cuarteto alicercecuartetoalicerce.com/wp-content/uploads/2018/02/dossier_alicerce... · cuarteto...
TRANSCRIPT
Cuarteto Alicerce Instrumentos de época
Cuarteto Alicerce
ALICERCE no idioma Galego posúe tres acepcións que teñen en común a
importancia da base na construcción dun proxecto: “Un edificio con sólidos
alicerces”.
Os integrantes do Cuarteto ALICERCE entenden que eses principios de
solidez veñen dados dende varios camiños. Un deles, quizáis o más importante,
sexa a amizade xestada a través dos anos entre os catro e articulada a través
de diferentes proxectos musicais que os levan a formular esta nova proposta
de música de cámara.
Outros deses camiños son o repertorio que deciden afrontar e o xeito de
facelo: Música para cuarteto dos períodos clásico e primeiro romanticismo eu-
ropeos interpretada con instrumentos encordados en tripa. Esta época da mú-
sica occidental supón posiblemente o fundamento das formas e a linguaxe da
música de cámara. A escolla das cordas de tripa ven dada pola experiencia acu-
mulada polos catro no campo da música antiga e que lles leva a considerar que
é o mellor xeito de recrear a sonoridade e o espíritu desas obras.
O Cuarteto ALICERCE naceu dun concerto organizado pola Universidade
de Santiago de Compostela que tivo lugar no Paraninfo da Facultade de Histo-
ria en Xuño de 2016, onde interpretaron as “Sete últimas palabras de Cristo na
Cruz” de Joseph Haydn. Tanto a obra como o marco onde se interpretou foron
sen dúbida bos alicerces para o xurdimento deste proxecto.
www.cuartetoalicerce.com
Integrantes Jorge Montes, violínRoberto Santamarina, violínMaría José Pámpano, violaCarlos García Amigo, cello
Videoshttp://www.cuartetoalicerce.com/videos
Galería fotográficahttp://www.cuartetoalicerce.com/fotografias
Repertorio“As sete palabras de Cristo na Cruz” Op.51 / Hob.III:50-56 Joseph Haydn (1732-1809) (posibilidade de concerto con proxección de imaxes)
“O cuarteto ibérico”.L. Boccherini, J. C. Arriaga e M. Canales
“O cuarteto centroeuropeo”J. Haydn e W. A. Mozart
Duración aproximada de cada programa: 75´
Necesidades técnicasO concerto está destinado a espazos interiores e en acústico, polo que non precisa amplificación.
CachetConsultar
ContrataciónRebumbio Produció[email protected] +34652234588www.rebumbioproducions.com
Dirección postalCuarteto Alicerce - Roberto SantamarinaConservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela Rúa Monte dos Postes s/n 15703 Santiago de Compostela, España
ContactoMaría José Pámpano, violaCuarteto [email protected]