EEEE DDDD IIII TTTT OOOO RRRR IIII AAAA LLLL
Este curso pasará á historia por ser un dos que viu máis declaracións en defensa do galego dende multitude de ámbitos: manifestacións, Real Academia Galega, asociacións culturais civís etc. A razón disto estriba na crenza da Xunta de Galicia de que o idioma galego non está en inferioridade de condicións con respecto ás linguas de maior prestixio social, como o castelán e o inglés. Na realidade vese que isto non se dá. Esta situación sociolingüística de desprestixio e desuso xeracional (como mostrades na enquisa que aparece no blog) incluso forma parte do programa de Lingua e Literatura Galega de 2º de bacharelato e da Selectividade, e recibe o nome de diglosia. Dende o ensino, mundo no que o idioma galego se vai perdendo de curso en curso a pesar de este ser o idioma maioritario empregado polo profesorado, polo menos neste centro, temos que seguir potenciando a normalidade de uso do galego: non basta só con que eu fale en galego cos meus e as miñas colegas senón que tamén sería normal que utilizase esta mesma lingua nas miñas notas persoais, nos poemas e historias que escribo, nas mensaxes que lles mando pola rede ás miñas amizades…
Daquela, a experiencia deste curso debería servirnos como exemplo de que calquera dereito pode desaparecer porque a súa existencia non vén dada de antemán. Sería ideal que o dereito ao uso do idioma materno nunca se vise conculcado por complexos sociais que precisamente a propia escola nos aprende a evitar. A igualdade demóstrase coa liberdade e comodidade de uso. Agardamos mellores tempos para o galego.
Por certo, a portada é de Diego de la Iglesia, de 3º ESO.
ÍNDICE
Día das Letras Galegas...................................... p. 2
Asociación Astronómica Sirio.............................. p. 4
Encrucillado..................................................... p. 6
Traballos dos dep. de Plástica e Debuxo.............. p. 7
Premios do II Concurso de Microrrelatos.............. p. 11
Itinerario de A praia dos afogados...................... p. 14
Ligazóns......................................................... p. 16
1
DÍA DAS LETDÍA DAS LETDÍA DAS LETDÍA DAS LETRAS GALEGAS 2010RAS GALEGAS 2010RAS GALEGAS 2010RAS GALEGAS 2010
UXÍO NOVONEYRA
Letanía de Galicia
GALICIA digo eu ún di GALICIA
GALICIA decimos todos GALICIA
hastr’os que calan din GALICIA
e saben sabemos
GALICIA da door chora á forza
GALICIA da tristura triste á forza
GALICIA do silencio calada á forza
GALICIA da fame emigrante á forza
GALICIA vendada cega á forza
GALICIA tapeada xorda á forza
GALICIA atrelada queda á forza
libre pra servir libre pra servir
libre pra non ser libre pra non ser
libre pra morrer libre pra morrer
libre pra fuxir libre pra fuxir
GALICIA labrega GALICIA nosa
GALICIA mariñeira GALICIA nosa
GALICIA obreira GALICIA nosa
GALICIA
GALICIA viva inda irmandiña
2
recóllote da TERRA estás mui fonda
recóllote do PUEBLO estás n’il toda
recóllote da HISTORIA estás borrosa
recóllote i érgote no verbo enteiro
no verbo verdadeiro que fala o pueblo
recóllote prós novos que vein con forza
prós que inda non marcou a malla d’argola
prós que saben que ti podes ser outra cousa
prós que saben que o home pode ser outra cousa
sabemos que ti podes ser outra cousa
sabemos que o home pode ser outra cousa.
DÍA DAS LETRAS GALEGASDÍA DAS LETRAS GALEGASDÍA DAS LETRAS GALEGASDÍA DAS LETRAS GALEGAS 2010 2010 2010 2010
www.uxionovoneyra.com
3
0B9 de outubro do 2009
1BHAsociación Astronómica Sirio de Pontevedra
O pasado xoves 15 de outubro, os alumnos/as
de 1º e 2º de bacharelato do IES de Cacheiras tivemos
o pracer de participar nunha charla dada por Ángel
Valverde, membro da HAsociación Astronómica Sirio de
Pontevedra.
Este pontevedrés, profesor de Física e Química,
dedica o seu tempo de lecer á astronomía, ciencia que
está de celebración neste ano H2009.
Nesta charla, Ángel comezou describindo a
Asociación da que forma parte. Esta naceu hai algúns
anos da man dun profesor que decidiu formar un
pequeno grupo de astronomía con algúns dos seus
alumnos. Dende aquela, foron moitos os amantes das estrelas que se foron afiliando co
obxectivo de poderen empregar o seu tempo de lecer para adquirir novos
coñecementos, para contactar coa xente que comparte a súa afección e, en definitiva,
para pasalo ben en contacto coa natureza. Na actualidade, a asociación está traballando
para poder crear un observatorio na provincia de Pontevedra, o cal, ademais de ser
empregado polos seus membros, poderá ser visitado por quen o desexe.
constelación de Orión
Galileo foi o primeiro en usar un telescopio para
a observación astronómica
4
Tras este inciso, Valverde estívonos falando sobre
como evolucionou a astronomía ao longo da historia.
Fixo unha viaxe no tempo dende Grecia (onde destacan
nomes como os de HEratóstenes,H HPtolomeoH, HAristóteleHs),
pasando por Roma (os romanos dedícanse a transportar
o saber grego), pola Idade Media (destaca o traballo do
Hmundo musulmánH), polo Renacemento (HNicolás
CopérnicoH) ata chegar á figura de HGalileo GalileiH, quen
apoia a teoría heliocéntrica de Copérnico. Non obstante,
no canto de ser felicitado polo seu descubrimento, o seu
premio é entrar no cárcere. Deseguido, as autoridades
obrígano a manifestar publicamente que todos os seus
descubrimentos son erróneos. Aínda que de mala gana,
este accede xa que, se non, perdería a vida. Cabe citar
que, aínda que negou a validez dos seus traballos publicamente, isto ocasionou que a
xente comezase a interesarse e a analizar máis polo miúdo tales descubrimentos. Deste
xeito, moitos foron os que se deron de conta de que eran certos.
Finalmente, antes de dar por concluída a súa visita, Ángel mostrounos mediante un
programa informático algunhas das constelacións máis importantes, así como algúns
planetas como Xúpiter, que se poderían ver esa noite no ceo galego.
En canto á miña opinión sobre esta visita, podo dicir que me pareceu moi
interesante. Permitiume aumentar os meus coñecementos sobre esta ciencia (que son
bastante limitados, certamente) e tamén as ganas por gozar da natureza, que, aínda que
é extraordinaria, non esperta na mocidade o interese que
debería. Por tanto, gustaríame contar con máis actividades
coma esta ao longo do curso.
Ángela Nogueira. 1º BACH
Telescopio usado por Galileo
5
1
2
3
4
5
6
7
8
A
B
C
D
E
F
G
H
A- Asociación do concello de Teo que toma o nome da árbore que dá olivas. B- Lapis de memoria.
Utilices. C- Tempo. Pronome persoal tónico de 3ª p. Cazola de barro. D- Pau da baralla. O mesmo
ca "ó". E- Nitróxeno. En plural, instrumento de vento. F- Atrévase. Moeda xaponesa. G- Norte.
Liso, sen engurras. H- Bulbo que fai chorar cando se corta na cociña. Existe.
1- Estación do ano. Cen romanos. 2- Ao revés, Sociedade Limitada. Uranio. Pega, xunta. 3- En
plural, habitante de Hispania. Boro. 4- Cinco romanos. Cría do lobo. 5- Pronome persoal tónico de
1º persoa. Soamente. Do revés, interpreta un escrito. 6- Nin isto nin aquilo. Terreo que rodea a casa.
7- Reducises a po un alimento. 8- Cocíñao no forno. Personaxe bíblico que construíu unha arca.
6
EXPOSICIÓN DE
TECNOLOXÍA DE
ALUMNOS DE 2º ESO
DO CURSO PASADO
DIRIXIDOS POR
COVADONGA
PROBANDO OS SEUS
TRABALLOS
7
CARTEIS GAÑADORES DA PRESENTACIÓN DO CLUB DE LECTURA
"RAÍÑA LUPA" EN COLABORACIÓN CO DEPARTAMENTO DE DEBUXO
José Núñez Clara Asperilla
Ángela Maciñeiras
10
PREMIOS EX AEQUO DO II CONCURSO DE
MICRORRELATOS
CÓNTAME A VERDADECÓNTAME A VERDADECÓNTAME A VERDADECÓNTAME A VERDADE
Un día máis, soaba a nosa canción preferida, aquela peza dos Beatles coa que
tantos momentos tiñamos compartido o meu mellor amigo mais eu. Era a música o
mellor recordo que me quedaba del despois da súa estraña morte xa que, deste
xeito, xamais esquecería a súa permanente sorrisa, as eternas conversacións que
tiñamos mentres tocabamos a guitarra polo serán ou as cóxegas que nos faciamos
ata que estremeciamos coa dor de barriga.
Así era el, e trescentos sesenta e
cinco días despois da súa morte seguía
eu na miña habitación botándoo en
falta cada minuto do día. Pero aquela
tarde, sen saber ben por que, sentíame
desacougada e notaba no corpo unha
sensación que endexamais tivera. De
súpeto, unhas cordas de guitarra
fixeron soar as notas musicais daquela
marabillosa canción mentres que
unha ración de cóxegas invadiu por
completo o meu lombo. Xirei a mirada
e quedei paralizada. Non o podía crer.
Carmen Fernández Túñez. 1º BACH
11
O RÍOO RÍOO RÍOO RÍO
Estaba saíndo o sol, almorzara e xa estaba enfiando os carreiros de camiño ao
río. Toda a parroquia coñecía a Marcelino Couto ou tamén chamado O Troiteiro, xa
que pasaba a maior parte do día pescando. Cruzou o regato, mirou como ía a auga e
a dirección do vento. Abriu o cesto e quitou unha caixiña de plástico chea de
culleriñas de metal. Escolleu unha de color cobre que simulaba un insecto tentando
fuxir da auga. Fixo uns cantos lanzamentos arqueando a punteira da cana e en
pouco tempo xa tiña tres troitas rebulindo no cesto de vimbio. Era a hora de xantar
e decidiu facer un último lance. A liña tensouse cun forte golpe seco, o que
significaba que quedara enredado nunha pedra. Amarrándose a un salgueiro
baixou á auga. Remangando a camisa meteu a man para descravar o anzol que
quedara enganchado nunha botella de vidro. Colleu o recipiente, analizouno e viu
que tiña un papeliño dentro.
Chegou á casa, xantou e foi ler a mensaxe escrita no enrugado papel. A súa
cara cambiou radicalmente a medida que ían descendendo as liñas. Empezou a
suar. Esvarábanlle gotas pola cara e empezou a tremer. Púxose encarnado e caeu
teso ao chan. Toda a parroquia coñecía a Marcelino o Troiteiro, e quen non o
coñecera xa non o coñecerá.
Adrián Vales Ferreira. 1º BACH
12
O PROBLEMA DO VICIO É NON TER ABONDOO PROBLEMA DO VICIO É NON TER ABONDOO PROBLEMA DO VICIO É NON TER ABONDOO PROBLEMA DO VICIO É NON TER ABONDO Era unha noite fría e escura, talvez de xaneiro. Chuviscaba. Eu estaba a muxir
a vaca, resgardado no cortello. Un ruído xordo esgazou o denso silencio que me
arrodeaba. Alertoume, soaba a disparo, e demasiado preto. Un berro atemorizado
da miña dona, e outra vez ese son, efectivamente de disparo.
Non con moita ilusión, empapeime mentres percorría a verea cara á vivenda,
ao principio moi rápido, logo máis amodo polo terror. A uns metros da porta
esvarei e dei de cóbado contra o chan. O contacto dos charcos coa miña pel
resultaba tonificante, relaxante, non podía ou non quería moverme de aí.
Tras uns minutos, cando pensei que se cadra pasaría o perigo, entrei no
edificio. O piso da casa estaba enchoupado de sangue, dun vermello moi intenso,
pero nin rastro da muller. Fun ao dormitorio, baleiro pero non baleirado, mais si
revolto: as nosas cousas esparexidas pola habitación.
De súpeto, oín unhas voces provenientes do soto: dous homes estaban a falar;
alcancei unha vasoira, pese a saber que sería inerme de todas as formas ante dous
homes armados, e dei en andar para aló. Un último disparo...
Acordei sobresaltado e suado. A miña señora estábame a dar golpiños e a
gritar para que espertase. Deixara os labores a medio facer, o meu arredor
embarullado e litros de viño polo chan. É que o malo dos vicios é non ter abondo xa
que, se non sabes o que é abondo, nunca comprenderás o que é suficiente; e a
augardente baixaba incriblemente ben.
Daniel Vivanco Vázquez. 1º BACH
13
O pasado 13 de abril, os alumnos de 4ºda ESO e 1º de bacharelato participamos no itinerario da novela A praia dos afogados de Domingo Villar. Sobre as dez da mañá chegamos a Panxón, lugar onde transcorre a historia, e alí esperábanos o escritor para explicarnos con detalle o libro e aclararnos calquera tipo de dúbida que puidésemos ter ó respecto. Tamén participaron máis institutos de secundaria connosco, como eran os do Grove e Cangas entre outros.
Logo de rematarmos a primeira toma de contacto entre escritor e lectores, comezamos o itinerario na praia da Madorra. Alí agardabamos por unha guía, que nos dividiu en dous grupos. Pouco a pouco comezou a contarnos segredos sobre ese lugar e comentounos como Domingo Villar se inspirou nesa praia para contar a historia. Escolleu varios mozos ó azar para exemplificar os feitos.
De seguido continuamos a ruta ata o Templo Votivo do arquitecto Antonio Palacios; puidemos contemplalo tanto por fóra coma por dentro, e dende alí collemos rumbo ó porto pesqueiro.
14
E xa para acabarmos o percorrido, subimos a Monteferro acompañados do historiador Xosé Lois Vilar, que nos orientou a cada momento dos pequenos detalles que facían a novela máis entretida, e tamén nos contou algunha lenda que transcorrera nese mesmo lugar. Finalmente, dirixímonos á praia, onde comemos todos xuntos e descansamos despois da camiñada. Foi unha experiencia moi boa, e o máis importante de todo é que tanto a alumnos coma a profesores lles encantou, xa que constitúe unha forma distinta de poder comprender unha novela, e ademais coa sorte de podela revivir co propio autor da obra.
Noelia Freire. 4º ESO 15
LIGAZÓNSLIGAZÓNSLIGAZÓNSLIGAZÓNS
BLOGS DE CIENCIAS NATURAIS
bificacheiras.wordpress.com blogs.climantica.org
BLOG DO DEP. DE DEBUXO
evpcacheiras.blogspot.com
BLOG DE AUDIOVISUAL
aturuxofilms.wordpress.com
BLOGS DO DEP. DE LINGUA GALEGA
normalizach.wordpress.com lingalega.blogspot.com
BLOG DO CLUB DE LECTURA RAÍÑA LUPA
rainalupa.wordpress.com
16
A este tipo de debuxos feitos con spray chámaselles graffiti (palabra que procede
do italiano). De feito, tamén se chaman graffiti as inscricións que quedaron nas paredes
dende os tempos do Imperio romano.
A orixe dos graffitis deuse nos anos 60 en New York e é un dos elementos básicos
da cultura do hip-hop.
José Nilton da Silva Aurora. 1º ESO