Download - 23º domingo tob
Domingo 23º TEMPO ORDINARIO - CICLO B
Abriranse os ollos do cego, os oídos do xordo destaparanse, saltará coma un corzo o coxo e a lingua do mudo
cantará”.
( Isaías 35, 4-7)
A profecía de Isaías anunciaba os futuros tempos mesiánicos.
O profeta ollaba ao seu redor e vía un ermo.
Anunciaba tempos de mananciais e torrentes, de augas e estanques
na estepa.
Esas esperanzas eran o reflexo dunha humanidade que busca en Deus a salvación integral da
persoa e da sociedade.
É bo evocar esas esperanzas, por utópicas que parezan. Por difícil que pareza a tarefa, ninguén pode caer na tentación de abandonala. O Evanxeo xera un mundo novo. A evanxelización é a tarefa da vida cristiá.
Xesús apartouno da multitude, achegou os seus dedos aos oídos
e á boca do enfermo e pronunciou a palabra “Effetá”
que significa “Ábrete”.
O evanxeo deste domingo dinos que a xente pediu a Xesús
que impuxese as mans sobre un home xordo e que apenas podía falar.
Só os xestos das súas mans podían facer perceptible
a compaixón e o poder de Xesús.
E aquela palabra podía manifestar a súa forza e
autoridade a todos os que podían oílo.
Xesús ergueu a vista ao ceo e suspirou.
Coa súa mirada ao alto sinalaba habitualmente a súa confianza
no Pai.
O seu alento cortado reflectía o seu achegamento á dor o á
debilidade das xentes.
Divino e humano. Así era El. E así terían que ser
todos os que tratasen de seguir o seu camiño ao longo dos
séculos.
“Todo o fixo ben”
As accións boas reflicten a bondade de quen as fai.
A bondade e a compaixón de Xesús.
Se en Israel os libros santos
invitaban ao crente a “oír” a voz de Deus,
é porque dela dependía a súa liberdade.
“Fai oír os xordos”
Agora Xesús capacita os xordos para escoitar e aceptar de corazón
a única palabra que libera.
“Fai falar os mudos”
Se os ídolos tiñan boca, non había voz na súa garganta.
A mudez era o sinal máis claro da súa falsidade.
Agora Xesús exhorta os seus a anunciar por todas partes a
mensaxe da salvación e da vida.
Señor Xesús, axúdanos a escoitar con fe
a túa palabra e a anunciala en todas partes
con coraxe e ledicia. Amén.
Autor: José Román FlechaA PALABRA DO SEÑOREd. Secretariado Trinitario -Salamanca 2007