Download - Arte renacentista español
Pintura,
escultura e
arquitectura
Arte do
Renacemento
en España
O greco • Doménikos Theotokópoulos (Candía
1541 – Toledo 1614)A súa obra componse de grandes cadros para retábulos de igrexas, cadros de devoción para institucións relixiosas -nos que moitas veces participou o seu obradoiro- e un retratos considerados obras de primeiro nivel.
• Ao comezo do seu traballo en España apréciase o influxo dos seus mestres italianos,e do manierismo*, pero pronto evolucionou cara un estilo persoal caracterizado polas súas figuras extraordinariamente alongadas e delgadas, case fantasmais, con iluminación propia e moi expresivas situadas en ambientes non moi definidos. As cores frías buscan fortes contrastes. A súa preocupación principal era a expresión dos sentimentos, o que fai que os seus cadros teñan un gran dramatismo
• Este estilo identificouse co espírito da Contrarreforma e foise facendo cada vez máis esaxerado nos seus derradeiros años
* O manierismo preocupábase por solucionar difíciles problemas artísticos , como espidos en posturas difíciles ou artificiais . As figuras manieristas teñen frecuentemente cabezas pequenas con cara estilizada e as extremidades raramente son alongadas.
Retrato dun home vello (1595-1600)
(posible autorretrato)
Características do seu estilo
figuras
extraordinariamente
alongadas e
delgadas, case
fantasmais
Composicións
situadas en
ambientes non
moi definidos.
cores frías
buscando fortes
contrastes.
Figuras que
parecen ter
iluminación propia
Gusto polo
claroscuro,
chegando ao
tenebrismo
cabezas
pequenas, caras
estilizadas,e moi
expresivas
posturas difíciles
complicadas, ou
artificiais . Corpos
espidos ou
amosando moita pel
Frecuente
división do cadro
en dous planos:
“terrestre” e
celestial
Evolución do seu estilo Tres versións
do mesmo tema:
A purificación do templo
1.- Venecia (1570)
2.- Roma (1571-1576) 3.-Toledo (1610-1614)
Na primeira cunhas cores cálidas de estilo veneciano e con mulleres semellantes ás de Tintoretto.
Na segunda, salienta máis a figura central e a arquitectura é máis de estilo romano. A luz iguala todo.
Na terceira, as figuras xa son típicas do seu estilo, o cudro é máis estreito e alto, e está dividido nunha zona inferior con figuras e noutra superior de arquitectura alongada e fantasmal. Cores frías e dramatismo nas expresións
1 2
3
Obras mestras:
Enterro do Conde de Orgaz
• No contrato do cadro, asinado en 1586, incluíase unha descrición dos elementos que o artista tiña que representar: "En lo de más abajo... se ha de pintar una procesión de cómo el cura y los demás clérigos que estaban haciendo los oficios para enterrar a don Gonzalo de Ruiz de Toledo, Señor de la villa de Orgaz, y bajaron san Agustín y san Esteban a enterrar el cuerpo de este caballero, el uno teniéndole la cabeza y el otro los pies echándole en la sepultura y fingiendo alrededor mucha gente que estaba mirando y encima de todo esta se ha de hacer un cielo abierto de gloria..."
Obras mestras:
O Cabaleiro da man no peito
• Símbolo do cabaleiro español do Renacemento. A man no peito levada de forma solemne a rica espada, e lea relación que o cabaleiro establece co espectador mirándolle aos ollos, converteron este retrato no modelo do que se considera esencia do español e da honra dun cabaleiro de de Castela.
• Este retrato é unha obra temperá do Greco(1580), recén chegado a España, que aínda deixa ver pouco o que sería seu estilo persoal, e aproxímase á pintura veneciana.
Outras obras mestras
A visión da Apocalipse
(1609-1614)
O cadro recortouse e non corresponde co
encadre ideado polo Greco.
San Xoan, axeonllado en actitude violenta,
está moi desproporcionado.
Ao fondo mártires espidos que recollen as
súas túnicas forman un conxunto
expresionista que anticipa a pintura do
século XX
O Expolio (1577-79). Xesús é despoxado das súas roupas.
O interese céntrase na figura de Cristo". Grazas a unha composición en círculo arredor de Xesús , ao que viste cunha túnica dun vermello rechamante. Aos pés, hai outra escea:o home que prepara a cruz –tamén cunha cor salientada - observado con tristeza polas tres Marías. O personaxe da dereita de Xesús viste armadura
Outras obras
Vista de Toledo
1596–1600
Martirio de San Mauricio Adoración dos pastores
Juan de Herrera: estilo herreriano
Felipe II creou un mosteiro para ser a súa residencia ea súa corte. Era un rei católico e debía implantar a nova relixiosidade do Concilio de Trento. O Mosteiro do Escorial fíxose para conmemorar a Victoria de San Quintín (10 de agosto de 1.557). Os planos son de Juan Bautista de Toledo(formado en Italia e colaborador con Miguel Ánxo na basílica de S. Pedro do Vaticano). Tras da súa morte, o seu discípulo Juan de Herrera continuou a obra. É un mosteiro, templo, palacio e biblioteca. Juan de Herrera deulle unha estrutura máis unitaria e simétrica. O seu estilo renacentista de tipo manierista, chamouse herreriano na súa honra, e imitouse ata entrado o século XVII
Mosteiro do Escorial O exterior do
edificio é de granito,
austeiro e sólido.
Ten catro torreóns
nos extremos e os
seus muros están
cheos de ventás
cadradas, sen
molduras nin
cornixas.
As cubertas son de
xisto negro rematan
en chapiteis e bolas
de granito. A
fachada principal,
na parte oeste,
racha a monotonía
do edificio cun doble
piso de columnas
dóricas xigantes
rematado por un
frontón. No interior
da a hornacina hai
unha imaxe de San
Lourenzo.
Renacemento clasicista
1 Universidade de Alcalá
Rodrigo Gil de Hontañón evolucionou dende o gótico a formas renacentistas. Su fachada,moi harmónica, componse de dous cadrados rematados nunha galería corrida, aos lados dunha portada coroada por un frontón triangular.
2 Palacio de Carlos V en Granada
Pedro Machuca viaxou a Italia facéndose
admirador de Miguel Anxo.
A fachada é moi monumental, Ten o
almohadillado típico do cattrocento.No
piso alto as fiestras teñen frontóns,
triangulares e curvos. Imitando o estilo de
Miguel Anxo
1
2
Mosteiro do Escorial
http://luz-historia-arte.blogspot.com.es/2009/05/renacimiento-espanol.html
Vista aérea Vista: cadro da época Patio de entrada
Biblioteca Nave da igrexa retábulo da igrexa
Palacio de Carlos V en Granada
Situación dentro da Alhambra Vista do proxecto
Vista aérea Patio central fachada
Detalle dun
medallón co
emperador
Alonso de Berruguete A escultura está
vencellada coa relixión e a contrarreforma. Busca retratar con intensidade sentimentos relixiosos e representar a espiritualidade. As obras máis importante son encargos para igrexas: retábulos, imaxes relixosas, monumentos funerarios e pasos para as procesións de Semana Santa.
Utilizan a policromía para resaltar as imaxes.
Os escultores máis importantes (moi influídos por Miguel Anxo) son Alonso de Berruguete e Juan de Juni
1 Sacrificio de Isaac
2 Ecce Homo
3 Martirio de S. Sebastián
4 Retabulo da Anunciación
1 2
4
3
Juan de Juni
De orixe
francés
traballou
sobretodo en
Valladolid e
tamén en León
e Segovia. A
intensidade
emocional das
súas imaxes, o
e o revolar das
roupas fan que
se lle teña
como o pai da
escultura
barroca
española.
Enterro de Cristo1571
Piedade
Virxe dos coitelos
Ecce Homo