documento deputacion ourense

Download Documento deputacion ourense

If you can't read please download the document

Upload: oscargaliza

Post on 24-May-2015

731 views

Category:

Documents


11 download

TRANSCRIPT

  • 1. DOCUMENTO QUE A PLATAFORMA POLA DEFENSA E MELLORA DA SANIDADE DE OURENSE FAI ENTREGA AO SR. PRESIDENTE DA DEPUTACIN DE OURENSE COAS PROPOSTAS QUE, EN MATERIA SANITARIA, CONSIDERAMOS DE CAPITAL IMPORTANCIA PARA A PROVINCIA : A ningun se lle escapa que nesta provincia a crise econmica ten caractersticas semellantes ao que acontece noutras zonas de Galicia pero tamn certo que aqu danse unha serie de problemas que, nos son moi propios e que levan camio de cronificarse afectando, de xeito negativo, a toda a cidadana, sen distincin de ideoloxas, idades ou crenzas relixiosas. A necesaria salvagarda do dereito bsico de atencin a sade e dereito a unhas prestacins sanitarias dignas unha cuestin tan transversal que non hai estamento social que non se vexa afectado por estes temas e polo tanto, partindo desta premisa, xurde a necesidade de trasladarlle aos nosos representantes polticos estas preocupacins para que as Institucins Provinciais fagan traslado delas aos diferentes orgaos das Administracins tanto Central como Autonmica para que busquen e dean as respostas que esta provincia en xustiza e equidade se merece. Por todo elo facemos traslado a Presidencia da Deputacin de Ourense de tres temas, de mxima urxencia, co desexo que se lle fagan chegar aos mximos responsables do Goberno de Galicia: . TERREOS DE ANTIGUO HOSPITAL DE REHABILITACIN DE SADE MENTAL DE TON . A provincia de Ourense ten unha situacin demogrfica de altisimo envellecemento. A tendencia para os vindeiros decenios non vai a modificarse. Precsanse infraestruturas sociosanitarias pblicas. Precsanse camas de media e longa estancia ademais doutros dispositivos de apoio. Os terreos que ocupaba o antigo hospital de Ton ( preto dos 400.000 metros cadrados) estn en risco de perderse para o patrimonio pblico. Consideramos que esta provincia non pode permitirse o luxo de perder un espazo que anda que hoxenda non tea un destino planeado non menos certo que pode ser moi necesario nos prximos anos para cubrir moitas das necesidades que en materia tanto sanitaria como sociosanitaria podan xurdir na provincia. O custe da sa custodia non debe ser un argumento de peso para que volvan a reverter nos seus antigos propietarios. . INFRAESTRUCTURAS SANITARIAS: . A realidade que vivimos a cidadana de Ourense a dunha falla dunhas infraestruturas sanitarias dignas para a hospitalizacin de pacientes. O seu deterioro moi importante. Van varias lexislaturas que diferentes presidentes da Xunta se comprometeron, con solucionar este problema. O actual Presidente Sr. Feijoo propuxo un proxecto denominado Hospital 2050 que ten unha parte de financiamento con fondos europeos FEDER que non virn para Ourense se denantes de Decembro non se licitan e inician as obras.

2. . A posibilidade de perder os fondos europeos pdese converter nunha triste realidade e como vostede ben sabe non o mesmo ter unha infraestrutura sanitaria cunha boa dotacin e con tecnoloxa punteira que non tela. Son cuestins que inflen tanto na calidade da asistencia como en que o Hospital Universitario de Ourense sexa un lugar onde os profesionais tamn traballen mellor e sexa un centro de referencia. A esta infraestrutura temos que engadirlle os evidentes atrasos que levan as licitacins e construcins de tres importantes centros de sade como son o do Couto, o do Vinten e o de Valenz/Barbads. Neste tema da construcin e licitacin de obras tamn miramos con preocupacin, polo tipo de ofertas que se fan, que as empresas de Ourense, polo seu tamao, tean moi difcil o poder presentarse a estes concursos. A obra pblica polo seu volume e orzamentos tamn debera verse como algo moi importante para revitalizar o tecido empresarial dunha provincia como a nosa onde a debilidade e precariedade do mesmo evidente. ORGANIZACIN DA ATENCIN A URXENCIA NA CIRURXA PEDITRICA: Estas semanas pasadas os vecios e vecias de Ourense estn vendo con moitisima preocupacin a solucin que se lle ten dado por parte da Xerencia de Xestin Integrada o rea de Ourense ao problema de falta de cirurxins peditricos no Hospital de Ourense. As xentes que aqu vivimos preguntmonos: porque non se actuou coa suficiente previsin na necesidade de profesionais?, porque se desmantela un servizo que tia uns ratios de eficacia e eficiencia contrastados e moito mellores que outros da nosa Comunidade, en tempos de espera, resolucin de problemas, altas pos-cirrxicas, etc e agora hai que trasladar nenos a un Hospital que ten listas de espera?, porque se lle suprimen a Ourense zonas de atencin como Chantada e Monforte e se lle engaden a Vigo os nenos de Ourense se no Hospital de Vigo estn con demoras na atencin? Sabemos que a Deputacin de xeito plenario tense pronunciado en contra do que consideramos un desmantelamento dun Servizo Sanitario en Ourense pero non s queremos que haxa pronunciamentos pedimos actuacins, solicitamos a implicacin activa dos responsables da Administracin Provincial na reversin dunha decisin, que consideramos moi errada para os nenos e nenas desta provincia, para os pais e nais dos mesmos e para un Hospital que perde unha parte importante do seu patrimonio profesional e de servizos. Asdo PLATAFORMA POLA DEFENSA E MELLORA DA SANIDADE PBLICA DE OURENSE En Ourense a 10 de Decembro do 2012.