Club Náutico Ría de
Betanzos
piragüismo
!ANÍMATE E APRENDE
PIRAGÜISMO CON NóS!
Telf: 605 641 737
Enderezo electrónico: [email protected]
+Info: www.clubpiraguismobetanzos.wordpress.com.
Club Ría de BetanzosQuen somos?Somos o Club Náutico Ría de Betanzos. Dedicámonos á práctica do piragüismo, un apaixonante deporte acuático.
Cunha longa traxectoria, destacamos na categoría de augas tranquilas, caracterizada por láminas de auga, como a que nos ofrece a ría de Betanzos.
Actualmente o clube conta cunha centena de socios/as e 50 padexeiros/as federados que forman o equipo de competición, composto pola categoría máis pequena (alevín) ata a categoría absoluta (senior). Adestran a diario co fin de participar nas diferentes competicións rexionais, autonómicas, nacionais e internacionais.
Así mesmo, ofrecemos a oportunidade de practicar este deporte a toda aquela persoa que o desexar. Contamos con todo o equipo e material necesario ( piraguas involcables, doadas de manexar) e realizamos unha gran variedade de actividades:
- Equipo de competición.
- Xornadas de piragüismo
- Roteiros en piragua polo río Mandeo.
- Cursos de iniciación ao piragüismo ( de verán; personalizados e para adultos)
• XORNADAS DE PIRAGÜISMO para nenos/as e persoas adultas
Organizamos xornadas de piragüismo na Ría de Betanzos ou no lugar que ti elixas.
- Duración de 3 horas aproximadamente.
- Prazas: de 10 a 20 persoas.
- Prezos: de 12 a 15 €/persoa.
• ROTEIROS EN PIRAGUA para nenos/as e persoas adultas
Con saída no porto de Betanzos, seguimos o trazado da romería dos Caneiros ata Teixeiro, e completamos un total de 7 quilómetros.
- Duración: 3 horas aproximadamente.
- Prazas: de 10 a 20 persoas.
- Prezos: de 12 a 15 €/persoa.
• ACTIVIDADES PARA GRUPOS NUMEROSOS (con descontos especiais) para nenos/as e persoas adultas
Se queredes unha actividade personalizada consultádenos e faremos un programa á vosa medida.
Actividades que podes realizar: Onde nos podes atopar?Estamos en Betanzos, na Ribeira (no antigo Matadeiro), á beira do río Mandeo.
Pónte en contacto con nós!Telf: 605 641 737
Enderezo electrónico: [email protected]
+Info: www.clubpiraguismobetanzos.wordpress.com