Transcript
Page 1: 12 Sept 2011 - BD Nº40

Entrevista ao vice-presidente do Club Eiroás: “No tiro o que queres é superarte a ti mesmo” páx. 5

FÚTBOL SALATIRO

Número: 40 - Ano: III - 9 de setembro de 2011 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 23 de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

Moncoutiè gaña en Manzaneda nun final inédito da Volta Ciclista a España páx.4

Polémica no fútbol sala feminino polo futuro deportivo dunha xogadora do Cidade páx. 9

CICLISMO

Bo arranque para o CD Ourense

[páx. 7]

Defendendo as nosas cores:

Sarita, do Ponte

páx. 10

Page 2: 12 Sept 2011 - BD Nº40

� BARRIOS DEPORTIVO9 de setembro de �011

TENIS - AXENDA

4 Axenda deportivaFútbol- Día 11 de setembro. Estadio dos Carrís. UD Barbadás - Mondariz.- Día 11 de setembro. Celanova. Sporting Celanova - CD Ourense B.- Día 17. Pavillón dos Remedios. Pabellón CF - Torre-lavega.- Día 18 de setembro. Estadio do Couto. CD Ourense - Dorneda.- Día 18 de setembro. CD Ourense B - Tomiño.- Día 18 de setembro. Estadio José Arjiz. Verín - Pon-tellas.

Fútbol sala- Día 10 de setembro. Pavillón dos Remedios -17.00 ho-ras. Ponte Ourense - Cajasur Córdoba.- Día 17 de setembro. Pavillón dos Remedios -17.00 ho-ras-. Copa Ibérica entre o Ponte Ourense e o F.C. Ver-moim.

Atletismo- Día 11 de setembro. As Lagoas -1�.00 horas-. III ca-rreira do circuíto “Correndo por Ourense” - Carreira da Casa da Xuventude-.- Día 11 de setembro. Ribadavia -11.00 horas-. Carreira solidaria “Regala un bosque”.- Día 18 de setembro. Manzaneda -8.00 horas-. VI Ma-ratón de montaña “Penedos do lobo”.- Día 18 de setembro. Manzaneda -9.30 horas-. Cross de montaña “Penedos do lobo”.- Día � de outubro - Ourense - 9.00 horas - V Maratón do Miño.

Andaina- Día 11 de setembro. Ribadavia -11.00 horas-. Andaina solidaria “Regala un bosque”.- Día 18 de setembro. Manzaneda -8.15 horas-. Andaina “Penedos do lobo”.

BTT- Día 18 de setembro. Manzaneda -9.00 horas-. BTT “Penedos do lobo”.

Hoquei- Días 9, 10 e 11 de setembro. Campo de Mariñamansa“VI Octopus Hockey Festival” Open Internacional de veteráns.

Redacción

O tenista español Miguel Ángel López Jaén foi o gañador do torneo Futures “Cidade de Ourense” des-pois de vencer na final ao tamén español Iván Arenas por un claro 6/3 6/�.

Na final, López Jaén de-mostrou o seu nivel deixan-do ao seu contrincante sen opción algunha á vitoria desde os primeiros minutos da final. Nos inicios de cada set López Jaén sacaba unha renda imposible de contra-rrestar a Arenas (3-0 e 4-0 de vantaxe respectivamen-te) o que fixo que non peri-gara o título.

Na súa dilatada carreira, Miguel Ángel López Jaén

Redacción

A tenista Valería López ven de participar en varios torneos nas pasadas sema-nas con moito éxito.

En Pontevedra, no Cir-culo Mercantil, Valeria proclamouse campioa no Open Virgen de La Pere-grina ao vencer na final a Iría Costas por 6/0, 6/4 nun cadro que contaba con 3� xogadoras de Ga-licia e Madrid.

En Vigo, nas pistas do Club Tenis Nigrán (praia

Pádel solidario en Ramirás Redacción

As instalacións do Club Tenis Ourense de Ramirás serán a sede, ata o 17 de setembro, do VII Torneo de pádel Unicef Ourense.

Como cada ano, desde fai sete, a recadación das inscricións do torneo será íntegra para Unicef. O torneo consta de dúas pro-

Valeria López, con tendencia ascendente

América), Valeria vol-veu quedar campioa, vencendo á madrileña María Ejido na final polo resultado de 6/0, 6/1 nun cadro de 16 xogadoras. E na Coruña, no torneo máis importante de carácter na-cional e patrocinado pola Fundación do Tenis Espa-ñol, Valeria ,tras eliminar a cabeza de serie núme-ro un do torneo, Carmen Blasco, plantouse na final, onde non puido derrocar a Estefanía Mariño, cabeza de serie número dous.

López Jaén lévase o Futures “Cidade de Ourense”4 Tras vencer na final a Iván Arenas por 6/3 6/2.

conseguía co Futures de Ourense o seu décimo tí-tulo. López Jaén ten sona-das vitorias ante tenistas como David Ferrer, Nico-lás Almagro ou Fernando Verdasco. No �009, este tenista lograba ocupar o posto 171 del ranking mundial ATP.

Pola súa banda, Iván Arenas lograba en Ouren-se a súa mellor posición nun campionato Futures sendo a revelación do tor-neo ao vencer a xogadores da talla de Taro Daniel, Andrés Artuñedo e Rober-to Ortega, favoritos para alzarse co título; con es-tes puntos, Arenas logrou subir �00 postos na lista ATP.

O gañador do futures de Ourense, López Jaén.

A tenista ourensá Valeria López

bas: o dobres masculino e o dobres feminino.

A final terá lugar o sába-do 17, día no que haberá unha cea aberta a todo o mundo e na que no trans-curso da mesma entrega-ranse os premios aos ga-ñadores do campionato.

A cea será no Pazo de Ramirás e ten un custo de �5 euros para os adultos e de 10 para os nenos. As en-tradas pódense adquirir no Club Tenis Ourense e na oficina de UNICEF Comité Ourense en Paseo, �4 1º.

Page 3: 12 Sept 2011 - BD Nº40

BARRIOS DEPORTIVO9 de setembro de �011

3WUSHU - BTT

Redacción

O pasado mes de agos-to o ourensán José Gago, director galego de wushu, desprazouse a Shanghai con varios deportistas da selección galega para rea-lizar un curso intensivo de tecnificación cos adestra-dores do equipo de wushu desta cidade.

A experiencia foi moi positiva e os deportistas, Ezequiel Gago de Ourense e José Manuel Ferreira de Verín, entre outros, puide-ron adestrar cos campións do mundo da súa especia-lidade. Esta oportunidade de adestrar cos mellores mestres de China e cos campións do mundo foi posible grazas á continua e boa relación do mestre José Gago coa Federación china de wushu e a súa amizade e colaboración con algúns dos máis grandes mestres

O Wushu galego adestrou en China4 Durante tres semanas cos campións do mundo.

de wushu e tai chi en Chi-na.

Os deportistas aprovei-taron ao máximo as tres semanas de adestramento con sesións de mañá e tar-de, regresando entusiasma-dos polo traballo realizado e pola oportunidade de po-

der ver e adestrar cos seus ídolos neste deporte. As expectativas da selección galega para a próxima tempada son, segundo o mestre José Gago, ser o mellor equipo de España.

Exhibición de José Gago en Malaisia

Dende China, José Gago, viaxou a Malaisia para representar a España nunha exhibición de tai chi e nun posterior curso internacional de mestres desta arte marcial.

A conferencia de inau-guración estivo presidida polo viceministro de Cul-tura daquel país, e durante a cea posterior, á que asis-tiron máis de 300 persoas relacionadas coa cultura e o deporte, realizaron unha demostración de wushu e tai chi a cargo de �7 mestres de Malaisia e representan-tes de distintos países, entre eles estaba invitado José Gago. A súa demostración de tai chi foi de gran calida-de sorprendendo a todos os presentes e converténdose na estrela da noite. A xen-te achegouse ao escenario para velo mellor, sacar fo-tos e aplaudilo. José Gago.

Redacción

O ciclista do Actyon - Academia Postal, Pablo Rodríguez, rematou no posto 3� da proba júnior do Mundial de BTT cele-brado na localidade suiza de Champéry, e sen dar sensacións en ningún mo-mento de ter un bo día.

Xa nos primeiros metros

Pablo Rodríguez, de 32 en Champéry4 Un mal día fíxoo caer a esa posición no mundial de BTT.

notábase que o ourensán non ía fino e se amosaba por debaixo do seu poten-cial, polo visto nas últimas citas da copa do mundo e no europeo.

A medida que pasaban os quilómetros, as sensacións non chegaban as pernas de Pablo e ao final cedía 8.14 minutos con respecto ao gañador da proba, o francés

Victor Koretzy.A pesar do mal día do ci-

clista macedán, o seleccio-nador nacional, Cristobal Sánchez, destacaba que non había que xulgalo “por esta carreira” se non que había que mirar “a gran campaña que fixo que foi de sobra-saínte”, dando mostras da importante progresión do ciclista.

Pablo Rodríguez en Champèry -Suiza-.

Page 4: 12 Sept 2011 - BD Nº40

4 BARRIOS DEPORTIVO9 de setembro de �011

VOLTA A ESPAÑA

O esforzo da etapa reflexábase nas facianas dos ciclistas na meta. /RAMSÉS

De Manzaneda saiu o británico Bradley Wiggins como líder da volta ciclista a España

R. Torres

O galo do Cofidis, David Moncoutiè, foi o vencedor da única etapa da Volta a España que pisaba terras ourensás. Tras 168 quiló-metros, Moncoutiè foi o pri-meiro en sobrepasar a liña de meta instalada na esta-

ción de montaña de Manza-neda, 4 horas e 38 minutos despois de saír desde Verín. A 1.18 minutos chegarían Beñat Intxausti (Movistar) e Luis León Sánchez.

No grupo de favoritos, Joaquim “Purito” Rodrí-guez foi o que máis se mo-veu e a menos dun par de

Manzaneda escríbese con M de Moncoutiè

4 David Moncoutiè foi o máis rápido na undécima etapa da volta con final na estación de montaña ourensá.

David Moncoutiè chegando á liña de meta de Manzaneda. /RAMSÉS

quilómetros atacou, collei-tando unha vantaxe de 7 se-gundos ao primeiro grupo importante en chegar á meta e, máis de medio minuto ao ata entón líder da ronda, Christopher Froome.

Sen moitas diferenzas en-tre os favoritos en meta, o que si fixo a etapa con final

en Manzaneda foi que Bra-dley Wiggins vista o maillot vermello como líder provi-sional da clasificación xeral e sexa un dos claros favori-tos a ser o campión final da proba española.

O exciclista, Fernando Escartín, agora traballando en temas de organización de carreira, mostrábase sa-tisfeito con esta etapa con final inédito da Volta a Es-paña e daba como favorito en Madrid ao italiano Niba-li. Equivocouse de cheo.

De arriba a abaixo: A saída da etapa con Verín ao fondo. Chegada á meta de “Purito” Rodríguez. Christopher Froome cedeu o maillot de Líder en Manzane-da. Moncoutiè celebra a vitoria no podio. /BORYS E RAMSÉS

Page 5: 12 Sept 2011 - BD Nº40

BARRIOS DEPORTIVO9 de setembro de �011

5ENTREVISTA

P.Lodeiro

Con medio século de vida e ao redor de 350 socios, o Club de Tiro Eiroás afronta o futuro co reto de mellorar as súas instalacións (logo de ampliar a galería de aire comprimido, o obxectivo é colocar postos automáticos na galería de �5 e 50 metros) e sumar novos practicantes a este deporte, sobre todo na modalidade de carabina.

Que modalidades se practican en Eiroás?

Julián Encinas: “Todas as modalidades de tiro de-portivo: carabina e pistola de aire comprimido e de fogo real con armas do calibre ��, groso calibre, etc., tiro

ao prato, e tiro práctico”.Cal ten máis practican-

tes?J.E.: “En Eiroás gusta

máis tirar coas pistolas, tanto de aire como de gro-so calibre, porque son máis manexables. A parafernalia dos tiradores de carabina é moito maior que a do tira-dor de pistola, que colle o seu maletín, leva a súa pis-tola dentro, vai vestido nor-mal, chega e dispara; o ti-rador de carabina leva traxe especial, botas especiais, levan uns maletóns... ”

O voso deporte emprega armas, mais é moi seguro...

J.E.: “Os tiradores e a xente que os prepara, árbi-tros e demais teñen un es-

pecial coidado no manexo das armas, os disparos só se producen no polígono de tiro. Levo case 40 anos no tiro, arbitrei moitísimas veces campionatos provin-ciais, autonómicos, nacio-nais e europeos e nunca vin un fallo. Está considerado un deporte tan perigoso como o xadrez (ri...).

Ti preguntas a alguén se escoitou falar dun accidente nun campo de tiro e dirache que non sabe, pregúntalle se hai accidentes na caza, ou os nenos que xogan pola rúa coas carabinas estas de aire comprimido que lle compran os pais... hai moito máis perigo nesas escopetas de balíns e nos cazadores

EnTrEvIsTa ao vIcEprEsIdEnTE do club dE TIro EIroás:

“No tiro non compites con ninguén, o que queres é superarte a ti mesmo”

4 coñecemos un pouco máis deste deporte da man de Julián Encinas. Parte da directiva do club de tiro nunha visita do secretario xeral de Deporte./P.L.

que no tiro olímpico”.Que valores transmite

este deporte?J.E.: “Ten uns valores

ata psico-somáticos, tes que preparar o corpo, porque un tirador pode ser calquera persoa, pero se queres con-seguir metas tes que prepa-rar o corpo como calquera outro deporte. Ademais é un deporte que afecta moito á mente, tes que estar moi concentrado, soltas adrena-lina, prepáraste mentalmen-te, incluso a grandes niveis hai psicólogos”.

O ambiente e a riva-lidade nas competicións son moi sans, non?

J.E.: “Ese é o gran va-lor do tiro, aquí non hai

ninguén contra ninguén, se acaso contra ti mesmo. Porque queres superarte a ti mesmo, por iso é o propio tirador o que quere batir o seu propio récord. É un de-porte san, hai as súas dife-renzas como en todas parte pero á hora da práctica nin-gunha. Eu vin competicións de tirar cento e pico persoas e nunca vin un roce”.

Tedes un problema de fal-ta de novos practicantes.

J.E.:“Efectivamente, estamos niso pero non te-mos feito unha verdadeira campaña de captación de socios, para iso hai dous inconvintes, o diñeiro e a falta de xente”.

Como é o nivel dos tira-

dores ourensáns?J.E.: “A verdade é que

non é moi alto, hai catro ou cinco tiradores que poden destacar, e algúns están a nivel nacional, pero en xe-ral o nivel é medio. Pero é así por todo o que estou ex-plicando, por falta de tem-po, de medios, de diñeiro, de entrenadores... Aquí so-mos amateurs”.

Non se gañan cartos...J.E.: “Non, non; non se

perde (diñeiro) porque o utilizas para a túa satisfac-ción, pero incluso os tirado-res de elite que representan a Ourense e a Galicia e que van a campionatos nacio-nais, o diñeiro que lles faci-litan non lles cubre”.

Page 6: 12 Sept 2011 - BD Nº40

6 BARRIOS DEPORTIVO9 de setembro de �011

BALONCESTO

Redacción

Uns veñen e outros mar-chan… iso pensarán os seareiros do Club Ourense Baloncesto que logo de ver durante anos como Sony Vázquez defendía as cores do seu equipo, incluso co brazalete de capitán, agora o xogador pasa a formar parte do conxunto �011-�01� do ABO de Alberto Fafián na Liga EBA. Men-tres, o renovado COB vén de completar a súa plantilla coa chegada a Ourense da única fichaxe que faltaba nos adestramentos, Ruben Guillandeaux.

Guillandeaux chegou cunha semana de retraso en relación aos seus com-pañeiros, pero coa vantaxe de xogar durante o verán na Liga dominicana. “To-dos os xogadores son im-portantes porque queremos ter un equipo compacto, pero é certo que polas súas condicións é un xogador que debería ser moi impor-tante para nós. Temos que tentar sacar en Europa o que demostrou en Estados Unidos”, confesou Domín-guez.

O aleiro norteamericán pisou a cidade das Burgas o martes 6 e comezou a ades-trar cos seus novos com-pañeiros ao día seguinte, na que foi a décimo sétima sesión de preparación do conxunto que dirixe Rubén Dominguez.

O COB está ás portas do

seu primeiro enfrentamento, unha cita amistosa (das sete que ten previstas durante a pretempada) que terá lugar o vindeiro 10 de setembro ás 7 da tarde no Pazo Universita-rio de Lugo ante os Estudian-tes da Liga EBA, que se ce-lebrará a portas pechadas. A continuación, o COB deberá xa afrontar a volta á compe-tición oficial, farao o 17 de setembro ante o Breogán na Copa de Galicia e estréase na liga o 9 de outubro fronte ao Lan Mobel xogando como local.

Sony pasa á Liga EBASony Vázquez, ex-capi-

tán do Club Ourense Ba-loncesto, vén de convertirse na última incorporación do ABO, o conxunto dirixido por Alberto que milita na Liga EBA. E súmase así

Redacción

Mes e medio antes de que arrinque oficialmente a competición en Liga Fe-minina �, os dous conxun-tos ourensáns da categoría ultiman fichaxes e prepá-ranse para a pretempada.

Mentres o Codigalco nos vén de sorprender cunha nova incorporación, a de Laura Alonso, nunha plantilla que pensabamos pechada, o Pabellón pre-sentará aínda oficialmente ao seu conxunto para o curso �011-�01�, o venres 9 de setembro.

O Codigalco Carmelitas arrancou o pasado día 1 os adestramentos de pretem-pada, aínda que con tan só 7 das súas xogadoras, entre as que se atopan a última das fichaxes co-lexiais, Laura Alonso, que debuta en categoría sénior logo de deixar o conxun-to júnior do RC Celta. Cun 1,79 m de estatura e xogando en posición ¾, Alonso achegaralle ao equipo de Juan Rodríguez a súa ampla experiencia

en campionatos nacionais. Esta nova xogadora reuni-rase con todo o banco do Carmelitas o vindeiro 1� de setembro, data na que está previsto que comece a pre-paración do vindeiro curso coa plantilla ao completo, xa que se unirán ao grupo Aties e Simmons.

As colexialas disputarán varios partidos antes do comezo da liga: o primeiro deles o encontro da Copa Galicia fronte ao Ensino en Nogueira de Ramuín, o �4 de setembro. O 1 de outu-bro viaxarán a Bembribe para enfrontarse co equipo local nun amistoso e o 15 de outubro farán a presen-tación en casa fronte ao Ar-xil, unha semana antes do inicio ligueiro.

O novo Pabellón pre-séntase o venres

O venres, 9 de setembro, ás 18.15 horas nos Reme-dios, serán presentadas oficialmente as xogadoras que integrarán o Pabellón Ourense da vindeira tem-pada, das que só se mantén unha con respecto ao ano

Guillandeaux completa o COB e Sony Vázquez, o ABO4 o novo xogador cobista vén de aterrar en ourense mentres que o ex do augas de sou-sas xa adestra co representante ourensán na Liga EBA.

Carmelitas e Pabellón arrincan a tempada4 As colexialas desde o 1 de setembro e as pabellonistas o 9.

ás entradas do ala-pívot Nacho (procedente do Allariz), Antón Regal (ta-mén vinculado ao COB) e Tizón (ex do Cruz Alta). Xunto a eles, sairán á can-cha de novo Kike, Diego Peletero, Alex e Vila; e fa-rano a partir do día �0 nos encontros de pretempada e do �� de outubro na liga regular.

Pola súa banda, conti-núan as negociacións con de la Casa e Michael Con-de.

anterior; caras novas para un cambio de imaxe: á con-tinuidade de Julia Tornberg (que repite nas filas pavillo-nistas) únese nesta tempada Begoña Pallardó (proce-dente do Burgos), Noelia Cacheiro (ex xogadora da NCAA), María Álvarez e Míriam Bolívar (ata agora xogadoras do Carmelitas), Stephanie Geeham, Nuria Ramírez, María José Bolo-nio e Brittney Scott, a quen se lles unirá a xogadora jú-nior Belén Sabucedo.

O Pabellón Ourense pre-tende realizar cinco ou seis partidos de pretempada. Dous fixos de Copa Xunta, e dependendo de se chegan á final ou non xogarán tres ou catro amigables; Lisardo Rodríguez quere xogar en total antes de que comece a liga uns cinco ou seis par-tidos.

DerbiO primeiro dos derbis

entre Carmelitas e Pabellón será o mércores, �8 de setembro, nos Remedios, correspondente á Copa Galicia.

O que fora capitán do COB, Sony Vázquez, xogará esta tempada no ABO./ARQUIVO.

o cob xoga o 17 de setembro a copa Galicia e o 9 de outubro, o primeiro parti-do de liga

Entrenamento do Carmelitas./RAMSÉS.

Page 7: 12 Sept 2011 - BD Nº40

BARRIOS DEPORTIVO9 de setembro de �011

7FÚTBOL

R.T.

Non puido comezar me-llor. O novo CD Ouren-se comeza ben a tempada despois de clasificarse para a segunda ronda da Copa Federación e lograr os seis primeiros puntos disputa-dos nesta liga, a súa cuarta participación consecutiva na Terceira División.

No primeiro partido de liga disputado no estadio do Couto, o CD Ourense foi superior ao Sanxenxo en boa parte dos 90 minutos disputados. O 1-0 chegaría no minuto dous da segunda metade cunha internada á área de Lucho, que fai que Eder remate ás mallas do equipo visitante. A partir dese momento os de Salinas repregáronse e nos últimos

Bo comezo do Ourense4 dúas vitorias en dúas xornadas e a clasifica-ción para a segunda ronda da copa Federación son a bagaxe deste inicio de tempada para os de salinas.

minutos de partido o equipo “rojillo” pedía a hora tralos numerosos centros á porta de Pato.

Despois do partido, o adestrador visitante destacou a calidade dos ourensáns e profetizou que será un dos dous mellores conxuntos da liga.

Pola súa banda, Patxi Sa-linas destacou o dominio local na maior parte do tem-po do encontro pero deixou unha advertencia aos afec-cionados: “partido coma este, de meter un gol e su-frir vanse ver moitos nesta tempada; nesta liga gañar por goleada é case imposi-ble”. Para Salinas a plan-tilla é moi curta e necesita dous xogadores máis (un xa o ten) para afrontar con garantías a liga, “a Copa é

moi bonita pero polo que fagamos na liga é polo que se nos vai a xulgar”, afirma-ba o técnico vasco.

Reforzo galésO técnico vasco reforza o

mediocentro con Matthew Thomas Crowell; este galés procedente do Port Talbot Town. Natural de Bridgend (Gales), Crowell, de �7 anos, chega a Ouren-se para suplir o baleiro que deixou Antonio no medio-centro trala súa marcha ao Pontevedra e que tanto pre-ocupaba a Patxi Salinas.

Cunha ampla traxec-toria ás súas costas, este internacional vestiu as ca-misetas de, entre outros, o Southampton, Northwich, Central Coast Mariners ou Farnborough; ata que a pa-

sada tempada militou nas filas do Port Talbot Town do seu país natal, co que se fixo coa sexta praza da Pre-mier League galesa e do que aínda se despediu a pasada fin de semana contribuindo na súa vitoria. A chegada deste xogador ao Ourense é froito da forte aposta que

fixo por el o seu novo técni-co. “Eu coñezoo dende fai tempo e xa o intentara traer a España noutras ocasións. É traballador, agresivo e incansable, e, ademais, xa foi internacional con Gales, o que lle aporta gran ex-periencia”, asegurou Patxi Salinas.

cd ourense visita este domingo ao somoza e sete días máis tarde recibe no couto ao Dorneda coruñés

CD Ourense suma seis puntos nas dúas primeiras xornadas de liga. /RAMSÉS

Page 8: 12 Sept 2011 - BD Nº40

8 BARRIOS DEPORTIVO9 de setembro de �011

FÚTBOL SALA

ponte ourense visita ao Majadahonda na primeira xornada de liga da Primeira División de fútbol sala femininoR. Torres

Con dous títulos no peto -Copa Ibérica e Supercopa de España- é como chega o Ponte Ourense ao inicio de liga, na que parte como

Dous títulos para abrir boca4 copa Ibérica e supercopa de España xa locen nas vitrinas do ponte ourense.

o gran favorito para reva-lidar o título. Na primeira xornada as de Óscar Vivián visitan a cancha do recén ascendido Majadahonda, onde tentarán continuar coa boa racha de resultados

que colleitaron durante a pretempada (Copa Ibérica, Supercopa de España e vi-toria na primeira xornada da Copa Xunta). Para iso, o adestrador contará con todas as xogadoras para fir-

mar unha vitoria e mostrar as súas credenciais para a liga.

O seu máximo rival do ano pasado, o Móstoles, cun equipo inferior ao do ano anterior visita terras da mariña lucense para enfron-tarse a un renovado Burela.

Dous títulos para comezarO primeiro dos títu-

los que disputaba o cadro pontino este verán foi o da Copa Ibérica contra o cam-pión da liga portuguesa o Vermoim. O encontro que tivo lugar no pavillón dos Remedios ourensán estivo marcado na primeira parte pola igualdade no terreo de xogo índose ao descanso as locais cunha renda de 3-1 a pesar de que as oportu-nidades máis claras foron para as portuguesas. Xa na reanudación, a calidade das pontinas fixo que o marca-dor despuntara a favor das locais para chegar ao final do tempo regulamentario

O cadro pontino celebra a consecución da supercopa de España ante o Móstoles. /GOLSALA.COM

co resultado de 9-�. Este partido foi a presentación ante a súa afección do novo adestrador, Oscar Vivián e da nova xogadora chegada do Rioja Diamante, Drica que apunta maneiras.

Sete días máis tarde en Torrejón de Ardoz, as pon-tinas disputaron a Superco-pa de España contra o Mós-toles; nos primeiro intres o dominio era alterno pero pouco a pouco as madrile-ñas dispoñían de mellores ocasións pero quedaban en nada ante unha gran Eva baixo os paus. Sacudidos os nervios dos primeiros minutos o Ponte Ourense logrou anotar dous tantos antes do descanso (obra de Souza e Ampi) o que facía que a balanza se decanta-ra para o cadro ourensán. Na reanudación, de novo Souza sacaba o seu poten-te disparo e logra o 3-0. As madrileñas lonxe de ami-lanarse tentaban recortar

distancia pero topábanse en cada xogada cunha in-conmensurable Eva que o paraba todo. O cuarto gol chegaría nun un contra un entre Ampi e Patri Chamo-rro, que facía á desesperada de porteira - xogadora, que nada puido facer co disparo da andaluza. O gol da honra foi firmado por Ju Delgado pero non foi suficiente para que a Supercopa viaxara ata Ourense.

Na primeira xornada da copa Xunta golearon (10-�) ao Amarelle polo que teñen preto as semifinais da com-petición.

Sarita controla o balón ante unha xogadora do Móstoles na Supercopa de España cele-brada en Torrejón de Ardoz. /GOLSALA.COM Drica no partido da copa Xunta. /RAMSÉS

Page 9: 12 Sept 2011 - BD Nº40

BARRIOS DEPORTIVO9 de setembro de �011

9FÚTBOL SALA

R. Torres

Chega a liga de fútbol sa la feminino e as xogadoras do Cidade As Burgas non lles pasa o tempo para que o sábado, 10 de setembro, a partir das 17 horas salten á cancha central do pavillón dos Remedios onde dispu-tarán a primeira xornada desta tempada �011-�01� fronte ao Lacturale Orvina, que ven de reforzarse con-siderablemente con respec-to ao ano pasado, fichando a dúas xogadoras chave do Valladolid sendo unha delas a ourensá Andrea.

“Comezamos con moita ilusión xa que debutamos na casa e agardamos ter unha primeira volta similar á do ano pasado. Pero temos que ter coidado porque o Orvina reforzouse con dúas xogadoras do Valladolid e non vai a ser nada sinxelo vencer”, comentaba Code-se, quen “só agardo puntuar en dous ou tres partidos dos cinco primeiros para coller moral para o resto do ano”. O inicio da �011-�01� para as de Codeso comeza co enfrontamente contra o Orvina para seguir contra o Diamante Rioja e Rubi como visitante, e o Vallado-lid e o Universidade de Ala-cante nos Remedios, nas cinco primeira xornadas da Primeira División de fútbol sala feminino.

Carmen, recuperadaA xogadora do Cidade,

Carmen, que o ano pasado

Redacción

O caso Vanessa Sote-lo segue dando que falar. A última nova deste caso foi o comunicado oficial que desde o club Cidade As Burgas fixeron chegar a todos os medios de co-municación. Nel, a xunta directiva quere sair ao paso das descalificacións que está sufrindo o club por parte dalgúns medios de comunicación que in-sinuan que reteñen contra a súa vontade a xogadora Vanessa Sotelo.

O Cidade deféndese das acusacións dicindo que a xogadora está vinculada ao club “por esta tempa-da” e que toda vinculación “ entre unha deportista e o seu su club ven determi-nada en cada caso polo que dispón os regulamen-tos federativos, que son refrendados polo Consello Superior de Deportes e re-gulan prolixamente estas cuestións para todos os que integran a organiza-ción federativa”.

Outro dos puntos do co-municado é a negación de que pediran diñeiro polo traspaso da xogadora. Ar-gumentan que “o corpo técnico non se plantexa opción alguna máis que se-guir contando co concurso e participación da máxima goleadora do noso primei-ro equipo, peza chave do noso proxecto deportivo inmediato”, e aseguran que de non ser así, o que pretenden é “intentar che-gar a un acordo beneficio-so para as partes interesa-

das”.Remata o comunicado

lamentando “acusacións inxustas e infundados xuí-zos de valor sen nin sequera ter tratado de recabar antes a postura do club” e “agra-decer a Fernando Varela, concelleiro de Deportes, o interese e preocupación de saber a versión do noso club, e pedir disculpas po-los danos que se poidan estar causando a entidades como Pabellón C.F.” que “non teñen nada que ver connosco”.

Case perdidaManolo Codeso, respec-

to a este caso, sincérase e comenta que “nós a temos case perdida, pero o que me fastidian son as formas e as numerosas falsedades que se están a dicir ao redor do noso club”. Codeso apro-veita para dirixirse á xoga-dora e ao seu propio pai e confesa que “deberían frear isto. Nós portámonos moi ben con ela e non merece-mos o que está a pasar nin eu, nin Camilo (presidente do Cidade As Burgas), nin a directiva do Pavillón, nin o Concelleiro de Deportes”. Por outra banda, o técnico ourensán diríxese ao Ponte, “paréceme que se está le-vando esta historia a un ám-bito que non é o deportivo. Nós pelexamos polos nosos dereitos, por iso agardamos que o Ponte se poña en con-tacto connosco para que as directivas se poñan dacor-do. Non é cuestión de car-tos, o que buscamos é poder plantexar o futuro do noso equipo, nada máis”.

Novo episidio do conflicto Sotelo4 o cidade manda un comun-cado defendo a súa postura.

Cidade As Burgas, dispostas a quentar a liga4 o equipo ourensán afronta a segunda tempada na elite do fútbol sala feminino con gañas de repetir a gran campaña re-lizada o pasado ano.

A plantilla do Cidade xunto ás Burgas que lle dan nome ao club./RAMSÉS.

o cidade as burgas comeza a liga o sábado, 10 de setembro contra un reforzado lacturale orvina. o encontro será a partir das 17.00 horas na cancha central do pavillón dos Remedios.As ourensás chegan con moita ilusión a este inicio ligueiro

pasouno prácticamente en blanco por mor dunha le-sión no xeonllo (apenas xo-gou uns minutos en toda a tempada), xa está totalmen-te recuperada e pode ser un reforzo de luxo para o equi-po franxiverde.

Page 10: 12 Sept 2011 - BD Nº40

10 BARRIOS DEPORTIVO9 de setembro de �011 ENTREVISTA

Defendendo as nosas cores4 A nosa seguinte mundourensá en ser entrevistada é un dos referentes no fútbol sala feminino español. Trátase de sara Moreno, “sarita”, que unha tempada máis seguirá a defender as cores do ponte ourense, actual campión da división de Honra, supercopa e copa Ibérica.R. Torres

Nesta ocasión a mundou-rensá que nos deixou coñe-cela un pouco máis de preto é, sen dúbida, das mellores xogadoras de fútbol sala fe-minino do noso país. Con-vocada coa selección na-cional, Sara Moreno, máis coñecida como “Sarita”, é ala-pívot do Ponte Ourense dende a tempada pasada. Carácter, gracia e profesio-nalidade combínanse á per-fección nesta cordobesa de �6 anos que cambiou o seu cálido sur polo frío norte en busca de mellorar como xogadora e como persoa e que deixa coa boca aberta a propios e estranos cando pisa a cancha.

Que te motivou a acep-tar a oferta do Ponte Ourense o ano pasado?

Sara Moreno: “A ver-dade é que me atraeu moito o proxecto deportivo. Ade-mais, faláranme moi ben, non só do equipo senón ta-mén da súa calidade humá e coñecía a xente de aquí. En Córdoba sentín que remata-ra un ciclo e buscaba unha experiencia nova”.

E que te levou a reno-var?

S.M.: “Basicamente o mesmo: o grupo, o nivel humán, o trato que me de-ron. Tanto a nivel persoal como deportivo cumplíron-se as miñas expectativas e decidín continuar un ano máis”.

Ao longo da túa estadía no Ponte, consideras que o conxunto evolucionou?

S.M.: “Si, sen dúbida. E este ano o que buscamos xa non é só gañar títulos, senón que é mellorar a ca-lidade do xogo”.

Como afrontades a nova tempada logo de vir de ga-ñar a Supercopa e a Copa Ibérica?

S.M.: “Comezamos loi-tando contra un recén as-cendido, pero iso non quere dicir nada porque calquera conxunto pode darche un susto, xa que se ascendeu foi por algo. O noso obxec-tivo é seguir gañando, con humildade e traballo como ata o de agora, aínda que vai ser máis complicado porque todo o mundo vai querer gañarlle ao campión, pero estaremos aí todas para evitalo”.

Como foi a túa adapta-ción a Ourense?

S.M.: “Ao principio pa-seino un pouco mal porque apenas saíra de Córdoba (tan só fun tres meses a Va-lladolid) e botei moito de menos á miña familia. Aos andaluces gústanos moito estar na casa, polo que os

primeiros meses foron du-ros, non por nada de Ouren-se, senón porque extrañaba á miña xente. Pero despois xa estiven ben”.

Que é o mellor e o peor de trasladarse do sur ao norte?

S.M.: “O peor para min foi o frío e a distancia ca miña familia, á que podo visitar poucas veces. O mellor é que madurei per-soalmente moito ao vivir soa. Ademais traballo e vou comezar agora un ciclo de fútbol sala. Por iso tiven que aprender a solucionar os problemas eu soa”.

Que foi o que máis te sorprendeu de Ourense?

S.M.: “A tranquilidade da xente. Non sei se será porque en Andalucía somos máis hiperactivos, pero a verdade é que é algo que me segue agradando porque eu son moi impulsiva e, en xeral, acá a xente é moito máis calmada”.

Que é o que agardas da vindeira tempada a nivel colectivo e individual?

S.M.: “A nivel colectivo agardo que consigamos o maior número posible de títulos que disputemos ou, polo menos, poder ir ca ca-beza ben alta de ter pelexa-do por eles. E a nivel indi-vidual, seguir aportando ao equipo o máximo e conse-guir manterme un ano máis na selección nacional”.

Cal é a túa meta profe-sional no fútbol sala?

S.M.: “Sei que é moi di-

fícil vivir, de momento, do fútbol sala feminino, pero seguirei xogando con todas as gañas”.

Como ves o fútbol sala feminino en termos xe-rais?

S.M.: “Penso que nalgúns aspectos aínda non avanza. Creo que este deporte non recibe todo o apoio que merece, tanto por parte dos patrocinadores, dos medios de comunicación e das ins-titucións”.

E a nivel de Ourense?S.M.: “En canto ao femi-

nino os dous equipos da ci-dade contamos con moitos seguidores. De todos mo-dos, quero animar á xente a

Sarita soña con gañar algún día a Copa. /RAMSÉS

que veña a vernos, porque se engancharán. E é unha magoa que habendo dous equipos ourensáns en Di-visión de Honra haxa xente que non os coñeza”.

E ó público?

4 Máis persoal-Sara Moreno Molina naceu en Villarrubia (Córdoba)

o �3 de marzo en 1985 e era tan só unha nena cando comezou a facer virguerías cun balón de fútbol.

-Logo de celebrar, só en División de Honra, 3 ligas, � Supercopas e � Copas Ibéricas (co Caja Sur e o Ponte Ourense), á impulsiva “Sarita” quédalle aínda un soño por cumprir: gañar a Copa, a competición que máis lle gusta.

-A número 14 do conxunto de Óscar Vivián confe-sa que a súa comida favorita é o polo, a súa bebida a Coca-cola, a súa cor o azul e tan pronto lle sexa posible gustaríalle escaparse de novo a Ámsterdam.

S.M.: “Os que veñen son moi acolledores e apoian-nos moitísimo, pero espero que veñan máis persoas e de xeito máis seguido, por-que a calor do público axú-danos moito”.

sarita anima aos ourensáns a que se acheguen a ver aos seus dous equipos de fútbol sala feminino. “Engancharanse”, asegura.

Page 11: 12 Sept 2011 - BD Nº40

BARRIOS DEPORTIVO9 de setembro de �011

11NOVAS

Co sorteo dunha bicicle-ta de montaña a gasolineira de Reza, do grupo Anpian, quere celebrara a incorpo-ración de novos servizos.

A estación de servizo de Reza vén de mellorar o seu ponte de lavado, que agora incorpora lavado de llantas, lavado de fondos e lavado de vehículos industriais, tanto camións como vehí-culos.

Trátase de tres presta-cións que se ofrecen en Reza como único sitio en toda a provincia de Ouren-se. Desde agora, a estación de servizo está preparada para que se poidan lavar todo tipo de vehículos, de calquera tamaño, xa sexan

noTIcIas dE EMprEsa

A gasolineira de Reza sortea unha bicicleta de montañaA estación incorpora novos servizos

turismos, furgonetas, ca-mións ou autobuses.

Sorteo da bicicletaAdemás, desde o 1 de se-

tembro por cada 30 euros de repostaxe na gasolinei-ra, os clientes reciben unha

papeleta para o sorteo dunha bicicleta de mon-taña Specialized modelo �01�. O sorteo terá lugar o 5 de xaneiro de �01�, e realizarase tantas veces como sexa necesario ata que apareza o gañador.

Lavado de fondos dun vehículo na estación de servizo de Reza.

Redacción

O sábado 17 e domingo 18 deste mes, o Ateneo de Ourense acolle o “II Open de xadrez activo -Xosé Enrique Rodríguez Peña-”. O torneo disputa-rase polo sistema de xogo suízo a sete ou oito rondas dependendo do número de participantes e cun tempo de �5 minutos por partida. Haberá unha única cate-goría e obterán premio os catro primeiros clasifica-dos, o mellor clasificado que sexa socio do Ateneo, e o mellor clasificado do club Ateneo. A inscrición é gratuíta e pódese realizar a través do correo electró-

Xadrez no Ateneo4 os días 17 e 18 celebrara-se o II open de xadrez -Xosé Enrique rodríguez peña-.

Cartel do torneo de xadrez que se celebra no Ateneo.

nico [email protected] ata o día ante-rior ao torneo.

Balonmán en RibadaviaRedacción

O venres, 9 de setem-bro no pavillón municipal de Ribadavia celébrase o Trofeo de balonmán Festas do Portal. O even-to que se organiza polas festas patronais do conce-llo ourensán contará coa presenza dos equipos As. BM Carballiño, Pabellón Ourense e o equipo local do Viña Costeira enfron-tándose nun triangular.

Ás �0.30 horas o Viña Costeira xogará contra o equipo do Carballiño, o se-gundo encontro, ás �1.30 horas medirá as forzas dos de Carballiño contra os da capital, Pabellón Ourense, e pechará o triangular (ás ��.30 horas) o encontro entre o Pabellón Ourense e o Viña Costeira.

Page 12: 12 Sept 2011 - BD Nº40

1� BARRIOS DEPORTIVO9 de setembro de �011 ATLETISMO

Paula Lodeiro

Correndo ou andando, de maneira individual ou por relevos, catro son as for-mas coas que completar os 4�.195 metros do circuito do Maratón do Miño o do-mingo � de outubro. A en-tidade organizadora, a Fun-dación Ceo, agarda reunir 1.500 participantes nesta quinta edición dun mara-tón que conxuga deporte e posta en valor dos recursos turísticos, gastronómicos e patrimoniais da nosa cida-de.

Tanto a carreira como a andaina darán saída ás 9 da mañá e os atletas e andaríns deberán completar o per-corrido antes das 15 horas. Partindo da praza Maior, pasarán pola zona histórica, campus e as diferentes zo-nas termais do Miño.

PremiosHaberá trofeo aos tres

primeiros clasificados en categoría individual e fe-minina, ao equipo mellor clasificado en relevos e de modo especial ao equipo feminino mellor clasificado en relevos, coa finalidade de incentivar a participa-ción feminina.

Na modalidade de an-

daina serán distinguidos os catro primeiros homes e mulleres que alcancen a meta: o primeiro par-ticipante en individual masculino, a primeira par-ticipante en individual fe-minino e as dúas persoas participantes do primeiro equipo en chegar a meta por relevos.

Ademais mantense a distición á persoa ou gru-po que participen coa ves-timenta ou disfraz máis creativo e orixinal e todos os participantes recibirán a bolsa do corredor, e os que finalicen a proba, un diploma acreditativo.

En canto a infraestrutu-ras e servizos cabe desta-car a dispoñibilidade de vestiarios, traslado de bol-sas desde a saída á meta, servizo de fisioterapeutas e médicos, e avituallamen-to cada cinco quilómetros e na chegada.

InscriciónsO prazo de inscrición

mantense aberto ata o �8 de setembro, a un prezo de 15 euros para os que se ins-criban ata o 19 de setembro e de �0 euros a partir desta data. Toda a información da carreira está en www.maraton.ceo.es.

V Maratón do Miño4 a Fundación cEo estima reunir 1.500 deportistas o próximo 2 de outubro.

Presentación do V Maratón do Miño./CEO.

Redacción

Antonio Madriñán e De-metrio Álvarez proclamá-ronse campións das �4 ho-ras da Fresneda (Asturias) ao chegar xuntos á meta despois de �4 horas e 150 quilómetros nas pernas.

A carreira tivo lugar no club de campo da Fresneda sobre un percorrido dunha milla (1.609 metros). En-tre os atletas que toma-ban a saída atopábanse o subcampión de Irlanda de �4 horas, Edie Gallen, e o campión de España de �4 horas e tamén interna-cional Angel de la Mata, entre unha gran multitude de ultrafondistas de alto nivel e atletas de diversas distancias, sendo un total de 750 atletas os que to-maron a saída.

R. Torres

Despois de dúas probas do I Circuíto de carrei-ras populares “Correndo por Ourense” chegáse ao ecuador da competición coa proba organizada polo club Casa da Xuventude en colaboración co Con-sello Municipal de Depor-tes, que se disputará polo contorno do Campus Uni-versitario sobre unha dis-tancia duns 6.500 metros. A novidade deste ano con respecto á da edición an-

vI “penedos do lobo” Redacción

O Centro Cultural da Deputación acolleu a pre-sentación da VI edición da carreira de montaña “Pe-nedos do lobo”, que terá lugar o día 18 de setembro na estación de montaña de Manzaneda e nos seus arredores.

DisciplinasA proba inclúe as dis-

ciplinas de maratón, an-daina, MBT (bicicletas de montaña) e cross, cun novo percorrido para to-das as especialidades, que pasa polos pobos de Re-queixo, Placín e Paradela de Arriba, incrementando o desnivel acumulado de anos anteriores.

Penedos do Lobo está entre os cinco maratóns alpinos máis importan-tes a nivel nacional e un dos seis que conforman o Técnica - Circuito Alpino �011.

A terceiro proba de “Correndo por Ourense”, nas Lagoas4 A organiza este domingo, 11 de setembro o club casa da Xuventude de ourense.

terior reside en que a meta e a saída atópanse na pista de atletismo que hai no Cam-pus de Ourense.

Márquez e Fernández os dominadores

Nas dúas primeiras pro-bas deste circuíto, dous nomes resaltan sobre o resto: en categoría mascu-lina, Pepe Márquez, atleta do ADAS O Barco é o que marcha na primeira posi-ción do circuíto ao vencer nas dúas primeiras probas (Ponte e nocturna) do even-

to. Pola súa banda, Iria Fer-nández (Academia Postal)

fixo o propio en categoría feminina, sendo estes dous atletas os claros favoritos a ser os campións da primeira edición do “Correndo por Ourense”, á que lle queda por disputar as carreiras da Casa da Xuventude (11 de setembro), a do Couto (9 de outubro) e a da Carballeira (�3 de outubro).

Madriñán e Álvarez, campións das 24 horas da Fresneda4 Entraron xuntos na meta.

Desde os primeiros in-tres, Madriñán e Álvarez xa imprimían un forte ritmo que os levaba a ser os pri-meiros en facer a distancia de maratón. Ás 10 horas de carreira a distancia cos perseguidores xa era moi grande polo que os dous

ultrafondistas aminoraron o ritmo; xa ao amencer a distancia era insalva-ble (30 quilómetros con respecto ao seu máximo perseguidor) polo que só tiveron que esperar a que pasaran as horas para che-gar ás �4 horas de carreira cun total de 150 quilóme-tros o que supuxo un novo récord absoluto da proba.

Na entrega de premios fíxéronlles entrega aos dous deportistas dun trofeo con-memorando o Camiño de Santiago que percorreron correndo recentemente.

Madriñán e Álvarez nas 24 horas da Fresneda.

“Pipe” (Esprintes Ourense) cos seus fillos na nocturna.

Page 13: 12 Sept 2011 - BD Nº40

BARRIOS DEPORTIVO9 de setembro de �011

13PUBLICIDADE

Page 14: 12 Sept 2011 - BD Nº40

14 BARRIOS DEPORTIVO9 de setembro de �011

HOQUEI / ACTUALIDADE

R.T.

Esta fin de semana (do venres 9 ao domingo 11) o “Octopus Hockey Festival” celebra seis anos de hoquei veterán no campo de Ma-riñamansa, como colofón a dúas fins de semana de hoquei na nosa cidade, logo de celebrarse a décima edi-ción do Open de hoquei a semana pasada.

Seis anos de hoquei veterán4 0 “octopus Hockey Festival” celebra a súa sexta edición con equipos de España, portugal, Irlanda do norte e Holanda.

Nesta sexta edición seis son os equipos masculi-nos participantes por tres no apartado feminino. De Cataluña, Irlanda do Nor-te, Portugal e Holanda, xunto cos anfitrións do Club Deportivo Open en ambas categorías son de onde proveñen os equipos participantes que disputa-rán o trofeo Ford Tomóvil e que pertence ao circuíto

europeo de veteráns; este circuíto está incluído nas competicións oficiosas da Federación Europea com-posta por torneos ao longo da xeografía europea.

Defendendo títuloO Club Deportivo Open

defende o título acadado o ano pasado e espera me-llorar o seu rendemento despois da mala actuación

colleitada no torneo cele-brado no mes de maio en Dublin (Irlanda), rema-tando na sétima posición. Pola súa banda, ás veterás tentarán seguir a estela dos homes neste torneo e consolidar o seu dominio en Ourense.

Non só deporteAdemais de ser un

evento deportivo, o Open de veteráns tamén se pode considerar un evento cul-tural e turístico polas ac-tividades pararelas que se celebran. Un curso de fotografía será un dos atractivos desta edición. O curso impartirao Alfre-do Ferrer, un dos mello-res fotógrafos acreditados pola Federación interna-cional de hoquei, en co-laboración coa Escola de Arte Antón Failde (onde se celebrará o curso) e a Delegación da Consellería de Educación.

Unha recepción oficial nas termas de As Burgas e visitas á cidade, ademais da cea oficial no Liceo será as outras actividades ocio culturais que conta-rán coa colaboración da Concellería de Educación e respaldado polo Conse-llo Municipal de Deportes e a Deputación.

o cd open defende o título acadado o ano pasado

Redacción

Iníciase o curso acadé-mico e é tempo de orga-nizar o que serán os vin-deiros meses de traballo, pero tamén de ocio, dos membros da comunidade universitaria. O Servizo de Deportes da Universi-dade de Vigo ofrécelles no campus de Ourense un amplo abano de Es-colas Deportivas nas que gozar do tempo libre de xeito saudable. Estudanta-do, profesorado e persoal administrativo poderán inscribirse nalgún dos 38 cursos que se impartirán e que abranguen desde rug-by e golf ata ioga e danza oriental.

“O obxectivo das esco-las é ofrecer á comunidade universitaria unha opción de ocio e deporte para os seu tempo libre e que se adapte aos seus gustos e horarios, polo que deseña-mos unha programación moi diversa”, salienta Ro-drigo Pivida, técnico do Servizo de Deportes do campus de Ourense. Se-gundo explica, cada curso entre 300 e 400 persoas participan nas Escolas Deportivas, que este ano abranguen 38 modalida-des que se impartirán nas instalacións do Servizo de

Deportes, na piscina uni-versitaria, no Pavillón dos Remedios e nos centros pri-vados de Aqua-Sport Zone, Camino Pilates, Golf Pazo da Touza, La Casa del Ele-fante, Sabrosura, Saraiba, Ximnasio �000, Ximnasio Dinamic Center e Ximnasio Marbel.

Como exemplo das ac-tividades que se levarán a cabo nos diferentes espa-zos, Pivida salienta que nas instalacións do Servizo de Deportes se ofertan cursos de abdominais, aero-jump, boot camp, defensa per-soal-artes marciais mixtas, power dundell, rugbi, tenis, tenis para nenos, voleibol e xadrez.

Prezos para todos os petos

Cada unha das escolas ten as súas propias caracte-rísticas de duración, horas, prezo e número de créditos que se poden conseguir. De xeito xeral, a maioría delas consisten nunha hora de ac-tividade dous días á sema-na, con prezos que oscilan desde os 10 euros ata os 130 euros.

O primeiro prazo para matricularse nas Escolas está aberto ata o �8 de se-tembro, comezando a acti-vidade o 5 de outubro. + en http://deportes.uvigo.es

ábrese o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas do campus4 38 opcións para gozar do deporte no tempo libre.

Un lance do xogo dun partido da última edición do Opén de Veteráns./ARQUIVO.

Partido do Open Ourense do pasado sábado 3 de setembro./RAMSÉS.

Page 15: 12 Sept 2011 - BD Nº40

BARRIOS DEPORTIVO9 de setembro de �011

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�009. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Alfonso Vilachá.

Nº40 - Ano: III - 9 de setembro de �011 - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

4o rIncÓn do MEsTrE

Escola de fútbol: premisas do fútbol base (III)

5.- Para que o proceso de formación sexa eficaz, a improvisación ha de ser substituída por un ensino programado, comedido e á súa xusta medida. Non sexamos impacientes e presurosos. Cada neno fracasa non só no fútbol, senón noutras actividades, cando a súa tarefa non foi progresiva. Só cando as esixencias dos adestramentos e competición coinciden coas capacidades intelectuais, psicolóxicas e motrices dos mozos deportistas, estes mesmos aprenden de forma rápida, eficaz e duradeira. Os seus adestramentos e competición deben de ser como o seu zapato, á súa perfecta medida. Nas categorías inferiores non recollemos froitos, xerminamos sementes.

“Se non sabes onde vas, darache o mesmo calquera camiño”

6.- Que facer co talen-to? Cando falamos de talento referímonos esa especial aptitude ou capa-cidade formada por com-poñentes tales como, a imaxinación, a fantasía, a xenialidade, a creativida-de para o exercicio dun-ha ocupación, neste caso preciso, o fútbol.

O talento hai que ades-tralo, reconducilo sema-nalmente e aplicalo nos partidos. O mozo xoga-dor, aos poucos, ha de se

ACTUALIDADE

coñecedor do seu talento, ha de ser consciente do que é capaz de facer, do rol a levar a cabo e do que non debe de facer.

Evitemos robotizar, hi-potecar, aniquilar o talento do mozo xogador; de facelo estariamos a roubar o ta-lento en detrimento do xo-gador e do equipo. O xoga-dor robotizado perde a súa propia identidade, pérdese do grupo, non goza do que máis lle gusta, séntese frus-trado e co tempo abandona a actividade deportiva.

“A liberdade de acción dun xogadore só está limi-tada polas regras da súa propia capacidade”

[continúa o próximo nº]Alfonso Vilachá, profesor de Educación Física e entrena-

dor nacional de fútbol

“nas categorías inferiores non recollemos froitos, xerminanos sementes”

Alfonso Vilachá.

o club náutico de castrelo de Miño ocupou a terceira posición no caixón do podio

Redacción

O Club Náutico de Porto-sín foi a mellor escola das oito que participaron na concentración celebrada en Castrelo de Miño, grazas aos seus mellores regatistas que acadaron a primeira, cuarta, sexta e decimoter-ceira posición. A escola de Sada, campioa no �010 foi a segunda clasificada men-tras que o CN Castrelo de Miño ocupou a terceira pra-za.

O C.N Portosín demos-trou un gran nivel xa que os seus regatistas venceron

O CN Portosín, dominador da XIV Concentración de escolas de vela4 o encoro de castrelo de Miño acolleu ademais a copa de-putación.

tanto na regata de escola como na de Copa Deputa-ción desbancando ao ante-rior campión, Sada.

O vencedor foi Pablo Oli-ver, de Portosín, por diante de Alfedro Fernández, de Ferrol e de Carlos Manso, de Sada. A regularidade dos regatistas locais fixo que acadaran a terceira posición por equipos. Portosín su-maba �4 puntos, Sada 3� e Castrelo 60, tras a suma dos postos dos seus catro rega-tistas mellor clasificados.

Copa DeputaciónA regata Copa Deputa-

ción foi para Pedro García Liñares do C.N. Portosín por diante do seu compa-

ñeiro Bernardo Campos. En 3º lugar quedou Ale-jandra Vicens Martínez do C.N.D. de Riveira. A mellor regatista local foi Iria Reyes, que rematou en décima posición.

En total foron oito esco-las de toda Galicia as que se desprazaron ao encoro ouresán xuntándose nas augas de Castrelo máis de 50 nenos de entre 7 e 14 anos cos seus optimist.

A competición en Castrelo estivo moi disputada. /CNCM

Dous participantes en Castrelo de Miño. /CN CASTRELO DE MIÑO

Page 16: 12 Sept 2011 - BD Nº40

BARRIOS DEPORTIVO9 de setembro de �011


Top Related