![Page 1: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar](https://reader033.vdocuments.pub/reader033/viewer/2022060716/607c84bc70648e0630468dc1/html5/thumbnails/1.jpg)
Edicións A NOSA TERRA
como son os cetáceos da nosa costa
Carlos Loli Pili Braulio Sonia Tatá Chispa
![Page 2: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar](https://reader033.vdocuments.pub/reader033/viewer/2022060716/607c84bc70648e0630468dc1/html5/thumbnails/2.jpg)
54
Os Bolechas embarcan co seu amigo Lois, que os vai levar onda oscetáceos e as aves mariñas que andan pola costa de Galicia.–Non vos marearedes, ho! –dilles o Lois.
Ao saíren do porto ven dousarroaces choutando na auga.–Sabedes unha cousa? Os
cetáceos respiran cospulmóns, igual ca nós.Os peixes, en cambio,respiran polas guerlas–explícalles o Lois.
OS CETÁCEOS TEÑEN QUE SAÍR ÁSUPERFICIE DO MAR PARA RESPIRAREN.RESPIRAN POLO AVENTADOR, QUE É
COMA O NOSO NARIZ.
AVENTADOR
OS CETÁCEOS SON MAMÍFEROSMARIÑOS QUE VIVÍAN EN TERRA
HAI MILLÓNS DE ANOS.
![Page 3: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar](https://reader033.vdocuments.pub/reader033/viewer/2022060716/607c84bc70648e0630468dc1/html5/thumbnails/3.jpg)
76 Estes son os cetáceos que andan pola costa de Galicia:
BALEA COMÚN
BALEA VASCA
BALEA BOREAL
BALEA ALIBRANCA
BALEA XIBARTE
CACHALOTE
CANDORCA
GOLFIÑO
CIFIO
CALDEIRÓN
ARROAZ
TONIÑA
CACHALOTE PEQUENO
ARROAZ BOTO
GOLFIÑO RISCADO
![Page 4: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar](https://reader033.vdocuments.pub/reader033/viewer/2022060716/607c84bc70648e0630468dc1/html5/thumbnails/4.jpg)
8 9
–Unha gaivota! –berra Braulio, que vai na proa do barco.–Si. Nas rías galegas hai moitas e tamén hai carráns, corvos mariños,pardelas, paíños. Hai moitas aves mariñas vivindo onda nós –di o Lois.
–As maiores colonias de gaivotas patiamarelas, corvos mariños ecarráns que viven en Galicia atópanse nos cantís das illas Atlánticas.Das tres aves, o carrán é a única que emigra.
GAIVOTA PATIAMARELA
CORVO MARIÑO CRISTADO
O CARRÁN É UNHA AVE DEPASO. EMIGRA DE INVERNO AZONAS QUENTES, PARA CRIAR.
![Page 5: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar](https://reader033.vdocuments.pub/reader033/viewer/2022060716/607c84bc70648e0630468dc1/html5/thumbnails/5.jpg)
1110
Ao chegaren á boca da ría, ven choutar unha toniña coa súa cría.–Os cetáceos nacen da barriga da nai e maman mentres son pequenos.Os peixes, en troca, nacen de ovos e non maman –explica o Lois.
O barco do Lois pasa onda outro barco que está a faenar na boca da ría.–Esas aves que penican no descarte son pardelas e paíños. O descarte éo peixe que rexeitan os mariñeiros. Os golfiños non comen peixe morto.
DESCARTE
AS TONIÑAS ESTÁN APUNTO DE SE EXTINGUIR.
É UNHA ESPECIE AMEAZADA.
ALGUNHAS PARDELASVEÑEN COMER AQUÍ
DESDE O MEDITERRÁNEO.
OS PAÍÑOS SÓ SEACHEGAN A TERRACON MAL TEMPO.
![Page 6: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar](https://reader033.vdocuments.pub/reader033/viewer/2022060716/607c84bc70648e0630468dc1/html5/thumbnails/6.jpg)
1312
Os Bolechas e o Lois saen a alta mar e ven a través da auga outroscetáceos seguindo o barco. Teñen unha cara simpática, parece que rin.–Eses son golfiños! Os golfiños coñecémolos ben –berran os Bolechas.
Hai dúas clases de cetáceos: os que teñen barbas e os que teñen dentes.Todas as especies de baleas teñen barbas. Os cachalotes, golfiños ecaldeiróns, en troca, teñen dentes.
BARBAS
DENTES
![Page 7: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar](https://reader033.vdocuments.pub/reader033/viewer/2022060716/607c84bc70648e0630468dc1/html5/thumbnails/7.jpg)
14 15
–Ollade acolá outra toniña. As aves son mascatos. Onde andan toniñas emascatos hai pesca segura. Antes de se inventar o sonar1, os mariñeirosguiábanse por eles para saberen onde había pesca –di o Lois.
Os mascatos son aves mariñas máis grandes que os patos. Viven miles noscantís. Pescan en alta mar, normalmente a moita distancia de terra.O seu alimento principal son as xardas e os arenques.
1. O sonar é un un radar submariño.
O MASCATO LÁNZASE ENPICADO, CANDO VE A PRESA.
MERGÚLLASE NOMAR A 100 KM/H.
CONTINÚA OVOO.
CAZA A PRESA.NADA IMPULSÁNDOSE COASÁS E AS PALMAS DOS PÉS.
![Page 8: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar](https://reader033.vdocuments.pub/reader033/viewer/2022060716/607c84bc70648e0630468dc1/html5/thumbnails/8.jpg)
1716 Agora o Lois móstralles aos Bolechas a foto dunhaave mariña. Parece un pingüín.–Este é un arao. Xa desapareceron case todos da
costa galega, por iso volomostro en foto. Antes había
ben deles, mais afétanllemoito as vertedurasdos barcos e acontaminación do mar.
De invernoveñen algúnsdos maresdo norteacopañados decarolos. O mar está contaminado, porque os humanos botamos moito lixo nel:
restos de combustíbel dos barcos, augas residuais das cidades, fume...Hai especies animais e vexetais que non resisten esta contaminación.
AS TARTARUGAS MARIÑAS E OSCETÁCEOS FÍRENSE COS PLÁSTICOS,PORQUE OS CONFUNDEN CON
ALIMENTOS.CAROLO
![Page 9: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar](https://reader033.vdocuments.pub/reader033/viewer/2022060716/607c84bc70648e0630468dc1/html5/thumbnails/9.jpg)
1918 Ademais dacontaminación, omar tamén sofre asobreexplotación2
pesqueira. Péscasetanto, que os peixesnon teñen tempo decriar e medrar.Ademais coasobreexplotación,deixamos senalimento moitospeixes, cetáceos eaves, que tamén sealimentan de peixe.
2. Sobreexplotar é aproveitarse de algo demaneira esaxerada.
![Page 10: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar](https://reader033.vdocuments.pub/reader033/viewer/2022060716/607c84bc70648e0630468dc1/html5/thumbnails/10.jpg)
2120
–Os mariñeiros anoxámonos cando os golfiños e outros cetáceos nosrompen os aparellos. Mais temos que ter paciencia, porque tamén nós nosmetemos no seu hábitat, que é a súa despensa –di o Lois.
Os mariñeiros e oscientíficos mariños teñenque colaborar paraprotexeren o mar e asespecies que viven nel,animais e vexetais.Os mariñeiros queren queo mar estea vivo, porque éo seu medio de traballo.Os científicos axudan osmariñeiros coas súasinvestigacións e estesaxúdanos a eles coa súaexperiencia no mar.
OS GOLFIÑOS E OS ARROACES ROMPEN ASREDES PARA COMEREN O PEIXE. ÁS VECESRÓMPENAS AO SE ENMALLAR NELAS.
![Page 11: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar](https://reader033.vdocuments.pub/reader033/viewer/2022060716/607c84bc70648e0630468dc1/html5/thumbnails/11.jpg)
2322 Ei! Un arrastreiro3 colleu sen querer ungolfiño nas redes. Os mariñeiros paran amanobra para non ferilo.
–Hai que chamar a terra, para que oveñan salvar –di o patrón.Cando un cetáceo se enreda nosaparellos de pesca, non se debesubir a bordo.
A veterinaria chega pronto. Os Bolechas e o Lois achegáronse tamén aoarrastreiro para axudaren os mariñeiros a salvar o golfiño.–Tédeo fóra da auga, para que respire, e falade baixiño! –dilles ela.
3. O arrastreiro é un tipo de barco de pesca.
![Page 12: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar](https://reader033.vdocuments.pub/reader033/viewer/2022060716/607c84bc70648e0630468dc1/html5/thumbnails/12.jpg)
2524
A veterinaria, coa axuda dos mariñeiros, do Lois e máis dos Bolechas,desenguedella con moito meco o golfiño da rede, e devólveo ao mar.–Nin se asustou. Hai que tratalos con moito coidado –di ela.
Despois da aventura, o Lois muda o rumbo para regresaren ao porto.–Ollade ese mascato! Vai afogar coa cabeza na bolsa–berra Carlos.–Hai que collelo e levalo ao centro de recuperación
de aves –di o Lois, anoxado cos que botan lixono mar.
![Page 13: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar](https://reader033.vdocuments.pub/reader033/viewer/2022060716/607c84bc70648e0630468dc1/html5/thumbnails/13.jpg)
2726
–As áreas mariñas protexidas son zonas do mar, onde os peixes e avexetación mariña non sofren contaminación nin sobreexplotaciónpesqueira –explica o Lois de camiño de volta.
O Lois atraca o barco e os Bolechas soltan o mascato. Xa non fixo faltalevalo ao centro de recuperación, tiráronlle a bolsa e saíu voando.Agora van merendar unha empanada de vieiras. O mar deulles fame!
NESTAS ÁREAS OS MARIÑEIROSPESCANCON MOITO COIDADO.
![Page 14: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar](https://reader033.vdocuments.pub/reader033/viewer/2022060716/607c84bc70648e0630468dc1/html5/thumbnails/14.jpg)
A sobreexplotación pesqueira tamén ameaza a vida no mar,impide a recría de peixes e deixa sen alimento a moitasespecies.
As áreas mariñas protexidas son zonas do mar onde asespecies viven sen ameazas.
O CEMMA é a coordinadora para o estudo dosmamíferos mariños. Podes coñecela e pedirlleinformación en: www.cemma.org, [email protected]éfono: 981 366 149. Para emerxencias sobrecetáceos ou aves podes chamar ao 112.
29Lembra:
Os cetáceos son mamíferos, porque nacen da barriga danai, maman de pequenos e respiran por pulmóns. Nonson peixes. Os peixes nacen de ovos, non mamam erespiran por guerlas.
Nos cantís das illas Atlánticas atópanse algunhas dascolonias de aves mariñas máis grandes do planeta.
A contaminación e as verteduras cotaminan o mar. Porcausa delas están ameazadas de extinción variasespecies animais e vexetais.
28
![Page 15: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar](https://reader033.vdocuments.pub/reader033/viewer/2022060716/607c84bc70648e0630468dc1/html5/thumbnails/15.jpg)
Libros publicados na colecciónOS BOLECHAS:Os Bolechas lavan o canOs Bolechas xogan ás escondidasOs Bolechas van ao cineOs Bolechas fan maxiaOs Bolechas van ao médicoOs Bolechas van ao supermercadoOs Bolechas van de excursiónOs Bolechas van á praiaOs Bolechas van pola rúaOs Bolechas teñen medoOs Bolechas xogan co ordenadorOs Bolechas van mercar roupaOs Bolechas cortan o peloOs Bolechas van ao circoOs Bolechas van á aldeaOs Bolechas van á piscinaOs Bolechas van de acampadaOs Bolechas van a un cumpreanosOs Bolechas van de pescaOs Bolechas teñen gatoOs Bolechas fan pisOs Bolechas fan un carroOs Bolechas están namoradosOs Bolechas perderon o canOs Bolechas van ao parque de atracciónsOs Bolechas vaná hamburgueseríaOs Bolechas xogan ao baloncesto
Os Bolechas pelexan cunha avespaOs Bolechas van a un festivalOs Bolechas van en caravanaOs Bolechas rifan no cuarto de bañoOs Bolechas teñen unha curmá
Libros publicados na colecciónOS BOLECHAS van de viaxe:Buscan a Linda en PontevedraA moeda de LugoPrimeiro amor en FerrolA vaca da AmaíaO castelo encantado d’O PorriñoCarreiras en PoioO tesouro de Baiona
Libros publicados na colecciónOS BOLECHAS queren saber...:que é o aireque é a enerxíaque é a augaque é o lixoque é o solocómo é un parque de bombeiroscómo é a policía localcómo é unha bibliotecacómo é un acuarioCómo é un castro
© PROMOCIÓNS CULTURAIS GALEGAS, S.A.
Deseño da colección, texto e debuxosde Pepe Carreiro
ISBN: 000000D.L.: VG-000000Impresión e encadernación:Comercial Gráfica Nós, S.A.Rúa do Príncipe, 22. 36202 Vigo
![Page 16: como son os cetáceos da nosa costaCORVO MARIÑO CRISTADO O CARRÁN É UNHA AVE DE PASO. EMIGRA DE INVERNO A ZONAS QUENTES, PARA CRIAR. 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar](https://reader033.vdocuments.pub/reader033/viewer/2022060716/607c84bc70648e0630468dc1/html5/thumbnails/16.jpg)