Download - C De Inverno
CONSTELACIÓNS DE
INVERNO
0RIENTARSE NO CEOAtopar constelacións é un estímulo para calquera principiante. A clave quizá consista en identificar as estrelas mais brillantes, pescudar a que constelacións pertencen e así ir aos poucos coñecendo o“crebacabezas” do ceo. Orientarse no ceo pode resultar ao principio un pouco desalentador, pero non é mais difícil, por exemplo, que interpretar un mapa de estradas. O mais fácil é localizar unha estrela como referencia e ir saltando de estrela en estrela, e descubrir a constelación a que pertencen. No noso hemisferio, temos a sorte da existencia dunha estrela fácil de ver, que está practicamente no polo Norte, a estrela polar.O xeito mellor de localizala é coa axuda da Ursa Major ou Osa Maior, formada, fundamentalmente, por sete estrelas brillantes en forma de carro ou cazo, moi fácil de localizar
CONSTELACIÓNS CIRCUMPOLARES VISIBLES DURANTE TODO O ANO
Se mentalmente debuxamos unha liña imaxinaria que unha as dúas estrelas máis brillantes da osa, e alargamos esta distancia unhas cinco veces atoparemos a estrela polar. Esta estrela é a última da cola da
constelación chamada Ursa Minor ou Osa Menor. As estrelas desta última constelación son menos brillantes e ocupan unha extensión moito menor que a Osa Maior.
OSA MAIOR E OSA MENOR Observar as diferenzas de brillo e cor entre as súas estrelas.
OSA MAIOR COMPLETA
Localizadas a Osa Maior e a Osa Menor, atopamos Casiopea na parte diametralmente oposta á Osa Maior.
Trazando unha liña imaxinaria desde a estrela central da cola da Osa Maior ata a estrela polar e continuándoa alén da polar chegamos a Cassiopeia ou Casiopea. A súa forma é peculiar xa que segundo a época do ano en que a observemos terá forma de M ou forma de W.
CASIOPEA
POLAR
OSA MAIOR, OSA MENOR, E CASIOPEA
Se continuamos coa liña imaxinaria que trazabamos na localización da estrela polar, acabaremos localizando a constelación en forma de casa con tellado chamada Cepheus ou Cefeo.
OSA MAIOR, OSA MENOR, CEFEO E CASIOPEA
No espazo existente entre a Osa Maior e a Osa menor nace a constelación de Draco ou Dragón, ocupa no ceo un espazo bastante grande
CEFEO, DRAGÓN, OSA MENOR E OSA MAIOR
Cefeo Osa Menor
Dragón Osa Mayor
Seguindo a liña da cola da Osa Maior, mais alá da estrela Polar, esténdese unha ampla zona moi pobre en estrelas brillantes, corresponde á constelación de Camelopardalis ou Xirafa
Jirafa
As SEIS CONSTELACIÓNS CIRCUMPOLARES As frechas indican as formas, xa vistas, de localización.
CONSTELACIÓNS TÍPICAS
DE INVERNO
CONSTELACIÓNS TÍPICAS DE INVERNO
Volvamos á Osa Maior. Se prolongamos a liña como indica a figura localizaremos a unha preciosa estrela amarela denominada Capella. Áchase na constelación de Auriga ou Cocheiro.
COCHEIRO OU AURIGA
Entre as constelacións de Auriga e Casiopea descubrimos a constelación de Perseo. Está situada preto das zonas circumpolares por iso é observable durante gran parte do ano, desde agosto ata abril.
PERSEO ENTRE CASIOPEA E AURIGA
Auriga
PERSEO
Entre os meses de Novembro e Febreiro, podemos localizar facilmente a preciosa constelación de Orion ou Orión, unha das xoias máis marabillosas do ceo. Pódese ver xusto na metade do Norte e o Sur. Para os antigos gregos era “o gran cazador celeste”. Está formada por moitas estrelas brillantes.
ORION
Localizada Orión se imaxinamos unha liña que parta do cinto de Orión localizaremos á estrela máis brillante dos nosos ceos, a Sirio. Áchase na constelación de Canis Major ou Can Maior.
CAN MAIOR
Se pola contra, a liña imaxinaria dirixímola en sentido contrario a Sirio estaremos chegando a Aldebarán, estrela mais brillante da constelación de Taurus ou Touro. E se continuamos a liña chegaremos a localizar ás sete cabriñas ou ao cúmulo de estrelas azuis das Pléiades.
Pléyades
TAURUS E ORION
De novo localicemos Orion. Partamos das dúas estrelas de arriba e prolonguemos a liña imaxinaria unhas dúas veces e media, e aí localizaremos a Proción, estrela mais brillante de Canis Minor ou Can Menor.
CAN MENOR
Con Orion á fronte e seguindo a liña desde unha das estrelas do cinto de Orión en dirección a Betelgeuse, a estrela avermellada por excelencia da zona, chegaremos a localizar a unha distancia dunhas catro veces a Castor que xunto con Pollux forma parte da preciosa constelación de Gemini ou Xemelgos
XEMELGOS O GEMINI
Situada ao sur ou, aos pés de Orion, e ao oeste de Can Maior, xa que logo bastante fácil de identificar nos ceos invernais do hemisferio norte, atópase a constelación de Lepus ou Lebre
Lepus
SITUACIÓN DE LEPUS
LEPUS O LEBRE
Situada no ecuador celeste pegada a Orion polo leste, atópase a constelación de Monoceros ou Unicornio. É rica en cúmulos estelares e estrelas non precisamente brillantes.
Monoceros
LOCALIZACIÓN DE MONOCEROS
Ao leste da constelación de auriga e ao sur da constelación de Gemini atópase a constelación de Linx ou Lince. Está formada por estrelas moi débiles, e xa que logo, hai que ter ollos de lince para detectala
Gemini
LOCALIZACIÓN DE LINX OU LINCE
Ao sudoeste de Orion e ao oeste de Lepus e Canis Major, atópase a constelación de Eridanus ou Eridano. É unha enorme constelación que abarca unha ampla zona, desde a nosa latitude non é visible na súa totalidade, unha parte dela queda fóra do noso horizonte.
ERIDANUS O ERIDANO