PERÍODO DE ADAPTACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvite1/ - [email protected]
CEIP DE VITE I
CURSO 2015 / 2016
PERÍODO DE ADAPTACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvite1/ - [email protected]
PERIODO DE ADAPTACION E. INFANTIL 3 AÑOS
Xustificación:
Coa aprobación Decreto 330/09, do 4 de xuño, polo que se establece o Currículo de
Ed. Infantil establece no artigo 3: “os centros educativos planificarán un período de
adaptación do alumnado para favorecer a transición desde a familia ou dende a escola infantil
á nova situación de ensino aprendizaxe”.
Que é o período de adaptación?
O período de adaptación é tempo que transcorre desde que o neno ou a nena chega
por primeira vez á escola ata que xa se desenvolve con normalidade dentro dela.
Dende o punto de vista pedagóxico, adquire gran importancia a separación do fogar
que a nena ou neno vai vivir ao incorporarse á escola, polo que consideramos fundamental o
período de adaptación, xa que a súa actitude ante a escola, ante as relaciones sociais, ante as
aprendizaxes ao longo de toda a escolarización, vai depender de cómo asimile este proceso,
positiva ou negativamente.
De aí a necesidade de organizar un adecuado período de adaptación para que a entrada
na escola por vez primeira sexa o menos traumática posible, xa que nalgúns casos é a primeira
separación que se produce entre a nena ou neno e a familia. En dito período é moi necesaria a
colaboración da nai e pai.
A nena ou neno ten que ser capaz de asimilar os cambios que supón esta nova
actividade na súa vida cotiá e polo tanto é normal que se presente coma un proceso irregular
onde poderemos observar avances, retrocesos e sentimentos contraditorios de aceptación e
rexeitamento. Igualmente poden aparecer regresións e síntomas diversos.
Para que este proceso se leve a cabo de maneira adecuada é importante manter unha
actitude aberta e receptiva, atendendo aos seus distintos ritmos.
PERÍODO DE ADAPTACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvite1/ - [email protected]
Obxectivos
Obxectivos xerais
O obxectivo principal neste período de adaptación é facilitar a adaptación da nena
ou neno ao centro, establecendo distintos vínculos afectivos entre eles e a súa mestra.
Obxectivos específicos:
Coñecer algúns espazos do centro, tanto interiores coma exteriores (aula, aseos,
biblioteca, sala de psicomotricidade, patio).
Coñecer o nome da súa mestra e dalgún compañeiro.
Adquirir progresivamente certas rutinas.
Familiarizarse con materiais e actividades cotiás.
Desenvolverse cada vez mais de forma autónoma na aula e no centro.
Favorecer a confianza e as relaciones dos pais e nais no centro.
Contidos
Necesidades corporais de aseo e hixiene corporal (pis, lavar as mans).
Os obxectos e materiais de aula.
Actividades e rutinas diarias.
Hábitos sociais: saúdos e despedidas.
Traballarase:
Participación e recoñecemento da pertenza a distintos grupos sociais.
Identificación da súa mestra e dalgúns compañeiros.
Manipulación e experimentación dos obxectos persoais de aula.
Percepción das necesidades corporais e normas para satisfacelas pedindo axuda cando
sexa necesario.
Construción da orden temporal no transcurso das actividades diarias.
Expresión das necesidades persoais.
Utilización das formas socialmente establecidas para relacionarse cos demais: saúdos,
despedidas e peticións.
Coñecer os espazos e profesionais que traballan no centro escolar.
Aceptación das normas establecidas para o funcionamento do grupo clase.
PERÍODO DE ADAPTACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvite1/ - [email protected]
Estratexias metodolóxicas na aula e na casa
Creación dun ambiente cálido, acolledor e seguro.
Establecer unha relación socio-afectiva entre o a nena ou neno e o docente.
Coidar os momentos de acollida e saída, recibíndoos con agrado, falando cos pais e
nais á saída sobre o transcurso da xornada.
A actividade base será o xogo libre e espontáneo cos outros nenos e nenas para
favorecer así a comunicación, os hábitos, a interrelación...
Pedirase ás familias que reforcen aqueles aspectos que sexan necesarios para mellorar
a adaptación do neno nena á escola.
Temporalización
MES DE XUÑO
O período de adaptación desenvolverase ao longo do mes de setembro, segundo o
horario que se indica máis abaixo, onde os nenos comezan esta nova experiencia.
Anteriormente planificamos a finais do mes de Xuño unha reunión xeral para todos os pais e
nais dos alumnos e alumnas de 3 anos que se van a incorporar ao centro, onde se expón a
importancia de realizar un adecuado período de adaptación e as finalidades educativas que o
xustifican.
Na reunión do mes de xuño trátanse os seguintes temas:
- Presentación do equipo de Educación Infantil.
- Que é período de adaptación?
- Como poden colaborar os pais e nais?
- Cando e como vai ser a incorporación á escola?
-Entrega dun cuestionario ás familias, coa fin de coñecer mellor aos nenos e
nenas.
- Recomendacións para o verán.
O MES DE SETEMBRO
No mes de setembro: Distribución do horario escolar e incorporación paulatina do
alumnado.
A aula de tres anos en función do alumnado matriculado queda organizada en 4 grupos
tal e como segue:
PERÍODO DE ADAPTACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvite1/ - [email protected]
GRUPOS GRUPO 1:
1. Barreiro Nieto, Julia
2. Barros Lago, Artai
3. Castro García, Mauro
4. Daibeche, Amina
5. Fraga González, Adrián
GRUPO 2:
6. García García, Diego
7. García Mosquera, Iago
8. Huang, Weichen
9. Iglesias Castro, Naiara
10. Lea Salaño, Ainara
11. Lema Señarís, Damián
GRUPO 3:
12. Martínez Suárez, Laura
13. Mouro García, Mateo
14. Noya García, Roi
15. Pampín Vale, Noa
16. Paz Castro, Daniel
GRUPO 4:
17. Pena Luque, Daniel
18. Rey Aparicio, Noa
19. Rey Taboada, Rubén
20. Sanjurgo Gil, Sergio
21. Serrano Fernández, Gael
22. Torras Villaverde, Ibai
23. Valiñas Moure, Mateo
PERÍODO DE ADAPTACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvite1/ - [email protected]
O horario e os días que asistirán a clase serán los seguintes:
1ª SEMANA
HORARIO
SETEMBRO
LUNS MARTES MÉRCORES 10
XOVES
11
VENRES
10 -11.30h GRUPO 1 GRUPO 3
12.00 -13.30h GRUPO 2 GRUPO 4
ENTREVISTAS
INDIVIDUAIS
2ª SEMANA HORARIO
SETEMBRO
14
LUNS
15
MARTES
16
MÉRCORES
17
XOVES
18
VENRES
10-11.30h GRUPOS 2 E 4 GRUPOS 1 E 3 GRUPOS 1 E 2 GRUPOS 2 E 3 TODOS DE
10,00 – 13,30 12.00 – 13,30 GRUPOS 1 E 3 GRUPOS 2 E 4 GRUPOS 3 E 4 GRUPOS 1 E 4
ENTREVISTAS
INDIVIDUAIS
3ª SEMANA
HORARIO
SETEMBRO
21
LUNS
22
MARTES
23
MÉRCORES
24
XOVES
25
VENRES
09:30 – 14:30 TODOS DE
10,00 – 13,30 HORARIO COMPLETO
Establécense períodos para as entrevistas INDIVIDUAIS coas familias. Recollemos
toda a información posible sobre os novos alumnos e alumnas e dámoslle aos pais e nais
orientacións sobre as próximas semanas.
Actividades relativas á aprendizaxe de hábitos, destrezas e rutinas básicas.
As actividades a realizar coas nenas e nenos no período de adaptación serán
curtas e variadas procurando en todo momento que se relacionen entre si e coa mestra
titora.
Entre estas temos:
1.- Exploración e xogo libre pola aula e patio, coa fin de descargar emocións,
sentimentos e angustias propias destes momentos.
2.-Presentación da aula, das distintas zonas, aprendendo o nome dos distintos materiais
e a utilizalos adecuadamente.
PERÍODO DE ADAPTACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvite1/ - [email protected]
3.-Presentación da mestra, dos compañeiros e compañeiras. Xogos e cancións para
aprender o nome.
4.-Manipulación de diferentes materiais.
5.-Cantar cancións.
6.-Narración de contos.
7.-Fichas individuais de coloreo, pegar trociños de papel...introducindo algunha das
técnicas plásticas mais sinxelas.
8.- Introdución das normas que rexerán a convivencia na aula, así como as rutinas.
A clase presentará un aspecto alegre e acolledor sen demasiados xoguetes, o
material irémolo sacando pouco a pouco, explicando como deben usalo e onde se garda.
É moi importante atender ás normas aportadas polo equipo de Educación Infantil
sobre as “axudas” que propician o desenvolvemento da autonomía persoal (marcar a
roupa, poñer gomas nos chaquetóns, …), para facilitar a adquisición paulatina de novas
rutinas.
Avaliación
Diariamente no noso anecdotario imos reflectindo os aspectos mais importantes
do día: nenas e nenos que choran, que se aferran aos adultos, que non deixan os
obxectos que traen da casa, se choran durante todo o tempo, que non realizan as
actividades propostas, etc.
Ao finalizar o período de adaptación cumprimentaremos a “Ficha de
observación do período de adaptación”.
Neste período é moi necesaria a colaboración das nais e pais, xa que a
adaptación do seu fillo ou filla ven determinada, en gran medida, por como asuman a
separación; os seus temores, expectativas, ansiedade, seguridade ou inseguridade, o seu
grado de confianza nas posibilidades do neno e nas garantías do centro, xa que todos os
seus temores poden ser transmitidos a través de diversas manifestacións a súa vez
captados polos fillos e/ou fillas como algo negativo cara a escola.