diario ou blog

8
DIARIO OU BLOG?

Upload: pilargarcia1967

Post on 07-Aug-2015

157 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Diario ou blog

DIARIO OU BLOG?

Page 2: Diario ou blog

DE QUE ESTAMOS A FALAR?O diario

Hoxe en día é difícil distinguir entre blog ou diario, porque moita xente considera que un blog é, en certa maneira, un diario en Internet. Pero o termo diario refírese a súa acepción tradicional. O diario é ese caderno doblado e manido no que a persoa que o escribe, faino todos os días, a bolígrafo durante uns minutos, o que considera relevante do que lle aconteceu durante o día. É un documento de autocoñecemento, de retrospectiva, unha obra extremadamente íntima e sinceira. En resumo, un libro por e para un mesmo.

Page 3: Diario ou blog

RECOMENDACIÓNS PARA ESCRIBIR UN DIARIO - A nosa propia historia -

1. Dispor dun caderno e non ter como obxectivo crear unha obra de arte senón expresar o que levamos dentro.

2. Buscar un momento do día no que podas escribir sen interrupcións.

3. Escribir de xeito regular, sen perder a espontaneidade.

4. Empregar a primeira persoa de singular, o que nos fai responsables dos nosos pensamentos.

5. Reflexar o máis importante, se nos pareceu un día normal pódese falar do noso estado de ánimo e por que nos pareceu un día aburrido.

Page 4: Diario ou blog

O BLOG

Podemos dicir que é un sitio web onde se ten a posibilidade de publicar artigos ou textos sobre os temas que nos interesen. Tamén permite a outros usuarios acceder ao publicado e poder participar no blog deixando un comentario.

O BLOG TEN EN COMÚN CO DIARIO QUE O SEU CONTIDO SE ACTUALIZA RÁPIDA E PERIÓDICAMENTE,

SEGUINDO UNHA ORDE CRONOLÓXICA.

Page 5: Diario ou blog

POR QUE ESCRIBIR UN BLOG?

Para: Compartir experiencias e opinións. Falar sobre aquilo que me interesa. Informar das miñas actividades ao meu entorno. …

DIFERENZA IMPORTANTE CO DIARIO (ADEMAIS DO FORMATO DIXITAL) É O FEITO DE QUE SEXA ABERTO

(MESMO CANTA MÁIS XENTE NOS LEA SEMELLA MELLOR). AÍNDA QUE SE AFONDE NOS SENTIMENTOS FAISE COA

INTENCIÓN DE QUE SE PODA LER.

Page 6: Diario ou blog

CONSELLOS PARA MELLORAR A REDACCIÓN NO TEU BLOG

1. Publicar artigos curtos, o que non quere dicir que as publicacións extensas sexan malas, pero procurando sempre que non resulten máis longos do necesario.

2. Dividir o texto en varios parágrafos, que faciliten a lectura, a fluidez e a coherencia.

3. Usar un ton de conversación amigable para que se inspire confianza.

4. Revisar e corrixir o texto antes de publicar.

Page 7: Diario ou blog

PARTES DUN BLOG

TÍTULO DO BLOGENTRADAS BARRA

LATERAL

(Etiquetas,

Outros enlaces )

Page 8: Diario ou blog

ONDE PUBLICAR?Hai ferramentas que proporcionan aloxamento gratuíto e lle asignan ao usuario unha dirección web, como por exemplo Blogger, que asigna unha dirección rematada en “blogspot.com”, cun interfaz, no que se pode engadir e editar os contidos a publicar.