cuxhaven 9

44

Upload: ana-rodriguez

Post on 16-Mar-2016

238 views

Category:

Documents


9 download

DESCRIPTION

REvista escolar do IES Faro das Luas

TRANSCRIPT

Page 1: Cuxhaven 9
Page 2: Cuxhaven 9

CUXHAVEN Nº 9

Xuño 2010

SUMARIO

Érase unha vez a vida 1Valle-Inclán 2O Magosto 3Halloween 4Cross na Illa 5Coñezamos a Betty 6Visita á casa de Ramón Cabanillas 7Unha curiosa visita 9Todos con Haití 11Entroido 2010 13Matemaxia 15Viaxe a Alvarella (Sección Bilingüe) 17Madrid 19A olimpíada matemática 22Sotavento 23ParísParísParísParís 24Correlingua 28O concurso de fotografía matemática 29Excursión a Vigo 31Uxío Novoneyra (Letras Galegas 2010) 33Música en galego nacendo no instituto 35Excursión a Gandarío 37Coñezamos a Ana 38Revista Enórmic 39

EDITORIAL:

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO IES FARO DAS LÚAS DE VILANOVA DE AROUSA

Page 3: Cuxhaven 9

ÉRASE UNHA VEZ A VIDA...*!!!

A excursión a Vigo foi a primeira que tivemos neste curso os alumnos e alumnas de 3º e 4º curso. Leváronnos as profesoras Begoña Bugía (de Bioloxía), Ana Soliño (de Ciencias Naturais) e Marisé (de Educación Física). Fomos ver unha exposición que se chamaba ``ÉRASE UNHA VEZ A VIDA´´ e que estaba situada xunto ao Paseo Marítimo de Vigo.

Xa dentro da exposición fomos por libre cun reprodutor de cassette que nos deixaron. O cassette indicábanos o que tiñamos ao noso redor: era unha especie de guía. Cando xa estabamos dentro da exposición vimos os corpos e os seus compoñentes, que serían moi educativos, pero non nos gustaban moito: dábanos un pouco de cousa. Na exposición tiñamos 12 cadáveres humanos e máis de 120 órganos vitais conservados mediante unha técnica de plastinación. O que máis nos impactou a todos foi o estómago de vaca cun tamaño descomunal e os fetos dos nenos!! Ademais, tivemos a oportunidade de ver corazóns, pulmóns, fetos, corpos diseccionados, cerebros diseccionados, aparatos dixestivos, aparatos respiratorios e demais compoñentes dun corpo. É importante comentar que todo o que se podía ver alí era real.

A visita permitiunos saber como é a nosa vida desde que nacemos ata que morremos. Tamén vimos como funcionaba cada un dos nosos órganos ensinándonos a coidarnos mellor para evitar enfermidades.

Temos que recoñecer que as profesoras que nos acompañaron se portaron moi ben connosco. Ao chegar, mentres non podiamos entrar á exposición, deixáronnos ir dar unha volta polo centro comercial e, á saída da exposición, volveron deixarnos ir dar unha volta.

Cando regresabamos da exposición, algúns dos alumnos e alumnas comentamos no autobús coas profesoras todas as cousas que nos gustaran e as que non.

¿Que mellor aprendizaxe que poder ter unha toma de contacto coa realidade máis interna?

Verónica Oubiña, Andrea Carro e Mª Cristina Cores, 3ºB

Page 4: Cuxhaven 9
Page 5: Cuxhaven 9

O martes 23 de outubro de 2009, algúns alumnos de 4º do instituto fixemos unha visita dunha hora á casa-museo de Valle-Inclán, acompañados por Diego, o director, e Susana, a profesora de galego. Unha vez alí, acomodámonos e comezamos a ler unha obra do escritor vilanovés. Un por un fomos saíndo a un atril para ler un anaco da historia. Todos lemos: desde o director ata a profesora Susana, pasando por todo o alumnado presente. Asistiu tamén a prensa; unha cámara un pouco molesta quitaba fotos mentres liamos. Acabada a lectura, fixemos unha visita guiada pola casa- museo de Valle: ensináronnos onde durmía, onde comía, onde escribía… Cando acabou esta visita, saímos para fóra e quitamos unha foto de grupo.E volta á rutina!

Jonatan e Pedro, 4º A

Page 6: Cuxhaven 9

O MAGOSTO é unha festa tradicional no noso instituto que se realiza no mes de novembro. Por desgraza, este curso tivemos que retrasalo por culpa dun temporal: estaba previsto que se realizase un venres pero adiouse para o luns.

Así pois, un luns de novembro depois do recreo comezou o Magosto. Os alumnos de 4º xunto con algúns profesores empezaron a prender o lume e a preparar as castañas. Mentres que as castañas se asaban comezaron os xogos, que foron: a carreira de sacos, o concurso de trompos e o brilé. Non todos querían xogar ao brilé, pero a profesora Carmen animounos para que xogásemos, así que ao final xogamos todas as clases e terminou gañando 4ºA.

Despois de tantos xogos chegaron as castañas e cada un recibiu a súa ración. Algúns comían as castañas mentres que outros xogaban con elas. Cando todos acabamos de comer e xogar déronnos unhas toallas húmidas para limpar as mans e, logo, subimos á clase para coller as mochilas e marchar á casiña.

Mariana Cortez, 3ºA

Page 7: Cuxhaven 9

HALLOWEENO día 20 de novembro celebramos a festa de Halloween no instituto. Aínda que nós non

sabiamos nada: foi unha sorpresa de Rosa, a profesora de inglés.Nós estabamos como todos os días na clase,

esperando a que Rosa chegase para comezar a clase de inglés; pero ela chegou cunha misteriosa chave na man e sen ningún libro. Díxonos que a seguísemos e guiounos ata a biblioteca do centro. Cando abriu a porta e vimos o que había dentro, QUEDAMOS ABRAIADOS! Estaba todo cheo de arañeiras de mentira e colgando delas había grandes e monstruosas arañas; dos altofalantes do ordenador saía unha música, ou máis ben un ruído, espeluznante; todas as cadeiras estaban xuntas formando un círculo...

A profesora foinos indicando que sentásemos e, pedindo un voluntario ou voluntaria, entregoulle un libro con historias de medo e unha lanterna para que enfocase o libro (tendo en conta que a luz estaba apagada). Cada rapaz e rapaza ía lendo unha historia e cando xa todos leramos a profesora puxo no canón do ordenador a letra dun poema en inglés para xogar a un xogo bastante coñecido. Todos estabamos sentados en círculo na cadeira e un tiña que ir para o medio. Este era o esqueleto e habíalle que vendar os ollos. Mentres, outro rapaz ou rapaza ía por fóra das cadeiras e tiña que poñerlle un óso de

papel a un dos que estaban sentados. Despois quitábaselle a venda ao esqueleto e todos lle preguntaban, rapeando en inglés a letra que estaba no canón, onde estaba o óso que perdera. O esqueleto tiña que adivinar quen o tiña e se acertaba sentaba no lugar do rapaz ou rapaza a quen lle

deixaran o óso nas mans, que pasaba a ser o novo esqueleto. Cando tocou o timbre subimos para a clase e non lle contamos nada aos demais cursos, aínda que despois soubemos que esta sorpresa a recibiron máis grupos á parte do noso.

Berta, 3º A

Page 8: Cuxhaven 9

CROSS NA ILLAO día 26 de novembro algúns rapaces e rapazas de todos os cursos fomos á Illa de Arousa

para participar nunha carreira pola beira da praia con outros institutos: veu o San Francisco de Vilagarcía e o do Grove.

Había catros categorías distintas: cada un, segundo a nosa idade, corriamos na categoría correspondente.

Categorías:1. Infantís masculino: os nenos de 1º e 2º da E.S.O2. Infantís feminino: as nenas de 1º e 2º da E.S.O3. Cadetes masculino: os nenos de 3º e 4º da E.S.O4. Cadetes feminino: as nenas de 3º e 4º da E.S.OTodas as categorías percorreron o mesmo circuíto, pero ao ir subindo de categoría máis

distancia tiñan para correr.Todos tiñan un numero que lles repartiron ao chegar para poder saber quen e en que orde

chegaban á meta; porque apuntar un número resulta máis fácil que poñerse a apuntar nome e apelidos, non credes?? :D

Cando os rapaces e rapazas ían chegando á meta, estaban todos cansos; por iso lles repartían a cada un deles unha botella de auga e un boliño, e ben que se agradeceu despois de correr tanto para intentar gañar.

Cando corría unha categoría, as outras tres miraban; e a verdade é que era moi gracioso mirar, porque houbo de todo: desde caras de sufrimento, vinganza por calquera empurrón… ata caídas supergraciosas en pozas de auga con terra ou tropezóns.

Pero as boas noticias foron que no noso instituto houbo algúns gañadores e gañadoras, aínda que a organización esquecese darlle as medallas a algún.

Esperamos repetir o ano que vén e pasalo tan ben como este ano, a pesar da molladura do final; se ben é certo que o pasamos bomba correndo baixo a choiva cara ao bus.

Fátima Martínez, 4º A

Page 9: Cuxhaven 9

COÑEZAMOS A BETTY

• Nome: Beatriz Alejandra • Apelidos: Muglia Vidal• Cantos fillos tes: 3 fillos • Naciches en: Arxentina- Bos Aires- Gústache o teu traballo?- Si, pero en realidade gustaríame ter ido á universidade. - Consideras o teu traballo moi duro?- Non, considéroo un traballo agradable porque me gusta estar con rapaces e aprendo moito

deles. - Sénteste cómoda?- Si, porque me gusta estar rodeada de xente que saiba. - Que che parece o alumnado do I.E.S Faro das Lúas?- Que teñen disciplina, que son educados e que se tratan con respecto. - Os alumnos son educados contigo?- Si, eu xa aprendín a querelos. - Quen é máis esixente: os alumnos ou os profesores?- Os alumnos. Esixen o que non se pode pedir - Que compramos máis os alumnos?- Bocadillos. - E os profesores?- Café e bocadillos. - Os produtos que consumimos os alumnos son acertados?- Máis ou menos. - Gustaríache seguir aquí para o próximo ano ou telo que pensar?- Non, gustaríame estar aquí. - Gustaríache que os teus fillos estudasen aqui?- Si, claro. - En que traballaches anteriormente?- De moitas cosas: empregada administrativa, caixeira, cociñeira, operaria, etc.- Moitas grazas por colaborar con nós nesta entrevista. - De nada.

Mariana e Jessica, 3ºA

Page 10: Cuxhaven 9

VISITA Á CASA DE RAMÓN CABANILLAS

O venres 27 de novembro os alumnos de 4º fixemos unha saída a Cambados cun obxectivo principal: visitar a casa natal de Ramón Cabanillas. Xa en Cambados, e para aproveitar mellor o noso desprazamento, comezamos a nosa xornada visitando o Museo Etnográfico do Viño, onde un guía moi agradable nos informou, entre outras cousas, sobre as fases polas que pasan as uvas ata converterse nun bo viño. Ensinounos tamén diferentes exposicións como, por exemplo, a cata do viño para saber como degustalo o mellor posible, e ademais vimos un pequeno vídeo onde nos explicaban a elaboración do viño. Para rematar a nosa visita leváronnos a ver os aparellos que empregaban e se seguen empregando aínda habitualmente para facer o viño. A continuación visitamos as ruínas de Santa Mariña e o miradoiro da Pastora, onde aproveitamos para descansar, repoñer forzas comendo e sacar moitas fotos.

Despois de relaxarnos neste tempo libre tocaba poñer máis interese, xa que nos dirixiamos ó obxectivo da nosa estancia en Cambados: a casa de Ramón Cabanillas. Aquí foi onde puidemos observar a pequena pero acolledora casa do escritor. Estivemos vendo unha pequena presentación das etapas da súa vida desde que emigrou a Cuba ata a súa volta a Galicia. Na planta inferior da casa estaba o escritorio onde escribía os seus

Page 11: Cuxhaven 9

poemas e onde estaban tamén os seus principais documentos. Tivemos a oportunidade de apreciar a máquina de escribir e as fotografías da súa vida.

Xa para terminar esta mañá con tantas visitas, para rematala ben, deixáronnos tempo libre, durante o cal algúns aproveitaron para repoñer forzas por segunda vez con máis comida e outros para gozar ó máximo no parque.

E ata aquí a nosa pequena pero produtiva excursión.

Fátima Pérez e Pili Tomás, 4º A

Page 12: Cuxhaven 9

No primeiro trimestre, os alumnos e alumnas de 4º B realizaron unha curiosa visita á Casa-Museo de Valle-Inclán. Resultou especial porque estivo chea de sorpresas. Nada máis chegar, a guía que os ía acompañar no percorrido resultou ser unha pallasa. Si, si, en serio: era guía e era pallasa. Quixo facer crer ós visitantes que sabía moito sobre o escritor vilanovés, pero ben se vía que os seus coñecementos sobre o mesmo eran bastante escasos: botaba man dunhas chuletas que levaba consigo, miraba de esguello os paneis explicativos sobre o autor que había na casa…

Pero a maior sorpresa foi a aparición durante a visita de…

PERSONAXES DOS LIBROS DE VALLE-INCLÁN. Xa sei que non o ides crer, pero foi verdade. Alí estaban, en carne e óso; preguntádelles ós de 4º. O que máis susto causou foi un vampiro. Como vedes, xa antes de Crepúsculo e toda a súa saga existían estes inquietantes seres.

Page 13: Cuxhaven 9

Sempre na compaña de tan especial guía, os rapaces e rapazas foron visitando as distintas estancias da casa: o salón, a cociña, o dormitorio… Tamén pasearon polo xardín. E cando menos o esperaban… facía a súa aparición un destes personaxes que, ata entón, só existían nas páxinas escritas por Valle. Menos mal que estaban alí os alumnos do noso instituto para servir de escudo á guía-pallasa, porque tiña un medo…

Así que xa sabedes, se algunha vez visitades a Casa-Museo de Valle-Inclán, en Vilanova de Arousa, andade con ollo, non vaia ser que vos topedes con algún destes personaxes.

Ó final, alumnos e personaxes fixéronse amigos

Page 14: Cuxhaven 9

TODOS CON HAITÍ• O pasado mes de xaneiro de 2010 produciuse un dos terremotos máis violentos e destrutivos

dos últimos anos. Aconteceu en Haití, zona situada no mar do Caribe que está nunha illa chamada La Española na que comparte a metade da illa con outro país denominado República Dominicana. En Haití, de fala eminentemente francesa, desatouse a natureza con toda a súa voracidade provocando a caída de case todos os edificios (xa que estarían construídos con materiais que non deberon resisitir a sacudida), a morte de moítisima xente, a destrución dos campos, etc. O maior terremoto alcanzou os oito graos na escala de Ritcher, pero iso non foi todo o problema xa que as súas réplicas, producidas ao longo de varias semanas, acadaron fortes puntuacións na escala antes mencionada. Isto aconteceu porque Haití está nunha zona de actividade sísmica constante, concretamente situada na placa do Caribe. O hipocentro foi rexistrado na capital ( Porto Príncipe).

• A maior consecuencia de todas foron os milleiros de mortos e desaparecidos (30000 mortos e desparecidos concretamente); pero despois do acontecido iso non era o maior problema, xa que a poboación que conseguira salvarse non tiña os obxectos de primeira necesidade como por exemplo: alimentos, auga potable menciñas…, nin aparatos para sacar dos cascallos ás vítimas e así poder salvar maior cantidade de xente. Ante este caos, os países máis desenvolvidos económica, militar e socialmente decidiron enviar axuda en forma de paquetes de menciñas, alimentos…e ademais mobilizaron parte do exército para que fose poñer orde. Entre estes países encontrábanse EE.UU., Francia, Inglaterra…e, por suposto, España; todos colaborando na súa xusta medida. Tamén se incorporaron á axuda persoas anónimas que, ao mellor deixando os seus días libres ou vacacións, foron botar unha man en todo o que eles puidesen. Por susposto hai que mencionar os Médicos Sen Fronteiras, a OMS e outras moitas organizacións que sempre estiveron ao pé do canón.

Page 15: Cuxhaven 9

• Pola parte que a nós, a xente do común, nos tocaba para axudar aos desfavorecidos organizáronse colectas para enviar a Haití e axudar no que se puidese a saír do apuro a esa xente. Unha desas numerosas colectas produciuse no IES Faro das Lúas. A idea xurdiu nunca clase de Ética (que imparte Charo) cos alumnos de 4º A, na que se propoñían ideas para axudar aos desfavorecidos polo terremoto en Haití. De aí saíu unha idea que contou co apoio do profesorado, alumnado e pais e nais de alumnos e alumnas. A idea foi sinxela: poñer unha urna na subida das escaleiras cun lema apoiando a causa para quen puidese ou quixese aportar unha pequena doazón, que despois sería enviada a Haití por medio da Cruz Vermella. A resposta foi excelente por parte de todos e reuniuse unha cantidade considerable de diñeiro que, no mínimo prazo, foi enviado con todas as axudas que se estaban levando a cabo por todo o mundo. Todos axudamos no que puidemos: uns contribuíndo economicamente, outros aportando a idea e axudando tamén co tema dos cartos e o profesorado coas xestións para enviar a axuda ( aínda que tamén deberon axudar a encher a urna con diñeiro).

Entrega do diñeiro recadado á Cruz Vermella

• O máis importante de todo é que, ante o desastre acontecido, toda a xente se uniu para non deixar tiradas a unhas pobres persoas que o perderan todo e non tiñan nada.

Javier Domínguez Oubiña, 4ºA

Page 16: Cuxhaven 9

Entroido 2010

O venres12 de febreiro empezou como un día normal exceptuando a vestimenta do alumnado e profesorado: era o día do Entroido. Ás nove, soou o timbre e todos fomos para as aulas, nerviosos pero contentos porque iamos preparar os últimos detalles dos nosos disfraces, mentres algúns alumnos repartían caraveis (tamén se celebraba o día de San Valentín).

A continuación, fomos ao pavillón para celebrar o concurso de disfraces e, tras moito esperar, o dos bailes. Os alumnos e alumnas de 2º bailaron “Meet me halfway”; continuaron bailando 3ºA, con “Bad romance”; logo o alumnado de 3ºB bailou “Que tengo que hacer”; e, por último, os alumnos de 4º con “Grease”.

Ao remataren os bailes, comezou o recreo coa entrega das cartas de San Valentín e coa final de

xadrez. Arredor das doce comezou o concurso de coplas satíricas e tamén foi entregada á Cruz Vermella a recadación para Haití.

Page 17: Cuxhaven 9

Finalmente, chegou o momento de coñecer os premiados dos concursos. Primeiro, aproveitouse a ocasión para entregar o premio do concurso de logos da biblioteca do noso centro, que foi para Abel Ares. No campionato de xadrez gañou Lucas; Cristian quedou en segundo lugar; Jorge foi terceiro; e Jose Luis, cuarto. Nos bailes o primeiro premio foi para o curso de 4º e o segundo, para 3ºB. No concurso de disfraces, na categoría individual, en primeiro lugar quedou Bob esponja, no segundo lugar

quedou Moisés e no terceiro lugar quedou A momia. Na categoría de parellas gañaron As zombis. Nos grupos, As cantareiras de Ardebullo en primeira posición, os Bad boys na segunda e Grease na terceira.

Finalmente, no concurso de coplas quedou de primeiro o curso de 4ºA; de segundo, 1ºA; e de terceiro, o curso de 1ºB.

Foi un día moi divertido.

Carlota Ucha, Cristina Cores e Sandra Díaz, 3º B

Page 18: Cuxhaven 9

O venres 26 de febreiro os alumnos e

alumnas de 4º da ESO fomos de

excursión a Santiago. O noso obxectivo

era asistir a un espectáculo de

“Matemaxia” na Facultade de

Matemáticas, pero aproveitando que

iamos a Santiago tivemos a sorte de

poder visitar tamén o Museo de Historia

Natural “Luis Iglesias”, onde puidemos

coñecer a Facultade de Química á cal pretendemos chegar nun futuro moitos de nós. Unha vez

dentro do museo, un amable guía amosounos as partes das que se compoñía o museo. A primeira

sala era a sección de zooloxía, onde vimos as coleccións de animais da rexión e doutros lugares do

mundo. A mágoa foi que non nos deu tempo a velo todo, debido á escaseza de tempo que tiñamos.

Na segunda sala, que era a sección de botánica, acercámonos máis aos herbarios pedagóxicos, de

insectos, moluscos… Aquí foi onde o noso guía nos mandou buscar a pita do monte. Foi entón

cando todos comezamos a buscala para ver quen a encontraba primeiro. Logo pasamos á terceira

sala, correspondente á sección de xeoloxía. O guía animounos a atopar un meteorito pero o

problema era que coa cantidade de minerais e rochas que alí había, ¡calquera daba con el!... Non

obstante, o noso compañeiro Miguel, que ten moi boa vista, foi quen de o encontrar. Desta sala

tamén hai que destacar a colección de modelos cristalográficos feita polo matemático-cristalógrafo

Haüy. E ata aquí a nosa visita ao museo.

Page 19: Cuxhaven 9

Logo fixemos un percorrido polo campus, onde moitos dos meus compañeiros se dedicaron a asubiar á primeira universitaria da mañá; e, finalmente, un pouco de tempo libre. Uns aproveitaron para comprar algo de comer, outros para visitar a catedral e outros para xogar nun parque situado nas proximidades do campus.Rematado o tempo libre, dirixímonos ao comedor universitario, no cal comemos moi ben.

Tras o xantar fomos ver o espectáculo de Matemaxia, no cal nos fixeron varias demostracións matemáticas e trucos. Tamén nos demostraron que todo proviña das matemáticas. Do noso instituto escolleron a Bettiana e logo a Cristina para facer de axudantes dos matemagos. Este espectáculo foi moi interesante e, sobre todo, sorprendente.

Xa rematado, encamiñámonos cara ás nosas casas, atopándonos todos, ou case todos, un pouco esgotados no autobús.

Pili Tomás, 4º A

Page 20: Cuxhaven 9

O luns 23 de marzo o alumnado da sección bilingüe saímos de viaxe camiño ás Fragas do Eume, asentándonos tres días en Alvarella. Este lugar é un albergue turístico rural, cun edificio de bioconstrución que ten calefacción no chan e usa a enerxía eléctrica proveniente duns paneis solares.

Saímos de Vilanova ás 9:15, nun minibús que era incómodo e pouco espacioso. Á chegada a Alvarella, debido a un pequeno atraso na viaxe, deixamos a equipaxe fóra dos cuartos, déronnos un pícnic e dispuxémonos a percorrer as Fragas: nove quilómetros! O autobús deixounos na zona alta da ladeira e tivemos que baixar por uns camiños esvaradizos, habendo máis dun susto. As guías, Susana e Sara (a tradutora ao inglés), ensináronnos moitas especies animais e vexetais das Fragas: os corzos (por sorte puidemos ver un), os ruscus, diversas especies de fentos… Chegados a un punto da baixada, atopamos o mosteiro de Caaveiro, ao que non puidemos acceder. Contáronnos que está situado nunha zona alta, entre os ríos Eume e

Sesín, para que non se alterase o campo electromagnético e así obter un ambiente de paz para os monxes. Seguimos un pouco e xa paramos para xantar. Ao rematar, continuamos a camiñada. A paisaxe era fermosa. Dende alá abaixo verificamos a localización do mosteiro de Caaveiro no medio dos dous ríos. Ás 17:00 volvemos de novo a Alvarella, déronnos as normas de convivencia e hospedámonos nos dormitorios. Máis tarde formos ó taller co fin de facer o bálsamo labial. Este fíxose con follas de loureiro e eucalipto, e aceites de coco, améndoas, abelás… No atardecer duchámonos e fomos ó comedor para cear.

O martes erguémonos cedo e fomos camiñando ao castelo de Andrade. O camiño era costento e nós xa estabamos cansos da camiñada da xornada anterior, polo que non foi levadeiro. Dende o castelo había unha boa vista de Pontedeume e, moi ao fondo, apreciábase A Coruña e a Torre de Hércules. Máis tarde, visitamos a igrexa de Sta. María de Doroña. Unha das súas peculiaridades era que tiña o campanario ao lado, para que se puidese oír ben en toda a vila. No seu cemiterio, buscamos apelidos dese lugar: Caaveiro, Ares, Río…

Page 21: Cuxhaven 9

Pola tarde, no obradoiro, pintamos as nosas camisetas brancas; quedáronnos moi coloridas e orixinais, por certo. Tamén nos advertiron do perigo dos conservantes, edulcorantes, colorantes, acidulantes… e tamén dos produtos transxénicos. Por iso fixemos unhas gominolas caseiras saudables. As primeiras estaban feitas cunha alga e con zume de piña, e logo fixemos outras con xelatina e zume de amorodo. Despois de cear, pintaron a Abel de araña, pola súas crítica cara a elas, e realizamos un xogo no que as xa citadas guías e os aprendices (Borja e María) se esconderon por todo o recinto de Alvarella ( moi grande por certo) ás escuras. Cada un levaría un reclamo pero aínda así a dificultade de encontralos era máxima. Iamos en grupos de tres e catro. No xogo, Xabi e Paula viron o espectro da monxa das cadeas; non, non é broma, aínda que algo difícil de crer.

Xa na derradeira mañá en Alvarella, voltamos ao obradoiro para recoller as nosas camisetas, os bálsamos labiais e as gominolas. Pero aínda tiñamos que realizar o forno solar, feito cunha caixa de zapatos, que atraía a calor co papel de aluminio, co papel negro e adhesivo transparente, que deixa entrar a calor, pero non a deixa saír. Máis tarde fomos xogar ao ping-pong, onde pasamos un bo anaco. Finalmente, déronnos nunha bolsa uns bocadillos, unha peza de froita, unha auga e un “Huesito”. Así deixabamos atrás unha experiencia na que pretendían ensinar o segundo uso das cousas, que podiamos vivir sen televisión…

Foi unha viaxe marabillosa!!!

Xabier Castro Villanueva e Abel Ares Rodríguez, 3º A

Page 22: Cuxhaven 9

MADRIDO mércores 7 de abril os alumnos de 2º e 3º emprendemos unha viaxe cara a Madrid.

Quedamos ás 8 na porta do noso instituto e comezamos a viaxe sobre as 8:30. Tivemos que estar no autobús unhas tres horas antes de parar nunha área de servizo. A viaxe no bus foi divertida: iamos falando, sacando fotos, etc.

Cando chegamos á área de servizo, á que todos tiñamos ganas de chegar, compramos algo de comer, xogamos ao futbolín…

Despois volvemos emprender a viaxe, que duraría outras tres horas antes de parar a comer en Villacastilla. No autobús, coma sempre, uns ían falando, outros xogando á consola... Ao chegar ao restaurante déronnos de comer macarróns e carne con patacas.

Cando chegamos a Madrid, contamos cunha guía para que nos ensinase os monumentos e os lugares máis importantes da cidade: a Gran Vía, a Porta de Alcalá, a Praza de España, a Praza de touros, a Cibeles, a Porta do Sol e moitos lugares máis.

Ao acabar esta visita guiada fomos a Fuenlabrada, onde estaba o noso hotel. Repartíronnos os cuartos, entregáronnos a tarxeta e baixamos a cea, na cal nos puxemos como quixemos.

O segundo día, levantámonos un pouco antes das 9 para cambiarnos e baixar a almorzar. Fomos cara a Madrid (centro) ata o Bernabeu, onde realizamos unha visita guiada por todo o campo. Incluso baixamos ata os bancos, vestiarios, etc. E fomos para a tenda. Nela, tardamos moito e andabamos moi xustos de tempo; por iso non fomos ata o museo de cera, como estaba programado ir.

Page 23: Cuxhaven 9

Saímos do Bernabeu e deixáronnos vinte minutos libres para comprar ou para dar un paseo. E ás 14:45 comemos en “Museo del Jamón”; a comida non estivo moi ben, por certo. Ao acabar de comer, deixáronnos unha hora libre máis para andar por Madrid, mirando tendas ou o panorama que había. Xa ás 17:30 fomos ata o Palacio Real e visitámolo; non estivo moi chulo, preferiamos ir ao museo de cera, pero non puido ser.

Ao chegar a noite, fomos ver unha obra de teatro, chamada “La Ratonera”, con María Castro de protagonista. A obra estivo moi ben, era entre terror e misterio: “Un ratón, y otros dos.. los ves correr, ciegos están!” Cando acabou estivemos cos artirtas que participaron nela: María Castro, Gorka Otxoa, Leandro Rivera, Guillermo Muñoz, etc. e falamos un pouco con eles. Despois volvemos para o hotel.O último día, volvemos levantarnos cerca das nove para

ir almorzar e, logo, partimos cara ao parque de atraccións da Warner. Unha vez alí o profesor e as profesoras dixéronnos onde quedabamos e a que hora. Despois cada un foi ás atraccions que lle apetecía. Había algunhas moi grandes ás que non querías ir porque pensabas que tiñas medo; pero unha vez que vas, ves que non é para tanto, están moi ben. Tamén había

moitas atraccións de auga e fomos a moitas delas, porque ía calor.

Page 24: Cuxhaven 9

Á unha fomos ata o punto de encontro, onde estaban os profes para darnos os tickets para comer. Cada un comeu onde quixo (dentro do recinto da Warner) e ao acabar, a seguir pasándoo ben polas atraccións ata as tres. A esa hora marchamos da Warner e viñemos para Galicia, onde ceamos nun restaurante en Ourense, chamado “A Gudiña”, onde fixemos uns cantos hamalajes.

Continuamos o camiño ata Vilanova: algúns viñan xogando, outros falando, durmindo, pescando, etc. E chegamos ao instituto.

En fin, pasámolo moi ben, aínda que foi moi pouco tempo. Era mellor quedar alí, pero sen os profesores.

Cris Pérez e Diego Gómez, 2º B

Page 25: Cuxhaven 9

A OLIMPÍADA MATEMÁTICA

O venres 16 de abril, as profesoras de Matemáticas (Ana e María) e cinco alumnos e alumnas de 2º B (Manuel Adrián, Álvaro, Sara, Cris e eu) fomos a unha olimpíada matemática en Pontevedra. Saímos do instituto ás nove da mañá e fomos en taxi ata a estación de tren de Vilagarcía. Alí collemos o tren para Pontevedra e unha vez chegados a esta cidade, fomos andando ata o instituto onde se celebrou a olimpíada. Alí chegaran xa profesorado e alumnado doutros institutos. Fixemos unhas fotos de grupo e entramos para facer a proba. Ao pasar lista, ao noso compañeiro Álvaro

Santos dixéronlle: “¿Está Álvaro Sancho?”.Déronnos de tempo ata a unha, pero case toda a xente rematou antes. Ao entregar a proba

déronnos un diploma a cada un e tamén o enderzo electrónico onde se podían comprobar os resultados a partir do 4 de maio.

Ao acabar a proba estivemos camiñando e rindo do erro do apelido de Álvaro ata chegar á estación, onde as profesoras Ana e María nos deixaron media hora libre, que aproveitamos para comprar algo e xogar ao futbolín (sempre gañaba o equipo de Cris, que é unha crack neste xogo).

Logo da media hora, subimos ao tren e viñemos de volta a Vilagarcía. No tren había un revisor moi simpático que estivo falando con nós. Ao chegar á estación de Vilagarcía regresamos ao instituto en taxi e despois, xa no instituto, viñeron recollernos os nosos pais.

O único malo desta xornada foi que ningún de nós pasou a proba, e iso que todos diciamos: “¡A min saíume ben!”, ”¡Eu creo que paso!”, “¡Era fácil!”… O certo é que só pasaron oito dos corenta que fixeron a proba.

José Luis Vázquez Amoedo, 2º B

Page 26: Cuxhaven 9

O día 27 de abril os rapaces e rapazas de 2º visitamos o parque experimental de enerxías renovables de Sotavento, en Xermade (Lugo). Cando chegamos o guía presentouse: chamábase David, e levounos a ver un muíño de vento. Explicounos o seu funcionamento e pediu un voluntario para que subise pola escaleira; díxonos que era moi importante apoiar as costas na parede para subir máis cómodos.

Ao acabar de ver o muíño fomos para o centro de investigación, que foi onde pasamos o resto da tarde. Dividíronnos en dous grupos, un de quince e outro de dezaseis. Ensináronnos os tipos de bombillas, canto consumían, etc. Logo fomos ver en que consistía e como funcionaba a casa bioclimática. Despois fomos xantar e, cando acabamos, deixáronnos un tempo libre.

Antes de marchar fixemos un xogo no que competimos 2ºA contra 2ºB. Consistía en tirar un dado e a monitora movía as fichas e facíanos preguntas.

Alba e Tania, 2ºA

Page 27: Cuxhaven 9

Un dous de maio de 2010 uns rapaces e rapazas saíron do seu instituto para viaxar a París. O grupo non se atopaba moi animado, xa que a excursión se suspendera había unhas semanas debido a unha nube de cinzas (algúns pensaban que eran gafes). Pero por fin conseguiron saír. No avión, algúns ilusionábanse coas vistas e outros pelexaban para que lles deixasen ver; outros escoitaban música, xogaban ou falaban.

Unha vez chegados ao aeroporto Charles de Gaulle, recolleron as súas maletas e saíron en bus para o hotel. Todos quedaron marabillados coa cidade de noite, sendo a Torre Eiffel o que máis lles gustou.

Xa no hotel, o que máis lles chamou a atención foi a televisión de plasma que adornaba as paredes de todos os cuartos. Como nos cuartos dos demais non se podía estar, reuníronse case todos na recepción do hotel ata que caeron do sono e foron para cadanseu cuarto durmir.

Á mañá seguinte levantáronse e fixeron unha amplísima visita panorámica de París, onde puideron contemplar a diversidade arquitectónica da cidade. Logo, xa en Notre Dame, moitos divertíronse e outros aburríronse. Ao saír de alí foron ao barrio latino, onde estaban todos os souvenirs e onde o pasaron xenial, comendo moi ben nun restaurante grego. Xa gozando de tempo libre fixeron as súas primeiras compras polos barrios parisinos. Ao rematar foron andando ata o

Panteón dos Ilustres, onde estaban soterradas persoas como Marie Curie ou Víctor Hugo. Os rapaces ían máis atrás das profesoras, esgotados polo esforzo de patear as tendas, e coa xente que había perdéronse. Ao saír de alí, Fátima (unha das rapazas) encontrábase mal, polo que pararon nun bar próximo, que resultou ser moi caro e no que todas as rapazas babeaban polo camareiro mentres que os rapaces intentaban dicirlle á camareira se necesitaba axuda, pero en vez de “help” a camareira entendeu “gel”. Ao rematar foron cear ao self service que tiñan contratado; o problema era que sempre había a mesma comida e sen verduras, que era o que máis lles gustaba. Despois colleron o metro para ir cara ao hotel. Martín, un dos do grupo, mercou un xogo de póker e reuníronse nunha parte da recepción do hotel a xogar. Alicia

gañou todas as partidas: era unha boa xogadora.

Page 28: Cuxhaven 9

O martes foi o día no que houbo que improvisar o programa de visitas porque dúas das rapazas caeron enfermas, tendo que chamar ao doutor (que quede claro: se ides a París e tedes

pensado ir ao médico, levade a tarxeta internacional europea). Cris e Fátima quedaron todo o día no hotel. O resto dos rapaces aproveitaron a mañá para dar un paseo pola zona do hotel e ir ao supermercado. A media mañá fomos ao barrio de Montmartre, onde se atopaba a taberna por onde pasaron grandes personaxes como Pablo Picasso. Foron andando ata chegar a Moulin Rouge onde pararon a comer en “Quick” (unha especie de Mc Donalds pero máis cutre). Nesa zona pasárono moi ben cunha especie de ventilador posto no chan: os rapaces poñíanse enriba para sacar fotos. Ao rematar de comer foron ao Sagrado Corazón, onde os alumnos, en vez de entrar na igrexa (que era preciosa), preferiron ver uns bailaríns de “break dance”. De alí

colleron o metro para ir á Defensa, onde se atopaba toda a zona moderna de París. Alí sacaron fotos coa escultura dun dedo xigante e foron de compras a un centro comercial. Despois foron ata o Arco do Triunfo, onde a maioría se apiñou nas esquinas para non ter frío. A continuación percorreron os Campos Elíseos e chegaron ao lugar onde ceaban. Logo volveron coller o metro para regresar ao hotel. Ese día as profesoras foron de cuarto en cuarto informando de que debían permanecer neles sen saír.

Page 29: Cuxhaven 9

O mércores, Cristina e Fátima atopábanse mellor e todos foron visitar os principais monumentos de París: a Torre Eiffel e o Louvre. Colleron o metro ata chegar á Torre Eiffel. Tiveron que facer unha longa cola ata chegar á entrada para subir polas escaleiras (do que algúns se queixaban) e foron ata o segundo piso (algúns quedaron no primeiro). Logo foron andando ata o bateau-mouche para facer un cruceiro polo Sena, que durou unha hora máis ou menos, e lamentando que non fose pola noite. De alí foron comer a un Mc Donalds (moi fino, por certo). Cando estaban na cola para pedir a comida, a profesora pediulles

que falasen en francés, pero unha muller que estaba ao lado dos rapaces era española e axudoulles a pedir o que querían (iso si que é sorte!). Pola tarde foron ao museo do Louvre, onde as profesoras deron un mapa e deixaron que os rapaces fosen por libre para descubrir os tesouros que garda este museo, un dos máis afamados do mundo.

Algúns viron “dúas obras” e sentaron e outros perdéronse, sendo así como visitaron parte do museo. Despois foron á que sería a súa última cea en París. Ao chegar ao hotel as profesoras déronlles dúas opcións: podían quedar no hotel ou, por ser a última noite, saír con elas tomar algo. Os alumnos decantáronse pola primeira opción e houbo unha despedida especial de París no cuarto 101.

O día seguinte foi o preferido polos alumnos, xa que foi todo de compras. Leváronos a un dos centros comerciais máis grandes de París: Les Halles, onde botaron dúas horas. Ao rematar seguiron adquirindo recordos e regalos para os amigos e seres queridos, esta vez polo barrio latino, onde aproveitaron para comer:

Page 30: Cuxhaven 9

algúns nun grego e outros nun italiano (os restaurantes franceses era moi caros). Despois de transcorrida outra hora foron ao hotel para recolleren as maletas, devolveren os cartos da fianza, que non lles foi requerida, e tomaren rumbo cara ao aeroporto. Alí, con absoluta puntualidade, iniciaron o voo de regreso, o cal transcorreu nun mundo de soños xerado a medio camiño pola satisfacción do visto e polo cansazo acumulado.

Unha vez de volta na casa o autobús era unha festa e todos cantaban e contaban as anécdotas da excursión que acababan de pasar xuntos.

Andrea Cores e Alba Martínez, 4º A

Page 31: Cuxhaven 9

O luns 10 de maio os alumnos/as de 2º da ESO do IES Faro das Lúas participamos no Correlingua 2010.

A saída organizouse desde as 10:30 horas ata as 14:30 horas. Veunos buscar o autobús e emprendemos a viaxe ata Vilagarcía de Arousa, onde se celebraba o Correlingua 2010.

O autobús deixounos no Auditorio de Vilagarcía, onde se reuniron os colexios e institutos da comarca do Salnés para comezar a marcha polo paseo da praia da Concha, pero debido ao mal tempo non puidemos ir e acudimos directamente á Praza da Peixaría, na cal estaba situado o escenario da actividade.

Cando chegamos alí, o presentador nomeou a todos os colexios e institutos que participaron na actividade. Máis tarde actuaron o grupo “ Chévere ” e un cantante de rap. Despois un grupo de alumnas do instituto Cotarelo cantaron o seu manifesto, que prepararan anteriormente para a actividade.

Cando todo rematou, cada colexio e instituto foi recoller o seu premio. A nosa representante foi Tania Reboeiras (2ºA), que subiu ao escenario para recoller o noso premio.

A actividade deuse por terminada e os profes déronnos tempo libre para dar unha volta por Vilagarcía todos xuntos.

Sara Dovalo, 2º B

Page 32: Cuxhaven 9

O CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Case coincidindo co día escolar das Matemáticas, o 12 de maio, celebramos no noso instituto o “2º Concurso de Fotografía Matemática”. Un concurso destinado a descubrir as matemáticas que están ao noso arredor, algo escondidas. Apareceron fotografías de todo tipo: algunhas moi simpáticas como a de “Pío”, outras moi curradas como a do “Cenavo de mazá” buf! quen se puxo a cortar todos eses cachos de mazá?, e outras con moita chispa, pois descubrían matemáticas en calquera sitio inesperado ...Felicitamos a todos os que participastes: grazas por facernos gozar coa vosa imaxinación e sentido do humor. De novo, custou elixir aos gañadores e, por suposto, en vez de dar só dous premios, decidimos ampliar a cinco. Finalmente estas foron as fotografías premiadas:

PARA 1º E 2º DA ESO:1º premio: “Octogonomanía” Autores: Diego Gómez (2ºB) e Rodrigo Nogueira (1ºB)

2º premio: “Un cenavos” Autor: Jose Ozores (2ºB)

PARA 3º E 4º DA ESO: 1º premio: “Un mundo paralelo” Autoras: Cristina Cores, Sandra Díaz e Carlota Ucha

Page 33: Cuxhaven 9

2º premio: “Triángulo humano” Autoras: Andrea Carro, Verónica Oubiña e M.Cristina Cores

3º PREMIO: “2 + 2 = 4” Autor: Rubén Fiel

Page 34: Cuxhaven 9

Excursión a VigoOs alumnos e alumnas de 4º da ESO fomos de excursión a Vigo o 12 de maio para ver unha

exposición sobre Álvaro Cunqueiro. Ás 9:30 chegou o autobús, subimos e cada quen sentou onde quixo. A viaxe foi entretida e cando chegamos a Vigo dixéronnos que tiñamos tempo libre para pasear pola praia de Samil e tomar un xeado.

Ao rematar o tempo libre dirixímonos á Casa das Palabras, onde estaba a exposición de Álvaro Cunqueiro. Nela expuxéronnos a súa vida e obra con paneis e fotografías de diferentes épocas da súa vida; durante a visita guiada á exposición, algúns voluntarios leron varios textos escritos polo autor. Ao rematar a exposición, a guía ensinounos varios obxectos persoais e tamén unha colección de libros do autor traducidos a moitas linguas. A guía díxonos que podiamos escoitar unhas gravacións ou tamén ver a biografía de Cunqueiro nunha presentación fotográfica que estaban a pasar por unha televisión; cada un foi a onde máis lle gustou.

Como aínda quedaba tempo antes de voltar para o instituto, propuxéronnos ver a exposición

permanente da Casa das Palabras, que consiste nunha serie de paneis interactivos sobre a comunicación humana. Nela había xogos e actividades como un labirinto no cal tiñas que contestar

Page 35: Cuxhaven 9

a unha pregunta; se era correcta a resposta, a porta abríase e así sucesivamente ata a saída. Este foi o xogo favorito de todos. Estivemos interactuando nesta exposición permanente ata a hora de voltar ao autobús.

O condutor, para que estivésemos entretidos durante a viaxe de regreso, púxonos uns videoclips que captaron a atención de algúns en especial. Por que sería?...

Olaia Cores, 4º A

Page 36: Cuxhaven 9

Uxío Novoneyra (Letras Galegas 2010)

Uxío Novo Neira (Parada de Moreda, Courel, 19 de xaneiro de 1930 – Santiago de

Compostela, 30 de outubro de 1999) coñecido por Uxío Novoneyra, foi un gran poeta galego. Fillo dunha familia de labregos, comezou a escribir poesía mestres estudaba bacharelato en Lugo. Logo trasladouse a Madrid para estudar Filosofía e Letras. En 1951 regresa a Galicia e inicia as súas publicacións en galego. En 1962 volve a Madrid e traballa en programas de radio e TV. Casou en 1973 con Elva Rey, con quen tivo 3 fillos.

En 1983 afíncase definitivamente en Compostela, cidade na que exerceu o seu cargo de presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, ata a súa morte en 1999.

No seus poemas manifesta o compromiso nacionalista e marxista sen descoidar a forma poética. ________________________________________________________________

O 17 de maio celébrase o día das Letras Galegas. No noso instituto celebrámolo o 14 de maio porque o luns, que era o propio día das Letras Galegas, foi festivo en toda Galicia. Celebramos ese día recitando cada curso un poema do poeta homenaxeado neste ano: UXÍO NOVONEYRA .

No bicarelo do bico do brelo canta o paxariño.No mesmiñobicarelo do bico do brelo.

Tamén aproveitamos este día para agasallar aos premiados do concurso de carteis promocionando a lingua galega e aos gañadores do concurso de carteis sobre Uxío Novoneyra. Ademais, houbo outro premio para a gañadora do concurso que se convocara co gallo da celebración do Día da Muller Traballadora, que foi Maribel Nogueira, de 1º B.

No II Concurso Cartel Promoción da Lingua, o primeiro premio foi para Manuel Chazo ( 4ºA ) e o segundo premio para Daniel Patiño (4ºB). No concurso de carteis sobre Uxío Novoneyra houbo dous premios: un para primeiro ciclo e outro para segundo ciclo. No primeiro ciclo gañou a clase de 1º A co cartel realizado por Rubén Fiel, Iago Barreiro, Ramón Castro e Beni Santos. No segundo ciclo a gañadora foi a clase de 3º B co cartel cuxas autoras foron Sandra Díaz Varela, Carlota Ucha Muñoz e Cristina Cores López.

Page 37: Cuxhaven 9

Cartel gañador e o seu autor

Máis gañadoras e o seu cartel

Despois de rematar isto, saímos ao recreo igual que cada mañá e así foi como rematou para nós a celebración deste día tan importante para a nosa lingua.

Outros carteis gañadores

Elena Mariño, 4ºB

Page 38: Cuxhaven 9

MÚSICA EN GALEGO NACENDO NO INSTITUTO

Manu Chris Pablo Xoán Víctor

Bos días, tardes, noites ou o que sexa neste momento no que empezas a ler este artigo.Para comezar direi que Skalopendra é un grupo de ‘’rock bravú’’ (música montuna escrita en

galego ou, mellor dito, en ‘’ghastrapo”) para quen non o coñeza. A nosa carreira musical empezou neste instituto hai uns tres anos. Os nosos ensaios eran moi breves pero constantes. Ensaiabamos media hora tódolos días da semana nos recreos que tiñamos ao longo do curso.

Os nosos primeiros integrantes foron Víctor Bouzas (voz e guitarra 2ª), Christian Abal (guitarra 1ª), Xoán Dopico (baixo) e Manuel Chazo (batería), coa axuda no teclado dunha rapaza chamada Antía. Cando decidimos cambiar de estilo musical para o ‘’rock bravú’’(xa que antes eramos un grupo de rock alternativo chamado ‘’The Harbour Of The Dreams’’), decidimos excluír a Antía, xa que non era do noso estilo e personalidade, e xa no mes de xullo ingresou Morón (Pablo) facendo o espectacular papel de show-man. O seu ‘debut’ foi no concerto de ‘’Rock no Cabo’’ feito en Vilanova de Arousa. O caso é que cando saltou ao palco a xente dixo frases como: ‘’que carall.... fai ese aí?’’ ou ‘’quen é ese?’’. Cando rematou ese gran concerto a xente gritou o nome de Pablo ben alto e como se viu que lle gustou seguiu no grupo.

A estas alturas seguimos ensaiando os xoves dúas horas tódalas semanas. Damos concertos por parte da comarca do Salnés (Cambados, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa...) e queremos ingresar en festivais como ‘’Cultura Quente’’ no concello de Caldas de Reis.

Page 39: Cuxhaven 9

Con este texto quero dicirlles aos alumnos e alumnas deste centro que se saben tocar algún intrumento musical, que non desperdicien ese gran mérito e que traballen duro día a día.

Podédesnos encontrar na rede en páxinas como:• www.myspace.com/skalopendra.• www.fotolog.com/skalopendra.

Ou simplemente poñendo ‘’Skalopendra’’no buscador.

Despídome cunha frase breve que soemos dicir ao rematar un concerto ou algún vídeo.Como soemos dicir....................

SAUDIÑA, CABESIÑA E SORTE!!!

MANUEL CHAZO 4ºA

Page 40: Cuxhaven 9

EXCURSIÓN A GANDARÍO

No mes de maio, o alumnado de 3º fixo unha excursión de catro días a Gandarío (A Coruña). O primeiro día foi a presentación e separaron ao grupo de 3º do noso instituto doutros alumnos e

alumnas de Vigo, formándose dous grupos: Litoral 1 e Litoral 2. Unha vez separados os grupos, o Litoral 1 foi a CEIDA, onde viron o Castelo de Santa Cruz; mentres que o Litoral 2 fixo unha viaxe en veleiro. E viceversa.

O segundo día atravesaron en barco a ría de Ferrol, foron ata un castelo a xantar e visitalo por dentro. Despois colleron outra vez o barco e foron ata un monte a facer unha camiñada de tres horas.

O terceiro día fixeron unha viaxe en barco polo río Mandeo, onde seguiron a tradición atravesando o río, ir andando ata arriba de todo e xantar alí. Arriba fixeron uns xogos educativos e logo baixaron andando ata o barco, que os levou ata A Coruña.

A última noite organizaron unha festa “sorpresa” de despedida, na cal apareceron todos os monitores disfrazados de pescadores, da Marea Negra, Prestige, etc.

O último día, recolleron e déronlles unha folla para que valorasen o campamento.

Paula Ventoso e Noelia Meis, 3º A

Page 41: Cuxhaven 9

COÑEZAMOS A ANA• Por que decidiches traballar de coidadora? Aprobei a oposición anos despois de estar xa traballando como cociñeira. Pero por problemas de saúde tiven que deixar o meu traballo de cociñeira e cambiáronmo a coidadora.• En que consiste o teu traballo? Consiste en darlle os coidados e atender as necesidades do alumno ou alumna que o precise.• Que che pareceu o noso

instituto cando chegaches por primeira vez?

Pareceume un centro moi pequeno, pero encantador e agradable.• E agora? Gustaríame estar aquí sempre, pero teño que cambiar cada ano de lugar.• Que é o que menos che

gusta do teu traballo? Que sempre te encariñas co rapaz que estás coidando e para o próximo curso non sabes se seguirás con el.• E o que máis? O trato e agradecemento por parte da persoa á que lle presto axuda.• Hai canto tempo que te

adicas a coidadora? Dende febreiro deste ano.• Gústache o trato que recibes neste centro? Si, gústame moito.• Como te levas con Fran? Moi ben, é unha relación un tanto especial: preocúpome polos seus exames; é unha relación familiar.• Cal foi o teu peor caso? O meu peor caso foi unha parálise cerebral porque tiña que facerlle todo, como cambialo, etc.• Tes algunha queixa? Non, ningunha.

Carlota Ucha, Sandra Díaz e Cristina Cores, 3ºB

Page 42: Cuxhaven 9

Enórmic chegou un curso máis ao IES Faro das Lúas. Esta revista de cómics, elaborada por alumnos e alumnas dos institutos do Salnés e financiada polos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, conta entre as súas páxinas con dous traballos de varias alumnas do noso centro. En concreto, Daniela Arango, Andrea Carro e Lorena García elaboraron o cómic “¿Facemos un animaliño?”; e Olaia Cores, Andrea Cores e Alba Martínez, o titulado “O 5º piso”.

O 12 de maio realizouse a presentación oficial da revista na Escola de Idiomas de Vilagarcía. A esta presentación acudiron Daniela, Andrea Carro e Lorena, acompañadas pola profesora de Plástica, Seila. Olaia, Andrea Cores e Alba non puideron asistir porque ese día estaban en Vigo, visitando a Casa das Palabras. É o que pasa cando se teñen as axendas tan apretadas.

O Equipo de Normalización do IES Faro das Lúas repartiu os exemplares que correspondían ao noso centro entre o alumnado, pero non chegou para todos; por iso a biblioteca conta tamén cun exemplar, para que ningún de vós quede sen lela.

Page 43: Cuxhaven 9
Page 44: Cuxhaven 9