizacións de fibrocemento

por outras de polietileno, para de se-guido reconstruír as beirarrúas.

Ademais das canalizacións da praza, o Concello afirma que se re-novan dous tramos de 20 e 30 me-tros na rúa coas novas tubaxes, de noventa centímetros de anchura, se-gundo dixo.

O concelleiro de Obras asegura que nas melloras do abastecemento concédenlle prioridade “ás zonas que rexistran máis problemas, sobre todo por mor do material da rede que se está a cambiar”. Segundo González, a presión que acada e a humidade constante ocasiona con frecuen-cia roturas e filtracións ás que agora agardan poñerlles fin.

A intervención obrigou a restrinxir o tráfico na zona, ao ter que desfa-cer por completo a beirarrúa. Afécta-lle sobre todo a residentes e usuarios da praza, xa que é máis ben un vial de

servizo para as edificacións da zona e para levar mercadorías á praza.

POR TODAS PARTES Mais non é a única rúa en obras

en Ordes nas últimas semanas. Ao contrario, multiplicáronse en toda a vila. É o caso da rúa do Parque Mu-nicipal, con 50.000 euros para reno-var o saneamento, as beirarrúas e o firme e para instalar unha marque-siña para a parada de taxis. Tamén a rúa Carnota, que comunica Alfonso Senra coa ronda leste á entrada da vila vindo de Santiago, viu renovado o firme con 23.000 euros

Ademais, o Concello iniciou o re-pintado das marcas viarias. Na rúa do Mediodía, estes traballos engadiron un novo paso de peóns. E en Rosalía de Castro fíxose máis patente o sen-tido único de circulación recén im-plantado en toda a rúa.

O tramo inferior da rúa da Canteira renovou o seu sistema de augas pluviais

O alcalde replica cun escrito da Xunta as acusacións do PP de riscos na piscina cuberta

CERCEDA

O incidente acaecido hai uns meses na piscina climatizada de Cerceda, con dúas persoas feri-das por descargas eléctricas, non acaba de abandonar o debate po-lítico. No propio pleno de apro-bación dos orzamentos, volveu a controversia, con acusacións do PP, na oposición, ás que o alcalde, o socialista José García Liñares, re-plicou cun informe da Xunta.

O portavoz do PP, Francisco Santos, insistiu en que o goberno mentiu e que a instalación non cumpría as condicións técnicas e carecía da documentación pre-cisa para seguir aberta de setem-bro a novembro pasados, segundo el. Santos mesmo se preguntou se “era mellor parar os cursiños ou queimar os rapaces”.

García Liñares replicoulle que “se estiveramos tan tolos non nos votarían os veciños durante vinte anos” e reafirmou que “non elu-dimos ningunha responsabilidade e o xulgado dirá”. Tamén leu unha resposta da Xunta a unha pre-gunta no Parlamento, efectuada polo propio edil da oposición, na que o departamento de Economía e Industria expón que o Concello si efectuaba as inspeccións perió-dicas na piscina e que en 2012 se observaron deficiencias para co-rrixir. O alcalde tamén desmentiu ao portavoz do PP, explicando que os informes obrigaban a cortar a subministración eléctrica de va-rios circuítos concretos, o que non implica o peche completo das ins-talacións, que podían seguir.

O concelleiro do PP negou que quixese “facer dano político”, xa que senón tería ido ao xulgado.

comezan as obras en tres rúasOROSO En Otero Pedrayo, no Portiño e na rúa Cega

O Concello de Oroso iniciou as obras de asfaltado na rúa Otero Pe-drayo e a reparación das beirarrúas, o alumeado público e as canalizacións de recollida de pluviais nas rúas do Portiño e Cega. O conxunto do inves-timento é duns 115.000 euros. Terá que estar rematado en catro meses, aínda que o concelleiro de Obras, Eduardo Veiras, matizou durante a acta de replanteo que “se o tempo acompaña agardamos que poidan estar rematadas moito antes”, pro-bablemente xa a finais de abril.

Na rúa do Portiño, o proxecto in-

clúe rebaixar un tramo de 336 me-tros de beirarrúas na marxe dereita (en sentido Trazo), co propósito de que non haxa os desniveis actuais e gañar en accesibilidade. Tamén se colocarán nove puntos de luz con tecnoloxía LED. A recollida de pluviais da zona será renovada a na rúa Cega pavimentarán con aglomerado.

En canto á rúa de Otero Pedrayo, unha das principais do polígono in-dustrial, o investimento será de 25.000 dos 115.000 euros totais. Em-pregaranse para adecentar a capa de rodadura. Acta de replanteo previa ás obras na rúa Otero Pedrayo do polígono de Sigüeiro

Page 5: Cronicas comarcadeordes n15 marzo2015

ActuAlidAde

crónicas - Marzo 2015 5

COMARCA Distinción autonómica para animar os Concellos a compartir proxectos

Premio de cooperación local para o servizo comarcal de atención temperá

O servizo de atención temperá da Mancomunidade de municipios da comarca de Ordes foi distinguido co premio Coopera Galicia Entida-des Locais 2014, que outorga a Con-sellería de Presidencia, Administra-cións Públicas e Xustiza. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en-tregoulle o premio ao seu homólogo da entidade supramunicipal, Manuel Regos, nun acto no que tamén par-ticiparon o vicepresidente autonó-mico, Alfonso Rueda, a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, o presidente da Deputación, Diego Calvo, e o presidente da FEGAMP, José Manuel Rey, entre outros.

O premio está dotado con 40.000 euros e ten por obxectivo distinguir publicamente proxectos que as enti-dades locais xestionan en conxunto para animar a que se poñan en mar-cha outras iniciativas de asociacio-nismo municipal. Senllos proxectos da Mancomunidade Terra de Cela-nova e do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra obtiveron o segundo e terceiro premios.

A Mancomunidade destaca que o servizo compartido de atención tem-perá, que conta con cinco traballa-doras, serve para optimizar recursos. Sen detallar en que sustenta a conta nin con que a cotexa, di que aforra uns 492.000 euros ao ano, unha cifra

que supera a metade do orzamento do ente en 2014.

O servizo de atención temperá traballa con poboación infantil de ata seis anos, se ben atende tamén casos de ata doce anos con discapacidade ou necesidades específicas.

Desde a esquerda, diante da mesa, Mato, Feijóo, Regos co premio e Calvo

García Liñares manifesta estar “libre de toda culpa” no caso do Museo da Minaría

CERCEDA

O alcalde de Cerceda, José García Liñares, desvelou durante o debate dos orzamentos munici-pais que existe xa un auto xudicial que o sitúa “libre de toda culpa” no caso da obra do Museo da Mi-naría, no que se tería cometido unha suposta estafa ao ser pagado dúas veces.

O rexedor indica que concor-dan en exoneralo tanto o fiscal como o xuíz e advertiulle á opo-sición que “non son o cooperador necesario”, tal como lle criticaban no verán de 2013, cando trascen-deu o asunto.

O BNG advertira por aquel en-tón que se efectuara, coa sinatura do alcalde e sen a de Intervención, un endoso no Banco Pastor de 202.000 euros, supostamente po-las obras, cunha certificación falsa elaborada polo contratista, consti-tuíndo unha presunta fraude. Ao remate das obras, houbo un se-gundo endoso polo mesmo im-porte, en Banesto, esta vez cum-prindo todos os requisitos.

TARDE DE FESTA EN ORDES6 DE ABRIL, DE 16:30 A 20:00 H. NO PAVILLÓN CAMPOMAIOR

INCHABLES

OBRADOIROS

MÚSICA

E MOITADIVERSIÓN

Page 6: Cronicas comarcadeordes n15 marzo2015

6

ActuAlidAde

crónicas - Marzo 2015

O PSOE reclama que a Xunta fixe e cumpra un prazo para rematar a parcelaria de Parada

ORDES

O PSdeG-PSOE presentou unha iniciativa no Parlamento de Galicia para instar á Xunta a que fixe un prazo de remate da concentración parcelaria de Parada II, que co-mezara en 1991 e que “nada ten avanzado nos últimos oito anos”.

O concelleiro socialista en Or-des, Xesús Pedreira, considera que “os veciños de Parada xa es-tán desesperados, non só polo re-traso que acumula esta concen-tración senón porque están nunha fase na que nin teñen as propieda-des orixinais nin as concentradas.

De aí que lle soliciten ao go-berno autonómico un horizonte de remate porque, segundo sos-tén Pedreira, o proceso “tivo un impulso importante durante o bi-partito pero desde aquela non se fixo nada”. Para o PSdeG, estas de-moras, que atribúen á política do PP de iniciar concentracións indis-criminadamente e “sen priorizar” e non darlles continuidade orza-mentaria, frean o avance das ex-plotacións agrogandeiras.

Captan a Prado vendo un concurso no Parlamento

O parlamentario Miguel Prado, anterior alcalde de Frades, foi cap-tado vendo un concurso televisivo no ordenador durante unha sesión do Parlamento de Galicia. O mo-mento rexistrárono as cámaras do programa Vía, na procura de casos semellantes ao de Celia Villalobos xogando coa súa tableta na mesa do Congreso. Outros representan-tes do PP, do PSOE, do BNG e de

AGE estaban lendo a prensa ou re-visando as redes sociais, pero o caso de Prado foi o que máis cha-mou a atención. Tamén a de Xosé María Pérez, do BNG de Frades, quen aproveitou para cuestionar tal uso ocioso do escano “en vez de defender o sector leiteiro ou reclamar o centro de día conce-dido en 2008 cando cogobernaba o BNG” e aínda sen facer.

Secuencia de V-TV na que Prado observa o ‘Pasapalabra’ no hemiciclo

FRADES

O BNG obtén apoio para pedir un plan de emprego feminino

O BNG de Ordes logrou o apoio necesario no pleno municipal para ver prosperar a iniciativa que de-mandaba que a Xunta poña en marcha un plan de emprego femi-nino. A moción, defendida no caso de Ordes polo portavoz naciona-lista, Ramiro Recouso, reivindica accións para mellorar o acceso das mulleres ao mercado de traballo e tamén a súa permanencia, á vez que reclama a eliminación das di-ferencias salariais entre homes e mulleres.

Recouso considera necesario que se cumpra o obxectivo de “a igual traballo, igual salario” e in-cidiu en que a igualdade salarial “non debe ser só para as mesmas categorías laborais, senón que debe imperar tamén cando o va-lor do traballo é o mesmo”. Repa-sando un informe da OCDE, o edil destacou que pese a que hai un importante número de mulleres incorporadas ao mercado labo-ral “teñen máis dificultades para acceder ao primeiro emprego e

máis probabilidades de traballar a tempo parcial e gañar menos que os homes”.

FENDA SAlARIAlTamén se refería a proposta do

Bloque á presenza das mulleres en postos directivos en empresas ou na administración, con 254.000 mulleres fronte a 612.000 homes en cargos de responsabilidade. E especialmente grave consideran a fenda salarial das autónomas, de entre o 30 e o 40%, e das mulleres con fillos, cun soldo o 14% inferior.

Recouso criticou que as políti-cas de recortes non fixeron máis que agravar este panorama e aprezou que “a igualdade continúa sendo unha meta lonxana”.

Pola súa parte, o PP abstívose porque cre necesario “un plan máis ambicioso e concreto” que beneficie ás mulleres pero que ta-mén contemple accións para me-llorar a situación laboral de colec-tivos como os xóvenes e os desem-pregados de máis de 50 anos.

ORDES

TRAZO Presenta un proxecto conxunto cos municipios de Frades e de Ordes

dafonte pide un obradoiro de empregoO alcalde de Trazo, José Dafonte,

presentoulle á delegada provincial da Xunta, Belén do Campo, o proxecto de obradoiro de emprego que o seu Concello aspira a desenvolver en conxunto co de Frades e co de Ordes. Nun encontro na delegación provin-cial, Dafonte expúxolle a Do Campo que o obradoiro contaría coas espe-cialidades de albanelería, pintura de-corativa en construción e actividades auxiliares en viveiros e xardíns.

A delegada provincial considerou atractiva a iniciativa dos tres Conce-llos, dado que favorecería a empre-gabilidade dos participantes, xa que ademais dun emprego temporal ob-teñen formación teórica e práctica por parte de especialistas en cada eido, útil para intentar a futura inser-ción laboral.

O obradoiro, que tería unha du-ración de seis meses, permitiría ade-mais acometer actuacións de mellora de dotacións públicas ou de uso pú-blico no ámbito local durante as prác-ticas, mellorando así os equipamen-tos e os servizos a disposición da ci-dadanía, segundo destaca o goberno autonómico.

Máis adiante saberase se a Xunta

concede a axuda económica sufi-ciente para desenvolver o obradoiro, e tamén se concretará cantas persoas poderán participar como alumnos e empregados. En todo caso, poderán participar persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Em-prego de Galicia, e que sexan maio-res de idade.

Este ano, segundo a Xunta, a con-vocatoria de obradoiros de emprego presenta como novidade destacada que o 20% dos participantes debe-

rán ser beneficiarios da renda de in-serción RISGA, sempre que haxa can-didatos suficientes.

Os obradoiros de emprego, como iniciativas que combinan a formación cun traballo remunerado, supoñen unha oportunidade de reforzo das capacidades de inserción laboral. Se-gundo datos da Xunta, unha vez re-matados lógrase a colocación me-dia do 40% dos participantes, que no caso dalgunhas das especialidades achégase ata o 70%.

Belén do Campo con José Dafonte, analizando o proxecto de obradoiro de emprego

Page 7: Cronicas comarcadeordes n15 marzo2015

ActuAlidAde

crónicas - Marzo 2015 7

COMARCA Mirás di estar satisfeito, pero lamenta estes dous anos de retraso

comezan as obras do enlace que unirá Sigüeiro e Santiago a través da AP-9

As obras do enlace sur da AP-9, que permiti rá a comunicación de Si-güeiro con Santi ago, son xa unha rea-lidade. E máis realidade serán a fi -nal de ano, cando se prevé que es-tea rematada a infraestrutura. O ini-cio dos traballos marcouno un acto en Santi ago, onde dentro do mesmo proxecto se ancheará o tramo gra-tuíto da autoestrada, con presenza da ministra de Fomento, Ana Pastor, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o alcalde de Santi ago, Agustí n Hernández, ou o concelleiro de Obras de Oroso, Eduardo Veiras.

Para o movemento de Santi ago a Sigüeiro establecerase unha estru-tura sobre a autoestrada a modo de lazo para permiti r o cambio de sen-ti do e saír en Sigüeiro. Para o move-mento de Sigüeiro a Santi ago, haberá dúas glorietas na N-550, desde as que os vehículos se poderán incorpo-rar a estrutura elevada para cambiar o senti do e ir cara á capital.

O alcalde de Oroso, Manuel Mi-rás, que por cuesti óns de axenda non puido estar no acto de inicio das

obras, amosouse sati sfeito por culmi-nar “máis de dez anos de xesti óns a todos os niveis, con ata catro minis-tros de Fomento de disti ntos parti -dos políti cos”. Non obstante, criti cou “o retraso de máis de dous anos que ti veron estas obras”, aínda que “ben-

vido sexa se ao fi nal dispoñemos do enlace antes de que remate o ano”. Segundo Mirás, esta nova comunica-ción é moi agardada para reti rar trá-fi co pesado do centro de Sigüeiro e para facilitar o desenvolvemento económico do polígono.

Un acto en Santiago con Feijóo, Ana Pastor e Veiras marcou o inicio do proxecto

O Bloque cuestiona o“uso partidista” daemisora municipal por parte do goberno

ORDES

O BNG de Ordes considera que o goberno municipal está efec-tuando un “uso parti dista da ra-dio local” e acusa ao alcalde, Ma-nuel Regos, de ser o responsable de que nas emisións “veten a pre-senza dos membros dos grupos da oposición, especialmente do BNG”, en palabras do seu porta-voz, Ramiro Recouso.

Por esta razón, os nacionalis-tas solicitaron no pleno que se re-unise o Consello que rexe a emi-sora para “aprobar un protocolo de actuación” que garanta o res-pecto ao pluralismo e unha “infor-mación obxecti va, imparcial e ve-raz”.

Unha meta difí cil nunha emi-sora na que xa non traballan xor-nalistas profesionais, aínda que o goberno accedeu a convocar o consello de administración de in-mediato, a semana posterior ao pleno, despois de que o orga-nismo non se reunira no que vai de mandato, segundo manifesta o Bloque.

CURSO DE FOTOGRAFÍACurso moi dinámico, de 12 horas de du-ración, orientado a aqueles usuarios que comezan de cero na fotografía dixital. Prezo: 40€. Sábados. Multiúsos.CURSO DE HOSTELERIAIntrodución ao restaurante. Do 13 de abril ó 12 de xuño, de luns a venres (16:00 a 20:00 h). Gratuito. Colabora: Deputación da Coruña.MANEXO DE TABLETS PARA PERSOAS MAIORES15 prazas. Prezo: 70€. Duración: 20 ho-ras. Multiúsos.

HORTA ECOLÓXICA15 prazas. Prezo: 70€. Duración: 20 ho-ras. Multiúsos. O curso realizarase can-do se forme grupo.CURSO DE INFORMÁTICAInternet e Offi ce. Formación personaliza-da. Prezo: 20€/mes. Duración: 50 horas. Aula de informática municipal.MANIPULADOR DE ALIMENTOSMultiúsos de Frades. Prezo: 20€. Cando se forme grupo.OUTROS CURSOS:Manipulador de produtos fi tosanitarios, benestar animal, CAP Transporte.

ACTIVIDADES PRIMAVERA / SEMANA SANTA CONCELLO DE FRADES

GALA DE PATINAXE18 de abril, a partir das 16:00 horas. No Pavillón Municipal de Ponte Carreira, cos concellos e clubes da comarca. Partici-pación gratuitaII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE FRADES1 de maio, a partir das 10:00 h. Ponte Carreira, baixo o control técnico da Fe-deración Galega de Atletismo e no III Cir-cuito Provincial de Carreiras Populares da Deputación. Inscricións: www.emes-

ports.es. Escolares: de balde. Adultos: 5€LIGA FÚTBOL SALA ESCOLAR NENOSLiga Intermunicipal de Fútbol Sala Base 2015. Participan: Touro, Curtis, Frades, Ordes, O Pino, Arzúa, Melide e Boimorto.LIGA DE FÚTBOL SALA DO CONCELLO ADULTOSEquipos participantes: Ledoira, Ponte Carreira, Papucín, Paboi, Aiazo eXuventude. O torneo será a sistema ligui-lla. A fi nal, o 8 de maio.

TALLER DE HIXIENE POSTURAL PARA PERSOAS ENCAMADASDirixido a coidadores de persoas enca-madas donde aprenderán os coidados e técnicas para coidar dos pacientes.Taller a domicilio. Gratuíto. Prazas limitadas.EXCURSIÓN A PORTUGAL18 e 19 de abril. Visitas a Oporto, Fáti-ma, Batalha e Alcobaça. Anotarse antes do 6 de abril. Prezo: 80€ empadroados. Pensión completa.

FESTA DOS NOSOS MAIORES30 de maio, ás 13:00 horas, San Nico-lau. Xantar ofrecido polo Concello de Frades aos nosos maiores e amenizado por actuacións musicais e xogos popu-lares. Gratuíto para maiores de 60 anos empadroados.PODOLOXÍA A DOMICILIO, PERRUQUERÍA E FISIOTERAPIAPersoas con grao de dependencia ou usuarios/as de servizos sociais. Gratuíto.

CIRCANELO14 de abril, ás 12:00 horas, no CPI Pon-te Carreira. Teatro, danza, acrobacia, malabares e outras disciplinas circenses combinados con moito humor e sorpre-sas. Dirixido a alumnos de prescolar, in-fantil e primaria. Gratuita.CONCERTO INFANTIL “O SON QUE ME ARROLA”

16 de abril, ás 10:30 horas, no CPI Ponte Carreira. A cargo da asociación Antonio Gandoy (Preescolar na Casa). Dirixido a nenos e nenas de Preescolar e infantil. GratuítoDÍA DAS LETRAS GALEGAS16 de maio, ás 16:00 horas, no Multiú-sos. Talleres, obradoiros, xogos e moitas sorpresas. Gratuíto para empadroados.

SAÍDA A CORUÑA31 de marzo. Actividade na bolera e película de cine no Centro Comercial Marineda. Prezo: 10€ (comida incluida).

OBRADOIRO DE CHOCOLATE E O BAR DE LUPO1 de abril, ás 16:00 h, no local social de Aiazo. Taller de cociña para nen@s

onde farán repostería de Pascua con chocolate e desfrutarán dun espectácu-lo de humor, malabares e acrobacias. Nen@s ata 15 anos. 3€ empadroados.

CURSOS E XORNADAS PARA ADULTOS

XORNADAS E ACTUACIÓNS PARA NENOS/AS

DEPORTES

DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS

ACTIVIDADES SEMANA SANTA

Máis información e inscricións: Concello de Frades. 981 695 567 / www.concellodefrades.es

Page 8: Cronicas comarcadeordes n15 marzo2015

8

ActuAlidAde

crónicas - Marzo 2015

- Con que disposición afronta esta nova contenda electoral?

- Moitísimo mellor que se me pre-sentara por primeira vez porque nestes momentos teño unha bagaxe en canto a xestión, teño historia de feitos detrás. Teño experiencia de case 7 anos de de-putado provincial, estiven na Federa-ción Galega de Municipios e Provin-cias, estiven na Comisión de Moder-nización e Calidade e na Comisión de Transportes e Tráfico da Federación Es-pañola de Municipios e Provincias, no Consello Galego de Transportes… E conto cun coñecemento moi exhaustivo de todo o concello. A verdade é que me sinto con soltura e moi animado para se-guir facendo cousas por Oroso. Eu vou traballar para conseguir unha maio-ría suficiente para poder levar adiante o proxecto socialista, porque creo que para Oroso somos neste momento a me-llor opción por experiencia, solvencia e capacidade de xestión.

- Que novas ideas inclúe o seu proxecto para un próximo mandato?

- A verdade é que nun concello con poboación nova como é o de Oroso que-dan moitas cousas por facer. Por exem-plo no deporte, no meu primeiro man-dato como alcalde, non había nin-gunha infraestrutura deportiva. Fixemos campo de fútbol, polideportivo e insta-lacións deportivas para o uso de toda a xente nova. De feito estamos entre os 20 municipios con poboación máis nova de toda Galicia. Pero aínda temos que dar un salto de calidade no deporte, cons-truíndo máis instalacións, porque ás ve-ces nos custa satisfacer a demanda de tanta xente que temos practicando de-porte. Nos próximos 4 anos temos que facer máis infraestruturas deportivas. Hai que destacar que nalgunhas disci-plinas deportivas temos equipos na elite, como o tenis de mesa, na División de Honra de España, e tamén en outras dis-ciplinas estamos moi ben. Por iso temos que facer máis instalacións.

- Son suficientes as instalacións culturais existentes?

- Non, en canto á cultura pasa o mesmo. Nos últimos anos puxemos a semana cultural en funcionamento, em-pezamos a facer actividades moitas cul-turais e conseguimos que gran parte da poboación participe nelas. Agora qué-danos dar un salto cuantitativo e de ca-lidade tamén. Por iso no vindeiro man-dato temos que construír máis infraes-truturas culturais, como un pequeno au-

ditorio, con capacidade para entre 250 e 300 persoas. A nosa programación cul-tural de Oroso é un referente en toda a

comarca e case me atrevería a dicir que en Galicia, e debemos de seguir poten-ciándoa.

- Dá por conseguido o reto de fixar poboación durante a fin de semana?

- Queremos seguir traballando niso. Unha das claves para que Oroso deixase de ser concello dormitorio foi promo-ver tantas actividades culturais, depor-tivas e programas de conciliación. Hai que ter en conta que o 70% da xente que vive aquí vén doutros concellos, e agora queda aquí facendo vida a fin de semana. Iso considéroo un logro importantísimo, igual que a evolución no ensino, onde conseguimos tamén dar un salto impor-tante. Porque nós estivemos aí cando se construíu o primeiro CEIP e o IES, e a primeira garderíae, xa hai 12 anos. E este ano 2015 pechamos o ciclo abrindo unha nova escola infantil, Chousa Nova, que vai empezar a funcionar en setem-bro. Así conseguimos escolarizar dos 4 meses ata os 16 anos a todos os nenos e nenas en condicións óptimas.

- Pero, vai abrir unha nova liña no novo CEIP de Oroso?

- Espero que as autoridades de En-sino estean á altura das circunstancias, porque este curso deuse unha situación curiosísima: temos mais espazo, pero non temos máis persoal. Espero que se poida dar ese salto de calidade cando te-ñamos máis profesores e o novo CEIP sexa de liña 2, tal e como foi concibido.

“Somos a mellor opción para Oroso por experiencia, solvencia e capacidade de xestión”

ENTREVISTA Manuel Mirás Franqueira, alcalde de Oroso

Hai menos dunha semana que Manuel Mirás confirmou publi-camente a súa intención de encabezar de novo a candidatura socialista para as próximas eleccións municipais, coa inten-ción de revalidar o seu cargo como Alcalde de Oroso. Fai unha

paradiña na súa axitada xornada (que inclúe a xestión munici-pal e a xestoría na que nunca deixou de traballar durante a súa traxectoria política) para falar con Crónicas do seu concello e das súas expectativas para un posible novo mandato.

Mirás destaca que “conseguimos escolarizar a todos os nenos e nenas dos 4 meses ata os 16 anos en condicións óptimas”

“Fixemos un esforzo moi importante nas parroquias”

-Oroso ten unha gran superficie, préstase a atención debida ás parro-quias?

- Conseguimos facer a rede de lo-cais cívicos e culturais en todas as pa-rroquias, que agora están debidamente equipados para poder facer activida-des. Fíxose un esforzo importantísimo en canto á reparación de camiños, lim-peza de vías, sendas peonís, e de dota-ción de equipos biosaudables nas pa-rroquias que o pediron. Agora o Con-cello conta cun cemiterio público, en Marzoa, e foi legalizado o da Penela (Oroso). Estamos traballando nos pro-cedementos para ampliar os cemite-rios de Senra e de Deixebre e ofrece-rémoslles aos veciños de Trasmonte a mesma fórmula de xestión que a adoptada con éxito na Penela. Nas pa-

rroquias fixéronse tamén obras de sa-neamento e abastecemento de auga, aínda que estas foron a menor ritmo do esperado porque o plan que había esgotouse e nin Europa nin Goberno central o dotraon de máis fondos.

- En Oroso hai parcelarias que levan moitos anos en execución.

- Nas parroquias de Ánxeles, Cal-vente, Marzoa e Pasarelos están xa po-ñendo so marcos, así que no prazo dun mes ou dous como moito, os propie-tarios xa poderán tomar posesión das fincas. E nas parroquias de Senra, Car-dama e Vilarromariz neste momento están coa resolución dos recursos e a punto de sacar a licitación a coloca-ción dos marcos, polo que é probable que en 16 ou 18 meses xa se poida to-mar posesión das novas fincas.

Page 9: Cronicas comarcadeordes n15 marzo2015

ActuAlidAde

crónicas - Marzo 2015 9

- Agora que xa comezaron as obras do enlace da AP-9, cal é o seguinte obxectivo en infraestruturas?

- A variante de Sigüeiro, a autovía prevista Sigüeiro-Padrón, pola que loita-rei sen desmaio nos próximos catro anos. Nestes momentos está a todo ritmo o en-lace da AP9, pero iso non é todo, non es-tamos conformes nin moitísimo menos, agora temos que loitar pola variante de Sigüeiro. Non ten sentido que neste mo-mento polo centro do núcleo urbano es-tean circulando a diario uns 20.000 vehí-culos, dos cales un 13% son de tránsito pesado.

- Que se propón en urbanismo?- O urbanismo do concello era unha

verdadeira desfeita cando eu accedín á Alcaldía no 2002. Tíñannos considerado como un dos concellos da área de Com-postela con maiores despropósitos. A día de hoxe somos un referente. Fomos o pri-meiro concello de Galicia en ter o PXOM adaptado á nova lei e traballamos día a día para seguir mellorando. Non todo está a gusto de todos. Sabemos que tamén hai certo descontento, sobre todo no rural de-bido á Lei do Solo de Galicia de finais de 2002. Nós estamos con pequenas modifi-cacións tratando de solucionar problemas, porque sabemos que hai persoas que que-ren facer una vivenda no rural, que teñen moito terreo e non poden. Esperamos que os novos cambios da Lei do Solo permitan que todas as persoas que teñen terras cerca dun núcleo poidan edificar.

- Houbo certa polémica coa modifi-cación puntual do Plan Xeral que fixo o Concello a finais de ano…

- Non entendo a postura do Partido Popular e do Partido Galeguista, de man do señor Siverio. Como poden estar en contra dunha modificación deste tipo, que beneficia a tantas persoas e que foi de-bida a un pacto que se fixo co Ministerio de Fomento para que nos fixeran o enlace da AP-9? Ao mesmo tempo aproveita-mos para que beneficiara a todas as casas xa construídas no Alto de Vilanova, que están fóra de ordenación. Non entendo como se pode estar así en contra dos ve-ciños. E tampouco entendo como algunha persoa pode estar pedindo que se lle tire a casa.

- Que correccións lles manda facer a Xunta?

- Simplemente hai que facer unha co-rrección relativa ás zonas verdes que se deixan no polígono. Pero a Xunta non cuestiona en ningún momento a modifica-ción urbanística feita para que se poida fa-cer o enlace da autopista, nin o cambio de tipo de terreos que fixo, aproveitando que a actual Lei do Solo o permite. Por iso este

cambio vai ser aprobado. Quero trasladar unha mensaxe de total tranquilidade aos veciños e veciñas e propietarios do Alto de Vilanova, porque os reparos que puxo a Xunta a esa modificación nada teñen que ver nin co enlace da AP-9 nin coas casas que están fóra de ordenación.

- O novo enlace favorecerá a econo-mía do concello?

- Co enlace da AP-9 Sigüeiro e a súa zona industrial está máis cerca dos centros neurálxicos de Galicia. Xa non se mide en quilómetros chegar a unha poboación, se-nón en tempo. Estamos no centro do Eixo Atlántico, que ten un futuro estupendo, mesmo para conectarnos con Portugal. Agardo que este enlace sexa un acicate para que aquí se instalen máis empresas. Espero que se acabe de encher os polígo-nos de Sigüeiro e Oroso Pequeno, e poder sacar adiante o San Martiño II. Mirás espera que “co enlace da AP-9 se instalen máis empresas en Oroso”

“Conseguimos que comezaran as obras do enlace da AP-9, agora temos que loitar pola variante de Sigüeiro”

“Os orosáns pagan menos taxas que noutros concellos”- Ten comentado que Oroso, pese

ter gobernos do PP na Xunta e no Es-tado, logrou importantes actuacións porque tiña “o hórreo cheo” polo compromisos dos gobernos de Za-patero e Touriño. Vai encarar agora unha etapa de máis dificultade?

- Oroso tivo sempre remanente po-sitivo de tesourería, debido á súa boa xestión e ao que lle corresponde dos fondos do Estado e do Fondo de Coo-peración Local. Con este remanente, máis o diñeiro que nos veña doutras administracións, pódese seguir trans-

formando o concello. Non teño nin-gunha dúbida de que Oroso non vai saír prexudicado por non pertencer ao mesmo partido político que a Xunta ou o Estado. Eu seime mover para conse-guir fondos para o Concello, como ben demostrei nos últimos catro anos. Moi-tísimas das cousas que fixemos foron grazas ao noso esforzo investidor. Os concellos de arredor tiveron que des-tinar a meirande parte dos fondos do Goberno e da Deputación a gasto co-rrente. En Oroso investiuse todo ese di-ñeiro en obras e o incrementamos con

entre 600.000 e 700.000 euros propios cada ano.

- Como percibe o cidadán o es-tado da economía municipal?

- O Concello de Oroso está conside-rado polo Ministerio de Facenda como un dos máis sostibles de Galicia e ten a presión fiscal por debaixo da media de Galicia. Isto significa que os tributos e taxas transferidos ás entidades locais, como o da recollida de lixo ou da auga, están por debaixo da media de Galicia. Os cidadáns pagan menos por eses ser-vizos que noutros concellos.

“Pese o tasazo de Sogama, non subimos a taxa do lixo”- Falemos de medio ambiente.

Como van as campañas de concien-ciación ambiental?

- Fixéronse xornadas con nenos, maiores e mediana idade que están dando moi bo resultado. Proba diso é que, pese o “tasazo” de Sogama, non ti-vemos que subir a taxa do lixo aos ci-dadáns. Reciclar ten beneficios desde o punto de vista de coidado do noso medio natural e desde o punto de vista econó-mico. Todo o que vai no colector verde vai para queimar. O que vai no colector amarelo ou no do vidro é para reciclar. Se unha tonelada de latas de refresco vai ao amarelo, o Concello cobra uns 30 €, pero se esa tonelada a botamos no co-lector verde o Concello ten que pagar a Sogama 74 €. A diferenza é substancial.

- Vaise ampliar a depuradora?- Temos que mellorala e ir pensando

en ampliala. Nestes momentos hai que dotala de certos mecanismos para que depure mellor. No saneamento bótanse residuos sólidos que non deberamos de botar, como compresas ou toalliñas hú-midas, e é preciso dotar á depuradora de melloras que permitan a súa extrac-ción de forma máis áxil e mecánica. Por certo, en relación coa separación de re-siduos, xa está en licitación un punto verde para que todas as materias perigo-sas que deben recibir un tratamento es-pecial poidan ser depositadas alí.

- Ten vostede preocupación pola conservación do medio natural.

- É que Oroso é rico en paisaxismo e pesca, por iso me preocupo tanto polos

temas ambientais. Porque o medio natu-ral pode ser un medio de vida importan-tísimo para a nosa poboación. Por exem-plo na pesca, creando cotos de pesca sen morte. No aspecto turístico estamos tra-ballando con Santiago e con Ordes para poder usar os antigos camiños de ferro e convertelos nunha vía verde, onde to-das as familias poidan gozar sen ningún tipo de perigo. Ten unas vistas preciosas, porque circula pola ladeira esquerda do río Lengüelle, e tamén pola marxe de-reita do Tambre, e ten atractivo impre-sionante se conseguimos poñer en valor este antigo camiño de ferro. Podemos ofrecer paisaxismo, o deporte da pesca e o golf. Temos un concello con 6 ríos, con vales preciosos, polos que hai que traballar para poñelos en valor.

Page 10: Cronicas comarcadeordes n15 marzo2015

10

ActuAlidAde

crónicas - Marzo 2015

As asociacións poden solicitar axudas económicas municipais ata o 29 de marzo

FRADES

As asociacións culturais, depor-tivas ou veciñais, así como outras entidades de interese social, po-den solicitar ata o 29 de marzo as axudas económicas convocadas polo Concello de Frades para enti-dades sen ánimo de lucro.

As axudas poden solicitalas en-tidades que teñan ou non perso-nalidade xurídica, aínda que sem-pre deben carecer de fins de lu-cro e estar inscritas no Rexistro de Entidades ou Agrupacións do Concello de Frades. Tamén teñen que desenvolver as súas activida-des no termo municipal, estar ao día coas súas obrigas tributarias co Concello e non ter pendente de xustificar ningunha subvención municipal anterior.

A axuda poderá acadar o im-porte total do orzamento de gas-tos, mais sen superar o custo real da actividade subvencionada. En-tre as accións que se poden finan-ciar con esta convocatoria están os gastos xerais derivados das activi-dades, como os de transporte ou contratación de persoal, as obras e melloras de bens inmobles, os gastos de funcionamento cando estean directamente vencellados coa actividade ou o investimento cun tope do 10 %, e traballos efec-tuados por persoal voluntario sen remuneración cun tope do 40 %.

Á hora de valorar as peticións, o Concello marcou como criterios o número de persoas beneficiadas polas actividades, a súa continui-dade no tempo, a calidade da pro-gramación que se presente e a ne-cesidade da obra prevista.

Por outra parte, ata este 19 de marzo o Concello de Frades ta-mén tivo aberto o prazo de solici-tude para as axudas de transporte e material escolar.

ORDES Os de Barbeiros, Leira, Lesta e Vilamaior seguen como independentes

A unión dos cazadores de Ardemil e de Ordes abre a opción dun couto único

A unificación dos TECOR (terreos cinexeticamente ordenados) socie-tarios de Ordes e de Ardemil abriu o paso á creación dun couto único de caza para todo o municipio, aínda que o proceso é de momento máis un desexo que unha intención efec-tiva para a gran maioría dos afeccio-nados.

Os arredor de douscentos inte-grantes da Sociedade de Cazadores de Ordes confirmaron a súa vontade de adherise ao TECOR de Ardemil, dando practicamente por feito que nesta parroquia aceptarían a unión, ao ser unha medida que se buscaba desde hai tempo e que en teoría fa-vorecerá a práctica da caza.

Ademais dunha xestión unificada, a adhesión ten como vantaxes a am-pliación do espazo autorizado para a caza. No seu momento, será pro-bablemente a principal razón para intentar dar o seguinte paso, o do couto único de todas as parroquias do municipio.

En todo caso, en catro delas man-tense de momento un funciona-

mento independente, con dinámicas propias, aínda que en xeral sen gran-des problemas de convivencia. Son as de Barbeiros, Leira, Lesta e Vila-maior.

RAÑA RENOVAPolo demais, a reunión da Socie-

dade de Cazadores de Ordes que vali-dou a adhesión a Ardemil tamén ser-viu para abordar a elección de presi-dente. Non houbo novidades, dado que se acordou a renovación no cargo por un período doutros catro anos do actual presidente deste co-lectivo, Óscar Raña.

Óscar Raña foi elixido para continuar á fronte da Sociedade de Cazadores de Ordes

FRADES O pleno tamén demanda o remate das obras de Fenosa en Ponte Carreira

Reclamación para que Fomento repare a N-634 ao seu paso pola Pontecarreira

O pleno de Frades aprobou por unanimidade unha petición para que o ministerio de Fomento repare a es-trada N-634 ao seu paso pola Ponte-carreira. A corporación reclama me-lloras tanto no firme principal como nas vías de servizo, por aprezar que “o seu pésimo estado de conserva-ción supón un perigo para a seguri-dade viaria”. O alcalde, Roberto Rey,

presentou ante a corporación un in-forme no que se detallan diversas de-ficiencias que van camiño de deixar intransitable a estrada de titulari-dade estatal.

Na mesma sesión extraordinaria, a corporación tamén acordou recla-marlle 27.000 euros a unha empresa por uns traballos de abastecemento na parroquia de Abellá. Os dous gru-

pos da oposición, BNG e PSOE, abs-tivéronse, explicando que están a fa-vor de que o Concello reclame o di-ñeiro que lle corresponde pero que non recibiron información suficiente sobre o caso.

Unha petición máis, esta validada por unanimidade, é a que se lle dirixe a Fenosa para que remate as obras de instalación dunha liña de media tensión preto da Pontecarreira. Se-gundo o rexedor, os traballos están parados por dificultades da empresa á que contrataron. “As obras teñen que ser rematadas canto antes, ben pola contratista ou ben por Fenosa, pero os veciños non teñen por que estar aturando tantas molestias”, afirmou Roberto Rey, que exhibiu un informe municipal no que consta a falta de limpeza do vial e os estropi-cios que ocasiona a obra sen rematar.

Por último, o pleno designou a José Manuel Ramos Tejo como xuíz de paz. Xa ocupaba este posto na ac-tualidade e continuará outros catro anos, despois de que non se presen-tasen outras candidaturas.

Sesión plenaria da corporación municipal de Frades, presidida por Roberto Rey

Convocadas as axudas locais á natalidade

MESÍA

O Concello de Mesía convocou as axudas por nacemento, aco-llemento ou adopción do exerci-cio 2015. Teñen unha contía de 300 euros por cada caso, en pa-gamento único, e son compatibles con outras convocatorias para o mesmo fin. Poden solicitarse ata finais de ano e obrigan a ter e manter a residencia no municipio en determinadas condicións.

Page 11: Cronicas comarcadeordes n15 marzo2015

ActuAlidAde

crónicas - Marzo 2015 11

ENTREVISTA Roberto Rey Martínez “Tito”, alcalde de Frades

“Aumentamos os servizos e actividades para os veciños, conseguimos máis de 3 millóns para obras e investiremos 1,5 millóns máis en 2015”

- Como valora estes dous anos á fronte do Concello de Frades?

- Para min foron dous anos moi in-tensos tanto a título persoal como polí-tico, coa asunción da Alcaldía e as res-ponsabilidades que iso leva consigo. Por iso, quero comezar agradecéndolles aos veciños e ve-ciñas de Frades as mostras de apoio e aprezo que teño re-cibido. Foron dous anos de traballo baseados en catro piares: estabilidade orzamentaria, man-temento de infraestruturas, máis servizos sociais e máis actividades culturais, for-mativas e de ocio para todas as idades.

- Como se atopan as fi nanzas do Concello de Frades?

- Nun contexto de crise economica acabaremos a lexislatura cun Concello saneado ecomicamente, reducindo a cero a nosa débeda cos bancos e pagando os proveedores nun tempo por debaixo do esixido pola lei. E todo mantendo as axu-das de transporte e material escolar para as familias máis necesitadas, así como as subvencións ás asociacións culturais, de-portivas e de veciños.

- As infraestruturas foron as gran-des prexudicadas desta crise?

- Nun tempo no que as grandes obras poden contarse cos dedos da man en cal-quera concello, en Frades puxemos en marcha a depuradora de Ponte Carreira, por 1,3 millóns de euros, e investimos máis dun millón de euros no mantemento da nosa rede de estradas e na mellora dos accesos aos núcleos de poboación. Ade-mais reducimos o noso consumo eléc-trico e melloramos as instalacions depor-tivas e de ocio, con bancadas e melloras no polideportivo de Ponte Carreira, me-lloras no campo de futbol de Abellá (con novos vestiarios, placas solares e rede

perimetral), renovación e ampliación da piscina municipal e da pista de padel... E, especialmente, o mantemento en bo es-tado dos locais sociais, con aparatos de ximnasia e e conexion a Internet. Tamén quero destacar as melloras feitas no co-

lexio de Ponte Ca-rreira, colaborando coa ANPA e coa di-rección do colexio, e que deron como resultado un novo parque infantil, o salón de actos, a re-paración de humi-

dades, a renovación da pintura...- A crise supuxo algún recorte nos

servizos sociais?- Todo o contrario. O Concello de

Frades centrouse nestes dous anos aos máis necesitados do municipio. Non só incrementamos o número de veciños que dispoñen do servizo de Axuda a Domici-lio, senón que puxemos en marcha servi-zos gratuítos de podoloxía, fi sioterapia e perruquería a domicilio para dependen-tes ou maiores usuarios dos Servizos So-ciais. E poremos en marcha máis inicia-tivas. Tamén aumentamos o orzamento destinado a emer-xencia social, para as persoas máis ne-cesitadas do con-cello, axudándo-lles con arranxos no fogar, alimen-tación e moitas ou-tras necesidades do día a día, tramitadas a traves dos Servi-cios Sociais

- O que si se fi xeron foron máis ac-tividades sociais e culturais...

- Nestes dous anos puxemos en mar-cha moitas actividades de novo que ti-veron unha grande acollida: as dúas pri-meiras cabalgatas de Reis, a I Festa da Xuventude, os novos programas de con-

ciliación da vida laboral e familiar ou a Carreira Pedestre, cuxa segunda edición terá lugar o 1 de maio. En canto á forma-ción, mantivemos os cursos de ocio, or-ganizamos iniciativas con Mesía e apos-tamos por ofrecer cursos que melloren a empregabilidade dos nosos veciños. É dicir, cursos que incrementen a posibi-lidade de que o alumno atope un traba-llo cando remate. Tivemos un obradoiro de emprego e temos pedidos outros dous para este 2015: un de xardinería, albane-lería e pintura; e un segundo de forestal especialmente dirixido á mocidade. Ade-mais, en colaboración coa ANPA do CPI Ponte Carreira, puxemos en marcha ac-tividades extraescolares como inglés, zumba infantil e música, mantendo as xa existentes de patinaxe e as escolas depor-tivas municipais, onde tamén subvencio-namos o transporte e a equipación depor-tiva.

- Que propostas vai presentarlle aos veciños nestas eleccións?

- Os veciños e veciñas de Frades sa-ben que non é tempo de promesas, se-nón de realidades. Haberá quen prometa o que sexa para conseguir un voto, eu prefi ro falar de realidades e de proxectos

que xa estan moi-tos en marcha. Es-tamos construindo a primeira senda peonil en Frades, de acceso ao tana-torio e á casa do concello, e xa te-mos o compro-

miso da Deputación para a construccion dunha nova en Galegos e o arranxo inte-gral das beirarrúas da travesía de Ponte Carreira, entre o colexio e o núcleo ur-bano. Tamén temos solicitado dúas sen-das novas, en Aiazo e Moar. Nos proxi-mos meses, coa axuda da Xunta e da De-putación, imos investir preto de 500.000 euros na mellora e camiños en todas as

parroquias e proximamente teremos un punto limpo para Frades e Mesía, cun in-vestimento da Xunta de 320.000 €.

Ademais, adquirimos o compromiso da Xunta para levar a o abastecemento de auga ás parroquias de Moar, Añá e Célti-gos nos proximos anos, cun investimento de máis de 700.000 €. Temos presen-tado un proxecto na Xunta para acome-ter unha reforma integral do polidepor-tivo de Abellá e da zona onde se realiza a feira mensual e nos proximos meses me-lloraremos as instalacións do parque in-fantil do Cabezo (Abellá).

Cumpriremos unha vella demanda dos veciños de Ponte Carreira elimi-nando as ruínas da antiga escola, mello-rando o entorno para desfrute de todos os veciños. Poremos en funcionamento unha nova biblioteca municipal e aula de informatica na parte superior do multiú-sos e espero que durante este ano 2015 Frades teña o seu primeiro Plan Xeral, unha ferramenta básica para o crece-mento ordenado do municipio feito coa colaboración dos veciños e de todos os grupos políticos do concello.

- Algún proxecto máis?- Pola miña cabeza dan voltas moi-

tos máis proxectos novos para Frades, moitos dos cales necesitaremos da co-laboración doutros concellos limítrofes para que poidan chegar a ser realidade: escola infantil, centro de día ou residen-cia, transporte metropolitano, equipo de mantemento e de vixilancia das nosa rede viaria para que estea sempre en bo estado, etc

couseloordenes

15680 ORDESA Coruña

Muebles de CocinaFuente Estrey, s/n Tel: 981 68 83 29

Móvil: 629 808 796couselo [email protected]

ElectrodomésticosAlfonso Senra, 116

Tel: 981 68 08 09

“Os veciños de Frades saben que non é tempo de promesas,

senón de realidades. Eu prefiro falar de proxectosque xa están en marcha”

“Foron dous anos de traba-llo baseados en: estabilidade orzamentaria, mantemento de infraestruturas, máis servizos sociais e máis actividades”

Page 12: Cronicas comarcadeordes n15 marzo2015

12

ecONOMÍA - O sectOr leiteirO, ante unha nOva etapa

crónicas - Marzo 2015

O sector leiteiro entrará nunha nova etapa dentro duns días, coa desaparición do sistema de cotas aplicado nos últimos lustros con polí-ticas erráticas. Desde este 1 de abril, aplicaranse as normas recollidas no chamado paquete lácteo, que o go-berno central renovou hai escasas semanas e que entre os gandeiros se recibe coa incertidume e a descon-fianza propias de quen ten escoitado moitas palabras e visto poucos feitos.

A intención proclamada polo exe-cutivo é que os gandeiros gañen po-sibilidades de negociar ante a indus-tria, que ata agora manexou ao seu antoxo e sen complexos os prezos en orixe, de man coa distribución.

Con tal fin, establécense contratos obrigatorios cunha duración mínima dun ano. A industria deberá presen-tarllo ao gandeiro dous meses an-tes de que remate o contrato vixente ou dous meses antes de que comece a recollerlle o leite, por exemplo no caso de cambio de empresa.

Sen embargo, a obrigatoriedade non é total, xa que finalmente permi-tiuse, apelando á normativa europea, que o gandeiro renuncie, por escrito, a esa duración mínima. Para uns é un dereito do produtor e para outros en realidade é unha trampa, ao deixar a porta aberta a que as industrias obri-guen ao gandeiro a renunciar e for-zalo así a que acepte os seus prezos e condicións. Máis ou menos como ata agora, pero sen cotas.

VARIACIÓNS DE PREZOO decreto ministerial tamén con-

templa o marco para definir os pre-zos na negociación entre industria e

gandeiro. Se ben será posible mar-car unha cotización fixa para toda a duración do contrato, o que se al-bisca como máis frecuente son pre-zos variables ou mixtos, cunha com-poñente fixa e outra volátil.

Esas variacións, á alza ou á baixa, deberán aterse a uns índices obxec-tivos, verificables, non manipulables e procedentes de fontes públicas, se-gundo di a norma, que deixa ao cri-terio dos negociadores cal escollen. Son, por exemplo, os prezos dos pro-dutos lácteos industriais, os prezos noutros países ou indicadores como a ferramenta ‘Xacobea’ promovida pola Xunta. E ademais tamén se po-derán ponderar factores como o vo-lume vendido ou a calidade e a com-posición do leite subministrado.

VOlUME E MEDIACIÓNOs contratos tamén incluirán o

volume obxecto de compra, que por tanto as industrias estarán obriga-das a recoller, fixando unha marxe de ata o 10 % a maiores. E se aínda así a cantidade se agota antes do prazo contractual, as dúas partes poderán acordar un máximo do 25 % de incre-mento unha soa vez.

De maneira máis ben testemu-ñal, o decreto establece un sistema de mediación para os casos nos que non haxa acordo e exista unha oferta previa. Os produtores e o receptor do leite poderán acollerse a esta op-ción, de mutuo acordo. O mediador poderá buscar o acordo en calquera elemento do contrato, sobre todo o prezo e o volume.

O novo paquete lácteo segue tolerando finalmente contratos inferiores ao ano

NOVO SISTEMA Os prezos poderán ser fixos ou variar con indicadores de mercado

Os cambios no paquete lácteo permiten renunciar ao contrato mínimo dun ano

A consellería de Medio Ru-ral sostén que as Organizacións de Produtores Lácteos (OPL) “son as únicas con capacidade de sentarse a negociar prezos” aproveitando as novas medidas gubernamentais.

Así o defendeu a titular do departamento, Rosa Quintana, nunha intervención parlamen-taria na que precisou que a “verdadeira responsabilidade” de negociar reside nestas enti-dades “en representación dos gandeiros, reforzando así a posi-ción que teñen eles a título indi-vidual”. Para probar a súa tese, Quintana expuxo que as explo-tacións de maior tamaño logran ata 4 céntimos máis por litro de leite que as de menor tamaño.

En cambio, o portavoz de Agricultura do PSdeG-PSOE, Pa-blo García, revelou que a Xunta “non está á altura na defensa do sector leiteiro” ao non influír o suficiente no ministerio para un cambio profundo no paquete lácteo que de verdade favoreza os gandeiros. Para García, que case non varíen aspectos como a duración dos contratos ou a mediación vai levar a que a nor-mativa non sexa útil para o sec-tor. O socialista cre que a acti-tude do goberno autonómico é “responsabilizar os gandeiros de non asinar os contratos” e á vez calar ante a presión das indus-trias no ministerio para manter o esencial do paquete.

Medio Rural cre que as OPL son “ás únicas” con capacidade de negociar prezos

NEGOCIACIÓNS

Unha das grandes incógnitas des-tes días entre os gandeiros é se ha-berá ou non multa económica por superar a cota leiteira na campaña 2014-2015, a coñecida como super-taxa. A incerteza foi agrandada polo propio Ministerio de Agricultura, que variou abruptamente as súas estima-cións de finais de 2014, pasando de dicir entón que a España lle corres-pondería unha sanción de máis de 35 millóns de euros a calcular a comezos de marzo uns 2 millóns de euros.

O goberno escúdase en que as es-timacións son estimacións, e vanse adaptando segundo avanza a pro-

dución real. Pero no sector medra o malestar, precisamente porque esa previsión de hai uns meses desatou a alarma e obrigou a tomar medi-das, custosas, para conter e rebaixar o leite producido, pero que á vez os deixan en peor posición para aden-trarse no mercado sen cotas.

E é que para que o exceso esti-mado polo Ministerio en toda a cam-paña pasase de 128 millóns de quilos meses atrás a uns 8 millóns de qui-los agora, uns 4.000 gandeiros gale-gos tiveron que alugar cota, e outros desfacerse de vacas en produción ou reducir a alimentación do gando ata

que se liberalice o mercado. Calquera cousa menos afrontar a sanción, que de producirse rondará os 0,28 euros por cada quilo excedido. En maio co-ñecerase exactamente cal foi o so-brepasamento e que explotacións te-ñen que pagar, en función do volume porcentual de exceso de cada unha. Mais un recente informe do FEGA aseguraba que en xaneiro xa un 19 % dos gandeiros galegos superaban os seus dereitos de produción.

PAGO A PRAZOSMentres tanto, desde a Unión Eu-

ropea aprobouse a posibilidade de

que a multa sexa pagada en prazos durante un máximo de tres anos e cun interese cero. A intención é dar-lles unha marxe suficiente e non res-tarlles demasiada liquidez, xa que de confirmarse a supertaxa hai explota-cións que quedarían moi tocadas xa este ano, sen posibilidade de investir ou mesmo con dificultades para sub-sistir.

Todo esto nun contexto de pre-zos á baixa, que de media na cotiza-ción da xaneiro se situaron en Gali-cia nos 30,5 céntimos por litro, fronte aos 39,2 céntimos que o propio FEGA rexistrara en xaneiro de 2014.

O Ministerio baila coa supertaxa e desconcerta o sectorA FIN DAS COTAS Estimou primeiro unha sanción por sobrepasamento de 35 millóns de euros e despois só 2

Page 13: Cronicas comarcadeordes n15 marzo2015

O sectOr leiteirO, ante unha nOva etapa - ecONOMÍA

crónicas - Marzo 2015 13

COMPETENCIA A CNMC proba a distorsión de prezos

Sanción de 88,2 millóns ás industrias por manipular o mercado durante anos

Era un segredo a voces, durante anos e anos, que agora está negro sobre branco. As principais industrias que lles mercan leite aos gandeiros foron sancionadas pola Comisión Na-cional dos Mercados e a Competen-cia (CNMC) cun total de 88,2 millóns de euros por prácticas ilegais que cercenaron a liberdade dos produto-res para negociar os prezos e mesmo para cambiar de comprador.

A investigación da CNMC foi ini-ciada a raíz dunha denuncia de Unións Agrarias, sobre un informe do goberno de Castela e León. Que-daron de manifesto os amaños entre as industrias, case sempre ás agacha-das pero sen demasiado pudor, xa que a miúdo quedaban por escrito, por exemplo en correos electrónicos como o distribuído entre os traballa-dores de Nestlé en 2003 explicando que ían facer cos prezos boa parte dos demais operadores, ou en escri-tos como actas de Aelga nas que se definían estratexias conxuntas.

En xeral, as nove empresas e as dúas asociacións infractoras inter-cambiaron información sobre os pre-zos que pagaban e que prevían pagar, sobre identidades de gandeiros e vo-lumes que manexaban, e tamén so-bre gandeiros que tiñan intención de cambiar de empresa e que medidas podían tomar para impedilo.

A resolución da CNMC dá por pro-badas as conductas prohibidas e sa-lienta que o seu obxectivo “non era outro que distorsionar o normal fun-cionamento do mercado”. Ademais, confirma que lles ocasionaron prexuí-zos aos gandeiros. Porque, aínda que

os 88,2 millóns parecen unha multa elevada, as ganancias que se estiman que obtiveron as empresas con estes pactos ilegais foron de 816 millóns, case dez veces máis.

Ademais das nove compañías e as dúas entidades sancionadas, o orga-nismo estatal proba que outras cinco industrias cometeron infracción le-gal, pero xa prescrita.

As sancionadas xa anunciaron que interporán recurso contencioso-ad-ministrativo. Terán que facelo na Au-diencia Nacional, como establece a CNMC, que tamén abre a porta para que os afectados presenten unha de-manda por danos e prexuízos ante os tribunais civís.

As reaccións á multa da CNMC foron múltiples. A ministra de Agri-cultura, Isabel García Tejerina, dixo estar preocupada por se a contía da sanción afecta a viabilidade das industrias, matizando que eso ta-mén prexudicaría os gandeiros.

En cambio, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afir-mou que seguen advertindo “irre-gularidades” nos prezos e acusou á industria e á distribución de “car-garse o sector”.

Os sindicatos dubidan que a sanción chegue a cobrarse. Unións Agrarias cre que a “a distribución non debe quedar á marxe” como “verdadeiro elemento corruptor da cadea de valor do leite”. Para o SLG, a sanción non servirá de nada sen medidas para garantir prezos que cubran os custos de produción.

E o PSOE presentou unha inicia-tiva no Congreso pedindo compen-sacións aos produtores pola mani-pulación do mercado.

REACCIÓNS

entre a compaixón de tejerina pola industria e as críticas á que a distribución saia indemne

DanonePeñasantaLactalisNestlèPulevaPascualSenobleC.L. AsturianaGIL CataluñaAEL GaliciaCelega

EMPRESAS INFRACTORAS

23,2 millóns €21,8 millóns €11,6 millóns €10,6 millóns €10,2 millóns €

8,5 millóns €929.644 €698.477 €200.000 €100.000 €

53.310 €

I.L. Asturianas (Reny Picot)Leite RíoFeiracoCelta

Forlactaria

Coa infracción prescrita:

Fonte: CNMC

Na explotación de Lour-des Varela, con 55 vacas, 301.000 quilos de cota e dúas persoas cotizando, nin aumentaron produción “nin temos pensado aumentar” ante a desaparición das co-tas leiteiras. O que teñen máis seguro é que “non imos pasarnos” porque “vi-mos como estaba sendo a evolución de prezos e deci-dimos seguir co modelo de produción que viñamos facendo”.

A partir de aí, todo son dúbidas. Saben que cobrarán o leite de febreiro e marzo a uns 28 céntimos por quilo, un menos que en xaneiro. E no novo escenario “a em-presa o único que nos advertiu é a obriga do contrato”. Ata agora asinano con pre-zos por trimestre. Están a favor dos contratos, pero non así: “é boa cousa se o prezo o marcaramos en negociación e se cubrise os custos de produción e pagase o noso traballo”, di Varela, que certifica que “a negociación non existe”.

Tamén lles gustaría que continuase o sistema de cotas, nas que mercaron uns 200.000 quilos ata 2002, chegando a pagar 12.000 euros anuais en créditos. Ser-viría “polo menos para manter un control de produción” porque “imos atoparnos con explotacións de 300 vacas e as pequenas e medianas explotacións non imos poder competir en pé de igualdade”. Esta profesional fai autocrítica por como moitas granxas se lanzaron xa a producir máis. Sinala que “as gandeiras e gandei-ros, non todos, tiramos pedras contra o noso tellado, e non nos acorda que en 2009 chegamos a cobrar o leite a 21 céntimos”. Agora ve previsible unha baixada semellante, que acabe coa rendibilidade. E aínda que non pensan pechar, si esta-rán atentos a como evolucione o sector nos vindeiros meses para avaliar a produ-ción de carne, xa que “o sector do leite é unha incertidume”.

“A negociación non existe neste sector, a empresa só nos advertiu a obriga do contrato”

lourdes Varela Fosado, nunha explotación de 55 vacas

Marisol García Freire, repre-sentante da Cooperativa O La-meiro, con tres socios traba-llando e cotizando, 180 reses e 56 hectáreas de terreo, ex-plica que a incertidume acon-selloulles non aumentar nin te-rreos nin produción. Saben xa que o leite lles vai baixar de 30 a 28 céntimos por quilo “con previsión de suba para o ve-rán”. Pero coa desaparición das cotas, García Freire considera

“obvio que os prezos van baixar, traballaremos máis e teremos menos ingresos”. Sobre os contratos, ata agora trimestrais, esta gandeira teno claro: “non deixan

de ser un papel sen valor, dado que cando a empresa quere incúmpreo sen pro-blemas”, explica. García Freire tamén ratifica que “a negociación é imposible, a empresa vénche co prezo e se o queres ben e senón pois búscate a vida”.

Esta socia de O Lameiro é partidaria de manter o control da produción por-que “á vista está o que pasa cando nos poñemos a producir leite en cantidades es-tratosféricas”. Cita como exemplo o ano pasado, cun incremento da produción e unha caída de prezos: “cando inundas o mercado de leite é o que hai”.

Outra das súas preocupacións é a supertaxa. Temen superar a cota por un re-punte da produción no último trimestre ocasionado pola maneira en que coinci-diron os partos na explotación. Saben que “o risco ao que nos expoñemos non é pouco” e saberíalles mal unha sanción, sobre todo tras un investimento en cota que “creo que amortizamos”, en parte grazas a axudas públicas como cooperativa.

Eso si, precisa que “preferimos cobrar ben o leite, que remunere o noso tra-ballo, e non ter que pelexar coa administración”. O que non pensan é pechar: “é o noso medio de vida, é o que nos gusta e seguiremos aquí”.

“É obvio que os prezos do leite van baixar, traballaremos máis e teremos menos ingresos”

Marisol García Freire, nunha cooperativa de 180 reses

A PÉ DE GRANXA...

Page 14: Cronicas comarcadeordes n15 marzo2015

14

ActuAlidAde

crónicas - Marzo 2015

COMARCA Os sindicatos reclaman un plan social e de prexubilacións e acusan a produción externa

Viriato despedirá 48 traballadores da súa fábrica en Ordes para “garantir a viabilidade da empresa”

Novo e duro golpe ao sector téxtil ordense. A empresa Viriato aplicará un Expediente de Regulación de Em-prego (ERE) na súa fábrica en Ordes, que implicará o despedimento de 48 dos 162 traballadores, practicamente un terzo do persoal da que no seu día fora o maior emblema do sector. Un dos motivos principais é o descenso das vendas.

O número de empregados afec-tados dáse por irreversible e xa nin forma parte das negociacións entre os representantes sindicais e a direc-ción da compañía, pertencente ao Grupo Ríos. As reunións estanse cen-trando nas condicións en que sairán da empresa, sen ningún acordo ata o momento. O próximo encontro está previsto para este xoves 26 de marzo.

Segundo a dirección, a reducción de persoal “ten como obxectivo ga-rantir a viabilidade da empresa man-tendo a actividade da súa produción propia, e iniciar unha refundación so-bre bases máis sólidas, orientadas a garantir a súa competencia nos dis-tintos mercados”, tal como asegurou nun comunicado.

Os directivos da empresa, pre-

sente en dezanove países e no mer-cado español con máis de mil clien-tes, con corners en boa parte dos centros de El Corte Inglés, obser-van “un futuro de crecemento”, pero para eso ven “necesaria e imprescin-cible a transformación da estrutura produtiva”.

Argumentan que precisan adap-tarse ao que piden os distintos mer-cados “mellorando a competitividade

e sen deixar de lado a calidade que sempre caracterizou as súas prendas, produto da profesionalidade e o sa-ber facer do seu persoal”, comentan.

“DESlOCAlIZACIÓN”En cambio, entre o persoal cunde

a sensación de que o ERE pode ser o primeiro paso para o desmantela-mento completo da compañía a me-dio prazo. Preocúpalles por exemplo

o peche das tendas propias na Co-ruña e en Santiago, e xa pediron un informe sobre os traballos que Vi-riato efectúa fóra da fábrica en Or-des, temendo que se estea “desloca-lizando” produción en talleres da co-marca ou incluso de Portugal.

Os sindicatos tamén poñen en dú-bida a veracidade das contas que a dirección presentou nas reunións, que pasarían de beneficios en 2013 a perdas en 2014. Segundo Comisións Obreiras, tamén cuestionan “as pre-visións próximas nas que non queda claro o pago das indemnizacións dos traballadores que se pretende des-pedir” e que contemplarían menos gasto en persoal nos vindeiros anos.

A relación concreta de traballa-dores prexudicados aínda non se co-ñece, ao ser retirada da mesa sen ser aberta por petición sindical. Que-ren negociar primeiro as condicións, pero polo de agora atópanse coa pre-tensión da compañía de pagar as po-sibles indemnizacións a prazos e bo-tan en falta “un plan social ou de prexubilacións” para quen vai perder o seu posto de emprego, en moitos casos o de toda a vida.

O concello asegura que a Feira de Oportunidades foi satisfactoria e obsérvalle “visos de continuidade”

ORDES Suxire a colaboración das asociacións

Probablemente, haberá máis Fei-ras de Oportunidades en Ordes. A primeira edición, celebrada no andar superior da Praza de Abastos, aca-dou un “pleno nivel de satisfacción entre o público asistente, os comer-ciantes participantes e o Concello como organizador”, segundo asegura o goberno municipal, que por tanto outórgalle “visos de continuidade” a este evento comercial.

Polo de agora non se anticipa-ron novas datas, pero si a intención de incrementar o número de pos-tos. “Para elo, unha vez máis abrén-selles as portas ás asociacións de co-merciantes e sectores empresariais da zona para colaborar e traballar conxuntamente”, advirte o executivo municipal.

A feira, de tres xornadas de dura-ción en horario de mañá e tarde, con-tou con trece expositores, que ofre-ceron a prezos atractivos múltiples produtos a modo de liquidación da

tempada, en moda, calzado, mate-rial deportivo, complementos, deco-ración ou electrodomésticos, nunha mostra da variedade comercial da vila.

O alcalde, Manuel Regos, visitou a feira acompañado por varios dos in-tegrantes do goberno, co propósito de coñecer a valoración de comer-ciantes e clientes, que estreaban o novo espazo acondicionado na Praza de Abastos, e tamén para aproveitar e efectuar algunhas compras.

A PARTE MÁIS DOCEComo actividades complementa-

rias, a Feira de Oportunidades con-tou con dous obradoiros de choco-late, impartidos por Pablo Pena, de Panadería Milagros, coa colabora-ción de Chocolates Valrhona. Nun os máis pequenos e noutro os adultos, todos tiveron ocasión de aprender a preparar figuras con chocolate e os tradicionais ovos de Pascua. Arriba, un dos obradoiros de chocolate. Abaixo, clientes da Feira de Oportunidades

A fábrica de Ordes concentra a maior parte da produción da téxtil Viriato

Page 15: Cronicas comarcadeordes n15 marzo2015

ActuAlidAde

crónicas - Marzo 2015 15

Mirás anticipa novas obras nos seus encontros cos veciños...

Manuel Mirás levou a Sigüeiro un dos seus ‘Encontros co alcalde’, no que anticipou o inicio inmi-nente das obras para construír beirarrúas na avenida de Compos-tela. Terán utilidade para acceder ao novo colexio e contarán cun paso de peóns na N-550, autori-zado por Fomento xunto á sinali-zación para limitar a velocidade na zona. O que o ministerio non ad-mitiu foi un semáforo de pulsador, que o Concello solicitara.

Os veciños asistentes, uns cincuenta, aproveitaron para queixarse da falta de civismo dal-gúns donos de cans, que deixan os excrementos en espazos públicos. Outras peticións foron un local es-pecífico para manualidades, feita por un grupo de veciñas e que Mi-rás estudará, ou un paso cuberto entre o colexio e o pavillón, co que insistirá en Educación, aínda que cre que terá que asumilo o propio Concello.

OROSO

O alcalde de Oroso, intervindo ante os veciños de Sigüeiro nun encontro

... e o PP cre que gobernou sen atender as súas necesidades

O PP de Oroso tamén intensifi-cou nas últimas semanas os seus contactos cos veciños, mediante reunións polas parroquias e con encontros con representantes das distintas asociacións sociais, cultu-rais e deportivos.

A intención que declara o can-didato do PP, Alejandro Doval, é recoller os problemas, propostas e inquedanzas dos veciños. “Cremos que eles deben ser os protagonis-

tas da nosa política”, afirmou, á vez que acusou ao goberno muni-cipal de “vivir de costas” ás nece-sidades dos veciños durante estes últimos anos, sen ter en conta as prioridades reais da sociedade.

Doval comprometeuse a incluír como “un pilar fundamental” do seu programa electoral as conclu-sións que extraa da serie de en-contros veciñais organizada polo seu partido.

O candidato do PP, Alejandro Doval, nun dos seus contactos nas parroquias

Reivindican recordar a Batalla de Sigüeiro e o levantamento progresista de 1846

OROSO

Un lugar no almanaque da his-toria de Oroso. Eso é o que se de-manda desde Oroso para lembrar a Batalla de Sigüeiro, da que o vindeiro 13 de abril se cumprirán 169 anos. Así o explica o historiador local, Ma-nuel Pazos, que sinala que naqueles días as augas do Tambre “tinxíronse de cor vermella, de persoas que loi-taron pola xustiza e a dignidade do noso país e que merecen ser lembra-das”.

A contenda enfrontou a carón da ponte sobre o Tambre ao exér-cito progresista, liderado por Miguel Solís, e ao exército conservador en-viado desde Madrid. Cinco días an-tes houbera outra batalla, sen víti-mas, que acabara coa retirada dos dous. Pero na segunda ocasión estí-mase por documentos da época que se rexistrou un cento de mortos. Tras a retirada dos dous bandos a San-tiago, o día 23 tería lugar a Batalla de Cacheiras, que remataría co ren-demento dos progresistas, vencidos pola superioridade e organización do exército español.

Boa parte dos derrotados acaba-rían sendo fusilados o 26 de abril de 1846 en Carral, onde os lembra no centro da poboación o monumento aos Mártires. Outros foron encadea-dos, perseguidos ou desterrados, como Antolín Faraldo, un dos líderes intelectuais da revolta contra o go-berno de Narváez, que fuxiu a Por-tugal.

Propoñen elaborar unha publicación coa toponimia de todos os lugares do municipio

ORDES

Os socialistas de Ordes propuxe-ron recoller a toponimia e a microto-ponimia de todas as parroquias de lugares do municipio, contemplando a posibilidade de elaborar unha pu-blicación. A idea sería acometida en conxunto con asociacións e grupos de investigación especializados, co propósito de conservar os topóni-mos e a súa orixe.

A proposta do PSOE foi apoiada polo goberno de UXO e polo BNG. CI-DEGA e o PP rexeitárona, lembrando que sería un traballo caro e que exis-ten xa numerosas cartografías e do-cumentos de distintos organismos nos que figuran os múltiples topóno-mos locais.

Charla sobre a veciña que contribuíu a levar a vacina contra a varíola por todo o mundo no século XIX

ORDES

Varias decenas de persoas acu-diron á charla sobre a vida de Isabel Cendal, muller orixinaria do munici-pio de Ordes que tería un protago-nismo especial na expedición que a comezos do século XIX partiu da Co-ruña cara á América para estender polo mundo a vacina contra a va-ríola. O acto estivo organizado pola asociación Inquedanzas e nel inter-viron o xornalista Antonio López e o historiador Francisco Sandoval. O Concello creou un grupo de traballo para estudar a posibilidade de outor-garlle a Cendal o título de veciña ilus-tre, atendendo unha solicitude do PSOE presentada no pleno local.

Entréganse os títulos das novas fincas da concentración parcelaria de Ardemil

ORDES

Os propietarios de terreos na con-centración parcelaria de Ardemil re-ciben entre os días 25 e 27 de marzo os títulos de propiedade resultantes do proceso. Os cidadáns están con-vocados na nave do Mesón do Vento os tres días a partir das dez da mañá e ata as dúas da tarde. O primeiro día poderán acudir os que teñen ata o recibo 250, o segundo os recibos do 251 ao 500, e o derradeiro día os propietarios sen recibo.

Tanto poden acudir as persoas in-teresadas como outra persoa no seu nome, presentando o recibo se o te-ñen, e o DNI da persoa que o recolla e a autorización do propietario.

O persoal que entregará os títulos tamén atenderá as posibles dúbidas dos propietarios, pero sempre rema-tado o acto de entrega, non antes.

Quen non teña ocasión de reco-ller os títulos nesas xornadas, po-derán acudir despois por eles á Xe-fatura do Servizo de Infraestruturas Agrarias, situado no edificio adminis-trativo de Monelos, na cidade da Co-ruña.

O acto foi organizado por ‘Inquedanzas’

Page 16: Cronicas comarcadeordes n15 marzo2015

16

xeNte de AquÍ

crónicas - Marzo 2015

Os cursos exprés de cociña esténdense polas parroquias

‘Unha semana de cociña nas parroquias’ é a proposta de cur-sos exprés que o Concello de Or-des está levando ás súas distintas parroquias. Das clases encárgase o cociñeiro local Manuel Iglesias Vieites, que xa noutras ocasións exercera como profesor en cursos municipais.

O primeiro lugar onde comeza-ron as clases foi Ardemil, ao que lle

seguiron as parroquias de Pereira e de Beán. De seguido van come-zar xa en Mercurín. Nas sesións, o alumnado aprende a preparar di-versas receitas e tamén determi-nadas técnicas culinarias. Empa-nada de bonito, coello á mostaza, arroz mariñeiro, torta de Santiago, semifrió de abelás con chocolate ou mexillós ao forno son algunhas propostas.

Ardemil foi a primeira parroquia en acoller o curso, no seu local social

ORDES

Avances e retrocesos no 8-M

A comarca conmemorou e ce-lebrou con múltiples actividades durante estas semanas o Día Inter-nacional da Muller, fixado no ca-lendario o 8 de marzo. A Manco-munidade, por exemplo, desen-volveu sesións específicas sobre igualdade co alumnado de diver-sos centros educativos.

En Oroso, ademais dun conta-contos, unha proxección e recoñe-cementos a varias mulleres do mu-nicipio, entregáronse os premios

do Concurso de Fotografía ‘Muller Traballadora’, con 25 imaxes par-ticipantes. Resultaron premiados Cristian Blanco, José Luis Antelo e Fernando Román.

Houbo tamén controversia con algunhas propostas, como en Frades, onde o BNG cualificou de “machista” ao goberno local por organizar unha sesión de maqui-llaxe e outra de remedios casei-ros, cunha concepción desfasada do papel da muller na sociedade.

Gañadores do certame de foto de Oroso, coa concelleira Mª Carmen Liste

COMARCA

O Concello asina a colaboración con asociacións culturais

O Concello de Oroso asinou convenios de colaboración con seis entidades socioculturais do municipio: as agrupacións folcló-ricas Lembranzas do Tambre e Buxos Verdes, as culturais Santa Catalina e Néboas do Cumio, e as asociacións da Terceira Idade e Amigos do Acordeón.

A administración local estivo representada polo alcalde, Ma-nuel Mirás, e polo concelleiro de Cultura, Antonio Leira. Mirás agra-

deceu “o traballo fundamental destas asociacións na conserva-ción e promoción da nosa cultura”, polo que ve preciso unha colabo-ración aínda máis estreita co Con-cello.

Esa colaboración tradúcese en que o Concello cede locais e orga-niza eventos, mentres as asocia-cións dan clases, ofrecen bonifica-cións aos empadroados ou partici-pan nas actividades que organiza a administración.

O alcalde Mirás agradeceu o labor das entidades no acto de sinatura

OROSO

O curso de Beán foi o terceiro e daralle paso ao da parroquia de Mercurín

Alumnado en Pereira, xunto co cociñeiro e profesor Manuel Iglesias Vieites

Page 17: Cronicas comarcadeordes n15 marzo2015

xeNte de AquÍ

crónicas - Marzo 2015 17

Non sempre sucede, pero este ano si. O sol sumouse á XVII Festa do Lacón con Grelos no Mesón do Vento, que segundo o Concello atraeu máis de 10.000 persoas durante toda a fin de semana. A maior parte o domingo, cunhas 7.500, e as demais o sábado, cando se contaron unhas 3.000.

O sábado, o protagonismo le-vouno o sector agrogandeiro, con mostras de maquinaria agrícola e de gando. A exposición sumou me-dio cento de cabezas, destacando va-rias provintes de Alemaña e Holanda pola súa elevada produción leiteira e tamén as de raza autóctona, con ca-chenas criadas na propia parroquia de Ardemil e outras da Asociación de Criadores de Rubia Galega (ACRUGA).

Non faltou tamén nesa xornada inicial un desfile de entroido, o máis serodio de toda a contorna, cun con-curso con máis de trinta inscritos que percorreu a localidade ata o campo

da feira. Foi o preludio do día principal, o

domingo, no que os bares e cafete-

rías da zona ofertaron ata 550 qui-los de lacón e uns 850 quilos de gre-los. Probas de axilidade canina, mú-

sica, probas de andadura federada e de arrastre ou carreiras ao trote fo-ron parte da programación de activi-dades da xornada, que reuniu no Me-són do Vento persoas de toda a con-torna de moi diversas idades.

ORDES Estiman que a fin de semana de festa superou as 10.000 persoas no Mesón

O lacón con Grelos resplandece máis co sol

Numerosas persoas acudiron a probar o lacón con grelos nos negocios da zona

A mostra de gando é un clásico

A CORUÑAc/ Asturias, 9

Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30

CARBALLOc/ Fomento, 16 Entrs.

Jueves - 11:00 a 13:30

ORDESRúa Compostela, 16 bajoMiércoles - 11:00 a 13:30

Marcos Guerra MengualBernardo Guerra GonzálezABOGADO - GRADUADO SOCIAL

ASESORÍA JURÍDICA

PENSIONES

SEGURIDAD SOCIAL

PREFERENTES

SEPARACIONES

CIVIL / HERENCIAS

G G

Telf. 981 150 128 Fax 981 246 789

Page 18: Cronicas comarcadeordes n15 marzo2015

18

xeNte de AquÍ

crónicas - Marzo 2015

A Mancomunidade incentiva nas aulas a igualdade de xénero

A Mancomunidade de Ordes levou aos colexios da comarca o seu programa ‘Educando en Igual-dade’, co que trata de incentivar a superación dos estereotipos sexis-tas entre o alumnado, potenciar as relacións igualitarias entre estu-dantes e previr a violencia de xé-

nero. A axente de igualdade da en-tidade supramunicipal aproveita o encontro nas distintas aulas para desenvolver actividades nas que propicia o diálogo e o debate para conseguir a reflexión en conxunto sobre a cuestión e acadar así os obxectivos pedagóxicos previstos.

Unha das sesións do programa, nunha clase do colexio de Viaño Pequeno

COMARCA

As bonecas do Museo do Traxe expuxéronse en Madrid

A colección de bonecas do Mu-seo do Traxe Juanjo Liñares de Or-des foi exposta no Museo do Traxe de Madrid, dentro das iniciativas de colaboración que a infraestru-tura cultural ordense mantén con outras similares.

A mostra, integrada por pezas coleccionadas polo coreógrafo e bailarín natural de Ordes, cedeuse temporalmente con motivo dunha

asemblea de entidades folclóricas en Madrid e co propósito de di-vulgar o patrimonio que alberga o museo ordense.

O centro tamén acolleu nas úl-timas semanas visitas de interese formativo no eido do deseño, da confección e da patronaxe, como foi o caso dun grupo de estudan-tes e docentes do CIFP Manuel An-tonio de Vigo.

Visita do CIFP Manuel Antonio de Vigo ao Museo do Traxe Juanjo Liñares

ORDES

Amplían o curso de informática básica por desexo dos alumnos

O curso de informática básica programado polo Concello de Me-sía para o mes de febreiro prolon-gouse en marzo por petición do alumnado, que unha vez apren-didas as nocións máis elementais para o manexo do ordenador nas primeiras clases quedaba con ga-nas de continuar ampliando co-

ñecementos sen ter que agar-dar a que se convocase un novo curso. O Concello atendeu a peti-ción para que puidesen continuar ampliando coñecementos e so-bre todo poñelos en práctica. As sesións desenvólvense na aula de informática da Casa da Cultura en horario de 20:30 a 22 horas.

MESÍA

Participantes nas clases de informática durante os meses de febreiro e marzo

O libro ‘A República da Berxa...’ preséntase en Sigüeiro

O libro ‘A República da Berxa. Antonio Gómez Carneiro e o seu tempo (1899-1979)’ foi presen-tado no centro cultural de Si-güeiro. No acto interviron, ade-mais de Manuel Pazos, o historia-dor de Oroso autor do libro: o al-calde, Manuel Mirás, o historiador profesor universitario Uxío Breo-gán Diéguez, e Paula Fernández,

responsable dun anexo da obra. Pazos declarouse “abrumado” pola repercusión da publicación, unha biografía de quen foi alcalde de Mesía durante a Segunda Re-pública. O autor ve así razóns para seguir avanzando na recuperación da memoria histórica, cometido sobre o que criticou a “intencio-nada” falta de axudas da Xunta.

OROSO

Desde a dereita, Manuel Pazos, Manuel Mirás e Uxío Breogán Diéguez

Page 19: Cronicas comarcadeordes n15 marzo2015

xeNte de AquÍ

crónicas - Marzo 2015 19

O ieS Maruxa Malloe o cPi de xanceda participaron noParlamento xoven 2015

O Parlamento Xoven 2015, con-curso que organiza a dirección xe-ral de Xuventude e Voluntariado da Xun ta, contou con dous equipos da comarca na categoría de secunda-ria. Un pertence ao IES Maruxa Ma-llo (Ordes) e o outro ao CPI de Xan-ceda (Mesía).

Aínda que ningún dos dous lo-grou clasifi carse para a fase fi nal, si amosaron un bo nivel dialécti co. O equipo ordense gañou dous dos tres debates nos que parti cipou e situouse na undécima praza. Os de Mesía foron vixésimo primeiros. No debate que protagonizaron xuntos, gañaron os de Ordes por unha es-treita marxe: 23,25 a 23,00 puntos.

O certame, que celebrará a súa fi -nal o 18 de abril no Parlamento de Galicia, ti vo como tema de debate nestas fases previas se se debería adiantar a maioría de idade aos de-zaseis anos. Os equipos ti veron que investi gar sobre a cuesti ón, elabo-rar dossieres e preparar as argumen-tacións a favor e en contra, xa que a postura a defender decídese por sor-teo xusto antes de debater0.

MESÍA - ORDES

Equipo do IES Maruxa Mallo durante unha pausa do Parlamento Xoven

Equipo do CPI de Xanceda (Mesía) no Parlamento Xoven (fotos: D.X. Xuventude)

A segunda edición da Gala da Cultura celebrarase o venres 10 de abril en Sigüeiro

OROSO

A segunda Gala da Cultura do Concello de Oroso vaise celebrar o venres 10 de abril. O Concello está preparando todo para dis-ti nguir unha persoa pola traxec-toria no eido cultural, a outra que en 2014 revelase unha proxección nalgunha categoría ou disciplina artí sti ca, a unha asociación que o ano pasado potenciase a cultura no municipio, e a unha empresa que apoie a cultura.

Calquera persoa ou asociación de Oroso pode presentar candi-datos no rexistro municipal, sem-pre que sexa antes do 6 de abril e que non solicite o premio para si. Cómpre presentar un formulario cuberto e unha memoria que xus-ti fi que os méritos.

Un xurado decidirá os gañado-res e a súa decisión darase a coñe-cer na propia gala, que comezará ás 22 horas no centro cultural. Son premios sen dotación económica, xa que as disti ncións consisten nunha placa e un diploma de re-coñecemento ao labor cultural no ámbito de Oroso.

X FESTA DA MERENDA

FRADES 2015

DOMINGO 29 DE MARZOÁrea recreativa “Os Pasos”

Organiza: Colabora:AAVV“Os Pasos”

Concellode Frades

PARÍS DE NOIA

A partir das 12:00 horas: degustación gratuíta das tortillas de masa con torriscos elaboradas aló mesmo

Ás 13:30 horas: actuación da CHARANGA MEKÁNICAÁs 15:00 horas: FOlIADA DA MERENDA coa actuación dos grupos: Reviravolta de Lardeiros, A Xunqueira das Encrobas, Agrocovo de Esteiro, Gharatuxa e Sarillo de Aiazo.

CINEMAÁs 19:30 horas: Gran verbena coas orquestras

EMerendas e

pulpería

todo o día GPS: 43º 0´ 58” N 8º 16´ 54” W

Tabla embutidosQueso en aceiteBoqueronesAnchoasJamón cocidoCroquetasChistorraRaxo y zorzaEmpanadillas (atún)Alitas y zanquitos Calamares

TAPAS10 €3 €3 €3 €3 €8 €

2,5 €3 €2 €3 €3 €

Rúa Alfonso Senra, 136Ordes (A Coruña)

Page 20: Cronicas comarcadeordes n15 marzo2015

20

dePORteS

crónicas - Marzo 2015

emma Núñez, imparableKÁRATE Campioa galega en kata e en kumite

A cercedense Emma Núñez pro-clamouse campioa galega de kárate nas modalidades de kata e kumite, durante o campionato disputado a comezos de marzo nas Pontes.

En kata, Núñez non tivo maiores problemas para clasificarse entre as 16 mellores, das 27 competidoras en total do seu grupo, nin tampouco en impoñerse nos tres enfrontamen-tos que a conduciron á final, nos que anotou contundentes 5-0. Na final tamén venceu con ese mesmo resul-tado.

En kumite (-50 kg), superou as eli-minatorias por 6-0 en 30’, por 7-1 en 35’ e non deixou opción na final con 7-1 en 45’.

O triunfo en kumite é destacable, xa que o ano pasado lograra a prata e quedara ás portas de gañar na final. En cambio, en kata é o seu quinto campionato galego consecutivo.

Con 13 anos, Núñez é integrante desde 2011 da selección galega, coa que acudirá a finais de abril, os días 25 e 26, ao Campionato de España en Córdoba. Núñez, cos dous trofeos do campionato galego nas modalidades de kata e kumite

Santos e Gestido, os máis veloces en Ordes

O ordense David Santos Domín-guez proclamouse campión da XX Ca-rreira Popular Concello de Ordes, cu-brindo os 9.500 metros da proba en 29’24’’. O segundo posto foi para Car-los Villamor (29’42’’) e en terceira posición chegou á meta Nuno Costa (31’20’’). Santos lograría o décimo terceiro posto no Campionato de Es-paña de Campo a Través, poucos días despois en Alcobendas.

Na clasificación feminina, a pri-meira praza obtívoa María Jesús Ges-

tido. A campioa española de maratón rexistrou un tempo de 34’28’’. Con 34’57’’, Raquel Suárez foi segunda, mentres que María del Carmen Pe-nas logrou o terceiro posto parando o cronómetro en 37’52’’.

Na clasificación local, as mellores posicións correspondéronlles a Car-los Fernández, Pablo Raña e Alberto Candal, no caso dos homes, e a Ana Belén Ferreiro, Carmela Becerra e Ra-quel Ruibal entre as mulleres. Nos ve-teranos, triunfaron Jesús Bernal Gó-

mez e María Victorina Pérez, e entre os máis novos foron distinguidos Iván Vilariño e Aitana García.

Como é habitual, o Concello pre-miou os grupos de atletismo local: Os do Alto os primeiros, seguidos dos Correcamiños e dos Coyotes. O reco-ñecemento ao centro educativo con máis participantes en competición recaeu no CEIP Castelao.

Nesta vixésima edición, a proba sumou máis de 500 corredores de todas as idades, segundo o goberno

municipal “un récord” de partici-pación. Os percorridos, con saída e meta desde a Alameda, foron desde os 500 ata os 9.500 metros.

Ademais de premios en metálico para os tres primeiros clasificados in-dividuais, clubes federados e grupos do municipio, entregáronse trofeos para os tres primeiros de cada cate-goría. Na entrega participaron o al-calde, Manuel Regos, o concelleiro de Deportes, Roberto Iglesias, e ou-tros integrantes do goberno ordense.

ATlETISMO A XX Carreira Popular Concello de Ordes superou os 500 corredores nas distintas categorías

David Santos Domínguez, no momento de cruzar a meta na XX Popular de OrdesDavid Santos Domínguez, no momento de cruzar a meta na XX Popular de Ordes

Page 21: Cronicas comarcadeordes n15 marzo2015

dePORteS

crónicas - Marzo 2015 21

Os equipos do Xadrez Oroso en cuarta división rematan a liga nos postos sétimo e oitavo

XADREZ

Os dous equipos do club Xa-drez Oroso en cuarta división re-mataron a liga nos postos sétimo, no caso do Tambre, e oitavo, no caso do Carboeiro. O primeiro su-mou catro victorias, dous empates e catro derrotas durante a compe-tición, sumando 19,5 puntos. E o Carboeiro acumulou dous triunfos fronte a oito derrotas, cunha pun-tuación final de 13,5.

O club, un dos máis novos desta disciplina en Galicia, prose-gue así avanzando no seu obxec-tivo de impulsar a práctica do xa-drez entre a poboación, o que pouco a pouco se traduce na par-ticipación en competicións ofi-ciais.

Non en van, o Xadrez Oroso contabiliza máis de trinta xogado-res e xogadoras federados e des-taca sobre todo pola involucración dos máis novos, aínda que por su-posto están abertos a persoas de todas as idades, como pon de ma-nifesto a súa escola de xadrez, con grupos de iniciación e avanzados.

CONVENIOS O Concello asina acordos con todas as entidades deportivas

Apoio municipal aos clubs de Oroso

O Concello de Oroso e as distintas entidades deportivas do municipio estableceron por escrito un marco de colaboración mediante a sinatura de convenios individuais entre a admi-nistración local e cada un dos clubs. Os acordos foron asinados polo al-calde, Manuel Mirás, e representan-tes das entidades, en presenza do concelleiro de Deportes, Luís Rey.

En concreto, os convenios foron

fixados coa ED Xuventude Oroso, o Sigüeiro FC, o Oroso FS, o Oroso TM, o Tenis de Mesa Espedregada, o Tam-bre Bike, o Club Leones, o Club Pa-tín Oroso, o Taekwon-do ITF Oroso, o Tambre Pitch & Putt, o Ximnasia Oroso e o Club Deportivo Alecrín.

Manuel Mirás explicou que o obxectivo dos acordos é “remar to-dos xuntos na mesma dirección” para seguir incrementando a presenza do

deporte na sociedade de Oroso e á vez promocionar o nome do munici-pio. O alcalde tamén admitiu que o Concello “non está á altura das de-mandas porque afortunadamente os clubs van por diante de nós coa prác-tica do deporte e téñennos grata-mente agobiados para dotalos de in-fraestruturas e servizos suficientes”. Tamén animou ás empresas a apoiar aínda máis a cultura e o deporte.

O alcalde e o edil de Deportes, cos representantes das diferentes entidades deportivas que asinaron convenios de colaboración

- Que terá de especial a nova zapate-ría Alfombra Roja?

- A idea de Alfombra Roja xorde do feito de que Ordes sexa centro comercial de re-ferencia en canto a roupa de festa se refire, e pouco a pouco tamén de noiva. Pensei en completar a gran oferta para eventos que existe no pobo cun elemento específico: cal-zado para días especiais. E para facer máis doado o proceso de elección contaremos con servizo de probador, para que a clienta que así o desexe achegue o seu vestido e ex-perimente con numerosas opcións.

- A súa oferta de marcas exclusivas é garantía de calidade e estilo?

- Imos traballar coas grandes marcas: Pura López, Lodi, Doriani, Ángel Alarcón, Unisa, todas elas españolas e que fabrican no noso país. Son zapatos elaborados cos mellores materiais e moi cómodos, ademais de incriblemente bonitos!

- Vai ter moita variedade?- Tanto a variedade como as múltiples

posibilidades do zapato de noiva e de festa van ser o que faga diferente o noso estable-cemento. Teremos modelos para todos os

gustos, estilos e idades.- Ademais de noivas, diríxense a algún

tipo de cliente en especial?- Como vimos dicindo, queremos che-

gar a todas as mulleres, independentemente das súas preferencias porque haberá moito onde escoller; eso si,de seguro van ser as máis especiais sexa cal sexa a celebración á que asistan!

- Cando abre e cales serán as promo-cións por apertura?

- Alfombra Roja abrirá as súas portas no mes de abril; polo de agora non hai data con-

creta pero coidamos que sexa para a semana da Festa do Champiñón. Ata daquela estare-mos repartindo impresos coa nosa publici-dade nos que xa se inclúe un “VALE DES-CONTO” do 15 % para calquera compra.

ESTABLECEMENTO

especializado en

ZAPATOS DE NOIVA E DE FESTAGRAN NOVIDADE!

a partir do mes de abril

ven coñecer as nosas MARCAS EXCLUSIVAS

Pura López, Lodi, Ángel Alarcón, Doriani, Unisa...

“Queremos chegar a todas as mulleres”ENTREVISTA María Jesús Gómez Grela, propietaria de Alfombra Roja

Page 22: Cronicas comarcadeordes n15 marzo2015

22

dePORteS

crónicas - Marzo 2015

A Deputación da Coruña convoca 30 bolsas deportivas por valor de 75.000 euros

AXUDAS

A Deputación da Coruña admite ata o 31 de marzo as solicitudes na súa convocatoria de bolsas depor-tivas para 2015. A dotación é de 75.000 euros, que se distribúen en trinta axudas individuais de 2.500 euros.

Do conxunto das bolsas, a me-tade son para deportistas con idea-des comprendidas entre 10 e 17 anos, mentres que as outras quince corresponderán aos que conten en-tre 18 e 23 anos. En todos os casos deberán practicar deportes olímpi-cos ou disciplinas asociadas.

Tal como explicou a institución provincial, a axuda págase en dous prazos: un 40 % no momento da adxudicación e o 60 % restante pasa-dos tres meses e tras a presentación do certificado da federación depor-tiva correspondente acreditando os resultados deportivos do ano.

A tramitación das solicitudes efectúase unicamente por vía tele-mática. A Deputación publicará pos-teriormente na web os admitidos e excluídos.

SAlVAMENTO E SOCORRISMO Primeiros postos para Sofía Varela, Inés Barbeito e Ángel Fraga

Abultado palmarés do cN cerceda nos autonómicosO Club Natación Cerceda logrou o

cuarto posto no Campionato Galego de Salvamento e Socorrismo, en ca-tegorías menores, que se disputou en Carballo.

Ese bo resultado conxunto ten no-mes e triunfos individuais. Destacan o ouro de Sofía Varela en 100 metros obstáculos infantil, o subcampionato de Antía Martínez en 50 metros ma-nequín aletas infantil, tamén o se-gundo posto en 50 manequín ale-tas de Luís Mosquera en cadetes, se-guido na terceira praza por Miguel Regueiro, a prata de Daniel Nieto en 25 metros arrastre manequín de in-fantís e as terceiras prazas de Sofía Varela e de Alejandro Suárez en 50 metros socorrisa infantil feminino e masculino.

Nas probas que se disputan de maneira colectiva, tamén mere-cen ser reseñados o terceiro posto do equipo infantil feminino en 4x50 obstáculos, o triunfo do equipo in-fantil masculino en 4x12,5 de arras-tre de manequín, o terceiro posto da táboa do equipo cadete mascu-lino en 4x12,5 de arrastre de man-equín, outro terceiro para o equipo alevín masculino en 4x50 de nata-

ción con aletas, o segundo posto de infantil feminino en 4x50 de natación con aletas, o terceiro en 4x50 de na-tación con aletas para as cadetes fe-mininas, o segundo en 4x50 natación con aletas para os cadetes e os se-gundos de infantil feminino e mascu-lino en 4x50 de tubo rescate.

CAMPIONATO DE CATEGORÍAS MAIORESAdemais do campionato de cag-

tegorías menores en Carballo, nas últimas semanas tamén se disputou o autonómico de categorías maiores, neste caso en Ourense. Nesta cita, o Club Natación Cerceda liderou a cla-sificación por equipos.

A nivel individual, nos podios da entidade destacou Inés Barbeito, co ouro na categoría absoluta feminina de 100 metros socorrista e o terceiro posto en 100 metros manequín ale-tas na proba absoluta. Tamén obtivo o ouro Ángel Fraga en 100 metros manequín aletas de xuvenil mascu-lino.

Ana Muíño fíxose cun importante palmarés, coa terceira posición de en 25 metros da contrarreloxo indivi-dual, e tamén a prata en 100 metros

socorrista xuvenil, a terceira posición en 100 metros combinada de xuve-nil, a segunda en 100 metros man-equín aletas, a segunda en 200 me-tros supersocorrista e a terceira en

50 metros de arrastre de manequín.Sara Gende logrou a segunda

praza en 100 metros combinada jú-nior feminino e a terceira en 50 me-tros de arrastre de manequín. Paula Gende foi terceira en 200 metros xu-venil supersocorrista e Ángela Pe-reiro segunda en 50 metros de arras-tre de manequín júnior.

Xa nas probas por equipos, o club de Cerceda foi terceiro en 4x50 obs-táculos xuvenil feminino, xuvenil masculino e absoluto feminino. Ta-mén obtivo os terceiros postos nos 4,25 metros arrastre de manequín xuvenil feminino, xuvenil masculino, júnior feminino, en lanzamento de corda xuvenil feminino, a primeira posición en lanzamento de corda ab-soluto feminino, a segunda en 4x50 tubo rescate xuvenil feminino, o pri-meiro posto en 4x50 tubo rescate xu-venil masculino, e os terceiros pos-tos en 4x50 tubo rescate júnior femi-nino e absoluto feminino.

Os resultados destas recentes competicións sitúan o Club Nata-ción Cerceda como unha das organi-zacións deportivas de referencia nas competicións de salvamento e soco-rrismo a nivel de toda Galicia.

Antía Martínez, do CN Cerceda

O orosán Diego Pampín, no campionato de España cadete

Diego Pampín Míguez, de Oroso, forma parte da selección galega de combate no Campio-nato de España en categoría ca-dete. Pampín, de trece anos, con-seguiu recentemente o terceiro posto no Campionato Galego de Taekwondo da categoría. O 4 de abril, disputará o Open de Segovia.

Pampín comezou neste de-porte hai seis anos en Ordes. Foi

progresando moito e en 2013 en-trou no Wellness Sport de Teo, co mestre nacional de taekwondo WTF Alejandro Carreño.

No seu palmarés, destacan ta-mén un primeiro posto na Copa Xunta, dous segundos na Copa De-putación da Coruña e no provin-cial escolar de técnica, ou o cuarto posto en combate e o quinto en técnica no español de clubs.

TAEKWONDO

Pampín (centro) foi recibido polo alcalde de Oroso (dta.) e o edil de Deportes

O Oroso TM de superdivisión afronta o remate da liga ao límite para evitar o descenso

TENIS DE MESA

A cita está en Sevilla, o 12 de abril ás 11:30 horas. Ese será o primeiro dos dous partidos que lle restan de liga ao Oroso TM Deporte Galego de superdivisión masculina, nos que de-berá pugnar ata o límite por manter a categoría.

O conxunto está décimo na cla-sificación, con só un punto sobre os postos de descenso. Desaproveitou a ocasión de distanciarse e de respi-rar con alivio nos últimos enfronta-mentos con rivais directos. Co par-tido contra o San Sebastián de los Reyes parecía todo de cara por au-sencias por parte dos madrileños. Pero o resultado final foi de 4-1 e po-los de Oroso só puntuou Pere Nava-rro, fronte ao xuvenil Carlos Vedriel, debutante na liga.

Tampouco houbo sorte co CTM El Álamo, que chegara aos partidos co Oroso empatado na clasificación. O resultado final foi de 4-0, con va-rias vantaxes puntuais que os depor-tistas do Oroso TM non conseguiron aproveitar, tal como informan desde o propio club.

Page 23: Cronicas comarcadeordes n15 marzo2015

dePORteS

crónicas - Marzo 2015 23

Os paxariños da Alameda

O observador desplumado quedou abraiado co nivel intelectual do santo gai-voto na recente contenda

contable. Por escaso, claro. Acu-sacións burdas que logo se reti ran porque era broma, expresións es-critas en amarelo para mover os baixos insti ntos, medias verdades e menti ras enteiras... E sobre todo un tono de pico agresivo que non se sabe se xa era de nacemento ou se adquiriu no inesperado ambiente dos últi mos anos, ese no que ou-tros paxaros da especie, aínda peor educados, dan vía libre ás súas adic-cións hertzianas. Con plena retribu-ción e nula vergonza.

Sección de chíos, murmuracións e faladoríaspilladas polo aire, unhas máis certas que outras

Claro que, volvendo ao san-ti fi cado, o purpurado líder ao que se enfronta sitúase a un nivel moi parecido.

Pode que esa sexa a estratexia, a de falar na mesma linguaxe e lanzarse bólas de lama. Mais debería saber o novato aviador con quen xoga o

Por certo, o purpurado ao fi nal quere seguir voando. Ninguén pía nada sobre

a frustrada operación relevo, esa que sempre se negou á vez que se promovía. Pode ser que se anulase para un tempo ou que en realidade se manifeste en diferido, como diría a paxara manchega. O caso é que na roseira, perfumada en cinza, non están para bromas. Vense moi xus-ti ños, outra vez. E as contas adoitan facelas ben.

Os azores balcánicos, que se moven nun furgón des-provisto de aros, vixían día e noite o que pode facer

o ocioso líder. Máis que o seu pi-cotazo criminal, que xa fai menos dano do que fi xo, temen a imaxe que poden ofrecer. Xa se sabe que nas cuesti óns de estéti ca deté-ñense moito, tanto que ás veces se lles decolora a pintura e quedan en evidencia porque o azul non mes-tura ben co vermello, como tam-pouco a tarxeta do paro favorece unha boa xubilación.

Agarda o morcego que di-gamos algo dos seus voos. Agarda a cacatúa enterarse deles aquí. Por que non

quedan un día e deixan de mirarse de reollo? Hai cafés discretos nos que poden avanzar, (re)conciliar e non perder as formas. Nós gardare-mos discreción.

ti po e o perigo que corren as súas ás. Certo é que o niño teno máis re-forzado que os seus predecesores, pero a nada que se descoide recí-clanllo sen que se entere.

Algunha aguerrida andu-riña conseguiu concluír a manobra de voar ao seu aire sen ter que pousar na

roseira fl uvial, asqueada da estupi-dez de certa espiña.

Xusto alí, a garza apreza un grave mal na roseira. Para os crentes, pecado capital. A soberbia. Parecía cousa

da póla anterior, esa que transita sobre rodas, pero o caso é que a nova ramifi cación parece que non vai quedar atrás. Esta ave non con-testa nin ás mensaxes amables. É por inepti tude? Segue de resaca? Está mal aconsellada desde o vo-

O dos cafés sábeo ben a pomba, que nos últi mos días ti vo unha formidable

elevación do nivel de cafeína en sangue. Bo é que non lle importa nada a discreción e que está con-seguindo que os recelosos cucos se afagan a todo. Se fosen outros tem-pos, ao cazador non lle chegaría a munición para traidores...

lante? Ou seguen aconsellando as aves tecedoras? Conti núa na resaca de tantos anos de copas? Que des-gracia para a planta e que marabilla para os balcánicos azores!

CIClISMO En categoría MA-40 gañou Francisco Iglesias e en MA-50 Manuel Prieto

iago Alonso vence no i Gran Premio concello de Oroso, con 96 ciclistas

Iago Alonso, do Club Ciclista Ría de Vigo, proclamouse vencedor do I Gran Premio de Ciclismo Concello de Oroso. Cun tempo de 1h 37’ 38’’ deixou en segunda posición a Fran-cisco J. Iglesias, da Asociación Galega de Ciclistas, a sete segundos, e no terceiro posto a Juan José Chapela, do Master Morrazo, a 42 segundos do líder.

Por categorías, Alonso e Chapela lideraron a MA-30, con Carlos Vidal, do Bici Ocon, no terceiro posto. Na MA-40 o primeiro posto foi para Igle-sias, seguido de Gonzalo Aguiar (Cy-cling Team Cabanas) e José Ramón Caamaño (Chantadino Club Ciclista). E en MA-50 os tres postos de cabeza fo-ron para Manuel Prieto (Cycling Team Cabanas), José Manuel Cardesín (Ria-zor Club Ciclista) e Carlos Feás (Bici-cletas Brais Chas).

Esta proba de ciclismo en ruta ti vo un percorrido de 64 quilómetros, re-sultado de sumar doce voltas a un cir-cuíto sobre asfalto con saída e che-gada en Sigüeiro. Organizada polo club ciclista Tambre Bike e polo Con-cello de Oroso, sumou un total de 96

ciclistas, tal como indica o goberno local, que tamén destaca a notable afl uencia de público -esti ma unhas trescentas persoas- a pesar dunha xornada de intensa e conti nua orba-lleira.

O Tambre Bike amosou a súa sa-ti sfacción pola repercusión desta pri-meira proba, que lles supuxo varios meses de traballo previos para orga-nizala coa maior profesionalidade po-sible.

O vencedor, do Club Ciclista Ría de Vigo, pouco despois de pasar pola meta

O equipo integrando por Is-mael Vieites e Juan Cores, do club ciclista Tambre Bike, par-ti cipou con éxito no Algarve Bike Challenge, a proba de ci-clismo en bicicleta de montaña de maior relevancia que se dis-puta en Portugal. Remataron no posto 128, nunha competi ción que remataron 275 das 335 pa-rellas que acudiron.

Polo Tambre Bike tamén se desprazaron ata a localidade de Tavira, onde se disputou a proba, Amancio Espiñeira e Fernando Abad, que ti veron menos sorte nunha xornada con numerosas incidencias que agravaron a xa difí cil competi ción.

O Algarve Bike Challenge consta dunha primeira etapa nocturna cronometrada en cir-cuíto urbano, e dúas etapas de montaña con 85 e 70 quilóme-tros de percorrido cada unha, con máis de 4.000 metros de desnivel positi vo e con orienta-ción exclusivamente mediante GPS, sen as marcaxes habituais.

Vieites e Cores logran rematar en boaposición o AlgarveBike Challenge

Page 24: Cronicas comarcadeordes n15 marzo2015

Camión do lixo lavado de rúas Camión basura Transporte de residuos

Camión lavacontedores

BarredoraXestión de punto limpoMovemento de terras

Camión RSU

Tractor desbroce

GRUPO

Portobrea nº 3. Queixas - 15186 CERCEDAOficina: 981 693 072 / 639 200 204 - [email protected]

Taller: 981 693 026 / 608 982 888 - www.grupocercedasol.es